Contosdemedo2016

Page 1

NOVEMBRO 2016



Contos de medo

OS MEDOS DE BREIXO

Comecei a correr todo o que puiden. Aquela sombra xigantesca con unllas e tremendos dentes afiados perseguíame. Os seus dentes branquecinos reflectíanse na luz do flash do móbil cada vez que miraba cara atrás.

Estaba só na escuridade, no medio do monte, rodeado de carballos e eucaliptos.

Cando pensei que xa deixara atrás aquela sombra... soou o despertador que indicaba as sete da mañá. Erguinme e, ao poñer o pé no chan...

apareceu aquela sombra que me perseguía naquel pesadelo. Tiña os rasgos faciais moi marcados e unhas incribles uñas afiadas.

Achegueime ao borde da cama para apreciar mellor os seus ollos verdes,

que eran rasgados e penetrantes, e os seus dentes afiados, que me producían grandes calafríos...

- Sen dúbida ningunha, colliches unha boa borracheira onte á noite. Mira que confundires o gato cun monstro do inframundo...- dixo miña nai.

Brais Iglesias e Adrián Rodríguez (3º ESO)

IES MENDIÑO


2016-17

O DESASOSEGO DA SEN RAZÓN

Un metálico e delirante son interrompeu con brutalidade o meu prácido sono. O sacro campanario da igrexa, que dende sempre entoara as máis

fervorosas e cristiás pregarias en dirección ao ceo, facía soar agora unha

endemoniada marcha. Nun impulso provocado pola mestura da curiosidade e a nostalxia que me inspiraban os meus xuvenís e románticos paseos nocturnos decidín saír á rúa.

Como se estivese escrito nunha partitura composta polo meSmísimo

demo, fundíase agora o son dos tronos e a chuvia coa infernal marcha do campanario. Ao cruzar o limiar da miña confortable vivenda, unha voz

interior suxeríame que regresase, que xa era demasiado maior para facer este tipo de loucuras; non obstante, ignoreina. A espectacularidade do acontecemento revivira en min a chama perdida da xuventude, que

tantos anos andara buscando en van. Era unha oportunidade marabillosa

para experimentar unha desas inefables sensacións que levanta o pó que cobre o corazón e alixeiran a pesada carga dos anos.

Encamiñeime cara á igrexa. A satánica melodía empezaba a soar con máis

solemnidade, pero con matices inquietantes e agresivos. Á medida que a

melodía se ía modificando, sorprendentemente, facíao tamén o escenario no que me atopaba. As vivendas que desfilaban polos laterais da rúa derrubábanse.

Estrañas

voces

marmuraban

algo

nun

idioma

inintelixible... A nada devoraba a materia a medida que eu avanzaba polo

meu apocalíptico camiño. Atrapado por un misterioso magnetismo que parecía emanar do templo, seguín ata chegar ao meu fatal destino. As IES MENDIÑO


Contos de medo

portas principais estaban abertas. Sen dar tempo a cavilacións, decidín

entrar. As virxes e santos dos altares foran substituídos por imaxes de inmundos monstros. No lugar onde soía estar a figura de Xesucristo crucificado atópabase agora un elgante mozo, de pelo longo, que vestía un smóking. Cando advertiu a miña presenza, a música cesou. -

Benvido sexas. Os humanos chámanme Lucifer, Demo... Supoño que xa che contarían algo sobre min. Agora toma asento, vou

proceder coa miña interpretación, a segunda parte deste

marabilloso concerto. Espero que fose do teu agrado a solemne marcha que compuxen para darche a benvida.

Comezou a tocar o violín. As notas eran temendamente agudas,

cravábanse na miña mente coma se fosen agullas. Do chan emerxían

mortos que se dirixían cara a min. Rodeáronme. Dispoñíanse a devorar a miña pel con avidez. Todo parecía perdido, cando de súpeto, un potente

raio de luz filtrouse por unha das vidreiras. Tal era o poder da súa

luminosidade que me obrigou a pechar os ollos. Uns segundos máis tarde, decidín abrilos e puiden contemplar que todo aquel mundo de pesadelo esvaecérase. Estaba na miña cama e cravei a miña mirada nunha das

copias dos Caprichos de Goya que decoraban a miña habitación. Na parte

inferior da composición estaban escritas as seguintes palabras: “El sueño de la razón produce monstros” . Lanzarse á vida é arriscado e perigoso pensei.

Manuel Estévez (1º Bacharelato)

IES MENDIÑO


2016-17

O HOME DO SACO

Esa noite non podía durmir. Decidín saír ao xardín para ver as estrelas. Tumbeime na herba. Escoitei un pequeno ruído detrás das

árbores. Xireime e aquel home estaba alí. Como nos meus pesadelos. Intentei botar a

correr, pero estaba paralizado polo medo. O home achegouse a min; agachouse e púxome un pano na boca. Aos poucos segundos, esvaecín.

Despertei nunha cama, tumbada. Estaba

atada aos pés da cama cunhas cordas. O home non estaba na habitación.

Entón notei un certo cheiro a sangue, o que fixo que me fixase no espello roto en fronte miña. Estaba cheo daquel líquido vermello. Estireime o que puiden para coller un anaco de cristal. Non chegaba. De novo intentei collelo co pé e, inda que me cortei, conseguino.

Desateime e, nese mesmo momento, entrou o home de antes co mesmo

saco na cabeza. Abalanceime sobre el e craveille o cristal no pescozo. Non o pensei nin un segundo; mateino.

María Figueroa e Valeria Crespo (3º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

PROCESIÓN DE ALMAS

Contan as antigas lendas da nosa mística terra galega que a noite do 31

de outubro ao 1 de novembro ábrense as portas que conectan o mundo dos vivos co dos mortos.

Nas zonas rurais de Galiza é moi común falar de mitos e crenzas que aínda están presentes na nosa cultura, quizais sexan unha mentira para asustar os cativos ou para facer que a xente acuda á igrexa para rezar polos defuntos durante a misa e tamén para seguir rezando durante os responsos no cemiterio, mais hai unha historia na que todo o mundo cre.

Trata dun home ateo que non cría nesas supersticións e adoitaba pasar e o día de Todos Os Santos durmindo no portal da súa casa. Un ano quedou

durmido e espertou ben entrada a noite. Despois de espreguizarse un anaco, medrou unha especie de luces que avanzaban polo camiño en dirección á súa casa; pensando que podería tratarse de delincuentes, entrou na casa, colleu a escopeta, abriu o portal e saíu ao camiño encontrándose totalmente de fronte cunha procesión que algunha xente

chama Santa Compaña. Se fose coñecedor do que lles pasa aos que se

atopan con ela, tiraríase ao chan e comezaría a rezar; no canto disto, quedou fronte a fronte coa estadea.

Agora hai quen di que simplemente este home nunca existiu, pero hai

outros que afirman que este home encabeza esta procesión de almas en pena coñecida como A Santa Compaña.

Pablo Iglesias (1º Bacharelato)

IES MENDIÑO


0 MEDO

2016-17 Son o torto... rei nun mundo de

cegos. Ninguén pode ollar porque non quere. Atópanse cómodos na súa cegueira e non

queren observar máis alá de onde se atopan. O medo é un

dos meus dominios, aquel no que

gaño

sempre,

porque

ninguén abre os ollos; ninguén

lle fai fronte aos seus temores máis profundos. Exactamente,

son a voz do teu maxín, a que che di “Deberías darlle ata que

non poida tocarche máis” ou “Que ben lle estaría que o

atropelasen” Pero eu non son a besta... A besta está en ti...Ti es a besta...

Nicolás González (3º ESO)

IES MENDIÑO


ELA

Contos de medo

Era a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro e, aínda que con medo, eu

saín da miña casa para coller globos e pancartas nunha tenda de Redondela aberta as 24 horas. Collín un abrigo e unas botas por mor da

chuvia e comecei a baixar pola costa; foi aí cando me dei de conta de que Redondela está chea de rúas sen saída e lugares moi escuros e tenebrosos.

Puxen a lanterna do móbil para así ver moito mellor e, cando erguín a vista do chan para mirar ao fronte, foi cando a vin, vina a ela, a muller que toda a vila di ver nun día coma este e eu agora tíñaa diante.

Ela era como todos a describían, co pelo negro e moi longo, esguía, cun vestido color branca moi longo e uns ollos que hipnotizaban.

Levantei a vista do chan e, en canto me viu, comezou a rir fortemente.

Eu non daba creto, pero comecei a correr de volta para casa, xa non sabía se ela me seguía, pero non parei ata que cheguei e pechei portas e ventás.

Nunca máis se volveu ver saír na noite do 31 de outubro; desde ese día non.

Carla Andrés (1º Bacharelato)

IES MENDIÑO


2016-17

NON PODÍA SER

Aquela escura tarde de inverno ía atoparme con Patri. Quedaramos no centro da cidade. Eu non sabía que facer para que se fixase en min. - Imos á casa abandonada das aforas?

- Ti estás parvo ou que!!!

- Non. Seguro que non hai nada. Ímolo pasar ben, xa verás!

- Vale, porque non me fío de ti...

Botamos a andar e, cando chegamos, Patri non quería entrar. - Veña, vamos.

- Que non, Isaac, que me dá moito medo.

- Veña, muller, que non nos vai pasar nada...

- ... Vale, pero...

Entramos. Ela non estaba moi segura. Se cadra esa era a razón de que me collera a man. Dábame igual a razón; o importante era que ma collera. - Estás seguro de que non hai ninguén?

Nese preciso instante, pechouse a porta. - E... e... si, muller... Quen vai estar aquí?

- Non o sei, pero... ahhhhhhhh!!!!!

Caeu unha lámpada. Todo o que estaba ocorrendo era estraño, moi estraño.

- Eu ... penso que aquí hai alguén...

IES MENDIÑO


Contos de medo

Solteille a man. Desa acción arrepentireime toda a vida. Agacheime para

coller unha chave que había no chan. Cando me dei a volta, xa non estaba. “Marchou”, pensei.

De súpeto, sentín un berro de medo. - Non, non. Patri!!!!!!!!! -berrei.

Sentín outro berro. Esta vez de dor. - Patri!!!!!!! - volvín berrar.

Seguín a pista da súa voz. Procedía dunha habitación. Abrín a porta. Non podía ser... - Patri...

Revolvéuseme o estómago. Estaba alí, no chan, sen vida.

Non podía ser. Non me podía estar pasando iso a min. Eu convencina para

que viñese aquí. Mal. Eu solteille a man. Mal. E eu non a salvei cando tiven a oportunidade. Fatal. Estaba alí, tirada no chan daquela casa; morta.

Saín daquela habitación. Corrín á entrada e, antes de que me dera tempo

a reaccionar, vino. Era un home vello, enrugado, con roupa negra, todo

ensanguentado, cun coitelo na man. Estaba achegándose a min lentamente. Non podía ser...

María Iglesias e Sara Toucedo (3º ESO)

IES MENDIÑO


2016-17

IES MENDIÑO


Contos de medo

ESPECTRO DA NOITE -

-

Pedro, come tamén os pementos , non os afastes do prato! Si…-Respondeu o rapaz levando os vexetais á boca.

Hoxe a profe púxome unha estrela verde! – Exclamou de súpeto o pequeno de seis anos.

Moi ben! Es un campión! – Felicitouno a súa nai.

Mentres, os dous maiores miráronse temerosos. Non lles gustaba moito que a muller actuase tan feliz co seu irmán; iso era un mal sinal.

De súpeto escoitaron a porta ao abrirse, seguido dos pasos polas escaleiras ata chegar á porta principal da casa.

Os nenos, contentos, erguéronse das cadeiras para botar a correr ao encontro do seu pai, que sempre chegaba a esa hora de traballar.

Pero, cando chegaron ao corredor, levaron unha sorpresa; alí non había ninguén. -

Onde está papá? –O máis cativo preguntou.

Os seus irmáns non responderon. Miráronse alterados pensando no mesmo. -

Volveu pasar… outra vez- Murmurou a rapaza falando co irmán maior.

Este asentiu notando un calafrío percorrelo polas costas. Aí había alguén, certa persoa, podían notalo. -

Nenos, volvede á casa! Pódese saber que facedes aí parados? Mami, aquí hai alguén e non é papá.

IES MENDIÑO


2016-17

IES MENDIÑO


Contos de medo

A muller mirou para o cativo que a observaba coa inocencia dos seus

ollos escuros. O rostro da muller cambiou un pouco facendo un aceno desagradable.

Os mellizos miráronse cómplices e decidiron eludir o tema. O último que necesitaban era provocar outra catástrofe. -

-

Imos acabar a cea, teño fame! -Exclamou a rapaza arrastando ao pequeno con ela de volta a cociña.

Pero...

Shhhh

Mentres a súa nai e o seu irmán se apresuraban a comer de novo, a rapaza mirou para o pequeno e faloulle con voz moi baixa. -

-

Xoán, xa falamos disto, mamá non se decata do que nós sentimos. Non pode saber o que pensamos. Comprendes?

Por que?

Porque...porque...porque é o noso segredo! E os segredos non se chivan, verdade?

O pequeno negou coa cabeza. -

Moi ben. Imos cear e logo lereiche un conto. De acordo? Podo durmir hoxe convosco? Porfa...

Mirouna cunha cariña de cadeliño á que non se puido negar. -

Vale, está ben.

Si!

Volveron cos demais e remataron a cea. O seu pai regresou tarde, cando os nenos xa estaban por ir deitarse.

IES MENDIÑO


2016-17

********************************************************************

Era noite pechada. Os nenos durmían tranquilos. Xoán, coa súa irmá máis

vellos na liteira baixa mentres o outro mellizo descansaba na cama superior.

De súpeto, un forte son espertou ao último, quen se incorporou sobresaltado na cama. Levou a vista á porta e saíuselle o corazón da boca ao ver unha sombra de ollos vermellos no oco desta que, ademais, debía de estar pechada.

Botou un berro tapando a cara coas mans. O berro espertou aos seus irmáns no mesmo intre. -

-

Ti estás tola? Que pasa? Por que berras? –Exclamou a rapaza, alterada.

Mira a porta.

Que queres que mire? Aí non hai nada.

Pedro sacou as mans para mirar, sorprendido, cara ao lugar onde nese momento só se vía a porta aberta. -

-

Xúroche que na porta había unha sombra. Creo que era ELA.

Sería o reflexo da lúa nalgún obxecto... Sara, sei o que vin.

Mentres os mellizos comezaban a debater o que o rapaz vira, o máis

cativo, que ata ese momento non formulara palabra ningunha, saíu da cama e dirixiuse á porta.

Era certo, aí estaba. Eles non o vían, pero el si. O seu irmán probablemente o vira por un intre, como lle tiña pasado algunha vez. IES MENDIÑO


Contos de medo

Porén, o máis cativo sorriu ao recoñecelo e, ante a atenta mirada dos seus

irmáns, que xa deixaran a súa disputa, ofreceulle a man a aquela sobra que neses momentos os maiores tamén vían horrorizados. -

Non, Xoán. Que estás a facer? Tocarache a alma como fixo con mamá!

Demasiado tarde. O cativo mirou sorprendido pola confesión dos seus irmáns antes de notar como lle arrincaban algo do peito. O ser acababa de pasarlle por diante atravesándoo.

Caeu ao chan como peso morto deixando os ollos en branco. -

Non!

A rapaza apresurouse a coller ao pequeno. O seu irmán tratou de detela a berros, pero foi imposible. Nesta ocasión non puido salvalo.

A sombra atravesouna tamén deixándoa nun estado de morte esperta, a pesar de que nese momento se atopase postrada no chan.

Sen outra cousa mellor que facer, o único que quedaba en pé tapouse coas

sabas da cama pechando os ollos con forza e chorando de horror e de medo.

Notou como tiraban das mantas e berrou forte levado polo pánico. Abriu un ollo para contemplar a man negra e esquelética que trataba de arrincarlle as sabas. -

Non! Déixame! Marcha! Marcha! MARCHA!

********************************************************************

O rapaz levou unha cullerada de cereais á boca mentres miraba para as

pálidas caras con enormes olleiras nas pálpebras, que mostraban os seus irmáns e a súa nai. Estaban mortos, pero seguían vivos.

IES MENDIÑO


2016-17

O seu pai buliu da casa en canto se decatou do novo problema. Morreu no

mesmo intre en que cruzaba o portal, supostamente atropelado por accidente. Pero non foi un accidente, claro que non. Foi unha advertencia.

Todos os que se internasen nese fogar xa non poderían saír se pretendesen non volver a entrar.

Definitivamente el estaba condenado.

Mentres revolvía o leite e os cereais coa culler, o rapaz mellizo preguntouse canto tempo aguantaría antes de rematar definitivamente

coa súa familia. Sentiu un arrepío ao ver o sorriso que os seus irmáns lle dedicaban. Quixérao ou non, esa xa non era a súa familia. Estaba rodeado

de demos, demos que tarde ou cedo se aburrirían de telo como compaña e o asasinarían.

Botou un salouco mentres pedía axuda, na súa mente, a ninguén en particular. Estaba perdido, completamente perdido.

********************************************************************

Un ano máis tarde, a policía encontrou o cadáver, ou máis ben os ósos de catro persoas. Unha no corredor e as outras tres na habitación dos nenos.

O que non sabían era que as pantasmas destes permanecían aínda polo fogar acompañados dunha sombra de ollos vermellos que non os deixarían marchar en paz.

Ninguén que pisara esa casa podería saír completamente san do lugar. E

dende logo estaría destinado a condenar a súa familia e a si mesmo.

Así que, se aprecias a túa vida e os teus seres querido, nunca entres nesta

casa. E se algún día ves unha sombra negra de ollos vermellos, nin se che ocorra tocala, nin te achegues, do contrario, estarás perdido.

Patricia Villar (4º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

HORROR DE ACTUALIDADE Diego era un rapaz de 20

anos un tanto covarde. Aquela

mañá

espertara

cun mal presentimento. Porén, no traballo tivera un

bo

ascendérao saír antes.

día; e

o

xefe

deixáralle

Foi celebralo a un bar e, cando se deu conta, fíxose de noite. Decidiu voltar á casa,

parando

antes

a

repostar nunha gasolineira

de autoservicio. Ao chegar

á gasolineira, non había ninguén e todo estaba moi escuro. De súpeto

fíxose a luz e apareceu un pallaso montado nun triciclo cunha maza na

man; baixou do triciclo e comezou a verquer gasolina arredor dun coche. Entón, o pallaso afastouse e, de súpeto, lanzou un misto que prendeu

lume no combustible derramado, provocando unha gran explosión. O escenario final é fácil de imaxinar. As cousas boas duran pouco.

Hugo Carrera e Serafín Fernández (3º ESO)

IES MENDIÑO


2016-17

A CASA MALDITA

Hai aproximadamente 10 anos, os meus amigos e mais eu, decidimos

entrar nunha casa abandonada que, segundo contaban as lendas, estaba

maldita. Dita casa atopábase no medio do monte. Estabamos dispotos a ir o día do Samaín.

Chegado ese día, Javi, Marcos, Jose e eu decidimos ir explorar esa casa e a

ver se o que contaban as lendas era certo ou só era un mito máis. Cada un de nós ía equipado cunha mochila na que levabamos unha lanterna e unha chave inglesa por se as cousas se comezaban a complicar.

Cando chegamos, a casa tiña unha pinta escalofriante. Como non atopabamos a porta, tivemos que entrar por unha ventá. A casa estaba moi deteriorada e con todo tirado polo chan. As paredes tiñan pintadas con motivos satánicos polo que nos empezou a entrar un pouco o medo.

Empezamos a explorar o primeiro andar e o único que nos chamou a atención foi a presenza de numerosas máscaras de pallaso. Como vimos

unha porta que daba ao soto, non pensamos dúas veces a posibilidade de baixar ata alí.

O soto dividíase en dúas salas. Cando entramos na primeira empezou a

ulir moi mal, polo que pensamos que alí podía haber algo en descomposición. De súpeto, empecei a sentir algo estraño, como a presenza dun ser invisible que se atopaba entre nós. IES MENDIÑO


Contos de medo

Díxenlles aos demais que tiñamos que marchar de alí xa que aquel fedor era cada vez máis forte e estaba provocando que me entrasen ganas de

vomitar. Eles, coma sempre, fixeron caso omiso ás miñas observacións ata que escoitamos un ruído moi forte que viña da outra sala.

Empezamos todos a correr escaleiras arriba ata que escoitamos a Marcos

berrar para que fósemos a axudar. Cando nos dispoñiamos a salvar ao noso amigo, unha man pechounos a porta que conducía cara ao soto, así que o único que puidemos facer foi saír daquel sitio maldito. Pasados os anos, ninguén volveu saber nada del…

IES MENDIÑO

Anxo Ricón (4º ESO)


2016-17

IES MENDIÑO


Contos de medo

IES MENDIÑO


2016-17

A RAPAZA DAS SOMBRAS

O son que desprendeu a rama seca púxolle os pelos de punta. O medo

fixérase dono do seu corpo. Non sabía por que estaba alí. En realidade non tiña que estar alí, e menos soa.

Entre os muros do cemiterio, a noite invadía o lugar creando un ambiente

sombrío e feiticeiro. A escasa luz que desprendía a lúa chea abondaba

para distinguir as lápidas ao lonxe. Os seus ollos grises non crían o que estaba acontecendo. Deixárana soa no día máis escuro do ano.

O vento abaneaba as árbores que rodeaban o camposanto. Fora unha mala idea ir e agora estaba cansa e chea de frío. Quería marchar, pero se

chegaban os seus amigos e non estaba? “Ata as doce” - díxose a si mesma

mentres sentaba nunha pedra colocada no recanto oeste do cemiterio.

Sentiu un calafrío percorréndolle as costas. Non sabía se fora polo medo pero sentiu uns dedos afiados cravándose no seu brazo. Púxose pálida no momento e, deslizando o seu pelo negro, rotou a mirada e viuno. Non era un soño, non era unha lenda, nin sequera unha alucinación; era realidade.

Cun berro activou o seu mecanismo de defensa e comezou a correr sentindo como a morte a perseguía. O seu corpo atlético movíase con

rapidez entre as sombras mentres o seu corazón latexaba con máis forza

ca nunca. E se cadra foi o destino o que fixo que tropezase cunha pedra caendo nun profundo foso. Estaba atrapada; non podía saír.

Desde aquela, cada noite do 31 de outubro, pódese ver no cemiterio a sombra dunha rapaza tentando salvar a súa vida.

Lucía Vilaboa e Carlota Fernández (3º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

IES MENDIÑO


O ASCENSOR

2016-17

Alberte fregaba os corredores do hotel no que traballaba como facía todas as noites.

Era un traballo duro, pero non estaba mal pagado por tratarse dun hotel de luxo.

O único que a Alberte o perturbaba era unha cousa: o ascensor do

segundo andar. Todos os días o ascensor subía desde o primeiro andar e abríase, como invitando á xente que estivese por alí a subir nel. E así todo

o tempo. Alberte xa lle preguntara algunha vez ao conserxe se alguén entrara no ascensor, pero a resposta sempre era non.

Unha noite Alberte atopábase no segundo andar tomando un descanso mentres comía algo e o ascensor volveu abrirse.

Alberte xirou sobre si mesmo e quedou sorprendido ao ver como unha muller saía do ascensor e se perdía polo corredor dereito. Deixou a fregona apoiada na parede e dirixiuse ao ascensor. En canto entrou, víase o retrato dunha muller e o espazo era completamente diferente ao que se

albiscaba desde fóra. De súpeto, as portas pecháronse e comezou a

descender. Alberte, desesperado, berraba e loitaba para conseguir abrir as portas, pero sen resultado ningún.

Despois duns longos minutos, o ascensor detívose e abriuse. Desde el víase o corredor, que non parecía o do hotel.

De súpeto apareceron seres estraños que emitían palabras imposibles de entender. Detrás deles, apareceu a muller que Alberte vira saír do

ascensor no hotel. Ela agarrou a Alberte por un brazo e arrastrouno fortemente.

IES MENDIÑO


Contos de medo

Nunca máis se soubo del.

Mar Alonso (4º ESO)

OS BERROS DAS ALMAS

Conta unha lenda que hai moito tempo, nas noites de lúa chea, espertaba

un monstro, sen pelo, enorme, con afiadas uñas e uns dentes tan grandes

e puntiagudos coma coitelos cos que devoraba as súas presas, que non eran nada máis e nada menos ca humanos aos que colgaba polo pescozo

nunha árbore sombría, de maneira que semellaba como se estivesen aforcados.

IES MENDIÑO


2016-17

O monstro acostumaba ir ao pobo; aparecía por detrás da xente e... zas!, collíaos e levábaos para a árbore.

Algúns dicían que o facía porque tiña fame; outros porque se sentía só, e os menos non dicían nada por se acaso. Un día, e sen que ninguén o esperase, apareceu armado cunha gran maza de madeira e comezou a matar, esmagar, descuartizar... a toda a persoa coa que se atopase.

Dende ese momento, ninguén volveu pisar ese lugar polo día, e moito

menos pola noite. Hoxe en día, o pobo segue aí, cuberto pola maleza. Din que

todos aqueles que pasan preto do lugar en busca de aventura

marchan correndo antes de achegarse ao pobo, ao escoitaren os aterradores berros das almas.

Antía Sobrado e Tania Gómez (3º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

TODO ESTABA ESCURO

Todo estaba escuro. Unha face branca achegábase a min. Tiña un sorriso

maligno, que me producía inquedanza. Algo me tocou o ombreiro.

Xireime; non había ninguén. Unha luz acendeuse ao fondo do corredor.

Seguía escuro; o chan chirriaba. Algo pasou diante miña que deixou un regueiro de sangue. Retrocedín dous pasos e avancei un. Cheguei ao

fondo do corredor; había unha fiestra enorme. Mirei por ela. Estaba alí.

Un home vestido con roupas antigas; tiña

algo na cabeza, creo que era un saco pero

non estaba segura. Baixaba as escaleiras

mentres escoitaba voces detrás das paredes.

Cheguei. Estaba diante da porta; o meu corazón ía saír do peito. Xirei o pomo da

porta; abrina. Era de noite. Había un galpón ao fondo; dirixinme a el. Crucei todo o xardín.

Abrín a enorme porta; estaba pechada; tiven

que romper a ventá; e así o fixen . E alí, preto

dun moble, axexaba el. Era alto e forte, pero non podía ver a súa face,

estaba cuberta por un saco. Funme achegando. El non se movía; toqueino; estaba conxelado. Sorprendinme. - Quen es?

Non respondeu. Ía quitarlle o saco cando...

- Breixo, érguete, que chegas tarde ao colexio!

Sara Darriba e Alexandro Amoedo (3º ESO)

IES MENDIÑO


2016-17

A AUTOESTRADA

Era unha noite de outono. Había moita néboa pola autoestrada.

Estabamos sós, o meu mozo e mais eu. El ía conducindo mentres que eu ía mirando pola ventá. De repente, algo chocou contra o coche. Os dous, moi

asustados, baixamos rapidamente do automóbil, pero alí non había nada; miramos debaixo do coche e tampouco. Cando erguemos a mirada,

atopamos dous corpos sentados nos nosos asentos, unha moza e un mozo, con grandes golpes na cara e no corpo. Tiñan un gran parecido a

nós. Decidín chamar á ambulancia e á policía, pero non había cobertura.

IES MENDIÑO


Contos de medo

Entón botamos a andar para ver se encontrábamos unha cabina telefónica. Nisto miro para a cuneta e vexo un gran regueiro de sangue.

Cando voltei a ollada para o meu mozo, xa non estaba. Quedara soa. Empecei a correr e atopei unha cabina telefónica. Detrás dela había árbores. Nunha delas colgaba o corpo dun home; fixeime e vin que era o

meu mozo. Empecei a teclear rapidamente o número da policía. Mentres

o teléfono daba ton, algo me tocou no ombreiro; deime a volta e estaba a moza do coche detrás miña e tiña unha navalla. Intentei fuxir pero, cando

me dei conta, xa formaba parte do mundo dos mortos. Metérame un navallazo no pescozo.

Carla Benítez e Aroa Blas (3º ESO)

IES MENDIÑO


2016-17

O MEU BISAVÓ

Quedei pensativo. Con quince anos que facía eu nun cemiterio?

Eu supoño que terei que ir cando non quede nada de min, pero agora?

Agora aínda podo desfrutar deste mundo sen pensar no outro. Claro que estaba no cemiterio por unha boa razón: ía poñerlle flores ao meu bisavó,

ás doce da noite do 1 de novembro, só e con ameaza de chuvia aínda que non o podía saber a crenza certa, xa que a néboa o tapaba todo.

Como dicía, que facía no cemiterio, á parte de poñerlle flores ao meu

bisavó, tendo o home ao meu lado? Quieto…, que está aquí! Xúrovos polo meu apelido que palidecín; estaba máis branco que a lúa do ceo. Para

outra vez … pero se hai un momento estaba todo cuberto pola néboa! Ai,

miña naiciña, quítame de aquí. E quitoume si; resulta que estaba a soñar e ela veu espertarme. Que alivio…

Pasei o día tranquilo, estudando pola mañá no instituto e facendo os deberes na casa pola tarde.

Pero pola noite… non estaba cómodo. Sabedes cando notades que alguén vos está mirando? Pois aínda peor, porque eu estaba vendo a quen me ollaba. E si, acertastes, era meu bisavó. Suei en frío, el empezou a vir cara a min. Non facía ruído ao camiñar. Eran as doce e media e eu estaba medio morto co medo. Púxose en fronte e díxome que ía ir con el, que o

acompañaría por deixalo só no hospital o día da súa morte….e pensei: “vaia, é certo, fun á maquina expendedora cando se quedou a durmir e eu tiña que vixialo”. Comecei a chorar e pedinlle perdón.

Abraceino para que se dera conta de como se sentía, mais o que non

sabedes é que os mortos non reciben a nosa calor, pero nós si recibimos o seu xélido alento... Imaxinádevos o meu final. IES MENDIÑO

Alejandro Figueroa (4º ESO)


Contos de medo

PERSEGUÍAME

Perseguíame, perseguíame; non sabía exactamente o que era, só sabía que tiña que escapar del, naquela noite tan negra como a boca dun lobo. Eu corría e corría, e non paraba; notaba como as pernas xa me deixaban

de funcionar. Escondinme con temor daquela cousa, de que me encontrase. Vina pasar diante miña; aínda así, non fora capaz de identificala, tal vez podería ser un lobishome, un esqueleto... De seguido,

vin pasar máis e mais sombras, incontables para min; quizais perseguían a outro ser. Escoitei

ouvear varios lobos; baixaban pola colina, ían xunto ao que eu acabei como

identificando esqueletos.

Cando chegaron onda estes,

pelexar,

puxéronse

a

lobos

comendo ósos, e máis

máis.

e

Cando

remataron, vin como viñan

a

por

min.

Intentei escapar. Vin unha sombra, talvez a

IES MENDIÑO


2016-17

dun forasteiro; funlle pedir axuda, pero desapareceu entre as tebras. Os

lobos buscábanme co seu olfato infalible; sabía que tarde ou cedo me ían encontrar. Tiña que facer algo. Pensei e ocorréuseme algo impensable, facer un espantapaxaros para despistar os lobos. Fíxeno; conseguinos

despistar. Corrín moito para escapar deles. Cheguei a unha casa; petei e

petei, pero, non había ninguén. Tiven que tirar a porta abaixo. Estaba tan canso que decidín quedar a durmir alí. Ao

espertar,

vin a

dúas mulleres

mirándome

desconcertadas,

sorprendidas polo que estaban vendo. Asustadas, preguntáronme qué

facía na súa casa. Conteilles toda a historia. Incomprensiblemente,

créronme. Tentaron acougar os meus nervios. Cando por fin conseguín calmarme, díxenlles onde vivía. Elas contestáronme que a miña casa estaba a uns dez quilómetros de onde eu vivía. Amablemente leváronme

ata o meu fogar. Eu, moi agradecido, deilles un presente e, de xeito

totalmente involuntario, saíron da miña boca unhas palabras: “Volvereinas ver”.

Joel Cabaleiro e Hugo Ferreira (3º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

A AUTOESTOPISTA

Xa é noite pechada cando un mozo volta á súa casa no seu coche e

descobre que na beirarrúa hai unha moza facendo autostop. Aquela moza parece aterrorizada e conxelada, polo que o rapaz decide parar, axudala e acompañala ata a súa casa. Como supoñía, ela tiña moito frío , polo que lle

presta as súa chaqueta. A rapaza non é moi faladora, así que é el o que conversa durante todo o camiño.

Á mañá seguinte, o mozo dáse conta de que a rapaza levara a súa chaqueta. Para recuperala (e para volver vela, pois gustáralle moito) decide volver á casa dela, onde a deixara a noite anterior. Cando chama á

porta, unha señora non moi maior, pero si desmellorada, ábrelle a porta.

El explícalle todo o acontecido e pregúntalle pola moza. Conforme o mozo avanza no seu relato, aquela muller palidece a unha velocidade inmensa

ata que rompe a chorar. Cando se recupera do pranto, a muller pídelle un

minuto ao mozo; entra no interior da casa e volve ao pouco tempo cunha foto na man. A muller amósalla ao rapaz. El axiña a recoñece: aquela rapaza da fotografía era a mesma da noite anterior. A muller, chea de dor, cóntalle que era a súa filla, ERA. Morrera había un ano nun accidente de coche na mesma estrada na que supostamente el a atopara; a noite anterior fora xustamente o aniversario do seu pasamento.

O mozo, aterrorizado, vai chorando ao cemiterio para comprobar se o que aquela muller lle contara era a verdade. Unha vez alí, o terror non o deixa mover nin un só músculo ao mirar enriba dunha tumba, a da rapaza, a chaqueta que le lle prestara.

Aroa Cernadas Pazos (4º ESO)

IES MENDIÑO


SOSPEITOSO

2016-17

Advertíranme que ese día non saíse da casa, que era perigoso. Pero non me importaba, nin a min nin aos meus amigos. Iamos camiñando pola Xunqueira. Eran as doce menos dez da noite; de súpeto, pareceume escoitar un murmurio. Non escoitei ben, preceume que dicía; “Morte...” foi

a única palabra que puiden entender. Eran xa as dúas da mañá, xa nin me

lembraba do murmurio. Non lle dera moita importancia, a verdade. “Ás catro? Xa son as catro?” Só me quedaba un amigo, o resto marcharan para

a casa. De súpeto, chegoume unha notificación; nada, unha actualización do Instagram. Cando levanto a cabeza, xa non estaba o meu amigo; Daniel

desaparecera. Asusteime moito; non estaba; de feito, segue sen aparecer.

Pasaron tres semanas e ninguén sospeita de min. Que mal me caía Daniel...

Ainoa Miguelez e Lucía Andrés (3º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

O MISTERIOSO AVÓ

Por que ninguén lle contaba nada? Por que non llo explicaban simplemente? Por que non se deixaban de incógnitas dunha vez?

Xa non tiña 5 anos e, pensaba, tiña a cabeza coa suficiente capacidade

como para entendelo. Quería coñecer aquel pasado incerto que tiña. Pero,

xa que non llo dicían alto e claro coma ela esperaba, comezou a buscar por ela mesma...

Ledicia quería saber a verdade sobre a morte do seu avó, xa que iso de

que a ambulancia chegara tarde non lle parecía a opción correcta, a pesar de que era o que levaba escoitando dende oito anos atrás.

Aínda que había outra versión, unha versión comentada todos os veciños,

unha versión na que había moito sangue e, por suposto, un asasino sen descubrir.

A rapaza non conseguira superar aínda a morte do seu avó. Cando lle

confesaran que falecera, comezara a chorar. E chorou todas as noites durante dous longos anos. Pero agora esgotáraselle a paciencia toda.

Por iso, ese 31 de outubro, día de meigas, feitizos e monstros, como puidera ser calquera outro, decidiu subir ata aquel fallado prohibido.

O primeiro que lle chamou a atención foi un gran baúl cuberto por unha gran saba branca. Cun pouco de medo, achegouse ata alí e tirou da saba. Quedou abraiada coa inscrición que tiña este, e dicía: “Aquí están as túas respostas, miña fermosa Ledicia”

Ao tempo que unha lágrima caía pola súa meixela, levantou a tapa do

baúl. Alí atopou un diario máis un álbum de fotos. Tomou o diario e

IES MENDIÑO


2016-17

dirixiuse, por inercia, ao final; naquel escuro faiado alumeado só por unha lanterna, leu;

“Miña fermosa meniña, eu sei que ti lerás isto algún día e tamén sei que te preguntarás como eu sabía o que ía pasar. Ben, aquel día tan gris, coma os

nosos favoritos, con tormenta e choiva, eu sabía que ía morrer, mellor

dito, que me ían matar. Que por que o sabía? Polo odio que me tiña o teu tío-avó e polo xuramento que me fixera: “De aquí a cen días vas durar.”

Ledicia choraba, xa non distinguía se de tristeza polo que sufrira o seu avó ou pola rabia que sentía cara o seu tío-avó. Cando de súpeto leu.

“Hai algo que tes que saber, e é que, na noite do Samaín, teu tío arranca a

pel da súa cara e mata. Así que escapa. Rápido! Corre lonxe e salva a toda

a familia. Ao día seguinte, el non vai recordar o que fixo e por suposto non

vai quedar ningunha proba. Antes da medianoite, este faiado ten que estar pechado e ti lonxe del. Corre miña nena, corre!”

Ledicia mirou o reloxo. Faltaban só dous minutos para a medianoite! Pechou o baúl, cubriuno coa saba e correu. Pechou o faiado e correu ao

salón. Ao mirar pola fiestra, conseguiu ver algo na estrada. Unha imaxe surrealista. Mirou ao seu avó en forma de anxo, e ao seu tío-avó coma o

esqueleto no que se convertera. Eran o ceo e o inferno. O seu avó protexíaa, coma sempre fixera.

IES MENDIÑO

Sara Iglesias (3º ESO)


Contos de medo

AS BRUXAS ESPERTAN

A tan esperada noite das bruxas por fin chegara, os nenos dispoñíanse a

saír a buscar doces para logo reunirse a contar contos de medo. Pero esta

vez algo especial sucedera. O lugar de reunión era pouco habitual, no cemiterio abandonado nas aforas da vila, todos están moi nerviosos, pero trataban de ocultar o seu temor.

No lugar, a calma era tan profunda que se impoñía ao silencio. Os nenos

comezaron a chegar e sentáronse formando un círculo arredor dunha lámpada que alumeaba só as súas caras.

O maior deles comezou a contar a lenda do cemiterio. -

Dise que neste lugar foron sepultadas tres feiticeiras e que , a partir dese momento, todos os anos na noite das bruxas as súas

almas elévanse das tumbas para atormentar a aqueles que non -

cren nelas…

Pero… Quen está facendo ruídos? Hai alguén escondido?

Todos se quedaron inquedos, quizais algún dos nenos maiores se ocultara para atemorizalos… Entonces escoitaron as doce badaladas da igrexa repenicando a distancia…

Os nenos tomáronse instintivamente das mans.

A lanterna caeu ao chan apagándose e o vento comezou a zoar! A lúa víase máis grande e tenebrosa! -

-

Debemos regresar ás nosas casas, isto xa deixou de ser gracioso! – dixo un deles e de seguido berrou:

Pero, que é iso?

IES MENDIÑO


2016-17

Das tumbas parecían saír flotando estrañas e fantasmais figuras, nunca

viran nada semellante. Querían correr, pero as súas pernas estaban endurecidas polo temor.

Un riso arrepiante sacudiu o cemiterio!

Por fin os pequenos conseguiron reaccionar e saíron correndo daquel

espantoso lugar.

Cando estiveron a salvo na casa, prometeron non falar daquilo nunca máis.

Ángel Castro (4º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

OS HOMES LOBO

Ía moita calor e o sol resplandecía; claro está que era verán. Aquel nove

de xullo, nunha aldeíña de Pontevedra corría unha lene brisa que calmaba a intensa calor.

Nunha das casas da aldea vivía Xoán, un rapaz máis ben baixiño, delgado,

sen apenas forza e con moito afán por aprender. Xa canso da calor agobiante e de estar todo o día

dentro da casa, decidiu ir ao bosque

para ler un pouco, tranquilamente, á sombra das árbores.

Todo estaba en calma ata que, de

súpeto, sentiu algo estraño. Foi entón cando lembrou que, desde había algún tempo, polas noites, estaban a acontecer bosque.

cousas

raras

naquel

Nervioso, erguese e botouse a andar cara á aldea, cada vez máis rápido,

ata rematar correndo. Xa na aldea, decidiu avisar e contarlles aos seus

mellores amigos, Benito e María, a sensación tan estraña que acababa de sentir. Había xa tempo que coñecera a Benito, era moi presumido e todo

xiraba en torno ao seu corpo musculado; ademais, era moi alto e guapo. Grazas a Benito, Xoán coñecera a María, unha nena de estatura media, loira e de ollos azuis. Os tres xuntos eran inseparables.

Despois de falarlles aos seus amigos daquela sensación tan desacougante que experimentara, decidiron os tres ir esa mesma noite a investigar o que pasaba naquel bosque. Chegaba a noite e os tres amigos puxéronse a

IES MENDIÑO


2016-17

preparar todo. Colleron lanternas, un pouco de comida e vestíronse con roupa escura e calzado cómodo. Os tres estaban moi nerviosos e mortos

de medo, xa que non sabían o que encontrarían naquel bosque. Unha vez nel non escoitaron nada. Pero, de súpeto, algo atacou a Benito. Morto de

medo, gritou e comezou a correr cara á aldea. María e Xoán déronse conta

e botáronse a correr detrás del. Chegando ao centro da aldea, Benito detívose e viu que tiña unha ferida, como se un lobo lle mordese levemente.

Entón decidiron ir á casa de Xoán a facer a cura. Xa na casa, Benito

comezou a suar en frío e a poñerse pálido. Cando María e Xoán se deron conta, os dous viron o mesmo. Non o podían crer... o seu amigo... convertido naquela besta... non podía ser... Benito convertérase en lobo!

Os dous rapaces quedaron paralizados, coma en estado de shock. Correron, correron como nunca antes o fixeran. Saíron da casa pero...

había unha praga de lobos! Correron cara un sitio agochado onde non os encontrarían; pero, de camiño, María tropezou e caeu ao chan, deixando

así que os lobos a comesen. Xoán correu sen mirar atrás pois, como mirase, tremeríanlle máis as pernas e tropezaría coma María.

Chegou ao lugar e atopouse só, con medo, tremendo e tamén un pouco paralizado. De súpeto, nas costas, notou unha respiración forte e constante; deuse a volta e alí estaba. Un lobo enorme, cos ollos vermellos

coma o sangue, os dentes afiados como coitelos e aquela horrible e noxenta baba que lle caía. Agora si, Xoán estaba paralizado, non era capaz de moverse pois sabía que aquel era o seu fin.

A historia non se sabe como remata, pero hai quen di que hai que ter

moito coidado nas noites de lúa chea porque Xoán, María e mais Benito saen á caza.

Carmen Alonso e Samuel Gil (3º ESO) IES MENDIÑO



BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES MENDIÑO – REDONDELA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.