Revista032

Page 1


OPINIÓN

ANTE O REFERÉNDUM EN CATALUÑA (1 DE OUTUBRO) O 1 de outubro produciuse un enfrontamento entre españois e este suceso, á

parte de orixinar fortes polémicas, marca un antes e un despois na historia de España.

Como ben sabemos, o un de outubro levouse a cabo un referendum ilegal ante os ollos de Constitución en Cataluña que dividiu os españois e, lonxe de pensar que

este tema só iría cos cataláns, toda España se viu con dereito a involucrarse no problema. Inicialmente as forzas políticas de dereitas actuaron en contra,

mentres que as forzas de esquerda (non todas) e nacionalistas actuaron a favor.

O que provocou tanta polémica non foi o feito de realizar un referéndum, que en si tamén, senón a actuación das forzas nacionais, a Garda Civil que traballou para

o Estado, para os de arriba e non para o pobo, polo que a represión contra este foi brutal e inhumana.

Antía Collazo (2º BACH) EL PAÍS 25 de abril de 2018

Unha opinión A actuación dos profesores cataláns foi un absoluto sen sentido por diversos motivos.

Primeiramente porque constitúe un atentado contra a dignidade propia da persoa; o dereito a esta vén recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos por ser unha calidade inalienable do individuo.

En segundo lugar, porque coartaron a liberdade duns adolescentes dos cales non

coñecen a súa orientación ideolóxica. Simplemente actuaron contra eles a xeito REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


OPINIÓN de castigo contra os seus proxenitores, dos cales tampouco coñecen a súa orientación ideolóxica. É posible que os gardas civís sexan de ideoloxía secesionista, pero estanse a xogar un posto de traballo e, consecuentemente, a economía familiar. O delito non estaba xustificado de ningunha maneira.

Centrándonos noutra cuestión, un alto cargo como Nuria Vallduria -directora de servizos territoriais da Generalitat-, xestionou incorrectamente a súa actuación.

O encargado do departamento de ensino de Cataluña non debe outorgar máis

importancia a unha cuestión política que a outra do seu ámbito de acción; ou, polo menos, non debe sacalo a relucir ante as miradas dos cidadáns. As cuestións

político-administrativas non deberían interferir no ámbito educativo. Se así fose,

estaríase adoutrinando o alumnado en lugar de cederlle a capacidade de libre elección.

En definitiva, o referéndum catalán do un de outubro non deu máis ca

problemas á sociedade, xa sexa nos colexios, na rúa ou nos foros de debate dos altos cargo do Goberno catalán. Necesitamos unha nación libre para decidir, si, pero debe realizarse de acordo aos métodos apropiados.

Manuel Ángel Lago ( 2º BACH)

Outra opinión Ben certo é que humillar a calquera persoa é un feito cruel e sancionable. Tamén é certo que esta actuación é aínda máis execrable cando se realiza contra menores. Pero, como en todo, hai matices.

Dunha banda, o “procés”, como calquera batalla política, divide a poboación e

causa certos enfrontamentos. Non está ben, evidentemente, que se leve a extremos tales que inciten á violencia, e menos cando se trata de violencia entre menores. E que dicir cando esta violencia se exerce de adultos a menores!

Os alumnos, obviamente, non teñen a culpa do que os seus pais puidesen ter

feito e pode que nin sequera compartan a súa actuación, pero no editorial do xornal non se fai mención aos feitos ou comentarios que puidesen ter realizado REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


OPINIÓN estes menores. É dicir, se os profesores os humillaron –como di o texto- é bastante dubidoso que os nenos estivesen

calados sen faceren ningún

comentario en contra do “procés” ou sobre a violencia e represión exercida sobre os independentistas. Pero, como xa se sabe, El País non é un periódico que

preste demasiada atención a estes detalles senón que tende máis a victimizar a quen se manifeste contrario ao catalanismo, de modo pacífico ou non tan pacífico.

Doutra banda, o nivel ao que chegou este conflito roza os límites do grotesco, tanto por un extremo como por outro. A suposta actuación dos profesores a favor da república catalá lembra a dos franquistas dando berros en defensa de Franco e o Movemento Nacional, salvando por suposto as distancias. Tamén o

outro bando, que alega constantemente a ilegalidade do “procés” actúa de xeito

violento, e os exemplos son evidentes. De feito, a discriminación que din sufrir os

alumnos da noticia tamén a sofren miles e miles de catalanistas por parte dun represor e centralizado goberno estatal.

En consecuencia, a solución non é doada e moito menos se ningún bando

abandona as súas posturas intransixentes. Porén, os pasos que xa hai décadas se deberían ter dado resultan obvios; en primeiro lugar, débese reformar a

Constitución para contentar a ambos bandos –como xa se fixera nos tempos da

xa arredada segunda República. De aí partiriamos cara ao consenso xeral ao

integrar o estado federal catalán dentro de España e, non por iso se pecharían fronteiras nin se discriminaría ao resto de españois non cataláns, malia o que digan os contrarios ao “procés”.

Miguel Rancaño (2º BACH)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


OPINIÓN

AS NOTAS DEBERÍAN PUBLICARSE? Non creo que a mellor solución para acadar igualdade e fiabilidade á hora de obter unha carreira sexa, necesariamente, facer públicas as notas dos alumnos e alumnas.

O feito de que as notas se fagan públicas non vai amañar situacións como a que se acaba de dar hai pouco co escándalo do máster de Cristina Cifuentes. Se un título pode ser falsificado da forma como se fixo, sen que ninguén se decatase ata

que se filtrou información, significa que o problema é de base. Ninguén nos asegura que se a medida de facer públicas as notas se producise non se puidesen

atopar outros camiños para falsificar un título universitario. O que hai que facer é unha investigación seria, honesta e profunda da universidade para comprender quen permitiu que algo así ocorra.

De feito, pese a que “a priori” poida parecer que a publicación das notas é unha boa idea, só crearía máis desigualdades entre os estudantes que están optando a encontrar un posto de traballo.

O problema non reside soamente en como funciona o sistema das universidades,

senón que tamén está sendo provocado pola normalización da corrupción que sucede no país. O mellor exemplo disto é que, pese a todo o ruxerruxe que

supuxo o descubrimento destes datos sobre o máster, a Cristina Cifuentes só lle fixo falta renunciar a este para manter o seu cargo no partido. É dicir, sería escandaloso que todo isto sucedese en calquera país de Europa, por exemplo.

Aquí, porén, a falta de vergoña e a ausencia de represalias por parte das autoridades permítelles enganar e manipular a cidadanía sen ningún tipo de consecuencia, manténdose no poder sen ningunha dificultade.

Pese a todo, estou seguro de que este asunto non terá ningún tipo de

repercusión no seu partido, porque se encargaron de desfacerse dela ao final.

Porén, se as situación segue así, non vexo outro futuro para o noso país e os cidadáns vivirán enganados e sendo roubados muchos anos máis.

Hugo Cabrera (2º BACH)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN ARTÍSTICA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA

33 AMIZADE A CORUÑA

Cabaleiro casado busca amizade con Muller e algo máis 000.000.000 Sinceramente, cando vin ese anuncio iluminóuseme a cara. Era exactamente o

que estaba buscando! Alguén casado, coma min, que seguramente se aburría no

seu matrimonio e buscaba unha amizade ou o que xurdira para facer a súa vida máis interesante. Logo pensei como se sentiría a súa muller, sen saber que o seu home estaba tan desesperado como para escribir un anuncio público. Vale que eu non estaba feliz co meu home, pero ata ese punto…

Despois de pensalo ben, decidín chamalo; sabía que vivía na Coruña, así que igual o coñecía. Quen sería?

Pero

axiña

cando

marquei ese número, deume

existente”.

“contacto

Non o podía crer, era o meu home! Que

desgusto,

que

vergoña! Vergoña! Iso é

o que tiña que darlle. Non me molestei en quixen nese momento eran os papeis do divorcio.

falar con el, o único que Xiana Otero (1º ESO)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA

ISO DÁ IGUAL Precísase empregado para granxa Imprescindible carné de conducir. Empregado!! Nin sequera se molestarán en poñer /a, coma noutros anuncios. Era empregado! Ela non estaba disposta a pasar por iso, xa que lle urxía moito

traballar. Non lle foi moi difícil ocultar os seus peitos, pois era moi fraca e apanas

tiña. Vestiuse con roupa moi masculina e decidiu ir a polo traballo. Ademais o

seu nome, Alexis, érache un nome unisex. Cun pouco de sorte, non se fixaría se no seu carné poñía H ou V.

Chegou un cuarto de hora antes da cita prevista e, como estaba aínda escuro,

agardou na súa vella camioneta a que saíse o xefe. Xusto ás seis da mañá, saiu

unha muller duns cincuenta anos, corpulenta, de case un metro noventa, con roupas de traballo.

- Bos días. Ti es Alexis?

- Bos días. Si, señora, Alexis Núñez.

- De onde es, rapaz?, cantos anos tes?, por que queres traballar aquí?, que sabes

de granxas?, canto pensas gañar?, cantas horas pensas traballar por día?, canto pesas?, canto mides?, que queres preguntarme?...

A señora bombardeaba a rapaza como unha ametralladora; chuspía nas preguntas sen esperar resposta e... así!!!! De súpeto, calou. Ollou para a rapaza, esperando non sabía que.

Alexis, que non pensaba deixarse acovardar por calquera, fitou para ela e contestou: “Son da Coruña, teño 23 anos. Quero traballar porque necesito os cartos. Para que? Non é asunto seu, que se mo preguntase igual lle respondería.

Quero traballar aquí porque é o único anuncio onde non poñía que tiña que falar inglés. Non sei moito de granxas pero ninguén nace sabendo; penso gañar segundo traballe; as horas ponas vostede e eu mirarei se estou capacitada. Peso

52quilos e mido 1,58cms, e gustaríame preguntarlle por que no seu anuncio só pide homes.”

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA A xefa quedou coa boca aberta; non contaba

ela que respondese a todas as preguntas e

na orde na que llas fixera. Durante un anaco quedou coma noutro mundo. Logo, de súpeto, como se lle acabasen de acender as pilas, dixo:

- Empezamos ás seis da mañá. Hai que

muxir sete vacas; limpar as cortes; carrexar o esterco; seguir co galiñeiro e os porcos. Descansamos para comer, de 13:00 a 14:30

h. Despois preparamos o campo e adiantamos traballo para o día seguinte. Terás

que ir ao pobo a comprar os víveres dúas veces por semana. Gañarás 2000€ se traballas de luns a venres de seis da mañá ata as sete da tarde; se incluímos a fin

de semana gañarás 200€ por día a máis. Se queres descansar un día á semana, descóntoche 200€, pero se é para ir a médicos, 100. Veste con forzas? Durmirías

aquí, onde ti queiras; e ademais tamén van incluídas catro comidas: almorzo, comida, merenda e cea. Ségueche interesando o choio? - Faríame contrato? – preguntoulle.

- Quince días a probas. Mes a mes durante os seis primeiros meses; logo

negociaremos, se segues- respostoulle. - Trato feito.

Chocaron as mans e decidiron que empezarían o seguinte luns.

Cando Alexis ía marchar, Sonia –que así se chamaba a xefa- díxolle:

- Non contrato mulleres porque sempre están a queixarse polos fedores;

non teñen aguante e son moi mexericas. - Vostede é Muller –díxolle Alexis.

- Pero eu crieime no campo, apenas sei ler, só me defendo, e non coñecín

máis ca isto. Ti es coma un fideo, rapaz, parece que vas romper dun momento a outro; non creo que aguantes a primeira semana. - - Iso verémolo.

- Marchou sen darlle tempo a dicir máis. A esas alturas xa se dera conta de

que á tipa aquela custáballe un pouco reaccionar.

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA - Alexis non só aguantou a semana senón que aguantou anos. Erguíase ás

cinco da mañá. Cando á xefa baixaba, xa Alexis estaba camiño da corte das vacas.

Traballaba todos os días do ano, excepto dous ou tres que ía collendo de cando en cando. Apenas falaban as dúas, de feito falaba máis cos animais que coa xefa. Un día, durante o xantar, a xefa díxolle:

- Como unha rapaza coma ti non anda por aí divertíndose e noivando?

- Cando soubo que eu era muller?

- Pois ao ano e pico de estares aquí. - Por que non me despediu, logo?

- Porque es traballadora, calada, teimuda, e levas todo con moita orde. Non

protestas e, aínda que teñas pouca forza, tes moita maña.

- Ten vostede razón. Agora creo que é xusto que lle diga que a partir do luns

vai ter que buscar outro empregado.

- No xornal do martes seguinte, Alexis leu: “Necesítase empregado/-a para

granxa.

- Alexis sorriu para si e pensou: “Menos mal que recoñeceu que as mulleres

valen moito! Xa estaba cansa de porcos, vacas, galiñas e xefa. Xa teño os cartos para montar o meu bar”.

- Debaixo do anuncio de Sonia, poñía de novo: “Novo bar necesita xente con

ganas de traballar”.

Lucía Crespo (1º ESO)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIร N LITERARIA NARRATIVA

MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE

REVISTA CULTURAL Nยบ 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA Breve relato inspirado no libro de Anxo Fariña Os Megatoxos e a Batalla de Rande Era un lugar tranquilo. A miña nai estaba botando de comer ás galiñas mentres eu almorzaba para ir ao colexio e o meu pai baixara á ribeira a botarlle un ollo á nosa chalana. De súpeto comezaron a soar as campás. Mamá entrou correndo e dixo que recolleramos todo, que xa comezaba a batalla. Os barcos inimigos levaban varios días cerrando a saída da ría sen decidirse a atacar. Todo o mundo tiña medo.

O cura contara o domingo que a frota chegaba de América cos tributos recadados polos vicerreis españois, e topouse coa frota inglesa que volvía do asedio de Cádiz. Por ese motivo refuxiouse na nosa ría.

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA Xa tiñamos case todo preparado, papá xa agochara debaixo dunhas rochas as poucas cousas de valor que tiñamos, e mamá preparar un saco con comida para uns días. Collemos as vacas e as ovellas para levalas con nós ao monte e soltamos as galiñas. Toda a xente do barrio facía o mesmo. Subimos cara aos montes desde onde vimos a batalla. Todo era lume e explosións. Tiven moito medo; só había catro anos que os piratas atacaran Vigo e moita xente morrera.

Desde onde estabamos, vimos como comezaban a arder os barcos franceses e españois. Os mariñeiros saltaban pola borda e fuxían cara á ribeira nadando e en chalanas. Nese momento démonos conta de que a batalla estaba perdida e tardariamos días en baixar.

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA

LÚA CHEA O Gaitas e mais o señor Xiráldez camiñaban lentamente ao longo da Avenida Ernestina Otero nas horas seguintes ó xantar. O ceo estaba encapotado na súa maior parte, deixando brillar o sol entre nube e nube. A pesar da intermitente choiva, non ía frío. Os dous seguían camiñando, sen deterse, pola Avenida Ernestina Otero, cara ao serradoiro, para comezar coa xornada laboral de tarde.

O Gaitas era un home traballador, sen dúbida. Non se andaba con gaitas. Estivera

traballando no serradoiro toda a súa vida, e aquel era un día máis. As mans con

cicatrices e calos, sinal de identidade. Os trapos (porque eran trapos, non roupas, e débese chamar ás cousas polo seu nome) acompañaban ao seu aspecto traballador.

O señor Xiráldez era o seu xefe. Contrastaba co seu acompañante. O seu parecer era limpo, aseado. Traxe de cor escura e uns bos zapatos. A camisa marcaba os vicios do señor Xiráldez.

Saíron os dos do lugar de traballo, sobre as dez da tarde. Xa escurecera e as nubes cubrían o ceo. Cada un foi á súa casa. Botaron a andar pola Avenida Ernestina Otero. Despedíronse no cruce de rúas de sempre. O Gaitas foi cara á dereita e o outro, á esquerda. Outro día máis de duro traballo.

O Gaitas abriu a porta e alí estaba Lauriña, a súa muller. Os dous sentaron á mesa e Lauriña chamou por Ana, a súa filla. Coma sempre, Ana comezou coa súa rolda

de preguntas sobre o traballo do seu pai, as cales, coma sempre, tiñan as mesmas respostas.

Rematada a cea, o Gaitas aseouse e deitouse, preparado para un día máis, outro día máis.

Debían ser as tres da madrugada cando o Gaitas espertou. Botou a man cara á

dereita e notou frío, o frío da cama. O recendo da súa muller aínda estaba no ar. Non marchara había moito tempo. O Gaitas esperou cinco, dez, quince, trinta

minutos. Lauriña non volvía. Ergueuse e deu un par de bandazos co corpo REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA debido ás horas que eran. Buscou pola casa adiante. Nin na sala de estar, nin na

cociña, nin no comedor, nin no baño. Só lle quedaba por revisar a habitación da pequena Ana. Entrou paseniño e moi quedo. Sen sinais de Lauriña.

Preocupado, vestiuse (non sen antes poñer os vaqueiros do revés) e saíu pola

porta na procura da súa muller. Completa escuridade, salvo pola luz da lúa chea

e outra que viña do lado contrario da estrada. Como un becho, sentiuse atraído pola claridade, pensando que daría resposta ás súas preguntas.

A luz era a dunha casa, unha boa casa, polo menos de dúas alturas. A ventá de abaixo á dereita era a que máis brillaba, polo que aí estaba a orixe. O Gaitas achegouse e axexou pola fiestra. A luz viña da fogueira da cheminea e había unha

figura que non tardou en recoñecer, a do señor Xiráldez. Os ollos puxéronselle coma os dun animal salvaxe ao prepararse para irlle ao pescozo á súa presa. Alí,

ao lado, sen máis roupa que un pano que lle cubría o privado, estaba Lauriña. O sangue quentáballe máis da calor que saía da casa; fervíalle.

Guiado polo instinto, chantouse na porta da casa, que era unha boa casa, e petou

tres veces, a segunda máis forte que a primeira, e a terceira máis forte que as anteriores. O señor Xiráldez, ao cal nunca máis o Gaitas chamaría señor, foi o que

abriu alporizado. O Gaitas colleuno polo pescozo coas súas particulares mans e, nun simple xiro, descolgoulle as vértebras cun sonoro chasquido. - Pepe! Que fixeches, Pepe! Pepe!

Esas foron as únicas palabras que puido pronunciar Lauriña. As bágoas inundaban os seus ollos e escorregaban pola súa faciana. Nunca vira ao seu marido así; besta era curto para describilo. O Gaitas dirixiu a súa mirada, baleira, pero á vez chea de forza, a aquela moza espida. O Gaitas non se andaba con

gaitas. Sen mediar palabra, Lauriña vestiuse e os dous volveron á casa guiados pola luz da lúa.

Unhas semanas despois, o Gaitas camiñaba pola Avenida Ernestina Otero en dirección ao seu traballo, no serradoiro. Só era outro día máis.

Manuel Á. Lago (2º Bach)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA

NAS TEBRAS DA CÁNTIGA DE CURROS

Era unha estrelada noite de xuño cando se coñeceron, ningún dos dous sabía o que ía pasar nin como afectaría un á vida do outro...

May era unha rapaza sinxela, un tanto sorrinte, un tanto soñadora que unha noite de verán, tras celebrar o seu 21 aniversario, decide acudir a unha festa que se ía celebrar na súa universidade. Alí coñece a Marc, un universitario un tanto

problemático. Dende o instante en que se viron por primeira vez quedaron embelesados mutuamente. Cando comezaron a saír todo era perfecto, escapadas

pola noite, sesións de cine, risas... Pero co paso do tempo todo cambiou, volveuse REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA grisáceo, deixaron de saír. El xa non lle traía flores. Xa nada. Aquela relación volvérase fría como o xeo e perdera a maxia.

Marc xa perdera as esperanzas de que a súa relación amorosa revivise polo que

comezou a verse con outra muller ás escondidas. Sandra, que así se chamaba a súa amante, e Marc víanse todos os días despois do traballo cunha condición:

que ninguén se decatase. Ao principio soamente era amor carnal, mais Sandra comezou a ter sentimentos por Marc e cada día que pasaba volvíanse máis e máis intensos. Pero con eles tamén chegaron as discusións, pois Sandra xa non o quería compartir:

-Tes que contarlle o noso.

-Non podo, isto soamente ía ser sexo, sen ningún compromiso.

-Pero eu ámote, Marc, e xa non me podo facer a idea de verte con outra.

-Síntoo, Sandra, témolo que deixar.

-NON! Deixa de ser covarde e afronta as consecuencias dos teus actos.

-Iso non vai pasar, ímolo deixar e ninguén se vai decatar disto.

-Se non llo dis ti, dígollo eu.

-Non vas facer iso.

-Por suposto que si.

Sandra colle o teléfono de Marc e comeza a buscar o número de May. El, nun acto

de desesperación colle a botella de viño que tiña ao lado e bátelle con ela na cabeza. Ao vela tirada no chan cun charco de sangue enorme ao seu lado comeza

a gritar o moito que a quería e que iso non debía acabar así. Acto seguido envólvea nunha cortina de ducha e limpa o sangue. Marc mete o corpo sen vida

de Sandra no maleteiro do coche e diríxese ao porto, onde ten o seu barco. Cárgaa dentro do barco e sae mar adentro. Cando xa estaba o máis posible afastado da xente, tirou o corpo ao fondo do mar.

Cando Marc voltou á casa con May, esta estaba sentada nunha cadeira, chorando co móbil na man.

-May, meu amor, que che pasou? REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA NARRATIVA -Meu amor? Que me pasou? Ti, pasáchesme ti.

Acto seguido, ela ensinalle a mensaxe que deixara no contestador do móbil, pois cando Sandra chamara a May e ela non lle collera, activouse o contestador e mandoulle todo o que lle dixera Marc a Sandra antes e despois de matala. May comeza a discutir con Marc: -Pódocho explicar, amor.

-NON ME CHAMES ASÍ! Eu xa non che son nada. -Déixame que cho explique.

-Non quero que me expliques nada, só quero que marches da miña casa, INMEDITAMENTE!

Marc, en parte triste e en parte cabreado, recolle as súas cousas e marcha, pero

como non tiña casa, pois vendéraa cando se mudara con May, e a súa familia non vivía aquí, decidiu marchar a América a vivir co seu curmán. Comprou un billete

de barco e marchou esa mesma noite. Mais antes de marchar deixoulle unha

nota a May dicíndolle que o sentía moito, que a súa intención non era ferila e que marchaba para América coa súa familia.

Cando May leu a nota, farta de tanto sufrimento polo seu desengano amoroso e

pola partida do home que tanto dano lle fixera pero ao que aínda amaba, decidiu quitarse a vida coas tesoiras que tiña na man.

Varios días despois da súa morte, cando a súa familia atopou o seu cadáver envioulle unha carta a Marc anuncinadolle ao seu funeral pois así o quería ela, ou iso puxera na carta de suicidio. Cando a carta chegou a mans de Marc, este non podía crer o que estaba lendo; sabía que ela se suicidara pola súa culpa, que o

fixera todo mal e que debía pagar por iso. Comezou a recortar e a pegar nas paredes fotos de cando eles eran felices e, co corazón no peito e desexando ter

outra oportunidade con May noutra vida, aforcouse rodeado de momentos felices impresos en papel.

Nerea Cabaleiro e Noelia Rivas (3ºESO)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIร N LITERARIA NARRATIVA

REVISTA CULTURAL Nยบ 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO

ACTUALIZACIÓN DA CANTIGA Nº IV DO PERGAMIÑO VINDEL (Parada de autobús de Vigo. Chega un Vitrasa. Dentro vai o condutor, un grupo de

xente e Concha atrás. O escenario só está iluminado desde atrás. Ao fondo escóitase unha música bailable. O autobús para.)

CONDUTOR: (berra) Última parada! Todo o mundo fóra do bus!

(Un grupo de xente baixa do bus, entre eles encóntrase Concha. Ela avanza un par de pasos; anda cansa e vai arfando.)

CONCHA: (declamando) Ai Deus, saberá agora meu amado

que eu soíña estou en Vigo? E vou namorada.

(Segue camiñando e senta con algún membro do público. Rodéalle os ombreiros co brazo e mirándoo aos ollos e asentindo coa cabeza, fálalle paseniño.) CONCHA: Ai Deus, saberá agora meu amado que eu soíña estou en Vigo? E vou namorada.

(Levántase e segue camiñando ao redor do escenario e segue arfando. Volve sentar con alguén do público e repite a mesma acción.) CONCHA: Que eu soíña estou en Vigo, e non hai ninguén comigo. E vou namorada.

(Vólvese erguer e avanza ata o fondo do escenario. Senta nunha cadeira e desganada fala coa cabeza gacha.)

CONCHA: Que eu soíña en Vigo ando, e ninguén comigo traio. E vou namorada.

(Entran en escena Manolo e a súa amante. Avanzan cariñosamente sen decatarse da presenza de Concha. Paran e continúan a facerse as beiras contra a parede. REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO Concha decátase da súa presenza e avanza cara a eles enfadada. Mentres, Manolo e a súa amante Marisa conversan.) MANOLO: Estás máis guapa que un billete de 500. MARISA: Ai, Manolo! Que cousas me dis.

MANOLO: (dálle un bico a Marisa) Imos para a casa?

MARISA: Imos (sorrí sensualmente).

(Chega Concha por detrás e, con rabia, bérralle ao oído de Manolo.) CONCHA: E non hai ninguén comigo, senón os ollos que choran a fío. E vou namorada.

MANOLO: (salta co susto) Hostia, Concha!

MARISA: (dirixíndose a Manolo, enfadada) Manolo! Estás casado e non me

dixeches nada? Parvo do carallo! (dálle unha labazada e vaise) (Concha faise a orgullosa)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO MANOLO: Se foses así de ghuapa como esta mociña, xa non habería problema, Concha! Se non me dás mambo, terei que buscalo!

(Concha encóllese de ombreiros e dálle as costas. Manolo rosma e sae de escena. Concha vírase cara ao público e avanza dous pasos. Levanta a cabeza e, mirando ao cea, recita solemne a última estrofa.) CONCHA: E ninguén comigo traio, senón os ollos que choran ambos. E vou namorada.

(Baixa a cabeza e aperta os brazos contra o peito e, lentamente, sae de escena.)

Lucía González, Alba Míguez, Miguel Rancaño e Andrea Rodríguez (2ºBACH)

XOGANDO COAS ACOTACIÓNS PRIMEIRA VERSIÓN Unha rapaza moi guapa, loira e cun vestido vermello está sentada no chan, a carón dun grande edificio de formigón. Chora e cobre a face coas mans. De fondo óese unha forte música de baile. Un rapaz, elegantemente vestido de traxe, entra en escena e achégase, vacilando, á rapaza. Dubida se falarlle e vírase cara atrás un par de veces. De súpeto, ármase de valor, asinte decididamente coa cabeza e ponse a carón da rapaza mentres introduce unha man no peto interior da chaqueta. A: Queres un paquete de panos de papel? (di con voz doce pero mirada dubitativa á par que lle estende un brazo co que sostén un paquete de panos)

B: Non, grazas (rexéitao con voz seca e un frío xesto coa man, sen miralo).

A: Pois estanche caendo os mocos, perdoa que che diga (sorrí el, intentando tranquilizala e achegándose máis a ela. Ponse de xeonllos á súa esquerda e o seu trae engúrrase, aspecto cómico).

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO

B: Non me están caendo os mocos, perdoa que che diga (responde ela, arisca. Nótase certo enfado no seu ton de voz e tapa a cara coas mans de novo nun xesto que engurra a longa saia do vestido e dálle a forma dunha rosa de cen pétalos).

A: Pois logo é que estás chorando (di el con voz divertida e senta pegado a ela, desviando a mirada cara ao chan e sorrindo).

B: Queres facer o favor de deixarme en paz? (recrimina secamente e afástase un pouco del, bufando e mirando cara á esquerda con aspecto enfadado. Os seus ollos

e meixelas están bañados en bágoas e a súa face, ruborizada, combina co vestido vermello). A: Anda, límpate, que non sei que me dá verte así (insiste el, con voz suave e

amistosa. Vólvese achegar a ela e saca un pano que lle ofrece)

B: Pois non me mires e lárgate dunha vez (espétalle ela con voz forte mentres lle arrebata o pano de papel nun rápido movemento coa man. Limpa o rostro con

pequenos e suaves pasadas para secar as bágoas. En silencio, unicamente interrompido pola música rock que soa de fondo, busca coa mirada un lugar onde REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO gardar o pano. Como non atopa ningún réndese e decide devolverllo con desdén ao rapaz, que a olla divertido. As súas miradas crúzanse e lea, incapaz de sosterlla, desvía cara ao chan a cabeza) A: Non sei como non me fixara antes (murmura el, coa voz tímida e case

tatexando. O seu nerviosismo é delatado polas súas mans, que frotan as pernas engurran o pantalón e tremen. O aspecto é o dun neno pequeno).

B: En que? (pregunta ela, mirando ao ceo e despois ao rapaz. O seu ton é máis calmado; menos arisco e denótase certo interese).

A: Nos teus ollos, son amarelos (di el como se acabase de facer un descubrimento revolucionario e volve sorrir. A música rock de fondo para e comeza a soar unha

lenta balada. O ambiente vólvese máis romñantico e ambos, untantocortados, encollen as pernas e abrazan os xeonllos coa brazos. Sorrín timidamente)

B: Amarelos, xa (responde ela no medio do silencio, máis contenta. Volven calar e só se escoita a música suave).

A: Ao mellor é que son amarelos só cando tes mocos. (Solta el,animado, de xeito que rompe o silencio dos dous a arrina o ambiente romántico de película. A súa mirada alegre tórnase asusutada cndo ela o mira fría de novo).

B: Que non teño mocos, que non teño mocos! A ver se o entendes! (berra ela mentres bate os puños contra o chan coma unha nena pequena que colle un

berrinche. Ladeando a cabeza nun xesto de negación, levántase e comeza a andar con intención de irse). A: Polo menos xa paraches de chorar (di el con voz desesperada e ponse rapidamente de pé para perseguila. Agárraa suavemente dun brazo e a para en seco, mirando cara ao chan de costas a el).

B: Es tan imbécil que me dás pena (rosma ela con voz baixa, pero un tanto

divertida. Vírase cara a el, pero segue mirando ao chan, A súa saia voa e bate contra as pernas do mozo). A: Por iso estabas chorando? (pregunta el, sorrindo de novo e pasándolle as mans polos brazos. Os seus ollos brillan e, lentamente, achégase máis a ela). REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO B: Por iso, si, e por iso teño os ollos amarelos. E mocos, moitos mocos (ri ela,

mirándoo de novo. Os dous rin brevemente e volven a calar. A romántica balada óese de novo, pero esta vez máis nitidamete. Os dous rapaces volven mirar ao chan, sorrindo). A: Queres un paquete de panos de papel? (volve preguntar el moi docemente. Ambos volven mirarse, sorrindo).

Sen responder, ela pásalle un brazo polo do mozo e os dous, de ganchete,

comenzan a camiñar calados e saen da escena. A música de fondo vai silenciándose de vagar ata que o escenario queda totalmente en silencio. O telón cae. Andrea Rodríguez e Miguel Rancaño (2º Bach.)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO

SEGUNDA VERSIÓN Aparece en escena unha muller espida, de pernas longas e esveltas coma se fosen esculpidas por Bernini, mentres se mira no espello as manchas que ten por todo o corpo. O seu rostro está demacrado e cheo de bágoas polas agresións que sofre día a día. Entra en escena o seu mozo, corpulento e con aires de grandeza. Viste uniforme da Garda Civil. A: Queres un paquete de panos de papel? (con ton agresivo). B: Non, grazas.

O home escúpelle con desprezo á muller no rostro e pégalle unha labazada. A: Pois estanche caendo os mocos, perdoa que che diga.

B: (Con ton despectivo) Non me están caendo os mocos, perdoa que che diga.

O mozo suxeitalle a cabeza a elas coas duras mans e con forza bátelle na cabeza. A: Pois logo é que estás chorando. (Burlándose) A rapaza quitas as mans del da súa cara.

B: (Con voz tatexante) Queres facer o favor de deixarme en paz?

O home volve a agredila, e esta vez faina sangrar. Despois disto tíralle un pano ao chan. A: anda, límpate, que non sei que me dá verte así.

B: (Enfadada e coa cara chea de bágoas) Pois non me mires e lárgate dunha vez. O home achégase a ela e agárralle a cara fixándose nos seus ollos. A: Non sei como non me fixara antes. B: En que?

O home sinala os ollos da muller. A: Nos teus ollos, son amarelños B: Amarelos, xa

A: Ao mellor é que son amarelos só cando tes mocos. REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA TEATRO B: (A muller indígnase porque o seu mozo non lembra a grave enfermidade a que sofre e lle fai ter os ollos desa cor). Que non teño mocos! Que non teño mocos! A ver se o entendes!

A: (Con ton burlesco) Polo menos xa paraches de chorar. A Muller cóspelle na cara ao home.

B: (Con impotencia) Es tan imbécil que me dás pena. A: Por iso estabas chorando?

O home, ao sentirse desprestixiado polo pouco respecto que lle tivo a muller, dálle outra labazada e faina sangrar de novo. B: Por iso, si, e por iso teño os ollos amarelos. E mocos, moitos mocos. O home tíralle un paquete de panos á muller con desprezo á cara. A: Queres un paquete de panos de papel?

A muller, inesperadamente, quítalle a pistola ao seu home do peto. Víngase del pegándolle un tiro que acaba coa súa vida. Rocío Couñago e Óscar Martínez (2º Bach.)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18






CREACIÓN LITERARIA POESÍA

RECREANDO A MENDIÑO Agardando no silencio de San Simón nin do vento se escoitaba o son. Meu amigo teño o desexo

mais voltar eu non te vexo. Alí preto da pequena ermida

nin o vento sanda a miña ferida. Meu amigo teña o desexo

mais voltar eu non te vexo Nin do vento se escoitaba o son e o mar chora ao meu carón Meu amigo, teño o desexo

mais voltar eu non te vexo. Nin o vento sanda a miña ferida

e polo mar marcha para a toda a vida. Meu amigo teño o desexo

mais voltar eu non te vexo.

Gonzalo Álvarez, Diego Alonso, Javier Álvarez (1º Bach)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA POESÍA

Brancaneves Moitas veces Brancaneves aos ananos quixo matar Atrapada e obrigada no traballo do fogar

Comida para eles tiña que facer que vai envelenar Hai quen pensa que a meiga a quería matar

Idilio lésbico é o que tiñan poñendo de escusa a mazá Sempre coa teima da heterosexulidá

Máis o heroe sempre terá que ser un home ao final O bico indesexado do final é abuso sexual!

Rocío Couñago (2º Bach) #EUCRÉOTE Soa, Engaiolada, Núa, presa do Terror

En obxecto a converteron,

Nunha diversión para eles,

Zánganos do patriarcado,

Animais fóra do zoo,

Denantes violadores que persoas. Aterrorizantes miradas,

Miradas que ían á súa busca.

Atentaron contra a súa persoa-, Non foi abondo.

A xustiza puxo un pano sobre os ollos.

Deteremos o mundo todas xuntas, A nova manada xa chegou!

Claudia Ramos e Emma Ruiz (2ºBACH) REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA POESÍA

Vacacións, canto vos anhelo,

antes do que eu espero chegará ese momento.

Auga cálida e cristalina,

cunchas entre as rochas,

incalculables momentos de diversión os que eu desexo con gran emoción. Namentres,

só me queda esperar.

Andrea Rodríguez (2ºBach)

Lectura novidosa.

Intrigas e personaxes descoñecidos. Boas tardes de lecer e Ratos aproveitados.

Onde atopas as mellores aventuras, Novos romances apaixonados.

Onde mergullarse en mundos diferentes, Viaxando ser moverse do sofá.

O mellor do mundo.

Claudia Ramos (2º BACH)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA POESÍA

do

mundo

teito

no

almas

as

súas

Salvagarda

et

lux

Requiem aeternam dona eis

perpetua

Manuel Estévez (2º BACH)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA LENDAS

POR QUE O LOBO LLE OUVEA Á LÚA? Unha noite tranquila de lúa chea, o lobo saíu a pasear polo bosque. O claro da lúa

alumeaba o camiño entre as árbores. Desde o outeiro, o lobo miraba pasmado a

lúa pendurada no escuro ceo acompañada polas estrelas. O lobo namorouse da lúa e desexaba que baixase á terra para poder abrazala e bicala.

Pero despois de moitas noites visitándoa, o lobo comprendeu que a lúa xamais baixaría e, cheo de dor, comezou a ouvearlle. Desde entón, os lobos ouvean á lúa.

David Cabaleiro Ramilo (2º ESO)

No cume dunha montaña de Galicia, escoitábase ouvear a un lobo todas as noites, sen que fose lúa chea.

O lobo estaba perdidamente namorado dela. Os demais membros da manada

mofábanse del, xa que dicían que sería un amor imposible. Mais isto non facía cambiar os seus sentimentos, o que buscaba era a maneira de chegar a ela.

Despois de pouco durmir e moito pensar, atopou a solución para reunirse con ela, e así poder confesarlle o profundo amor que sentía.

Buscou a montaña máis alta de Galicia, o punto onde ninguén chegara; esgotado tras a longa viaxe que transcorrera, estaba por fin moi preto da súa amada, a un salto dela.

Tiña moito medo, pero o seu amor puido máis que o seu receo. Encheuse de

forza, retrocedeu uns pasos cara a atrás... e deu o salto máis grande de toda a súa vida.

O lobo namorado non se viu máis, pero desde aquela noite todos os demais lobos do mundo enteiro miran a lúa cada noite para ver se atopan ao seu compañeiro namorado ouveándolle á lúa para reclamar ao seu amigo.

Alba Otero Vaz (2º ESO)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA LENDAS

POR QUE AS XOANIÑAS TEÑEN SETE PUNTOS NEGROS? Alá pola aparición dos primeiros animais, xurdeu un pequeno insecto de cor

vermella e con dúas pequenas ás coas que poder desprazarse. Este pequeno insecto foi a xoaniña que, por indescifrables circunstancias, se chamaba Ruperta.

Ruperta era unha xoaniña moi inqueda, que sempre tiña curiosidade por descubrir mundo. O primeiro día da historia do mundo que choveu, Ruperta

estaba moi triste, aburríase moito, ata que, de súpeto, algo a sorprendeu. Do ceo caía auga. Como Ruperta vivía no monte, axiña se formou lama e á xoaniña non se lle ocorreu outra cousa ca ir voando ata unha fochanca e meterse dentro.

Ao saír da lama, amosáronse os primeiros raios de sol que deron lugar a que nas

costas de Ruperta se secase a lama e se formaran… sete puntos negros! E así foi, como as xoaniñas tiveron sete puntos negros nas costas.

Borja Soutullo García (2º ESO)

COMO SE DESCUBRIU O LUME? Hai moito tempo, no principio dos tempos, había unha persoa que se chamana Brok. Bork non era moi listo, pero era moi curioso, cousa que en parte era boa e

en parte era mala. Un día, para probar se as rochas eran duras, colleu unha pedra e estampouna contra a súa cabeza para ver se conseguía rompela. Ao

facelo, empezou a chorar e a correr. El, sen querer, chocou contra as cortes dos animais e escaparon todos. O xefe da súa tribo expulsouno e dixo que ata que

aprendese a controlarse, non podería volver. Fuxiu triste e enfadado e, xusto nese triste momento, empezou unha tronada. Un raio caeu enriba del e prendeulle lums ao pelo. Correu á présa á aldea e, cando chegou xunto ao xefe,

sorprendeuse enormemente e preguntoulle que lle pasaba. Bork contou todo, e o

xefe, ao notar a calor que desprendía o lume, intentou facelo el. Conseguiuno e desde ese día o lume usouse para moitas cousas.

Breixo Durán Conde (2º ESO)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIร N LITERARIA LENDAS

LETRAS GALEGAS 2018

REVISTA CULTURAL Nยบ 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA LENDAS

POR QUE O CARACOL TEN CUNCHA? Un día de primavera de hai moitos anos, un caracol, daqueles que aínda non tiñan cuncha, saíu a dar un paseo; mais ben o que el quería era alimentarse.

Cando xa percorrera un longo treito atopouse cun xardín cheo de plantas e parou alí a comer. No final do xardín fixouse nunha enorme planta verde que

parecía estar moi tenra. Custoulle moito subir pola planta, pero, finalmente,

logrouno. Púxose a comela pero axiña se lle fixo de noite, se volvía á casa íano matar, xa que el era moi pequeniño e entre o seu tamaño e a escuridade o ían pisar. Pero...onde ía durmir?

Baixou da planta e atopou unha cuncha de ameixa. O primeiro que se lle ocorreu foi meterse debaixo dela, e alí pasou a noite.

Na mañá, ao día seguinte, ocorréuselle traballar na cuncha para así poder levala el nas costas e poder meterse na súa cama cando el quixese. E así o fixo.

Decidiu volver á cova onde vivía antes e ensinarlles a todos aquilo. Tiña unha

nova forma de vida moito mellor que quedar na casa sempre e comer o dos arredores.

Ingrid Vidal (2º ESO)

Era unha noite escura e cálida. O caracol, daquela chamado rapidol, corre rápido

entre as follas, famento e buscando algo que levar á boca. Ao verse desesperado por non atopar nada apetitoso, decide adentrarse no tenebroso bosque das Dez Caracolas.

O rapidol, tan resabido coma sempre, dille á súa amiga rapidola que nada pode ocorrer pois o de tenebroso non son máis que lendas.

Esta, tan prudente coma sempre, decide quedar buscando comida pola horta de dona Maruxa. O rapidol, testán, decide seguir só.

Ao adentrarse no bosque, sente algo de medo, pero, decidido a non perder o seu

orgullo, segue adentrándose. Na parte máis escura do bosque, xa polo final, REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA LENDAS atopa un feixe de apetitosos cogomelos, a comida favorita dos rapidois. Cando vai pegarlle o primeiro mordisco ao cogomelo, aparece unha malvada meiga entre a maleza.   

Oes! Que fas ti aí? Eses cogomelos son nosos, das meigas caracolas.

Ah, si? Pois se son vosos, vide por eles!- exclama o rapidol, desafiante. Moi ben!

A meiga abalánzase sobre o rapidol, e este, dun brusco movemento, esquiva á súa contrincante.

 Así que conque esas temos! Exclama a meiga, cada vez máis enfadada.

Rapidol, con cara de desprezo, observa como a meiga levanta o seu pau máxico e pronuncia un tenebroso conxuro.

 Bibidi Pidpidi Mipidi! Que este noxento rapidol se converta nun noxento caracol!

Nun estoupido de fume, o rapidol sente unha grande e pesada cuncha ás súas costas.

 Pero que me fixestes, meiga malvada?!

 Agora, ti e todos os rapidois egoístas, transformádevos en caracois, o animal máis lento do planeta!

E dende entón, os rapidois egoístas son caracois e, a parte solidaria deste grupo, pasa a chamarse babosa.

Pero esta é xa outra historia.

Sabela Gunche (2º ESO)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA LENDAS

María Sira Pena (1ºESO)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA MANUAIS

GUÍA PARA APROBAR Para conseguir o propósito desexado, debemos seguir os seguintes pasos:

O primeiro é chegar á clase con ganas de traballar a materia. Trae o material necesario para a clase, e non te esquezas un bolígrafo, aínda que case sempre cho pode deixar o profesor.

Sacar a nota máis alta posible no exame escrito, pero, se o suspendes, aínda tes posibilidades de aprobar, porque aínda tes tres puntos de: - nota de clase

- libro de lectura - oralidade.

Nota de clase: estar calado, facer os exercicios e non durmir porque, se non, a

profesora vaiche facer unha serie de preguntas: entendédesme?, escoitádesme?, seguídesme? E sempre tes que responder que si.

Libro de lectura: non podes facer un resumo, pero si un cómic, unha fotomontaxe…

Oralidade: falar apropiadamente e, nos debates, levantar a man.

Martín Vázquez e Alejandro Peso (4º ESO)

REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17


CREACIÓN LITERARIA MANUAIS

GUÍA PARA COMER UN PRATO DE ESPAGUETES Poñámonos no caso de que sentes a necesidade de comer, de que tes dúas mans

e de que o teu cerebro envía ordes de xeito aceptable (que poden parecer requisitos sinxelos, pero non o son).

Poñámonos tamén no caso de que estás sentado/a na mesa coa familia e de que tes diante túa un prato de espaguetes. Como ves, é o momento axeitado para aprender como comelos.

O camiño curto sería deixar caer a cabeza sobre o prato e comer directamente; pero non o imos facer así, que hai xente diante e non semella moi hixiénico.

Poñámonos no caso de que es destro/a. Se es zurdo/a, terás que facer como

seguramente levas facendo toda a vida e facer as cousas á viceversa. Pois ben, coa man dereita apañas un garfo e suxeitalo ben para que non se mova e, coa esquerda, unha culler.

A partir de aquí todo é moi fácil. Introduces a culler no prato e, inmediatamente despois, o garfo. Xiras o garfo para que os espaguetes se vaian enroscando entre os dentes e axúdaste da culler para darlle forma a iso que lle chamas xantar.

Entón só queda levantar o devandito garfo con coidado para non espallar o contido; metelo na boca e alimentarte.

Como podes observar, as explicacións previas son moito máis longas ca a acción en si, polo que esta é unha actividade recomendada para calquera.

Andrea González (4ªESO)

REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17


CREACIÓN ARTÍSTICA

Antía Sobrado REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA VIAXE A LONDRES This trip to London was the best trip I have ever made in my life. I (and I think all of the students) have discovered a beautiful city with a lot of diversity, where

you can find whatever you want just jumping into an underground train. We have learned a lot of culture from this and I loved this city like no other.

If I had to say what was the thing I liked the most I would say everything, every little corner was full of culture, modernism, Royal Family pictures, diversity and

a lot of people. I personally love places where there are a lot of people and the fact of being there seeing all that people from every different culture made me

think about how important is travelling for everyone. We all should travel and meet dwellers from other countries, where there are other mores and manners.

I liked the way I had to talk with the people, although I had to made an effort to understand British

accent, but 2 days after being there I

could talk to them and

them

understand

perfectly.

With this I try to say that the best way

to

know

a

language is liking it,

I personally love English and having

the opportunity of knowing

another

country and another culture while talking English is the best plan ever, much more if you add the companionship of your classmates and the funniest teachers I have ever met.

Definitely, this was the best trip I have ever made in my whole life and I think it

will be at least for a few years. If you’re reading this, now you know where to travel next time, as will i.

Sergio Pérez (1ºBach.)

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18


CREACIÓN LITERARIA BANDA DESEÑADA

REVISTA CULTURAL Nº 32 CURSO 2017-18



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.