Violencia contra a muller

Page 1

BOLLAÍN, ITZIAR,

Te doy mis ojos

Emocionante e necesaria película que trata profundamente o tema da violencia machista, que neste caso exerce un home “normal” sobre a súa muller, á que “adora” dun xeito erróneo. O problema martiriza aos dous, pero un deles máis vítima ca o outro. Excelentes interpretacións de Luis Tosar e Laia Marull.

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

SPIELBERG, STEVEN,

El color púrpura

Esta película baseada nunha novela de Alice Walker narra a historia de Celie, unha adolescente de cor de catorce años que está embarazada do seu propio pai, un home despótico e cruel. A partir de entón a súa vida estará chega de dor e humillacións. Con música de Quincy Jones. E ALGO DE MÚSICA COMPROMETIDA:

“Malo” de Bebe “Ella” de Bebe “El maltrato” de Manuel Orta “Violencia machista” de Ska-p “Salir corriendo” de Amaral “Lo que Ana ve” de Revolver “El final del cuento de hadas” de El Chojín “Ay, Dolores” de Reincidente “Se acabaron las lágrimas” de Huecco “María se bebe las calles” de Pasión Vega “Abre tu mente” de Merche “Nanai” de La Mala Rodríguez Biblioteca do “Agra de Raíces” en internet:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED089 Blog da biblioteca:

www.biblioraices.blogspot.com

Ilustración de Iván Pardo — Banco de Imaxes do Ministerio de Educación

SEIS LIBROS, DÚAS PELÍCULAS E ALGO DE MÚSICA BIBLIOTECA VIVA 2011—2012 IES "Agra de Raíces" de Cee


BERBEL, ESMERALDA, Trátame bien, Ed. Alba Recolle a testemuña de dezaoito mulleres que algunha vez na súa vida sufriron maltratos dentro dunha relación sentimental e que o superaron ou están a facelo. Respectouse o seu anonimato e deixóuselles un tempo de reflexión antes de contar as súas experiencias e recordos, que foron plasmados despois pola autora. Estas mulleres, de diferentes idades e condicións sociais, superviventes das súas relacións de parella, víronse obrigadas a revisar as súas propias ideas sobre o amor, o sentido da vida e a familia. Un fío de esperanza para aquelas mulleres que hoxe en día están sufrindo a violencia de xénero.

PAZ, BEGOÑA, A ferida, Ed. Xerais A ferida é un libro contundente que fala, sobre todo, das mulleres. As feridas supuran sobre a vida e toda a escuridade que permanece agochada dentro de nós flúe fervendo coma auga ardente dunha fonte termal. Entre estas liñas desfila a paixón, a desesperación, a soidade en compañía (a peor) a mentira (como vida, como estigma, como amor), a insatisfacción, a aldraxe, a violencia, o medo, a destrutiva autocompaixón, o sexo... e tamén o humor, como máscara.

MONÇÓ, BEATRIZ, Los hombres no pegan, Ed. Bellaterra Este conto é un aviso contra la masculinidade mal entendida, contra la desigualdade entre homes e mulleres, contra o maltrato doméstico, contra as estruturas de poder que permiten que as familias e as súas relacións se convertan nun terror cotián, nun campo de batalla onde os más débiles poden perder aa vida. De lectura recomendada para adultos e nenos.

VARIAS AUTORAS,

Camiñan descalzas polas rochas Ed. Tris Tram Os poemas e relatos ilustrados de Ana Romaní, Yolanda Castaño, Rosa Aneiros, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Carmen Blanco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Helena Villar Janeiro, Ana Expósito e Marica Campos, todas elas autoras destacadas das letras galegas actuais, amosan un catálogo de atentados contra os máis importantes dereitos das mulleres (e do xénero humano en xeral): dereito á vida, á consideración, ao respecto, á paz, á igualdade... Todos os textos e ilustracións creáronse para a ocasión.

ALONSO, FRAN, Cartas de Amor, Ed. Xerais Nove relatos en forma de carta que, en conxunto, forman un mosaico do convulso mundo actual e, asemade, botan unha ollada ás vidas tronzadas das protagonistas; vidas que foron levadas pola enxurrada dos acontecementos e que non se puideron vivir seguindo as escollas persoais. Son vidas tronzadas, desviadas da vontade das protagonistas e gobernadas por acontecementos que non poden controlar. Son retallos de vidas de sobreviventes, de protagonistas que viven no temor dun futuro incerto e que contan coa desesperanza como sentimento común.

LORENTE ACOSTA, MIGUEL,

Mi marido me pega lo normal,

Ed. Crítica O sobrecolledor título deste ensaio escrito por un médico forense tomouno das palabras textuais dunha muller que estaba avergoñada se ter sido obxecto da violencia do seu marido. No libro analízanse as agresións á muller na realidade cotiá, libre de mitos e xustificacións, e trata o tema do maltrato dende unha perspectiva médica, legal e moral


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.