Poemas no confinamento

Page 1

DÍA DO LIBRO

POEMAS NO CONFINAMENTO

2020 ELABORADO POLO ALUMNADO DO IES FERNANDO BLANCO 1º BACHARELATO (A, B, C) 1º ESO 1º FP BÁSICA ELECTRICIDADE MATERIA: LINGUA GALEGA E LITERATURA COMUNICACIÓN E SOCIEDADE


POEMA 1

POEMA 2

De súpeto á nosa vida chegou aquilo que parecía afastado un virus que todo cambiou xa era algo moi próximo.

Alimaña misteriosa que ensombra as nosas vidas que nos fai quedar na casa por máis de corenta días.

Todo o mundo unido por unha causa provocada pola gran ameaza que nos obriga a quedarnos na casa e polo que a xente non se abraza. Contáxiase con moita facilidade e isto haino que parar o antes posible para que non acabe coa humanidade xa que esta pandemia si é vencible. Todas as xeracións se xuntan a aplaudir ao persoal sanitario que son quen máis axudan e agradéceselles o seu esforzo diario. Estrañamos aos que queremos e isto nunca xamais o esqueceremos.

Furtivo, caladiño, entra pola porta para facer dano sobre todo aos avoíños. Sensación de afogo, de falta de respiro, de estar na casa así encerradiños. Sen poder ver amigos, nin sequera pasear, algo triste e penoso pero que temos que respectar. Polo noso ben, e polo de todos quedemos na casa para que isto remate pronto. Ao final o conseguiremos


e a este maldito virus xuntos venceremos.

POEMA 3 SEN DARTE CONTA

Sen darnos conta, estamos a perder cada día a máis persoas, familias que se rompen. Familias que non volven a ser o mesmo. Familias que non se poden despedir. Familias que levan a dor por dentro...

Sen darte conta, chega a todos os lados, a todas as persoas, a todos os países... e sobre todo, aos nosos avós, os máis vulnerables.

Sen darnos conta, este virus, para ben ou para mal, cambiounos a todos...

Sen darnos conta, levamos máis de un mes na casa, encerrados entre varias paredes sen ver aos que máis queremos e sen poder desfrutar de pequenos detalles. Detalles, que antes non valorabamos.

POEMA 4

Sen darnos conta, invade o noso corpo, apodérase de nós, e fai del, unha alma sensible, que loita por botalo fora... Uns conségueno, outros, din adeus...

CUN SORRISO Este presente remuíño de todo impredicible rompeu a vida de todos dunha forma incrible. Deberíamos encontrar unha resposta que por fin rompa este feitizo e así nos devolver toda a nosa normalidade. Desde balcón e terrazas


cantamos os nosos mellores temas desexando encher as prazas e romper os nosos propios esquemas. Con prudencia e amabilidade aplaudiremos aos sanitarios que nos enchen de emoción coas súas reflexións. Necesitamos o calor dese tan típico verán galego con todas as grandes verbenas sen rematar nun rego... Nun soño moi axitado estaría disposta a vivir para que isto rematara xa dunha vez por fin.

POEMA 5 CORONAVIRUS Chegou,e apareceu da nada, non lle demos importancia ata ver como se comportaba. Todo foron risas ata que chegou a Italia, moita xente seguía sen saber nada. De repente o virus estaba na capital, a xente pensou que non era letal. Os de Madrid o tomaron como vacación total, o que non sabían era que a todo un país ía contaxiar. Agora todo o país en corentena estamos, mentres unha cura esperamos. Eu espero que isto pronto poida acabar, aínda que na tele o contrario están a narrar. Pode que dentro de pouco poidamos saír, e a nosa vida poidamos volver ben a vivir. Aínda hai xente que non o entende, pero hai que quedar na casa e non contaxiar ao de en fronte. Se o verán queremos pasar, o noso graíño de area teremos que achegar. E mentres tanto que escribo isto,


boto de menos a todos os meus compañeiros. POEMA 6 Coronavirus, unha arma biolóxica, Coronavirus, un castigo de Deus. As familias son separadas, os amores esnaquizados, os doutores salvadores, os maiores encerrados.

unha arma biolóxica, Coronavirus, un castigo de Deus. Viaxa polo aire, viaxa polo mar, se non te lavas as mans, pódeche matar.

POEMA 7 CORONAVIRUS

Os aniversarios arruinados, as vodas anuladas, as vacacións malgastadas, os traballos cancelados. Coronavirus, unha arma biolóxica, Coronavirus, un castigo de Deus. No hai ganas de facer nada, non hai ganas nin de saír da cama. Non hai ganas de ver a tele, Non ha ganas nin de ver unha serie. Coronavirus,

O coronavirus é un virus malvado que a todos nos deixou encerrados fai que os días sexan aburridos e non hai ningún divertido. Os vosos exercicios teño que realizar así que aburrido non debo estar a comunicación familiar mellorou pero a miña liberdade roubou.


POEMA 8

POEMA 9

Ondadas de xente que ían traballar Volveron encrespadas para a súa casa. Como a escuma que mira cara aos peixes A xente miraba para o inimigo.

CORONAVIRUS

Alzouse a vista ao ceo para contemplar as nubes, Nubes brancas non coma as negras de polución Que fai tempo ferían o corpo e máis a mente. Era posible ver O tempo non era Pero podíamos Todo está

as cousas distinto o mesmo que antes facelo semellante na nosa man.

Na terra xa non se escoitaban os pasos Só o son dalgún paxaro que cantando Facía o interior da casa máis animado.

Ti viñeches e todo se foi.. Só quedaron ganas que ían medrando cada día ganas dun abrazo, dunha ollada, dun solpor xunto á xente que quero, dun ola e adeus pero non a través dunha mensaxe, e eu que son de falar moito e dicir pouco estiven querendo dicir máis falando menos, eu que nos meus días malos rexeitei unha aperta agora daría calquera cousa por unha delas. Ninguén nos ensina a valorar sae dun mesmo, xa o facía antes de ti chegar, ninguén nos ensina a desfrutar do momento


sae dun mesmo, non o facía antes de ti chegar pensaba continuamente no mañá e agora que mañá é un hoxe continuo falta tempo e sobran ganas.

POEMA 10 Paxaros, tan forte escoito as súas cancións, esa luz que ilumina toda a cidade.

POEMA 11 UN VIRUS MALDITO Eu, amante da vida unha moi boa bailarina, adoraba as saídas. Ti, virus maldito, que me quitaches todo o vivido, sen importarche o meu camiño.

Apenas din nada de todos os falecidos. A primavera está aquí de novo Saímos á fiestra, aplaudir e respirar Nunca nos imaxinaríamos esta traxedia a corentena cada vez é máis difícil.

Loitarei, por recuperar a vida, a liberdade, a xustiza o poder da auténtica bailarina. Aquela xente forte, que levaches á morte, desagradablemente, sen importarche os doentes. Todos resistiremos, por todos aqueles guerreiros que se foron todos xuntos como pasaxeiros, cheos de vida e moi aventureiros.


POEMA 12

POEMA 13

O coronavirus, un virus como o di a propia palabra, Un virus que mancha a saúde da xente e a imaxe dun país. Epidemia que arrastras vidas. Parálise dun mundo creado por Deus.

De repente chegou Levou todo polo que traballamos Levou negocios, anciáns, amigo... Quitounos a liberdade coa que soñamos Quitounos todo polo que loitamos

Nube que levas a morte na man. Morte de corpos e mentes. Lucro duns e ruína dos outros. E un comportamento que inculca o silencio e a esperanza. Ditadura do silencio e democracia da esperanza.

Rompeu corazóns, Puxéronnos condicións, Pero xamais nos quitará a paixón, Nin as ganas de gañar, Nin a ganas de seguir. Ímolo lograr. Temos que resistir.

Non nos vas roubar o traballo nin o lecer, Nin os abrazos, nin a cultura. Cambiarás as formas, mais non os fondos.

Non por nós... Pola humanidade Grazas aos que están aí: Enfermeiros, Policías, Gardas civís, Transportistas, Dependentes, e incluso TI. O meu corazón ardente Berra por sobrevivir.


Os aplausos na ventá, Intentos de motivación. POEMA 15 O motivo somos nós. Son os nosos avós. Son os nosos amigos. Sodes vós. Agora temos unha vida diferente, Sentados fronte a tele. E todos somos conscientes, Que non deixan que eu voe, Pero a próxima vez Pasarei das nubes.

POEMA 14 Coronavirus

Deberes a distancia, improvisados, a ordenador Descanso, recuperacións, hobbys Unity, programación, debuxo Sorpresas, conversacións a distancia, soidade.

O CORONAVIRUS Esa enfermidade que o mal xera esa enfermidade que afecta a un planeta enteiro esa que causa o medo nunha cidade enteira pero nela algo bo atoparemos. Fainos estar tristes e aburridos tamén nos fai estar encerrados e é coma o veleno fai que os días sexan ásperos e non sexan fluídos pero nela algo bo atoparemos. El fíxonos estar sen saír todo o mes de abril poderiámolo coñecer como o ultravirus, pero mellorou o medio ambiente moi fácil o seu nome é Coronavirus.


POEMA 16

POEMA 17

Coronavirus

Todo é raro e vago, Nin son no vento, nin latexos na auga nin cor no solo.

O monotema que agora está en boca de todos, fixo que nos volvéramos máis sedentarios do que somos, fixo que perdésemos contacto cos nosos amigos, fixo que tivésemos noites de soidade e insomnio. Pero o monotema que agora está en boca de todos, fixo que nos axudemos uns aos outros, fixo que deixásemos de mirarnos o embigo, fixo que nos désemos conta da importancia de médicos e científicos.

Nin conversacións pretiño, tampouco apertas e bicos. Ti, que o destrúes todo, sen importarche nada, provocas choros e tristeza, pero pronto che destruiremos a ti. Oxalá pronto os quilómetros se convertan en centímetros, que as viaxes para vernos impliquen perdernos durante horas. Oxalá pronto desfrutar do son do mar, das quedadas ata tarde na terraza do bar. Oxalá todo o que estamos perdendo agora, o desfrutemos de novo no día de mañá.


POEMA 18

POEMA 19

Incerteza, escuridade, medo, mais Corona, eu non retrocedo!

Corona

Tempos difíciles, bágoas e choros, familias derruídas, mais Corona, non poderás coas nosas vidas! Costas erguidas, mans alzadas, fortes gorxas. Todos xuntos contra El! Incerteza, escuridade, medo. Mais Coroa, eu non retrocedo!

Corona, corona, bonito nome, grande desfeita deixa. Corona, corona, destrúe ás familias, e une ás persoas. Corona, bicho, Malo, perigoso, Pero que consegue, unir á sociedade máis fragmentada.


POEMA 20

POEMA 21

A PARTE BOA

XUNTOS VENCEREMOS

Eses marabillosos días, polas rúas, xogar ao futbolín, indo ás competicións de dúas en dúas, os amigos.

Entro unas nosas vidas cortándonos as ás, deixándonos afastados, levando os seres queridos...

O ditoso virus quitounos iso, e quitarannos moito máis, deberes a moreas, estrés a máis non dar.

Impúxonos unhas normas, obrigándonos a cumprilas, máscaras e luvas temos que levar cada vez que queiramos ir a un lugar.

Nunca volverá a ser todo o mesmo, pero sempre, de algo moi malo, hai unha parte boa, oportunidades únicas.

Vamos a loitar Para con todo isto rematar E así un día poder regresar a traballar, estudar... Nunca nos venderemos e xuntos con todo isto acabaremos a esta enfermidade venceremos e á normalidade volveremos


POEMA 22

POEMA 23

TRISTE PRIMAVERA

Maldito Coronavirus que coa nosa vida acabou. Encerrounos na casa e coa chave tirou.

Que días tan duros e tristes estes nos que comezamos a primavera confinados na casa, agora xa nada é o que era! Ocupando un espazo libre de eses onde non podes estar ao meu carón, non me podes dar bicos, todos compartimos a neveira e o salón. Acompañados dun ser estraño o cal fan chamar “coronavirus” e que dende a China chegou aquí este ano e recibe o nome dun virus. Permanecemos na casa desacougados e sen saír a ningún lado un día tras outro seguimos confinados.

Agora sentimos nostalxia De todo o que nos quedou atrás Dunha conversa entre amigos Ou unha aperta dos nosos irmáns Maldito Coronavirus que coa nosa vida acabou. Encerrounos na casa e coa chave tirou Volveremos a ser libres E do mundo desfrutar Veremos aos nosos amigos E ao colexio a estudar. Maldito Coronavirus que coa nosa vida acabou. Encerrounos na casa e coa chave tirou.


POEMA 24

POEMA 25

O FEITIZO

Dun día para o outro cambiou todo. Afrontamos a vida dunha maneira diferente. Aprendemos a apreciar o que antes, Apenas tiña importancia.

Este presente de remuíño de gotas invisibles, de veleno minúsculo, de murmurios distantes. Calendario perplexo de días repetidos que intúen o enigma da fraxilidade que nos habita. Que esperte esa idea do pensamento pleno, a enerxía anhelada, o soño solar das alquimias. Que inventen a fórmula do ceo e atopen a súa resposta nos laboratorios e rompan este feitizo.

Pasar tempo cos amigos, visitar aos maiores, unha aperta. Agora todo é diferente. Imos ao mercado con medo, sen falar con ninguén, sen saber se sairemos desta.


POEMA 26

POEMA 27

O coronavirus chegou e na casa nos encerrou agora estamos confinados sen poder ir nin ao traballo.

POR MOR DE TI

Na casa non se está tan mal, pero fóra estaríamos fenomenal Espero que isto acabe axiña e poder ver a miña xentiña. Hoxe é o día do libro e gustaríame pasalo cos meus amigos mais na casa quedarei en lendo un libro o celebrarei. O coronavirus chegou e na casa nos encerrou Espero que isto acabe axiña e poder ver a miña xentiña.

E de súpeto aquí, case que sen darnos de conta aquí nos atopamos, nun ciclo do que non sabemos cando saír. E de súpeto ti, que sen saber quen es estás ao noso carón cada día, e fas que non saibamos o que está por vir. E é así, esa sensación de impotencia o non poder facer máis que quedar na casa por contribuír. E cambiaremos o concepto de sufrir, a aquel no que falte un abrazo, ou un amigo, isto grazas a ti. Mais é como din,


despois de cada tormenta chega a calma e o certo é que si, volveremos a rir volveremos a saír e volveremos a vivir. POEMA 28 TODO PARA Nun momento todo para O mundo para Non podes facer nada para evitalo sentes impotencia, tristeza, incertidume Non sabes o que vai pasar deixas de ver amigos, familia, persoas.. Para o mundo nun segundo sen te decatares Desexas que todo volva á normalidade poder estar acompañado relacionarte coas persoas visitar a familia, os amigos

Desexas que todo pase o antes posible para todos POEMA 29 PULMÓN Un xigante microscópico invadiu o noso mundo. O terror retenme nun fogar tornado en prisión. Só, na miña habitación. Asómome entón á ventá. Vexo unha casa baleira dun veciño que está agora no hospital. Vexo á nada paseando pola rúa. Sinto o silencio que antes ocupaban as respiracións acompasadas dos que xa non están aquí. Sinto a nostalxia daqueles lugares e daquelas caras. Florece a indignación ante aqueles insolentes ignorantes que seguen saíndo á rúa sen razón. Só, na branca galería. Asómome entón á ventá. Vexo paxaros voando libres por un ceo azul que loita por liberarse do seu inferno de CO2. Vexo gatos cruzando a estrada, sen temor a ser convertidos nun montón de vísceras baixo un


pneumático. Penso nos golfiños que nadan alegres polas canles de Venecia. Penso nos xabarís que, acompañados das súas familias, baixan ás cidades e recuperan, por fin, o seu territorio. Só, na miña prisión. Baixo entón as persianas. Reflexiono sobre a situación, sobre o home e a natureza, e pregúntome: non poden os nosos pulmóns respirar xuntos?

POEMA 30

Permanecerás moito tempo entre nós e deixarás moitas bágoas derramadas e moitas noites sen durmir pero permaneceremos fortes e unidos. Oxalá isto fóra un pesadelo e mañá me espertase frustrada, pero pensando que xa todo pasara e que ti nunca estiveras entre nós.

POEMA 31 E a xente quedou na casa, e a xente na casa quedou. Só unha viaxe ao Mercadona á semana, inútil porque o papel se acabou.

CORONAVIRUS Chegaches sen avisar, e cóllestenos coas mans baleiras pero de seguro que, nos deixarás máis unidos que nunca. Levácheste a moitos dos nosos, empezando por miña avoa, pero sei de seguro que me fixestes máis forte.

Comprouse pintura, fío, lévedo e fariña de millo, co fin de entreterse e educarse nalgún oficio. Pero levamos 5 semanas e xa non tes sitio no garaxe porque xa está cheo de “arte”. O estrés fíxonos comer de máis.


É comprensible. Con tanto tempo libre quen non se enche a comestibles?

Corentena

Algúns fan deporte, outros meditan, outros aplauden pola ventá mentres aplauden e asubían.

40 días pechados, dende que o virus chegou. 40 días pechados, nos que moito medo nos dou.

Xa non hai clases sociais. O mundo agora divídese doutra maneira: quen ten xardín, quen ten can ou quen só sae a comprar.

40 días pechados, sentíndonos os máis débiles, 40 días pechados, nos que nos volvemos valentes.

Os cans antes molestábanche para que os sacases, agora ládranche para que os deixes descansar.

40 días pechados, sen poder sentir o sol, 40 días pechados, sen poder dar amor.

Coronavirus, que fixeches? Agora nada será igual.

40 días pechados, sen dereito a liberdade. 40 días pechados, por medo á enfermidade.

Como ves podes vivir afastado do mundo, sen problemas, só falando por videochat.

POEMA 32

40 días pechados, nas nosas propias casas. 40 días pechados, as persoas xa estamos cansas.


Van 40 días, e o peor xa pasou, agora toca esperar que nos dean solución. Pronto sairemos e daremos todo o amor, Que este coronavirus aínda non nos deixou.

POEMA 33

POEMA 34 Un problema conxunto No ano 2020 o mundo sofre por unha enfermidade que non mira de raza nin idade e menos status social.

ENCERRO Catro paredes nas que nos atopamos, cada un a súa maneira para algúns é mais fácil manterse encerrados para outros é estar nunha gaiola como pantera. Xente que se sente coma nunha peixeira e outros coma en mar aberto. Xente solitaria e outros en manada. Ninguén está igual que antes. Xente que o seu fogar inunda de felicidade outros preocupados polos seus seres pero todos queremos o mesmo, seguridade.

Agora todos confinados dámonos de conta de moitas cousas. Esperemos que ao acabar isto sigamos dándonos de conta das cousas. Pouco a pouco imos saír, imos volver a pasear, a rirnos cos amigos e facer vida normal.


POEMA 35

POEMA 36

O BICHO DA DÉCADA

E APLAUDIRON

O coronavirus é aquel que amarga a existencia a todas as persoas. A xente do goberno encarga o material necesario pero non o suficiente.

Quedade todos na casa, que ninguén saia.

A miña vida cambiou moito este mes, boto de menos a escola e aos meus compañeiros, agora a educación está ao revés, sentimos o contrario que antes do encerro. Da felicidade que se sentía antes, ao estar coa xente, falar e xogar, agora coma non achantes unha sanción virá petar.

Seguide como se non pasara nada, pero que ninguén saia. Traballade traballade, que ninguén se relaxe. Seguide como se non pasara nada, pero algo si que pasa. Incerteza, inseguridade, tensión, estrés, cansazo, avó, avoa, mamá, papá, tío, tía, filla, fillo. Perdas insubstituíbles

O coronavirus é algo invisible cuxa función é ternos pechados nas casas, separados dos nosos seres queridos, pero nós temos que ser invencibles.

E aínda así, saíron ao balcón e aplaudiron.

Loitar contra el sen violencia aguantar nas casas para paralo. O coronavirus é aquel que nos separa, que intenta dividir pero esperemos que non o logre.

Por todos aqueles e aquelas que loitan cada día. Por todos aqueles e aquelas que se esforzan por continuar. Por todos aqueles e aquelas que o conseguirán.


Por nós, que estamos xuntos nisto e venceremos.

Aprender a valorar, a querer e respectar, isto pronto vai pasar, e unidos ímolo lograr.

Un virus, quen diría que algo tan pequeno, xogaría con cousas tan grandes.

POEMA 38

Pero xuntos venceremos esta partida.

COVID-19

APRENDER

Unha pandemia mundial tivo que chegar, para así acabar coa vida dos nosos anciáns.

Todos tivemos que aprender a frear as vidas de súpeto sen nada poder facer e facéndoo sen querer.

Trasmítese á velocidade da luz, ninguén o pode parar, e o sistema sanitario, colapsado está.

Aprendemos a bailar, a cantar e a cociñar, así como a pintar, a coser ou a pensar.

A poboación segue confinada, sen poder saír da casa, a economía está parada, pero a xente descansa.

POEMA 37

Tamén a esperar, a aburrirnos e parar, sen saír do noso fogar, para vidas poder salvar.

Antes podía ir adestrar, e incluso á rúa ir xogar, morro de ganas, de facer moitas cousas.


POEMA 40 Con esta situación, nada mellorou, e cada vez que me deito, soño que isto xa acabou.

POEMA 39 O LADO BO DO CORONAVIRUS

E a xente quedou na casa lía libros, novelas e contos, aprende unha forma de ser nova. Aprenden da súa familia, bailan, xogan e cantan e algúns encóntranse coa súa sombra. Aprenden a querer ben aos seus amigos, estudan, estréanse e choran aproveitan as clases polos teléfonos. Entre todos conseguiremos saír, #FICANACASA

TEMPESTADE Goteo de pacientes nos hospitais, médicos agochados en máscaras, caixeiros indefensos tras cristais e pechando todos os locais. Toda unha tempestade, trouxo o inverno á primavera levou con ela a saúde e deixounos así, á espera. Todo isto pasará soamente temos que esperar, e ti, como vas a loitar? Eu quedarei no meu fogar.


POEMA 41

POEMA 42

40TENA EN VISEO

QUE PENSAS?

A que chamamos corentena? Poderían ser 40 días encerrado, pero eu prefiro definilo como, 40 días de soidade na casa.

Intentando destruírnos, pouco a pouco, non te deixaremos, aquí non tes un oco.

40 días illados dos amigos, da familia lonxe das túas rutinas e de razóns polas que rir.

Risas, choros, aplausos, Que pensas?

Case 6 semanas de desacougo, de medo, perigo, tristeza Tempo de sobra para reflexionar, incluso para estrañar o instituto.

Persoas falecendo, persoas tremendo, persoas toleando, Que pensas?

O único bo de todo isto, definiríao como, tempo en familia. Só espero que pronto todo volva a realidade E volva a ter motivos para rir.

Paxariños, cantade Paxariños, bailade Paxariños, voade Paxariños, agora si que vos oio. Vaite lonxe de nós, non es persoa, Agora quen ten a coroa? Somos nós!


POEMA 43 Coronavirus Contra nós arremete, ameazando aos maiores, este virus que infunde temores Manténdonos en casa con mil proteccións, deixándonos saír con toda a precaución. Mais os nenos e as nenas, estarán tranquilos este virus failles cóxegas Nesta corentena, sacaremos a nosa mellor faceta. a creatividade, sen esquecer o que máis estamos representando, a solidariedade. Mentres todos fiquemos na casa o maior posible, evitaremos que as nosas vidas e as dos nosos maiores periguen. Cansándonos na casa, esperando a saír este virus vaise ir. Así isto remataremos, coronavirus, tennos medo, cando saiamos e deixemos de estar illados este virus farémolo anacos!

Porque contra nós non pode, este virus covarde e sen temores, que leva consigo a vida dos nosos maiores. Maldito virus covarde sen principios, Combaterémolo coa boca formando un sorriso! POEMA 44 Coronavirus da miña alma e corazón A miña vida quitácheslle emoción Estás todo o día na televisión E xa non me prestas atención Coronavirus da miña alma e corazón Déixame saír un anaco por favor Que lavo as mans con xabón. Xa sei que este e o teu labor Pero non sexas cabrón Coronavirus da miña alma e corazón Xa che teño pavor Non es moi acolledor Pero prefiro a picadura dun abellón Coronavirus da miña alma e corazón Non saes nin con ibuprofeno Molesta a alguén alleo Que eu xa vou para vello


POEMA 45

Chegaches de súpeto sen amosar ningún vacile Interrompestes as nosas vidas para afastarnos dos nosos coñecidos. Arrebatastes moitas cousas e moita xente contigo, Pero o importante e que... Pronto se acabará isto e poderemos volver á vida de antes

POEMA 46 Chegou un novo hóspede chamado Coronavirus din que para quedar chegou Tenme entre catro paredes E moi aburrido me sinto. Un vai a tomar o aire Como sempre me atopo Gustaríame parar a xogar Falar con xente todo o día Pero este rei de coroa Pónnolo moi difícil Por iso moi nervioso estou


POEMA 47

POEMA 48

Chegou o bicho a Galicia Todos na casa sen saír

Chegounos o coronavirus pequeniño pero matón, que nos cambiou a vida, pero non para mellor Atopounos desprevidos e sen avisar, desde a China e en avión chegou nun “pis pás”

Os teus irmáns están inaguantables Espero que isto acabe xa O virus provoca medo entre a poboación Pero o 10 de maio todos fóra xa

Antes xogabamos na rúa, agora temos que resignarnos a mirar polo balcón a vida pasar

Isto si foi un pesadelo moi peculiar Nunca nos imaxinamos que dun día para o outro todo ía cambiar e que o inimigo público número un, microscópico ía ser Pero que saibas que todo vai cambiar Porque todos xuntos o podemos lograr Desde o primeiro momento sentímonos seguros sabendo que hai xente que mira por nós Xuntos resistiremos Xuntos persistiremos e xuntos venceremos contra este mal


POEMA 49

POEMA 50

Chegou ás nosas vidas sen esperalo, cambiou todos os nosos plans en segundos. Vai ser unha época da que ninguén se esqueza.

SILENCIO

Démonos conta que o máis importante non é o diñeiro, senón a saúde e o amor. Aprendemos a valorar os pequenos detalles, poder ver a nosa familia, saír a pasear. Deste virus saco a parte positiva, pasar máis tempo coa xente que teño na casa, pero sobre todo pasalo comigo mesma. Sempre diremos que foi unha aprendizaxe para todos.

Os pasos da xente camiñando, os paxaros cantando a súa melodía, o son do motor dos autos, a alegría da xente conversando entre eles. E agora...Todo está en silencio, un perigo invisible nos vixía, a xente encerrada nas súas casas, Miles de persoas falecendo. O medo está por todos os recunchos. Sacrificar persoas para salvar a outras, seguir esperando...iso é o que nos queda e contemplar este silencio absoluto.


POEMA 51 AQUÍ NON PUIDECHES CHEGAR Ola coronavirus! A min te quixeches achegar, pero a mal porta fuches petar. Estando o virus por aí a porta había que pechar, trouxeches moito mal, pero o ben volveu a saír. Sen poder saír, desde a ventá os paxaros volvían a chiar pío, pío...! Roubaches moitas vidas, pero a miña non puideches levar. Cambiaches moito o mundo, pero xuntos ímolo recuperar Levantando muros ante o teu virus, loitando contra a túa enfermidade, construíndo pontes para non nos asoballar, ante un virus que non é inmortal.

Ola coronavirus! A min te quixeches achegar, pero a mal porta fuches petar.

POEMA 52 E a xente na casa ficou aos seus familiares tempo dedicou. Descubriron novas formas de ser novas maneiras de lecer . Uns xogaban Uns cantaban Uns bailaban E uns por todos nos loitaban.

POEMA 53 Metícheste no noso corpo, Podéndonos matar. Suspirando con dificultade E chorando con ansiedade Poderemos soportalo, e poderémosche ganar. Sempre é cando marche das nosas vidas e nos deixes descansar.


POEMA 54

POEMA 55

RUÍN

O coronavirus chega a España onde hai persoas con moito enxeño. Estando nun estado de alarma Só pensan no papel hixiénico.

Así es, ruín. Queres levar contigo á vida, pero a vida levarate a ti. Separaches corazóns Separaches familias Separaches amigos Separaches amores... Mais hai algo que non podes separar nin derruír Son os nosos sentimentos Os nosos soños Os nosos desexos Elos que nos unen aínda máis, para volver a desfrutar, mellor que antes. Volveremos a abrazar a bicar a respirar a felicidade ao pé do mar a beber un bo café na barra dun bar e todo isto, en boa compaña, sen ti.

Precisamos moitas máscaras Tamén precisamos miles de test Que moi tarde chegarán da China Pois non os venden no Corte Inglés. Os test chineses parecían a ganga Que listos somos neste país Os virus chegan bailando a Bamba E na capital bailan o chotis Esperemos que máis pronto que tarde Volvamos ao cole todos, non parte.


POEMA 56 SEN PERMISO Silencio infinito de golpe Choros aos que non acode un consolo Respiros afogados nun aire limpo Mais ti estás aí… pequeno, agochado, calado, irado… Rindo sen parar... A traizón! Entras no noso corpo Sen permiso Créndote dono de nós mesmos E invades todo Queimas todo Afundes todo Créndote o rei das nosas vidas Mais non podes entrar nas nosas almas No noso corazón Nos nosos soños Nos nosos sentimentos Permanecemos illados, si... Mais descoñeces a nosa arma Unha arma poderosa construída con lazos invisibles

Invisibles coma ti, si... Mais cheos de amor e esperanza Dispostos a rematar esta guerra que sen permiso comezaches ti


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.