Catálogo URDIME_RGTA_ 1ºSemestre de 2019

Page 1

CATÁLOGO 2019 REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS


BABALUVA TEATRO

TITA: Un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional.

LUME

Monicreques e teatro | 50 min | +5 Tita lévanos a viaxar por un mar

Monicreques e teatro | 50 min | +5 Adaptación de Teatro Babaluva inspi-

de emocións. Dende un espectáculo con monicreques, teas, botellas plásticas e obxectos varios coñeceremos da man das titiriteiras Mirari e Larraitz Urruzola, as causas do desacougo da personaxe de Tita e axudarémola para que saiba como actuar cando ten medo, ganas de chorar, ou está enfadada para conseguir sobre poñerse e recuperar a calma. VER MÁIS INFORMACIÓN.

rado nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais). Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medio ambiental utilizando unha técnica mixta de contacontos e monicreques de mesa. Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía , a música e as artes plásticas. VER MÁIS INFORMACIÓN.

1


BABALUVA TEATRO

A ALFOMBRA MÁXICA

MINIA CONVÍDATE A XOGAR

mentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos e pequenas a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear.. Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo. Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e pequenas por un mundo de emocións e sensacións. VER MÁIS INFORMACIÓN.

seus pais rematen de traballar na oficina dun almacén. Minia decide aproveitar o tempo xogando coas caixas de cartón que se amorean no espazo e que vai transformando en distintos ambientes imaxinados , xogos, aventuras e personaxes. Un espectáculo recomendado para desenvolver a creatividade e a comunicación cos obxectos que nos rodean. A montaxe consta de dúas partes: Un espectáculo e un obradoiro de xogo. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Teatro e xogos | 60 min | 1-3 Minia é unha rapariga que agarda que os

Obradoiro | 40 min | 0-3 “A alfombra máxica” é un lugar de libre experi-

2


BERROBAMBÁN

ACOUGA

ADESHORAS

evocación das palabras, a da recreación da música da linguaxe. Personaxes da mitoloxía galega como “A Meniñeira” ou “Pedro Chosco” toman corpo para descubrirnos a esencia do fantástico, que é a aprendizaxe do mundo. Nada mellor que acompañalos nesta aventura, a dos inicios da linguaxe, con toda a súa capacidade de suxestión. VER MÁIS INFORMACIÓN.

quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Vella desta peza de teatro xestual. Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A do zapato de cristal, a da caixa de mistos, a da mazá envelenada, a do camiño de migallas de pan, a da casiña de chocolate.. Quen chama a deshoras? Terá fame? VER MÁIS INFORMACIÓN.

Teatro | 30 min | 0-3 Un espectáculo pensado cunha intención poética, a da

Teatro xestual | 50 min | +5 Ás veces, descubrimos nas historias dos outros

3


BERROBAMBÁN

A CARRETA PANTASMA

Teatro | 60 min | +12 A Carreta Pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de

sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificado con elementos de significación escénica, unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios. A Carreta Pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atopámonos sen saber onde ir, que facer, que pensar, porque perdemos os nosos referentes e xa non nos recoñecemos no espello. A Carreta Pantasma está baseado na lenda popular sueca que deu orixe ao relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura e que o director de cinema nado en Silbodal, Victor Sjöstrom, levaría ás pantallas no ano 1921.

4


FANTOCHES BAJ

MENSAXE DO MAR

AUGA QUE NON VAS BEBER

Teatro, monicreques e música | 70 min | +12 Auga que non vas beber

Teatro | 70 min | +12 Unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra

é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Bastián” ou “ O cura está malo” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Bastián, cura de Agualada. VER MÁIS INFORMACIÓN.

5

pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán tamén os seus amigos poetas, Federico García Lorca e Pablo Neruda, que axudarán a visualizar as múltiples facetas da artista. O espectáculo ten un carácter performativo e orixinal, aportando ademais en escena algunhas pezas de música interpretadas en directo. VER MÁIS INFORMACIÓN.


FANTOCHES BAJ

AS POMBAS DE CARBOEIRO

OS GOLFIÑOS E O XIGANtE

Teatro, música e Kamishibai | 50 min | +12 Coa axuda das cartas do

Sombras chinesas | 50 min | +3 Os Golfiños e o Xigante está baseado no

tarot de Marsella, un frade e un novizo revélanlle a un batallón das tropas napoleónicas acampadas en Carboeiro a fantástica orixe das pombas do mosteiro. A dramaturxia e a música deste sorprendente e fascinante espectáculo está deseñado para ser interpretado en dous formatos: Formato teatro con Banda de música, e en Formato pequeno, co actor principal e director da obra Inacio Vilariño e o propio compositor da música Benxamín Otero. VER MÁIS INFORMACIÓN.

texto da autoría de Inacio Vilariño e co que obtivo neste 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real extraída dunha nova que se fixo eco na prensa internacional. O xigante Bao Xi Xhum, considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ao seu longuísimo brazo salvar a uns golfiños dunha morte certa. VER MÁIS INFORMACIÓN.

6


FANTOCHES BAJ

RODARIRRODARI

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Monicreques | 60 min | +10 Fantoches Baj representa con marionetas a

Narración e música | 50 min | +6 Un espectáculo de narración oral con

emblemática obra de Castelao no 75 aniversario da súa estrea en Bos Aires. Esta será a segunda vez que se aborda con marionetas en Galicia un clásico do noso teatro, logo daquela afamada montaxe que sobre do Mariscal de Ramón Cabanillas acometera Kukas hai xa case vinte anos. Con ela amosouse ao público galego que marionetas e adultos non son dúas cousas incompatibles. VER MÁIS

acompañamento musical, no que empregamos a tradición dos contos de Gianni Rodari e os monicreques. O tranvía de Marín, baseándonos na descrición humorística que fixo Castelao, serviranos como medio de transporte do espectáculo. O tema da xogo para introducir cancións tradicionais. O narrador xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas. VER MÁIS INFORMACIÓN.

INFORMACIÓN.

7


LARRAITZ URRUZOLA

O CREBANOCES

A VIAXE DE ROSALÍA

Monicreques e teatro | 50 min | +5 O Crebanoces é un espectáculo ins-

Monicreques e teatro | 50 min | +5 Un espectáculo sobre Rosalía de

pirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á Raíña dos Ratos e nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Castro, onde a través de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne artista. Francisca do Campo leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables . Francisca comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo da cultura galega. VER MÁIS INFORMACIÓN.

8


LUCECÚS TEATRO

LOGOS

Teatro, video, ciencia ficción | 70 min | +12 Logos é unha comedia que xoga cos referentes do xénero da ciencia ficción para levar ao espectador a un mundo

inventado, absurdo e ao mesmo tempo real como a vida mesma. LOGOS é unha parodia da sociedade actual, unha proxección deformada, como un reflexo nun deses espellos máxicos cos que Valle Inclán exemplificara maxistralmente o esperpento. Lucecús teatro, a través deste proxecto, traballa na construción de tres personaxes que a pesar das súas diferenzas de enfoque e as distintas motivacións, exploran medios para acadar un mesmo fin: cortar as cadeas que os unen a un mundo baseado no consumo e a publicidade. A obra pode programarse para público adulto xeral ou para traballar con adolescentes, existe a posibilidade de pechar a actución con un encontro de ideas entre o alumnado e os actores no que poñer en común o que LOGOS plantexa. VER MÁIS INFORMACIÓN.

9


MAGÍN BLANCO

A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

O CAMIÑO DOS PAXAROS

o grilo”, o musical infantil máis aclamado do panorama galego, chega aos teatros. Unha creación de Magín Blanco con Teatro Ghazafelhos. A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña, buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. Unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte? VER MÁIS INFORMACIÓN.

da súa nai. Cando esta deixa de respirar déixalle como legado unha caixiña que lle é arrebatada por un paxaro. Inventores e inventoras dos lugares máis afastados veñen tratar de consolar o neno cos agasallos máis incribles, mais el non atopa a luz en ningún deles. Ata que cos primeiros raios de sol volven as aves, e con elas o paxaro que trae a caixiña no seu peteiro. Dirixida por Santiago Cortegoso e protagonizada por Marián Bañobre o propio Magín Blanco. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Teatro e música | 50 min | +6 A última e máis recente entrega de “A nena e

Teatro | 50 min | +6 Un neno namorado da música goza do amor e dos bailes

10


MAMÁ CABRA

EU COCIÑO...TI COCIÑAS?

PAXARO AMIGO, Músicas para a paz.

de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo musical e teatral. O tío Timoteo aprendeu a cociñar e cambiou o seu quiosco por un restaurante chamado Coki. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor.. digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas.. . e moitos cousas máis. Animádesvos a participar nesta saborosa aventura? VER MÁIS INFORMACIÓN.

a paz.. De feito, a paz prodúcelle picazón por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé, pero un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre. Inspirado no recente libro publicado polo grupo “A Bruxa discordia”, Paxaro Amigo é unha proposta cargada de mensaxes que inciden construír un mundo mellor e máis xusto. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Teatro e música | 50 min | +3 Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo

Teatro e música | 50 min | +3 “Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe

11


N+1

CIRCANELO

INVOLUCIÓN

espontaneidade, sorpresa e diversión. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clown crea unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo. O público acompañarao nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflitos deste paiaso que chega a neno/as e maiores. Espectáculo versatil adaptable a calquera espazo. VER MÁIS INFORMACIÓN.

aquí? O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Circo clown | 60 min | TP Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é

Novo circo | 70 min | +12 De onde vimos? A onde imos? Por que estamos

12


PERCUBEBÉ

PERCUBEBÉ

MORAIMA. PERCUBEBÉ II

das súas experiencias no mundo da educación musical dirixida á infancia, nace este obradoiro espectáculo no que miud@s e maiores aprenden, gozan e descobren o mundo das percusións e da arpa. Desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro é fundamental para medrar a nosa capacidade neural, axudando á psicomotricidade e coordinación, desenvolvendo a capacidade auditiva e creativa, o sentido do tempo e os reflexos, ademais de achegarnos á nosa cultura musical. VER MÁIS INFORMACIÓN.

entrega de Percubebé chega Moraima, o segundo espectáculo da compañía co que experimentar a través da música. Onde o bosque afonda vive Moraima, unha nena rodeada dun mundo máxico que nos levará a unha viaxe polos nosos soutos. . Moraima é un espectáculo de narración e música en directo onde os bebés e as familias poden experimentar cos instrumentos. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Obradoiro musical | 45 min | 0-3 De Marcelo Dobode e Bea Martínez, e

Obradoiro musical e narración | 45 min | 0-6 Logo do éxito da primeira

13


PÉREZ&FERNÁNDEZ

O PODER DE AMABEL

AGURATRAT

Monicreques e actores | 55 min | +5 Inspirada na novela infantil de Érica

Teatro | 60 min | +6 Adaptación teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl,

Esmoris galardoada co premio “Merlín 2015” por Nena e o mar. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel ainda non sabe cal é o seu e tratará de descubrilo coa axuda do seu amigo Braulio . O poder de Amabel fala sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e a aceptación dun mesmo. VER MÁIS INFORMACIÓN.

un dos autores máis lidos da literatura infantil universal (“Charlie e a fábrica de chocolate”, “Matilda”.. etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que guste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas. VER MÁIS INFORMACIÓN.

14


TEATRO GHAZAFELHOS

LÚA

Teatro actoral | 60 min | +5 Lúa é a última montaxe para público infantil e familiar da compañía Teatro Ghazafelhos. Na terra algo acontece; hai moito ruído,

berros, enfados.. A Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse.. Lúa fala de unha analoxía entre o fantástico e o máxico, da relación que temos as persoas no noso mundo, que nos leva a non entendernos e provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo dos maiores cos ollos da infancia. VER MÁIS INFORMACIÓN.

15


TEATRO GHAZAFELHOS

RUBICUNDO

BONAPPETIT

Teatro | 60 min | +5 Todas as noites, Rubicundo, sae na súa bicicleta enriba da

Teatro, clown | 60 min | +5 Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos

árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até o fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora… Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. VER MÁIS INFORMACIÓN.

entendidos.. .ingredientes para unha comedia total en clave de clown. Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, “A Cociña Galega”. Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar coa risa, na que o sinxelo pode ser moi difícil e o divertido pode ser moi perigoso. VER MÁIS INFORMACIÓN.

16


TEATRO GHAZAFELHOS

ACUARIO

IRIÑA BAILARINA

leva o mesmo título. O espectáculo pretende achegar á xente miúda da casa a poesía en lingua galega á vez que amosa os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. No espectáculo interveñen Monicreques, música, actores e moito humor. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico.. e mariño. VER MÁIS INFORMACIÓN.

caixiña de música e un único desexo; xogar sen límites para medrar sen “medidas”. Ghazafelhos propoñemos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais . Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais O espectáculo está baseado no conto do mesmo título de Cristina Justo e Paloma Rodríguez da colección “A igualdade conta” de Ed Embora. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Teatro | 60 min | +5 Obra baseada no libro de poemas de María Canosa que

Teatro | 60 min | +5 Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de

17


TEATRO GHAZAFELHOS

FRANKENSTEIN

NANA PARA UN SOLDADO

de tremoia, o público gozará de unha aventura que ten pinceladas de cine negro e debuxos animados. O fío condutor é a investigación de dous científicos sobre a existencia ou non de Frankenstein. Envoltos nunha tormenta, atopan o suposto castelo de Frankenstein e cólanse dentro onde se atopan cun estraño personaxe chepudo chamado Igor.

Aurora. Aurora espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados. Nana para un soldado é unha historia dun momento na guerra presentado dun xeito cómico e poético, amosando o máis duro da guerra pero tamén o máis fermoso das persoas. Ghaafelhos propón con esta obra unha expeiencia inesquecible para toda a familia.

Teatro | 60 min | +5 Con unha impresionante escenografía e grandes efectos

Teatro | 60 min | +5 Dous soldados coinciden na fronte. A fronte é a cas de

18


TEATRO Ó CUBO

NUBE NUBE SOL

O FAIADO

esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre. VER MÁIS INFORMACIÓN.

se mistura o teatro, a música en directo, as sombras chinesas, o circo, a maxia e moito máis.. Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Teatro e clown | 45 min | 0-5 As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza

Teatro e outras disciplinas| 60 min | +5 O Faiado é un espectáculo onde

19


XAROPE TULÚ

NÓMADES

Teatro contemporáneo | 60 min | +5 Tres corpos de costas, dúas xaboei-

ras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…? Nómades é un espectáculo de carácter visual que concede unha grande importancia ó movemento, a escenografía e a luz. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos. VER MÁIS INFORMACIÓN.

O CARDUME Narración e música | 50 min | +3 O cardume é un espectáculo que combi-

na a narración oral coa música en vivo. O Cardume fala sobre o compañeirismo e aimportancia de traballar e vivir en equipo. A miña avoa di que ese xeito de nadar tan xuntos e coordinados os peixes chámase cardume, ela tamén di que os peixes ás veces son máis listos que as persoas, e que deberíamos aprender deles. Por iso, coas miñas amigas estamos aprendendo a xogar, imaxinar e camiñar xuntas, e se unha se cansa as outras tiramos por ela. Se cadra un día podedes xogar con nós. Apetécevos? VER MÁIS INFORMACIÓN.

20


XAROPE TULÚ

A MIÑA PRIMEIRA VIAXE

DE BRUÍDOS E MIAÑARES

Narración e música | 50 min | +3 En escena, unha narradora e un músico

Teatro e obxectos | 40 min | 2-10 Adaptación do libro-álbum do mesmo

título escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012. Esta peza conta a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno ou nena viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores. Unha actriz conta e canta un relato de procura da propia identidade mentres un músico dialoga coa linguaxe onírica do propio relato. VER MÁIS INFORMACIÓN.

21

acompañado dos seus peculiares instrumentos; contan e cantan historias onde os animais son os protagonistas. Nesta viaxe pola fauna descubriremos contos peludos, voadores e agarimosos e participaremos activamente do relato. Os obxectivos xerais da obra son estimular a creatividade. Achegar as artes escénicas a espazos non convencionais. Incentivar a observación activa dos rapaces espertando deste xeito a súa sensibilidade e explorar o sentido lúdico do teatro. VER MÁIS INFORMACIÓN.


ESPECTÁCULOS MUSICAIS

MARTIÑA SOÑADORA

FANTASÍA COAS PALABRAS Espectáculo musical | 50 min | 2-10

á voz e ó ukelele e Carlos Gil Fandiño ó piano e voz.. É unha formación recente que naceu para o goce dos nenos e das nenas dunha música composta especialmente para el@s. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues con letras en galego e incluso en francés. O concerto está fiado pola historia de Martiña, unha nena moi especial á que lle ocorren mil aventuras. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Un espectáculo de María Faltri (María López) e Jorge Juncal no que participan outros músicos acompañantes. Xuntos interpretan as cancións publicadas no seu recente libro Fantasía coas palabras, editado por Galaxia, dentro da colección Sonárbore (2016). O espectáculo é ideal para calquera celebración escolar ou festiva xa que ofrece unha hora de música do máis divertida e variada para que os/as nenos/as non deixen de bailar e de rimar. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Espectáculo musical | 60 min | 2-10 Martiña soñadora” son Sabela King

22


ESPECTÁCULOS MUSICAIS

TROTAVENTOS- A FIESTRA DOS SOÑOS

A PEQUENA E GRANDE ORQUESTRA

musical para soñadores e soñadoras. Unha compañía de nova creación que chega con forza propoñendo un repertorio de músicas do mundo para gozar en familia. O libro disco “A fiestra dos soños” está publicado coa editorial Galaxia. Forman este proxecto: Manuel Boquete (guitarras e baixo), Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, mandolina, teclados, programacións), Nadia Fonseca (voz), Roberto Grandal (acordeón) e Dani Riveiro (batería e percusión). VER MÁIS INFORMACIÓN.

blico familiar onde a selección das pezas fai un percorrido polas cancións de referencia da música infantil mundial de todos os tempos, mais será a música infantil galega o eixo sobre o que xirará a escolla, partindo da música máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no País. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Espectáculo musical | 50 min | 0-99 A fiestra dos soños é un proxecto

Espectáculo musical | 60 min | 0-99 Unha verbena pensada para o pú-

23


COMPAÑÍA NON GALEGA

EL CALLEJÓN DEL GATO- CRECER

EL CALLEJÓN DEL GATO- CYCLO

jón del gato y el Teatro Jovellanos de Gijón. Crecer, la historia de nunca acabar. Una obra de hijos atónitos y padres huidos, sacada de la realidad. A vueltas con nuestros miedos, nuestros sueños, árboles que se llenan de hormigas y adultos colmados de Peter Pan.. “Crecer”, comedia escrita y dirigida por Maxi Rodríguez, gran triunfadora de los Premios Oh! 2016. El Callejón del Gato, ha sido la gran triunfadora al llevarse cinco galardones, entre ellos el de mejor espectáculo escénico del año. VER MÁIS INFORMACIÓN.

de marionetas, con música en directo, que nos habla de la capacidad integradora de la naturaleza, cuyos mágicos procesos siempre nos sorprenden: una bici olvidada junto a un árbol aparece años después formando parte de él, a varios metros del suelo. Un pequeño mapache y su mamá viajan por el mundo buscando un lugar donde vivir. El árbol que “abraza” una bicicleta será su nuevo hogar, y entre juegos y descubrimientos, irán conociendo al resto de animales del bosque. VER MÁIS INFORMACIÓN.

Teatro | 60 min | + 12 | Asturias CRECER es una coproducción de El Calle-

Teatro actoral | 60 min | +4 | Asturias CYCLO es una propuesta gestual y

24


COMPAÑÍA NON GALEGA

BACUM- BURBUJAS DE PAPEL

Teatro actoral | 60 min | + | Cataluña Mejor Espectáculo Infantil en Feria de Castilla y León 2014 - Ciudad Rodrigo. “Burbujas de papel” es un espectáculo que

combina la danza, la música y la interacción multimedia una propuesta visual y plástica que juega desde la imaginación del niño/a (y del adulto) transportándolo a un espacio donde todo es posible.. Un recorrido por un mundo fantástico lleno de burbujas de todo tipo. Un espectáculo mágico y dinámico donde, pequeños y mayores, no podrán desenganchar la mirada del escenario y en el que acabaran participando activamente. En escena tenemos a dos personajes, Roger (músico) y el hada Bumbú (bailarina). Roger es un músico, trompetista, enamorado de las burbujas y de las cosas redondas, por eso que en su casa todo es redondo. Roger se pasa noche y día intentando unir sus dos pasiones, la trompeta y las burbujas, y por eso quiere hacer burbujas con la trompeta, pero no lo consigue. Un día, en medio de un sueño, conoce a Bumbú, un hada traviesa que lo ayudará a conseguir su objetivo. VER MÁIS INFORMACIÓN.

25


981 937 424 | 698 132 935 distribucion@urdime.net https://urdime.gal/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.