Catálogo RGTA 2018 2º semestre

Page 1

Catรกlogo RGTA 2018

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO GHAZAFELHOS

Lúa

Teatro actoral | Infantil e familiar (+5) | 60 min

Na terra algo acontece; hai moito ruído, berros, enfados... A Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse. Así que decide baixar á terra e saber o por qué de tanto barullo. Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico, da relación que temos as persoas no noso mundo, que nos leva a non entendernos e provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo dos maiores cos ollos da infancia... VER VIDEO FICHA ARTÍTICA:

Nova creación

Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho Guión e dirección: Pepablo Patinho Narración: Jorge Casas Campos Técnico de Son: Alberto Beade Iluminación: Ana Díaz Escenografía: Ghazafelhos Música orixinal: Pepablo Patinho.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO GHAZAFELHOS

Rubicundo

Teatro actoral | Infantil e familiar (+5) | 60 min

Todas as noites, Rubicundo, sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até o fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora… Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Autora: María Canosa Adaptación e dirección: Pepablo Patiño Escenografía: Ghazafelhos Elenco : Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO GHAZAFELHOS

Acuario

Teatro actoral | Infantil e familiar (+5 ) | 60 min

“Acuario” está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicáis que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: Amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico...e mariño. FICHA ARTÍSTICA: Autora: María Canosa. Elenco: María Canosa, Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO GHAZAFELHOS

frankenstein

Teatro actoral | Infantil e familiar (+3) | 60 min

Que se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Pode que algo que non quere ser descuberto ou, pode que, algo que espera que o descubran. Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan si o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non. Con unha impresionante escenografía e grandes efectos de tremoia, o público desfruta de unha aventura que ten pinceladas de cine negro e debuxos animados. O fío condutor é a investigación de dous científicos sobre a existencia ou non de Frankenstein. FICHA TÉCNICA: Dirección: Pepablo Patinho FICHA ARTÍSTICA: Vestiario: Montse Piñón Pinturae edirección: deseños: Leandro Lamas Texto Pepablo Patinho Deseño de son:Montse Jorge Casas Idea orixinal: Piñón Escenografía e atrezzos: Ghazafelhos Caracterización: Eva Tenreiro Deseño:deMontse Luz: Ana DíazJorge Casas e Pepablo Patinho Elenco Piñón, Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO GHAZAFELHOS

Nana para un soldado Teatro actoral | Infantil e familiar (+6) | 60 min

“A guerra non é un lugar. A guerra non chega ou se vai... pero esta aí... habita nos corazóns atrincheirados e nas mentes con metralla...” Dous soldados coinciden no fronte. O fronte é a casa de Aurora. Aurora espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados... Esta obra, relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto; o nacemento dun neno. Ghazafelhos parte de algo tan forte como é a guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento, a vida, para facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse. VER VIDEO.

FICHA ARTÍSTICA:

Guión e Dirección: Pepablo Patinho Idea orixinal: Montse Piñón Produción executiva e artística: Teatro dos Ghazafelhos Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho Deseño de luces: Ana Diaz Escenografía e atrezzos: Teatro dos Ghazafelhos Títeres: Teatro dos Ghazafelhos Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón Música: Carlos Quintá (acordeón ), Pablo Doval (Tuba) e Benxamín Otero (Oboe)

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO GHAZAFELHOS

Bon appetit Teatro actoral | Infantil e familiar (+3) | 60 min

Explosións, tortazos, persecucions, sustos, malos entendidos,....ingredientes para unha comedia total en clave de clown. Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Alvaro Cunqueiro, “A Cociña Galega”. Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar coa risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Texto e dirección: Pepablo Patinho Idea orixinal: Montse Piñón Caracterización: Eva Tenreiro Elenco : Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO GHAZAFELHOS

Iriña bailarina Teatro actoral | Infantil e familiar (+5) | 50 min

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo; xogar sen límites para medrar sen “medidas”. Ghazafelhos propoñemos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os esterotipos sociais . Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder sair do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado. O espectáculo está baseado no conto do mesmo título de Cristina Justo e Paloma Rodriguez da colección “A igualdade conta” de Ed Embora. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dirección e adaptación: Pepablo Patiño Intérpretes: Pepablo Patiño, Móntse Piñón e Jorge Casas Espazo sonoro: Jorge Casas Escenografía: Teatro Ghazafelhos Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO Ó CUBO

O faiado

Teatro actoral, música, monicreques | Infantil e familiar (+5) | 55 min

O Faiado é un espectáculo onde se mistura o teatro, a música en directo, as sombras chinesas, o circo, a maxia e moito máis... Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Dirección: Pablo Sánchez “Pablísimo” Autor: J. L. Baños de Cos “Pepe” Vestiario: Sigrid Blanco Elenco: Alfredo P. Muíño “Fredi”, Sofía Espiñeira, Roberto C. Mouriño Música: Sofía Espiñeira

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO Ó CUBO

Ningures

Narración oral e teatro | Infantil e familiar (+5)| 50 Min

A estación de Ningures non é sinxela de atopar, mais din que quen logra chegar a ela ten a sorte de poder viaxar a todos os lugares que poda imaxinar. Dous viaxeiros coinciden nesta misteriosa estación, e nunha realidade confusa entre a fantasía, comparten as historias que foron recollendo nas súas andanzas mentres agardan a que chegue o próximo tren. A onde os levará? FICHA ARTÍSTICA: Dramaturxia: Teatro ó cubo Produción Teatro ó cubo Actriz: Sofía Espiñeira Actor: Roberto C. Mouriño

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO Ó CUBO

Chove

Teatro actoral e clown| Público bebé (0-3)| 30 Min

Chove é un espectáculo feito para a primeira infancia, para que lles guste aos pequenos e aos maiores, e para que sintan a nosa consideración pola natureza. O amparo dos paraugas, saltar nos charcos, as rúas molladas... Hai moitas cousas divertidas na choiva. Neste espectáculo caben todas esas cousas que veñen da choiva e tanto nos gustan: a herba, as flores, as hortas, os alimentos, as paisaxes verdes...Dúas personaxes móstrannos con xogos e enredos que cantidade de marabillas trae a choiva antes e despois de que veña e se vaia. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dramaturxia: Teatro ó cubo Produción Teatro ó cubo Actriz: Sofía Espiñeira Actor: Roberto C. Mouriño

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FREDI&CÍA

Circanelo

Circo e clown| Infantil e familiar (+6)| 60 Min

Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e inxenio. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco crea unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo. O público acompañarao nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflictos deste paiaso que chega a nenos, nenas, e maiores. Espectáculo versatil adaptable a calquera espazo escénico: Sala, rúa e café teatro...etc. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Produción: Fredi&cía Elenco: Alfredo P. Muíño “Fredi”

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FREDI&CÍA

Involución

Circo e clown| Infantil e familiar (+6)| 60 Min

PRÓXIMAMENTE...

De onde vimos? A onde imos? Por qué estamos aquí? Como a terra, un seixo tan insignificante na inmensidade do universo se converteu nun planeta cambiante, enxendrando no seu seo un fenómeno único, a diversidade da vida. O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.

Nova creación

FICHA ARTÍSTICA: Produción: Fredi&cía Elenco: Alfredo P. Muíño “Fredi”

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


BERROBAMBÁN

Xurdefet

Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 70 Min

Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensuxas, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se... Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casae lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse, non querían xogar sen compañía. Xurdefet é unha homenaxe a estas dúas iconas da cultura francesa do século XX: Jacques Prévert e Jacques Tati. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Intérpretes Paula Carballeira, Nuria Sanz e Chiqui Pereira Texto: Paula Carballeiraa partir de textosde Jacques Prévert Dirección: Chiqui Pereira Ax. dirección: José Campanari

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


BERROBAMBÁN

Adeshoras

Teatro xestual | Infantil e familiar (+5)| 50 Min

Ás veces, descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Vella desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?. Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira. A protagonista do seu conto. A do zapato de cristal, a da caixa de mistos, a da mazá envelenada,a do camiño de migallas de pan, a da casiña de chocolate...Quen chama a deshoras? Terá fame? FICHA ARTÍSTICA: Dirección e dramaturxia: Paula Carballeira Ayxdante de dirección: Charo Pita Deseño de escenografía: Un ‘Peixe’ e berrobambán Realización escenografía: Allmad estudio Iluminación: Chiqui Pereira Música: Nacho Sanz

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


BERROBAMBÁN

Acouga

Teatro actoral | Primeira infancia (6 meses-3 anos)| 30 Min

“Acouga” é un espectáculo pensado cunha intención poética, a da evocación das palabras, a da recreación da música da linguaxe. O xogo escénico ponse ao servizo dun momento compartido onde personaxes da mitoloxía galega como “A Meniñeira” ou “Pedro Chosco” toman corpo para descubrirnos a esencia do fantástico, que é a aprendizaxe do mundo. Nada mellor que acompañalos nesta aventura, a dos inicios da linguaxe, con toda a súa capacidade de suxestión. A Meniñeira, que aparece cada vez que alguén lle murmura a unha nena ou a un neno pequeno: “acouga”, intenta borrar as penas, afastar os medos, coa música das palabras e dos sons que arrolan, coas pequenas historias que falan das grandes cousas. Pedro Chosco, co seu saco cheo de area e de soños, recolle para a Meniñeira as palabras que se gardan coma tesouros. Aquelas palabras que, con dicilas ou escoitalas, nos debuxan un sorriso e nos entornan as pálpebras. FICHA ARTÍSTICA: intérpretes: Núria Sanz e Chiqui Pereira Dirección: Chiqui Pereira Texto: Paula Carballeira Música orixinal: Nacho Sanz Deseño de vestiario: Cloti Vaello Deseño de escenografía: Jorge de Arcos RAlfombras: Gustavo Hernán Deseño iluminación: Chiqui Pereira

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


PÉREZ&FERNÁNDEZ

Aguratrat

Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 70 Min

AGURATRAT é a adaptación teatral da Cía. Pérez&Fernández do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal (“Charlie e a fábrica de chocolate”, “James e o pexego xigante”, “Matilda”, “As Bruxas”, “Mr. Fox”, etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas. O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa TARTARUGA Alfie. A Señora Silver está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño. O señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón. VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Intérpretes: Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez Espazo escénico: José Faro Ambientación musical: Iria Pinheiro, Xabier Romero, Marcos Vázquez Tartarugas: Tigre de Papel Vestiario: María Fernández

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


PÉREZ&FERNÁNDEZ

O poder de amabel Monicreques e actores | Infantil e familiar (+5)| 55 Min

O poder de Amabel estáinspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books. A autora foi recentemente galardoada co premio “Merlín 2015” por Nena e o mar. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial Outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos; eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia. O poder de Amabel fala sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e, sobre todo, a aceptación dun mesmo. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Actores / Manipuladores: Victoria Pérez - Amabel, Avoa, Nai. Manu Fernández - Braulio, Pai, Tía Herminia, Xosé Leis - Psicólogo. Érica Esmorís - Voz Profe Antonia. Dirección: Victoria Pérez, Xosé Leis Dramaturxia: Victoria Pérez Creación “Amigurumis”: Irene Pidal Música orixinal: Mathew Ward e Xabier Romero Espazo escénico: Jacobo Bugarín, Xosé Leis. Espazo sonoro: Manu Fernández

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


LUCECÚS TEATRO

Logos

Teatro actoral | Público adulto (+12)| 70 Min

Logos é unha comedia que xoga cos referentes do xénero da ciencia ficción para levar ao espectador a un mundo inventado, absurdo e ao mesmo tempo real como a vida mesma. LOGOS é unha parodia da sociedade actual, unha proxección deformada, como un reflexo nun deses espellos máxicos cos que Valle Inclán exemplificara maxistralmente o esperpento. Lucecús teatro, a través deste proxecto, traballa na construción de tres personaxes que a pesar das súas diferenzas de enfoque e as distintas motivacións, exploran medios para acadar un mesmo fin: cortar as cadeas que os unen a un mundo baseado no consumo e a publicidade.

FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Dramaturxia: Anxo Manoel Dirección: Santiago Cortegoso. Elenco: Isa Herrero, Anxo Manoel e Borja Fernández Vestiario: Isa Herrero. Deseño Gráfico: Isa Herrero. Espazo sonoro: David Alonso Garzón.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


LUCECÚS TEATRO Pingü i SOS Teatro actoral | Público infantil e familiar (+6)| 60 Min

Tres pingüíns viaxan nunha balsa, camiño de Sirurca, a terra desexada. Viaxan na procura da felicidade da que tanto escoitaron falar na súa terra tropical. Para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol e un frio que abrasa ou conxela. A súa primeira parada será o cu de Europa, a porta de entrada, Galicia. Súbeste na nosa balsa? Remade compañeiras e compañeiros xa que a terra desexada non está lonxe. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dramaturxia e dirección: Rubén Pérez Elenco: Anxo Manoel, Isa Herrero, Rubén Pérez Produción: Lucecús Teatro Escenografía: Iago Lamela Vestiario: Isa Herrero

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


LUCECÚS TEATRO

A órbita do lucecú Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 70 Min

Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, ás veces, son as máis difíciles de conseguir. Os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dramaturxia e produción: Lucecús teatro Dirección: Santiago Cortegoso e Marián Bañobre Elenco: Anxo Manoel, Isa Herrero e Rubén Pérez Vestiario: Marián Bañobre Espazo sonoro: Panume

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


LUCECÚS TEATRO A verdadeira historia

do poeta manuel de paderna Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 70 Min

Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía… Manuel de Paderna é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe. FICHA ARTÍSTICA: Dramaturxia: Rubén Pérez, a partir dos textos de Manuel María Dirección: Rubén Pérez Reparto: Isabel Herrero, Anxo Manoel Vestiario: Isabel Herrero e Anxo Manoel Fotografía: Brian Rodríguez Cortiñas Espazo sonoro: Panume

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


XAROPE TULÚ

Nómades

Teatro actoral | Infantil e familiar (+5)| 60 Min

Nómades, é un espectáculo onde o movemento, a música e a palabra nos convidan a viaxar por paisaxes singulares. Nómades tenta realizar preguntas sobre a identidade das persoas e os factores que se poñen de manifesto na construcción de dita identidade. Desde que teño recordo pasei horas mirando cara arriba, por iso miña nai di que vivo nas nubes. O certo é que, desde ben cativa, me chamaron a atención eses seres xigantes de vapor en constante movemento. E co tempo, a miña relación con elas fíxose cada vez máis estreita. Contáronme cousas que nun principio non entendín. Dixeron; -Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que da cor ós outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinarnos en abstracto.Hai días, que canso de escoitar xs terrestres falar sobre o que existe e o que non existe, o que debe e non debe existir… .Eses días gustaríame ser unha nube. Se cadra, aquí abaixo, é preciso unha persoa gaseosa. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Texto: Juan Sendino Adaptación: Atenea García Dirección: Gena Baamonde Elenco: Diego Martínez, Atenea García e María Rojas. Iluminación, música e escenografía: Nicolás Zamorano Técnico Luz/son: Nicolás Zamorano Deseño de escenografía: Nicolás Zamorano e Alba Blanco

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


XAROPE TULÚ

O cardume

Narración oral e música en directo| Infantil e familiar (+3)| 50 Min

O cardume é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma. En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como bandeira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas sumamos. Aqueles que semellan un só? Si, eses mesmos. A miña avoa di que ese xeito de nadar tan xuntos e coordinados chámase cardume, ela tamén di que os peixes ás veces son máis listos que as persoas, e que deberíamos aprender deles. Por iso, coas miñas amigas estamos aprendendo a xogar, imaxinar e camiñar xuntas, e se unha se cansa as outras tiramos por ela. Se cadra un día podedes xogar con nós. Apetécevos? VER VIDEO.

FICHA ARTÍSTICA: Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano Interpretación: Atenea García e Nicolás Zamorano Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano Produción: Xarope Tulú

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


XAROPE TULÚ

De bruídos e miañares Narración oral e Música en directo | Infantil e familiar (+3)| 60 Min

De bruídos e miañares é un espectáculo dirixido ó público familiar que combina a narración oral coa música en directo. En escena, unha narradora e un músico acompañado dos seus peculiares intrumentos; contan e cantan historias onde os animais son os protagonistas. Nesta viaxe pola fauna descubriremos contos peludos, voadores e agarimosos e participaremos activamente do relato. Os obxectivos xeráis da obra son estimular a creatividade individual e colectiva. Achegar as artes escénicas a espazos non convencionais. Incentivar a observación activa dos rapaces espertando deste xeito a súa sensibilidade e explorar o sentido lúdico do teatro. FICHA ARTÍSTICA: Dirección / Interpretación: Atenea García Vestiario e obxetos: Nicolás Zamorano Luthería, música: Nicolás Zamorano

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


XAROPE TULÚ

A miña primeira viaxe Teatro actoral | Infantil e familiar (2 a 10)| 60 Min

A miña primeira viaxe é unha peza teatral dirixida ós cativos e cativas de entre 2 e 10 anos. O espectáculo xorde da adaptación do libro-álbum do mesmo título escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012. Esta peza conta a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno ou nena viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores. Unha actriz conta e canta un relato de procura da propia identidade mentres un músico dialoga coa linguaxe onírica do propio relato. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Autora: Paloma Sánchez Ibarzábal Adaptación do texto: Atenea García Dramaturxia e interpretación: Nicolás Zamorano e Atenea García Deseño escenografía e iluminación: Nicolás Zamorano Composición e interpretación musical: Nicolás Zamorano Produción: Xarope Tulú

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TÍTERES BABALUVA TITA, Un espectáculo teatral

sobre a intelixencia emocional Monicreques e teatro actoral | Infantil e familiar (+5) | 50 min

Tita é un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional onde invitamos aos espectadores máis pequenos e ás súas familias a viaxar por un mar de emocións na vida da nosa querida Tita. Dende un espectáculo con monicreques, teas, botellas plásticas e obxectos varios coñeceremos da man das titiriteiras Mirari e Larraitz Urruzola, as causas do desacougo do personaxe de Tita e axudarémola para que saiba cómo actuar cando ten medo, ganas de chorar, ou está enfadada para conseguir sobrepoñerse e recuperar o amor. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Autoría: Gabriel Penabade Outeiro “Lucho”. Dirección: Nekane Fdez. e Lucho Penabade Actrices e manipuladoras: Mirari e Larraitz Urruzola. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Escenografía: Mirari Urruzola.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TÍTERES BABALUVA

Lume

Monicreques de obxectos | Infantil e familiar (+4) | 45 min

Adaptación de Teatro Babaluva inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais). Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animáis para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa. Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía , a música e as artes plásticas. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dirección de escena: Santi Prego Dirección: Mariza Basso (Brasil) Actrices e manipuladoras: Mirari e Larraitz Urruzola. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Escenografía: Mariza Basso/Títeres Babaluva

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TÍTERES BABALUVA

A alfombra máxica Espectáculo sensorial para bebés | Público bebé (0 a 3)| 40 Min

“A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos e pequenas a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear... Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo. Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e pequenas por un mundo de emocións e sensacións VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dirección: Nekane Fernandez Dirección artística: Mirari Urruzola Actriz: Mirari Urruzola Produción executiva e artística: Mirari Urruzola Realización espazo escénico: Ramses Romero e Mirari Urruzola

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TÍTERES BABALUVA

Mínia convídate a xogar Instalación | Público infantil (2 a 3)| 60 Min

Minia convídate a xogar é un espectáculo-instalación para os máis pequenos (desde andantes aos 6 anos), especialmente recomendado para desenvolver a creatividade e a comunicación cos obxectos que nos rodean. A montaxe consta de dúas partes. Na primeira vemos como Minia desenvolve a imaxinación nun almacén de caixas. Na segunda parte, Minia convida aos nenos e nenas a que eles tamén xoguen cos mesmos materiais e o mesmo espazo que ela usou. SINOPSE ARGUMENTAL.-Minia é unha rapariga que agarda que os seus pais rematen de traballar na oficina dun almacén. Minia decide aproveitar o tempo xogando coas caixas de cartón que se amorean no espazo e que vai transformando en distintos ambientes imaxinados , xogos, aventuras e personaxes. VER VIDEO.. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Dramaturxia e dialogos: Lucho Penabade Dirección: Nekane Fernandez Actriz: Mirari Urruzola Voz en off : Larraitz Urruzola e Lucho Penabade Produción executiva e artística: Teatro Babaluva Deseño espazo escénico: Mirari Urruzola e Estela Freire Realización espazo escénico: Ramsés Romero e Mirari Urruzola Deseño espazo sonoro: Merran Laginestra Deseño de iluminación: Teatro Babaluva

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


LARRAITZ URRUZOLA

O crebanoces Monicreques e Teatro actoral | Infantil e familiar (+4)| 60 Min

O Crebanoces é un espectáculo inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrentará á Raiña dos Ratos e nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dirección de escena: Santi Prego Dirección: Mariza Basso (Brasil) Actrices e manipuladoras: Mirari Urruzola e Larraitz Urruzola. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Escenografía: Mariza Basso/Títeres Babaluva

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


LARRAITZ URRUZOLA

A viaxe de rosalía Monicreques e Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 60 Min

Un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, onde da man da narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola e con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne artista Galega. Francisca do Campo leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables . Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Dirección de escena: Santi Prego Dirección: Mariza Basso (Brasil) Actrices e manipuladoras: Mirari e Larraitz Urruzola. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Escenografía: Mariza Basso/Títeres Babaluva

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FANTOCHES BAJ

Os golfiños e o xigante Monicreques e Teatro actoral | Infantil e familiar (+6)| 60 Min

Os Golfiños e o Xigante está baseado no texto do mesmo nome da autoría de Inacio Vilariño e co que obtivo neste 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real extraída dunha nova que se fixo eco na prensa internacional. O xigante Bao Xi Xhum, considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ao seu longuísimo brazo salvar a uns golfiños dunha morte certa. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Texto: Inacio Viñariño Produción: Fantoches Baj Actores/titiriteiros: Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias, Inacio Vilariño. Música: Benxa Otero

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FANTOCHES BAJ Os vellos non deben de namorarse Monicreques | Xuvenil e adulto | 70 min

Fantoches Baj representa con marionetas a emblemática obra de Castelao no 75 aniversario da súa estrea en Bos Aires. Esta será a segunda vez que se aborda con marionetas en Galicia un clásico do noso teatro, logo daquela exitosa montaxe que sobre do Mariscal de Ramón Cabanillas acometera Kukas hai xa case vinte anos. Con ela amosouse ao público galego que marionetas e adultos non son dúas cousas incompatibles. VER VIDEO.

FICHA ARTÍSTICA: Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Director: Inacio Vilariño Actores- Manipuladores: Inacio Vilariño, Luis Javier Iglesias Rodríguez (Luchi), Tero Rodríguez e Gabriel Penabade Outeiro (Lucho) Deseño escenografía: Luis Javier Iglesias Rodríguez, Inacio Vilariño

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FANTOCHES BAJ

Rodarirrodari Narración oral e música en directo | Infantil e familiar | 50 min

RodariRrodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que empregamos a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. O tranvía de Marín, baseándonos, na descrición humorística que fixo Castelao, serviranos como medio de transporte do espectáculo. O tema da xogo para introducir cancións tradicionais. O narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas. Finalmente péchase o circulo coas novas tecnoloxías e como mal usadas acabarán converténdonos en burros. FICHA ARTÍSTICA: Autor, dirección a actor: Inacio Vilariño Carlos Quintá (acordeón diatónico)

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FANTOCHES BAJ

Mensaxe do mar Teatro actoral | Público adulto| 60 Min

Unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán tamén os seus amigos poetas, Federico García Lorca e Pablo Neruda, que axudarán a visualizar as múltiples facetas da artista. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: -Actores: Tero Rodríguez: Maruxa Mallo, Benxamín Otero: Federico García Lorca, Inacio Vilariño: Pablo Neruda Autor e director: Inacio Vilariño Escenográfico e deseño iluminación: I. Vilariño Deseño de espazo sonoro: Benxa Otero Deseño de vestiario: D-Due.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FANTOCHES BAJ

As pombas de carboeiro Teatro e música en directo | (+12)| 60 Min

Coa axuda das cartas do tarot de Marsella, un frade e un novicio revélanlle a un batallón das tropas napoleónicas acampadas en Carboeiro a fantástica orixe das pombas do mosteiro. A través do seu relato descubrirán a historia de amor protagonizada por Cervela, correo de El-Rei Fernando II, e Octavia, a filla máis nova de Lupa de Lobarzán; amor que por razóns de sangue non lles será permitido. A dramaturxia e a música deste novidoso e fascinante espectáculo está deseñado para ser interpretado en dous formatos: Formato teatro con Banda de música, onde Benxamín Otero compuxo as músicas para ser interpretadas por unha banda que acompaña a dramatización; e en Formato pequeno, Inacio Vilariño e Benxamín Otero interpretan tanto a música como a parte teatral. VER VIDEO. O espectáculo pode ser interpretado con Banda de Música. FICHA ARTÍSTICA: Autor e director: Inacio Composición musical: Benxamín Otero Actores músicos: Inacio e Benxamín Otero Deseño escenografía: Luis Iglesias Vestiario e atrezzo: María Chenut Rexistro en vídeo: Tingalaranga Traballos gráficos: Alvarellos S.L Deseño gráfico: Iván Suárez

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FANTOCHES BAJ

Auga que non vas beber Monicreques e música | (+12)| 60 Min

Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. A obra resultante foi gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos no 2010.

FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Autor e director: Inacio Composición musical: Benxamín Otero Actores/ manipuladores Inacio Vilariño e Almudena Vidal Deseño escenografía: Luis Iglesias Vestiario e atrezzo: María Chenut Deseño de iluminación: Juan M. Collazo Asistente de dirección: Larraitz Urruzola

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAGÍN BLANCO A nena e o grilo máis alá Espectáculo músico-teatral | infantil e familiar (+3) | 60 min

Logo do exitoso musical “A nena e o grilo nun barquiño” de Magín Blanco e teatro Ghazafelhos , un dos espectáculos músico teatrais que máis xiraron por todo o país e máis fans acadaron chega a esperadísima nova entrega. A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga xertrude a araña... Buscando un xeito de devolverlle a vida, atopanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a traves da maxia e da musica ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e o grilo no máis alá é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás búsquedas máis insólitas... Que pasa logo da morte?

FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Músicos: Magín Blanco: Voz, guitarra, Jorge juncal: Piano, acordeón; María Faltri: percusións e voz, Jerry Noia: Baixo e guitarra Pepablo Patiño: Actor Montserrat Piñón: Actriz Jorge Casas: Actor

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAGÍN BLANCO

O camiño dos paxaros Espectáculo músico-teatral | infantil e primaria | 60 min

Nun luminoso verán, un neno namorado da música goza do amor e dos bailes da súa nai. Cando esta deixa de respirar, no escuro outono, déixalle como legado unha caixiña, que lle é arrebatada por un paxaro que voa cara a latitudes máis cálidas. No frío inverno, inventores e inventoras dos lugares máis afastados veñen tratar de consolar o neno cos agasallos máis incribles, mais el non atopa a luz en ningún deles. Ata que cos primeiros raios de sol da primavera, volven as aves, e con elas o paxaro que trae a caixiña no seu peteiro. Ao abrila, o neno atopa o camiño de cores que guiará os seus pasos. O camiño dos paxaros é unha historia de superación persoal, contada a través da música e da interpretación, baseada na evolución dun personaxe que debe afrontar a dureza da vida, e loitar para coñecer os eus sentimentos e descubrir cal é o camiño que debe seguir para conseguir a felicidade. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Actores: Marián Bañobre e Magín Blanco Músicas: Magín Blanco Dirección escénica: Santiago Cortegoso Deseño de imaxe: Leandro Lamas

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAGÍN BLANCO

A banda das apertas Espectáculo Músical | Infantil e familiar (+3) | 60 min

Nesta ocasión Magín Blanco estará acompañado polos músicos María Faltri, Jorge Juncal e Jerry Noia, xuntos irán repasando as aventuras de A nena e o grilo e descubrindo os seus segredos, a través de cancións e contos. Ten un formato de concerto musical onde as letras das cancións e as súas introduccións marcarán o ritmo desta proposta. Se coa edición dos libros pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos deixándolle para eles un lugar propio no libro onde poidan expresarse, neste directo as cancións abrirán as portas para que poidan crear o seu propio universo creativo. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Magín Blanco: Voz, guitarra Jorge juncal: Piano, acordeón María Faltri: percusións e voz Jerry Noia: Baixo e guitarra

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAGÍN BLANCO

Gatuxo

Espectáculo músico-teatral | Infantil e familiar (0 a 5 anos ) | 45 min

A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que os rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Magín Blanco: Voz, guitarra, Jorge Juncal: Piano, acordeón, Ukelele... Maria Faltri: Voz, percusión Raquel Queizás: Dirección e interpretación

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAGÍN BLANCO

Camiños

Música en directo | Infantil e familiar| 45 min

CAMIÑOS é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios. CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos e as nenas. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magin, novos e novas lectoras atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional. CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos/as. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Magín Blanco: Voz, guitarra Jerry Noia: Técncio de son

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAMÁ CABRA

Eu cociño, ti cociñas? Musico teatral | Infantil e familiar (+3) | 60 min

Timoteo cambiou o seu kiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK? “Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-treatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado.

FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Gloria Mosquera: Gitarra e voz Max Gómez: Batería e Percusión Harry Price: Violín Pachi Cruz: Contrabaixo Luchi Iglesias: Actor Manolo Dourado.:Ténico de son

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAMÁ CABRA

Paxaro amigo:

Músicas para a paz Musico teatral | Infantil e familiar (+3) | 60 min.

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé. Discordia disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo. Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre. O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no reciente libro publicado polo grupo “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden enconstruír un mundo mellor e máis xusto. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Gloria Mosquera: Voz, guitarra Tomi López: Baixo Diego Maceiras: Teclado e acordeón Harry Prince: Violín Luís Iglesias “Luchi”: Actor Pepablo Patiño: guión e dirección

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAMÁ CABRA

Concerto-deveribés Espectáculo musical | Infantil e familiar| 60 Min

Gloria é a voz e unha das fundadoras de MAMÁ CABRA, o grupo pioneiro especializado en música infantil galega que leva xa 15 anos regalándonos cancións. Dende o seu primeiro libro-CD Cantos rodados xa son moitos os traballos publicados por este grupo. Gloria, acompañada por unha banda, fai neste concerto un percorrido polos mellores éxitos da banda, cancións que ao longo destes anos xa quedaron nas nosas memorias e que siguen facendo fans miúdos aló por onde pasan. FICHA ARTÍSTICA: Gloria � voz e guitarra Carlos Freire � batería Javier Constenla � piano Iago Rodríguez � acordeón Harry Price � violín

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MAMÁ CABRA

A festa continúa,

historias de ultratumba Espectáculo musico teatral| Infantil e familiar (+3)| 60 Min

Que bonita é a vida! Chea de cores, de sons, de risas... A vida póusase nas nosas meixelas polas mañás e decide quedarse e viaxar a carón de nós. mais esta é a historia dun rapaz que non sinte cóxegas nas fazulas e decide deixar de soñar. sen embargo a música, o amor e a amizade faranlle volver a quencer as meixelas e devolveranlle unha alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa. Mamá Cabra preséntanos un novo espectáculo en formato músico-teatral que é un canto á vida e a todas as súas manifestación. Con el conseguirá seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda. VER VIDEOS FICHA ARTÍSTICA: Gloria Mosquera: Voz e guitarra, Tomi López: Baixo, Harry Price: Violín, Javier Constenla: Piano, Iago Rrdríguez torres: batería. ACTORES: María pardo, Luís iglesias “luchi”, Teatro Ghazafelhos: Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


FANTASÍA COAS PALABRAS

Concerto musical Espectáculo musical | Infantil e primaria | 60 Min

Fantasía coas palabras é o espectáculo para público infantil formado por María Faltri (María López) e Jorge Juncal, no espectáculo participan outros músicos acompañantes e xuntos interpretan as cancións publicadas no seu recente libro Fantasía coas palabras, editado por Galaxia, dentro da colección Sonárbore (2016). O espectáculo é ideal calquera celebración escolar xa que ofrece unha hora de música do máis divertida e variada para que os nenos e as nenas non deixen de bailar e de rimar. Trátase de aprender cantando ao son da música en directo. Con cada letra do abecedario podemos crear tantas aventuras como queiramos! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañaránnos nesta viaxe de Fantasía coas palabras, unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Que comece a maxia: Abracadabra! VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Texto orixinal: Rosa Mondrego Traducción e adaptación: María López, J. Juncal, Magín Blanco e Charo Pita Composición musical: María López e Jorge Juncal Arranxos e dirección musical: Jorge Juncal Produción: María López e Jorge Juncal Gravación e mesturas: Isaac Millán e Jorge Juncal Materización: Issac Millán

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


A PEQUENA E GRANDE ORQUESTRA

A verbena da xente miúda Espectáculo músical | Infantil e familiar (+3) | 60 Min

Sabemos do interese das novas familias polos espazos de ocio compartidos coas miúdas da casa e ese será o noso espazo, neste momento a oferta artística dirixida a estes públicos é ampla mais este proxecto ven encher ese oco : o do baile e a música, o da orquestra en familia!. Na selección de pezas que esta grande orquestra interpretará estarán as referencias da música infantil mundial de todos os tempos, mais será a música infantil galega o eixo sobre o que xirará a escolla, e neste eixo partiremos do repertorio de música infantil máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no País e que xa neste momento son seguidas por fans miúdos alí por onde pasan. VER VIDEO. FICHA ARTÍSTICA: Carliños Freire: batería, Pablo Vidal: contrabaixo, Javier Constenla: piano, Benxamín Vázquez: guitarra. Voz: Sabela King e Nerea Bello Dirección: Pepablo Patiño (Teatro Ghazafelhos)

Nova creación

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


MARTIÑA SOÑADORA

Concerto Musical Espectáculo musical| Infantil e familiar (+3) | 50 min

“Martiña soñadora” son Sabela King á voz e ó ukelele e Carlos Gil Fandiño ó piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute de nenos e nenas dunha música composta especialmente para el@s. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e disfrutarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues, todo amenizado de fermosas letras en galego e incluso en francés. As composicións son todas propias e nelas armonízanse as voces da ialma do grupo que son Carlos Gil Fandiño e Sabela King, dulcemente acompañados de ukelele e piano. Sabela King forma parte de outras propostas para público infantil e familiar como é o caso de Bailabanda e A Pequena e grande orquestra, nesta ocasión presenta un espectáculo musical de pequeno formato acompañada de Carlos Gil tamén con unha ampla experiencia na música para cativos e cativas. Xuntos exploran estilos e ritmos que sen dúbida facerán gozar ao público infantil.

Nova creación FICHA ARTÍSTICA: Voz e ukelele: Sabela King Tecaldos e coros: Carlos Gil Produción: Martiña Soñadora Compositora: Sabela King

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TROTAVENTOS

A fiestra dos soños Espectáculo músical | Infantil e familiar (+3) | 60 Min

A fiestra dos soños é un concerto non para pequenas nin para adultas, simplemente para soñadoras. A fiestra dálle unidade e sentido ás historias que veñen despois, que funcionan de maneira independente, e do mesmo xeito, por seren os temas autónomos e ser a fiestra a que lles dá sentido, a propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños. Musicalmente, o que se busca é o mesmo ca no conxunto da obra. Os poemas convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade, etc. cunha liña que bebe das músicas populares do mundo e que atravesa cada un dos temas para darlle unidade, e cunhas melodías de gusto exquisito que xunto cos textos converten as pezas en idóneas para o pracer de grandes e pequenos. A parte literaria componse de trece poemas cunha temática que supón un canto á natureza, presentada dunha maneira aparentemente sinxela e pretendidamente asumible pero sen fuxir da metáfora e, sobre todo, sen menosprezar a intelixencia dos nenos e das nenas. Preténdese pois pintar, máis que narrar, imaxes (escenas/historias/soños), tinguidas de bo gusto, cun enfoque moderno, por veces humorístico e sempre cunhas sutís e entrañables pinceladas de maxia. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Manuel Boquete (guitarras e baixo) Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, mandolina, teclados, programacións) Nadia Fonseca (voz) Roberto Grandal (acordeón) Dani Riveiro (batería e percusión)

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


PERCUBEBÉ

Percubebé Espectáculo musical para bebés | Público bebé (0 a 3) | 60 Min

De Marcelo Dobode e Bea Martínez, e das súas experiencias no mundo da educación musical dirixida á infancia, nace este obradoiro-espectáculo no que miud@s e maiores aprenden, gozan e descubren o mundo das percusións e da arpa neste fermosísimo proxecto. Desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro é fundamental para medrar a nosa capacidade neuronal, axudando á psicomotricidade e coordinación e desenvolvendo a capacidade auditiva e creativa, o sentido do tempo e os reflexos, ademais de adentrarnos na nosa cultura musical. E por que non comezar desde idade temperá? FICHA ARTÍSTICA: Elenco: Marcelo Dobode e Beatriz Martínez. Produción: Percubebé. Público: 25 e 30 aprox + acompañantes

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


PERCUBEBÉ

Moraima

Espectáculo musical | Primeira infancia (0 a 6) | 60 Min

Onde o bosque afonda, alí vive esta nena rodeada de un mundo máxico que nos levará a unha viaxe polos nosos soutos, coa música e os xogos faranos desfrutar, cantar e tocar no seu marabilloso mundo. Percubebés presenta esta nova montaxe, un obradoiro musical para público bebé e as súas familias. Logo do éxito acadado coa súa primeira proposta Percubebé chegan agora con esta segunda entrega para deleite das familias. FICHA ARTÍSTICA:

Nova creación

Elenco: Marcelo Dobode e Beatriz Martínez. Produción: Percubebé.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


TEATRO ANTROIDO

rosalías

Conferencia performativa | Todos os públicos| 60 Min | 800,00 € -1.200,00 €

Rosalías é un acto poético, didáctico e divertido co que pretende ofrecerlle ao gran público as facetas menos coñecidas desa grande muller que foi Rosalía de Castro. Rosalías achegará unha manchea de textos de e sobre Rosalia para contribuír a espallar unha imaxe renovada na que a padronesa xa non é esa muller sensibleira e romanticona senón unha intelectual feminista comprometida coa análise da sociedade do seu tempo. Mediante a técnica do Teatro Documento e sen renunciar a forza visual propia de todo espectáculo escénico, percorreremos a vida e a obra de Rosalía a través dos seus momentos máis significativos, nunha narración chea de poesía, pensamento, música, símbolos, humor e aire fresco. FICHA ARTÍSTICA: Actriz: Laura Ponte Actor: Roi Vidal Produción: Teatro Antroido

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


EL CALLEJÓN DEL GATO

Crecer

Espectáculo teatral| Adolecente e adulto (+12) | 60 Min

CRECER é unha produción dirixida ao público adolescente e adulto da compañía asturiana El Callejón del Gato. “CRECER es una coproducción de El Callejón del gato y el Teatro Jovellanos de Gijón “Crecer, la historia de nunca acabar”. Una obra de hijos atónitos y padres huidos, sacada de la realidad. A vueltas con nuestros miedos, nuestros sueños, árboles que se llenan de hormigas y adultos colmados de Peter Pan... “Crecer”, comedia escrita y dirigida por Maxi Rodríguez, gran triunfadora de los Premios Oh! 2016. “Crecer”, comedia de la compañía El Callejón del Gato, ha sido la gran triunfadora de los Premios Oh! 2016, al llevarse cinco galardones, entre ellos el de mejor espectáculo escénico del año en Asturias.” VER VIDEO

IANA CÍA ASTUR

FICHA ARTÍSTICA: Texto orixinal e direción: Maxi Rodríguez. Intérpretes: Paula Mata, Félix Corcuera, Ana Eva Guerra, Roca Suárez, Saúl Nicolás, Marino Villa y Moisés González. Espazo escénico: Artilugio. Vestiario: Mónica Fernández Aloso e Ana Eva Guerra Deseño iluminación: Rafa Echeverz Música orixinal: Mar Álvarez

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


EL CALLEJÓN DEL GATO

Cyclo

Espectáculo teatral| Público infantil e familiar (+5) | 50 Min

CYCLO es una propuesta gestual y de marionetas, con música en directo, que nos habla de la capacidad integradora de la naturaleza, cuyos mágicos procesos siempre nos sorprenden: una bici olvidada junto a un árbol aparece años después formando parte de él, a varios metros del suelo. Un pequeño mapache y su mamá viajan por el mundo buscando un lugar donde vivir. El árbol que “abraza” una bicicleta será su nuevo hogar, y entre juegos y descubrimientos, irán conociendo al resto de animales del bosque. VER VIDEO.

IANA CÍA ASTUR

FICHA ARTÍSTICA: Texto orixinal e direción: Ana Eva Guerra e Moisés González Intérpretes: Beatriz Canteli, Félix Corcueca, Marino Villa Espazo escénico, marionetas e máscaras: Artilugio e El callejón del gato. Vestiario: Ana Eva Guerra Espazo sonoro en directo: Marino Villa Música orixinal: Mar Álvarez

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


www.urdime.net | T. 981 937 424 M. 619 920 335 | M. 698 132 935 www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.