Catálogo Urdime- Rede cultural 2019

Page 1

CATÁLOGO 2019 REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


ÍNDICE BABALUVA TEATRO ........ 1 BERROBAMBÁN ......... ..5 CHARO PITA ............. 9 FANTOCHES BAJ ........ .10 GALLECIA EVENTOS .......14 G.DÍAZ & B. OTERO ..... 16 INVENTI TEATRO ....... 17 LARRAITZ URRUZOLA ..... 18 MAGÍN BLANCO .......... 21 MAMÁ CABRA ........... 25 MARÍA FALTRI E JORGE J...27 MARTIÑA SOÑADORA...... 29

MONOULIOUS DOP........ 30 N+1 .................. 31 PABLÍSIMO ............ 33 PABLO MÉNDEZ .......... 34 PAPORRUBIO............ 35 PERCUBEBÉ............. 37 PÉREZ&FERNÁNDEZ....... 38 TEATRO GHAZAFELHOS.....40 TEATRO Ó CUBO ......... 44 TROTAVENTOS........... 47 XAROPE TULÚ........... 48 XOÁN CURIEL............53

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935


BABALUVA TEATRO

A alfombra máxica Espectáculo sensorial| Primeira infancia (0 a 3)| 40 Min

“A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos e pequenas a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear... Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo. Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e pequenas por un mundo de emocións e sensacións. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Dirección: Nekane Fernandez Dirección artística: Mirari Urruzola Actriz: Mirari Urruzola Produción executiva e artística: Mirari Urruzola Espazo escénico: Ramses Romero e Mirari Urruzola

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

1


BABALUVA TEATRO

Lume

Monicreques e obxectos | Infantil e familiar (+4)

Adaptación de Teatro Babaluva inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais). Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animáis para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa. Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía , a música e as artes plásticas. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: 1

Dirección de escena: Santi Prego Dirección: Mariza Basso (Brasil) Actrices e manipuladoras: Mirari e Larraitz Urruzola. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Escenografía: Mariza Basso/Títeres Babaluva

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

2


BABALUVA TEATRO Mínia convídate a xogar Teatro e xogo | Primeira infancia (2-6)| 60 Min

Despois de moito tempo Minia volve ao almacén onde xogaba de nena mentres seu pai e súa nai traballaban na oficina do lado. Lembra os xogos, aventuras e personaxes que creaba sen precisar máis nada ca unhas caixas de cartón. Minia convídate a xogar é un espectáculo-instalación para os mais pequenos, especialmente recomendado para desenvolver a creatividade e a comunicación cos obxectos que nos rodean. A montaxe consta de dúas partes. Na primeira vemos como Minia, unha muller agora adulta, lembra os xogos que facía de pequena con caixas de cartón. Na segunda parte comparte cos nenos e nenas e convídaos a que xoguen cos mesmos materiais e o mesmo espazo que ela usou. VER VIDEO

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Dramaturxia e dialogos: Lucho Penabade Dirección: Nekane Fernandez Actriz: Mirari Urruzola Voz en off : Larraitz Urruzola e Lucho Penabade Produción executiva e artística: Teatro Babaluva Deseño espazo escénico: Mirari Urruzola e Estela Freire

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

3


BABALUVA TEATRO TITA, Un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional Monicreques e teatro | Infantil e familiar (+5)

Tita é un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional onde invitamos aos espectadores máis pequenos e ás súas familias a viaxar por un mar de emocións na vida da nosa querida Tita. Dende un espectáculo con monicreques, teas, botellas plásticas e obxectos varios coñeceremos da man das titiriteiras Mirari e Larraitz Urruzola, as causas do desacougo do personaxe de Tita e axudarémola para que saiba cómo actuar cando ten medo, ganas de chorar, ou está enfadada para conseguir sobrepoñerse e recuperar o amor. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Autoría: Gabriel Penabade Outeiro “Lucho”. Dirección: Nekane Fdez. e Lucho Penabade Actrices e manipuladoras: Mirari e Larraitz Urruzola.

Escenografía: Mirari Urruzola.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

4


BERROBAMBÁN

A carreta pantasma Teatro | público adulto (+12)| 70 Min

A Carreta Pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. Un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificado con elementos de significación escénica, unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios. A Carreta Pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atopámonos sen saber onde ir, que facer, que pensar, porque perdemos os nosos referentes e xa non nos recoñecemos no espello. A Carreta Pantasma está baseado na lenda popular sueca que deu orixe ao relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura e que o director de cinema nado en Silbodal, Victor Sjöstrom, levaría ás pantallas no ano 1921.

FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Intérpretes Paula Carballeira, Nuria Sanz e Chiqui Pereira Texto: Paula Carballeiraa partir de textos de Jacques Prévert Dirección: Chiqui Pereira Ax. dirección: José Campanari Música: Nacho Sanz

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

5


BERROBAMBÁN

Acouga

Teatro | Primeira infancia (0-3)| 30 Min

“Acouga” é un espectáculo cunha intención poética, a da evocación das palabras, a da recreación da música da linguaxe. O xogo escénico ponse ao servizo dun momento compartido onde personaxes da mitoloxía galega como “A Meniñeira” ou “Pedro Chosco” toman corpo para descubrirnos a esencia do fantástico, que é a aprendizaxe do mundo. Nada mellor que acompañalos nesta aventura, a dos inicios da linguaxe, con toda a súa capacidade de suxestión. A Meniñeira intenta borrar as penas, afastar os medos. Pedro Chosco, co seu saco cheo de area e de soños, recolle para a Meniñeira as palabras que se gardan coma tesouros. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Intérpretes: Núria Sanz e Chiqui Pereira Dirección: Chiqui Pereira Texto: Paula Carballeira Música orixinal: Nacho Sanz Deseño de vestiario: Cloti Vaello Deseño de escenografía: Jorge de Arcos

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

6


BERROBAMBÁN

Adeshoras

Teatro xestual | Infantil e familiar (+5)| 50 Min

Ás veces, descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Vella desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?. Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira. A protagonista do seu conto. A do zapato de cristal, a da caixa de mistos, a da mazá envelenada,a do camiño de migallas de pan, a da casiña de chocolate...Quen chama a deshoras? Terá fame?

FICHA ARTÍSTICA: Dirección e dramaturxia: Paula Carballeira Ayxdante de dirección: Charo Pita Deseño de escenografía: Un ‘Peixe’ e berrobambán Realización escenografía: Allmad estudio Iluminación: Chiqui Pereira Música: Nacho Sanz

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

7


BERROBAMBÁN

Filosofar a paus Teatro | Público xuvenil (+12)| 50 Min

FILOSOFAR A PAUS é un espectáculo teatral que se propón resolver un enigma: a desaparición das mulleres da historia da filosofía. Con ese obxectivo, un actor e unha actriz convocarán en escena a presenza de figuras como Hiparquia a cínica ou Simone de Beauvoir, mais tamén interrogarán a filósofos como Aristóteles, Hume ou Rousseau. Entre o thriller detectivesco e a aventura de superheroes, FILOSOFAR A PAUS proponse convidar aos espectadores a desenvolver a súa propia aventura: a de pensar de forma crítica sobre o silencio, cando non as mentiras, que a “gran filosofía”, a que se estuda nos manuais de Historia da Filosofía, ten reservado para a muller.

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Na escena: Liza G. Suárez e Sergio Llauger No texto: Miguel Vázquez Freire Na adaptación e dirección: Chiqui Pereira Na música: Los Dámasos

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

8


CHARO PITA

No país do vento Espectáculo Musical | Infantil e familiar (+6)| 70 Min

No País do Vento, nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns. Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas, e moitas personaxes máis. E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo. Existe unha versión dirixida á primeira infancia (2-4 anos) de 40 minutos.VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Charo Pita: voz, textos e música. María Faltri: voz, percusións e arranxos vocais. Jorge Juncal: acordeón, teclado, arranxos e produción musical. Javier Fernández: Batería, percusións e arranxos musicais. Juansy Santomé: Contrabaixo, baixo eléctrico.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

9


FANTOCHES BAJ

Auga que non vas beber Monicreques e música | Xuvenil e adulto (+12)| 70 min

Gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos no ano 2010. Nominado ao Mellor espectáculo internacional na Habana no 2018. Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Bastián, cura de Augalada. VER VIDEO

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Almudena Vidal: Guitarrista, Carolina, Deus, e Ramonciño Inacio Vilariño: Narrador, padre Bastián e Xosé. Autor e Director: Ignacio Vilariño Deseño de espazo sonoro: Benxa Otero Deseño escenografía: Luís Iglesias Construción escenarios e marionetas: Luís Iglesias Deseño de iluminación: Juan M. Collazo

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

10


FANTOCHES BAJ

Fábula galénica Monicreques | Infantil e familiar (+6)| 60 Min

O espectáculo Fábula Galénica interpretase dentro dunha preciosa radio antiga, unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares. Narrado coma se dun programa de teatro radiofonico se tratase cóntase como nun pobo ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo. Isto obriga ao Burro da Tía Lola xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizárense na súa loita contra o Rei para recuperar a vida da fraga e a súa contorna.VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Produción: Fantoches BAJ Director e autor: Inacio Vilariño Actores e manipuladores: Inacio, Luis Iglesias Espazo sonoro: Benxamín Otero Construción de títeres e escenografía: Luis Iglesias Vestiario: María Chenut

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

11


FANTOCHES BAJ

Os golfiños e o xigante Monicreques e sombras | Infantil e familiar (+6)| 60 Min

Os Golfiños e o Xigante está baseado no texto do mesmo nome da autoría de Inacio Vilariño e co que obtivo neste 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real extraída dunha nova que se fixo eco na prensa internacional. O xigante Bao Xi Xhum, considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ao seu longuísimo brazo salvar a uns golfiños dunha morte certa. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Texto: Inacio Viñariño Produción: Fantoches Baj Actores/titiriteiros: Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias, Inacio Vilariño. Música: Benxa Otero

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

12


FANTOCHES BAJ

Os romeiros do caracol Monicreques e música | Infantil e familiar (+5 ) | 50 min

Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés: - A foliada de San Andrés - Os poderes salvíficos dos Sanandresiños de miga de pan - A orixe da barca de pedra - As rosquillas das tres comadres - A herba de namorar.

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Elenco: Inacio Vilariño e Carlos Quintá Autor e Director: Inacio Vilariño Deseño de espazo sonoro: Carlos Quintá Deseño escenografía: Iván Suárez Núñez Construción escenarios e marionetas: Luís Iglesias Vestiario: Clara Redondo

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

13


GALLAECIA EVENTOS

Gallaecia All Stars Espectáculo musical | Todos os públicos | 60 min

‘Mellor, mellor’ é un musical en galego para todo tipo de público cunha coidada posta en escena. Integrado por 13 músicos: 3 saxos, 3 trombóns, 3 trompetas, batería, contrabaixo, piano e 3 cantantes. Pensado para Auditorios, Teatros e grandes prazas. Durante dúas horas ininterrompidas, misturamos música en directo doutrora, cunha historia con moito humor que diferencia este espectáculo doutras propostas musicais. O repertorio é unha coidada selección dos clásicos do swing, latin, boleros, mambos, rock and roll, soul. Cancións adaptadas ó galego por Luis Iglesias e arranxadas para BigBand polo seudirector Cristian Leggiero.Música en directo, teatralidade e diversión que faran que sexa unha noite inesquecible.VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Luis Iglesia Besteiro Sergio Zearreta López Patricia García Lesta Cristian Leggiero Fernández E moitos máis!!

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

14


GALLAECIA EVENTOS

Gallaecia Gallaeciños Espectáculo didáctico musical | Público Infantil | 60 min

É un proxecto teatral e musical con música en directo. Durante 1 hora, 6 músicos e 2 cantantes- narradores pretenden ensinar, dun xeito moi divertido, a HISTORIA DO JAZZ. Dunha forma moi divertida, explicaremos as distintas épocas do Jazz dun xeito cronolóxico: Gospel, Blues, Ragtime, Dixieland, Swing, Bebop, Cool Jazz, Funky,Soul... O concerto didáctico comeza cos artistas encadeados e maniatados como vivían os escravos na época que mentres recollían o algodón cantaban a modo de protesta. Ó longo do concerto explicaremos os diferentes instrumentos musicais e os diferentes ritmos. Remataremos todos bailando porque queremos demostrar que...O Jazz é moi divertido!! VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Patricia García Lesta Cristian Leggiero Fernández Pablo Castaño José Luis Miranda Hansel Luis Diez Carlos Bastón Pablo Pérez

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

15


GERMÁN DÍAZ E BENXAMÍN OTERO

Trece cancións bonitas Música instrumental | Todos os públicos | 60 Min

Benxamín Otero e Germán Díaz, propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, ós seus oídos, bonitas... compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias, compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este personal concerto. Instrumentos coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos coma o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías. VER VIDEO

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Germán Díaz e Benxamín Otero -Oboe, corno inglés, zanfoña, caixa de música programable, órgano de barbaria e aurephone.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

16


INVENTI TEATRO A tropa do doutor Milagre Teatro de rúa | Todos os públicos | 45 Min

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaido? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre: Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas… Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exhuberante Madame Bobarí.Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa. O espectáculo ten tres posibilidades: -A tropa do Dr Milagre (único emprazamento, 1 pase de 45 min) -A errante tropa do Dr Milagre (itinerante, 3 pases de 20 min) -A trastenda de Madame Bobarí (Microescenas no interior)

FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Producción, dirección e dramaturxia: Inventi teatro Elenco: Bea Campos, Marcos Alonso e Paulo Medal Escenografía: Sr. Sagüillo Vestiario: Ali Otero

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

17


LARRAITZ URRUZOLA

A viaxe de rosalía Monicreques e Teatro | Infantil e familiar (+6)

Un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, onde da man da narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola e con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne artista Galega. Francisca do Campo leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables . Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA: Dirección de escena: Santi Prego Dirección: Mariza Basso (Brasil) Actrices e manipuladoras: Mirari e Larraitz Urruzola. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Escenografía: Mariza Basso/Títeres Babaluva

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

18


LARRAITZ URRUZOLA

Dona Barriga Verde Monicreques | Infantil e familiar (+6) | 45 Min

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo. Con protagonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola Dirección: Santi Prego Deseño do retablo e pintura dos títeres: Kukas Talla en madeita e atrezzo: Borja Insua Vestiario: Bety Busto Colaboración atrezzo: Pepe Penabade

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

19


LARRAITZ URRUZOLA

O crebanoces Monicreques e Teatro | Infantil e familiar (+6) | 50 Min

O Crebanoces é un espectáculo inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrentará á Raiña dos Ratos e nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Dirección de escena: Santi Prego Dirección: Mariza Basso (Brasil) Actrices e manipuladoras: Mirari Urruzola e Larraitz Urruzola. Espazo sonoro: Merran Laginestra. Escenografía: Mariza Basso/Títeres Babaluva

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

20


MAGÍN BLANCO

A banda das apertas Espectáculo Músical | Infantil e familiar (+3) | 60 min

Nesta ocasión Magín Blanco estará acompañado polos músicos María Faltri, Jorge Juncal e Jerry Noia, xuntos irán repasando as aventuras de A nena e o grilo e descubrindo os seus segredos, a través de cancións e contos. Ten un formato de concerto musical onde as letras das cancións e as súas introduccións marcarán o ritmo desta proposta. Se coa edición dos libros pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos deixándolle para eles un lugar propio no libro onde poidan expresarse, neste directo as cancións abrirán as portas para que poidan crear o seu propio universo creativo. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Magín Blanco: Voz, guitarra Jorge juncal: Piano, acordeón María Faltri: percusións e voz Jerry Noia: Baixo e guitarra

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

21


MAGÍN BLANCO A nena e o grilo máis aló Música e teatro | Infantil e familiar (+3) | 60 min

A última e máis recente entrega de “A nena e o grilo”, o musical infantil máis aclamado do panorama galego, chega aos teatros. Nesta última creación de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos A nena e o grilo corren novas aventuras. Se queredes descubrilas tedes que estar atentas. A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña, Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Actores/actrices: Teatro Ghazafehos Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas. Magín – guitarra e voz Cristian Legiero – teclado

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

22


MAGÍN BLANCO

Camiños

Música | Infantil e familiar (+3)| 45 min

CAMIÑOS é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil . Neste fermoso e completo traballo, Magin presenta un libro-disco e un espectáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios. CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos e as nenas. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magin, novos e novas lectoras atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional. CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos/as. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Magín Blanco: Voz, guitarra Jerry Noia: Técncio de son

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

23


MAGÍN BLANCO

Gatuxo Música e teatro | Primeira infancia (0-6) | 45 min

A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que os rodea. Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: O Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Magín Blanco: Voz, guitarra, Jorge Juncal: Piano, acordeón, Ukelele... Maria Faltri: Voz, percusión Raquel Queizás: Dirección e interpretación

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

24


MAMÁ CABRA

Concerto-deveribés Espectáculo musical | Infantil e familiar | 60 Min

Gloria é a voz e unha das fundadoras de MAMÁ CABRA, o grupo pioneiro especializado en música infantil galega que leva xa 15 anos regalándonos cancións. Dende o seu primeiro libro-CD Cantos rodados xa son moitos os traballos publicados por este grupo.Gloria, acompañada por unha banda, fai neste concerto un percorrido polos mellores éxitos da banda, cancións que ao longo destes anos xa quedaron nas nosas memorias e que siguen facendo fans miúdos aló por onde pasan.

FICHA ARTÍSTICA: Gloria · voz e guitarra Carlos Freire · batería Javier Constenla · piano Iago Rodríguez · acordeón Harry Price · violín

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

25


MAMÁ CABRA

Eu cociño, ti cociñas? Música e teatro | Infantil e familiar (+3) | 60 min

Timoteo cambiou o seu kiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK? “Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-treatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado. VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Gloria Mosquera: Gitarra e voz Max Gómez: Batería e Percusión Harry Price: Violín Pachi Cruz: Contrabaixo Luchi Iglesias: Actor Manolo Dourado.:Ténico de son

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

26


MARÍA FALTRI E JORGE JUNCAL

Fantasía coas palabras Espectáculo musical | Pública infantil e familiar (+3) | 60 Min

Espectáculo para público infantil no que o grupo interpretanas cancións publicadas no seu recente libro Fantasía coas palabras, editado por Galaxia, dentro da colección Sonárbore (2016). O espectáculo é ideal calquera celebración escolar ou familiar. Trátase de aprender cantando ao son da música en directo. Con cada letra do abecedario podemos crear tantas aventuras como queiramos! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañaránnos nesta viaxe de Fantasía coas palabras, unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Que comece a maxia: Abracadabra! Dispoñible en grande formato. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Texto orixinal: Rosa Mondrego Aaptación: María López, J. Juncal, Magín Blanco e Charo Pita Composición musical: María López e Jorge Juncal Arranxos e dirección musical: Jorge Juncal Produción: María López e Jorge Juncal

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

27


MARÍA FALTRI E JORGE JUNCAL

Picadiscos Marifaltri Picadiscos| Público infantil e Familiar | 60 Min

María Faltri é un dos novos nomes de referencia dentro da música infantil galega, a vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco chega agora cun espectáculo orixinal e novidoso: Unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar. María ten tamén unha ampla experiencia no mundo da animación cultural, un ingrediente perfecto para que o público miúdo xogue, se divirta e...por qué non, aprenda as cancións da man dos libros da súa mini biblioteca ambulante.

FICHA ARTÍSTICA: Picadiscos e animadora: María Faltri Produción: María Faltri.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

28


MARTIÑA SOÑADORA

Concerto Musical

Espectáculo musical| Infantil e familiar (+3) | 50 min

“Martiña soñadora” son Sabela King á voz e ó ukelele e Carlos Gil Fandiño ó piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute de nenos e nenas dunha música composta especialmente para eles/as. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e disfrutarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues, todo con fermosas letras en galego e incluso en francés.Sabela King forma parte de outras propostas para público infantil e familiar como A Pequena e grande orquestra, nesta ocasión presenta un espectáculo musical de pequeno formato acompañada de Carlos Gil tamén con unha ampla experiencia na música para cativos e cativas. Xuntos exploran estilos e ritmos que sen dúbida farán gozar ao público infantil.

FICHA ARTÍSTICA: Voz e ukelele: Sabela King Tecaldos e coros: Carlos Gil Produción: Martiña Soñadora Compositora: Sabela King

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

29


MONOULIOUS DOP

Concerto Espectáculo musical | Público xuvenil e adulto | 60 min

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociais pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os invita a montar unha banda en clave de rock. Despois de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega presentando a nova banda na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos e recupera algúns dos temas antigos que mellor aceptación do público tiveron. O disco foi presentado durante todo o verán e resto do ano en festivais e en algunhas das mellores salas galegas. VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Voces: Ula e Mon Batería: Beny Mayo Guitarra: Carba Guitarra: Pla Baixo: Antón Torroncho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

30


N+1

Circanelo Circo e clown | Todos os públicos | 60 Min

Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e inxenio. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco crea unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo. O público acompañarao nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflictos deste paiaso que chega a nenos, nenas, e maiores. Espectáculo versatil adaptable a calquera espazo escénico: Sala, rúa e café teatro...etc. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Produción: Fredi&cía Elenco: Alfredo P. Muíño “Fredi”

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

31


N+1

Involución Circo e teatro físico | Público adulto (+12) | 60 Min

De onde vimos? A onde imos? Por que estamos aquí? Como a terra, un seixo tan insignificante na inmensidade do universo, se converteu nun planeta cambiante, creando no seu seno un fenómeno único, a diversidade da vida? O Circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu provir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino. VER VIDEO

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Dirección: Pablo Sánchez Coreografía: Bárbara Monteagudo Deseño iluminación: Dani Pais Deseño Espazo Sonoro: Brais Gutiérrez Deseño Vestiario: Sigrid Blanco

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

32


PABLÍSIMO

Os contos de Pablísimo Narración oral e obxectos | Infantil e familiar (+4) | 50 Min

Érase unha vez un conta contos que se chamaba Pablísimo, ainda que ademais tamén era actor, monicrequeiro, profe, paiaso e algún que outro etcétera. Antes de adicarse a contar contos viaxou por moitos países do mundo para aprender teatro e actuar...e onde queira que fose sempre atopaba cousas curiososas e estrañas: Obxectos que ninguén usa, instrumentos de música que fan ruídos imposibles, libros exóticos, teas de moitas cores, figuriñas que andan soas, cousas que nin eu sei para que son! e todo o conservaba porque TODO serve para contar contos. No seu repertorio hai contos tan interesantes como: O paroleiro, O Contiario, Pincipas y princesos, Contos con ovos, contos coas máns...etc VER VIDEO

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Autor e intérprete: Pablo Sánchez Duración: 40 min Idades: 4-9 anos Tempo de montaxe: 60 min.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

33


PABLO MÉNDEZ

Quimera

Performance de rúa | Todos os públicos | 45 Min

Animación, acrobacia e moito máis. Con esas tres premisas poderíase resumir o traballo de Pablo Méndez Compañía de Performances, cun pequeno engadido: non hai límites. Estruturas xigantes, luces que bailan, lume, música, danza, acrobacias… Todo este universo de fantasía levou á compañía para percorrer medio mundo, desde Galicia ata lugares tan exóticos como Transilvania ou Miami. Quimera é o seu último traballo, un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía se entrelazan. Pablo Méndez xoga neste espectáculo coa maxia buscando a sorpresa do espectador. Mediante unha linguaxe visual e acrobática esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final. Unha aventura que non te deixará indiferente. Ideal para programar para todo tipo de público e moi adaptable a diferentes espazos. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Tatiana Fontenla García, Iván Couso Campos, Fátima Carbia Lorenzo, Iván Burgos Ruibal, Caroline Ramil Sanders, Felipe Catalán Arufe, Alejandra Balboa Rodríguez

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

34


PAPORRUBIO

A danza dos paxaros Animación de rúa | Todos os públicos | 50 Min

A danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa formado por seis actores e actrices e un actor principal, Luchi Iglesias, o ornitólogo que dirixe a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña facendo bailar a todos e todas as presentes. Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e de grande éxito entre o público polo seu carácter participativo e a súa interrelación co mesmo. É un espectáculo con moita máxia onde se pretende que todo o mundo baile ao son da música dos paxaros, onde todas xuntas desplegaremos as ás da ilusión e da liberdade no día da festa. FICHA ARTÍSTICA: Actor: Luís Iglesias “Luchi” Elenco: Antón Fernández, Julio Mayo, Borja Salgado, Xoán Montes, Tania López e Daniel Santos. Produción: Cía Paporrubio.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

35


PAPORRUBIO

Xogos paporrubio Teatro de rúa e xogos | Todos os públicos | 150 min

Os xogos do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes. A pretensión é facerlle accesible, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar. FICHA ARTÍSTICA: Actor: Luís Iglesias “Luchi” Acompañamento muscial: Carlos Quintá Produción: Cía Paporrubio.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

36


PERCUBEBÉ

Moraima

Espectáculo musical | Primeira infancia (0 a 6) | 60 Min

Das experiencias de Marcelo Dobode e Beatriz Martínez no mundo da educación musical dirixida á infancia, nace este proxecto no que miud@s e maiores aprenden, gozan e descubren o mundo das percusións e da arpa. O proxecto busca alimentar e desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro e que é fundamental para medrar a nosa capacidade neuronal, axudando á psicomotricidade e coordinación. Axuda a liberar tensións, alimenta a concentración e desenvolve a capacidade auditiva e creativa, o sentido do tempo e os reflexos, ao tempo que nos adentra na nosa cultura musical. Dispoñible en tres formatos: -Percubebé 0-3 anos: Un obradoiro sensorial e de percusión -Moraima 0-6 anos: Un espectáculo con obradoiro incluído. -Banda Moraima, público familiar: Un espectáculo musical. VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Elenco: Marcelo Dobode e Beatriz Martínez. Banda Moraima: Marcelo Dobode, Beatriz Martínez, Martiño Malleiro e María Luz Campos.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

37


PÉREZ&FERNÁNDEZ

Aguratrat

Teatro | Infantil e familiar (+6)| 60 Min

AGURATRAT é unha adaptación do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas. O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa TARTARUGA Alfie. A Señora Silver está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño. O señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Intérpretes: Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez Ambientación musical: Iria Pinheiro, Xabier Romero, Marcos Vázquez Tartarugas: Tigre de Papel Vestiario: María Fernández

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

38


PÉREZ&FERNÁNDEZ

O poder de amabel Monicreques e Teatro | Infantil e familiar (+5) | 55 Min

O poder de Amabel está inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books. A autora foi galardoada co premio “Merlín 2015” por Nena e o mar. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial Outono que viviron xuntos no 82. O poder de Amabel fala sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e, sobre todo, a aceptación dun mesmo. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Actores: Victoria Pérez, Manu Fernández,Xosé Leis, Érica Esmorís. Dirección: Victoria Pérez, Xosé Leis Dramaturxia: Victoria Pérez Espazo escénico: Jacobo Bugarín, Xosé Leis. Espazo sonoro: Manu Fernández

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

39


TEATRO GHAZAFELHOS

A illa sen tesouro Teatro de rúa | Infantil e familiar (+6) | 60 Min

A illa sen tesouro é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos. Apoiados por unha Escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada. Os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas. Musica, bailes, pelexas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible de teatro dos Ghazafelhos. Un guiño a un clásico literario para toda a familia.

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Elenco: Jorge Casas. Montse Piñón, Pepablo Patinho Escenorafia e Vestiario: Ghazafelhos Guión: Pepablo Patinho- Ghazafelhos Dirección: Pepablo Patinho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

40


TEATRO GHAZAFELHOS

As mil e unha noites Teatro de rúa | Infantil e familiar (+6) | 60 min

Tres personaxes chegan nun carromato decorado como as antiguas historias de Bagdad. Entran anunciando unha historia máxica da lonxana Persia. Subidos en zancos, con aspecto de xenios convidan ao público que se acomode ao redor do carromato que, transformase en escenario-escenografía en cuestión de segundos sendo esta transformación parte da obra. A continuación, centraremos ao público nun ambiente máxico con incenso, coxíns, teas e un contador de historias capaz de transportarnos á antiga Persia. Unha vez sitos, comezaremos a narrar a incrible historia das mil e unha noites pero… claro, faltan personaxes para tan poucos actores… precisaremos a participación activa do público para lograr contar as historias. FICHA ARTÍSTICA: Texto e dirección: Pepablo Patinho Idea orixinal: Montse Piñón Caracterización: Ghazafelhos Elenco : Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

41


TEATRO GHAZAFELHOS

Frankenstein Teatro | Infantil e familiar (+5) | 60 min

Que se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Pode que algo que non quere ser descuberto ou, pode que, algo que espera que o descubran. Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan si o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non. Con unha impresionante escenografía e grandes efectos de tremoia, o público desfruta de unha aventura que ten pinceladas de cine negro e debuxos animados. O fío condutor é a investigación de dous científicos sobre a existencia ou non de Frankenstein.VER VIDEO

FICHA TÉCNICA: Idea Orixinal: Ghazafelhos Dirección: Pepablo Patinho Vestiario: Montse Piñón Pintura e deseños: Leandro Lamas Deseño de son: Jorge Casas Deseño de Luz: Ana Díaz Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

42


TEATRO GHAZAFELHOS

Rubicundo Teatro | Infantil e familiar (+5) | 60 min

Todas as noites, Rubicundo, sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até o fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora… Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Autora: María Canosa Adaptación e dirección: Pepablo Patiño Escenografía: Ghazafelhos Elenco : Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

43


TEATRO Ó CUBO

Ghop!

Teatro de rúa, circo, variedades| Todos os públicos| 60 min

Ghop! é un berro cheo de enerxía e ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que, no pasado, percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Elenco: Sofía Espiñeira, Noel Fandiño e Roberto Casal. Dirección: Alfredo P. Muíño. Produción: Teatro ó Cubo. As necesidades técnicas son aportadas pola cía.

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

44


TEATRO Ó CUBO

Nube nube sol Teatro |Primeira infancia (0-6) | 45 min

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.VER VIDEO

Novidade!! FICHA ARTÍSTICA: Escenografía : Beatriz de Vega Musica BSO: Brais das Hortas Texto, canción e coreografía: Sofía Espiñeira Fauna e flora: Roberto Casal Dirección e interpretación : Sofía Espiñeira e Roberto Casal Ilustración : Rosa Abeijón

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

45


TEATRO Ó CUBO

O faiado

Teatro , música, monicreques | Infantil e familiar (+5) | 55 min

O Faiado é un espectáculo onde se mistura o teatro, a música en directo, as sombras chinesas, o circo, a maxia e moito máis... Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia.VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Dirección: Pablo Sánchez “Pablísimo” Autor: J. L. Baños de Cos “Pepe” Vestiario: Sigrid Blanco Elenco: Alfredo Muíño , Sofía Espiñeira, Roberto Mouriño Música: Sofía Espiñeira

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

46


TROTAVENTOS

A fiestra dos soños Espectáculo musical | Público infantil e familiar (+3) | 50 min

A fiestra dos soños é un libro de poemas ilustrados e musicados editado por Galaxia e dirixidos principalmente ó público infantil e familiar. A parte literaria componse de trece poemas cunha temática que supón un canto á natureza. Deste traballo resulta un espectáculo musical en forma de concerto para o público miúdo. Os poemas convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade, etc. Con unha liña que bebe das músicas populares do mundo e que atravesa cada un dos temas para darlle unidade, e con unhas melodías de gusto exquisito que xunto cos textos converten as pezas en idóneas para o pracer de grandes e pequenos.VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Manuel Boquete (guitarras e baixo) Ramón Feáns: guitarras, bouzouki, mandolina, teclados... Nadia Fonseca: voz Roberto Grandal: Acordeón Dani Riveiro: Batería e percusión Manolo Dourado: Técnico de son

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

47


XAROPE TULÚ

A miña primeira viaxe Teatro obxectos | Infantil e familiar (2-10)| 50 Min

A miña primeira viaxe é unha peza teatral dirixida ós cativos e cativas de entre 2 e 10 anos. O espectáculo xorde da adaptación do libro-álbum do mesmo título escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012. Esta peza conta a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno ou nena viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores. Unha actriz conta e canta un relato de procura da propia identidade mentres un músico dialoga coa linguaxe onírica do propio relato.VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Autora: Paloma Sánchez Ibarzábal Adaptación do texto: Atenea García Dramaturxia e interpretación: Nicolás Zamorano e Atenea García Deseño escenografía e iluminación: Nicolás Zamorano Composición e interpretación musical: Nicolás Zamorano Produción: Xarope Tulú

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

48


XAROPE TULÚ

De bruídos e miañares Narración oral e música | Infantil e familiar (+3) | 60 Min

De bruídos e miañares é un espectáculo dirixido ó público familiar que combina a narración oral coa música en directo. En escena, unha narradora e un músico acompañado dos seus peculiares intrumentos; contan e cantan historias onde os animais son os protagonistas. Nesta viaxe pola fauna descubriremos contos peludos, voadores e agarimosos e participaremos activamente do relato. Os obxectivos xeráis da obra son estimular a creatividade individual e colectiva. Achegar as artes escénicas a espazos non convencionais. Incentivar a observación activa dos rapaces espertando deste xeito a súa sensibilidade e explorar o sentido lúdico do teatro.

FICHA ARTÍSTICA: Dirección / Interpretación: Atenea García Vestiario e obxetos: Nicolás Zamorano Luthería, música: Nicolás Zamorano

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

49


XAROPE TULÚ

Nómades Teatro contemporáneo | Infantil e familiar (+5) | 60 Min

Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…? Nómades é un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente , sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Elenco: María Roja, Atenea García, e Diego Martínez Dirección: Gena Baamonde Música Orixinal: Nicolás Zamorano Deseño de Iluminación: Laura Iturralde Escenografía: Nicolás Zamorano

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

50


XAROPE TULÚ

O cardume

Narración oral e música | Infantil e familiar (+3) | 50 Min

O cardume é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma. En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como bandeira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas sumamos.Aqueles que semellan un só? Si, eses mesmos. A miña avoa di que ese xeito de nadar tan xuntos e coordinados chámase cardume, ela tamén di que os peixes ás veces son máis listos que as persoas, e que deberíamos aprender deles. Por iso, coas miñas amigas estamos aprendendo a xogar, imaxinar e camiñar xuntas, e se unha se cansa as outras tiramos por ela. Se cadra un día podedes xogar con nós. Apetécevos? VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA: Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano Interpretación: Atenea García e Nicolás Zamorano Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano Produción: Xarope Tulú

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

51


XAROPE TULÚ

Rilla rilla

(Lingua a escena)

Narración oral e música | Infantil e familiar (+3) | 50 Min

Rilla-rilla fala de lingua, e de que lingua? Da nosa¡¡ e da variedade diatópica do noso idioma. A través do relato iremos sumerxíndonos nun mundo sibilante de rotasirmos, un mundo cunha idiosincrasia curiosa que estivo ahí sempre e ó que poucas veces lle prestamos atención. As ondas e o salitre hannos levar ó lugar das palabras esquecidas. Aquela rapaza non medía máis de metro e medio, tiña os brazos máis longos que eu vira na miña vida, os ollos neghros coma a a parrameira e os pelos tesos coma gharabullos. Andaba sempre correndo polo que a súa avoa se lle levantaba o sentido cada vez que chegaba á casa a rever. Aquel día a avoa fixéralle unhas fanequiñas do primeiro meu, estaban bichas a saltar, pero por algunha extraña razón puxéranselle de punta no estómagho. Tan mal se atopaba, que aquel día decidiu faser ghata ás permanensias e tirarse na leira a sollar. Foi entón cando eu a coñecín. FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano Interpretación: Atenea García e Nicolás Zamorano Produción: Xarope Tulú

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

52


XOÁN CURIEL

A casa do terror Espectáculo musical | Infantil e familiar (+6) | 70 Min

“A Casa do Terror” é un máis novo espectáculo de Xoán Curiel. Un espectáculo infantil explosivo e moi atractivo dende o punto de vista tanto musical coma estético. O espectáculo procura a interacción co público resultando unha experiencia moi participativa para os nenos e nenas. Na Casa do terror mestúrase a música e a danza con elementos teatrais ou de clown. Despois do éxito obtido co seu anterior espectáculo musical infantil: “Estamos no verán!!!”, nace un novo espectáculo onde música, pequenas pinceladas de teatro, danza e coreografías, farán que o público asistente cante, baile e sobre todo participe dun xeito “terroríficamente divertido”. Estilos como o funk, o rock clásico, o pop, o reggae, o swing atópanse neste espectáculo para público familiar.VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA:

Novidade!!

Elenco: Xoán Curiel / Jara Ortiz Barrio / Marta Alonso Tejada / Carlos Freire Pérez / Alejandro Salgueiro / Antón Fernández Díaz Música: Xoán Curiel

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

53


XOÁN CURIEL

Estamos no verán Espectáculo musical | Público infantil e familiar (+3) | 60 Min

Estamos no verán!!! é un libro-disco con músicas de Xoán Curiel (Editorial Galaxia); mais tamén é un espectáculo absolutamente participativo onde se mesturan a música, a danza con elementos teatrais ou de clown; cheo de música, historias, danza e coreografías que mergullan aos rapaces e rapazas nunha divertida festa e nun soño de verán... Estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova atópanse neste espectáculo para nenos e nenas entre seis e doce anos. Existe un formato con unha formación máis pequena no que a banda fai un concerto con unha escolla das súas músicas infantís máis coñecidas. VER VIDEO

FICHA ARTÍSTICA: Elenco e músicos: Xoán Curiel / Jara Ortiz Barrio / Marta Alonso Tejada / Carlos Freire Pérez / Ale-jandro Salgueiro / Antón Fernández Díaz Música: Xoán Curiel

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

54


XOÁN CURIEL

Estou là -TRIOMúsica | Todos os públicos | 60 min Concerto a trio con cancións propias feitas nas súas viaxes por Brasil, Portugal, Arxentina ou Italia. Xoán Curiel é un artista galego con cinco discos editados. Na actualidade prepara o seu sexto traballo discográfico. Nominado aos Premios Opinión (Mellor Álbum e Mellor Canción); aos Premios Martín Códax da Música Galega en dúas ocasións e gañou en Madrid, co seu 2º disco, o Premio a Mejor Álbum en Lengua Gallega dentro da V Edición de los Premios de la Música Independiente Ao longo destes anos, Xoán participa en diferentes espectáculos e festivais principalmente ligados á lusofonía e á creación de cancións. Ten compartido escenario con artistas como: Carlos do Carmo, Javier Alvarez, Margareth Meneçes, Mayra Andrade, Uxía, Antonio Zambujo, Carlos Blanco, Aline Frazão, Joao Afonso, Eneida Marta, Couple Coffe, Fred Martíns, María Pujalte, Joseba Gotzon, Nico Etxart, Gontzal Mendibil, Josep Teró... Ademais grava coa súa voz e en algunos casos participa coas súas cancións en múltiples discos.VER VIDEO FICHA ARTÍSTICA: Xoán Curiel Paulo Silva (actualmente músico de Dulce Pontes) Sergio Tannus (recoñecido instrumentista que ten tocado entre outros con Uxía, Antonio Zambujo, Chico César, Lenine, Santiago Auserón, Javier Ruibal, Dulce Pontes e moitos mais).

www.urdime.net +34 981 937 424 | +34 619 920 335 | +34 698 132 935

55


www.urdime.net I T. 981 927 424 I M. 619 920 335+34I M. 698 935 www.urdime.net 981 937 424 |132 +34 619 920 335 |

+34 698 132 935


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.