ESCAPARATE DE TALENTOS

Page 1

ESCAPARATE DE TALENTOS Formato audiovisual enfocado á inserción de desempregados no mundo laboral

Contacto:

(Unha proposta de OH! Producciones Sorprendentes)

620557474 (Óscar) 698187676 (Hugo)


ESCAPARATE DE TALENTOS "Ata unha ruína pode ser unha esperanza" (Unamuno) ESCAPARATE DE TALENTOS é un formato audiovisual enfocado á inserción de desempregados no mundo laboral. DURACIÓN X PROGRAMA: 50´ FRECUENCIA DE EMISIÓN: SEMANAL Nº DE PROGRAMAS: 13 X TEMPORADA.

CONCEPTO O concepto do programa ESCAPARATE DE TALENTOS difere doutros que perseguen unha fin parecida, isto é, a inserción laboral de desempregados, no sentido no que se establece a comunicación. Se noutros espazos televisivos se ofrece información directa a desempregados sobre as ofertas de emprego, privada e pública, en ESCAPARATE DE TALENTOS serán estes profesionais en situación de desemprego quen mostrarán e ofertarán as súas habilidades, coñecementos, experiencia e competencias a empresas, entidades ou outros posibles interesados en contratar os seus servizos.

É dicir, se nos primeiros é o empresario quen marca o perfil solicitado para cubrir determinado posto ou responsabilidade, e o postulante a dita vacante quen debe adecuarse ás características, en ESCAPARATE DE TALENTOS damos a volta a esta situación para que sexan os seus participantes quen vendan a súa valía en determinados eidos, e o empresario quen valore a estes posibles aspirantes para o seu encaixe nos seus plans empresariais.

ESTRATEXIA Cada vez son máis os plans de procura activa de traballo que priman a formación da propia persoa demandante de emprego, tendo en conta as esixencias do mercado laboral. Actitudes e aptitudes fronte ao traballo son pautas que cada vez son tidas máis en conta por parte dos empresarios á hora de contratar o seu persoal, incluso en ocasións máis alá da experiencia curricular dos postulantes. Se os coñecementos adquiridos a través da formación e a experiencia son aspectos constatables cun curriculum vitae, non tanto a valía intrínseca e persoal fronte a determinado posto ou responsabilidade, dificilmente certificable. Así, o obxectivo destes plans alternativos de emprego é primar a evolución persoal dos seus participantes fronte a determinadas situacións, proporcionándolles as ferramentas necesarias para


lograr encontrar un traballo. Estas ferramentas son tanto emocionais como conceptuais e didácticas, e a heteroxeneidade de cada perfil implica un método e un ritmo distinto para cada un deles e delas. A crise económica e laboral fixo estragos, encontrándonos persoas desempregadas, en ocasións, en situacións personais críticas, tanto profesionais con moita experiencia, como rapaces e rapazas con moita formación. Estas novas propostas de formación para a busca activa de emprego, contribúen en gran medida a fomentar a esperanza e a autoestima que moitas persoas perden polo camiño. Durante o transcurso destas iniciativas, o compañeirismo e a positividade provoca en moitos casos un cambio radical no estado de ánimo dos participantes. Por iso, o programa ESCAPARATE DE TALENTOS non só está enfocado á conquista dos obxectivos dos seus participantes, senón que pretende ofrecer un asesoramento técnico para o emprendemento da tarefa que significa buscar traballo1, ao tempo de servir como revulsivo anímico para aqueles espectadores que se atopen en situación de desemprego. O espectador, no caso de ser empresario ou representar a unha empresa, poderá coñecer, xa non só o curriculum e a vida laboral destes profesionais, senón tamén a súa evolución persoal dentro do grupo, e polo tanto as súas aptitudes e competencias dentro dun equipo de traballo, aspectos cada máis salientables nos procesos de selección.

FORMATO Hoxe en día, en moitos casos, o estar desempregado significa converterse nun supervivente sen illa deserta. Os participantes nestes ou en calquera outra iniciativa, pública ou privada, enfocada á busca activa de emprego, presupón unha característica. Son mulleres e homes dispostos a evolucionar e loitar por saír da súa situación actual. Cun formato híbrido de reality, docusoap e talentshow, os espectadores verán o progreso dos participantes en ESCAPARATE DE TALENTOS, coñecerán as súas aspiracións e serán testemuñas do seu esforzo e evolución persoal para alcanzar a meta. Un emprego. Cabe igualmente poñer de relevo o carácter didáctico do programa, no que, se ben a fin primera é a inserción laboral dos seus participantes, a fin última é axudar a outros desempregados a adquirir competencias para afrontar a súa situación.

DESENVOLVEMENTO ARGUMENTAL O desenvolvemento argumental dos programas estruturarase en 3 fases. Unha primeira fase de coñecemento, tanto emocional, como práctico do estado do mercado laboral, unha segunda fase de avituallamento de ferramentas e competencias para o logro de obxectivos, e unha terceira e última fase que é demostrar a valía de cada cal. 1

Sería interesante estudar a posible creación dunha web de descarga de contidos didácticos e informativos relativos aos temas que aparecen no programa, enfocado aos espectadores en situación de busca activa de emprego.


Dramaticamente

poderiamos

representar

este

proceso

en

tres

actos:

PRESENTACIÓN,

DESENVOLVEMENTO e DESENLACE. Así, se ben o programa contará cunha ducia de participantes, en cada episodio tratará o caso de 3 ou 4 participantes, a quen se lles dará todo o protagonismo, abordándose o seu paso e os seus progresos en ESCAPARATE DE TALENTOS, de maneira cronolóxica. Deste modo, podemos establecer unha preescaleta de contidos.

Presentación dos participantes no programa dentro da sesión grupal. Curriculum vitae, situación e expectativas laborais.

Presentación individual dos participantes protagonistas do programa. Entrevista máis próxima e persoal.

Sesións técnicas de coaching – intelixencia emocional (charlas, actividades, Lego, eneagrama, etcétera), con especial relevancia da participación dos protagonistas de cada programa.

Sesións/charlas de invitados a ESCAPARATE DE TALENTOS (profesionais, empresarios).

Sesións de pitch-elevator dos participantes protagonistas do programa.

Práctica de entrevistas de traballo dos participantes.

Entrevista persoal aos participantes do programa con respecto aos seus avances na Lanzadeira, tanto a nivel técnico como emocional.

Diversificación de funcións e traballo en equipo. Deseño de

curriculums adaptados,

videocurrículums. Sesións de fotos. Visibilidade en redes sociais. Confección dun blog. Estudo do tecido empresarial. Busca de ofertas de emprego. Contacto telefónico con empresas. Etcétera. •

Impresións do técnico sobre cada un dos participantes protagonistas, e a súa evolución dentro do programa de busca de emprego.

Entrevistas de traballo reais. (Preparación, entrevista -se se puidese gravar-, e posteriores impresións do candidato ou candidata).

Impresións -se o desexan- dos empresarios contratantes, sobre o candidato elixido e sobre o programa ESCAPARATE DE TALENTOS.

Comentarios e conclusións dos participantes protagonistas*.

*No caso de que a situación laboral dos nosos aspirantes cambie tras a emisión dos programas desa temporada, invitarase a este e ao empresario contratante a participar cos seus comentarios, na nova temporada.


VISIBILIDADE DE PARTICIPANTES NO PROGRAMA “ESCAPARATE DE TALENTOS” Como xa afirmamos, a fin primera deste programa é proporcionar ferramentas e oportunidades aos participantes para lograr o seu obxectivo de encontrar emprego, e para lograr este obxectivo, o programa ESCAPARATE DE TALENTOS non pode quedar só na emisión do programa, senón que debemos seguir dándolles cobertura mediática. Para iso, formúlase a utilización de todos os medios posibles de difusión e promoción da canle emisora, e en calquera das súas plataformas dispoñibles. No caso de internet e plataformas móbiles, editarase un vídeo de presentación de cada participante no programa, dos seus momentos “estelares”, e la información precisa para darse a coñecer profesionalmente.

UN APUNTE Os autores desta proposta -ambos procedentes do sector audiovisual- permitímonos un apunte sincronizado. Unha anécdota. Un día de maio, despois de case dous meses participando nun programa de busca activa de emprego fundamentado máis nas capacidades personais de cada cal, que na súa propia experiencia curricular, analizamos a nosa experiencia dende unha óptica profesional. A súa estrutura dramática en tres actos, os seus puntos de inflexión en forma de autodescubremento, os seus obstáculos internos e externos, que provocan o crecemento dos personaxes, incluso o desenlace, senón feliz, si alomenos optimista e esperanzador... Naquel momento démonos conta de que eramos protagonistas dun programa de TV.

ESCAPARATE DE TALENTOS (OH!! Producciones Sorprendentes, 2019)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.