Rosalia2

Page 1


“E ben, ¿para qué escribo?” I . Vaguedás. Follas Novas

O obxectivo, ademais de coñecer e gozar coa palabra de Rosalía,é explorar as posibilidades poéticas do alumnado tendo como base os versos da poeta, xa sexa baseándonos nas súas diversas estruturas ou no seu pensamento. Realizouse unha escolma de poemas relacionados co feito de escribir e doutros que consideramos máis axeitados á reescritura nos diferentes niveis do alumnado.


Prográmanse varios bloques de actividades: A. A proposta plástica de colaboración coa AELG, elaborando unha postal para agasallar a un familiar. B. A realización dun LIM para E. Infantil e primeiros cursos de E. Primaria. C. Recitado de poemas de Rosalía por parte do alumnado e a posterior montaxe nun vídeo. D. Obradoiro de escrita en relación con poemas de Rosalía


escolma sobre a escritura


FOLLAS NOVAS II Ben sei que non hai nada novo embaixo do ceo, que antes outros pensaron as cousas que hora eu penso. E ben, ¿para qué escribo? E ben, porque así somos, reloxo que repetimos eternamente o mesmo.


VAGUEDÁS III Tal como as nubes que impele o vento, i agora asombran, i agora alegran os pasos inmensos do ceo, así as ideas loucas que eu teño, as imaxes de múltiples formas, de estrañas feituras, de cores incertos, agora asombran, agora aclaran o fondo sen fondo do meus pensamento.


IV Diredes de estes versos, i é verdade, que ten estraña insólita harmonía, que neles as ideas brillan pálidas cal errantes muxicas que estalan por instantes que desaparecen axiña, que se asemellan á parruma incerta que voltea no fondo das cortiñas, i ao susurro monótono dos pinos da beiramar bravía. Direivos tan só que os meus cantares así saen en confuso da alma miña, como sae das profundas carballeiras, ó comezar do día, rumor que que non se sabe si é rebuldar das brisas, si son beixos das flores, si agrestes, misteriosas harmonías que neste mundo triste o camiño do ceo buscan perdidas.


V ¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levas cal si a unha moura ben moura branca lle oíse chamar. Non Follas novas, ramallo de silvas e toxos sós, irtas coma as miñas penas, feras, coma a miña dor. Sen ulido nin frescura, bravas magoas e ferís... ¡Si na gándara brotades, cómo non seredes así!


- XIX Ando buscando meles e frescura para os meus labios secos, i eu non sei como atopo nin por onde, queimores e amarguexos. Ando buscando almibres que almibaren estes meus agres versos, i eu non sei como, nin por onde, sempre se lles atopa un fero. I o ceo e Dios ben saben non teĂąo a culpa deso; ÂĄai!, sen querelo, tena o lastimado corazĂłn enfermo.


XX ¡Silencio! A man nerviosa e palpitante ó seo, As niebras n'os meus ollos condensadas, Con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas; Sentindo como loitan, En sin igual batalla, Inmortales deseios que atormentan E rencores que matan. Mollo na propia sangre á dura pruma Rompendo á vena inchada, Y escribo... escribo ¿para quê? ¡Volvede O mais fondo da ialma Tempestosas ima es! Ide a morar cas mortas relembranzas; Qu'a man tembrosa n'o papel sô escriba Palabras, e palabras, e palabras! Da idea á forma inmaculada e pura ¿Dónde quedou velada?


II DO ÍNTIMO Grilos e ralos, rans albariñas, sapos e bichos de todas eras, mentras ó lonxe cantan os carros, ¡qué serenatas tan amorosas nos nosos campos sempre nos dan! Tan só acordarme delas, non sei o que me fai: nin sei si é ben, nin sei si é mal Teño un niño de tolos pensamentos Teño un niño de tolos pensamentos onda o lar escondidos, e desque ven a noite i o lume está alcendido e arrimo o pote ia fiar me sento naquel meu corrunchiño, mentras que quence o caldo, estonces dígolles: "¡Vinde, meus queridiños!" E corren e rebuldan


tan contentos de estar soios conmigo, ca súa nai, súa dona, seu único agarimo. E ¡cánto alí falamos en secreto, e sempre del, Dios mío! Del, que por irse alá..., soia deixóume co corazón ferido.


escolma para o obradoiro de escrita


1. E. INFANTIL E 1º CURSO DE PE. RIMARIA CANTARES GALLEGOS 1. II Asi mó pediron Na veira do mar, A ó pé das ondiñas Que veñen e van. Asi mó pediron Na veira do rio Que corr' antr' as erbas Do campo frorido. Cantaban os grilos, Os galos cantaban, O vento antr' as follas Runxindo pasaba. Campaban os prados, Manaban as fontes, Antr' erbas e viñas Figueiras e robres. Tocaban as gaitas O son das pandeiras, Bailaban os mozos Cás mozas modestas.


2. 2º E 3º CURSO DE E. PRIMARIA CANTARES GALLEGOS 7 Fun un domingo, fun pola tarde, co sol que baixa tras dos pinares, cas nubes brancas sombra dos ánxeles, cas palomiñas que as alas baten con un batido manso e suave, atravesando vagos celaxes, mundos extraños que en raios parten ricos tesouros de ouro e diamante. Pasín os montes, montes e valles; pasín llanuras e soledades; pasín os regos, pasín os mares cos pés enxoitos e sin cansarme.


3. 4º CURSO DE E. PRIMARIA CANTARES GALLEGOS 8 Non hai sitiño que máis me agrade que aquel muíño dos castañares, donde hai meniñas, donde hai rapaces que ricamente saben loitare; donde rechinan hasta cansarse mozos e vellos, nenos e grandes, e, anque non queren que aló me baixe, sin que o soupera na casa naide, fun ó muñiño do meu compadre; fun polo vento, vin polo aire.


4. 5º CURSO DE E. PRIMARIA Meus pensamentos, ¡cál voás tolos...! Meus pensamentos, ¡cál voás tolos...! ¿Adónde vas? ¿Adónde? Adónde, si eu non o digo, naide o sabrá. Da fonte ó río, do río á veiga, da veiga ó mar. ¿Qué buscás, tolos...? Si eu non o digo, naide o sabrá. Meus pensamentos..., ¿por qué perenes me atormentás? ¿Por qué ís decote, ¡ai!, si adonde ides naide o sabrá? Cal palomiña buscás a llama que vos queimar... I a triste morte que vós teredes, naide a sabrá.


5. 6º CURSO DE E. PRIMARIA FOLLAS NOVAS VAGUEDÁS III Tal como as nubes que impele o vento, i agora asombran, i agora alegran os pasos inmensos do ceo, así as ideas loucas que eu teño, as imaxes de múltiples formas, de estranas feituras, de cores incertos, agora asombran, agora acraran o fondo sin fondo do meus pensamento.


TRABALLOREALIZADO EN COLABORACIÓN COS DEPARTAMENTOS DE BIBLIOTECA , DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E TIC DO CEIP. P. ALEXANDRE BÓVEDA.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.