1 explicación mural 1,2,3 probando diferentes formas de comunicarnos

Page 1

APORTACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN AO PROXECTO DE CENTRO TÍTULO DO MURAL: 1, 2, 3 PROBANDO DIFERENTES FORMAS DE COMUNICARNOS

1. INFORMACIÓN DO MURAL (1º parte): O mural está dividido en catro partes, cada unha delas cunha forma diferente de comunicarnos:

-

SISTEMA BRAILLE: inventado polo francés Louis Braille, está baseado nun símbolo formado por 6 puntos. Aqueles que están en releve representan una letra ou signo da escritura en caracteres visuais. A aprendizaxe da lectura en nenos/as con cegueira prodúcese por medio do tacto. È importante sinalar que o Sistema Braille non é un idioma, senón un código. Polo tanto, as particularidades e a sintaxe serán as mesmas que para os caracteres visuais.

-

ALFABETO DACTILOLÓXICO E LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA: A lingua de signos é unha forma máis de comunicarse, sobre todo na comunidade xorda, na que empregan os xestos das mans para transmitir as palabras. A diferenza da anterior, a lingua de signos española ten a súa propia estrutura sintáctica. Cando unha palabra non ten símbolo propio empregan o alfabeto dactilolóxico para deletrear a palabra.

-

SISTEMA PICTOGRÁFICO: Os símbolos pictográficos compóñense principalmente de debuxos simples, isto é unha gran vantaxe posto que o gardar unha semellanza co que representan na realidade é máis fácil recoñecelos e asocialos. O obxectivo xeral é instaurar ou ampliar as canles de comunicación social das persoas con alteración ou imposibilidade da fala, colaborando así a unha mellor calidade de vida. Outro obxectivo é aumentar a autonomía da persoa, mellorando así a súa autoestima, desenvolvemento social, cognitivo, afectivo, etc.


-

DIFERENTES LINGUAS (galego, inglés, francés, castelán, árabe): É un sistema comunicacional, formado por palabras, que resulta propio dunha comunidade. Os/as especialistas creen que existen uns 6.000 idiomas en todo o mundo.

2. DIFERENTES EXEMPLIFICACIÓNS (2º parte): Na parte de abaixo de cada un dos sistemas ou linguas hai unhas fundas nas que se poden atopar diferentes materiais para que o alumnado poda experimentar. A funda da sección das linguas pode encherse con textos, cancións, frases,… en diferentes linguas. Ademais tamén vos proporcionamos un documento con recursos informáticos que poden ser interesantes para traballar cos alumnos/as na clase. Todo o material tamén estará dispoñible en Dropbox.

3. TRABALLO POR PARTE DOS ALUMNOS/AS: unha vez visto o mural, os alumnos/as farán a segunda parte do traballo. Facilitarase unha plantilla na que tratarán de exemplificar o seu nome en cada unha das linguas ou sistemas. -

Diferentes linguas: escribindo o seu nome nas diferentes linguas que sexa posible.

-

Sistema pictográfico: coa súa foto.

-

Sistema braille: picando cada unha das letras do seu nome.

-

Alfabeto dactilolóxico: fotografando as súas mans coas letras do seu nome.

EVA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.