8 de marzo

Page 1

Ilustraci贸n Anna Perini. EPS.30/11/2014


No libro- disco, “ROSALÍA PEQUENIÑA” de UXÍA, sacamos uns anacos dun marabilloso texto que prologou BEGOÑA CAAMAÑO e que nos invita á reflexión e guíanos no noso traballo e nas actividades relacionadas para este Día da Muller. “Rosalía pequeniña é unha nena coma todas e todos vós. Unha rapaza que soñou con ser pirata para ver outros mundos e vivir mil aventuras; unha rapariga que se disfrazou de fada para xogar a cambiar o mundo: unha nena que se vestiu de india para estar do lado das xentes máis pobres e desfavorecidas. Rosalía pequeniña agatuñaba polas árbores e agochábase nas pólas das figueiras para poder imaxinar e escribir sen que ninguén a molestase..., porque, daquela, as nenas só podían xogar a ser nais, unicamente se lles permitía soñar con ser esposas, monxas ou enfermeiras..., e a nosa Rosalía pequeniña rebelábase e, como boa pirata, atrevíase non só a escribir, senón tamén a publicar os seus poemas e novelas en tempos en que ás mulleres tal cousa lles estaba prohibida. (......) Rosalía pequeniña sería hoxe, coma daquela, unha nena guerreira, gustaríalle o rock tocado con gaita e vestiría de punki. Porque as mulleres e as nenas de agora somos como elas: batalladoras; poetas na vida e na literatura; da tribo daquelas que non só cantan ás pombas e ás flores. Rosalía sería hoxe unha rapaza que rapease ao son dun pandeiro para cantar as súas alegrías e as súas penas, e tamén as alegrías e as mágoas de quen a rodea: a súa aldea, a súa xente, a súa terra” (BEGOÑA CAAMAÑO).


Deste xeito, o noso obxectivo é salientar as dificultades das mulleres para derrubar obstáculos relacionados coa súa vida profesional. Así, teremos dúas liñas de traballo:  Por unha parte, traballaremos o conto de “ELENITA”, a nena que tivo que facerse pasar por rapaz para poder traballar no oficio que a ela lle gustaba. Tamén pescudaremos sobre aquelas mulleres que foron obxecto de roubo ou saqueo por parte dos homes, apoderándose do seu traballo ou das súas ideas.  Doutra parte, buscaremos no noso entorno máis próximo mulleres que teñan loitado para sacar adiante un traballo ou por facerse cargo de situacións adversas. DEPARTAMENTOS DE BIBLIOTECA, DINAMIZACIÓN E TIC.


PARA E. INFANTIL E PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA  O traballo terá como eixo central o conto de “ELENITA” de CAMPBELL GEESLIN, ilustrado por ANA JUAN e editado por KÓKINOS.

O libro será escaneado e traducido ao galego para traballar con el no KAMISHIBAI. Despois de contalo, realizaranse diferentes actividades relacionados cos estereotipos sexistas.













PARA 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA  Preparación dunha entrevista a unha nai da escola que é policía para realizala a través da radio escolar o martes, 8 de Marzo.  Realización de pescudas sobre determinadas mulleres ás que lles foi arrincado a autoría do seu traballo ou das súas ideas ou tiveron que firmar como homes para poder realizalo: Margaret Keane, María Lejárraga, George Sand, Sofonisba Anguissola, María Martínez Sierra, Camille Claudel, George sand, Colette, Alma Mahler, Marie-Anne Lavoisisier, Mileva Maric, Rosalind Franklin, Lise Meitner, Ada Lovelace, Emmy Noether, Chien-Shiung Wu ,Henrietta Swan Leavitt… http://mujeresalasombra.blogspot.com.es/p/presentacion .html http://www.fronterad.com/?q=mujeres-a-sombragrandes-exitos-cientificos http://www.papelenblanco.com/escritores/mujeresescritoras-en-la-sombra http://www.mujeresenred.net/article.php3?id_article=832

 Realización dun traballo sobre a vida dunha muller traballadora do seu entorno. Posibilidade de invitala á escola . Presentación da súa vida: detalles, fotos, etc..


 O alumnado de 6º realizará unha serie de HAIKUS por equipos e unha posterior representación plástica. Este será un traballo que se exporá no IES de Chapela, xunto coas demais escolas da zona. Este programa enmárcase nas actividades levadas a cabo polo departamento de Orientación en colaboración co IES.


INFORMACIÓN SOBRE O SOPRADO DE VIDRO.





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.