O POLEIRO

Page 1



O POLEIRO

Mais o lume que alampea xamais o veredes morto

Celso Emilio Ferreiro Míguez (1912-1979) Un curso máis, e xa van once, sae un novo número d´O Poleiro coa humilde intención de manter acendido o facho normalizador da nosa deostada lingua. Pode parecer que é un ano máis, pero non o é. Non o é, porque ben mirado, este é especial: os e as celanoveses/as celebramos o centenario do nacemento do noso ilustre veciño Celso Emilio Ferreiro. Alá onde se atope, estamos seguros de que Celso Emilio está orgulloso de ver como aínda queda moita xente nova que recolleu o facho “do lume que alampea”; uns “labregos do lingoaxe” que seguindo o ronsel dos devanceiros e o seu propio “a falamos porque si, porque nos gusta, porque nos peta e queremos e dános a gaña, porque nos sae de dentro, alá do fondo, porque...é a fala nai”. Este novo número d´O Poleiro non é “pra os soberbios, nin pra os ruíns e poderosos, nin pra os finchados, nin pra os baleiros, nin pra os estúpidos”; nin sequera pra “os patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros”. Este novo número da revista do IES de Celanova é para “os homes e mulleres bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa”. Este novo número da nosa revista é para ti Celso Emilio Ferreiro Míguez, labrego da linguaxe e veciño de Celanova, no centenario do teu nacemento. Grazas a todos e todas os que colaborastes na elaboración da revista e grazas, sobre todo, aos que colaborades a cotío co Equipo de Normalización Lingüística. Agardamos que para o vindeiro curso sigades aí facendo posible este proxecto de dignificación da nosa lingua, nun momento tan delicado. Grazas, por serdes conscientes de que a lingua máis que un legado dos antepasados, é un préstamo dos nosos fillos e dos nosos netos e a eles lla debemos entregar. Agardamos que a maior parte dos temas que aquí se abordan sexan do voso agrado e sobre todo facemos un chamamento a todos os que aínda non vos animastes a colaborar, para que o fagades, porque o traballo non é moito, sen embargo a recompensa si. Feliz lectura e feliz verán. Leopoldo Rodríguez Puga

O POLEIRO 2012

3


O POLEIRO

BENVIDA SUMARIO …o xílgaro… un rexistro de ventos polifónicos

o largasío val de Celanova

escóitame Walt Disney o albor dun novo día

onde o mundo se chama Celanova

no amor dos devanceiros un vento peleriñante

A vida… Xogaches Soñei O trasno e os irmáns Chove na rúa Miña terra A hora do café Desamor A raigame O entroido das Teixugueiras Un dos tesouros do noso instituto, a biblioteca Historia de Vilanova dos Infantes As nosas recomendacións As películas galegas Cartas de amor Mecanoscrito da segunda orixe Cartas de inverno Visita a Santiago Día de Rosalía As letras van de amor Encontro con Neira Vilas Ano Celso Emilio Certame Celso Emilio Intercambio co IES Illa de San Simón

Cantigas populares Despedida aos de 2º BACH

PECHE

O POLEIRO 2012

4


O POLEIRO

...o xílgaro… “Alá vai o xílgaro” .Como no poema de Celso Emilio, deixamos voar hoxe esta nova entrega do noso Poleiro... “un xilgariño novo”…Novo, porque cada ano renovamos a nosa redacción; novo porque os nosos colaboradores non poden ser máis novos, novo porque a ilusión coa que o facemos todos os que nel participamos é de estrea e , aínda que xa van aló un lote de anos que o facemos, sempre estamos empezando a andar, sempre atravesando ceos distintos, con novas ás e azos. Este Poleiro trae prendido nas súas páxinas o latexo dos días, a anada de experiencias e traballos que fomos xuntando neste curso, pero non é quen de dar conta da manchea de cousas que fixemos desde o Equipo. Aqueles postais, aqueles taboleiros, as panxoliñas e as músicas coa Irma, os obradoiros de recitado coa Teresa, as reunións para a organización do intercambio, os actos de homenaxe aos nosos poetas...as reunións para a elaboración do tríptico, as viaxes, os correos para adiante e para atrás, as grandes reunións do equipo ao completo que encheron o salón de actos, as máis cativas para o Poleiro…En calquera caso, velaí está o Poleiro deste curso. Agardamos que vos vexades reflexados e que vos guste.

O POLEIRO 2012

5


O POLEIRO

un rexistro de ventos polifónicos POEMAS DE AMOR Xogaches Xogaches co meu cariño, despois do que eu te amei, comportácheste coma un meniño. De ti nunca o esperei. Dixeches que eu era fria, que sabes tu da calor? se só es un meniño que xoga co meu amor…

A VIDA Na doce doce vitoria, Na Vitoria que é gloria Sen a que non hai historia Nunha historia de amor que empeza con temor que remata con paixón, por quen ti máis aprecias e lle dás o corazón. A vida é unha historia fantástica Unha viaxe marabillosa nun mar de rosas… no que habita o ser humano e que destrúe o ser humano. Minúsculos e indefensos creamos armas de aniquilamento. Somos seres perfectos, Intelixentes e hábiles Para o bo e para a maldade. Destrutivos e constructivos Damos vida e damos morte, Sentimos xogamos coa sorte. A vida, unha historia unha vivencia unha historia unha trola. Daniel González Fernández 3º ESOB

En ti confiaba, en ti soñaba, pero como es un meniño, de ti dubidaba. Por pecador, perdíchesme, perdíchesme sen darte conta, conta deime eu do que pensabas pensabas en cousas malvadas malvadas como o teu amo… Soñei Soñei que o fogo xeaba soñei que a lúa asaba e, como soñei algo imposible, soñei que ti me amabas… Ó despertar decateime de que a túa moza non sería pero si a túa amiga e confidente durante toda a vida Estarei para os bos e malos momentos momentos que tanto agardo agardo co corazon na man na man dos teus beizos. Alejandra Karina Fernández Lorenzo e Verónica Suárez Da Costa 2º ESO "A"

O POLEIRO 2012

6


O POLEIRO

un rexistro de ventos polifónicos O TRASNO E OS IRMÁNS

Un dia de verán, dous irmáns estaban a pasear polo bosque. Como de costume, ían recollendo o lixo que outra xente tiraba ao chan. Case ao acabar, encontraron unha caixiña medio enterrada alí ao fondo daquel bosque medorento e frío. Collérona e levárona canda eles para a casa. Ao chegar, a nai díxolles: -Nenos, a merendar! Foron lavar as mans, como facían sempre, devecendo por abrir a caixa. Pero foi moi complicado, porque- eles non o sabían- a caixa era unha caixa enmeigada. Cando se decataron, xa ían tendo fame porque era a hora de cear e, ao abrila, atoparon dentro un bocadillo de tenreira que comeron. Despois, cearon de verdade e foron á cama. Ao seguinte día, sentíanse mal; non lle deron importancia, pero aínda que non o sabían, cada noite un trasno mándabaos ir roubar no seu sitio. Roubaban todo o que o trasno lles pedía. Ao cabo de dous meses, pilláronos e un veciño seu non agardou nin un día para contarllo á nai. Ela chamou a un meigo das aforas do pobo, leváronos a el e alí mesmo se rompeu o feitizo. Ao trasno, apañárono e encarcerárono nunha cela de maxia, aínda que o mal non ficou alí pechado porque, coma os rapaces, o trasno tamén tiña un irmán e moi perigoso. Malia todo, os irmán aprenderon que non se colle nada do chan, viviron alegres e mesmo estudaron unha carreira. Fin

José Manuel Iglesias Gallego 2º ESO

O POLEIRO 2012

7


O POLEIRO

un rexistro de ventos polifónicos CHOVE NA RÚA Chove na rúa. Na rúa, chove. Todo o mundo recúa, da casa non se move. A vella está á fiestra, coa face de tristeza. Non hai alma na aldea, tan só a natureza. O pobo está mollado e as rúas, baleiras. Un home co machado vai camiño das eiras. A vella agarda o neto que se achega feliz A avoa tenlle un peso para unha regaliz. O carpinteiro, derreado, de volta do traballo arrímase a un carballo. Chove na rúa. Na rúa, chove. A vella olla a a lúa... e ve a tele mentres come. Sandra Ferro Calviño 4º ESO B Andrea Fernández Estévez 4º ESO B

MIÑA TERRA Miña terra, terra de labregos e mariñeiros, terra de traballadores, terra de emigrantes, terra da miña nai, terra do meu pai... Miña terra. Cando era neno, sentábame naquel penedo, mirando o amarelento mencer, mirando o alaranxado solpór, desta terra marabillosa... Miña terra. Miña terra, terra dos rapaces amigos, terra das rapazas xeitosas, terra dos xabaríns e dos corzos, terra de piscos e carrizas... Miña terra, terra onde eu nacín, terra dos meus devanceiros, Miña terra ...queridiña. Que amei tanto e tanto amo, Esta terra do meu primeiro amor ha ser a do meu último suspiro! Miña terra …Galicia.

Daniel González Fernández 3º ESOB

O POLEIRO 2012

8


O POLEIRO

un rexistro de ventos polifónicos A HORA DO CAFÉ Eran tempos revoltos, de medo e fame, tempos de futuro incerto, agás sendo muller no rural galego, pois aí o destino viña establecido dende o mesmo instante do nacemento. O silencio era sepulcral. De cando en vez, Milucha e Marina cruzaban as olladas. Chegara o momento pero, aínda que a situación non era novidade, procuraban o mellor xeito. Sabían, de boa fe, a resposta de Paco, o cabeza de familia. - MILUCHA (con voz afogada): A nena quere ir á universidade. - PACO (proferindo maldicións): Xa estamos nela! - MILUCHA (aloumiñando á filla): Paco, atende… - PACO (estruxando o pano): Que non! Bendito sexa o día no que poida cear en paz! Marina, sen rematar, nen mediar palabra, colleu cara o seu cuarto. Coma noutras ocasións, confiaba na súa mellor aliada. Tras un anaco, sentiu o chifre da cafeteira. Tranquilizouse; sabía que as grandes decisións acadábanse ao chegar o café. - MILUCHA (remexendo o contido da súa cunca):Dáme unha soa razón verdadeira! - PACO (botando unhas pingadas): Que o sexa ou que cho pareza? - MILUCHA (cun ollar calado): É o futuro da nosa filla! - PACO (metendo dun golpe seco a cortiza da augardente): O seu futuro é atopar un bo home e casar. - MILUCHA (batendo cos cotelos na mesa): Parir, traballar arreo e ser unha coitada! Queres que sexa igual ca…? - PACO (coa faciana chea de xenreira): Igual ca ti? É iso? E logo, foiche tan mal? Non, xa entendo. Tes unha espiña cravada e queres que a nena remate o que ti non puideches. - MILUCHA (esbagoando): E se así fose? É cousa mala desexar o mellor para o que máis queres? - PACO (baixando o ton):Pero ti sabes o que din dela? Que a teñen por rara! Se non hai mozo que se lle achegue… - MILUCHA (esgotando o seus recursos:Ai meu inocente! Ti non sabes que O POLEIRO 2012

9


O POLEIRO

un rexistro de ventos polifónicos

todo é envexa? Imaxina o que dirían: “velaí vai Mariniña, a filla de Paco de Mourillós.. Éche médica! “. Habías ter que afrouxar uns cantos buracos da correa! Vendéronse terras e cebas. Marina rematou a súa carreira. Hoxe exerce nun pequeno pobo. Sempre que pode, xunto co seu home e fillos, visita aos pais dos que disfruta, aos que coida e polos que sente verdadeira adoración. Matías Nuñez Gil 3º ESOB

PARA AVALIAR O INTELECTO ¿Quen foi o poeta escritor da xeración de 1936 que fixo popular o lema “Mil primaveras máis para Galicia e a lingua galega”? 1. Anxel Fole. 2. Luís Pímentel. 3. Álvaro Cunqueiro. ¿En que novela de Ramón Otero Pedrayo, publicada en 1934, se relata a viaxe do bispo de Compostela a Roma para conseguir do Papa o solio arcebispal? 1. “A Romeiría de Xelmírez”. 2. “Fran Vernero”. 3. “Historia compostelana”. Úrsula Heinze, que vive hai moitos anos en Galicia, é autora de “Arredor da muller en 18 mundos” (1985) “A casa abandonada” (1987) “Anaiansi” (1989) “Nace un campión” (1992) ¿Cal é a súa lingua materna? 1. Inglesa. 2. Sueca. 3. Alemaña.

Sara Pallares, 2º ESOB Yaimar Muñoz 3ºESOB

O POLEIRO 2012

10

Solucións: 3, 1, 3


O POLEIRO

un rexistro de ventos polifónicos O DESAMOR

O desamor, un sentimento, unha desilusión, un corazón partido, unha esperanza rota, un millón de soños esquecidos nun instante, nun momento, nun respiro. Sempre está aí aínda que non nos decatamos ata que abrimos os ollos por completo. Así que con estas palabras que escribo, digoche que penses ben ó elexir ó teu “amigo” porque nun momento es a persoa máis feliz e afortunada do mundo en nun instante sénteste o ser máis minúsculo e con peor sorte do mundo. Non caias só na tentación da fermosura, fai caso tamén do interior, non lle fagas caso ó cerebro, senón ó corazón. O amor é o máis doce, o máis bonito da vida; unha esperiencia única, asique aprovéitaa mentres a teñas porque, oxalá que non, pero algún día hala perder. Este autor ponse na pel dun servidor ó que lle aconteceu isto, e que a min me sentou como se me queimaran cun misto polo que eu recoméndolle a vostedes que pensen ben a quen elixen por parella e se é amor o que senten.

Daniel González Fernández 3º ESOB

O POLEIRO 2012

11


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA A RAIGAME Orixe da Romaría A celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes, como un elemento máis do potencial turístico-cutural que oferta Celanova dentro do programa "Celanova, un paseo pola historia de Galicia" que pretende dar a coñecer os momentos máis importantes da historia de Galicia a través dun curto percorrido xeográfico, pero dun gran salto a través da historia, como é o que salva a diferencia entre o mundo castrexo de Castromao, a etapa altomedieval de San Miguel a riqueza baixo-medieval de Vilanova dos Infantes, o esplendor do barroco do Mosteiro de San Rosendo e o rexurdimento da lingua galega da Casa dos Poetas. A Romaría Etnográfica Raigame, consolídase dende o ano 2002 coa súa primeira edición, na que se comenzou a crear un certame festivo artesanal no que se pretende destacar as singularidades e características que conserva o pobo de Vilanova dos Infantes. As numerosas actividades das que se poden disfrutar abranguen actividades de teatro e títeres, música, e ambientación polas rúas. Os participantes que cada ano acoden a romaría deleitan ós visitantes con bailes populares, xogos, contacontos e artesanía. Actividades do Raigame Dende o inicio da xornada, as rúas e prazas de Vilanova dos Infantes convértense nun bulideiro de actividades, que teñen como principal obxectivo a exaltación das nosas tradicións: música e baile, oficios tradicionais, monicreques e saltimbanquis, xogos populares e exposicións etnolóxicas, fan que, por un día, a cultura tradicional do noso pais reviva e se convirta no centro de atención dun público de todas as idades. Artesáns en vivo. As cortes de Vilanova, hoxe garaxes ou baixos das casas, transfórmanse cada 17 de maio en obradoiros nos que os artesáns traballan no seu oficio. Os visitantes poderán comprobar "in situ" como se elabora unha fouce, como se tece un pano, como se labra unha pedra, como se fai unha chanca, etc. Estes son algúns dos oficios que se poden atopar na Romaría de Vilanova:

O POLEIRO 2012

12


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA

Actuacións musicais -Danza. A Praza Maior, a Praza do Balcón e a Praza Tralacerca son os escenarios polos que, ao longo de todo o día, pasan ao redor de 30 agrupacións de baile tradicional -Música. Distintas formacións de música tradicional realizan pequenas actuacións nos recunchos da vila. -Canto. Grupos de pandereteiras alegran as rúas de Vilanova cos seus toques e cantos.

Ambientación polas rúas Ademais de artesáns e grupos de música e baile, polas rúas de Vilanova atparemos diferentes actividades de divertimento: cegos cantando as súas coplas, grupos de saltimbanquis coas súas acrobacias, monicreques representando as súas obras para nenos e non tan nenos, etc. O POLEIRO 2012

13


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA Exposicións Cun espírito pedagóxico, e principalmente orientado aos máis novos, a Organización da Romaría Etnográfica Raigame pon ao alcance de todos os visitantes unha serie de exposicións encamiñadas a achegarnos oficios, traballos e actividades que hoxe están en vía de desaparición. A Adega do S. Vivián e a Praza da Torre son os marcos expositivos onde podemos admirar as explicacións, a ferramenta empregada e os produtos elaborados da temática escollida en cada edición. Xogos populares Dende o Obradoiro de Xogos Populares do CCP Xaquín Lorenzo Fernández organízanse distintas actividades para que os máis novos aprendan os xogos dos seus avós e os maiores recorden aqueles modos de se divertiren de cando eran novos. Carreiras de zancos, aros, sacos, xogos cantados, de forza e de habilidade teñen o seu momento e o seu espazo durante a Romaría Raigame. Antía Alonso 3º ESOA Rubén López Fernández 3º ESOB

O ENTROIDO DE AS TEIXUGUEIRAS No 8000 a.C. os mesopotámicos xa celebraban o Entroido. Era un rito no que a xente intercambiaba o seu papel (os pobres convertíanse en ricos e os ricos en pobres). O ritual continuou durante moitos séculos, pero a tradición foi cambiando. Hoxe xa só nos disfrazamos do que queremos para pasar un bo anaco. Pero nun pequeno pobo de Cartelle,as Teixugueiras, séguese celebrando unha antiga tradición que conta como hai moito tempo os pobos do pazo de Bentraces estaban sometidos a pagar altos impostos, ata que seica un día, os veciños das Teixugueiras, fartos do sometemento, colleron ao recadador de impostos e atárono a un carro burlan-

O POLEIRO 2012

14


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA dose del, paseándoo por todo o pobo. Desta maneira quedaron libres de impostos. Cada ano, honrando esta data, fabrícase un meco de madeira que pasean polo pobo todos os veciños. O carro, no seu camiñar ,esnaquiza muros, portas e plantacións dos veciños que ao longo do ano non foron solidarios ou non contribuíran dando cartos para as festas ou nas actividades do lugar. Esa mesma tarde un dos veciños le o testamento do pobo, no que se contan as anécdotas e falcatruadas dos veciños botándo todos así unhas risas á súa conta.

Sandra Ferro Calviño 4º ESO B Andrea Fernández Estévez 4º ESO B

O POLEIRO 2012

15


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA UN TESOURO DO NOSO INSTUTUTO, A BIBLIOTECA No ano 1944, as dependencias arredor do claustro neoclásico do mosteiro de San Salvador de Celanova foron destinadas polo Auxilio Social para “acollemento e formación educativa dos nenos desvalidos”. No ano 1960 foron os salesianos os que instalaron nelas un Instituto Laboral, que se converterá en 1974 no Instituto de Formación Profesional “Plácido Iglesias”, xa constituído en institución laica e dependente do Estado. No 1974, créase o Instituto de Bacharelato “Celso Emilio Ferreiro” que ocupará o resto das dependencias do claustro sur tras ser restaurado íntegramente a tal efecto. Esta restauración mereceu o premio “Europa Nostra”. E en 1993 unifícanse as dúas institucións e nace o noso IES. Este instituto ten unha das mellores bibliotecas escolares que podemos atopar en Galicia. Os habitantes de Celanova non dispoñían de biblioteca pública ata hai tres meses ( por problemas coa biblioteca municipal) polo que non só os estudantes se beneficiaron deste servizo. Abrangue toda a superficie da ala norte e serve de comunicación entre os dous claustros. Nos lados longos dispóñense o andeis de castiñeiro, de traza barroca, e cóbrese dunha bóveda acasetonada na que se abriron lucernarios na última restauración. É obra, probablemente, de Frei Plácido Iglesias. Os seus fondos non son os da antiga biblioteca monacal, pero hoxe alcanza máis de vinte mil rexistros e funciona como biblioteca escolar, así que ao longo da súa historia sempre serviu ao mesmo fin, agás no período en que foi armería da Milicia Nacional, do que quedan testemuños na moblería, como todos vós sabedes. No noso centro fíxose evidente a urxencia dun cambio que a convertese no eixe da actividade pedagóxica e cultural, labor de longo percorrido sobre o que se están dando importantes pasos e que está a permitir que se abra aos seus usuarios, nós, non só durante o horario lectivo, senón tamén ao público en xeral, as tardes dos martes e mércores. Realízanse continuamente actividades distintas para chamar a atención do alumnado e para estimular o amor pola lectura. Fan unha gran promoción da diversidade de libros que hai. A biblioteca conta cun programa de xestión MEIGA, da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, que nos permite a confección do catálogo, a xestión de préstamo O POLEIRO 2012

16


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA e a consulta Web dos fondos. Dos máis de vinte mil volumes cos que contamos, oito mil deles son herdados de distintas calidades e épocas. Na nosa biblioteca non só hai libros. Podémonos encontrar cunha gran variedade de películas, revistas, xornais e incluso música. Pero, ademais, o alumnado dispón de ordenadores para realizar calquera tipo de traballo. Neste espazo é fácil atopar o que buscas, grazas ó gran traballo que realiza o equipo da biblioteca sinalizando de maneira moi visible e atractiva o material do que dispomos. Hai que destacar que a nosa biblioteca logrou o terceiro premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas dos centros escolares para o ano 2011, na modalidade b) correspondente ós centros de Educación de Secundaria. Segundo Resolución do 1 de decembro do 2011, da Secretaría do Estado de Educación e Formación Profesional, o IES de Celanova obtivo este premio, “polo gran labor de recuperación, adecuación e modernización da súa biblioteca, así como por impulsar o cumprimiento do Proxecto Lector e o Plan de Lectura a través de actividades e iniciativas orixinalmente descritas na súa memoria”. Malia todo iso, o concello pretende transformar o noso prestixiado instituto nun hotel, ó que non se lle agoira un gran futuro, polo que corremos o risco de perder o instituto e xunto con el a nosa apreciada biblioteca. Isto trae consigo unha serie de desvantaxes xa que non só nos afecta ao alumnado senón tamén á comarca. Ademais, a implantación dun hotel daríalle á biblioteca unha finalidade turística en vez de educativa que é, ao fin e a súa función orixinal. Merche Vieites Pérez 2º BACH B Lorena Pereira Pardos 2º BACH B O POLEIRO 2012

17


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA HISTORIA DE VILANOVA DOS INFANTES Despois da invasión dos mouros , debido á súa situación estratéxica, o reino astur puido dominar o territorio ao S. Do Miño desde ela, constituíndose a rexión de influencia do Arnoia nunha especie de fronteira. O Rei Afonso III dará Vilanova e as súas terras ao Duque D. Ermegildo Menendo, en pago aos seus servicios na victoria contra o Conde Vitiza. No 927, Sancho Ordóñez concederá definitivamente esta posesión ao fillo daquel, o Conde D. Gutierre, a súa esposa Dª. Ilduara, e fillos, escritura recollida no Tumbo de Celanova xa que se inclúe tamén nela Vilar, o solar fundacional do o mosteiro que erixira o seu fillo Rudesindo, San Rosendo. Á morte de Gutierre orixinou a aparición doi a provocar a fundación do mosteiro de Santa María de Vilanova, da que foi responsable a ponla feminina da familia do Santo. Hoxe aínda se conserva a Igrexa que leva o mesmo nome do primitivo mosteiro. Por orde de Afonseo X, o mosteiro de Santa María trasladouse no século XIII á Vila de Allariz, o que deu lugar a que Vilanova pasase a depender do novo mosteiro radicado na vila próxima. Esta vinculación perdurará ata fins do XIII. A presenza de dúas fillas dos reis en Santa María de Vilanova é o que motiva o cambio de designación do burgo. Tralo falecemento das infantas, este dominio pasa aos poderosos infantes D. Felipe e Dona Margarida de la Cerda, soterrados en Allariz. Xa no XIX, reinado de Maria Cristina, Vilanova será cabeza da demarcación municipal en 1837 e seguino sendo ata que o desenvolvemento da próxima vila de Celanova, a desaparición do señorío condal en Vilanova e do monástico en Celanova dea lugar a que un cambio que favorece a Celanova xustificado por un desigual desenvolvemento desta última en detrimento da primeira. Ao longo de séculos os fregueses artesáns e os restantes habitantes do lugar gozaron dun modesto pero desabafado nivel de vida que perpetuaba os vellos modos tradicionais tanto no relativo aos traballos e costumes como no tocante ao sistema de crenzas e valores. Antía Alonso 3º ESOA

O POLEIRO 2012

18


O POLEIRO

ESCÓITAME WALT DISNEY AS NOSAS RECOMENDACIÓNS

Comedia Romántica A crúa realidade Unha comedia intelixente sobre homes e mulleres, separados polo seu xeito de pensar, as súas fantasías e as súas formas de sedución. Katherine Heigl e Gerard Butler fan que salten chispas representando a dous compañeiros de traballo que se odian. Ela está buscando a media laranxa de seus soños, mentres que el impúxose como misión a de abrir os ollos ás mulleres para que vexan a realidade e admitan que os homes teñen máis dunha cousa na cabeza. Pero, cando el a axuda a conseguir o que desexa, ambos se decatan de que dous pólos opostos poden chegar a atraerse.

Terror Hostel Paxton e Josh, dous compañeiros de universidade deciden emprender unha viaxe e no camiño un novo amigo, o islandés Oli, sedúceos co nirvana dos mochileiros norteamericanos :un afastado albergue eslovaco cheo de fermosas e desesperadas mulleres do leste europeo . Ó chegaren, os dous amigos de seguida traban relación con dúas exóticas belezas, Natalya y Svetlana. Distraídos polo ben que o están pasando, os dous norteamericanos vense inmersos nunha situación cada vez máis sinistra que, como descubrirán tarde, sómeos nunha situación do máis escura e patolóxica na que as persoas matan brutalmente por diñeiro.

O POLEIRO 2012

19


O POLEIRO

ESCÓITAME WALT DISNEY Cine social Cela 211 O día no que Juan(Alberto Ammann) comeza a traballar no seu novo cargo como director da prisión, acaba preso no contexto dunha rebelión no cárcere.Daquela decide facerse pasar por outro preso para salvar a súa vida e acabar coa revolta provocada polo temible Malamadre (Luís Tosar). O que non saben é que se moven dentro dunha trampa. Un filme cun dos mellores actores galegos da época recomendada para todos os públicos.

Suspense O truco derradeiro No Londres de principios do século XX, dous magos rivais compiten sen escrúpulos por intentar ser o mellor da súa época. Se un presenta un truco, o outro supérao tan axiña como é quen de facelo. A súa loita convértese nunha carreira frenética. Movidos polo seu afán de liderato, veranse envoltos na loita que levará a súa maxia moito máis alá do escenario e convertirá os seus trucos e a súa xenialidade nunha arma verdadeiramente letal.

O POLEIRO 2012

20


O POLEIRO

ESCÓITAME WALT DISNEY Drama La elegancia del erizo É un filme baseado nunha novela francesa de Muriel Barbery editado en Francia no 2006 . O título orixinal é: L´élégance du hérisson. Nel, unha rapariga de doce anos chamada Pomba, decide suicidarse ao chegar o día de seu aniversario para evitar converterse ao medrar nunha adulta semellante aos seus pais. A súa vida familiar parécelle moi triste e ten amigos cos que se leve . Un día, por azar, Pomba vai á portería do seu edificio e faise amiga de Renée Michel, unha muller discreta e solitaria. Pomba ve á porteira, encarnada por Balasko, como un ourizo de aspecto ríspeto que agocha un harmónico interior. O señor Kakuro Ozu un atractivo xaponés de certa idade acaba de mudarse ó edificio tamén percibirá a beleza interior da porteira e acabará por lle pedir unha cita, o que deixará descolocada a Renée.

Comedia Misterioso asesinato en Manhattan Un matrimonio de Nova York, Larry e mais Carol, traban relación cos seus veciños, un ancián matrimonio. Aos pocos, a muller morre misteriosamente. Carol sospeita que foi asasinada polo marido e inicia unha investigación co seu amigo Ted. Por ciumese moito ó seu pesar- Larry, pasa a formar parte dunha trama de investigación que se enlea de forma cómica o que fai que a película derive cara a comedia detetivesca a partir dunha premisa que recrea

” La ventana

indiscreta”.Woody Allen dirixe aquí unha das súas mellores comedias á vez que se burla da xente que aparenta ser culta e da élite de Manhattan. Este filme mestura o mellor das tramas policíacas co incomparable agre do director.

O POLEIRO 2012

21


O POLEIRO

ESCÓITAME WALT DISNEY Drama TITANIC Jack (Leonardo DiCaprio) é un xove artista que gaña nunha partida de cartas unha pasaxe a América no primeiro viaxe do Titanic, o máis grande trasatlántico xamais construído.

Unha vez a bordo, o mozo bohemio coñece a Rose (Kate Winslet), unha rapariga de boa familia (vinda a menos) que vai casar con Cal (Billy Zane), un millonario fachendoso ao que só lle importa o bo apelido da súa prometida. Jack e Rose namoran, pero Cal e a nai de Rose intentarán por todos os medios impedir esa relación. A diferencia de clases parece ser un obstáculo tan grande coma un xigantesco iceberg á deriva nas xeadas augas do atlántico... A celebración do centenario do Titanic foi un pretexto perfecto para volver a vela. Ana Suárez Gamarra 3º ESOB Ilduara Moreiras Martínez 3º ESOB Lucía Revuelta Flores 3º ESOB

O POLEIRO 2012

22


O POLEIRO

ESCÓITAME WALT DISNEY AS PELÍCULAS GALEGAS As películas galegas ‘Tralas luces’ e ‘Engurras’ foron seleccionadas para competir na sección oficial da 59 edición do ‘Festival Internacional de Cine de DonostiaSan Sebastián. TRALAS LUCES A primeira das cintas, dirixida pola galega Sandra González e producida por Tic Tac producións, é a historia dunha viaxe. Sinopse A viaxe de Lourdes, unha feirante que peecorre na súa caravana as estradas do norte de España xunto coa súa familia e coa súa pista de coches de choque.Hai uns anos, a pista fora o seu gran soño. Metéronse en gastos e fundaron unha familia, pero os soños teñen vida propia. Lourdes afógase nas súas esperanzas e ninguén parece decatarse. Ao longo da estrada, de pobos e aldeas, descóbrese un mundo en perigo de extinción, unha vida itinerante, e sobre todo, unha gran historia de amor e de perda. Ficha Técnica Película: Tralas luces. Dirección e guión: Sandra Sánchez. Países: España, Argentina e Portugal. Ano: 2011. Duración: 122 min. Xénero: Documental. Producción: Fernanda del Nido. Música: Acho Estol. Fotografía: Sandra Sánchez. Montaxe: Sandra Sánchez y Nahum C. Fiuza. Distribuidora: Festival Films. Estrea en España: 30 setembro 2011. Esta curta non acadou ningún premio Goya, pero si foi nominado para dous.

O POLEIRO 2012

23


O POLEIRO

ESCÓITAME WALT DISNEY ENGURRAS O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia,1969) consegue plantexar unha narración baseada na humanidade dos personaxes que esperta o interes de lectores de calquera idade, maila contar o proceso de dexeneración senil e o do alzhéimer. Sinopse Emilio, un antigo empregado de banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e, pouco a pouco, vai aceptando o seu novo domicilio. Pero a súa memoria empeza a borrarse aínda que faga esforzos por contrarrestar ou ocultar os efectos da doenza. Desde unha mirada intimista, cóntase esa batalla contra a vellez, Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ó cine, unha longametraxe de animación en 2D, dirixida por Ignacio Ferreras e producida por Perro Verde Films, que gañou 2 premios Goya : o de mellor animación, e o de mellor guión adaptado. Ficha técnica Título: Engurras Dirección: Ignacio Ferreras Guión: Ángel de la Cruz País: España Ano: 2011 Productora: Perro Verde Films Distribuidora: Wanda Visión S.A Duración: 89 min. Xénero: Animación, Drama Animación: Baltasar Pedrosa, Paco Roca Música: Nani García Reparto: Álvaro Cervantes, Tacho González, Álvaro Guevara, Mabel Rivera Alex e Iván Alonso

O POLEIRO 2012

24


O POLEIRO

O ALBOR DE UN NOVO DÍA “Cartas de amor” por Fran Alonso O libro relata nove cartas que contan distintas historias. Non son cartas de amor en sí, senón que tratan temas de amor e desamor, que serven de desculpa e vannos permitir descubrir as dramáticas circunstancias asociadas a cada unha das mulleres que as escriben. Falan da pobreza, da guerra, da emigración, do franquismo, da violencia, da presión social, a prostitución… Estas mulleres que escriben están a pasar por situacións persoais ou sociais moi difíciles, afrontadas as situacións con moita valentía, onde cabe resaltar a forza de vontade e o empeño para saír adiante. Son historias de mulleres, de vida e dignidade. A min gustoume. Fala de cousas que poden suceder calquera día. E conta traxedias das que podemos aprender. É recomendable para os adolescentes porque así vemos que a vida é dura e pasan cousas boas pero tamén malas e que hai que as afrontar con valentía.

Alba Martínez Sotelo 3º ESO B

“ Mecanoscrito Da Segunda Orixe” por Manuel de Pedrolo

A nosa idea é falar dun libro que nos encantou. O libro que Leopoldo, o profesor de galego, nos mandou ler na 2º avaliación, “Mecanoscrito da Segunda Orixe”. Este libro ensínanos a valentía que presentan dous rapaces, Dídac un rapaz de 8 anos e Alba unha rapaza de 14 anos, ao quedar completamente sós no mundo tras seren invadidos por forzas alieníxenas. A partir deste momento, tanto Alba como Dídac teñen que valerse por si memos.

O POLEIRO 2012

25


O POLEIRO

O ALBOR DE UN NOVO DÍA Buscan comida como poden, xa que o único que podían facer era entrar nas ruínas das tendas a coller a comida que había á venda, e

que

xa

ninguén

ía

poder

comprar.

Desgrazadamente isto non o puideron facer durante moito

tempo

debido

a

que

os

alimentos

estragábanse, o que non representou problema ningún, xa que axiña aprenderon a sementar. Durante uns meses viviron nunha cova debido a que na cidade os corpos sen vida da xente íanse degradando deixando consigo mal cheiro e risco de enfermidade. Este libro leva consigo moitas aventuras e emocións. Remata cun final tan sorprendente como inesperado. Animamos a que toda a xente lea o libro e que descubran as distintas aventuras que lles van sucedendo aos personaxes. Mónica Carolina Colmenares González 2º ESO A Marta Fernández Fernández 2º ESO A

“Cartas de inverno” por Fran Alonso

Recomendo este libro por ser moi entretido e engancha. O argumento é sobre unha casa indiana situada na zona do Eume na cal suceden feitos estraños. Na actualidade é un best seller da literatura galega e levou o premio Rañola ao mellor libro xuvenil de 1995. É unha historia con matices de terror ou mesmo pánico. Os protagonistas son Adrián e mais Xabier. Comezaron a desenvolver misterio tras misterio e ten un final do máis inesperado. Eva Villanueva Rivera 3º ESO B

Verdadeiramente é unha historia que engancha.

O POLEIRO 2012

26


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA Viaxe a Santiago Na nosa viaxe a Santiago fomos ver a obra de teatro “ Pelos na lingua”. Trataba dos usos e abusos que sofre a lingua galega e estaba estruturada en sketches sobre a vida cotiá. Resultou moi divertida. Despois demos unha voltiña polo casco vello e fomos de visita ao Parlamento que é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia. Explicáronnos que está formado por 75 deputados que se elixen por sufraxio cada catro anos. Visitamos o salón onde teñen lugar as sesións do pleno, e os deputados ocupan os asentos en forma de hemiciclo ante a Mesa Presidencial, e tamén as salas de reunión dos partidos políticos e a biblioteca. Á hora de comer fomos a un centro comercial e aproveitamos as rebaixas. Xa pola tarde, visitamos o MUPEGA, que é o Museo Pedagóxico de Galicia, onde nos fixeron unha presentación e nos explicaron que é un centro destinado a recuperar, estudar e mostrar, a variedade e riqueza do patrimonio pedagóxico de Galicia con especial atención ás referencias ao ensino da lingua e da cultura galega.

Rubén Lorenzo Feijoo 1º ESO A

O POLEIRO 2012

27


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA “Día de Rosalía”

Neste curso e, tendo en conta, que a declaración máis ou menos unánime por parte da intelectualidade galeguista do día do nacemento da autora como Día de Rosalía foi un feito do que non podíamos ter noticia antes do inicio do curso, improvisamos unha modesta homenaxe que incluíu as seguintes actividades:

Realización dun panel informativo para o primeiro andar. Remoción das obras da autora e exposición en lugar central da biblioteca. Audición durante os dous recreos do día dos poemas musicados por Amancio Prada. Esperamos que servise para dar e coñecer e a amar aínda máis a figura inmensa desta nosa Matriarca das Letras. Se cadra, no ano vindeiro poidamos facerlle unha homenaxe máis cumprida como ela e a súa poesía merecen.

Equipo de redacción do poleiro

O POLEIRO 2012

28


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA “ As letras van de amor” Desde o Club de Lectura, partimos dunha escusa comercial que triunfa na rúa (O día de San Valentín) e do intento de poder achegar aos alumnos á lectura de poesías desta temática para suxerir que, dende este xénero, para eles tan difícil e normalmente pouco atractivo, pódese sentir, pensar, rir… e

ta que deixamos para este fin ao lado das urnas. No día de San Valentín coñecemos o poema elixido, que resultou ser “Me gusta cuando dices tonterías” de Luis Alberto de Cuenca. Tamén celebramos un sorteo, do que saíu gañadora Elena Vázquez Domínguez, de 4º A, que, como premio, obtivo o libro que elixira na súa papeleta: El prisionero del cielo, de Ruiz

cobexarse nos momentos de soidade que todos temos. Só hai que entender que a poesía no ten por que ser sem-

Zafón.

pre elevada, complexa, chea grandes reflexións; senón que veces os poetas tamén conciben seus poemas próximos ao impuro,

de ás os ao

Cumpriuse o obxectivo desta actividade? Se o alumno chegou ata aquí con nós decatouse sen demasiado esforzo de que os poemas elixidos

cotián e á experiencia persoal.. Vintesete poemas en galego e castelán que todas as aulas de terceiro e cuarto de ESO e Bacharelato

poden desmontar tópicos do estilo de “eu non leo poesía porque é difícil, porque non a entendo, porque ten una linguaxe alambicada, porque é

puideron ler detidamente para despois escoller o seu preferido. A elección do poema quedou referida nunha papele-

ñoña”,.... Esperamos que estes lectores furtivos atopen suficientes motivos para procurar outros poemas.

Lola Limia, Profe de Lingua Española e Gran Viaxeira polos vieros de todas as literaturas.

O POLEIRO 2012

29


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA Encontro con Neira Vilas Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, Pontevedra, 1928) é un narrador, ensaísta, xornalista e poeta en lingua galega. A súa obra narrativa pódese situar dentro dun realismo social crítico no que as estruturas e forzas sociais actúan como determinantes da situación. Memorias dun neno labrego (1961), novela de estrutura moi sinxela e linguaxe moi potente, profundiza na realidade da terra e na miseria dun grupo de aldeáns, constituíndo un fito na literatura galega de posguerra polo seu éxito e impacto popular.

O luns catorce de maio algúns alumnos e alumnas de Celanova asistimos a un encontro con Xosé Neira Vilas en Allariz. Comezamos o día cunha tertulia no Fogar dos Maiores. Alí reflexio namos sobre o argumento do libro e compartimos anécdotas relacionadas co tema. A seguir, fomos ao encontro co escritor, na Casa da Cultura e demos paso a unha lectura de “Memorias dun neno labrego” que está traducido a idiomas como o inglés, castelán, portugués, francés e, por suposto, galego, acompañados por unha peza de piano.

Posteriormente, o alcalde de Allariz agasallou ao autor cun cesto de pantrigo (moi desexado polo protagonista do libro) e cun boi de madeira. Por último o autor falounos das súas experiencias e respondeu algunhas das preguntas formuladas polos presentes. Eva Villanueva 3º ESO B Catherina Loureiro 3º ESO B

O POLEIRO 2012

30


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA Ano Celso Emilio Este ano celébrase o centenario de nacemento de Celso Emilio Ferreiro Míguez e con tal motivo a poesía do autor lese, recítase e escóitase musicada por todo o noso país. En Celanova escóitase sempre, pero este ano máis. Por iso, quero presentarvos a figura deste autor noso e de todos os galegos. Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu un seis de xaneiro de 1912. Era o irmán máis novo dunha irmandade de sete e a familia non pasaba apuros económicos. No ano 1932 organiza con Pepe Velo, entre outros, as Mocedades Galeguistas de Celanova que no 1934 participaría na Federación das Mocedades que se organizou en 1934. Foi procesado por unha denuncia e probou o cárcere no mosteiro de Celanova, participou na guerra movilizado polo bando nacional. Fixo estudos de Maxisterio e Dereito, desenvolveu moitos traballos e tivo moitas residencias, aínda que é recordado sobre todo polo seu labor poético e cultural, ben como autor, ben como promotor de empresas culturais. Colaborou en xornais e revistas, emigrou a América onde foi para dirixir as actividades culturais do Centro Galego de Caracas, pero voltou desenganado, pois esperaba atopar na emigración unha comunidade de galegos máis xusta e comprometida que a que finalmente achou alí. “Longa noite de pedra “(1962) marcou un fito na súa traxectoria poética e na do país enteiro. Outros libros seus que tratan temáticas de carácter social ou intimista pero sempre profundamente humanos, solidarios e comprometidos son “O soño sulagado”, “A viaxe ao país dos ananos”, “Cemiterio privado”, “Onde o mundo se chama Celanova” e moitos outros títulos. Nos últimos tempos dirixía a Aula de Literatura Galega do Ateneo de Madrid, pero a morte sorprendeuno o 31 de agosto de 1979 en Vigo. Unha vida plena dedicada á cultura, á poesía e ao compromiso co seu tempo e a súa terra. Paula Pinto Busquets 1º ESO B Laura Feijoo Fernández 1º ESO A

O POLEIRO 2012

31


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA Certame Celso Emilio Outro ano a voltas co noso certame de relato e poesía que vai xa pola súa XXIV edición. Lembro que o certame botou a andar aquel ano en que as Letras Galegas se lle dedicaron ao noso paisano Celso Emilio Ferreiro. Despois de tantos soles e de tantos orballos, aquí está aínda e aquí vos presentamos os textos que mereceron o galardón do xurado nesta ocasión. Parabéns para eles pola súa creatividade e noraboa a todos nós que poderemos disfrutalos.

Primeiro premio de relato curto TESTEMUÑO DE PEDRA Un día, sen máis, irrompen na túa casa á hora do terceiro rezo. As súas falas son como as túas, séntelos irmáns e, a pesar disto, unha tea cobre o teu rostro impedíndoche ver. No teu nariz só o cheiro fedorento da tea, ordes inconexas nos teus oídos, as túas mans apreixadas tras o torso. Empurran o teu corpo ata que caes sobre o asento dun coche. Este comeza a moverse e pérdeste na túa cidade natal. Oes feros disparos próximos. O motor do todoterreo vibra debaixo de ti, ningún outro son no interior do vehículo. Os músculos en tensión coma un leopardo antes do ataque. Un contundente golpe na caluga e a inconsciencia recíbete cos brazos abertos. Estrañas palabras deambulan entre o sono, a túa cabeza aínda cuberta, o duro chan contra os teus ósos. Son palabras estranxeiras. A manga da túnica é retirada bruscamente e unha picada traidora inxéctache un líquido frío que sobe silandeiro polas veas do teu brazo. Intentas revolverte, pero as extremidades pésanche cada vez máis, a gravidade tira de ti como nunca antes o fixera e as túas pálpebras loitan por pecharse. Antes de que elas gañen a batalla, comprendes algo no

O POLEIRO 2012

32


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA falar dos americanos, unha soa palabra, unha sentenza a morte: Guantánamo. Unha calor abafante impídeche respirar durante o día, aínda que a tea xa só che cobre os ollos. As noites frescas son un calmante para o teu maltratado corpo; pero o cíclicos son da intensa alarma, que se repite unha e outra e outra vez, durante tanto tempo que xa deixaches de contar os minutos, conduce a túa mente máis alá dos seus límites. Levas tres días no exterior, desde que te baixaron do avión, só podendo apoiarte nos xeonllos. Non recibes nada máis que un vaso de auga ao amencer. Mais os berros estarrecederes procedentes das celas , que desgarran os teus oídos con lentitude, son unha tortura aínda máis psicótica, porque xogan coa túa mente, deixando que intúas, deixando que supoñas, deixando que imaxines. Ao sexto día, mentres te debates entre o brillante resplandor do sol asasino e a escuridade da inconsciencia salvadora, un golpe de auga xeada esvara sobre a túa pel, absorbendo a túa calor tan rápido que as gotas non chegan ao chan, simplemente se esvaecen no aire. Incapaz de poñerte en pé, es arrastrado pola area quente ata chegar ao frío e duro chan do interior. Dous pares de mans tiran dos teus brazos e unha bota empurra as túas costas de cando en cando. Deixan o teu corpo sobre o cemento e retiran a tea que aínda che cubría a parte superior da cabeza. Tras tantos días privado do sentido da vista, a potente luz que che disparan directo aos ollos é un coitelo nas túas retinas. De repente, a túa cabeza é mergullada en auga de neve e o líquido cóase intruso polos teus orificios nasais, escapando polo lado incorrecto da gorxa ata infiltrarse nos teus pulmóns. Intentas controlar a respiración, mais o pánico non che permite anular esa función biolóxica. O corazón latexa frenético no teu peito e convulsións involuntarias percorren os teus músculos. Preguntas sen resposta son berradas na túa lingua unha e outra vez. Unha dor aguda invade a túa meixela cando os aneis de aceiro se che cravan cun golpe firme. E de novo a auga quere chegar aos teus pulmóns. Tras tanto tempo que xa non sabes canto, o teu corpo moribundo é arrastrado coma un saco ata un cuarto sen unha soa físgoa nas paredes de pedra, un buraco no chan para ouriñar e outro na porta para a comida. Nin unha saída, nin unha palabra, nin un berro, nin tan sequera un interrogatorio. Levas moito aquí dentro, só aquí dentro, comezando xa a ser parte da cela, convertíndote en carne de pedra.

Alba Quintáns González de 2º de Bac de Bande. O POLEIRO 2012

33


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA Accésit a un alumno do noso IES UN GALEGO DE FÓRA Era o primeiro día de escola. Era o ano 1978. Eran tempos revoltos. Era un futuro incerto. Era un neno alleo nunha pequena vila infecta de receo e monotonía. Pouco durmira a noite anterior. Ademais de botar en falta o seu antigo leito, os nervos, as cavilacións venceron: volta cara arriba, cara abaixo, á dereita, á esquerda, cara tódolos lados. Do seu almorzó preferido, té negro cunha torrada, apenas un grolo e unha pequena marca de dentes. O seu estómago pechárase. Unha suor fría percorríalle o Corpo. Chegara o momento, non podía recuar. Hassan e maila súa nai fixeron entrada no patio do colexio. O pequecho sentiu as olladas dos presentes cravadas neles: olladas dos nenos, dos pais, das nais, de familias enteiras. Apertou a man da súa nai; ela adicoulle un sorriso. Agardaronpreto da porta. Soou un timbre. Os rapaces formaron ringleiras. Abriuse a porta. Unha muller comenzou a chamalos por cursos. A cada grupo, uníaselle un mestre. A voz da muller reclamaba aos de terceiro curso; era a quenda de Hassan. Non quería despegarse da man protectora da súa nai. De súpeto, os seus ollos atopáronse cunha faciana amigable. Era unha muller, máis ben unha moza que lle adicou un sorriso sincero, o primeiro que vira nun estraño desde que chegara. Achegouse a eles e, despois das obrigadas presentacións, tendeulle a mana o pequecho. Hassan mirou cara a súa nai. Ela asentiu e, cun bico calado, despediuse do seu pequecho. Xa na clase, ritual obrigado para os recén cegados, Hassan presentouse. Coa axuda da mestra e dun mapa indicoulles aos seus compañeiros o seu país: Afganistán. Tamén lles contou un pouco da súa historia: como non podía saír á rúa, onde antes xogaba e como a súa cidade, Kabul, estaba sendo esnaquizada; como fuxiu da guerra, agochado nun camión, xunto cos seus pais e moita xente descoñecida; como non puido despedirse dos seus familiares e amigos, aos que non sabe se voltará ver; o medo e, por fin, a cegada. A partires deste momento, Hassan, foi acollido coma un heroe.

O POLEIRO 2012

34


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA Pero para a súa desgraza non todo o mundo sabe ve-las cousas coma un neno. Hassan tivo que aturar, durante varias semanas, os malos xestos e comentarios das nais que, ante e sobre todo, viven da aparencia e ata pensan que dá de comer: púñanse histéricas se os seus nenos repoludos e repenteados se achegaban a Hassan. Noutros casos mollaban o pano coa lingua e esfregábanlles as mans, non fora ser que colleran “algo”. Hassan contáballo a súa nai que lle dicía: “moi finas serán pero os métodos rústicos sábenos empregar” e os dous remataban escachando coa risa. Ao rematar a escola, Hassan acompañaba a súa nai ao mercado posto que ela, moi ao seu pesar, non sabía falar castelán. O pai de Hassan, de profundas e rancias tradicións, non quixo que a súa muller asistira ás clases para inmigrantes. Tampouco podía ir soa pola rúa e, moito menos, saudar ou pararse a falar con descoñecidos. O pai de Hassan decidiu vir A Limia por recomendación dun familiar. Aquí vivían coñecidos que, non moito tempo despois da súa chegada, atopáronlle un traballo nunha tenda de alfombras. Traballaba de sol a sol cun soldo mínimo suficiente para vivir, sen luxos pero sen apuros. Polas noites, despois de cear, Hassan ensináballe a ler e escribir en castelán. En pouco tempo, o noso protagonista, comenzou a destacar na escola: boas calificacións nos exames, traballador e facilidade coas linguas ata o punto de que, a mediados do curso, fíxose galegofalante. A súa nai pensou tolear: malamente entendía o castelán como para que, de súpeto, lle falasen noutra lingua. Pasaron os anos e Hassan, xunto coa súa familia, foron uns veciños máis da vila. Unha tarde, verán do ano 1983, unha chamada de teléfono mudaría as súas vidas para sempre: era da tenda comunicando que o seu pai sufrira un accidente. Nada se puido facer. Hassan pasou a ser “o home” da casa e, segundo as súas tradicións, debía traballar para manter a familia. Ademais, xa tiña un traballo: ocupar o lugar do seu pai na tenda. A nai negouse. Díxolle que pouco lle importaba o que pensasen dela: ía traballar. Solicitou o posto do seu marido e, despois de aturar as escusas e ne gativas do dono, suplicou: o traballo era seu. Así pasaron os anos e, despois de moitos apuros, esforzos e horas quitadas ao sono, Hassan licenciouse en Medicina. Casou con Uxía, unha galega de Allariz.Ten dous fillos: Bieito e Yarima, coma súa nai á que nunca abandonou.

O POLEIRO 2012

35


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA Hoxe, Hassan, exerce a súa profesión en Xinzo, axudando á xente, porque, segundo os seu parecer, débelle estar agradecido á vida. Estas historias que vos remato de contar non son máis que as lembranzas que Hassan, sentado no salón xunto coa súa familia, lle conta a Bieito a noite antes do seu primeiro día de escola. Certamente, Hassan sabe que mañá, ao atravesar o patio da súa escola, non haberá olladas, comentarios e, sobre todo, “nais aparentes” porque, gracias a quen haxa que darllas, aínda que habelas hailas, son unha especie en extinción. Hassan ten certo que Bieito será feliz na escola porque segundo o “idealista” (así lle chama Uxía), todos nacemos libres e iguais. Somos nós, cos nosos prexuízos, ideas cuadriculadas e ganas de complicacións os que estragamos a vida dos demais e, coitados, sen decatarnos, a nosa propia.

Roi Antón Núez Gil de 1º ESO B

PARA AVALIAR O INTELECTO OS 9 PUNTOS SUDOKU

Tes que unir os 9 puntos con 4 liñas sin erguer o lápis do papel. Regra: unha liña non pode pasar por riba da outra Sara Pallares, 2º ESOB Yaimar Muñoz 3ºESOB

Gabriel Casal Cid 3ºESOA

O POLEIRO 2012

36


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA INTERCAMBIO CO IES ILLA DE SAN SIMÓN Vexo Vigo, vexo Cangas, tamén vexo Redondela … O alumnado de normalización deste ano completamos a actividade de intercambio prevista no noso programa devolvéndolles a visita aos compañeiros do IES Illa de San Simón, que está na vila de Redondela. Nós recibímolos o día 28 de maio cun recital e un concerto a cargo dos alumnos de música, despois un aperitivo e logo mostramoslles, orgullosos, o noso centro. Logo organizouse una visita guiada por Don Cesar ó Mosteiro de San Rosendo e

a Capela de San Miguel, na que Irma, do Departamento de Música, sorprendeunos explicándonos o funcionamento do órgano e a seguir tocando varias pezas. Despois dun paseo polas rúas da vila saímos para una comida campestre en Portoquintela e unha visita ó campamento romano de Aquis Querquennis. Eles ficaron abraiados co noso instituto e coas actividades que partillamos e parece que decidiron ofrecernos un roteiro cultural á mesma altura. Ao chegarmos, recibíronnos no seu polideportivo-salón de actos- aula de usos múltiples. Non era coma o noso en monumentalidade, pero puxeron, cando menos, o

O POLEIRO 2012

37


O POLEIRO

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA mesmo cariño na preparación das actividades e na selección das mesmas que puxemos nós, porque unha vez alí, asistimos a un recital poético-musical cos poetas do mar de Vigo de fondo: Mendinho, Xohán de Cangas e Martín Codax. Non estivo mal para empezar, pero o que nos reservaron para o resto da xornada foi estupendo: unha travesía por mar até a illa de San Simón, que se albiscaba moi misteriosa e fermosa no medio da néboa e da chuva daquel día. Mollámonos, rimos, andamos e até sentimos arrepíos ao coñecer a historia do lazareto da illa. Os nosos compañeiros mostráronnos os lugares por onde se pasearon, desde a Idade Media, monxes, viaxeiros en corentena, leprosos e presos de conciencia, pois a illa albergou o santuario do que fala Mendinho na súa cantiga, pero tamén un lazareto que acollía ás persoas que chegaban por mar desde América e pasaban por alí un tempo, antes de acceder ao continente para evitar a propagación de enfermedades contagiosas e, durante o franquismo, foi un campo de concentración. Esta última finalidade é moi semellante á que o franquismo reservou par o noso mosteiro, así que nos estremeceu ver as mesmas paisaxes cós presos e acceder aos puntos onde foron fusilados ou torturados. De volta na vila, xúntamonos para comer na Alameda; sí, eles tamén teñen unha Alameda, a súa á beira do río. Xa, pola tarde, fixemos un itinerario pola vila que é pequeniña coma a nosa e coma a nosa ben xeitosa. Grupo de intercambio do equipo

O POLEIRO 2012

38


O POLEIRO

NO AMOR DOS DEVANCEIROS FOLCLORE Eu non sei que ten a morena Eu non sei que ten a morena Eu non sei que a morena ten Eu non sei qu ten a morena Que xa todos llle queren ben. Eu non sei que pasou no muíño, Eu non sei que debeu de pasar, Desde entón Maruxiña está triste Desde entón non fai máis que chorar Eu non sei que ten a morena…

Alalá das mariñas

Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros Teño paz e teño amore e estou vivindo no ceo Ailalala, ailalala E adiós a miña casiña, portelo de meu quinteiro Auga da miña fontiña, sombra do meu laranxeiro Ailalala, ailalala. O paraugas do Xosé

O paraugas do Xosé

E o que é meu, é meu e é meu

É un paraugas moi malo Se lle caen cuatro gotas…

E o que é meu, é meu e é meu Que non quero que andes dicindo Que tumba, que dálle, Que tal que sei eu.

Ya se le humedece el palo, Y por eso una mulata Por moi mollada que esté Non se poría debaixo… Do paraugas do Xosé

Sebastián Arturo del Cristo Mourille 3º ESO A

O POLEIRO 2012

39


O POLEIRO

UN VENTO PELERIÑANTE DESPEDIDA DE 2º BACHARELATO O día 24 de maio, no salón de actos do noso instituto os alumnos de 2º de Bacharelato celebraron a súa despedida. Foi unha xornada moi especial, pois moitos estiveron seis anos connosco (algún menos e outros máis) e iso provoca que as vivencias sexan moitas, tanto positivas como negativas. O acto foi sinxelo e emotivo, non faltou a entrega de diplomas e un agasallo moi atento ás necesidades tecnolóxicas actuais: un pen –que non digan que aquí non somos modernos; un vídeo realizado por Carlos Alonso con fotos do alumnado dende a etapa infantil ata a actualidade e daqueles profesores que temos menos sentido do ridículo pois non necesariamente calquera tempo pasado foi mellor; discursos por parte das titoras, con Rosa Álvarez como excelente representante e por parte dos alumnos de 2º , un moi emotivo e irónico, outro moi divertido, pero todos cheos de bos desexos, e para que vos emocionedes todos coma os que alí estivemos presentes, queremos compartir algún fragmento con vos. Moita sorte para todos na nova etapa que agora comeza.

Laura Galende , alumna de 2º Bach. A Nestes dous últimos cursos o noso concepto de grupo evolucionou, pasamos de ser pequenos grupos para ser UN, forte e consolidado. Hoxe estamos aquí non só para falar de asignaturas, anos que virán ou xente que coñeceremos, tamén para recordar quen fomos e quen somos. Os que comezamos moi cativos, os que nos unimos máis adiante, os que se perderon polo camiño. Todos forman parte hoxe dun ciclo que se pecha. Creo que todos nós estamos convencidos de que hai un tempo para cada cousa. Todos botaremos de menos esta época na que realmente, ningún de nós ten nada que perder, época na que parece que o mundo acaba pouco máis lonxe dos nosos mellores amigos. E sen dúbida, época na que cremos que temos TODO por diante, tódalas oportunidades, toda a forza para equivocarse, rectificar, levantarse e seguir. Así de simple. Sen dúbida, profesores que deixarán a súa pegada con clases por riba das mesas, exercicios “latosos”, circunstancias nas que “pasa lo que ocurre”, clases de filosofía que derivan en planes de futuro tan ilícitos como perigosos, oracións sintácticas que se atravesan por non falar das liortas nas clases de francés na escolla da película e da importancia de mirar o DCB nas clases de bioloxía. Todo isto uniunos máis do que nun principio parecía e as probas están en que cando alguén fala de mellora-la letra sabemos a quen mirar, cando se advirte dos teléfonos sabemos a quen mirar, un sinfín de detalles que fan que este curso acabado merecerá a pena. Grazas, pola parte que nos merece, polo esforzo empregado para instruírnos.

2º Bacharelato A

O POLEIRO 2012

40


O POLEIRO

UN VENTO PELERIÑANTE

2º Bacharelato B Germán , alumno de 2º Bach B Habitantes do IES de Celanova: Xa está, acabouse. Algúns ficarán aquí, outros deixarán o niño aventurándose nun mundo cheo de desenfreo, luxuria, festa, concertos… e se cadra queda algo de tempo libre… algo de estudio: a universidade. Este mosteiro, vai formar por sempre, parte dunha das mellores etapas da nosa vida. Pegamos choutos na praza por il, fixemos pancartas por il, ata fixemos unha cadea humana e un videoclip. Pero aínda así, mais ca este mosteiro, o que de verdade queda marcado sodes vós, os profesores. Dedicastes tempo e esforzo non só para aturarnos, senón tamén para ensinarnos día a día novas maneiras de afrontar todo tipo de situacións. Creouse un vínculo moi forte entre algúns de nós, chegando ata o dito tan certo de “ a confianza dá noxo”. Aínda que vos queremos moito, en ocasións tendemos a desesperarnos. Quen no se rebotou cun profesor por unha mala nota? É o pan de cada día… Pero aquí estamos hoxe todos xuntos, compartindo un momento especial e cheo de apego. Ó fin e ó cabo comer sempre está ben. De todo isto, o que levamos realmente son anécdotas, innumerables momen-

tos que non imos esquecer nunca. Todas esas excursións… Eu coñezo o acuarium do Grove de memoria, intercambios de estudantes que acababan cunha repetidísima explicación de Don César na igrexa… Santiago unha e outra vez… Madrid… Barcelona… Francia… e moitas outras que non se me acordan agora como poden ser… non sei… FERROL. Pero ben sabemos que este é un momento para resaltar todo o bo pero hai que recordar, que foron moitos os momentos de estrés, de dúbidas sobre ou aprobo ou non aprobo, os cafés, as noites sen durmir… Pero merece a pena. Algúns levamos aquí máis de 6 anos, outros uns 2 escasos, pero o amor séntese no aire. Aínda nos queda unha última proba para comezar a nosa aventura universitaria, pero malo será, digo eu… Dispersarémonos por toda Galicia e incluso fóra dela, pero cada vez que nos pregunten de onde vimos, diremos con orgullo que do IES de Celanova, ou IES Celso Emilio Ferreiro, a ver se queda claro. De todas todas, terra de poetas. Só dicir…que todos e cada un de nós, tanto profesores como compañeiros de clase, podemos dicir que realmente formamos parte da familia de uns e doutros. E xa sabedes, se algunha vez nos vedes pola rúa, SALUDAINOS SEMPRE. A COMER.

Alumnos e profesores 2º BAC

O POLEIRO 2012

41


O POLEIRO

Rematamos xa e estamos recollendo todos os trastes. Gardamos as emocións e facemos un breve repaso do que deu de si o curso. Aínda que a negra sombra dos recortes planou xa desde o comezo, puidemos facer equilibrios e os nosos alumnos disfrutaron dun xeitoso número de actividades que foron desde excursións a Portugal, París ou Madrid; saídas a Corrubedo, Viana do Castelo, O Xurés, Campo Lameiro; concertos didácticos en santiago e Ourense. Pasando por representacións teatrais en inglés como With a litttle bit of luck ou en galego como Pelos na lingua. Houbo charlas impertidas pola Cruz Vermella o por outros organismos sobre habilidades sociais, prevención do cancro de colo de útero, acceso ó emprego…. O grupo de lectura viaxou a Allariz e o taller de teatro participou nas xornadas de Bande. Asistimos ós “concertos sen batuta”. Traballamos en cooperativa nos recreos e polas tardes para resolver dúbidas e así mesmo 1º, 2º e 3º da ESO contou cun profesor de técnicas de estudo que axudou a facer esquemas, resumos…en fin a mellorar as capacidades do alumnado. Botaron a andar o taller de electricidade e o de creación literaria “Non me veñas con contos” que esperamos teñan continuidade o próximo curso. E xa só queda facer unha invitación extensiva tanto á comunidade educativa como á vila de Celanova a asistir ós actos que pecharán o curso académico e que se celebrarán os días 28 e 29 de xuño onde terá lugar unha conferencia que forma parte do III Ciclo de Conferencias sobre a música e o mosteiro, o concerto “O son das pedras” e a obra teatral “A voda de Esganarello” a cargo dos alumnos do centro. Sen abusar máis da súa paciencia, despedímonos xa. Que sexa de hoxe nun ano e ata entón lembremos uns versos de Celso Emilio Ferreiro ó que nós tampouco esquecemos neste centenario do seu nacemento: Nacín (modestia fora) nun lugar onde o mundo se chama Celanova … (Como brasa mortiza ten sido a miña vida, como brasa mortiza dun rescaldo. Por eso vivo coa angueira de non saber si son lume ou si son somente fume dunha remota fogueira.)

Pilar López Varela

O POLEIRO 2012

42




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.