O poleiro 2014

Page 1



O POLEIRO

Limiar Neste curso, mexido e remexido por moitos e contrarios ventos, algúns xa vellos como os que zoan desde as instancias administrativas ( que vén a LOMCEEEE!) ou os que sopran desde diversos recantos da actualidade social, cultural e educativa, nós seguimos ao noso, que é afirmármonos na vontade de continuar falando e vivindo en galego, aínda que, ás veces, non semelle doado. Procurando amarrarnos ás nosas raíces, ao idioma e ás creacións populares, fixemos por botar unhas que fosen, asemade, terreas e aéreas: terreas, porque nos achegaron á natureza, á paisaxe, aos nosos bosques vizosos e mestos, e aéreas, porque tamén nos elevaron cara os espazos da poesía. E poesía houbo este curso moita: versos de amor , versos de Díaz Castro…, versos para o certame, unha árbore de versos, mais tamén, desde o comezo, houbo un espazo para a maldade e, xa que desde a biblioteca nos animaron a procurar un oco para a ela nos nosos inocentes corazóns, nós, sempre tan ben guiados , atopamos literatura popular algúns escuros personaxes e moitas historias dos clásicos que se debruzan sobre eles. Non desprezando os medos que nos chegan doutros eidos lonxanos e alleos ( ben servidos na tradución de clásicos como Poe, Howard ou Lovecraft), buscamos a proximidade de medos propios en narradores como Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, X.A. Neira Cruz ou Antonio Reigosa e constatamos tamén- non sen certa mágoa- que a maior cota de maldade da nosa literatura non se atopa entre os autores de ficción, senón entre os realistas, tendo tamén a reflexión sobre a maldade unha dimensión lírica na obra dos poetas cívicos da ditadura , dos poetas do exilio e, en xeral, de boa parte da poesía galega de todos os tempos. Se cadra é por iso polo que desta vez na nosa revista predomina a creación e o verso sobre calquera outra sección e xénero. Coma sempre, esta revista non é máis que un expoñente do traballo que ao longo do curso veu realizando o noso equipo, é dicir, o espello do voso traballo; agardamos que vos vexades reflectidos e que vos gustedes. Redacción de O Poleiro

O POLEIRO 2014

3


O POLEIRO

LIMIAR SUMARIO libremente creamos o largasío val de Celanova

libros eventos

acendendo lumieiras

no amor dos devanceiros

Tributos ao amor De lobos e outras sombras A guindeira. O acivro A cerdeira Mais cerdeiras O salgueiro chorón. O bidueiro O piñeiro O carballo Renace da borralla. Queres ser Deus? A laranxeira A primaveira. A mazaira o marmeleiro O abeto O castiñeiro. As vides A figueira. A mimoseira Lecturas para o verán Certame Celso Emilio Ferreiro De Gontan a Celanova Encontros cos de Marín Despedida aos de 2º BACH Despedida aos de Ciclos Experimentando en electricidade Meteoescolas Refráns

PECHE

O POLEIRO 2014

4


O POLEIRO

T

LIBREMENTE CREAMOS RIBUTOS AO AMOR

Miña vida, meu amor Os teus ollos son como dúas fontes de pura inspiración , campos verdes con capas de crema doce e sincera.

Amor non hai pequeno O amor Un sentimento que te condena e libera ao mesmo tempo. Un sentimento no que es feble e tamén forte alá por dentro. E, sen amor, é coma se non houbese corazón. De sentir tanto, as bolboretas andan revoando. Un sentimento que temos medo de demostrar; Mais se non temos amor, sobran palabras. Un sentimento de tal tamaño, que nunca hai amor pequeno.

Os teus beizos carne de escuma, mel e paixón.

Versos de amor e néboa Ollei o ceo e a néboa: desbordou o sentimento agochado na friaxe. Morriña. Celanova ten un vento. Fundirme no alento; lume. Cordas na alma; harmonía. Camiñar, lembrar, perder… perder as forzas, a esperanza, a vida. 2º BACHARELATO B

O teu corpo, o meu tesouro ,a miña vitoria. Os teus cabelos, a miña guerra a miña derrota. As túas palabras a miña morte, a miña vida. cheas de amor. O teu silencio, a miña morte dolorosa e con agonía. Jose Manuel Iglesias Gallego 4º ESO B

Izaskun Rodríguez Ravelo Laleska Codeso Álvarez 3º C

O POLEIRO 2014

5


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS Memoria de amor

A miña preciosa princesa, o meu doce amor. A miña pedra preciosa, o meu apaixonante amor. Princesa dos meus ollos, non podo vivir sen ti. Gústasme , ámote, quérote , reclámote, apaixónasme, deséxote e fasme sentir coma nun conto de fadas. Cada vez que te vexo, perdo a vida e a alma. Jose Manuel Iglesias Gallego 4º ESO B

Estráñote Estraño as túas miradas sinceras e penetrantes na miña alma A túa voz, que era o meu oxíxeno Os teus sorrisos e as túas rifas Os teus beizos carnosos e apaixonados Os teus abrazos e as túas caricias de amor puro Estraño o teu amor, o teu desexo, o teu silencio…

Amor de abril

Melancolía das mañás de chuvia gris do ceo aquí tristura de paxaros abril silencio na aula 1º ESO B

Os amenceres son eternos sen ti, os anoiteceres son un sinfín de espera , e os días, que dicir deles, son eternos O meu corazón bótate de menos, os meus beizos estráñante, O meu olfacto búscate e os meus ollos chórante ás agachadas Estranote, estrañote! O meu corazón aínda te ama, e os meus beizos engánante cun sorriso inexistente. Jose Manuel Iglesias Gallego 4º ESO B O POLEIRO 2014

6


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS CARTA DE AMOR Se todos os camiños levan a Roma, como se sae de Roma? Ás veces pensamos demasiado e sentimos moi pouco.

O meu avó sempre dicía: “ Se alguén te quere seriamente e quere formar parte da túa vida, fará o imposible por estar nela”. Aínda que, perdidos entre pantallas, perdemos tamén o valor das miradas, esquecendo que, cando alguén nos dedica o seu tempo, estanos regalando o único que non recuperará xamais. A vida son momentos. Sabes que hoxe estou aquí e mañá non o sei. Mesmo así, quero dicirche que, se algunha vez queres algo, se queres algo de verdade, debes procuralo, sen mirar atrás, enfrontando o medo, mirándoo aos ollos, entregando todo e dando a alma, sacando o neno que levas dentro, ese que cre nos imposibles e que daría a lúa por tocar unha estrela… Daquela, si, non sei que há ser de min mañá, mais este sol , que vai ser sempre o mesmo que o teu, os amigos, que son a familia que eliximos tamén han estar aí. E elíxote a ti, por ser o dono das engurras que terei nos beizos de vella, e aposto forte por todos eses anos ao teu lado, polas noites en vela, as festas, os abrazos porque si e sen vir a conto nin ter por que celebrar algo. Neste tempo, decateime de que os pequenos detalles son os que fan as grandes cousas, que tu fas infinito o meu límite. Así que douche as grazas por ser a única persoa que me fará chorar rindo, por aparecer na miña vida con esa risa tola, por ese brillo nos ollos capaz de enfrontarte a millóns de sunamis…E entón…si, non sei onde andaremos dentro duns dez anos. Non sei como se sae de Roma… Non che podo asegurar nada, prométoche que, pase o que pase- son desas- voute recordar toda a miña vida, e, por iso, a miña lúa vai estar sempre contigo e eu tamén saberei onde estarás ti!

Verónica Suárez da Costa Alejandra Karina Fdez. Lorenzo 4ºESO B

O POLEIRO 2014

7


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS D E LOBOS E OUTRAS SOMBRAS O HOME LOBO GALEGO

Manuel Blanco Romasanta, “o home lobo galego”. Teño eu unha obsesión con este señor. Todo comezou un día que estiven en Allariz e meu irmán me contou a historia. Romasanta era un home coma calquera outro. No único que destacaba era en que sabía ler e escribir, habilidade que, naquela altura, non todos tiñan a sorte de ter. Falemos do seu físico; Romasanta non era normal de todo neste aspecto, xa que apenas superaba o metro corenta de talle. Era loiro e non precisamente delgado. Seica traballara varios anos como sastre. A súa vida fora totalmente normal ata que se atopou cunha gran perda na que il non tivo nada que ver: o falecemento da súa esposa. A partir dese momento, deixou a vida sedentaria ( vivía ata o momento en Allariz) para dedicarse á venda ambulante por toda Galiza. Fíxose famoso entre os paisanos por unha untura coa que comerciaba. Comezouse a dicir se levaría graxa humana e a súa sona de asasino alcanzouno finalmente cando o acusaron da morte dun alguacil perto de Ponferrada. Foi condenado en rebeldía e, máis adiante, logrou escapar a unha aldea onde conviviu co gando durante meses. Volveu aparecer diante da xente en Rebordechao. Traballou como teceder, o que non axudou a mellorar o seu creto, pois este era considerado na época un traballo mulleril. Pouco a pouco, foise mesturando coa poboación local e , asentado no pobo, comezaron os seus asasinatos que cometía nos bosques de Redondela e Argostios. Chegou a cometer ata nove asasinatos, todos eles de mulleres e nenos. Talos últimos, decidiu planear a súa fuxida, chegando a saír de Galiza cun pasaporte falso. Finalmente, foi capturado en Toledo e xulgado en Allariz. Romasanta recoñeceu ter matado a trece persoas, vítima dun feitizo maligno que o volvía lobo, usando mans e dentes para acabar coas súas vidas e comer os restos. O xuízo durou preto dun ano. Romasanta dixo tamén ser vítima dun mal ollado ou mala fada dunha das famosas meigas da nosa terra. “ A primeira vez que me transformei foi na montaña do Couso. Encontreime con dous lobos grandes con aspecto feroz. De pronto, caín ao chan, comecei a sentir convulsións, rebolei tres veces sen control e aos poucos eu mesmo era un lobo. Estiven cinco días vagando por aí con outros dous ata que volvín a recuperar o meu corpo, o que vostede agora ve, señor xuíz. Os outros dous lobos viñan comigo, que cría que eran tamén lobos, mais cambiáronse tamén á forma humana. Eran dous de Valencia. Un chamábase Antonio e o outro, D. Xenaro. Atacamos e comemos a varias persoas porque tiñamos fame.” Fernando Justo Valeiras In CAUSA CONTRA O HOME LOBO, Nº 1778, XULGADOS DE ALLARIZ 1º ESO B O POLEIRO 2014

8


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS O LOBO

Nicolás Bermúdez López 3ºC Familia: Canidae. Eliseo Salgado Suárez 3ºC Orde: carnívora. Estado: en perigo. • Descrición: a morfoloxía do lobo indica a súa capacidade depredadora coas súas fortes mandíbulas con 42 pezas, a súa ampla caixa torácica a os seus voluminosos músculos maseteiros. Un lobo adulto pode ter una lonxitude entre 100 e 120 cm, e una alzada cruz entre 60 e 70 cm.Pode pesar entre 30 e 50 Kg. As femias son máis pequenas que os machos. • Hábitat: adoita ocupar una ampla variedade de hábitats. É una especie moi adaptábel a calquera medio. A súa presenza está condicionada á disponibilidade de alimento. • Costumes: vive en mandas e ten una sociedade con dobre xerarquía: a parella reprodutora do grupo e a dominante, é dicir, o macho alfa e a femia alfa. • Conservación: o lobo encóntrase en perigo de extinción na metade sur da península ibérica. É unha especie conflitiva, perseguida e cazada ilegalmente por moitos gandeiros porque alimenta do gando doméstico. Outros problemas que presenta a conservación do lobo son a deforestación do hábitat, os incendios forestais e o uso incontrolado de praguicidas.

O POLEIRO 2014

9


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA A GUINDEIRA No meu pobo hai unha árbore para min especial, moi frondosa de porte pequena e preciosa De froitos ben acedos amarga algo ao comezo Mais… se nunca probaches unha guinda, do sabor, ti… que sabes?

Lucia Domínguez Díaz 1º ESO A

O ACIVRO Froitos vermellos adornan o seu corpo pequeno a súa madeira branca coma a neve terma das súas follas sempre verdes e con espiñas que caen coa elegancia da rosa.

Aida da Mota (1º A) Aida da Mota Díaz 1º ESO A

O POLEIRO 2014

10


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA A CERDEIRA

Boteite de menos, cerdeira!

Ai, cerdeira nas túas follas amañece a primavera

As túas flores rosadas e as túas froitas riseiras anuncian a chegada da primavera.

Que bonitiña! dándolle cor a Galiza Es tan fermosa que os meus ollos fan poesía coa túa cor verde Ti…que pareces tan, tan roxiña! Cando mudas a flor, múdame a min a cor. Iago Fernández Lorenzo 1º ESO A

Boteite de menos, cerdeira! O teu tronco de cores acastañadas o ar remexendo nas túas ramas tocan unha sinfonía que me acalma… Iria da Mota Díaz 1º ESO A Cerdeira lindísima miña amiga querida , que ben que locen na primavera as túas brancas flores Ai, que fermosas! Descansamos todos á túa sombra gozando do teu cheiro que a mel recende. Xa entrada a primavera, cobres de branco vales e campos E, dende lonxe, todos te ollamos. Cando o froito madura, na fin da primavera, tamén gozamos todos trala longa espera. Dionisia Guillén Senaz 1º ESO A

O POLEIRO 2014

11


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA MAIS CERDEIRAS Cerdeira do noso pobo, sangue do noso sangue… Dámosche as grazas no noso corazón por darnos os teus froitos e a choiva e a calor, os teus froitos fermosos que tardan en nacer! A todos os do pobo gústanos verte verdecer

A cerdeira a miña árbore favorita porque me dá o seu froito, a cereixa que me trae aos labios a cor vermella o sol quentiño e os verdes ramos que van comigo ao meu carón. Nerea González Conde 1º ESO A

árbore das cereixas aínda que sexas vella. Cando as túas follas caen, figueira do meu pobo, deitámonos sobre elas e queremos que saibas que te queremos todos. Cerdeira, non te vaias, non te vaias do pobo.

Águeda Correa Álvarez 1º ESO A Miña cerdeira Ai, miña cerdeira cerdeiriña querida que me traes cereixas saborosiñas.

Érika Nieto De Souza 1º ESO A

Cerdeira, cerdeiriña cantas cereixiñas me darás no verán? No inverno, espidiña, pero bonita igual. Ata os paxaros cantan arredor do teu van.

Manuel Domínguez González 1º ESO A

O POLEIRO 2014

12


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O SALGUEIRO CHORÓN Movíase ao zoar do vento Coas súas follas finiñas, decaídas. De súpeto, Silencio. E chorarías? Agochándome sempre, a túa morriña, debaixo da túa sombra, ben a sentía. Salgueiriño chorón baixo o ceo estrelado respiro o teu frescor. Que haberá na túa entraña tan escondida? Mil paxaros durmidos? Quen o soubera!

Zaira Gutiérrez Vázquez 1º ESO B

O BIDUEIRO

Preto do río te alzas mais non te hei de ir buscar. A túa pel é branca;

na auga do río. Polas túas pólas salta un esquío

non a luxar Ese teu corpo esvelto

Medra moito, bidueiro, medra ata o ceo ata topar co sol e tocar as estrelas.

ninguén o leve para aquecer no inverno e velarse da neve. As túas follas,

Deixa que nas túas pólas revoen bolboretas. Alba Rodríguez Cid 1º ESO A

O POLEIRO 2014

13


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O PIÑEIRO O piñeiro é un feiticeiro que co seu pole de maxia envolve canto anda no val. Co teu arume alporizado caes sobre as pedras do teu valado. Iván Arias Bande 1º ESO B Un piñeiro é un amigo que está sempre presente nos días de treboada

Gústanme tanto os piñeiros coma aquel cálido afecto

e baixo o sol ardente

do meu avó. A piña para quecer; o froito que apañamos el e mais eu.

O piñeiro dá a sombra e dános benestar. Moitos fanlle bo dano mais non se oen queixar.

Cando o toquei, sentín a súa forza e vivín nel. Cando o vin, a súa cor verdecida fíxome feliz.

Fernando Justo Valeiras 1º ESO O piñeiro que plantei dáme lume

Aínda me queda algún recordo do meu avó, piñeiro rexo e grande, fasmo

e dáme mel

lembrar.

Carlos Mosquera Rodríguez 1º ESO B

Eduardo Vilachá Martínez 1º ESO B

O POLEIRO 2014

14


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O CARBALLO Carballo temeroso que agromas paseniño no teu propio terreo fronte ao eucalipto espido, non teñas medo, Medrarás e serás rexo e ben fero Quen, daquela, ha tronzar a túa teimosía? Alex Alonso Díaz 2º BAC A Carballos hai a montóns; A súa forza é relixión para calquera

Prezado carballo que enches os bosques coa túa presenza. A todos nos alegras e cos teus anos se ti quixeras mil historias fermosas contar puideras.

O carballiño baila cando vai vento e non se move se a caloriña abafa, mais, cando chove, chora de ledo. Abrahan Fdez. Bande 1º ESO A

Aldara Nogueiras Cabrera 1º ESO B Como o aire e como o mar carballo, necesítote para respirar.

Nerea Fernández García 1º ESO A

que sinta amor pola súa terra. José Ángel Garrido 1º ESO A Oh, carballo dos meus soños, penso en ti ás veces no teu tronco retorto e nas túas follas verdes e nos momentos que pasamos xuntos cando pequenos. Carballo dos meus soños, lémbrate sempre de que no meu recordo estás presente. Ana Martínez Yáñez 1º ESO B O POLEIRO 2014

15


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA RENACE DA BORRALLA Outeiro, un tsunami de chamas anegoute. Do que fuches antano só nos quedan os restos: vaguidades de onte, os piñeiros, os carballos calcinados plantados polos mozos doutro tempo. Que che fixeron? Os teus verdugos cheiran a gasoil e diñeiro. O teu verdor tornouse nun negro fumegar Canallas, hipócritas, mentireiros! Os laios chegan a nós desde o outeiro Non me quedan máis bágoas que chorar. Renace da borralla! Ollándote con medo, pregúntoche, outeiro: Canto hei tardar en chorar un novo enterro?

QUERES SER DEUS? Queres ser Deus? Apaña unhas sementes… plántaas na terra e olla… como medran.

Uxía García Mosquera 2º BAC B

Xulio Casas Garrido 2º BAC A

O POLEIRO 2014

16


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA A LARANXEIRA A laranxeira é unha árbore, moi bonita, coas súas flores brancas é fermosa. O seu froito fresco é saboroso, e san e proveitoso. Árbore amada, nenos e maiores cos teus zumes curamos todas as dores Cando estou triste vou cara ti. Cando estou ledo vou cara ti. Sempre que quero vou cara ti. Bárbara I. Fdez. Montero 1º ESO A No meu xardín temos unha laranxeira

As súas pólas frondosas para ti se estenderán e os seus froitos e rosas hache de dar. Sendo como son todos obras de Deus, ás árbores darás

con flores brancas e froitas laranxas. Ten ramas longas e follas verdes e un tronco esvelto que ao ceo ascende. Nas súas ramas teño

o amor teu. Diego Martínez Tinoco 1º ESO B

unha hamaca, teño un bambán… Coa miña laranxeira podo xogar.

Sonia Loureiro Bacelar 1º ESO B

O POLEIRO 2014

17


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA MIÑA CERDEIRA, MIÑA PRIMAVERA Miña cerdeira, miña primavera cada vez que en ti vexo renacer a primavera o corazón espértame dun soño longo. As túas follas verdes xogan co ar a faerlle cóxegas. Os paxariños dormen alomiñados; nas túas ramas, os froitos encarnados son meixelas de noiva. O ulido das túas flores chégame dentro arríncame lembranzas desoutro tempo das primaveras que pasei onda ti, miña cerdeira. Uxía Nieves Estévez 1º ESO A

POEMAS DE UNHA ÁRBORE

As follas son amarelas cando lle chega o outono. As ramas médranlle na primavera. Médranlle moito

Marcela González Salgado 1º ESO B

Planteite eu. Medraches e medraches. Es xa unha árbore grande. Na primavera apareces coas túas flores, moitas e moi fermosas e de mil cores. Agora no verán, regálasme a túa sombra da saída do sol ata o serán Cando miro as estrelas tamén te vexo, as túas polas escuras tapan o ceo. Raquel López Alonso 1º ESO B

O POLEIRO 2014

18


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA A MAZAIRA Linda mazaira de verdes follas, árbore baixa de alta dozura Á túa sombra brincan rapaces na achega dos teus froitos que nos compracen. O dono, trampulleiro, preséntase de súpeto máis bravo ca un oso… E os raparigos marchan, todos dolosos. Negar unha mazán é de home gañán. M.Amelia Cobelas Velázquez 1º ESO A A miña mazaira a miña árbore, Árbore estranxeira que viñeches de lonxe p’ra miña terra a terra de Galiza na que ficas plantada. As túas raiceiras son as miñas veas O teu froito a ledicia e a alegría,

a miña mazaira árbore vella árbore nova, árbore seca, árbore verde.

froito redondo polo que morrería. Esta poesía é para ti, mazaira, porque es parte de min.

Co seu nariz retorto e as súas pólas floridas sen a miña mazaira eu que faría?

Lúa Álvarez Escudero 1º ESO A

Efrén Codeso Vázquez 1º ESO A O POLEIRO 2014

19


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O MARMELEIRO Aínda que de Asia é esta árbore cousas dela vos hei contare de grandor pequeno ou mediano coa mazaira e pereira emparentado. A cor amarelada e ben brillante cando maduro e gris prateado cando aínda vai madurando. É o marmeleiro unha árbore con moitos poderes curativos sanda a úlcera e a gastrite o arrefriado e a farinxite… Cultivalo é sinxelo; preparalo, non tanto, mais cando xa está feito Ummm…éche un manxar no prato! María Grande López 2º ESO B

O ABETO Quería ter un abeto para levalo no peto e neste mundo suxo e escuro ser quen de respirar o aire puro.

O outono enche as túas pólas tristeiras de ocres e de verdes

Anxo Riestra Araujo 1º ESO B

Iago González Fdez . 1º ESO B

O POLEIRO 2014

20


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O CASTIÑEIRO Que tan grande es! Verdes, os teus ourizos fante rechamante entre as outras árbores. A túa beleza fai brillar os meus ollos con tenrura con amor. María Gil González 1º ESO A

Polas mañás cediño véxoo pasar… o castiñeiro vello case sen follas xa. E tan soíño! tan triste coma un neno pobre e famento. José Váquez Cabrera 1º ESO A Entre Castiñeiros No cercado, as árbores son garridas e altas. Teñen o tronco groso e o froito saboroso. As súas raíces, fortes E que dicir do porte?

AS VIDES

Nayara Martínez Requejo 1º ESO A

As vides e o seu froito Símbolo de poder e nobreza Para os ollos dos pobres, dos deuses, néctar. Oficio de moitos, gozo dos outros. As vides e os seus froitos para min son morriña. Ismael López Fernández 1º ESO B O POLEIRO 2014

21


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA A FIGUEIRA Paseniño, paseniño paseando polo camiño ollo a árbore e digo: Cando estou contigo síntome libre, como a bolboreta na primavera branca, feliz e inspirada. No anoitecer fermoso estou preto de ti e canto máis me afasto síntome máis tristeira. As bágoas que me caen son bágoas de figueira, amiga fiel, compañeira, veciña, ti que me escoitas, cando choro ou se río grazas che digo. Iria González Rodríguez 1º ESO A

A MIMOSEIRA Mimoseira que vexo dende a miña fiestra Arríncasme a pregunta: Ti serás forasteira? Diante de ti, frondosa, vólvoche a preguntar E respóndesme sempre repites sen parar As mimoseiras somos de acolá, de acolá, de acolá… Alex Alonso Díaz 2º BAC A O POLEIRO 2014

22


O POLEIRO

LIBROS

LECTURAS PARA O VERÁN Chega o verán e as escusas de sempre, “non teño tempo”, “temos un exame”…xa non están operativas. Hai tempo e, aínda que é posíbel que haxa por aí algún exame que preparar, tamén é certo que seguramente terás moitas cousas urxentes que facer antes que poñerte a estudar. Por que non poñer nesa listaxe de asuntos que non se poden adiar o de ler algo en galego? A biblioteca fixo unha selección para ti na que podes atopar un chisco de todo: aventura, amor, policíaca, de ciencia ficción, cómic, realismo… Xa non podes dicir que non hai un libro para ti ou que non che gusta ler. Fernández Paz e as súas Cartas de inverno tráennos o arrepío necesario para baixar a temperatura dun día asfixiante; O can dos Baskerville ladra desde as páxinas de Conan Doyle espertándonos do sopor dunha tarde aborrecida. Antoni Mari estremécenos co seu refrescante “Vaso de auga”; Teresa Moure convídanos á casa dos Lucarios e por que seguir? Libros sobre cans, sobre a guerra, sobre relacións humanas, sobre a vida… e todo en galego, orixinal ou traducido. E se sodes uns rebeldes sen causa e nos vos prestan as nosas recomendacións por que non procurades no MEIGA e atopades o libro que mellor vos acae? Equipo de redacción de O Poleiro

O POLEIRO 2014

23


O POLEIRO

EVENTOS

CERTAME CELSO EMILIO FERREIRO Outro ano co noso certame de poesía que vai xa pola súa XXVI edición. Aquí vos presentamos os textos que mereceron o galardón do xurado nesta ocasión. Parabéns para a gañadora pola súa creatividade e noraboa a todos nós que poderemos disfrutalos.

1º PREMIO DE POESÍA Case choves

Patria

Case choves.

Díxenlle á muller da miña vida: “guapa”

Viñeches nun martes (case choves,) e simplemente pasaches con muller e traballo, con adulterio pactado, viñeches cunha vida propia,

Mais nesta, non houbo, marco de erro, sensación de ranchera interna, preludio da negación.

propias obras artísticas, propias follas túas, e novas, propia vida de “ano que ven” ao ano pasado que pasamos xuntos por contrato. Pero pasaches e agora eu sei que aínda existes.

Díxenlle á muller da miña vida: “guapa” E o espello acusoume recibo, recíproco, o espello non dixo que non

Nada máis é necesario

Iria Tarrío Pazos 1º BAC O POLEIRO 2014

24


O POLEIRO

EVENTOS

De Gontán a Celanova Neste curso a Coordinadora de Equipos de Normalización da Comarca pediunos que organizaramos algún acto de convivencia que, en certo modo, reflectise o espírito das actividades que se foron desenvolvendo ao longo do curso en todos os centros. E, como xa comprobastes, neste ano a paisaxe e as árbores foron as estrelas convidadas. Dixémonos que tiñamos que facer algo que fose moi noso, algo que estivese preto, algo que tivese que ver coas árbores, o patrimonio natural, a nosa natureza…Para que nos imos enganar? Non tivemos que pensar moito, unha ruta polo bosque era unha solución evidente, pero, como se comprobou despois, non por obvia, menos adecuada. Unha andaina, unha ocasión de camiñar xuntos- sen metáforas- pola nosa terra. Sen metáforas? Si , literalmente, camiñar xuntos, aínda que ese camiño é tamén a metáfora perfecta dunha mocidade que se vincula á súa terra, que se comunica con ela, que a ama. Nun tempo en que moitos mozos e mozas teñen que emigrar e abandonar o seu fogar á procura dun futuro menos incerto que o que se albisca, pararse a ollar e ver, cos ollos e co corazón, esta terra pródiga que nos fala desde a entraña do bosque e fala en galego, antóllaseme unha actividade necesaria. Partimos de Gontán, aproveitando un tramo do Camiño de San Rosendo, e ao longo do percorrido, saudáronos a meirande parte das especies autóctonas do país: Ola, soutos! Como vos vai, fragas! Eiiii, carballeiras!

Foi unha festa. As corredoiras recendentes, a humidade, o canto da auga todo o camiño, rechouchío de paxaros, as abellas nas súas alvarizas…E berros e risos e o noso idioma a florecer nas bocas da rapazada, a impoñerse sobre os ruídos da natureza ou a fundirse con eles…Foi unha festa. Ao final rematamos cunha homenaxe dupla. Coñecemos o lugar exacto onde descansan os restos do noso Celso Emilio e deixámoslle a mellor ofrenda que se lle podía facer: seguir o seu legado,“ser dun tempo e dunha terra…” e para certificalo contamos contos á beira dos camiños para non ser máis “mocedá derrubada”, nin “tronzada flor de arelas”. O POLEIRO 2014

25


O POLEIRO

EVENTOS

MARÍN E CELANOVA: ACURTANDO DISTANCIAS No día...chegou o momento que as sucesivas demoras fixeron que chegásemos a arelar: o do intercambio co alumnado do EDLG do IES de Marín. Antes diso, foran os cruces de correos electrónicos, os tatexos tímidos de simpatía e receo cos que se afronta toda nova relación. O noso alumnado preguntaba...cando veñen? E é que aínda que vivamos no século XXI e vaian e veñan polas ondas aqueloutras ondas de camaradaxe, curiosidade e expectativa, os sorrisos e acenos reais poden máis que os dos emoticonos, as olladas máis que os watsaps e a presenza física máis que a virtual. Con todo, aqueles correos serviron para decatármonos do próximos que están Marín e máis Celanova. As diferenzas entre a cultura da costa e a do interior esvaecéronse cando se comprobou que se lían os mesmos libros e se partillaba o gusto pola mesma música e tamén que, salvando a variedade dos acentos, as gheadas, o seseo, e algunha outra cousiña que nos sorprendeu e aprendemos, tamén falabamos a mesma lingua. Xa nos tardaban, como lles tardamos nós despois, por causas e azares alleos ao noso desexo, mais finalmente chegaron e procuramos que se atopasen entre en Celanova como na súa casa, é dicir, cómodos. Somos un IES pequeno e eles viñan doutro non moi grande, así que lles ofrecemos o mellor de nós e da nosa hospitalidade. Mostrámoslles aquilo do que nos sentimos orgullosos: o impresionante edificio que nos acolle, a nosa biblioteca singular e a nosa tradición histórica cultural e artística e por iso fixemos un percorrido polas dependencias do instituto, recibímolos na biblioteca cun recital de música, levámolos á igrexa de San Salvador e á capela de San Miguel, mostrámoslle o lugar no que Celso Emilio pasou as amargas e anguriadas horas de encerro das que fala no poema “Longa noite de pedra”, fomos á casa de Curros e asistimos á fabulosa “master class” de órgano a cargo de Irma e comemos. Tiñamos previsto facer un piquenique na Alameda e no xardín que hai debaixo do instituto, pero tivemos un día deses que xustifican o dito “ata o corenta de maio non quíte-lo saio”. E chovía. Caía auga a Deus dar. Viñan chuzos de punta. A cachón. Nesas O POLEIRO 2014

26


O POLEIRO

EVENTOS

circunstancias improvisamos unha comida no claustro. Todo o mundo se conformou con iso. O que xa non nos chistou tanto foi ter que volver ás clases pola tarde, unha vez que se gorara a visita a Vilanova que só puidemos facer cos de Marín. Falta de previsión? Ao mellor, si. Para a próxima inventaremos un plan B. Xa na vila medieval de Vilanova os de Marín visitaron a torre, atenderon ás explicacións de Paula, que estivo encantadora e servizal coma sempre, e ata puideron ver e coller entre as mans a tan sonada Virxe do Cristal que o cura nos trouxo, tamén moi atento. Non sei eu o que pensaría Curros desta última parte do noso programa, porque é sabido que o noso poeta era un anticlerical furibundo. En calquera caso, aprendemos, convivimos e pasámolo en grande.

VISITA A MARÍN O martes 5 de xuño os rapaces e rapazas de normalización fomos a Marín. Na viaxe fomos bastante cómodos xa que só eramos un poucos dos do Equipo. O instituto de Marín era pequeno ( moi, moi pequeno). Os de normalización de alí eran ben simpáticos pero o resto ollábannos dun xeito estraño. Ao chegarmos algo tarde, deixamos o de ver o instituto para despois e fomos ata os estaleiros. O sitio era enorme, pero, segundo a guía que nos deu a charla era dos máis cativos de España. A seguir vimos onde se deixaban os cereais, a froita, onde se cargaba, os refrixeradores…pero a min o que me gustou máis – e creo que a todos nós- foron as cadeiras que rebotaban. Xa vedes, conformámonos con pouca cousa. Despois volvemos outra vez ao instituto e tomamos uns pinchos que acabaron por ser unha comida. E a continuación baixamos ao recreo ( sigo sen saber o que lles pasa aos de alí). Ao rematarmos, leváronnos a un museo que pechaba en tres minutos. Ao homiño- vale, o guía- deulle tempo de explicarnos todo. E, despois da charla exprés, fomos á praia. Como non levamos traxe de baño, tivemos que andar paseando pola beira. Para rematar leváronnos a un parque, mellor dito, un xardín enormemente enorme. En xeral, foi unha excursión divertida. Uxía Nieves Estévez 1º ESO A O POLEIRO 2014

27


O POLEIRO

EVENTOS

DESPEDIDA DE 2º DE BACHARELATO Unha nova promoción de 2º de Bacharelato foi despedida un ano máis. O día 23 de maio celebramos a graduación dos nosos alumnos cun sinxelo acto no que partiparon alumnos e equipo docente. Despois das alocucións de rigor e do ágape, o alumnado pechou o acto impoñendo bandas ó profesorado nas que figura-

2º DE BACHARELATO A

ba unha simpática caracterización de cada un. Coma sempre agradecemos a colaboración de todos/as especialmente dos/as alumnos/as que con moita ilusión interprtaron varias pezas musicais que lograron sacar a bailar a máis de un. 2º DE BACHARELATO B ¡Seguide adiante. O próximo esforzo daravos novas alegrías!

O POLEIRO 2014

28


O POLEIRO

EVENTOS

DESPEDIDA DE 2º DE CICLOS FORMATIVOS Fin de curso!!! Parabéns a todos os que aprobastes todo. Ánimo aos que aínda vos queda algunha.. E, sobre todo, moi boa sorte aos que iniciades un novo camiño fóra do noso Instituto! Despois de partillar tanto tempo e de presenciar os vosos esforzos, os triunfos parciais e as pequenas frustracións e fracasos, só nos resta desexarvos felices vacacións a todos e todas!!! Xa vos estrañamos un pouco. Reiteramos desde aquí o noso agradecemento ás empresas e organismos que colaboran na FCT (formación en centros de traballo) dos nosos alumnos: Dpto. Administrativo. MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA GRUPO ANTOLÍN S.L. GESTORÍA CÉSAR ÁLVAREZ CARPINTERÍA ZARRISCO S.L. VIAJES OLALLA S.L. CONCELLO DE CARTELLE CIEFOCAL S.L. Dpto. Electricidade. INST. ELÉCTRICAS VALADO Celanova GRUPO ANTOLÍN INSTALACIONES S.L.Celanova ROBIMAT S.C.(Polígono San Cibrao das Viñas) CIE GALFOR S.A.(Polígono San Cibrao das Viñas)

Sen a súa participación o curso non tería sido posíbel. E lembrade que, por lonxe que vaiades, e oxalá vaiades tan lonxe como alcancen os vosos soños, este sempre ha ser o voso instituto. O POLEIRO 2014

29


O POLEIRO

ACENDENDO LUMIEIRAS EXPERIMENTANDO EN ELECTRICIDADE

Os alumnos de Iniciación á Electricidade e Electrónica estamos facendo un proxecto cun novo material de enerxía solar e fotovoltaica e tamén con outro para electrónica. Este ano é a primeira vez que os usamos. Viñéronnos tres kits de montaxe e facemos estes traballos en tardes nas que , doutro xeito, non teriamos outra cousa mellor que facer. Neste tempo, ademais de pasar un bo anaco cos compañeiros experimentamos e aprendemos cousas que anteriormente non coñeciamos. A nosa profesora de electricidade (Teté) brindounos a oportunidade de poder traballar con novas fontes de enerxía, descoñecidas, en certa medida, por nós, os alumnos. Imos mostrar algunhas das nosas prácticas.

Así traballamos os alumnos de Iniciación á Electricidade e Electrónica.

METEOESCOLAS

Gianni Pantin Rodríguez 3º ESO A Álvaro Fernández De la Cruz 3º ESO B Nicolás Bermúdez López 3º ESO C

Neste curso 2013-14, o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro participou no plan Proxecta “METEOESCOLAS”.Foi un proxecto interdisciplinar (Departamentos de Bioloxía, Historia, Física e Matemáticas) e o alumnado de 1º de ESO dos grupos A e B foron os encargados de sacar adiante as actividades que se desenvolveron durante todo o ano; unha delas consistiu na recollida nas súas aldeas de refráns relacionados co tempo atmosférico. Grazas ao alumnado polo traballo e moitas grazas aos veciños dos pobos por compartir a súa sabedoría connosco. O POLEIRO 2014

30


O POLEIRO

NO AMOR DOS DEVANCEIROS REFRÁNS Duas imaxes vizosas dos colleiteiros do noso patrimonio lingüístico.

1º ESO A

1º ESO B

“ Cando vexas néboa nos cotos altos, tangue os bois e agulleta os chancos” Zaira Gutiérrez Vázquez. Gomesende “ Entre Santos e Nadal, inverniño coroal” Lucía Dominguez Celanova “Entre Santos e Nadal, inverniño farual” Ivan Arias. Parbón, Cartelle. “ Tempo de neve, tempo alegre” Érika Valado. Vieiro, Verea “ Ata xaneiro, calquera can abanca o regueiro, de xaneiro para adiante non hai can que o salte” Sonia Loureiro. Sabuz, Cartelle. “ Xaneiro que non enche o regueiro non é colleiteiro” Érika Valado, Vieiro, Verea “ Xaneiro, xeadeiro” Érika Nieto. Castro. A Bola “ A chuvia de febreiro, fai o palleiro”. Érika Valado. Vieiro. Verea “ Febreiro, cada un co seu regueiro” Érika Nieto. Castro. A Bola O POLEIRO 2014

31


O POLEIRO

NO AMOR DOS DEVANCEIROS “ Febreiriño corto, cos seus vinte e oito, se dura máis tres ou catro, non queda nin can nin gato”. Amélia Cobelas. Cartelle “Febreiriño curto, cos teus vinte e oito, se duras máis catro, non queda nin can nin gato” Efrén Carracedo. Celanova “ Febreiriño cos seus vinte e oito, se dura mais catro non queda nin can nin gato” Ivan Arias. Parbón. Cartelle “ Marzo marzán, cara de can” Anxo Riestra. Celanova “ Marzo marzán, a mañá cara de can, a mediodía cara de raíña e a noite sega coma unha fouciña” Zaira Gutiérrez Vázquez. Gomesende “ Se en marzo ves tronar, prepara as cubas e máis o lagar”. Érika Valado. Vieiro. Verea “ Si por marzo ves tronar, prepara cubas e lagar” Iván Arias. Parbón. Cartelle “ Marzo pelarzo” Marcela Glez. Celanova “ Marzo airoso, abril chuviñoso, sacan a maio florido e hermoso” Lucas Zarauza Celanova “ Marzo ventoso e abril chuvioso fan a maio florido e hermoso” Outomuro. Cartelle “ Cando marzo maiea, maio marcea” Marcela Glez. Celanova. Iria da Mota Ramirás “ Entre marzo e abril, o cuco ten que vir” Lucas Zarauza. Celanova “Entre marzo e abril o cuco soe vir, se o cuco non ven, novedade ten” José Ángel Xunqueira de Espadañedo

O POLEIRO 2014

32


O POLEIRO

NO AMOR DOS DEVANCEIROS “Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gando” Ivan Arias. Parbón. Cartelle “ En abril, mete o porco no cubil” Manuel San Martino, Celanova “En abril, augas mil” Érika Nieto,Érika Valado,Sonia Loureiro, Marcela Glez, Rita Gómez, Nerea Glez “ En abril, augas mil e toda cabe nun barril” Nayara Martínez. Celanova “ Auga de maio, pan para todo o ano”. Érika Valado. Vieiro. Verea.Outomuro, Cartelle “ En maio, ainda a vella queima o tallo” Ivan Arias. Parbón. Cartelle. “Auga póla Ascensión, nin boa faba nin bo melón” Iria Glez. Quintela de Leirado “ Ata o corenta de maio, non quites o saio” Aida da Mota, Ramirás Sonia Loureiro. Sabuz. Cartelle, Marcela Glez “Ata o corenta de maio non saques o saio”. Érika Nieto, José Vázquez “Auga de San Xoán, quita o viño e non da pan” Outomuro, Cartelle “ Polo San Xoán, a sardiña molla o pan”. Marcela Glez. Celanova “ A lama de agosto e o vento de abril, Deus nos libre dil” Érika Valado. Vieiro. Verea. “ Para que haxa boas castañas, em agosto arder e em setembro chover” Marcela Glez. Celanova “ Polo San Martino, abre a castaña e abilla o viño” Marcela Glez. Celanova

O POLEIRO 2014

33


O POLEIRO

PECHE “O POLEIRO” Eis un novo número da revista do equipo de normalización do “IES Celanova Celso Emilio Ferreiro”. Un ano máis, “O Poleiro” foi elaborada coa intención de que sexa un entretemento e un testemuño do afán normalizador que, ao longo de todos estes anos, ten estado presente no ánimo das persoas que tanto empeño poñen en manter viva a difícil tarefa da dignificación da lingua galega. Grazas a todos/as os/as que colaborastes na elaboración deste novo número da nosa revista. Grazas polo voso titánico esforzo e por manterdes aceso o facho da ilusión de que algún día a nosa lingua terá o lugar que lle corresponde, de respecto e recoñecemento, dentro do mosaico de linguas do mundo. A todos/as os/as que facedes posíbel este proxecto, cada ano, non chegarían as páxinas de agradecemento por remardes a contracorrente e sen perder os folgos. Sabemos que o traballo é moito e os/as operarios/as poucos/as, pero tamén sabemos que se desfalecedes vós, cada vez haberá máis terreo ermo para a lingua galega. As e os que a cotío colaborades co Equipo de Normalización Lingüística, sodes os/as grandes heroes e heroínas deste desenfreado século XXI. Vós sodes os/as Rosalías, Pondales, Celso Emilios, Castelaos...dunha época na que se valoran máis os sinais de identidade espúreos que os propios. Desde esta humilde páxina pregámosvos que sigades aí, mantendo viva a esperanza de que “onde quer, xigante, a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán”. As e os nosos/as fillos/as e netos/as agardan que lles devolvamos o sinal de identidade máis prezado que pode ter un pobo: a lingua. Debémosllelo. Por iso, agora máis que nunca é necesario o esforzo e colaboración de todos/as. Todas as mans serán poucas para continuar a obra, pero todas as mans son imprescindibles. Ánimo e adiante!! Feliz lectura e feliz verán.

Leopoldo RodrÍguez Puga

O POLEIRO 2014

34



TRIPANDO OS CAMIテ前S DO FUTURO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.