O poleiro2013

Page 1



O POLEIRO

LIMIAR Xa vai aló outro curso, ou case, e nós andamos nesta angueira de botar contas do que fomos facendo no EDLG. Coma sempre:o intercambio, os traballos conxuntos coa Coordinadora Comarcal, que nos visitou coa súa exposición- é incríbel o ben e moito que traballan eses pequerrechos; moitos deles han estar axiña connosco no IES- e a visita ao Museo do Pobo Galego e as colaboracións co Departamento de Lingua e as campañas de Nadal e Rebaixas e a nosa participación na Biblioteca canda o Dia do Libro, por exemplo. E, claro, a microtoponimia, porque este ano acordamos botar unha ollada arredor e ver como son os lugares onde vivimos, como son e como foron e, se cadra, como poden chegar a ser. Se cadra, porque o futuro é de noso. Quen di que nós non podemos deixar pegada? E todo polos nomes. Os nomes que ten cada recuncho deste país sobre o que medramos, que nos falan con ecos que cheiran a toxo, a uces, a carballos, que nos traen á boca os sabores das estacións, da castaña, da mazá, da cereixa...que nos fan regalar os ollos á procura de cousas que xa non están, ou sí, porque están neles, pechados nas súas sílabas de escuros sentidos. A Valencosa, Ataínde, O Forno, A Carneira, Liñares, As Viñas, O Outeiro do Lobo...Ai, o lobo, canto medo e canta literatura! E recollemos nomes, pequenos nomes-" palabras pequeniñas, como cativas patrias ou pulsos latexantes"- que diría Celso Emilio. E, fotos (que xa estamos na segunda década do XXI) e fixemos montaxes audiovisuais e tamén deixamos que os nomes nos levasen polo camiño da imaxinación cara unhas orixes literarias que moitos inventamos para eles. Somos sabedores de que algunhas persoas moito mellor informadas ca nós estudan os nomes de lugar e fan mapas moi precisos da súa situación e recuperan a microtoponimia baseándose en datos rigorosos e traballos de campo laboriosos e serios; nós só pretendemos reparar e facer reparar neles; deixar de dicir "alí", "acolá"," onda a estrada", "no monte" e devolverlle á terra os seus nomes, os que nos deixaron en herdo os devanceiros e ser coma foron eles "co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe". Por que será que cando falamos de defender a nosa lingua sempre agroman á boca os versos de Celso Emilio? Esta nosa revista chámase "O Poleiro", que tamén é un nome de lugar, o lugar onde todos e todas construímos un soño, o de vivirmos en galego mil primaveras máis.

Redacción de O Poleiro

O POLEIRO 2013

1


O POLEIRO

LIMIAR SUMARIO libremente creamos largasío val de Celanova

cine libremente pensamos eventos

no amor dos devanceiros deportes e xogos

Tributos ao amor Tributos á terra As mazairas As de dentro A rocha O matreco A redondeliña O outeiro do lobo A carneira As nabeiras O camiño do lagarto Pedra da moa A peneda da lebre As nosas recomendacións A filosofia acual Eduardo Polo Visita a Santiago Certame de amor Farlimas Cos de Castro Caldelas Haikus Certame Celso Emilio Ferreiro Despedida aos de 2º BACH Lenda Refrans Mundil cabalo Un xogo de moda na biblioteca

PECHE

O POLEIRO 2013

2


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS TRIBUTOS AO AMOR Ti e os teus sentimentos Os teus beizos saben a mel E son tan suaves coma a túa pel Os teus ollos son farois Que alumean cara a ti

Os teus cobelos son coma cordeis Que me atan á túa beleza Os teus sospiros son o meu querer Cada dia que estou o teu carón

Amor Tu es a princesa dos meus soños a miña meiga que me enamoraches co resplandor dos teus ollos e da túa sinceridade Tu es a miña risa, e-los meus ollos, a miña felicidade meu corazon, miña alma, o meu todo. Neste poema expreso só un pouquiño do que sinto por ti. Coa seguranza que teño co corazon e coa alma nas mans dígoche canto te quero.

Tu es a lúa chea que me alumea Na penumbra da noite clara O sol radiante que me aquece aos raios da túa beleza quero estar ao teu carón sempre

E esa risa tan sincera e contaxiosa que me alegra a min, teu pobre, cada día máis me namora.

José Manuel Iglesias Gallego 3º ESO C

O POLEIRO 2013

3


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS Meu ben

Miña rosiña

Raíña das fadas princesa das ninfas infanta dos meus soños guía da miña vida.

Miña rosa dos ventos miña rosa dourada rosiña do meu xardín miña rosa, meu alecrín.

Folla da árbore caída flor de San Martiño nube de esperanza estrela do meu camino.

Miña rosa dos ventos dos meus catro ventos ventos da vida ventos de amor.

Ás de corazóns rubí de paixón nunca me abandones meu querido corazón.

Miña rosa dourada dourada coma os teus cabelos que invaden os meus pensamentos dunha alegría inmensa que me entra polo corazón adiante.

Deixa que te queira deixa que te ame non permitas que te fira se me dás todo o que che pida.

Miña rosa de xardín que inundas de perfume o meu inmenso sentir por ti.

Só che pido o teu amor só pido estar onda ti quero un todo contigo dende agora ata o fin.

Miña rosa, meu alecrín meu amor, meu prezado botín miña fermosa rosa, raíña que reinas no máis profundo do meu xardín.

A vida é fermosa ti érelo máis eu non quero unha rosa se ti non ma dás. Daniel González Fernández 4º ESO A

O POLEIRO 2013

4


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS Esa ollada cautivadora que me conquistou que creou en min unha intensa paixón. Os teus ollos verdes como esmeraldas sadúcenme como unha arañeira os teus cabelos louros e esa boquiña de chocolate provócanme e fanme tolear. Gústame o teu ollar xoguetón gústanme os teus beizos vermellos gústame o teu corpo marabilloso gústasme ti. Namoreime de ti no instante en que te vin tolei cos teus fermosos ollos e conquistáchesme coa túa encantadora forma de ser. Vólvome tolo polos teus bicos e polos teus abrazos imposibles imaxínomos nun mundo onde ti es a raíña, a princesa dos meus soños. Eu son o príncipe que gabea ata a túa fiestra e ti regálasme un bico e envolto por un amor enorme, deslizome pola corda abaixo coma se voase, coma un xílgaro que atopa a liberdade. Fáiseme imposible vivir sen ti se non estás, morro se estás, abrázome ó universo envolto nunha estrela de paixón. A Non sei se o sabes pero … SO E 4º ÁMOTE ez d n co máis profundo do meu ser rná e F ti es a miña vida ez l á z es o meu corazón latexante on G es a miña boca, iel an D o meu nariz, o meu corpo, a miña alma, todo es ti, e ti o es meu todo. Ámote, ámote, ámote non son nada, nin ninguén fronte a ti, meu amor.

i t e nt e m a o S

O POLEIRO 2013

5


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS TRIBUTOS Á TERRA Morriña teño desta Galiza onde falta traballo e non hai preguiza Moi ao contrario, traballo por amor, amor a terra , luz do galego quen, sen a súa horta, menos vería

CARTA DUN EMIGRANTE AOS SEUS

do que ve un cego.

Eu, pobre emigrado a terras de lonxe fun destinado edificios moi grandes, leiras pequenas

Os donos dos cartos soben tanto os prezos

e a casa onde medrei, unha casa de penas. Era miña e leváronma, entre os dedos roubáronma fíxolles graza a situación e tiven que emigrar por obrigación.

que quedamos sen pan; e eu ata penso que nos queren matar. E agora que gaño algo para poder alimentar os meus..., co que eu dou, os impostos han pagar e comer non?

E non son eu o único que tivo que marchar pola falta dos cartos Son un entre millóns un entre tantos!

Acaba aquí esta carta triste na que se retrata a crise

Como é posible que esoutros teñan tantos?

Brais Álvarez Escudero 4ºESO A

un berro duro de rabia para que me escoite a xente sabia.

O POLEIRO 2013

6


O POLEIRO

LIBREMENTE CREAMOS MIÑA TERRA Miña terra, terra dos labregos e mariñeiros, terra dos traballadores, terra dos que tiveron que emigrar, terra da miña nai, terra do meu pai, miña terra. Cando era pequeno sentábame naquel penedo, mirando o amarelento amencer, mirando o alaranxado atardecer, desta marabillosa, miña terra. Miña terra, terra dos meus amigos, das rapazas xeitosas, dos xabaríns e os corzos, de piscos e carrizas. Miña terra, onde eu nacín, a dos meus ancestros, miña terra, miña queridiña terra, Galicia. Esa terra que amei e amo tanto, a do primeiro amor a do último sospiro, miña terra …Galicia

Daniel González Fernández 4º ESOA

GALICIA Galicia terra nosa Fogar de poetas Fogar da prosa Sobre ela escribiron a nosa Rosalía, Cunqueiro E Celso Emilio Ferreiro. Galicia, terra nosa terra verde terra fermosa Kevin Teixeira Machado 3º ESO B

O POLEIRO 2013

7


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA AS MAZAIRAS Este campo chámase así porque hai moito tempo un home estaba a esperar a súa muller, pero esta nunca chegou. Ao pasar o tempo, o home, Xoán, coñeceu unha rapaza á que lle morreran os pais. Daquela decidiu enterralos nun monte e plantar unhas mazairas arredor formando un rectángulo. Máis adiante, Xoán casou coa rapaza, pero ela, da emoción, case afoga. Palestina, que era como se chamaba, sobreviviu e evitou deste xeito que o seu irmán quedara coa herdanza da familia. Ela non o ía permitir, así que tragou o cacho de froita que lle quedara atrancado e acabou de comer. Xoán e Palestina tiveron unha lúa de mel espléndida e ela quedou preñada. Tras nove meses, naceu unha rapaza chamada Zaira.

Eu creo que, cando volveron da súa viaxe o campo onde Palestina enterrara os seus pais xa tiña mazairas. Sería pola filla que lle puxeron o nome ao campo ou sería polas mazairas que lle puxeron o nome á filla?

Seica que tamén se facían festas alí. O meu avó non sabe quen foi o que lle chamou así a esa terra, pero todos os da parroquia saben onde é o sitio. Agora eu , tamén. Antonio Domínguez del Río 1º BAC. B

Ainoa Corbelle Montes 1ºESO A

A ROCHA

AS DE DENTRO Un día, paseando polo camiño co meu avó, díxome que aquela finca pola que iamos chamábase As de Dentro. Eu, por pasar o tempo, pregunteille por que e aínda non me olvidei do que vín e do que lle oín a el. Polo visto, antes, a finca era moi grande e, desde a entrada, non se lle podía ver o final. Díxome que era moi distinta, que había moitas cousas diferentes. No principio a terra era mala e a herba que saía era seca. Cando te adentrabas ía cambiando. Víanse as árbores medrando, froiteiras e tamén horta. Todo cheo de vida. Dixéronme que a colleita era ben boa.

A Rocha é un lugar do meu pobo (Ataínde). O seu nome non ten que ver con rocha ningunha que haxa alí, aínda que, ao mellor houbo unha algún día. Na Rocha, agora, non vive ninguén, só un home e unha muller que veñen uns días polas vacacións. Tamén é unha das saídas do pobo, pero a xente adoita vir polo outro lado do pobo porque por ese hai unha curva horrible e os coches case non caben por ela e non é a primeira vez que os coches aparecen cunhas riscadelas nos retrovisores. Poucas casas hai e alí é onde están todas as hortas do meu pobo. Erika Kimberlín Fdez. 1º ESO A

O POLEIRO 2013

8


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O MATRECO O Matreco é unha casa vella. Nela disque vívía unha muller que alí morreu e tamén se di que unha vez un home foi, entrou na casa e viuna. Como ninguén a quería, déronlla á miña avoa; eu sempre que vou fíxome moito para ver se vexo o espírito da dona, pero nunca vin a nignguén, aínda que, coma son algo argalleiro, por me divertir, dígolle á xente que sí, que a vin, e póñolles moito medo. Houbo unha vez que llo contei a un amigo meu e foi a casa a correr; agora non me quere pasar por aí polo da pantasma. Sempre me río moito, pero, despois, dígolle a verdade a quen llo conto para que tamén se ría comigo. Inventei unha canción: A pantasma do Matreco A pantasma da velliña está na xaneliña; cando pasa o homiño leva o medo e o viño no corpiño. Juan Pais Madrigal 1º ESO A

A REDONDELIÑA Conta unha lenda esquecida que hai xa moito tempo nun pequeno pobo de Galiza coñecido agora como Espiñoso había un castro que era moi medoño, porque a xente rosmaba que por el pasaba todas as noites a Santa Compaña. Os curas, os carpinteiros, os labregos, todos evitaban achegarse a aqueles lares, pero un día unha pequena Valente, loira e con ollos de mel, movida pola curiosidade, achegouse ao castro para comprobar se realmente por alí pasaba a Santa Compaña. Alí estivo toda a tarde agardando a chegada da noite. Anoiteceu e ela esperou e esperou mais a Compaña non

aparecía. Cando xa ía marchar pois reparou en que seus pais andarían xa a buscala preocupados, viu ao lonxe como se achegaban unhas luces. Á rapaza, de súpeto, entroulle o medo, aínda que, trala espera, non podía marchar así como así. A Compaña achegouse e comezou a dar voltas arredor da rapaza sen deixala escapar. Ao día seguinte a rapaza desaparecera e non voltou nunca, pero tampouco se volveu ver polo castro a Santa Compaña. Desde aquela, o lugar coñécese como A Redondeliña, ao mellor polas voltas redondas coas que encerraron os aparecidos á rapaza. Andrea Estévez Madarnás 1º BAC B

O POLEIRO 2013

9


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O OUTEIRO DO LOBO O outeiro do lobo está situado nun monte veciñal e chámanlle así porque segundo o que me contaron todo o mundo pensaba que alí había un lobo e non me estraña porque o lugar é moi frondoso e escuro. Ninguén se atrevía a ir ao outeiro polo lobo que habitaba alí. Un día, un home atreveuse pero todo o mundo era a dicirlle que non fose, que o lobo o comería. Non fixo caso e foi. Ao chegar, apañou algo de medo aínda que parecese que ía todo atrevido. Pouco a pouco, para non facer ruído foise metendo ata que apareceu o lobo. O home colleu un pau para se defender, pero o lobo comezou a ouvear e foron chegando máis lobos. O home botouse a correr e perdeuse. Ía cara adiante e cara atrás sen rumbo, ata que viu a primeira casa do pobo e correu cara ela. Ao día seguinte, foi con tres cazadores para matar os lobos. Cando empezaron a aparecer, os cazadores, cheos de medo, puxéronse a disparar. Mataron a todos

menos a un. Cando o viron escapar, intentaron ir atrás del, pero o lobo corría máis ca eles e coñecía mellor o monte. Os cazadores e mailo home marcharon para a casa. Ao chegar ao pobo contaron a súa historia e a xente púxolle ao outeiro "Outeiro do Lobo". Samuel Erbén Vázquez 1º ESO A

A CARNEIRA No pobo onde vive miña avoa, Leborín, hai moitos lugares que teñen un nome especial e cunha orixe incríbel. Eu escollín A Carneira. Os vellos de Leborín din que hai moitos, moitos anos, nunha parcela espallada no medio do

monte, andaba a pacer un rabaño de ovellas bastante grande, no que tamén había algún que outro carneiro. O pastor do rabaño, de cuxo nome non se lembra xa ninguén, levaba o rabaño alí; dicía que a herba daquela parcela era especial porque volvía máis listas as ovellas. Leborín foi sempre un pobo de gandeiros e, se a parcela aquela non era especial, o que alí pasou, sí. Unha noite de verán, nesas en que a temperatura é agradábel, todos os do pobo reuníranse, coma tantas outras veces, para comer cereixas e beber un vaso de viño. Cando xa era un pouco tarde e os veciños ian marchando, dous carneiros do

O POLEIRO 2013

10


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA rabaño baixaron pola aba do monte á présa. Os que aínda quedaban reunidos alarmáronse. A xente foi atrás dos carneiros para ver o que pasaba. Ao chegaren á parcela, os presentes quedaron abraiados: unha manda de lobos intentaba atacar as ovellas. Entre todos asustáronos e os lobos marcharon. Ao día seguinte, todo o pobo se xuntara a carón da finca para enteirarse da historia. O pastor dixo: -Vedes, xa volo dicía eu. A herba desta parcela é máxica! De non ser polos carneiros, tería perdido o rabaño todo. A Carneira hoxe pertence á miña familia. Alí temos a viña. Din os de Leborín que tivemos sorte, que a herba dalí é máxica. Que ía dicir que aquel campesiño ao que todos tiñan por tolo tería razón. Esta é a lenda que explica por que á nosa finca lle chaman A Carneira, na honra dos dous carneiros listos que salvaron o seu rabaño.

AS NABEIRAS Hai trescentos anos, en Vilanova, vivía un gandeiro chamado Efilio que tiña un can ao que lle puxo Nabeiras. Todas as tardes, ás seis, ía coas vacas a unha terriña que tiña á beira da casa e o Efilio deixaba ao Nabeiras a cargo delas, mentres el ía facer outras tarefas. Un día, despois de rematar as labouras, volveu á terra para levar as vacas á corte, pero non esperaba que o Nabeiras tivera desaparecido. Efilio, desesperado e cheo de angustia, meteu a correr as vacas na corte e marchou buscar o can por todo o pobo. Preguntáballe á xente se

viran e ata buscaba nos recunchos máis pequenos. Despois de dous días enteiros buscando, escoitou o ladrido do Nabeiras na súa terra. Naquilo, foi mirar o que pasaba e viu o can acompañando unha vaca. Efilio aledouse moito de volver ver o seu amigo e deseguida entendeu por que desaparecera: escapáralle unha vaca e o seu Nabeiras fora en busca dela ata traela de volta ó seu sitio como lle encargaran. Para recordar o seu cadelo, aquela terra sen nome converteuse nunha terra moi prezada para el chamada así, Nabeiras. María Grande López 1º ESO A

Lucía Fernández Glez 1º ESO A

O POLEIRO 2013

11


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA O CAMIÑO DO LAGARTO Hai tempo que escoitei a unhas veciñas falando sobre unha muller que facía un xabón un tanto especial. Era moi suave e cheiraba mellor ca ningún. A todos lles gustaba, pero ninguén lograba que lle quedase coma o da muller por moito que o intentaban. Certo día un home que vivía en fronte seguiuna nunha das moitas saídas que realizaba a muller. Viu que se dirixía a un camiño polo que non pasaba ninguén porque a xente tiña medo a cruzar o camiño polo lote de lagartos que alí había. O veciño seguiuna varios días e a muller ía sempre ao camiño aquel. O home non se atrevía a pasar polo camiño e por iso non daba sabido o que a muller facía nel, ata que se encheu de coraxe e viuna matando lagartos. Foi máis días tras dela e a cousa non cambiou nada. A matar lagartos

sempre. Cando a curiosidade puido coa reserva, o home foille facer unha visita á casa. Na cociña, a muller foi preparar uns cafés e o home aprovei-

tou para dar unha volta por alí. Sen querer, entrou nun cuarto onde a muller preparaba o xabón e quedou pampo ao ver que os lagartos que mataba botáballos ao xabón. Facía o xabón con lagartos. Ao camiño xa lle chamaban todos "O camiño do lagarto" e ao xabón da muller, tamén. Laura Fernández Miranda-1º BAC. B

PEDRA DA MOA Esta historia remóntase ao tempo en que Galiza era un reino. Dous amigos, un sacamoas e un

canteiro, bromeaban sempre sobre pór unha moa feita de pedra, que non a escachase ningún óso ao rillar. Un día, cando estaban bebendo algo na taberna, apareceu unha doncela tan, tan fermosa que os dous quedaron namorados nela nese mesmo intre en que a viron. A pobre viña á procura dalguén que lle fixese unha moa ao pobre do seu pai. Ofrecéronse os dous a axudala. O canteiro fixo unha moa da mellor pedra que atopou e o sacamoas foilla pór ao pai dentro da boca. Canodo o pai tiña xa a súa moa ben postiña, resultou que era un nobre con moito señorío e moitas terras. Agradecido, quixo casar a filla co sacamoas e ao canteiro cunha irmá e deulles por dote uns eidos grandes en San Salvador de Celanova. Os amigos, ao lembrar de onde lles viñera o seu capital, chamáronlle ao lugar onde tiñan os eidos este nome estraño: Pedra da Moa. Daniel Ruido Dacal 1º BACH A

O POLEIRO 2013

12


O POLEIRO

O LARGASÍO VAL DE CELANOVA A PENEDA DA LEBRE É un lugar do meu pobo, xa un pouco abandonado que se atopa na cima do Outeiro. Xa hai tempo que a xente o ten descoidado, pero aínda así, algúns rapaces do pobo imos pasar alí un bo anaco contemplando as vistas que hai. Cando miña nai era pequerrecha, ela e mailos seus amigos ían xogar alí moito, facían merendolas e cabanas. Había veces que alá se xuntaban vinte ou trinta rapaces e pasaban o mais do tempo xogando. Tamén ás veces durmían nas cabanas que fixeran. Encantáballes aquel lugar porque se podía ver o teito de todas as casas. A min gustaríame moito que aquel lugar se conservase coma antes. Podíamos pasar tardes xeniais e divertidas, no canto de estar xogando ás maquinitas. Miña nai contoume que se xogaba ao fútbol, pero que o máis divertido era que, como o lugar é bastante apeado, cando lle daban unha

pancada á pelota, volvía para atrás. Tamén me contou que aquel lugar era bastante diferente a como é hoxe: era chairo, con poucas árbores e moito espazo para xogar...; hoxe é frondoso, cheo de árbores e toxos , desleixado. Seica un día, mentres os rapaces e as rapazas estaban a divertirse escoitaron uns ruídos estraños onda unha

escoitaron, novamente, o ruído e volveron a achegarse e o ruído volveu desaparecer. Pasaron un pouco daquilo, pero seguían escoitándose os ruídos ata que nunha das súas investigacións, toparon cunha familia de lebres. Dende aquela, cando caían nese lugar, lévanlle comida e auga ás lebres e xa ese sitio foi para eles A Peneda da Lebre. Esta é

peneda que había preto deles. Asustáronse un pouco, pero para asegurárense de que non había nada malo, foron mirar. Ao achegárense, o ruído desapareceu e, como era de esperar, botáronlle a culpa ao vento. Ao volveren uns días despois,

unha explicación tan boa coma calquera de por que se chama así. Se non che gusta, inventa ti outra. Ánxela Carrera Sampedro 1º ESO A

O POLEIRO 2013

13


O POLEIRO

CINE COMEDIA Con faldas e ao tolo Dous músicos de jazz, Joe e Jerry convértense, involuntariamente, en testemuñas dunha "matanza" entre bandas rivais de gángsters. A partir dese momento a banda de "Botines" búscaos para eliminalos. Para fuxir, entran nunha orquestra de señoritas que precisa un contrabaixo e un saxo, precisamente os instrumentos que eles tocan. Para entrar na orquestra, Joe e Jerry téñense que disfrazar de mulleres, cos nomes de Josephine e Daphne e marchan a Florida. Joe namórase de Sugar, a cantante do grupo, e Jerry atópase en Florida cun fervoroso admirador multimillonario. Gloriosa farsa, xenial xogo de falsas identidades na que Billy Wilder se serve da parodia do cine de gángsters para facer unha das mellores comedias da historia do cine.

COMEDIA

WESTERN

Django desencadeado En Texas, dous anos antes de estoupar a Guerra Civil Americana, King Schultz, un cazarrecompensas alemán que lles segue a pista a uns asasinos para cobrar polas súas cabezas, promételle ao escravo negro Django deixalo en liberdade se lle axuda a collelos. Este acepta porque despois quere ir buscar a súa muller Broomhilda, unha escrava que está na plantación do terratenente Calvin Candi. É exactamente o que se espera de Quentin Tarantino: crítica, potente, divertida, descarada e sanguiñenta. E unha escena sensacional tras outra.

O POLEIRO 2013

14


O POLEIRO

CINE SUSPENSE O silencio dos años O FBI busca a "Buffalo Bill", un asasino en serie que mata as suas vítimas, todas adolescentes, despois de preparalas moi ben e arrincarlles a pel. Para poder atrapalo recorren a Clarice que, seguindo as instrucións do seu xefe, visita o cárcere de alta seguridade onde está pechado Hannibal Lechter, un antigo psicoanalista e asasino cunha intelixencia superior á normal. A súa misión será intentar sacarlle información sobre os patróns de conduta de "Buffalo Bill". Intrigante e maxistral película de suspense psicolóxico con toques de terror que alterna interesantes detalles sobre a investigación en curso con sorpresas tan impredecibles como angustiosas apoiándose en escenas impactantes.

FANTASIA Charlie e a fábrica de chocolate Charlie Bucket, un neno moi bo dunha familia humilde, gaña un concurso, xunto a outros catro nenos de diferentes partes do mundo, para disfrutar dunha visita durante todo un día á xigantesca fábrica de chocolate do excéntrico Willy Wonka e o seu equipo de Oompa-Loompas. A fábrica parécese a un mundo fantástico e máxico cheo de diferentes sabores, todos moi doces. Unha película casi redonda sobre nenos e para nenos que non perde a esencia do que realmente significa ser un neno. Unha divertida, ensoñadora, crítica, aleccionadora historia especialmente adicada a nenos mimados. Unión perfecta entre autor e director con ese toque tan persoal, imaxinativo e explosivo de Tim Burton.

O POLEIRO 2013

15


O POLEIRO

CINE DRAMA Cinema Pardiso Cóntanos a historia de Salvatore, un neno ao que cariñosamente chaman Totó e que disfruta apaixonadamente do cine proxectado no seu pobo. Escapa sempre das súas tarefas para ir ás proxeccións e relaciónase con Alfredo, o proxeccionista que o acabará ensinando e co que manterá un vínculo de cariño inmenso. Pasan os anos e suceden unha serie de cousas que non se deben contar aos que ainda non a viron. Un final espectacular que, só con imaxes e música, ten unha carga emocional impresionante. Tenrura, cariño e beleza coa tristeza xusta, onde os máis sensibles chorarán sen dúbida.

MUSICAL Moulin Rouge! A historia dun escritor novo, Christian, que, na busca dunha obra sobre o amor, atopa por casualidade un grupo de artistas bohemios encabezados por Toulosse-Latrec. Xuntos, comezan a traballar nunha obra que deberá ser interpretada pola estrela do Moulin Rouge, a fermosa e deslumbrante Satine. Christian e Satine namora, pero a figura do duque, que pretende a Satine e mecenas da obra, virá a interpórse entre eles. Chama a atención a fusión de universos e modas contrapostas nas que non é raro que no famoso teatro do 1900 soen "Smell Like Teen Spirit" de Nirvana, que Satine cante "Diamonds are a Girl´s Best Friend" de Marilyn Monroe ou que as coristas comecen o espectáculo cantando "Lady Marmalade". O desenfreo visual agocha unha trama que, segundo avanza, adquire peso e profundidade, facéndose abertamente oscura e emotiva no seu final. Katherine Loureiro 4º ESO B Mari Jose Martínez Verdi 3ºESO C O POLEIRO 2013

16


O POLEIRO

LIBREMENTE PENSAMOS A FILOSOFÍA ACTUAL A filosofía actual vén marcada pola influencia que exerceron no século XX o positivismo, Nietzsche, a filosofía da linguaxe (círculo de Viena, Wittgenstein) a fenomenoloxía de Husserl, o existencialismo e tamén o desenvolvemento da tecnoloxía. Isto quere decir que as filosofías e filósofos indicados contribúen cos seus sistemas filosóficos ou coas súas ideas ao cambio de mentalidade ou de forma de interpretar a realidade. Así, o positivismo de Auguste Comte afirmaba que a única forma de coñecemento básase no método científico. Nietzsche coa súa crítica á metafísica tradicional e a súa afirmación da morte de deus, destrúe

deixa sen sentido moitas afirmacións filosóficas, e así poderíamos seguir... O que nos queda é o que nos ofrece a tecnoloxía, a comodidade tecnolóxica,

actual está comandada por conceptos como ate-

a produción en serie, o que vemos e tocamos. A filosofía actual relé, cri-

sofía todos estes conceptos, a filosofía tradicional, a ciencia tan complexa predominante e a gran cantidade de infor-

ideoloxicamente unha tradición filosófica moi

tica e reflexiona a filosofía do siglo XX e anteriores, intentando buscar novas formas de pensa-

arraigada. A filosofía da linguaxe coas súas análises de toda proposición

mento; algúns din que a filosofía actual é o postmodernismo. A filosofía

ísmo, subxetividade, absurdo, complexidade e caos.Tal vez sexa necesario sintetizar nunha filo-

mación á que estamos sometidos. Álex Alonso 1º BAC. A

O POLEIRO 2013

17


O POLEIRO

LIBREMENTE PENSAMOS OS FILÓSOFOS

DA ACTUALIDADE

LEONARDO POLO Ademais dos filósofos que a todos nos soan, existen outros pensadores que na actualidade están a realizar un gran labor e vouvos presentar un dos máis célebres e talentosos filósofos deste século. Leonardo Polo é un bo exemplo da filosofía actual. Leonardo Polo é un filósofo madrileño nado no 1926. Despregou os seus saberes traballando de mestre na universidade de Navarra e en numerosos periplos por diversas universidades iberoamericanas. En 1964 presentou á comunidade filosófica nacional ( O acceso ao ser) o seu filosofema central:" o límite mental". A mente humana ten una limitación constitutiva que o exercicio do pensamento tan só consegue consagrar. En cambio, se se detecta adecuadamente, cabe unha metodoloxía filosófica consistente en abandonar o límite mental.

Dito abandono é permitido de catro xeitos, que avogan por unha mellor comprensión da temática filosófica radical, a saber: a esencia e o ser do universo e o ser das personas humanas. A partir desa primeira intuición, Polo consagrou a súa longa carreira de investigación filosófica a precisar o alcance da súa nova metodoloxía e ao

desenvolvementoo da filosofía que se logra máis alá do límite mental. O seu traballo supuxo, en resumo, os seguintes logros: - Unha reivindicación do saber humano na súa

forma habitual. Non é a teoría, nin a ciencia, o modelo máximo da sabiduría humana, senón a experiencia. E así, tal e como sucede cos saberes prácticos, que son artesanais, algo así ocorre tamén cos saberes teóricos: que son susceptibles dunha experiencia intelectual, dacordo coa cal alcanzamos a saber máis e mellor que co obxetivismo da teoría científica e a súa metodoloxía exclusivamente analítica. - E, sobre todo, unha nova formulación, trascendental, da antropoloxía, que considera a liberdade como un radical da existencia humana, aberta ao coñecer e ao amar. Con ela dáse cauce á pretensión moderna de independencia e autonomía ,a elavación do ser persoal , do mundo no que vive, e de Deus con quen coexiste. Álex Alonso 1º BAC. A

O POLEIRO 2013

18


O POLEIRO

EVENTOS

VIAXE A SANTIAGO

Este ano os de normalización fomos a Santiago de Compostela para visitar o museo do Pobo Galego , onde nos ensinaron as distintas tradicións do noso pobo, dende os devanceiros ata hoxe en día. Ao remata-la visita do museo, fomos ve-la obra de teatro: "Pelos na lingua" Esta obra trataba sobre a discriminación que hoxe sofre o galego nalgúns ámbitos do día a día, xa que moitas persoas déixano de falar por prexuízos creados socialmente. A obra foi moi interesante e moi divertida. Logo, á hora de comer, fomos ao centro comercial. Nel puidemos realizar diferentes actividades como comer xuntos , ir á sala de xogos e algúns ata aproveitaron as rebaixas de febreiro. Despois de pasar un día moi divertido, os nosos profesores decidiron traernos de volta á casa. Para rematar ben a viaxe, algúns xuntáronse a xogar un futbolín, e outros , cansados, decidiron regresar aos seus fogares tras un día moi atafegado.

Noelia Sousa Seara 3º ESO B, Eva Villanueva Rivera 3º ESO B Alexandra Cornelia Cristina Farcas 3º ESO C O POLEIRO 2013

19


O POLEIRO

EVENTOS CERTAME DE AMOR Este curso volvemos a utilizar a un santo de xeito profano e polo que respecta a historia da humanidade non foi a primeira vez nin será a última. San Valentín é un bo pretexto para achegármonos á literatura e propoñer a lectura dalgúns fragmentos máis ou menos coñecidos por todos para adentrármonos nos medos e ledicias que o amor causa en todos os seus escravos. Ou, quen se viu capaz de escravizalo a el? Quedaron expostos 28 textos de amor, que seleccionamos de xeito subxectivo e moitos alumnos mergulláronse na súa lectura para estremercerse con algún deles ou ben riron ou se estrañaron, porque nada do que pertence ao corazón humanos nos é alleo. O texto máis votado foi o seguinte: "El amor, sí. ¿Amor? ¿Amor dicen? ¿Qué saben de él todos esos escritores amatorios, que no amorosos, que de él hablan y quieren excitarlo en quien los lee? ¿Qué saben de él los galeotos de las letras? ¿Amor? No amor, sino mejor cariño. Eso de amor -decíase Ramiro ahora- sabe a libro; sólo en el teatro y en las novelas se oye el yo te amo; en la vida de carne y sangre y hueso el entrañable ¡t e q u i e r o! y el más entrañable aún callárselo. ¿Amor? No, ni cariño siquiera, sino algo sin nombre y que no se dice por confundirse ello con la vida misma." Miguel de Unamuno, La tía Tula

Graciñas pola colaboración de todos vós e esperamos que o ano que vén poidamos contar coas vosas suxestións musicais ou cinematográficas e así montar outra nova mostra que ofrecer a este santo, dado que todo o que poidamos facer pola a nosa alma ha ser pouco. Lola Limia Colmenero

O POLEIRO 2013

20


O POLEIRO

EVENTOS COS DE CASTRO CALDELAS POR CELANOVA O pasado mes de maio algúns dos alumnos e profesores do C.E.I.P. Virxe Dos Remedios, de Castro Caldelas visitaron Celanova. Para comezar, amosámoslles o noso instituto, fixemos un percorrido por todo el e ,finalmente, paramos no mellor sitio deste: a biblioteca. Una vez alí, dúas da nosas profesoras deleitáronnos cuns versos. Ao saír do instituto, fomos a igrexa de San Rosendo, na cal o cura Don César, explicounos cada detalle do altar maior. Vimos tamén a capela de San Miguel para enseñarlla aos de Catro Caldelas.

Desde aquí partimos á casa de Curros na que vimos una breve curtametraxe sobre Celanova, vimos a casa un pouco por dentro e lemos algúns poemas. Voltamos para a igrexa e alí a nosa profesora de música deleitou os nosos oídos cunas pezas no órgano. Ao rematar, os alumnos de Castro Caldelas e Celanova xuntámonos para comer e despois levámolos aos lugares que nos adoitamos frecuentar. Máis tarde, partimos para o bonito pobo de Vilanova do Infantes para amosar cada recuncho que este garda. En resume, que o pasamos moi ben e fixemos novos coñecidos, todos moi sipáticos, a verdade. Sophía Ochoa Domínguez 4º ESO A

O POLEIRO 2013

21


O POLEIRO

EVENTOS VISITA A CASTRO CALDELAS O día 3 de xuño viaxamos a Castro Caldelas coa ilusión de coñecer o pobo e visitar o Canón do río Sil, ademais do reencontro cos nosos amigos. Alí os rapaces recibíronos con refrescos e bica, e retomamos a relación iniciada con eles a través dos correos e a presentación que tivemos cando nos viñeron eles a visitar. Despois enseáronnos as instalacións do seu instituto e, na clase de música, bailaron para nos. Máis tarde fomos visitar xunto a eles a vila e o Castelo. Estivemos dando unha volta por o casco vello e despois subimos o castelo. Esta fortaleza medieval, pertenceu a familia Lemos ata a súa incorporación a casa de Alba o século XVIII. Consérvanse case todos os muros da muralla, 3 torres cuadrangulares e o patio de armas. As vistas dende as torres son impresionantes. A torre do Reloxo se levanta a dereita da entrada. Chamounos a atención a súa maquinaria, que se pode ver tras uns cristais, e que aínda esta en funcionamento. Dentro do castelo tamén visitamos o museo no que hai obxectos encontrados no interior do castelo, como moedas, xoias, armas, cerámica e utensilios de cociña. Tamén hai teares, rocas, apeiros de labranza e carpintería. Xa despois, dirixímonos a Fábrica da luz, que e unha antiga central eléctica convertida en albergue e centro de exposicións. Para chegar alí tivemos que ir no autobús por unhas estradas moi estreitas e costas e puidemos ver as viñas da Ribeira Sacra que están en socalcos.

Posteriormente fomos explorar a marxe do río onde nos quedamos a comer cos nosos compañeiros de Castro Caldelas. Para rematar,, visitamos os Balcóns de Madrid que e un mirador sobre un meandro do río Sil, dende o que se ve o lonxe Monforte. Xa por a tardiña, volvemos de novo a Celanova. Noelia Sousa Seara 3º ESO B Pasámolo todos moi ben. Eva Villanueva Rivera 3º ESO B O POLEIRO 2013

22


O POLEIRO

EVENTOS PROXECTO "NON ME VEÑAS CON CONTOS" TALLER DE ESCRITURA CONECTADO CO MUNDO AUDIOVISUAL 'Non me veñas con contos' son dous talleres conectados, un de escritura e outro de imaxe, para que os alumnos conten historias que inventen ou adapten á pantalla historias que lles gusten. Deste xeito aprenderán a escribir historias, facer un guión, editar imaxe e facer unha curta de animación. O proxecto comezou o curso pasado e prolongouse durante todo este ano. O seu obxectivo é fomentar no alumnado o gusto por ler e escribir, ferramentas básicas na aprendizaxe. A conexión cos medios audiovisuais axuda a obter creacións nas que o alumnado ve plasmado o seu traballo. O traballo consistiu en recoller unha escolma de contos da que se fixo unha lectura comprensiva para Sacrificio anual do touro elixir un. Elaboráronse os personaxes con plastilina e os escenarios con papeis, telas e pintura. Logo concretamos o guión, eliximos a música e montamos as fotos nun editor de vídeo. Agora temos un trailer representativo do que vai ser o resultado final. Gerardo Domarco é o coordinador do proxecto, que se desenvolve na Biblioteca en horario extraescolar.

Palacio de Kash. O rei e o seu séquito

Palacio de Kash. Sala do trono

O POLEIRO 2013

23


O POLEIRO

EVENTOS

HAIKUS A literatura ofrece tantos camiños de creación e disfrute coa palabra, palabra máxica que tanto acaricia como fustiga, que ten que ser empregada para acompañarnos nas clases e na vida. Partimos nesta ocasión da clase de literatura de 4º de ESO e propuxemos un concurso de Haikus aos alumnos, que foron os que crearon os seus propios versos atendendo a este xénero poético oriental e milenario. Os vimbios do Haikus son sinxelos: é un poema breve, case sempre de dezasete sílabas distribuídas en tres versos, de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente. Pero o que caracteriza ao haiku e o distancia doutras formas poéticas é o seu contido. Un haiku trata de describir de forma brevísima unha escea, vista ou imaxinada. Aquí tedes algún exemplo dos nosos alumnos: Como un fantasma su mirada me sigue en el silencio.

Está lloviendo tus párpados mojados sabor a muerte.

Antía Vázquez Araújo. 4ºA

Lucía Revuelta. 4ºA

Desaparecen, las tenebrosas nubes y sale el sol.

Tenue camino de sueños pasajeros siempre sin final.

Sandra Ferro Calviño. 4ºB

Katy Loureiro. 4ºB

Probade vós, animádevos a crear un Haiku e podedes tuitealo cos amigos. Por exemplo, podedes mandar un verso e que o continúe un amigo e o remate outro. Só hai que deixarse levar pola palabra e a súa música. Un saúdo e disfrutade dun verán estupendo.

Lola Limia Colmenero

O POLEIRO 2013

24


O POLEIRO

EVENTOS CERTAME CELSO EMILIO FERREIRO Outro ano co noso certame de relato e poesía que vai xa pola súa XXV edición. Aquí vos presentamos os textos que mereceron o galardón do xurado nesta ocasión. Parabéns para eles pola súa creatividade e noraboa a todos nós que poderemos disfrutalos.

1º PREMIO DE POESÍA DE NÚMEROS VAI A COUSA Nós que nos xuramos amor + infinito todo recollido en brillantes palabras inventadas que ninguén + se atreve a liberar. Coa túa boca trincas, desatas e esparexes verbas e faéndote o invencible de dicir quérote renegas. Escribes con plumas de ave elegante e ó teu paso cortas o aire e sucas regos fondos na miña derme. FANTASÍA amorosa; ou AMOROSA fantasía? Dá =. Quen é o culpable senón ti? …Espirito libre, frío e calculador de distancias entre nós! Quero que sexas o meu ángulo complementario. Tendendo ó infinito… nun mundo, que non é moi mundo, pero que é moi noso.

Antía Vázquez Rodríguez 1º BAC do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

O POLEIRO 2013

25


O POLEIRO

EVENTOS

1º PREMIO DE RELATO CURTO O misterio da fraga Hai pouco tempo, a unha nena de doce anos chamada Lúa ocorreulle tal historia que ti, lector, non sei se a crerás. Lúa vivía nunha aldea ao Oeste de Galicia. A encargada de coidala era a súa avoa Digna, que a quería moitísimo. Un día de primavera, a avoa pediulle á rapaza que fose apañar landras para os porcos aomonte. Ela, moi guiada, fixo caso á orde da avoa e púxose en camiño a unha fraga que non quedaba moi lonxe do lugar. Chegou. Podía alentar un aire húmido porque á súa beira había un río e tres regatos. Aquel aire gustáballe. Sentíase libre, coma se estivese soa no mundo por uns intres: senguerras, sen mortes, sen pelexas... pero tamén sen amigos, familiares... De socato comezou a entristecerse e decidiu parar de pensar naquilo. Comezou coa tarefa que lle encomendara a súa avoa. Buscou carballos e apañou moitas landras que meteu nun saco. Cando xa ía marchar, comezou a oír diversos ruídos estraños, e como era unha rapaza moi curiosa e espelida, comezou a camiñar cara o lugar de onde procedían aqueles sons que nunca escoitara. Eran unha especie de palabras incomprensibles para os humanos . Lúa viu algo que se movía e, como non podía ser doutro xeito, desexou ir cara a el aínda que a súa conciencia estaba dubidosa. Quedou pampa. Nin sequera asustada: Pampa. O que alí había era, nada máis e nada menos, que un gazafello! Tocouno e de súpeto viu como as árbores que a rodeaban, o río e os tres regatos ían desaparecendo. Esvaecíanse no ar e Lúa comezou a ter algo de medo.

O POLEIRO 2013

26


O POLEIRO

EVENTOS Ela e o gazafello teletransportáronse a un lugar que ela non coñecía. Aquel sitio estaba bastante escuro, de non ser polo ceo de miles de luces de cores baixo o que estaban. O gazafello faloulle a Lúa nunha lingua que ela non coñecía, e ao mesmo tempo que el falaba ían aparecendo ao seu redor obxectos, animais e máis gazafellos! Lúa quedou moi asombrada e deixou de facerlle caso ao trasno. Foi dar unha volta por aquel estraño lugar. Os seres parecían poderen comunicarse cos animais que alí había: os esquíos. As casas eran moi grandes, polo que Lúa supuxo que vivirían varios seres en cada unha delas. Continuou co seu paseo pero tal era o seu asombro que bateu cunha árbore rosa e caeu ao chan inconsciente. Sentiu pequenas pisadas que se achegaban e a voz da súa avoa Digna que dixo: - Lúa!!! Como tardabas tiven que vir buscarte. Estaba moi preocupada. Que che pasou? - Eh...isto... ben, non o sei. Supoño que me despistei co tempo -dixo Lúa, sen saber qué acababa de pasar. - Si, iso si, debiches de quedar durmida -dixo a avoa. Lúa dixo para si mesma : - Pero... era tan real... non creo que fose un soño. Estou segura de que pasou de verdade. Eu... eu toquei aquel gazafello. Ou non? Supoño que terei que esquecelo; son seres míticos, non reais. - Veña, imos á casa, que supoño que terás fame. Non? Xa son as sete e media da tarde.-dixo a avoa. - Si, avoa, xa vou. Pero... eu tiña aquí un saco coas landras... E de súpeto viu un gazafello cun saco cheo de landras que lle chiscaba un ollo.

Noa Insua Amigo IES Xelmírez II (Santiago de Compostela)

O POLEIRO 2013

27


O POLEIRO

EVENTOS DESPEDIDA DE 2º DE BACHARELATO O día 31 de maio celebramos a graduación dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato. Foi unha cerimonia sinxela pero moi emotiva. Chegaban alumnos e profesores sobre as 9 da noite e o claustro, como magnífico anfitrión, estaba ataviado para o evento e lucía en todo o seu esplendor. Comezou o acto coas palabras emocionadas de Pepe Castrelo que na súa alocución nos foi introducindo no mundo da lexislación educativa, para acabar facendo algunha confidencia sobre o seu pasado. A continuación tomaron a palabra os alumnos Jorge González e Laura González que fixeron un repaso desde os seus xogos no areeiro do cole da súa infancia ata os apuros do curso que remata. Visualizamos a montaxe que Carlos Alonso realizou con todo o material fotográfico aportado e finalizou esta primeira parte coa entrega por parte da secretaria e da vicedirectora do centro dun recordo alusivo a este acto. Disfrutamos a continuación dunha saborosa cea e posterior velada que se alongou ata as primeiras horas da madrugada. Agradecemos a colaboración a todos os que fixestes posible este acontecemento: desde os que colaboraron na elaboración de diplomas, agasallos e fotos, ata as persoas encargadas das flores e o catering, pasando polos que formalizastes a vosa presenza. ¡Queridos alumnos! Repetir unha vez máis os nosos mellores desexos e moito ánimo no espertar da vosa madurez.

Pilar López Varela

O POLEIRO 2013

28


O POLEIRO

NO AMOR DOS DEVANCEIROS LENDA DA PONTE FRIEIRA Ano 791, día de xuntanza no pobo: celebrábase o casamento dunha nova parella...Nisto, apareceron os mouros e, mentres os homes se ían armar para o combate, as mulleres, os nenos e os vellos fuxiron para o cume do monte. Os mouros venceron os da aldea e comezaron a subir cara o lugar onde paraban os refuxiados que, apavorados, buscaron o paso que salvaba o cavorco aberto aos seus pés, mais o paso desaparecera. Daquela, a noiva ofreceu a súa vida toda a Deus, se se libraban do perigo e, de contado, quitou o veu branco, guindándoo contra a outra beira do cavorco e déixandoo estendido sobre el. Valente e confiada, a noiva puxo o pé enriba... O veu tomou a dureza dunha pedra e todos pasaron sobre el. Cando chegaron os mouros e quixeron facer o mesmo, o paso fendeu e deixounos caer; os que aínda non avanzaran moito fuxiron espaventados do prodixio. Mais ao quereren recoller o veu, xa non deron feito e aquela pontella branca ficou alí para sempre. Nicolás Bermúdez López 3ºESO A

REFRANS Non sexas forneira que tes a cabeza de manteiga Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego. O que has de comer, non o vexas facer. Carne perdida: a da lebre asada e a da perdiz cocida. A carne de vaca, ben cocida e mal pasada. O caldo que non leva algo de unto non está no seu punto. Coida de podar en marzo que o que poda en abril, ese...é un ruín. En marzo, se podas, dun cardo, catro; en abril, se cortas, naceranche mil. Cando comezan as uvas a pintar, comezan as mozas a fiar. Na viña vendimada, calquera pode vendimar. A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro. Deixa auga e bebe o viño despois de san martiño. Tabaco, viño e muller botan un home a perder. Vaca e carneira, comida de cabaleiro. Viño, acedo; touciño, vello; e pan, de centeo. As nabizas piden unto; os grelos, lacón a punto. Comer verdura e botar mala ventura, para os pobres non é cousa segura. Refráns recollidos no Concello da Merca por Nicolás Bermúdez López 3ºESO A O POLEIRO 2013

29


O POLEIRO

DEPORTES E XOGOS MUNDIL CABALO A asociación de cabalistas de O Mundil organizou un ano máis a festa do cabalo, e xa van pola XVI, nas súas instalacións en Nogueiró(Cartelle). Son dous días moi divertidos cheos de actividades, nas cales participamos algúns alumnos do IES: celébrase o campionato galego de Raid, a final galega de Horseball, xogos e xincanas a cabalo, rutas técnicas, exhibición de coches de cabalos, torneo medieval celta e carrusel musical de doma a cabalo… E, por suposto, música coa banda de gaitas de Barbadás e Cartelle. Para rematar, orquestra o sábado pola noite. Vén xente de moitos sitios a cabalo ou coas caravanas a visitarnos. Gústalles moito a nosa terra.

Sebastián Arturo del Cristo Mourille 3º ESO C

E MAIS REFRANS Muller costureira e home troiteiro, nin bo arranxo nin bo palleiro. Ceba o porco dende agosto se queres que estea gordo. Non hai río de auga brava que non teña boa ponte para pasala. Arriba polo portelo, miña prenda resalada; arriba polo portelo, que na corredoira hai lama. Quen tivese amores lonxe, regueiriños que pasar, faga unha ponte de pedra, que de pau pode crebar.

O POLEIRO 2013

30


O POLEIRO

DEPORTES E XOGOS O xogo de moda na biblioteca: o xadrez O ano pasado moita xente comezou e aprendeu a xogar ao xadrez grazas á incorporación deste xogo por parte da biblioteca do centro. Se vas á biblioteca é ben estraño non ver dous ou catro alumnos xogando, e mesmo ás veces fórmanse grupiños de persoas ó redor da partida. A biblioteca só posúe dous taboleiros de xogo, polo tanto o límite de xogadores está en catro. A persoa que solicitou á biblioteca que se incorporanse o xogo foi Ismael Fernández de 2º ESO A que no seu antigo colexio Curros Enríquez de Celanova xogaba diariamente na biblioteca do devandito centro. Non son sempre os mesmos os que xogan, senón que van cambiando respecto ó día anterior. Xeralmente soen ser alumnos de 1º de ESO, pero tamén os hai

SUDOKU

de 2º ESO de cando en vez. Despois de entrevistar a algúns alumnos, din que o pasan ben e que adestran a mente pero tamen se queixan de que os recreos non son suficientemente longos como para rematar as súas épicas partidas.

Rafael Estévez 2º ESO A

E AINDA MAIS REFRANS

Sara Pallares Villar 3º ESO B

A danza sae da panza. Polo san mateo, vendima arreo. O que o río se achega a auga o leva. Cando chove arreo, o río asolaga o terreo. En xaneiro, pon o alleiro. Mandar rapaces á vendima é cousa perdida. Neno dun ano, vara de pano. O viño co mel sabe mal e fai ben. A galiña pare cantando e a muller chorando. Caldo sen graxa, pan sen taxa. Caldo sen pan dáselle ao can. En san xoán, fouce na man. O pote que moito ferve, sazón perde.

O POLEIRO 2013

31


O POLEIRO

PECHE “O POLEIRO” Amig@ lector, entre unhas cousas e outras, o curso foi pasando e aquí tes un novo número d´O Poleiro. Este curso ten ido cheo de acontecementos bos e non tan bos. Por poñer algúns exemplos: No ano en que lle adicamos o Día das Letras Galegas a un grande do mundo da escena, Roberto Vidal Bolaño, tamén nos deixou outro magnífico actor galego, Xosé Manuel Olveira “Pico”. Descanse en paz. Tamén se foi Xosé Luis Méndez Ferrín da RAG... “á francesa”. A nivel colectivo, xa tivemos que saír á rúa para protestar contra a inxusta Lei de Educación, que queren impornos desde Madrid, e seguiremos protestando contra tan aberrante proposta educativa. A nivel de centro, continuamos con proxectos de anos anteriores e iniciamos outros novos, non menos interesantes e ambiciosos, como é o da recuperación da toponimia e microtoponimia da nosa bisbarra, grazas á colaboración do alumnado. Un ano máis, fomos a Compostela. Choveu menos. Esta viaxe nunca defrauda a ninguén. Tampouco defraudou o intercambio que nos permitiu, este curso, interactuar co alumnado de Castro Caldelas. Pois ben, amigos e amigas a actividade segue. Grazas a todos e todas os que dalgún xeito fixestes posíbel este novo número da revista “O Poleiro”. Pechamos por vacacións, pero só ata setembro. Daquela agardámosvos a todos e todas con folgos renovados. Feliz verán para tod@s!.

Leopoldo RodrÍguez Puga

O POLEIRO 2013

32




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.