Revista escolar "O Bufo Fich nº6" 2014-15

Page 1

O BUFO FICH Edición nº 6 Curso escolar 2014 - 2015

CRA MARÍA ZAMBRANO (O Rosal)


SUMARIO 1. BENVIDA DO BUFO FICH 2. GRUPOS 3. FESTAS E CELEBRACIÓNS -

4. 5. 6. 7. 8.

Samaín Magosto Nadal Paz Entroido Día do libro Letras galegas Fin de curso

ACTIVIDADES DAS ESCOLAS SAÍDAS TAREFAS DOS ESPECIALISTAS RECUNCHO DA ANPA DESPEDIDA E AGRADECEMENTOS


Ola a todos! Aquí chega un ano máis a revista do Cra, para que lembredes e compartades todas as actividades que se fixeron ao longo deste curso, que foron moitas e moi interesantes! Esperamos que sexa do voso agrado! Desfrutádea! O Bufo Fich



BIBLIOTECA

Xogamos coas palabras

Buscamos libros


Divert铆monos lendo Prestamos moita atenci贸n

Tivemos unha exposici贸n

Limos en grupo

Contamos historias


Cos libros f贸ra Traballamos proxectos

Concentr谩monos

Pux茅monos c贸modos

Compartimos


NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Neste curso fixemos un intercambio de contacontos entre A Mata e o Cra.

O día da Paz, amosamos canto nos queremos.


Dobramos o audio dunha película

Fixemos un conto viaxeiro entre as escolas do Cra, e cos compañeiros da Mata

Tamén un libro de receitas terroríficas…

Coñecimos a Filgueira Valverde


E, coas cartas do Bufo Fich, fixemos moitas actividades‌





O SAMAÍN NAS NOSAS ESCOLAS


Foi un Samaín terroríficooooo!!!!!!


«As castañas do Magosto non chas quero co chamosco!!!»




PAZ



ENTROIDO



DÍA DO LIBRO



LETRAS GALEGAS Xosé Filgueira Valverde



O DÍA 18 DE XUÑO CELEBRAMOS A FESTA DE FIN DE CURSO DO CRA Mª ZAMBRANO, NA ESCOLA DE MARZÁN

A ANPA APORTOU UN HINCHABLE ONDE TODOS O PASAMOS XENIAL!!


PASÁNDOO XENIAL NO PARACAÍDAS!! REMATAMOS RENDIDOS!

RELEVOS CON XOGOS DE AUGA!! COA CALOR QUE ÍA, APETECÍA REFRESCAR!


FORMAMOS 2 EQUIPAS E… A VER QUEN COLLE ANTES O PANO! ESTIVO MOI REÑIDO!

ACTUACIÓN LUADA TEATRO DE SOMBRAS QUEDAMOS ENCANTADOS! UNHA ACTUACIÓN MARABILLOSA E COA QUE APRENDEMOS UN MONTÓN! E… PARA FINALIZAR ESTE DÍA DE TROULA E DIVERSIÓN… UNHA GRANDE MERENDOLA CON TODOS OS PEQUES E AS FAMILIAS!!




Este curso chegaron a escola de Couso 10 pequerrech@s moi simpáticos e motivados que iniciaban xuntos esta nova aventura… Adaptámonos moi ben ao cole e fixemos rápido boas migas!!

Divertímonos moito xuntos

Aprendemos xogando

Tivemos visitas especiais…



Disfrutamos do Nadal

Compartimos lecturas

ConvertĂŠmonos en artistas


Plantamos


Despois dun curso cheo de experiencias e aprendizaxes, chegan as vacacións!!!

Aínda que tamén é momento de despedidas. Os nosos maiores de Couso rematan o ciclo no CRA. Desexámosvos moita sorte na nova etapa!!!



HABIA UNHA VEZ UN CURSO CHEO DE AVENTURAS PARA OS NENOS E NENAS DE FORNELOS:

TEATRO DE SOMBRAS

CARAPUCHIÑA

LIBRO VIAXEIRO


CARTAS DO BUFO FICH

PSICOMOTRICIDADE FINA

AGASALLOS PARA MAMÁ E PAPÁ

FIN


Estivemos en Correos

Somos Fornelos Primaria

Visitamos A Rosaleira Fixemos manualidades para o Entroido

Cultivamos mi単ocas vermellas Preparamos papel reciclado


Fomos ao Mercado

Preparamos o Entroido

Fixemos un volcán Ana contando en inglés

No San Xerome Camiñamos polo Rosal


Veu contar Suso As familias axudaron no Entroido

Cada mes na biblioteca Teatro de sombras

Mamíferos mariños

Samaín





MARZÁN PRIMARIA A escola de Marzán está formada por 5 nenos/as de

infantil : Iker, Aida, Alicia, Jenifer e Noelia e os 9 nenos/as de primaria: Izan, Miguel, Lía, Marcos Pablo F., Carla,

Alumos/as e mestres da escola de Marzán de primaria e infantil.

Daniel,Jesica y Pablo O.

Na nosa aula.

No noso patio.

A continuación mostraremos algunhas imaxes das moitas actividades que realizamos ao longo do curso 2014-2015.


ACTIVIDADES

Coñecendo as árbores do noso colexio.

Vendo contacontos, teatrillos e moitas máis actividades na aula.

Facendo a vendima.

Unha das moitas actividades fóra da escola na biblioteca do concello.

Na nosa horta.

Na nosa biblioteca lendo.

No parque xogando.








PÍAS TRES ANOS

Ola! Somos Aitor, Suevia, Aroa, Unai, David, Miguel e Martín, coñecidos como os indios e vaqueiros de Pías. Durante este curso descubrimos e aprendimos moito. Aquí amosámosvos algunhas das nosas proezas. Bicos voadores.

Árbores do outono

Cometas do outono


Morcegos

Caretas terroríficas

Papá Noel

Árbores do Nadal

Xoaniñas

Reis Magos Mural da Primavera


A NOSA PEQUENA HORTA


SILUETAS


PÍAS-PRIMARIA


Este curso os nenos e as nenas de Pías Primaria o pasamos moi ben xuntos. Aparte de aprender cousas novas fixemos moitas actividades. Fomos a varios contacontos, a un circo a Vigo, a Coruña, a plantar ao monte despois do incendio do 2013, limpamos os arredores da escola, fixemos festas na escola e fora dela, visitamos outras escolas e tamén o Colexio S. Xerome Emiliani. En fin, todo pasou moi a presa e pronto rematará o curso, pero seguro que nos lembraremos sempre. Ata o curso que ben e ánimo para os de segundo que marchan á Mata. Bicos



TABAGÓN - PARADELA ¡OLA! Somos os nenos e nenas de Tabagón. Rir, cantar e xogar son os nosos segredos para espertar cun sorriso cada mañá 

Pasamos o Samaín coas nosas familias… Encántanos estar moito tempo con elas e que nos axuden nas tarefas do cole:


En Nadal viñeron a visitarnos os reis… E alí estivo a nosa profe de música amenizando a festa coa súa compañeira inseparable:

Tamén fumos xogar a Indiana Bill… O pasamos pipa facendo trasnadas en cada recuncho:

Gústanos moito disfrazarnos… E, en Carnaval, decidimos ser uns profesionais do ballet:


Os días que hai biblioteca pasámolo en grande con nen@s de outras escolas:

As castañas do Magosto Estaban boísimas!! Estamos seguros de que as nosas familias comeron máis ca nós!!! 

Así son os nosos días no cole, esperamos que vos gustasen as nosas fotos…… ¡UN SAUDIÑO!



PSICOMOTRICIDADE Nas sesións de psicomotricidade traballamos duro pero sempre contando co xogo como a principal ferramenta catalizadora do proceso de ensinanza e aprendizaxe, ou usando no seu defecto tarefas disfrazadas de xogos. Fixemos circuitos, xogos de persecución traballo de habilidades fisicas básicas, coordinativas, manipulación fina, coordinación dinámica xeral, equilibrio, lateralidade, esquema corporal, percepción espacial e un longo etc..Por suposto tamén aprendemos rutinas e o respeto polas compañeiras e polas regras básicas de convivencia tentando mostrar actitudes de respeto cara os demais.


E.F. EN PRIMARIA O traballo en primaria comezou co traballo das capacidades físicas básicas para seguir traballando capacidades coordinativas, lateralidade, esquema corporal, equlibrio (onde aproveitamos para aprender algunhas figuras ximnasticas) seguimos con estructuración espazo-temporal, lanzamentos e recepcións, habilidades físicas especificas, xogos populares, xogos de natueza, e estamos para rematar aprendendo un xestos especificos encamiñados a poder xogar a balonman, estamos practicando o pase o lanzamento, a defensa, o rol do porteiro, así como as regras básicas dun xeito predeportivo, adecuando por suposto a práctica deportiva as caracteristicas físicas e psicoevolutivas dos educandos.


MĂšSICA Neste curso xogamos con moitos instrumentos

LembrĂĄdelos todos?


Pero o que causou furor foi este…

…ata tocamos unha canción de Mozart!!

E como disfrutamos co conto de “Cadradiño”, e axudando a tocar a canción na guitarra!! Tamén fixemos traballo de mesa

E aprendemos a relaxarnos con Enya!!!

Grazas por todos estes bos momentos!!! Lidia.


We did a lot of special thingswe played, we laughed, we cared. I always will remember how well we learned together and all the fun we shared.



Neste ano, coma sempre, o tempo pasouse voando!!

Ao longo do curso… traballamos moitísimo e, algunhas tarefas estiveron moi entretidas

E… noutras, como nas aulas de E.P., traballamos un pouquiño mais. Tamén aprendemos valores coma son:

COMPARTIR Compartimos o material, xoguetes, tarefas… E, descubrimos que a XENEROSIDADE cos nosos compañeiros non é tan complicada cando compartimos e cooperamos

Aprendemos tamén que temos que RESPECTARNOS independentemente do que pensamos, do que nos apetece ou guste, por iso é moi importante ESCOITAR a quen nos fala e, DICIR o que pensamos sen gritar!


No 2º trimestre aprendemos que sempre hai que tentar PERDOAR, pero tamén que os problemas os temos que solucionar sen discutir

Cando rematabamos de primeiros sabíamos que temos que AXUDAR aos compañeiros que lles custa mais. Aprendemos a COLABORAR cos nosos compañeiros e compañeiras, non a competir porque sabemos que o valor está nas persoas!!

Grazas por compartir este curso e deica o próximo!!

Bo verán a todos!


Estes son parte dos materiais que se elaboraron no Departamento en colaboraciĂłn co resto do profesorado.

PARA LECTOESCRITURA ‌


E outros de atención, estimulación, coordinación óculo-manual, mates…



CONTACONTOS Paco Nogueiras

Brinca Vai!


CONTACONTOS PASTOREANDO ALEGRÍAS


CONTACONTOS

Nas aulas


CONTACONTOS

Na Biblioteca


TEATRO DE SOMBRAS


A CANUDA

26 Maio 2015

EDUCACIÓN INFANTIL



ANPA DAS ESCOLAS RURAIS DO ROSAL A Anpa das escolas rurais do Rosal pertenece ao CRA MARIA ZAMBRANO, que está formado polas escolas de Marzán, Fornelos, Novás, Couso, Pias e Tabagón, Este ano ca axuda das familias e mestres na venta das rifas do Nadal e as de final de curso e a suvención da comunidade de Montes de Sta. Mariña do Rosal se fixeron uns ingresos cos que a Anpa pudo faer unhas cantas cousiñas….. ¡¡AGORA VOLAS CONTO!! * Ao

inicio do curso a cada neno se lle deu 10 euros para axuda de material escolar. * Fixemos un taller de Samaín ¡Quedáronnos unhas cabazas moi chulas!!

*Taller

de chocolate ¡NOS PUXEMOS AS BOTAS!

*¡Chegou o Nadal! Fixemos un taller Navideño. Ca colaboración das familias na donación de alimentos, bebidas etc… fixemos 18 cestas moi chulas para sortear entre todos os nenos da Anpa. Tamén tivemos festa do Nadal, na que tivemos un contacontos moi divertido, e como no…..unha visita moi especial ¡Papa Noel!! Que nos agasallou cunhas chuches.


Neste día tivemos chocolate, rosca, churros e aproveitamos a sortear as 18 cestas e algúns agasallos para os nenos. Agradecerlle á directora do cole da Mata por deixarnos o pavillón para poder facer esta festa.

*Taller de repostería na Pastelería do Conde ¡Pasámolo moi ben e fixemos cousiñas moi ricas!

*O último taller deste curso, o de Pascua e primavera ¡moi chulo! *Pagouse o 50% das saídas escolares a Indiana Bill, o Circo Chosco, A Coruña, etc. A Anpa como o ano pasado organizou a excursión de final de curso, este ano tocou ir ao parque de atraccións MAGIKLAND en Portugal. Aos nenos da Ampa saiulles gratis, facéndose cargo de pagar o importe total da excursión a Ampa *E por último organizamos a festa de fin de curso na que tivemos música, dous hinchables, animadores, maquillaxe e unha visita moi especial… Para repor forzas tivemos o que aportaron as familias máis pola nosa parte chouriciños, pan, rosca, bebidas, froita e como non tamén xeados para todos. Sorteamos algúns agasallos para os nenos e unha bolsa de chuches para todos os nenos, irmáns, amigos ……. O grupo de gaitas de Goián nos viñeron facer unha visita. ¡¡VEÑA FESTA, A TROULEAR!! *Se lle entregou un dvd con fotos a cada neno das que se lle quitaran nas actividades realizadas durante o curso. *Aquí acabou para nós este curso. Esperamos que para o curso que vén poidamos seguir facendo moitas cousas máis. ¡ATA O PRÓXIMO CURSO !!!!!!



Grazas a todos e todas, familias, mestres… por colaborar para que esta revista sexa posible. Bo verán, e ata o curso que vén !! O equipo de Normalización



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.