Revista bufo fich 2018 cra maria zambrano

Page 1


Dende

o

Equipo

de

Dinamización

Lingüística do CRA María Zambrano queremos presentarvos a nova Revista de “O Bufo Fich” elaborada entre todos durante este curso

Esperamos que vos guste!!

Nos vemos!! Moi bo veran


CURSO 2017-2018

SUMARIO 1.-BENVIDA DO “BUFO FICH” 2.-GRUPOS/EQUIPOS 3.-ACTIVIDADES DAS ESCOLAS 4.-TAREFAS DOS ESPECIALISTAS 5.-RECUNCHO DA ANPA DA NOSA ESCOLA 6.-DESPEDIDA E AGRADECEMENTOS


Queridas familias! Como ven acontecendo nestes últimos anos, aquí vos presentamos unha nova edición da nosa revista escolar, para que poidades ollala nas vosas casas e gocedes das historias que acontecen diariamente nas escolas. Ven cargadiña de traballos que fixemos ao longo de todo o curso escolar, traballos que se fixeron reais grazas ao esforzo, dedicación e implicación de toda a “COMUNIDADE EDUCATIVA” do noso C.R.A. Comunidade na que todos e todas traballamos xuntos cun único fin: o mellor para os nenos e nenas das nosas escolas. Esperamos que vos guste e grazas compartir este marabilloso traballo.

por

Unha aperta moi grande! Equipo directivo C.R.A María Zambrano



Revista Escolar Bufo Fich 2017/2018

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA Como cada curso dende este equipo fomentamos o uso do galego en toda a Comunidade Escolar. Este ano démoslle continuidade a varias actividades que viñamos a facer nos cursos anteriores, coma:

o

libro

celebración

viaxeiro,

do

día

de

o

carteo

Rosalía,

sesións de contacontos…

entre

escolas,

programamos

a

varias


Revista Escolar Bufo Fich 2017/2018

Pero tamén incluímos algunhas novidades…

Este proxecto naceu este curso co propósito de achegarlle ao alumnado vocabulario en galego para expresar as súas emocións. Por este motivo, propuxemos unha palabra relacionada coas emocións para traballar cada mes nas aulas. Velaquí algunhas das auténticas marabillas que podemos atopar nas nosas escolas.


Revista escolar Bufo Fich 2017/18

BIBLIOPATIO

SALÓN DO LIBRO

CANLE DE YOUTUBE “KONVÉNCETE”

OBRADOIRO “STORYSTONES”


Revista escolar Bufo Fich 2017/18

OBRADOIROS DE EXPERIMENTOS

CONTACONTOS PACO NOGUEIRAS

OBRADOIRO MANUALIDADES 30 ANIVERSARIO CONTO “ELMER”


Revista escolar Bufo Fich 2017/18

ROBÓTICA NAS AULAS DO CRA Este ano no cole propuxémonos afondar nas novas tecnoloxías e…saíron cousas moi moi interesantes! Como sabedes, este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno, unha escritora namorada de Galicia. Pois ben, dende o Equipo de Dinamización da Lingua galega e o de apoio á Biblioteca, creamos unha actividade moi innovadora a través dunha ferramenta que se coñece como “Bee Bot”. É un robot con forma de abella que obedece instrucións cando prememos un botón: adiante, atrás, dereita e esquerda. Nós aproveitamos a ocasión cambiándolle o nome por “María Vee Bot Moreno” e fixemos unha actividade moi divertida para que o alumnado coñecera en profundidade a vida e obra da escritora, e ó mesmo tempo, trabállase a súa competencia dixital. Aquí tedes fotos do ben que o pasamos!




Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

O equipo de Actividades Extraescolares neste curso 2017/18, organizamos diversas saídas, festas e actividades: TEATRO: “Dona Bechamel e Signorina Boloñesa”

O alumnado de primaria plantou árbores autóctonas ó Monte de Santa Mariña.

Saída Vigo: “Mago de Oz”, “Museo Liste” e visita a “Castrelos”.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

Con chourizos e castañas en Fornelos celebramos o Magosto en familia.

Que a música no pare!!!!! Paco Nogueiras coma sempre non nos defraudou. Encántanos!!!!!

De bolas vai a cousa !! Indiana Bill!!


Revista escolar Bufo Fich2017/2018

O ENTROIDO NO CRA “A MULLER A TRAVÉS DOS CONTOS”

Ao longo deste curso, no CRA, fixemos o proxecto das “Mulleres a través dos contos” e, no Entroido quixemos destacar a mulleres que, dun ou doutro xeito, marcaron Historia, como Hipatia, que representaron os mestres e alumnos de Fornelos; Cleopatra, de quen se disfrazaron en Marzán e Paradela; Pipi Calzaslargas (de Astrid Lindgren), en Pías. Dun entrañable personaxe de Ana Llenas, con todo Couso disfrazados de pequenos Monstro das Cores; ou a pirata Mary Read, representada por o alumnado en mestres de Novás!!


ACTIVIDADES NAS AULAS


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018

ESCOLA DE COUSO ESTE CURSO INVESTIGAMOS A ANNA LLENAS, UNHA ILUSTRADORA INFANTIL.

ESTAS SON ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS: SI YO FUESE UN GATO

TE QUIERO, CASI SIEMPRE

TOPITO TERREMOTO

O MONSTRUO DE CORES


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018 NO ENTROIDO DISFRAZÁMONOS DE MONSTRUOS DE CORES E BAILAMOS A CANCIÓN EMPREGANDO A LINGUAXE DE SIGNOS.

ALEGRÍA

TRISTEZA

IRA

MEDO

CALMA

AMOR


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018 OUTRO DOS PROXECTOS FOI “INVENTOS E EXPERIMENTOS”.

INVENTOS: MÁQUINAS DE ESCRIBIR

CÁMARAS DE FOTOS

DISMAN

RADIOS

GRAVADORA

UTENSILIOS ANTIGOS

MOLINILLO DE CAFÉ


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018

EXPERIMENTOS: FLORES DE CORES

ARCO DA VELLA

APARELLO RESPIRATORIO OVO SALTARÍN

E, EN PROXECTO… UN VOLCÁN!!!!!!

MOLINILLO DE VENTO


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018 CELEBRAMOS O DÍA DUN LIBRO DUN XEITO MOI ESPECIAL.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

TABAGÓN

Empezamos as clases en Marzan

Axudamos a facer o arco da Virxen da Saude

Cando voltamos a Tabagón sentamos en pelotas

O Samain foi de vampiros e cancións

Tivemos meixons que devolvemos ao río e tamen fomos pescar.


Reciclamos temos un compostero e unha horta

Experimentos


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

CONTACONTOS DE MALALA EN LINGUA INGLESA, XOGOS DE MESA, PROFESIÓNS DE MULLERES DA NOSA ESCOLA, ELABORACIÓN DE MURAIS CON MANDALAS…


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

APRENDEMOSS MOITAS COUSAS!!! DEREITO DE TODOS OS NENOS/AS Á EDUCACIÓN.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

CONTAN OS LIBROS QUE EXISTIRON MOITAS E MOI VALENTES MULLERES PIRATAS QUE SURCARON OS MARES PELEXANDO CO VENTO. IGUALDADE!!!


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

E ASÍ CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS/AS

XENIAIS OS EXPERIMENTOS!!!


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO CRAVADO NO CORAZÓN, I EU NON ME ACORDO XA SE ERA AQUEL CRAVO DE OURO, DE FERRO OU DE AMOR.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

NA ESCOLA DE PÍAS A, APRENDEMOS XOGANDO E AS MATEMÁTICAS ASÍ, SON MÁIS DIVERTIDAS.

Saltamos na nosa recta numérica.

Contamos e sumamos dun xeito diferente.

Contamos os ovos das nosas galiñas.

E exercitamos a nosa memoria. Facemos series divertidas.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

ESTE ANO DECIDIMOS INVESTIGAR SOBRE A PREHISTORIA. CREAMOS O NOSO RECANTO DA PREHISTORIA.

APRENDEMOS DAS SÚAS PINTURAS

E COMEZAMOS A CREAR A NOSA COVA


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

AS ESTACIÓNS

BICOS

BÁGOAS


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

ASEMBLEAS

NOVOS MÉTODOS DE APRENDER QUE NOS ENCANTAN!!!

QUEN É O ENCARGAD@ HOXE?

A PREHISTORIA


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018 ESCOLA PIAS PRIMARIA

AQUÍ ESTAMOS ¡! NENOS/AS DE 1ºE 2º DE PRIMARIA DE PIAS

NESTE CURSO FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES , AQUÍ TEMOS UNHA MOSTRA DELAS!!


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018 ESCOLA PIAS PRIMARIA

QUE BEN O PASAMOS !!!


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

EN PÍAS NADA NOS GUSTA MÁIS QUE UNHA BOA FESTA!! FESTAS TERRORÍFICAS

MERENDOLAS DE NADAL DÍAS MÁXICOS

ENTROIDOS DIVERTIDOS


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018

Fornelos Infantil

¡ Ola ! Somos os Cativ@s de Fornelos

Estes son os nosos proxectos máis divertidos:

Da natureza…

Da prehistoria…


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018

Das tradicións…

Das tecnoloxias…

Das celebracións…

Das escursións…

Da Solidariedade…

Do relax...


Fornelos Primaria

Experimentando con cores

Un experimento cun fรณsil de dinosaurio Visitamos A Rosaleira


Fornelos Primaria

ViĂąeron da Mata a contar un conto

Plantamos ĂĄrbores no monte

Paseamos por Fornelos

Con Toia na escola


Escola de Fornelos

Da Mata viñeron contar “A que sabe a lúa?”

No Entroido fomos de Hipatia de Alexandría

Celebramos o Día das bibliotecas

Experimentamos na biblioteca


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

Escola de MarzĂĄn Neste curso escolar aprendemos a compartir experiencias xuntos .

CoĂąecemos o noso corpo e cĂłmo coidalo.

Sen olvidar os nosos sentimentos e os dos outros.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

Desfrutamos do noso marabilloso entorno , aprendendo a coidalo e valoralo.

E decidimos investigar sobre a vida de Cleopatra, grazas a ela xurdiron investigaciĂłns sobre outros paĂ­ses, culturas, animais e mil curiosidades mĂĄis.


DOS


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

Our English Corner

This is one of our favourite projects: Pinky Monster One day…we found a strage box in our clasrooms….

We opened the box and….

We met Pinky Monster!!!! He is a very kind monster.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

Then we met his friends: Orangy and Greeny

and his family. We played and sang with them. They’re very funny!!!!!


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

EDUCACIÓN FÍSICA Dende a área de Educación Física ademais de pasalo moi ben, traballamos todas as partes do noso corpo, facémolo con xogos e actividades que nos fan suar e pensar como podemos acadar un obxectivo. Empregamos material deportivo e outro que está presente nas nosas vidas de outra maneira …

Colaboramos co Proxecto de Centro manifestando o papel da muller no deporte. Cada aula realizou un traballo sobre mulleres deportistas coa axuda dos mestres, formando entre todos un libro que se poderedes ver na biblioteca.


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

Participamos no Plan Proxecta, coa organización das I MINIOLIPIADAS D´O ROSAL, celebráronse no pavillón de O Rosal durante toda unha mañá, nelas participaron todos os alumnos/as do CRA, divididos en 10 equipos. Durante a xornada destacou o espírito competitivo e o afán por superarse para axudar ao equipo a acadar a maior puntuación posible en cada actividade.

Nesta xornada olímpica tivemos a sorte de contar coa colaboración do concello de O Rosal e do SD Atlético Novás que nos axudaron na organización e nos trouxeron varias sorpresas como a presenza da súa mascota e uns agasallos para os participantes. Dende aquí darlles a noraboa ao equipo polo recente ascenso a División de Honor Plata e o agrademento en especial a Manuel Alberto, os adestradores Jimy e Isma e aos xogadores Iago Flores e Iago Muiña pola súa implicación e atención para a actividade.


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2018/2019

Relixión en Infantil

Ademais do traballo de mesa, de cancións, xogos... Para o Nadal decoramos unha piña e para a Semana Santa, fixemos 1 palma !


E, en Primaria

Traballamos moito destacando sobre todo a creatividade e o bo facer en todas as actividades

Proxecto Mulleres

En Reli tamén participamos no proxecto do CRA, e investigamos sobre algunhas mulleres da Biblia, entre elas , María a nai de Xesús! Agora tócanos desexarvos un... Moi Bo verán a todos!!


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018


L



Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Este ano traballamos moito!!! Estas son algunhas das actividades propostas dende o departamento DE ORIENTACIÓN para traballas as funcións executivas

E TAMÉN PROPUXEMOS A CREACIÓN DE OBRADOIROS ZEN


Revista escolar Bufo Fich 2017/2018

SEN BARREIRAS NO CRA MARÍA ZAMBRANO Actualmente na sociedade na que vivimos existen persoas con capacidades diferentes, por iso é importante que dende a escola demos resposta a cada unha delas. Para iso é prioritario que nas nosas escolas non exista BARREIRAS de ningún tipo:  Barreira Social: baixas expectativas. sobreprotección, falta de apoios  Barreira Física: obstáculos que impiden a mobilidade ou acceso.  Barreira Sensorial: a que impide a percepción da información a través dos sentidos.  Barreira Cognitiva: falta de apoios para a resolución de tarefas cognitivas  Barreira Estructural: contorna desordenada, pouco predecible, inestable, sen organización de traballo…  Barreira comunicativa: empregar só a ruta auditiva ou a linguaxe oral pode supoñer unha barreira para atender á diversidade.  Barreira curricular: falta de adaptación do currículum.

Dende o CRA María Zambrano traballamos a diario para que non exista ningunha delas, abogando polo dereito a unha EDUCACIÓN INCLUSIVA:  Contamos con profesorado con formación en atención á diversidade e cos especialistas do Departamento de Orientación.  A través de pautas ás familias fomentamos a autonomía, como por exemplo, a través de sistemas de puntuación para o fogar.  Contamos con mobiliario adaptado nas aulas para aquel alumnado que o necesite.  Empregamos diferentes canles para a presentación dos contidos: auditiva, visual, olfativa, gustativa e táctil.  As aulas seguen unhas rutinas a diario e teñen os espazos organizados por rincóns.  Os espazos están adaptados con apoios visuais como imaxes e pictogramas.  Empregamos diferentes sistemas de comunicación: lingua oral, pictogramas, lingua de signos…  As programacións didácticas de cada aula están adaptadas á realidade do grupo aula.


RECUNCHO DA ANPA


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018

ANPA DAS ESCOLAS RURAIS DO ROSAL E-mail:

escolasruraisorosal@nontedurmas.org

A Anpa das escolas rurais do Rosal pertence ao CRA MARIA ZAMBRANO, que está formado polas escolas de Marzán, Fornelos, Novás, Couso, Pias e Tabagón. Para poder realizar as actividades necesítanse uns ingresos, que proceden das cuotas anuais que pagan as familias, de subvencións externas, que son da Comunidade de Montes Sta. Mariña do Rosal(á que agradecemos a súa aportación todos os anos), unha aportación dende a Comunidade de Montes de Tabagón(a cal tamén estamos moi agradecidos), dende o mesmo Concello do Rosal (económica e cedendo locais). Na festa de carnavais se leva a cabo un mercado solidario no que tamén se recada diñeiro. Se sortean cestan con rifas do Nadal e ó final do curso unha cea para catro persoas na que participan as familias.

Con eses ingresos este ano fixemos as seguintes actividades: Festa de Nadal En colaboración co Concello, levouse a cabo esta festa na que tamén estivo Papá Noel repartindo agasallos a tódolos nenos.


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2017/2018 Desconto para os asociados nas saídas escolares Ó igual que outros anos subvencionouse o 50% do importe do custo das saídas escolares, este ano os nenos foron a: A Indiana bill, o parque de bolas en A Ramallosa, o teatro en Vigo, e o salón do libro en Pontevedra, … entre outras saídas. Charlas informativas Tamén se organizaron charlas gratuitas para as familias en colaboración con outras asociacións presentadas por profesionais na materia, tales como “Hiperparentabilidade”,

“técnicas de

estudio”, “ensinar a comer sen conflictos”, entre outras. Excursión de fin de curso Este ano organizouse una excursión para os nenos da CRA, una excursión a Diverlanhoso no que se viviron grandes aventuras…

Festa fin de curso No mes de xuño organizamos a festa en Eiras, o aire libre con contacontos, regalos, inchables, merenda e moitas outras sorpresas.

Dende a directiva da ANPA queremos agradecer a todos a axuda prestada xa que sen vos nos sería posible esta continuación por iso vos invitamos a formar parte para que esta labor siga adiante.



GRAZAS A TODOS E TODAS, FAMILIAS, MESTRES… POR TER COLABORADO PARA QUE ESTA REVISTA POIDA SER POSIBLE DEICA O CURSO QUE VEN !!



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.