REVISTA ESCOLAR "O BUFO FICH" Edic.11. CRA MARIA ZAMBRANO. CURSO 2019-2020

Page 1



Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

O bufo Fich Edición nº11 DESDE O E.D.L.G. DO CRA MARÍA ZAMBRANO, QUEREMOS PRESENTARVOS A NOVA REVISTA QUE ENTRE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA ELABORAMOS ESTE CURSO A PORTADA VAI DIRIXIDA CON TODO CARIÑO, PARA AS FAMILIAS E…. MOI ESPECIALMENTE, PARA AS ALUMNAS E PARA OS ALUMNOS DO CURSO 2019-2020 PORQUE REALMENTE FUCHES TODOS E TODAS UNS VERDADEIROS CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!

PARABÉNS!


Revista escolar Bufo Fich 2019 / 2020

SUMARIO 1.-BENVIDA DO “BUFO FICH” 2.-GRUPOS/EQUIPOS 3.-ACTIVIDADES DAS ESCOLAS 4.-TAREFAS DOS ESPECIALISTAS 5.-RECUNCHO DA ANPA 6.-DESPEDIDA E AGRADECEMENTOS


Revista escolar Bufo Fich 2019 / 2020

Ola familias! Xa estamos de volta!!, como todos os anos aquí vos presentamos desde o CRA MARIA ZAMBRANO de O ROSAL, unha nova edición da nosa revista escolar para repasar os traballos feitos por todos os cativos e cativas ao longo do ano académico, despois dun 1 dos finais de curso máis atípicos da nosa historia. Pero este curso non se perde por unha parada temporal, de imperiosa

necesidade

a

causa

do

COVID-19,

senón

que

continuamos a traballar arreo confinados desde as nosas casas; e como xa comprobaredes esta edición vén cargadiña de traballos que fixemos entre tod@s! Está próximo a chegar o tempo para volver a traballar xuntos e compartir moitos momentos, e achegarase... unindo cabeza e alma, aprendendo e crecendo! Volvermos a estar tod@s xun@s!! Polo momento, grazas familias pola vosa implicación con nós en prol da aprendizaxe dos vosos fill@s! Bo verán

Equipo directivo C.R.A. María Zambrano


Revista escolar Bufo Fich 2019 / 2020

EQUIPOS


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN

Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

DA LINGUA GALEGA Velaquí o noso espazo para dar conta das actividades máis salientables deste curso! Este ano académico que agora rematamos foi atípico e ogallá non repitamos outro coma este! Empezamos con un montón de proxectos e ideas non só para achegar o Galego ao noso alumnado, familias... senón tamén a todo o Concello de O Rosal! * ESTE CURSO O EDLG, ADEMAIS DO BLOGUE DO CRA ESTRENAMOS UN APARTADO NA PÁXINA WEB DO COLE! O EQUIPO TICS CREOUNOS A PRINCIPIOS DE CURSO UN RECUNCHO QUE LEVABAMOS TEMPO A RECLAMAR!

* PARA O SAMAÍN: ADEMAIS DA EXPOSICIÓN DAS FAMILIAS DAS TRADICIONAIS CABAZAS DECORADAS NAS AULAS, ESTE CURSO PREPARAMOS UN “MÉMORI” ELABORADO POLO ALUMNADO DO CRA!

* EN CADA AULA PUXEMOS MOI DEPORTIVO Á MASCOTA DO CRA, O BUFO FICH! ACORDE CO PROXECTO DESTE CURSO! CON CAMISETA DEPORTIVA!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

* NO NADAL: PROPOSTA DE PORTAS DECORADAS EN CADA AULA, CON MENSAXES EN GALEGO!

* EN XANEIRO, PUBLICAMOS O CALENDARIO ANUAL DAS AULAS DO CRA! COA TEMÁTICA DO PROXECTO DO CURSO: “OS DEPORTES OLÍMPICOS”

* PREPARAMOS UN DOSIER DOS ALIMENTOS TÍPICOS DE CADA CONTINENTE PARA TRABALLAR NAS AULAS: COA “CESTA DOS CONTINENTES”. UNS EXEMPLOS:

*

PARA

CELEBRAR

O

ENTROIDO

PREPARAMOS AS: “ORDES OU MANDADOS DO MECO”


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

* NA SEMANA QUE SE CONMEMORABA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: VÍDEO DO ALUMNADO DO CRA RECITANDO O POEMA “ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES”

E PARTICIPAMOS NO CONCURSO DO CONCELLO “DECORANDO A ROSALÍA” EN CADA AULA! E LOGO PREPARAMOS UNHA PEQUENA HOMENAXE EN FORMATO PDF PARA QUE QUEDASE CONSTANCIA DE TER PARTICIPADO!

NA páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/cramariazambrano/node/697 E, no blogue: https://cramariazambrano.wordpress.com/category/normalizacion/

*CONTINUAMOS CO PROXECTO “VERBAS NA RÚA”, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO! COLOCANDO NOVAS PALABRAS NAS BEIRARRÚAS DA SEDE DO CRA... NOS PARQUES... Pero o 13 de marzo... o confinamento por causa do COVID-19 asolagounos a todos na casa e desmontou noso obxectivo prioritario que era como achegar a nosa lingua a todas as familias de O Rosal e incluso dos arredores do noso Concello. Vímonos na obriga como lle pasou a todo o mundo de adaptarnos a unha nova situación, traballando desde a distancia co ordenador e internet, como intermediarios!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

* PROPUXEMOSVOS “23 RETOS CRAOLÍMPICOS EN GALEGO”

* COLABORAMOS CO EQUIPO DE BIBLIOTECA “ANISIA MIRANDA” COA ELABORACIÓN DO DIPLOMA NA SEMANA DO LIBRO, A PARTIR DUNHA IDEA DO DESEÑO DO DEBUXO ORIXINAL DE BIBLIO!!

*O CONTACONTOS CRA – CPI QUE TIÑAMOS PREVISTO ANTES DO CONFINAMENTO, SUSTITUÍMOLO POR UN VÍDEO, COMO PROPOSTA DO RETO 20: “O NOSO CONTO PREFERIDO” QUE FIXEMOS ENTRE TODO O ALUMNADO DO CRA E DO CPI

Vídeo no enlace: https://youtu.be/h8ASd8WJAQg


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

*NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, ESTE CURSO HOMENAXEAMOS A RICARDO CARBALLO

(CARVALHO)

CALERO,

CELEBRÁMOLA

PROPÓNDOVOS

5

RETOS

MOI

DIVERTIDOS! ENLACE AO CRA: https://www.edu.xunta.gal/centros/cramariazambrano/node/702 A AULAS GALEGAS: https://aulasgalegas.org/e-mais-letras-galegas/ E, A LINGUA.GAL: https://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0058/2020-ricardo-carvalho-calero

VIDEO RETO 1 CARBALLO CALERO

*DEMOS OS NOSOS PARABÉNS Á INICIATIVA DE RADIO DE BIBLIO E ORIENTACIÓN “BUFO NO AIRE”

*E... DESPEDIMOS O CURSO CON ESTA NOVA EDITORIAL DA REVISTA DO BUFO FICH !! * PERO... QUEDÁRONNOS TANTAS COUSAS PENDENTES!! ESPERAMOS DE CARA AO CURSO QUE VEN PODER AGASALLARVOS CON ELAS, COMO POR EXEMPLO UNHA NOVA EDICIÓN DA ACTIVIDADE DOS POUSAVASOS, O FESTIVAL DE FIN DE CURSO...

VÉMONOS Á VOLTA DO VERÁN!!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

OBRAS NA NOSA BIBLIO Durante este curso escolar finalizamos as obras na Biblioteca Anisia Miranda, un proxecto que xa comezara fai varios anos. Coa colaboración da ANPA, Concello do Rosal, Fundación La Caixa, o Equipo de Orientación Específico e co apoio das Bibliotecas Escolares de Galicia fixemos real o noso soño! Para todo isto, o 14 de decembro xuntámonos familias, alumnado e profesorado! Aquí tedes o resultado!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a toda a comunidade Educativa polo seu apoio, especialmente a Jose, que xa non se atopa entre nรณs.


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

A MALETA CIENTÍFICA Sobre o mes de novembro comezou a viaxe por cada unha das aulas do CRA Mª ZAMBRANO dun material moi especial!!! En dita maleta viaxeira tiñamos: plastilina e LED, taboleiros das CRAOLIMPÍADAS, “Yo aprendo a programar”, Tablets…

TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POR TODO O ALUMANDO


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

A TECNOLOXÍA NAS AULAS Pouco a pouco e ano tras ano imos introducindo e dotando as aulas con novo material TICS… o cal imos aplicando no día a día, nas rutinas e en cada unha das tarefas e actividades levadas a cabo!!! Aquí tedes algún exemplo de traballo:

Reforzamos e ampliamos conceptos de grafía, formas xeométricas, proxecto olimpíadas… grazas ao OZOBOT!

Traballamos coa PRACA-CIRCUITO “CROC AND PLAY”! As mandarinas soaban como un piano


REVISTA BUFO FICH 2019/2020

ESTE CURSO SO POIDEMOS REALIZAR AS SIGUIENTES SAIDAS:

PRIMEIRA SAIDA INVITADOS POLO CONCELLO UNHA MAXIA DIFERENTE CO MAGO PACO SOBRE A IGUALDADE SEGUNDA SAIDA TAMEN INVITADOS POLO CONCELLO “CONTOS DO RECREO” SOBRE O ACOSO ESCOLAR

CON ESTO CHEGOU O MAGOSTO EN FORNELOS QUE TIVEMOS QUE ANULAR POR MAL TEMPO E PASAR A FACER A PRESENTACIÓN DO NOSO PROXECTO “AS CRA OLIMPIADAS” NO PAVILLON


REVISTA BUFO FICH 2019/2020

AINDA QUE PAREZA MENTIRA XA ESTAMOS NO NADAL… EMPEZAMOS A FACER BOCA CAS CARTAS PARA O “APALPADOR” PARA PEDIRLLE COUSAS PARA AS ESCOLAS E NOS FOI REPARTINDO CASTAÑAS

DEPOIS DO APALPADOR CHEGOU UN PAXE DOS REIS MAGOS A BUSCAR AS NOSAS CARTAS E FESTA CAS FAMILIAS

PERO NESTE MEDIO TEMPO TAMEN FOMOS AO CINE…. A VER FROZEN2 CA AXUDA DA ANPA E DE UNHA DOTACIÓN ECONÓMICA PARA A IGUALDADE.


REVISTA BUFO FICH 2019/2020

DESPOIS DO NADAL VOLTAMOS CON MOITAS GANAS….. PRIMEIRO DE NADA UNHA VISITA DE UNHA CIENTÍFICA MARIÑA PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER NA CIENCIA.

E CHEGOU O ENTROIDOOOOOOOOO COMO ESTABAMOS CAS CRAOLIMPIADAS E OS CONTINENTES RELACIONAMOLO TODO

TABAGÓN-ÁFRICA- JABALINA

NOVÁS-OCEANÍA-RUGBI

MARZAN-AMÉRICA DO NORTE-HÍPICA

PIAS-EUROPA-GOLF

FORNELOS-AMERICA DO SUR-FUTBOL

COUSO- ASIA-GIMNASIA RITMICA


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

RADIO BUFO NO AIRE

Unha forma de atender á diversidade durante o confinamento O pasado mes de maio comezamos un novo proxecto dende o Departamento de Orientación que tiña como obxectivo principal aumentar a relación, a comunicación e o acercamento entre o noso alumnado durante este tempo que tivemos que permanecer nas nosas casas; ademáis de mellorar tamén a expresión oral e a lectoescritura. Para todo iso contamos coa principal colaboración da Biblioteca Anisia Miranda e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega. Pero o máis importante… QUE FOI O QUE FIXEMOS PARA CONSEGUIR ESTES OBXECTIVOS? Creamos una CANLE DE RADIO na plataforma gratuita Ivoox chamada “BUFO NO AIRE”, que conta con dous programas nas súas ondas: Þ “E ti que te contas”: Mércores ás 12:00 AM. Neste programa desfrutamos co alumnado da etapa de Educación Infantil das diferentes escolas onde nos contaron anécdotas, poesías, adiviñas, entrevistas ou fermosas dedicatorias entre outros. Þ “Verbas no aire”: Venres ás 12:00 AM. Neste programa tócalle ó turno ó alumnado de Educación Primaria, no que nos narraron diferentes contos como “Garabanciño” ou “A cebra Camila”.


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN! PORQUE ESTA RADIO… FACÉDELA VÓS!


Revista escolar Bufo Fich 2019 / 2020

ACTIVIDADES


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

ESCOLA DE COUSO ESTE CURSO LEVAMOS A CABO UN TALLER DE COCIÑA. APRENDEMOS A FACER A LISTA DA COMPRA, MEDIR INGREDIENTES, SEGUIR UNHA ORDE, ESPERAR TURNO…. E A PROBAR COUSAS NOVAS.

FIXEMOS UN MONTÓN DE RECEITAS: PIZZA

ZUME DE LARANXA


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

EMPANADILLAS

MAGDALENA E

GALLETAS

BOCATA MONSTRUOSO

A TRAVÉS DA COCIÑA LÓXICOMATEMÁTICOS:

CONTAMOS E REPARTIMOS

E TAMÉN LECTOESCRITURA

TAMÉN

TRABALLAMOS

MEDIMOS CANTIDADES

MOITOS

CONCEPTOS

TRABALLAMOS FORMAS


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

ESTE CURSO LEVAMOS A CABO O PROXECTO DAS CRAOLIMPIADAS. INVESTIGAMOS QUE SON AS OLIMPIADAS, CANDO SE CELEBRAN, MASCOTAS, CONTINENTES, ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA, DISTINTOS TIPOS DE DEPORTES E DEPORTISTAS OLÍMPICOS/AS E PARALÍMPICOS/AS…


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

TAMÉN APRENDEMOS A RELAXARNOS, FACENDO IOGA


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

UN ANO MÁIS, TOCA DESPEDIRSE DOS NOSOS MAIORES QUE CONTINÚAN A SÚA AVENTURA EN PRIMARIA. ASÍ CHEGAMOS

RODRIGO

LUCA

LOLA

YANIRA

IAN

ILAI

ASÍ MARCHAMOS

LUKA

XOEL


MARZÁN Somos ROI, TEO, GAEL, BREIXO E LUCAS , E AO LONGO DESTE CURSO …

Descubrimos a nosa escola e aprendemos a coidar dela

Mergullámonos en milleiros de historias

Coñecemos as árbores que nos rodean, recollemos os seus froitos, lavámolos e saboreámolos


Observamos sapos, lagartas, arañas, formigas, caracois … e debuxámolos Coñecemos a bandeira e deportes olímpicos, os continentes e algunhas curiosidades de Norteamérica

Achegámonos ás letras e ós números manipulando

SOMOS UNS CAMPIÓNS!!!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

ESCOLA DE FORNELOS

Na escola de Fornelos gústanos moito compartir tódalas experiencias cos demais nenos e nenas porque ‘’a única maneira de multiplicar a felicidade é compartíndoa’’. É difícil resumir un ano escolar nunha soa páxina, pero aquí van algúns dos mellores momentos:

Mercamos no supermercado

Escoitamos unha conxura máxica no Samaín

Recibimos a visita do Apalpador

Viaxamos disfrazados en tractor a Novás

Tivemos regalos sorpresa polo nadal


ESCOLA DE FORNELOS INFANTIL -CRAOLÍMPICOS-Neste

Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

curso dedicamos o noso día a día ao proxecto “das

olimpíadas”; e non soamente nos convertemos nuns súper deportistas, senón que descubrimos unha chea de valores, historias, novidades… auténticas e interesantes!

CREAMOS O NOSO RECANTO DE INVESTIGACIÓN!!

SEMPRE CONTAMOS COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS…


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

ESCOLA DE FORNELOS INFANTIL

“CAIXA DOS RECORDOS” comezamos unha nova aventura en colaboración coas familias, na cal nos permitiu coñecernos en maior profundidade e afianzar as relacións!! Estas son algunhas das propostas que xurdiron… MANUALIDADES FOI

INCRIBLE

VER

NAS

SÚAS

CARAS A ILUSIÓN E EMOCIÓN AO MOSTRARNOS OS SEUS OBXECTOS PERSOAIS, COA

ENTRADA

ESCOLA!!

EXPERIMENTOS COCIÑA

CONTACONTOS

DIFERENTES DOS

FOTOS,

PAPÁS

Á


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

SEMPRE FORNELOS Resulta difícil, senón imposible, abarcar en dúas follas todo o vivido neste último curso. Por iso queremos resaltar que para todos nós, Fornelos foi a nosa segunda casa. Unha casa onde compartimos momentos fantásticos e onde aprendemos moitas cousiñas útiles para o largo das nosas vidas.

Como se acostuma dicir ‘’unha imaxe vale máis que mil palabras’’, por iso amosámosvos algúns dos momentos vivimos pola familia de Fornelos.

Recibimos a visita do Apalpador

Fomos ao cine a Vigo

Xogamos na pista anexa á escola

Participamos nas CRAolimpiadas


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

Fixemos grandes construcións

Aprendemos xogando

Recordamos xogos clásicos na aula

Disfrazámonos de deportistas

O marabilloso desta familia era que o pasábamos moi ben xogando e desfrutábamos aprendendo nos diferentes recunchos da aula, que eran un total de sete: o recuncho das matemáticas, das linguas, das ciencias, das emocións, das TIC, dos experimentos e do ocio.

Traballamos por recunchos

Traballamos en asemblea

Por todo isto e moito máis, este curso quedará presente para sempre nas nosas cabeciñas, porque hai recordos que o tempo non pode borrar. Lanzamos o noso último grito; 1, 2, 3 ¡ FORNELOS!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

AS CRAOLIMPIADAS NA ESCOLA DE NOVÁS: OCEANÍA INICIAMOS O NOSO PROXECTO CREANDO O NOSO PROPIO MAPAMUNDI PARA SITUAR O CONTINENTE A TRABALLAR: OCEANÍA.

UNHA VEZ SITUADOS COMENZAMOS A INVESTIGAR A FLORA, FAUNA, FORMAS DE VIDA, IDIOMAS… E CHAMOUNOS MOITO A ATENCIÓN UNHA TRIBU DE NUEVA ZELANDA: OS MAORIES.

O DEPORTE OLÍMPICO ELEXIDO FOI O RUBGY TENDO COMO REFERENTE A SELECCIÓN DE RUGBY DE NUEVA ZELANDA: OS ALL BLACKS

COÑECEMOS AS BANDEIRAS DE OCEANÍA E DOS MAORIES


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

UNHA DAS PROPOSTAS DE CENTRO FOI ELABORAR UNHA CAIXA E INTRODUCIR NELA INFORMACIÓN SOBRE O NOSO CONTINENTE. PUXÉMONOS A TRABALLAR!!!! INTRODUCIMOS NA CAIXA FROITAS (KIWIS), MEMORIES (MONUMENTOS TÍPICOS), POSTRE TÍPICO, LIBRO EXPLICANDO ASPECTOS MÁS CARACTERÍSTICOS DE OCEANÍA, CAMISETA DE RUBGY…

OCEANIA

E RECIBIMOS CON MOITA ILUSIÓN AS CAIXAS E CESTAS DAS DISTINTAS ESCOLAS. CANTA INFORMACIÓN!!!

CHINA

AMÉRICA

EUROPA

ÁFRICA

DESTACAR DA FAUNA DE OCEANÍA OS EMÚS QUE TIVEMOS MOITA SORTE E POIDEMOS VISITAR NA NOSA ZONA. QUE GRANDES SON!!!

OS TALLERES DE COCIÑA CENTRÁRONSE NA GASTRONOMÍA PROPIA DE OCEANÍA E TAMÉN NA ALIMENTACIÓN SAUDABLE CARACTERÍSTICA DOS DEPORTISTAS. QUE RICO O POSTRE LAMINGTONS!!!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

OS XOGOS COA PROFE REBECA NA ESCOLA DE NOVÁS A PROFE ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA REBECA LEVOU A CABO UN TALLER OS LUNS NA SEGUNDA SESIÓN DA MAÑA ONDE A TRAVÉS DOS XOGOS PRETENDÍASE ALCANZAR OS SEGUINTES OBXECTIVOS: -

FOMENTAR HABILIDADES COGNITIVAS, SOCIALES E DE APRENDIZAXE. DESENVOLVEMENTO DA ATENCIÓN E MEMORIA. MELLORA DA IMAXINACIÓN, CONCENTRACIÓN E A CREATIVIDADE. FAVORECER O XOGO EN EQUIPO. MELLORA DA AUTOESTIMA.

-

FAVORECE AS HABILIDADES DE COMUNICACIÓN…

ALGÚNS DOS XOGOS UTILIZADOS FORON OS SEGUINTES:

ESTOS XOGOS, ENTRE OUTROS MOITOS, OS PODEDES ATOPAR NA BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO “ANISIA MIRANDA”


Revista Bufo Fich 2019 - 2020


Revista Bufo Fich 2019 - 2020


Revista Escola Bufo Fich 2019-2020

ESCOLA DE PÍAS- A ESTE CURSO NON TIVEMOS O TEMPO SUFICIENTE PARA FACER AS MOITAS ACTIVIDADES QUE TIÑAMOS PREVISTAS, POLAS CIRCUNSTANCIAS COAS QUE NUNCA PENSÁBAMOS CONTAR. PERO AÍNDA ASÍ, PODEMOS DISFRUTAR DAS COUSAS QUE DURANTE, O CURTO PERÍODO DE CURSO FÍXEMOS.

TRABALLAM OS O VALOR DA AMIZAD E, BICOS E MÁIS BICOS

BAILAMOS E PREPARAMOS DIFERENTES COREOGRAFÍAS QUE LOGO ENSINAMOS OS/AS COMPAÑEIROS/AS


Revista Escola Bufo Fich 2019-2020

A NOSA ASEMBLEA É UN DOS MOMENTOS MÁIS IMPORTANTES DO DÍA, O/A ENCARGADO/A REALIZA TÓDALAS TAREFAS (DÍA, MES, TEMPO,…) AO REMATAR CONTAMOS AS EXPERIENCAS OU NOVIDADES QUE LLE XURDIRON A CADA NENO/A.

ROBÓTICA: AS NOVAS TECNOLOXÍAS ESTÁ MOI PRESENTES NA NOSA AULA E POR ISO TRABALLAMOS MOITO CON ELAS E COS DIFERENTES MATERIAIS TECNOLÓXICOS

O OUTONO: UNA ESTACIÓN QUE NOS ENCANTA POLA CANTIDADE DE ACTIVIDADES UE PODEMOS FACER, ENTRE ELAS PRECIOSOS MURAIS.


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

NA ESCOLA DE PÍAS O PASAMOS MOI BEN. O LONGO DO CURSO FOMOS ARTISTAS,

E TAMÉN COCIÑEIROS,


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

FOMOS MOI TRABALLADORES,

E TAMÉN ENXEÑEIROS


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2019/2020

ESCOLA DE PíAS PRIMARIA Que curso máis rarito, empezou moi ben con duas saídas ao Calvario, pero pronto se torceu, primeiro Manolo facendo o indio, rompeu un cóbado, e estivemos 2 meses con Camino, inda que nos viña a ver de cando en vez. Con Camino traballamos e celebramos o Samaín e o Nadal, onde viu un Paxe Real e tamén o Apalpador. Despois das vacacións xa volveu Manolo, e non lle deixamos saltar máis a verxa. Aparte de aprender moito na escola, fomos a varios sitios, entre eles ao Calvario, onde visitamos o concello, Paquín e a praza de abastos, onde nos deron unha lección de peixes.Intentamos ir a ver porcos a granxa de Oscar, pero non naceran aínda. Na volta paramos no parque a xogar. Tamén fixemos moitas cancións que bailamos e aprendemos na casa cas nosas familias.

Celebramos tódolos cumpleanos mentras estivemos na escola, este é o de Adri o 15 de Outubro. Fixemos varias recetas no forno que nos regalou a Anpa, e as fixemos ca axuda de Elena e de Conchi, pois como dixen que

fora un curso rarito, Elena tamén tuvo que faltar algún tempo, e viu Conchi, quen pasou con nos o antroido vestidos de Escoces@s.


Nos disfrazamos, e bailamos unhas cantas veces. Aqui está Eva con Rebeca, que como sabedes marcha para outro colexio, eso si con moita pena de deixarnos. Nos tamén a extrañaremos moitisimo. Moitos bicos Rebe. Muacccc.

Dous días antes de que eso que chaman Coronavirus nos fixera fechar a escola, fomos a ver os máis de 200 cabritiños da asociación de montes. Fomos cas familias nun día con néboa. O pasamos moi ben. Logo viu a escola fechada, moito por aprender e divertirse,varias excursións por facer, estar nas nosas casas fechados, non estar cos compañeir@s, as fichas na distancia, as videoconferencias semanais, pero nada foi xa igual, eso si, estou orgulloso de vos, de como vos portachedes e de como traballachedes, e por suposto dos vos@s nais e pais, que tiveron que traballar e estar moito con cos. Para despois do verán, Gómez, Elena , Feliciano máis Manolo estaremos esperandovos moi contentos, e faremos todo o que este curso non nos deixou facer…..e máis. Bicos a tod@s


Revista escolar bufo fich 2019/20

TABAGON 19-20 ESTES SOMOS NOS

ESTE CURSO EMPEZARON SETE NENOS NOVOS: DE DEREITA A ESQUEDA NO CHAN.... MARC, INÉS, XABIER, JIMENA, MIGUEL E MARIO, (ou o revés) E IVÁN. E SENTADOS OS MAIORES: XAVI, CARLA, LARA, PAULA, DIEGO E ALEX EN TOTAL 13 NENOS!!!!!!


Revista escolar bufo fich 2019/2020

Fixemos moitas cousas coma sempre:, escribir, debuxar‌‌. E xogar, xogar moito e divertirnos


Tamen

Revista escolar bufo fich 2019/2020

temos un formigueiro Revista ,.

A nosa aposta deste ano foi a cociña, para aproveitar os fornos que nos regalaron a ANPA todos os cumples fixemos nos os pasteis e as patatas fritas con cuchillos especiais.

E ainda que fixemos moitas cousas unha das que mais nos gustou foi unha actuacción de maxia con xavi e a súa mamá e o seu papá


Revista escolar Bufo Fich 2019 / 2020

TAREFAS DOS


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

Especialidade de inglés A pesar de que este curso foi un tanto diferente na especialidade de inglés realizamos múltiples actividades entre as que destacamos as seguintes: 1. Comenzabamos coa rutina diaria: How are you? What day is it, today? What’s the weather like? …

2. Por suposto, sempre tiñamos presente as cancións centradas nun tema de interese para aprender divertíndonos.


3. As historias e os xogos tamén foron unha parte fundamental da aula, fomentando deste xeito a cooperación e as habilidades comunicativas.

En primaria tamén desfrútamos moito das rutinas, xogos e das cancións. Co

tema dos animais fixemos un proxecto chamado Our Strange Animals e tirando de creatividade deseñamos uns novos seres únicos e fantásticos . As novas tecnoloxías estiveron presentes dende o primeiro día o que nos veu sensacional para sacarlle un mellor proveito no inesperado tempo de confinamento. Great job! Estades feitos uns SUPER HEROES!


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2019/2020

EDUCACIÓN MÚSICAL NAS CLASES DE MÚSICA PASÁMOLO MOI BEN: BAILAMOS, XOGAMOS, TOCAMOS INSTRUMENTOS E… CANTAMOS MOITO!!


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2019/2020

ALGÚNS DOS LIBROS QUE EMPREGAMOS NAS NOSAS CLASES PARA CANTAR, BAILAR E XOGAR.

APRENDEMOS CANCIÓNS MOI DIVERTIDAS DE ANIMAIS COA AXUDA DOS CONTOS

TOCAMOS MOITOS INSTRUMENTOS: MARACAS, CLAVES, CAIXAS CHINAS, PANDEIRO, CRÓTALOS.. PERO CÓS TUBOS SONOROS E COAS CAMPAÍÑAS MUSICAIS PASÁMOLO XENIAL


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

EDUCACIÓN FÍSICA Dende a área de Educación Física elaboramos un conto titulado “As aventuras do Bufo Fich”, a través do cal traballamos tódolos contidos da área dunha maneira máis motivadora e atractiva.

O Bufo Fich ensinounos unha chea de actividades. Traballamos o esquema corporal, a lateralidade, a percepción espacial e temporal, o equilibrio, a coordinación, as habilidades, e fixemos unha gran cantidade de xogos.


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

Ademais, o alumnado de Primaria tamĂŠn aprendeu a facer posturas corporais co Acrosport!!


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

RELIXIÓN Éste foi un curso dos que ogallá non volvan repetirse moitos mais! Ata o mes de Marzo, cando tivemos que quedar todos confinados nas nosas casas, en Reli, tanto en E.I. como en E.P. aprendemos valores de Xesús a través xogos, de manualidades, de relatos que líamos na aula, do visionado de vídeos ou curtas… e coas actividades, tanto de mesa como na pizarra dixital que fixemos! Ou na TABLET coa que empezamos a traballar neste curso coa app “La Biblia para niños”

A raíz do proxecto deste curso (deportes, continentes…), traballamos a interculturalidade e o respeto que debemos ter cara os demais, a través das distintas formas de representar no mundo a casa de Xesús (Igrexas) segundo a Relixión.

E, vimos, inda que non nos deu tempo profundizar moito, os valores que debe reunir un bo deportista!

Tampouco tivemos posibildade de empregar todos os recursos tecnolóxicos cos que traballamos para motivar ao alumnado a querer saber mais de Xesús: donde naceu, quenes eran seus papás, como vivían, donde… en definitiva, aprender de xeito lúdico sobre un rapaz como calquer neno ou nena do noso tempo, que lle daba valor á Amistade, Sinceridade, Sinxeleza… que nos ensina que o mais importante para ser


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020

felices é alegrar a vida dos demais. Como? Compartindo, axudando, escoitando aos demais… por eso a nosa mascota na aula é un Corazón. Pero non un calquera, senón o corazón de Xesús que en Semana Santa recordamos que nos agasallou coa maior das ensinanzas: o valor de Amar de verdade aos demais, e, se é preciso deixarse a pel por defender, respectar, coidar e querer de verdade a TODOS e a TODAS, isto sí que é dificil, por eso para os cristiáns o símbolo que temos é a CRUZ!! Xesús ensinounos a perdoar, para sanar de verdade noso corazón!! Xesús é o mellor médico para nosa saúde !!

Durante o confinamento enviei para cada semana tarefa á páxina web do CRA desde o principio pero non mantiven a comunicación nin co alumnado nin coas familias, polo que encarecidamente, como mestra de Reli pido disculpas a todo o alumnado de Reli e ás familias. Ao principio imaxinei que serían 15 días, logo 1 mes… pero de repente foise o curso. Ao non manter contacto personal desde o principio, empecei a compartir tamén actividades na miña Bitácora “Valores con Reli”, que fun especificando ao longo das semanas nas tarefas que colguei na web do CRA, para compensar a falta de comunicación mais personalizada.

Neste enlace ao Blogue: VALORES CON RELI, hai algunha actividade interesante para facer na casa: como elaborar un ABRAZÓMETRO, APERTAS MUSICAIS, actividades para COIDAR A CREACIÓN… Que tamén están colgadas na PÁXINA WEB DO CRA, ademais de todas as actividades interactivas que se poden facer e corrixir en liña!! Tamén podedes atopar algunha proposta de Reli no BLOGUE DO CRA.

Un agradecemento especial ás familias e alumnado de Reli! Feliz verán a todos e a todas!


ALTERNATIVA A RELIXIÓN

INFANTIL


PRIMARIA


FORNELOS

NOVÁS


Revista escolar Bufo Fich 2019 / 2020

RECUNCHO


Revista Escolar Bufo Fich 2019-2020

ANPA DAS ESCOLAS RURAIS DO ROSAL A ANPA das escolas rurais está formada polas nais e pais do alumnado das escolas de Marzán, Fornelos, Novás, Couso, Pías e Tabagón que pertencen ao C.R.A. MARIA ZAMBRANO do Rosal. Dende a asociación tentamos levar a cabo unha serie de proxectos, axudar e contribuír a diferentes propostas da Escola e organizar actividades lúdicas para o desfrute de toda a comunidade educativa. Para poder realizar algunhas destas actividades necesítanse uns ingresos que ao longo deste curso procederon, en primeiro lugar das cotas anuais dos socios que pagan as familias. A outra parte de ingresos procederon da venda de rifas e lotería do Nadal, do cartón da sorte para o sorteo dun lote de roupa, de rifas para o sorteo de produtos cedidos polas familias no Entroido e venda do peixe espada e latas de conserva. Quixeramos agradecer a tódolos patrocinios e doazóns de produtos realizados por diversas empresas e organizacións da nosa contorna. Este curso continuou a Aula Madruga de 8h a 9h (Grazas aos profesores e profesoras pola súa colaboración!) e, tras moito esforzo, foi posible o arranque do Comedor Escolar en Marzán para os nenos e nenas do C.R.A. no mes de novembro 2019 ca fin de facilitar a conciliación familiar. Para a posta en marcha do comedor queremos salientar as axudas económicas extraordinarias aportadas polo Concello do Rosal, Alukplas, Cesomec, depósitos Coballes, tres doazóns anónimas de empresas e dúas doazóns por parte de familias do C.R.A. Grazas a esas axudas foi posible o arranque do comedor escolar con servizo de transporte entre as diferentes escolas, o cal esperamos poda seguir funcionando en vindeiros cursos. Este ano a ANPA tamén se adaptou á normativa vixente da LOPD, deuse de alta nos rexistros da Xunta e provinciais, presentou o proxecto do comedor e outras solicitudes de axudas que están pendentes de resolución. Ademais, ca fin de colaborar no mantemento do medio ambiente reducindo o gasto de papel e, a súa vez, mellorar a comunicación entre socios/as e a directiva da ANPA, creouse un grupo de difusión a través de WhatsApp.


Revista Escolar Bufo Fich 2019-2020

En canto ás actividades lúdicas, este ano organizamos a Festa do Nadal no pavillón da Mata do Rosal, nela bailamos ao ritmo do DJ, degustamos unha gran chocolatada acompañada por biscoito, churros e auga, tamén tivemos Photocall e a visita de Papá Noel que repartiu agasallos a tódolos nenos e nenas.

Lamentablemente, debido á inesperada situación que nos tocou vivir a partir do mes de marzo coa pandemia da COVID-19, moitas das actividades previstas tiveron que ser canceladas, pero todo o diñeiro recadado queda para continuar coa nosa labor o próximo curso académico. Dende a Directiva da ANPA gustaríanos aproveitar este artigo para salientar o enorme esforzo que tiveron que levar a cabo tódalas familias durante estes meses de confinamento e grande incerteza, converténdonos en nais e pais “todoterreo”, exercendo de educadores/as, psicólogos/as, amigos/as, tradutores/as, ximnastas, artistas, e un longo etcétera, con cada un dos nosos cativos e cativas. Esta situación tamén serviu para decatarnos do necesaria que é a Escola e da gran labor que exerce o profesorado, que durante estes meses estiveron aportando actividades e iniciativas constantemente. Por todo isto, nesta época de aplausos, nós dedicamos o noso aplauso ás familias, ao profesorado, aos cativos e cativas e resto da comunidade educativa do C.R.A. María Zambrano. Para finalizar, animar a tódalas nais e pais con ganas de aportar as súas ideas e iniciativas a que formen parte da Directiva da ANPA para o próximo curso 2020-2021, todos e todas seredes benvidos/as! E-mail: escolasruraisorosal@nontedurmas.org

A Directiva da ANPA


Revista escolar Bufo Fich 2019 / 2020


Revista escolar Bufo Fich 2018 / 2019

GRAZAS

A

TODOS

E

TODAS,

ALUMNADO,

FAMILIAS,

MESTRES, CONCELLO.… POR TER COLABORADO PARA QUE ESTA REVISTA

SEXA

POSIBLE

A

PESAR

DO

TEMPO

DE

CONFINAMENTO DESDE O DÍA 13 DE MARZO! E,

NESTA

EDICIÓN

DA

REVISTA

NON

QUEREMOS

DESPEDIRNOS SEN DAR OS PARABÉNS ÁS NOSAS FAMILIAS E AOS NOSOS NENOS E NENAS POR TODO O QUE TRABALLARON E O BEN QUE SE PORTARON. FÓCHEDES UNS VERDADEIROS CAMPIÓNS E CAMPIOAS! ESTA MEDALLA E

DIPLOMA SON

PARA VÓS! AGORA TOCA GOZAR DO VERÁN! APROVEITADE TODOS OS TEMPO DE LECER… E SOBRE TODO, DESCANSADE MOITO! DEICA O CURSO QUE VÉN A TODOS E TODAS


Revista escolar Bufo Fich 2019-2020


https://www.edu.xunta.gal/centros/cramariazambrano/presentacion


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.