Revista a fontiña web

Page 1

CURSO 2012-13


EDITA_CEIP CHANO PIÑEIRO Deseño e maquetación: ENLG Redacción de contidos: alumnado e pr esorado

1

Depósito legal Gondomar, 09/06/13


INDICE Páxina *Autorretratos (4º E.I.)........................................ 3 *Pincho de froita con nata (5º E.I.-A)........................ 7 *Os nosos proxectos (5º E.I.-B)............................... 9 *Todo comezou en London e rematou en Gondomar (6º EI)....11 *Saídas no 1º Ciclo (1º).........................................13 *Descubrindo o mar (2º).........................................17 *Excursión a Ourense (3º A)....................................21 *Visita ao Museo Anfaco e aos Muíños de Baíña (3º B).......23 *Saídas: Museo Anfaco e Muíños de Valadares (4º A).......25 *A Historia e os Clásicos (4º B).................................27 *Algunhas actividades realizadas (5º)...........................29 *Obradoiro de escritura (6º A)..................................32 *Xogos escolares e cartas ao director (6º B)..................35 *English Class......................................................39 *Orientación: Mediadores no Chano Piñeiro.....................42 *Educación Física..................................................44 *A Psicomotricidade na Educación Infantil......................47 *Biblioteca.........................................................49 *ENLG..............................................................52 *Contra a violencia de xénero....................................53

2


3 3


44


5


6


5º E.I.-A PINCHO DE FROITA CON NATA Propuxémonos facer un pincho de froita con nata. Para iso, o primeiro que tivemos que facer foi pensar que ingredientes e cousas precisabamos para elaboralo.

O seguinte paso foi aprender a usar a calculadora

Cando xa sabiamos usar a calculadora estabamos preparados para calcular a cantidade de froita que tiñamos que comprar. Para iso, aprendimos a utilizar o peso e calculamos os quilos de cada froita que necesitabamos.

Tamén era importante coñecer o valor das moedas e dos billetes para calcular cantos cartos nos facían falta para facer a compra.

7


Xa estabamos preparados para facer a compra e para iso fomos ao Froiz, alí comprobamos os prezos e escollemos o máis barato, uns nenos collían a bolsa, outros escollían a froita, outros a metían no cesto ata que xa tiñamos toda a compra feita.

Cando volvimos para o cole analizamos o tícket da compra, observamos canto custaba o quilo de cada froita, o peso que compramos e o que pagamos en total, así como tamén vimos que no tícket aparecen outros datos coma o nome do supermercado, a dirección, o teléfono ou o nome da caixeira.

E para rematar o proxecto só quedaba facer o pincho de froita con nata

8


9


10


TODO COMEZOU EN LONDON...e rematou en Gondomar Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil A e B percorremos o mundo enteiro da man de Willy Fog e os seus amigos e coa axuda inestimable das familias e profes. Partindo da novela de Xulio Verne, A volta ao mundo en 80 días saímos de Londres coa teacher Natalia; alí coñecimos os monumentos mais importantes: London Eye, Buckingham Palace,... Seguimos esta singladura polo continente americano. Visitamos Buenos Aires cos avós de

Tomás, fomos a Uruguay coa mami de Oriana,..., e de alí a Gran Mazá, New York, coa profe Estela. Subimos a un rañaceo, navegamos a beira da Estatua da Liberdade e paseamos en taxi amarelo. Cruzamos o charco e e percorremos o continente da cor e da alegría, ÁFRICA. Con Esther e Cris descubrimos a solidariedade, e gozamos coas cancións e bailes desta zona do

mundo. Xaquín, Asun, Javier e Alba leváronos a Exipto, terra de faraóns, cocodrilos e grandes pirámides. Navegamos polo Nilo e escribimos o noso nome en escritura exipcia.

11


Xa en Asia, a profe Auri e Ricardo, compartiron con nós a súa experiencia na India. As

rúas, edificios, ritos e tradicións dunha sociedade moi atractiva. En Mongolia, dous representantes de Lápices sin colores, mostraronos o lado máis amable do ser humano, a axuda os máis necesitados. A profe Ana levounos o mundo das Novas Tecnoloxías e dos grandes edificios, TOKIO. Coñecimos o noso continente EUROPA. Coa colaboración de Xaquín e Yoli fomos a París: a Torre Eiffel e Walt Disney foi o que máis nos gustou. Ese día tamén fixemos croissants o mais estilo parisino. En Suiza, Anabel ensinounos a súa terra natal coas súas costumes. Coñecimos un instrumento novo, a Trompa dos Alpes e gozamos co seu son. Os Alpes cos seus lagos e animais gustáronnos moito, case tanto como as moedas de chocolate que nos regalou Anabel. Xa en Portugal, país veciño, a tía de Lucía Lorenzo, falounos deste precioso país, concretamente de Vilanova de Cerveira. Bailamos ó ritmo dos ranchos portugueses, probamos os doces típicos, como as natas, e descubrimos as tradicións e atracións máis importantes. Ademais, contounos contos en portugués. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS: familias e profes pola vosa axuda. Disfrutamos moito.

12


13


14


15


16


17


18


19


20


EXCURSIÓN A OURENSE

3ºA

AS TERMAS Pozas de Outariz : Pasámolo moi ben só que unha estaba quente e outra fría. Había unha que estaba morna. Se estabas moito tempo na fría e te metías na agua quente queimabas os pés, xa que estaba a 45ºC . Cando todos saimos da auga fómonos a vestir a roupa. Viñeron uns señores e explicáronnos moitas cousas e dixeron que viñan tódolos dias do ano. PASEO POR OURENSE O martes 28 de Maio 3º e 4º fomos pasear por Ourense. Comezamos na Alameda do Concello, pasamos polas Burgas, andivemos ata a Praza Maior e vimos o Concelllo. Seguimos andando ata a Praza Trigo e puidemos ver a Catedral . A última parada foi a Praza Bispo Cesáreo onde puidemos ver a estatua de Blanco Amor.

21

AS MERENDAS E A COMIDA O Martes fomos de excursion ás termas de Ourense e merendamos ali . Despois víñanos a buscar o autobús para dar un paseo por Ourense. Logo veunos a coller o autobús para ir ao castro a comer. Despois xogamos a pita no castro, merendamos e fómonos ao colexio.


O CASTRO QUE TE DEIXA COA BOCA ABERTA. O Martes 28 de Maio fomos de excursión a Ourense.Entre moitas e otras cousas .Fomos ao Castro. Onde o protexia unha muralla de pedra do siglo IV . Tiña 2.017 anos!!!!!!. Habia moitas casas de pedra unhas redondas e otras rectangulares. Vimos os tanques de auga e había unha ventá. Subimos aos muros de pedra . Empezou a chover e fomos ao autobús. E así rematou a nosa aventura No Castro .

UN GRAN AUTOBÚS O martes 28 de maio de 2013 3º e 4º fomos de excursión a Ourense. Viaxamos nun autobús de dous pisos. Os asentos botábanse cara atrás e cara a dereita. O autobús tiña tres teles ( duas arriba e unha abaixo). Nas teles puxeron tres películas. O autobús tiña un aseo e mesas. O conductor conducia dende o piso de abaixo, terceiro e algúns de 4º ian na parte de arriba.

22


VISITA AO MUSEO ANFACO E AOS MUÍÑOS DE BAÍÑA 3º B Educación Primaria O 29 de xaneiro fomos visitar o Museo Anfaco da conserva; contáronos moitas cousas que non sabiamos e porque está en Vigo. Os principios da conserva remóntanse ao s. XIX. Á sardiña gústalle desaparecer da costa cada certo tempo, e cando desapareceron das costas francesas e catalás os empresarios buscaron outros lugares e nas costas de Galicia había moitos bancos. Nas fábricas do s. XIX se prensaban as sardiñas para quitarlles a auga e conservalas en sal; os franceses e os cataláns instalan as primeiras fábricas de conservas herméticas en toda a costa galega principalmente nas Rías Baixas; así Vigo converteuse na capital das conservas e delas parte o arranque da cidade como motor industrial. (Aquazoo)

Nun principio todo era moi manual pero pouco a pouco foron incorporando pechadoras automáticas, cocedoiros automatizados, etc. Pero hai un proceso que aínda que o fagan as máquinas é máis preciso a man: empacar, isto é: meter o alimento nas latas. Este proceso é oi importante xa que o alimento debe meterse de tal xeito que o abrir unha lata quedes prendido do contido. (Jugadores) (Fonte: Unidade didáctica Museo Anfaco da conserva)

A concha xigante : É un expositor antigo dunha feira onde os

mozos

e mozas colleron a concha e

ao

levárona

museo. Se a queredes ver teredes que ir ao Museo de Anfaco da Industria Conserveira (Natulógicos)

23


Despois visitamos o muíño de Baíña Baixamos do autobús e andamos polo camiño á veira do río mentres merendabamos. Vimos unha roda que xiraba e producía fariña; máis tarde vimos outra roda mais grande que coa forza da auga movíase. (Movedizos)

Partes do Muíño:

• • • •

A roda de ferro con uns “cucharóns” onde cae a auga e fai mover a maquinaria do muíño Moega : onde botar o gran Quenlla: por onde baixa o gran Moa: pedra que tritura o gran O Tarabelo é un pau que marca a velocidade a que cae o graon na moa tac- tac tactactac,...

As pedras: Son coma un muíño en pequeno e manual: unha pedra golpea noutra que ten un burato e nel o gran

(Lalablogo)

24


25


26


A HISTORIA

4ºB

A HISTORIA pode resultar unha aventura moi interesante porque explica sucesos que ocorreron ao longo de moitos anos,e a historia da humanidade.En fin,explicanos como foi evolucionando o home ata os nosos días. Estamos hai millóns de anos,nunha etapa que vai antes da Historia chamada PREHISTORIA Nesta etapa xa hai vida;aparecerá o home,evolucionará . Aparece a escritura o que dará orixe á HISTORIA propiamente dita. A primeira etapa da Historia será a IDADE ANTIGA na que convivirán varios Imperios: Exipcio,Grego,Romano... Algúns destes Imperios fóronse debilitando e outros desapareceron pero non será ata a desaparición do Imperio Romano a mediados do S.V que se inicie outra nova etapa:a IDADE MEDIA Esta etapa empezou a mediados do S.V.Nesta época os señores feudais constrúen castelos para protexerse dos seus inimigos e teñen baixo o seu mando cabaleiros e soldados para ir á guerra. O home segue facendo avances e Cristovo Colón descubre América,empeza unha nova época chamada:IDADE MODERNA,esta é unha época de grandes cambios e descubrimentos ,coma a invención da imprenta por Gutemberg. Finalmente imos a desprazarnos ao ano 1789,ese ano empeza a Revolución Francesa e con ella damos paso á IDADE CONTEMPORÁNEA. Nesta época o home evoluciona asombrosamente rápido,invéntase o automóvil,o avión... Actualmente atopámonos nunha época de grandes avances e constantes cambios;e así segimos a escribir páxinas desta fabulosa aventura que é a HISTORIA.

27


OS CLÁSICOS CHEGAN A 4º B Ao principio do curso a profe díxonos que iamos ler algúns dos clasicos da literatura . Así foi como coñecemos a Ulises ,rei de Ítaca e as súas aventuras polo Mediterráneo,na ODISEA. Logo fixémonos amigos de Lázaro e vivimos con él,co cego ,co clérigo ,co escudeiro...e ata pasamos un pouco de fame tamén,no LAZARILLO Despois sumerxémonos nun mundo de fantasías con DON QUIXOTE. Co CID atopámonos vivindo nunha época de castelos,acompañando a un grande heroe nas súas conquistas. Tamén surcámolos mares acompañando a Cristovo Colon na grande aventura do descubrimento de América ,e este aínda que non é un clasico gustounos moito. E non só coñecemos aos clasicos en literatura se non que tamén a algúns en pintura dos que fixemos unhas interesantes reproduccións,como A MONA LISA de Leonardo da Vinci,O CUARTO de Van Gogh,O GUERNICA de Picasso e AS MENINAS de Velázquez. Gustounos moito traballar os clasicos porque resultounos moi interesante,divertido e aprendemos moito.

28


29


30


31


QUE TERÁ O POBO? Cando chegan as vacacións de Nadal, Semana Santa ou verán, o que os meus pais e eu temos na cabeza, é ir de viaxe á cidade de Zamora, concretamente a un pobo chamado Tardobispo, a cinco kilómetros da cidade. De aquí son os meus avós paternos e sempre que podemos imos a visitalos. Espérannos días para xogar na praza, deitarnos tarde, andar en bicicleta, estar cos amigos e sobre todo estar cos avós...! Cada época do ano ten o seu propio encanto: en inverno o frío fai que nos sentemos xunta a cheminea e escoitemos as historias que o avo cóntanos cando él era pequeno; tamén disfrutar das nevadas que caen no pobo; en verán, que é a época do ano que mellor o pasamos, celébranse as festas de Tardobispo, onde o máis importante non son as orquestras, senon a cantidade de actividades que prográmanse durante o día tanto para os nenos como para os maiores. Unha das que máis gústame, é a festa da espuma, na plaza do pobo e xunto en frente da casa dos meus avós.

O paisaxe tampouco pasa desapercibido: fabulosas dehesas con enormes estensións d terreo, onde pacen terneiras, porcos touros... Grandes campos de xirasois, que ofrecen un gran colorido a paisaxe e extensos campos cultivados de creal, remolacha...

Nestes pobos de Castela é costume botar a sesta, e nas horas de calor, non se ve a nadie pola rúa. Ao atardecer , cando comeza refrescar, xunto co men avó vamos a pasear, e vemos os grandes rebaños de ovellas cos seus cans guardiáns e o pastor. É simpático o saúdo que dase o meu avó cos pastores, xa que cando era pequeno, tamén foi pastor. Falan das súas historias de cando eran nenos , de outros pastores que xa non están...

Dani Bragado (6º A)

32


MISTERIO EN MANHATTAN Era un novo e caluroso día na atarefada cidade de Manhattan, aínda que, entre tanto aire acondicionado, os máis ricos da cidade apenas dabanse conta diso. A axente de policía, Heat, chegara ao escenario dun novo e estraño roubo. O suceso producíuse no Museo da Historia da Humanidade, tamén coñecido como M.H.H. O garda de seguridade contoulle á inspectora detalles do raro obxecto que, misteriosamente, desaparecera do pedestal no que se atopaba. Nun cartel, mostrábase a estraña forma da reliquia desaparecida: unha peza de ouro, con rubíes incrustados, que simulaban unha pirámide. Os expertos a databan do ano 69 a.C. e, aínda que á inspectora non lle abrumaba, deuse conta de que debía ser moi valioso. A axente de policía chegou ao distrito no que había un gran letreiro no que se lía D.R.M. : Departamento de Roubos de Manhattan. Abriu a porta, pasou os controis de seguridade e, en canto chegou a xunto ao axente Richard (o seu compañeiro), achegouse á pizarra e escribiu: Cheguei? -Agora só nos quedan dous- dixo Richard. Heat facíao en todos os casos, a súa mellor “amiga” era a pizarra, ata que escribía os tres verbos, non daba por terminado ningún dos seus casos. -Esperemos- Respondeulle Heat- De momento non temos nada, deberiamos mandar aos axentes Tony e Frank a botar unha ollada ao lugar dos feitos, aínda que, polo que eu vin ata agora, deixárono todo bastante limpo. Creo que eran profesionais. -Mentres eles van ao Museo, creo que deberiamos pescudar que ten ese obxecto que o faga tan valioso- Aclara o seu compañeiro. Pasan as horas na comisaría e, mentres a inspectora busca información, aparecen os axentes Tony e Frank para dicirlle que atoparon unha pista: Un escaraballo de ouro alzando o voo. -Iso non estaba no Museo cando o inspeccionei- Afirma Heat. -Estás segura?- rebatelle Frank- Igual non che fixaches. -Non o creo, seguro que o puxeron alí en canto marchei- Contesta Heat. Así pasaron as horas na oficina, e os axentes só facían especulacións e preguntas sen sentido, ademáis de buscar información sobre o que parecía ser unha pirámide. -¡Agora enténdoo!- Exclamou Richard ensinando aos demais a pantalla do seu ordenadorcomparei as imaxes coas da insignia e datan do mesmo ano de descubrimento. Iso significa que? -O que descubriu os obxecto pode intentar recuperalos- Heat interrómpeo e remata a resposta- Tony, Richard, vós ide visitar ao descubridor. Frank,ti pescuda a lista de xente que participou na expedición, eu buscarei relacións con outros descubrimentos. Richard e Tony chegan a casa do egiptólogo Neil Ostram, pero non hai ninguén. Entran á casa á forza, pero só atopan unha pala e unha tarxeta que pon: EU TEÑO O QUE BUSCADES 41aBcXz23d -Que raro?!- di Richard- Unha estraña orde alfanumérico ao final. Será un código?. Mentres, na oficina, Heat e Frank atoparon algunhas pistas. Ao parecer, un garda atopara uns anacos de cristal, que, probablemente, utilizasen para soltar fume, aínda que a Frank parécelle estraño que o usasen, xa que ás cinco da madrugada, non había ninguén no Museo. -Temos que pescudar que ou quen lles fixo lanzar a bomba de fume- Intervén Heat- Creo que

33


deberiamos darnos conta antes. -De que?- Responde Frank. Nese preciso instante, aparecen Richard e Tony coa nota nunha bolsa de plástico, e, o primeiro que fan é dicirllo a Heat, que dille a Frank: -Ves, dicíacho- E márchase. Cinco minutos máis tarde, entra Heat, trae nas súas mans un disco e un libro sobre o antigo Egipto. Pon o disco nun reproductor e, como ela sospeitaba, parece que no video non hai sinal, pero, durante cinco segundos, aparece a imaxe do ladrón vestido cunha máscara, mira á cámara e despois vólvese a cortar o sinal. Heat volve atrás a imaxe e di: -Mirade o que pon nesta páxina- E ensínallo aos demais seguindo coa súa explicación- A máscara coincide coa deste faraón e, curiosamente, tamén coinciden a insignia e o obxecto roubado do Museo. Acto seguido, Heat achégase á pizarra e escribe: Vin? Nestes momentos, a inspectora está satisfeita co seu traballo, así que di: -Richard, ímos visitar a un anticuario, ¡Ah!, e lévalle o código. Tras unha hora de camiño, chegan a un vello local de antigüidades, entran e preguntan polo dono. Aparece un home caucásico, de estatura media, nada fóra do normal. -Boas tardes, desexan algo?- Di o home tranquilamente. -Veño ver si vostede ten algo relacionado cos faraóns que chegaron hai pouco- Responde Richard. -Creo que si, por aquí?- Di o anticuario conducíndoos a unha zona da parte traseira do establecemento. Nese instante, un home encapuchado ábrese paso ata un cristal, rómpeo e lévase un obxecto que estaba na zona do antigo Egipto. Heat intenta desenfundar o seu revólver do cinto, pero xa é demasiado tarde, o ladrón botou ás presas. -Non pode ser- Laméntase o anticuario- Ese obxecto era o mais antigo que tiña, databa do 69 a.C. -Do 69 a.C.?!- exclama Richard. Acto seguido, os dous saen correndo e conseguen atrapar ao encapuchado, quítanlle o pasamontañas e descobren quen é: O garda de seguridade do Museo!. El dilles que o seu pai participara na expedición e non lle pagaran, así que decidiu vingarse roubando todos os obxectos descubertos. Van ata a casa do garda, na que había unha porta con clave, que coincidía coa da nota. Nela estaban os obxectos roubados. Ao chegar á comisaría, Heat escribe na pizarra: Vencín. -Desde cando sabías a solución?- Pregúntalle Richard. -Non sei- Responde Heat. Aarón Domínguez (6ºA)

34


Xogos Escolares

6ºB

Galiña cega.

Xógase normalmente, con un grupo de persoas, cantas máis persoas haia, máis divertido é. Normalmente, xógase nun sitio cha, sen obstáculos. Para elo, fai falla un pano ou calquera cousa para que o que quede non mire. Antes de empezar, a galiña tiña que dar tres voltas. Despois, tiña que pillar a alguén, e se o pillaba, tiña que dicir o seu nome. Ao que o pillaban, podía agacharse ou saltar para que o que quedaba pensara que era outro. E así pillándose constantemente ata que se aburrisen.

O Escondite

O escondite é un xogo moi coñecido e popular, no que non precísase ningún tipo de material. Unha persoa ponse a contar nun sitio e cando remate de contar vai buscar aos seus compañeiros que están agochados nalgún lugar. Búscaos, cando cando os ve, vai correndo ao lugar onde contou e di: por... (nome do que viu). Tamén, se ti es o que estabas agochado podes correr sen que te vexa ata o lugar onde contou o teu compañeiro e dicir: Por min! Sóese xogar ao aire libre onde haia lugares onde agocharse, por exemplo, nun campo, nunha casa con terreo etc... Para xogar a este xogo debedes ser máis de 1, e preferiblemente debedes ser uns 6 ou 12. Remata cando non queda ninguén agochado.

35


A PITA

A pita ten como minimo dous xogadores e como máximo os que se queiran. Podese xogar a calquer idade dende que se pode andar. Non e preciso ningún material. Xógase en calquera lugar, pero sobre todo no exterior. Xogase así: un dos xogadores queda e ten que correr detrás dos demais ata darlle a pita (tocalo), cando lle da a pita el escapa e o outro e o que queda e corre detrás dos demais. Este xogo non ten un remate, parase cando os xogadores non poden correr mais porque están cansos.

Boliche

Este é un xogo que consta dunha bóla de madeira de 4 centímetros de diámetro, chamada boliche, e doutras de 8 centímetros de diámetro, e xeralmente de ferro, que son coas que se xoga, e que han de ser 3 por xogadores (se xogan dous) ou doas (se xogan tres ou máis). A continuación, trázase unha liña desde onde debe situarse cada xogador para realizar os seus lanzamentos. O xogador elixido para comezar debe situarse na liña de saída e lanzar o boliche todo o lonxe que desexe e seguidamente a primeira das súas bólas tentando aproximarse, no posible, ao boliche. O seguinte xogador fai o mesmo e así sucesivamente ata que todos os xogadores lancen as suas dúas ou tres bólas. O xogador que se achegou máis ao boliche, é o gañador, sendo quen empeza a seguinte partida.ANXO

11

36


O 21

O 21 e un xogo baseado no fútbol. Para xogar necesítase: un balón de fútbol, 3 xogadores mínimo e unha portería. O xogo consiste en "salvarse". O porteiro ten 21 vidas, cada gol que lle metan é unha vida menos; si se queda sen vidas, perde. Os demais xogadores teñen que intentar meterlle goles ao porteiro, só poden dar un toque ao balón por xogador. Se tiran un tiro por fora do campo, o xogador que o tirou ten que ser porteiro e o porteiro..... xogador. Os xogadores ademais de meter goles, teñen que intentar darlle coa pelota ao pau da portería para conseguir "vidas". O primeiro xogador que se quede sen, vidas perde. Outra parte do xogo é: si un xogador tira a portería e o porteiro a para sen que bote o balón, ten que dicir:- ¡Quietos!; e pode eliminar a xogadores como no briletón, lanzándolle o balón e brilando.

El BRILÉ

O brilé é un xogo de varios xogadores (mínimo 3 por equipo, pero, aconséllanse bastantes máis) . Consiste en lanzar a pelota ao adversario para eliminalo, si lle alcanza o eliminado sitúase nunha zona detrás de onde xogan os do equipo rival ( adóitaselle chamar cemiterio), o eliminado tentará eliminar a un rival, se o consegue, poderá volver ao campo de xogo. Para eliminalo débese darlle directamente: Se rebota contra a parede, non está eliminado Se toca o chan antes de darlle, non está eliminado Se lle alcanza pero o colle a pelota antes de que toque o chan, non está eliminado. O xogo acábase rendo todos os dun equipo son eliminados, aínda que só quede un, seguirase xogando. Na miña opinión persoal, é un bo xogo ao que pode xogar moita xente e serve para varíar e non estar sempre cos mesmos deportes.

37


Cartas ao director Pistas de atletismo, para poder entrenar axeitadamente en Gondomar.

Gondomar, 18 de maio de 2013 Estimado señor director do xornal: Rógolle, por favor, que publique esta carta no xornal que vostede dirixe. Estou a practicar atletismo en Gondomar. Os nosos adestramentos facémolos en terra, ao redor do campo de fútbol. Onde adestramos pasa xente cos cans e moléstannos. No noso club hai grandes atletas en distintas categorías, que gañaron distintos campionatos e que vostedes publicaron no seu xornal. Cando imos a outros concellos a competir vemos que teñen unhas instalacións adecuadas para adestrar. Por todo ésto, solicito que nos fagan unhas pistas de atletismo para poder adestrar adecuadamente. Un saúdo

Programas educativos na tele

Gondomar, 20 de maio. Estimado director da televisión: Diríxome a vostede, con todo o respecto que se merece, para facerlle chegar a miña queixa. Deime conta que existen moi poucos programas educativos na tele, en horario infantil. Din que este horario está protexido pero seguimos ouvindo cousas feas, palabrotas, insultos... No canto de darnos bos consellos se seguísemos os seus exemplos viviriamos como na xungla. Onde quedou Epi e Blas ou Espinete ? Eu non os coñezo pero os meus pais dixéronme que eran divertidos e ensinaban xogando. Ah ! e Muzzy ensinaba inglés. O máis educativo que hai hoxe en día é Doura a exploradora ( un pouco infantil para a nosa idade ). Gustaríame que revisase o contido dos programas, e que haxa máis espazos divertidos e de ensino. Un cordial saúdo.

6º B

11

38


ENGLISH CLASS *3 years-old: Hooray for fish.

PRE-PRIMARY PROJECTS *4 years-old: The very hungry caterpillar. O famoso libro de Eric Carle serviunos para aprender nomes de froitas, xogar cos números, valorar a importancia de comer saudable. En colaboración coas titoras conseguiamos stickers se traiamos froita para merendar. Acollemos a proposta con moita, moita ilusión! E.E.I. MOREIRA (MAÑUFE)

*5 years-old:A journey to London. Traballamos conxuntamente coas titoras o proxecto das viaxes. Viaxamos con Cheeky Monkey a Londres, aprendimos os nomes dos seus famosos monumentos, cancións como The Wheels on the bus ou London Bridge.

Festivals: At Christmas.

39


PRIMARY PROJECTS

*Year 2:Dream Snow by Eric Carle.

*Year 1:T-shirts in English.

*Year 5: Teams of journalists (Cooperative Work) Este ano, en inglés, traballamos en diferentes proxectos. Para iso, tivemos que formar grupos de xornalistas. Fixemos traballos dalgúns temas. O Journalist Group 1 investigou sobre a que adican o seu tempo de lecer os nenos e nenas de 5º. O Journalist Group 2 inventou un animal e presentouno á clase. O Journalist Group 3 creou un código secreto e logo tivemos que resolver unha mensaxe. O Journalist Group 4 diseñou unha cidade e tivemos que seguir ás súas instrucións para saber onde estaban. Gustáronnos moito, aprendimos a tra_ ballar en equipo, avaliamos aos compañeiros e o noso traballo e ademais, nese tema os xornalistas non tivemos que facer o test da unidade. It´s CooL ! (mola!)

40


FIND OUT WHO IS WHO

41

YEAR 6


m ediadores no Chano Piñeiro Departamento de Orientación coa colboración do equipo de mediadores

Este curso comenzamos a desenvolver o programa de mediadores no centro, co obxectivo de que o alumnado que teña conflictos no patio poida acudir aos mediadores para que lles axuden a resolvelos pacificamente.

Os mediadores son alumnos e alumnas de 5º de Primaria que se presentaron voluntarios a este programa. Durante os meses de marzo e abril se formaron en resolución pacífica de conflictos un día á semana coa orientadora. Exercerán a súa labor en maio e xuño deste curso e no primeiro trimestre do curso que ven. Logotipo do programa

Están identificados con chalecos laranxa nos recreos e o alumnado que teña conflctos pode acudir a eles. Traballan por parellas. Acompañan ao alumnado en conflicto ata as mesas de mediación e alí axudanlles a situar o conflicto e facer pactos de actuación para a vindeira vez que se atopen en conflicto. Toman nota do proceso no caderno de mediación.

O seguinte día que lles toca mediación fan o seguimento da relación ente as persoas en conflicto e se funcionou a proposta asinan no caderno. Están participando no programa 29 nenos e nenas e están moi satisfeitos do traballo que están a realizar. No mes de maio mediaron en 49 conflictos.

42


O PROCESO É:

Cando entramos en conflicto con outra persoa,

podemos enfadarnos máis e máis,

ou tratar de solucionalo para continuar a xogar xuntos.

Como nos custa falarmos precisamos aos mediadores.

Precisamos coñecer o punto de vista do outro.

Crear pactos.

43

Buscar solucións entre todos.

Comprobar se os pactos funcionan.


EDUCACIÓN FÍSICA Algunhas das actividades que fixemos en EF durante o curso escolar 2012-13 coas profesoras Ana e Natalia foron:

– EDUCACIÓN VIAL: organizouse unha charla no colexio impartida pola xefatura de policía do Concello de Gondomar na que explicaron a seguridade do pobo, os sinais de tráfico, a correcta circulación dos cidadáns e vehículos... Regaláronnos uns petos e cintas reflectantes se acertábamos unhas preguntas. (Ángela 6ºB, Gonzalo 6ºB e Gabriel 6ºA)

– BIG-BALL: é un xogo pouco coñecido pero moi divertido. Xógase cunha pelota grande que podes tocala coas mans e pés. Consiste en pasarse a bola e intentar chegar ao outro campo para marcar gol. A pelota pódese golpear pero non agarrar, non hai porteiro e non se pode pisar o área de portería.(Antón e Samuel 6ºB)

- VISITA DO AMFIV: a Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo viu ao colexio para explicarnos que é o AMFIV, facernos unha demostración de como xogan (na que tamén participaba Uxía, unha alumna do centro que adestra co AMFIV), e tamén puidemos xogar con eles ao baloncesto en cadeira de rodas. Invitáronnos a velos xogar o fin de semana no Pavillón de Bouzas, nós non puidemos ir pero foron moitos dos nosos compañeiros. (Xián, Sofía e Noemí 3ºA)

– INICIACIÓN Á CAPOEIRA: é unha arte brasileña que combina facetas de artes marciais, música e deporte, así como expresión corporal. Os movementos teñen que ser áxiles e rápidos. Os instrumentos empregados son o recoreco, o agogó, o atabaque, o pandeiro... (Celeste, Greta e Nuria 6ºA)

44


– REPRESENTACIÓN DE

SOMBRAS CHINESAS: os nenos/as de 4ºB

fixemos unha obra teatral en sombras chinesas chamada "As catro formigas". As figuras estaban feitas de cartulina e tiñan varillas de arame para manexalas. Outros compañeiros tocaban instrumentos integrados na representación como o pandeiro, a caixa china, os crótalos... Foi representada para o alumnado de infantil. Estivo Xenial! (Inés e Maite 4ºB)

– CARIOCAS: o alumnado de 6º elaborou as cariocas con bolsas, area, globos e medias vellas. Con estes malabares aprendemos a facer diferentes movementos e pasos cos que fixemos unha actuación para fin de curso. Como teñen cintas de cores ao xiralas vese bonito. A todo o grupo encautoulle! (Manuel 4ºB)

– XORNADAS DE XOGOS POPULARES: este ano fixemos xogos populares no Magosto, celebrado no merendeiro de San Cibrán e nas xornadas organizadas polo concello de Gondomar no colexio. Pasámolo moi ben xogando ás buxainas, chapas, carreiras de sacos, chaves, bolos celtas, aros, rá... e o que máis nos gustou: o soga-tira. (Yaiza e Lola 3ºB)

– PIRAGÜISMO: na clase de EF viu un entrenador a explicarnos en que consistía este deporte. Ensinounos un video onde uns nenos vivían a experiencia do piraguismo no río e no mar. Ademais, deixounos unha revista onde aparecían algúns piragüístas coñecidos como David Cal. Depois, baixamos ao ximnasio para veros diferentes tipos de embarcacións: (piragüas, kayak) e materiais: casco, chaleco, palas,.. tamén tivemos a oportunidade de subir ás embarcacións. Foi unha boa experiencia!!! (Rebeca, Noelia e Laura 5ºB)

– ULTIMATE: en EF aprendemos a xogar a un deporte de equipo moi

45

divertido chamado Ultimate frisbee. Para conseguir un punto hai que colocar o disco voador na zona de anotación situada ao final do campo contrario. É un xogo de non contacto e caracterízase polo respecto ás normas e aos compañeiros. Está baseado no xogo limpo. Gustounos moito, animámosvos a que xoguedes! (Sandra e Antía 6ºA)


SLACKLINE: consiste nunha cinta de equilibrio na que debemos concentrarnos para poder camiñar sobre ela o maior tempo posible. A medida que imos adquirindo axilidade e equilibrio tratamos de non agarrarse da corda superior ou da man dun compañeiro. Os profesionais do slackline son capaces de facer piruetas e saltos. (María e Pedro 6ºB) –

DIÁBOLOS E ACROSPORT: aprendemos diferentes trucos como a cama elástica, o ascensor, o látigo... cos que faremos unha sorprendente actuación a final de curso, incluíndo figuras de acrosport, volteretas de pallaso... (Daniel G. I. e Ana 4ºB)

– ATLETISMO: o alumnado de 3º ciclo tivemos unha clase práctica con Ramón Magariños, ex-atleta e entrenador nacional de atletismo, que vive en Gondomar. Este deporte esta formado por un conxunto de disciplinas deportivas que abarcan distintas modalidades: carreiras, lanzamentos e saltos. Durante a sesión fixemos un quecemento e diferentes saídas de velocidade fixándonos no braceo á hora da carreira. Pasámolo moi ben !!! (Patricia, Ainhoa, María e Laura 5º A)

OLIMPIADAS DE INFANTIL: o Concello de Gondomar organizou unha convivencia olímpica no pavillón minicipal onde os rapaces de infantil de diferentes centros da zona disfrutaron de diversos xogos de carreiras, saltos, lanzamentos... organizados por estacións. Pasárono moi ben desenvolvendo a motricidade e aprendendo novas habilidades.

BAILES DE FIN DE CURSO: os nenos/as de 4º fixemos uns bailes de fin de curso coa temática de circo. Empregamos diferentes materiais como aros, zancos, pelotas, cariocas, diábolos... Todos estamos moi ilusionados por ensinarlles aos demais cursos o gran esforzo que fixemos. (Andrea Blanco 4ºA)

46


47


48


49


50


51


Murais da auga

O tragamedos

Concurso

A tropa da lingua

Imaxina Cantares

Festival

Postal ga単adora

Letras Galegas

e calendario

Concurso Ca el e lema

E.N.L.G

UN ANO EN IMAXES....

52


53


54



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.