Informe gráfica cantidade petróleo consumido e producido de américa no 2012 lucía v

Page 1

A PRODUCIÓN E O CONSUMO DE PETRÓLEO NO CONTINENTE AMERICANO NO 2012 Os países de América que máis petróleo producen pertencen a América do norte e son: EEUU, con 8905 mbd, seguido de Canadá con 3741 mbd e en terceiro lugar, México con 2911 mbd. Os maiores produtores de petróleo de América do Sur, durante o ano 2012, son: Venezuela, con 2725 mbd, e Brasil con 2149 mbd. E, finalmente, os países de menor produción de petróleo, durante o 2012, son: Perú, que ocupa a última posición con 107 mbd, Ecuador, con 505 mbd, seguido de Arxentina con 664 mbd e Colombia, con 944 mbd. En canto ao consumo, o país que máis petróleo consume é EEUU con 18555 mbd, seguido de Brasil cun consumo de 2805 mbd. Estos países consumen máis do que producen, especialmente EEUU. Polo tanto, teñen que importar petróleo doutros países. Así pasa tamén con Perú, cuxo consumo é aproximadamente o dobre da súa produción. En Arxentina, podemos observar que a súa produción(664 mbd) está case igualada co seu consumo (612 mbd) O resto dos países (Canadá, México, Venezuela, Colombia e Ecuador) pódese dicir que teñen excedente de produción xa que esta é maior ó que consumen.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.