Barrils de petróelo producidos durante o 2016

Page 1

BARRÍS DE PETRÓLEO PRODUCIDOS DURANTE O 2016

INFORME: - Arabia Saudita:​ A economía de Arabia Saudita baséase na extracción de petróleo. Fai anos, as principais actividades de Arabia Saudita eran a agricultura e a gandaría, pero có inicio da explotación e da exportación petroleira, a súa economía transformouse máis ou menos dende o ano 1973. Cando a súa economía comezouse a transformar xunto ó crecemento da fábrica petroleira, deu paso a que en Arabia Saudita comezaranse a construír máis estradas, aeroportos, fábricas enerxéticas, portos, sectores que colaborasen có crecemento do país, etc.


Actualmente é o segundo exportador de petróleo do mundo. A parte disto, Arabia Saudita é un país que pertence a Asia.

- Venezuela: ​Encóntrase nunha crise económica, política e humanitaria. A escaseza de alimentos e menciñas é xeneralizada. A xente non ten comida que ata chegan o punto de ir a buscala ós contedores de lixo. Os seus cidadáns estanse indo do país. Ainda que Venezuela é máis ou menos o onceavo país do mundo produtor de petróleo, a súa economía como din algúns está en coma. Venezuela é un país que pertence a América, está situado entre América do Norte e América do Sur.

- Estados Unidos: ​É considerado como o país máis rico e poderoso da Terra. A economía de Estados Unidos fai que a súa moeda o dólar estadounidense, e o seu idioma o inglés, sexan uns dos máis importantes no mundo. O mercado de traballo de Estados Unidos trouxo a moitos inmigrantes de todo o mundo, e o seu porcentaxe de migración atópase entre as máis altas do mundo. Estados Unidos está considerado como o país con máis facilidades de facer negocio. Estados Unidos sitúase en América do Norte.

- China: ​É considerada como a segunda economía mundial. China é o centro mundial para a fabricación de todo tipo de produtos, e a maior potencia industrial e exportadora de bens a nivel mundial. Tamén, China, é o país máis poboado do mundo e cun maior porcentaxe de crecemento e consumo. Este país encóntrase en Asia.


- Rusia: ​É considerada a oitava economía mundial. Tamén ten a oitava reserva de petróleo do mundo, e podía ter máis se o derreterse o ártico, atopasen reservas de petróleo que ata agora son inaccesibles. Rusia a pesar de que é o país máis extenso, é o noveno en poboación. Este país atópase entre Europa e Asia.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.