A Fontiña 2022

Page 1

2021 2022

LETRAS GALEGAS FLORENCIO DELGADO


FLORENCIO DELGADO

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio Delgado e Consuelo Gurriarán. Estudou primaria e bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas. En Valladolid fixo a carreira de Dereito e despois exerceu como avogado no Barco de Valdeorras. No ano 1934 editouse o seu libro "Bebedeira", con poemas dedicados á súa terra de Valdeorras. Despois da Guerra marchou a México e alí casou con Celia Teijeiro, filla de emigrantes galegos e coa que tivo cinco fillos. En México colaborou no programa radiofónico en galego "A hora de Galicia", que estivo en antena durante case vinte anos En "Cantarenas" recóllense poemas de Bebedeiras e outros novos: Valdeorresas e Dionisias. Foi publicado en 1981 por Edicións do Castro, de Sada (A Coruña). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e esta dedicoulle o Día das Letras 2022 pola súa contribución á defensa do noso idioma e da nosa cultura.


EDITORIAL Antes que nada os que fan “A Fontiña” e eu, Ardemiro, queremos agradecervos o voso entusiasmo e participación neste xornal. Este curso, no que se cumpren 15 anos desde que cheguei ao colexio, é un momento especial, un punto de inflexión. Coíncidindo (esperamos) co final da pandemia que nos trouxo a mal traer os dous últimos anos, o equipo que dirixiu o colexio máis dunha década cesa nas súas funcións. Non podo evitar sentir pena pero, como cantaba Julio Iglesias "Unos que vienen, otros que se van, la vida sigue igual". Moitas mulleres e homes pasaron polo Mesón aportando o seu gran de area para tentar dar a mellor educación posible aos nosos rapaces e conseguiron un colexio cun alto nivel, recoñecido en todas partes. Cando esas persoas (Luis, Xamín, Julio, Carmen Ans, Fernández, Penas e moitas máis) marcharon, outras recolleron a súa antorcha, e aínda que parecía difícil o colexio seguiu progresando e mellorando. Hoxe é outro deses momentos: á vella garda (que por algo lle chaman "vella") tócalle ceder o seu sitio pero vaise coa satisfacción de ver que o relevo está asegurado e que o colexio estará en boas máns, encamiñado cara á seguinte década. Todo ten que cambiar para que nada cambie: serán distintas persoas pero sempre o mesmo excelente centro educativo, adaptado aos novos tempos. Esperamos que o próximo curso poidamos volver á normalidade e todas as restriccións que debemos enfrentar estes dous últimos anos desaparezan. Queremos poder ver as nosas caras libres de máscaras e xogar todos xuntos no patio. Queremos volver a gozar de todas esas actividades que quedaron sen facer e saír con máis frecuencia do colexio. E coma sempre quero despedirme dos alumnos de 6º curso e dos profesores que non estarán no Mesón o ano próximo. Uns irán ao IES e outros a varios destinos, pero a todos lles desexamos o mellor na súa futura andaina. Recordarvos que non só a revista, tamén case todo o que facemos no cole, avisos, documentos, etc. podédelos ver na nosa web www.edu.xunta.es/centros/ceipmesonvento/ (ou "ceip Mesón do Vento" en google). Sen máis! Un saúdo do voso amigo Ardemiro.


ESTE ANO TRABALLAMOS MOITO CERAS

PLASTI

PINTURA DE DEDOS


CASTILLOS DE AREA


NÓS, ESTE ANO, TRABALLAMOS MOITO...


XA ESTAMOS DESEXANDO PASAR AO SEGUINTE CURSO!!!


OS NENOS DE CINCO ANOS COÑECEN A ROSALÍA DE CASTRO Este curso os nenos e nenas da aula de cinco anos puideron coñecer á máis grande da nosa literatura. Disfrutamos dalgún dos seus poemas e aprendemos a recitar un dos máis famosos “Vente Rapasa” de Cantares Gallegos. Ademáis, ocorreusenos pintar o retrato de Rosalía ao modo do coñecido Díptico de Marilyn de Andy Warhol. Resultou unha experiencia coa que disfrutamos,


A Fontiña 2022 O GATIÑO BONITO Un día o gatiño Lolo encontrouse cunha gatiña que se chamaba Sonia. Xogaron ao pilla pilla e apareceu un gatiño pequeno e xogaron os tres xuntos. Desde ese día viviron para sempre xuntos.

Victoria

O CASTELO DE PRINCESAS Érase unha vez un castelo no que vivía un rei e unha raíña. Un día fixeron unha festa de aniversario dunha amiga chamada Gabriela. Pasárono ben. Había un tobogán, colchonetas e pelotas. Entre todos os amigos regaláronlle un vestido, unha coroa e uns zapatos.

Jessica

O TELÉFONO ANDADOR O teléfono chámase Beto. Anda todos os días, salta, corre, xoga e traballa. 6Que pasa? 6di a tableta. 6Como fas iso e como o fas? 6É que me controlan os seres humanos 6dixo o teléfono. 6Adeus tableta. 6Adeus teléfono.

Lara

A NEVE CON VIDA Hai moitos anos en Canadá nevou e a neve cobrou vida e asustou ás persoas. A neve ao día seguinte derreteuse e as persoas non se asustaron máis. E xa viven en paz.

Daniella

A PRINCESA AMIGA Un día hai moito tempo unha princesa chamada Paula foi á casa da súa amiga durmir. Fixeron unha festa de pixama. Ao día seguinte foi xantar á súa casa.

Milena

O MISTERIO MISTERIOSO Joe é un detective moi listo. Encántalle resolver misterios e todo o mundo lle pide axuda. Carmen é a súa veciña. Ela perdeu un anel moi valioso e pediulle axuda a Joe para atopalo. Joe preguntoulle a Carmen onde foi a última vez que o viu e logo puxéronse a buscalo. Atoparon un xersei, un zapato perdido, o sombreiro que tanto buscara Carmen e cando se cansaron, miraron cara a abaixo e viron o anel tirado no chan.

Mateo


A Fontiña 2022 A BRUXA E A APÓCEMA MÁXICA Érase unha vez unha bruxa que tiña unha apócema máxica e voaba nunha vasoira. Un día atopou unha nena e seguiuna ata o bosque no que vivía cun castor que a protexía. A nena un día saíu a pasear e a bruxa viu que ía caer e púxolle unha almofada para que non se mancara. Co paso dos días a bruxa encariñouse coa nena e decidiu saír do seu escondite e falar con ela. Esta xa sabía que a observaba. A bruxa, sorprendida, caeu da vasoira e propúxolle un reto: "Se adiviñas o que polo día brille e pola noite non, fareiche un regalo". A nena dixo "o sol" e converteuna nunha bruxa fermosa.

Carolina

O 17 DE MAIO Os nenos saltan, corren e xogan ao escondite e a moitos xogos. Todos comen tarta e lambetadas porque ese día é o meu aniversario.

Samuel

O NENO TRISTE Había unha vez un neno que se chamaba César. Estaba moi triste porque os seus amigos non xogaban con el, pegábanlle e insultábano. Pero un día unha nena que se chamaba Paula díxolle aos nenos: 6Estades sendo moi malos. Non se pode pegar e insultar. Hai que xogar todos xuntos, ser bos. Da igual quen xogue mellor. O importante é pasalo ben.

Rubén.

VACACIÓNS NA PRAIA Un día fun á praia cos meus pais e tamén meu irmán. Fun tres días. O primeiro día fun de pesca, o segundo día fomos á praia e o terceiro día demos un paseo en barca. Foi un día especial!

Adrián

FLORA E AS FADAS Hai moitos anos unha nena chamada Flora perdeuse no bosque. Saíra xogar e despistouse. Nunca máis soubo regresar á súa casa. Os seus pais buscárona durante horas, pero non conseguiron encontrala. Flora, asustada e con algo de frío, decidiu refuxiarse nunha cova que divisara ao lonxe. Estaba tan cansa que caeu a durmir sen decatarse das horas que pasaban. No caer da noite espertou algo asustada pois oíra unhas voces. Eran as fadas do bosque. Elas coidaron a Flora durante días, xogaron e amosáronlle os seus poderes. As fadas nunca saían do bosque, tiñan medo dos humanos, pero Elva que era unha fada moi valente adentrouse na aldea na procura dos pais de Flora, e unha vez que os atopou, levárona de volta con eles. Dende entón as fadas foron as mellores amigas de Flora e a súa familia.

Gabriela


A Fontiña 2022

Os de 2º curso inventamos un conto que escribimos entre todos e ilustrámolo.


A Fontiña 2022


A Fontiña 2022

O MELLOR CAN DO MUNDO Había unha vez un can abandonado. Vivía nunha caixa toda rota pero un señor adoptouno e levouno para a súa casa. Chamoulle Tango. Foron ao super e comproulle unha cama, comedeiro, bebedeiro e uns xoguetes. Ao chegar á casa deulle de comer e beber. Levouno a pasear e o can divertiuse moito. Cando chegaron á casa do señor botáronse a dormir e quédaronse os dous durmidos. Así é como Tango viviu ao longo da súa vida. Roi O AVIÓN EXCELENTE Había unha vez unha nena chamada Henar que tiña un avión teledirixido. O seu pai non quería que vira o mundo coa irmá e a nai. Henar pasaba os días voando o avión e as noites soñando coñecer o mundo montada no seu avión! O pai un día díxolle: -Tes que quedarte aquí e ser zapateira! Ata que unha noite a nai dixo: -Imos escapar as tres! E as tres colleron e fixeron as maletas e colleron o avión e deixáronlle unha nota que dicía: -Imos coñecer o mundo. Queres vir? O pai colleu o avión e foi con elas a coñecer o mundo. Ensinanza: Persegue os teus soños. Henar

DÍA LIBRE PARA TODOS Os nenos cantando, as nenas bailando, as ras saltando, os sapos camiñando, o campo floreando, o sol clareando e as xoaniñas paseando e as bolboretas voando. Os cabalos esperando, o abellón berrando, a estufa quentando, a rapaza falando, o coello xogando, o mecánico arranxando, e a ovella brincando e a policía arrestando. A nai limpando, o pai fresando, o cociñeiro cociñando e o can escoitando. Andrea R.R.

A BOCA SABIA Unha vez un vello que era moi sabio un día comprou un laboratorio de proba. Nel pasou os seus últimos 20 anos de vida. Cando o vello morreu da súa tumba saiu a súa boca que ía pola cidade da Coruña dicindo o que aprendera, como por exemplo a mestura para facer enerxía xelmatrética, que é unha mestura de enerxía eléctrica, térmica e luminosa. Leo


A Fontiña 2022


A Fontiña 2022

OS GATOS TRAMPULLEIROS Érase unha vez hai tempo en Leira atopáronse un gato chamado Pucho e unha gatiña chamada Mishi. Dende aí comezaron facer viaxes macabras e xeniais. Hoxe en Leira, Pucho e Mishi están ideando un plan para roubarlle o peixe á pescadeira. Primeiro esperarán a que a veciña vaia mercar o peixe. Logo, mentres que falan, irá Pucho e roubaralle unhas sardiñas. Pero isto non queda así! Ah! Pero… a pescadeira deuse conta! A pescasdeira levou a Pucho a unha canceira. Mishi tiña que idear un plan para sacar a Pucho. Mishi, logo de pensar, tentou dicirlle á súa dona que se sentía moi soa e, por sorte, ela entendeuna. Logo de ir á canceira encontráronse con Pucho e levárono. Mishi namorouse dun gatiño chamado Albóndiga. Os dous quedaron namorados e xuntos unha familia formaron. Candela Calvete Mesías

Os meus olliños cos teus forman catro espellos. Un amor, cando se quere, non importa que viva lonxe. Ainoa Gómez Taboada O Día das Letras Galegas os nenos e nenas de Galicia comeremos unhas piruletas. Ao día seguinte haberá cole e como xa teremos todo feito, non haberá nada que nos amole. Candela Calvete Mesías O POLICÍA DA ORTOGRAFÍA Son un policía de ortografía. Traballo de noite e de día. Que non sabes de que vai o meu traballo? Val, darémoslle un repaso. Eu vexo as mensaxes que a xente escribe, cando están na rúa ou están no Caribe. Contareivos unha aventura, que pasou en Vilahoxe. Estade atentos, concentrados na lectura.

A primavera chegou con todas as súas cores, con moita alegría e todas as súas flores.

Estaba en Vilahoxe tan tranquilo coma hoxe. Vin unha señora, chamabase Clotilde. Que ven os meus ollos, faltáballe unha tilde!!

Chove todo o día e non para de tronar, a treboada chegou e non se pode parar.

Achegueime a ela mentres vía estrelas. Púxenlle unha multa. Iso por ser inculta!!

Por último, sae o sol e con toda a súa forza. As flores están contentas e medran esplendorosas.

Alma Carro Amor

Nicolás Candal Santos


A Fontiña 2022 OS ANIMAIS TROULEIROS Cóntase que nunha granxa de Vigo na que traballaban a agricultura e a gandería, os granxeiros que se chamaban Xosé e Marta eran uns raparigos. Tíñanse que encargar da granxa e coidar ás persoas maiores das ameazas das chamadas e os ladróns. Sei que sodes moi curiosos, así que contareivos que eles viven na vila máis festeira de Vigo, e se os deixas sós móntancha boa. Un día que os seus pais marcharan a unha reunión para facer a súa propia panadería, para ganar máis cartos e que os animais non tivesen que comer todos os cereais que cultivaban, aos nenos ocorréuselles facer unha trasnada. Era que os animais escaparan para que non tivesen que romper o corpo todo o día recollendo cereais. A broma fóiselles das mans!!! Os xabarís comeron o trigo e dixeron que ían facer unha competición de sumo, os porcos comeron moitos grelos e soñaban dicindo que eran un bo lacón con grelos oinc oinc! As galiñas discutindo, piticoin, paoopopopoooo!... Volveron os pais e dixeron: -Conseguimos un emprego e temos que rexeitalo -dixo o pai que se lle borrara a faciana feliz. -Ramón... -dixo a nai con esperanza. -Podemos montar a “Granxa Tola” e divertir aos nenos e tamén montar a panadería. O negocio tivo moito éxito, pero sempre hai tres ou catro aos que non lle gusta. Marina Boudjenane Liñares.

FELIPE E NOA Érase unha vez en Vilamaior un xenio que se chamaba Felipe e unha pantasma chamada Noa. Nesta vila había persoas que se queixaban do xenio e da pantasma porque non deixaban durmir a ninguén. Ben, o que quero contar é que Vilamaior é unha aldea pequerrecha e cando alguén fala, berra ou camiña escóitase moito. E como Felipe e Noa non teñen pernas, non se lles escoita moito. Un día un señor chamado Luis estaba farto de Felipe e de Noa porque non o deixaban durmir e decidiu falar con eles. -Ola, Felipe e Noa, que tal estades? -preguntou Luis enfadado. -Estamos ben -responderon Felipe e Noa ao mesmo tempo moi contentos. -Alégrome moito. Preguntábame por que pola noite facedes tanto ruído? -É que pola noite non temos sono e non sabiamos que faciamos tanto ruído -dixeron preocupados. -Vale. Ata logo -dixo Luis moi contento mentres ía cara á casa. Chegou a noite e Luis pensou que Felipe e Noa ían facer ruído e estivo toda a noite esperto para saber se facían ruído. Chegou a mañá e Felipe e Noa non fixeron ruído en toda a noite. Luis foi á casa deles e díxolles: -Grazas por non facer ruído esta noite. -De nada, Luis. Esta noite si que tiñamos sono -dixeron Felipe e Noa. -Pídovos que respectedes aos demais, porque os veciños tamén queren durmir -dixo Luis con valentía. E esta é a historia do xenio Felipe e da pantasma Noa, de como se fixeron amigos dos habitantes de Vilamaior. Víctor Manuel Rincón Chaparro


A Fontiña 2022 UNHA VIAXE SORPRENDENTE Érase unha vez unhas nenas chamadas Ana e Lucía que vivían unha aldea chamada o Outeiro,vivían cos seus pais e coa súa avoa Carmela. Un día decidiron ir facer unha viaxe. Un día soleado os pais de Ana e Lucía falaron de facer unha viaxe en familia, sería para o mes que ven. A súa nai puxose mans a obra , sen desvelar o que ía facer. Ao día seguinte na hora do xantar cando estaban todos a mesa, a nai dixo: -Xa teño todo organizado para a viaxe , marchamos o dez do mes que ven. O día anterior a viaxe toda a familia fixo a maleta, estaban moi nerviosos. Por fin chegou o gran día!!! Ana e Lucía estaban super contentas e tamén nerviosas xa que nunca foran de viaxe. Ao día seguinte xa estaban no aeroporto e cando estaban apunto de montarse no avión déronse conta de que a avoa Carmela non estaba. Lucía dixo: -A avoa non está!!! Todos andaban a busca da avoa Carmela é… A moi lercha xa subira ao avión sen a familia darse conta. Por mor de buscaren a avoa a familia perdeu o avión. O avión despegou cara o seu destino coa avoa no seu interior bastante intraquila pola falta do resto da súa familia,pero isto só duraría unhas horas posto que a avoa se ía acostumar moi ben soa no hotel. Ao día seguinte, xa que ese mesmo día non había vó, a familia partiu cara o destino correspondente en busca da avoa pero cando chegaron levaron unha sorpresa xa que pensaban que a avoa o estaba a pasar mal pero era todo o contrario,estaba completamente relaxada e disfrutando da estancia do hotel. Podedes crer que a avoa estaba na piscina do hotel tomando o sol co seu abanico, pamela e lentes de sol. Pois bueno ao final xuntáronse todos e disfrutaron das vacacións aínda que a que máis o disfrutou foi a avoa Carmela. Prometéronse que todos os anos ían facer unha viaxe pero coa condición de non perderse ninguén.

Ainoa

A VALENTE CAROLINA Érase unha vez unha nena cunha enfermidade moi grave: chamábase Carolina. Esta historia comeza nun hospital. O período de tempo desta historia non é moi longo, pero tampouco non é moi curto. Carolina chegaba un día da escola, pero non se encontraba ben e díxolle á súa nai: -Mamá, non me encontro ben. Díxolle súa nai: -Ven aquí entón. Ah! Estás ardendo! Temos que ir ao hospital. Aguanta. -Vale -dixo a nena con voz aguda. Chegaron ao hospital e Carolina cada vez estaba peor. -Teñen cita? -preguntou a enfermeira. -Non, pero é moi urxente!!! -Vale. Pasen á consulta. -Ola. Que che pasa, meniña? -Non me encontro ben -con voz aguda. -Vale. Imos examinarte. O doutor examinouna e dixo: -Oh! tes unha gran enfermidade. -Cal? -preguntou a nai, preocupada. -A Covid! -exclamou o doutor. -Non sabemos se poderás seguir así moito tempo. -Vale, doutor. Faga o que teña que facer -dixo Carolina. E Carolina aguantou e aguantou sendo a valente nena coa enfermidade máis grave ata o momento. E... chegou un momento que Carolina encontrábase de marabilla. -Grazas, doutor -dixo Carolina. -Só fixen o meu traballo, pero o mérito é teu por ser tan valente. Agora serás a muller dos teus soños. Nicolás Candal Santos


A Fontiña 2022 AS RAS DE AUGA Érase unha vez dous ovos de auga e por algunha casualidade eran aliníxenas! Viñeron nunha pequena e redondeada cápsula desde o planeta Auga. Chegaron aquí por un motivo: o seu planeta foi invadido polo planeta Aire. Polo seu nome é un pouco evidente que eran paxaros. Os aéreos (ese era o seu xentilicio, como da Terra terrícola, e de Auga acuíferos). Ao poder voar, tiñan unha vantaxe, aínda que os acuíferos sabíanse defender. Eran moi eficaces ao disparar coas súas pistolas de auga ou as súas “acuabombas”. Cando os aéreos estaban xa chegando á Auga os ovos ían eclosionar. Pero cando os seus pais lanzaron a cápsula non se deron conta, en cambio os anteriormente ovos si. Cando chegaron á Terra xa eran moi grandes, ao ter medrado. Case non cabían na cápsula!!! -Ola, chámome Froky, pero pronúnciase Froki. O meu irmán é... -Ei!!! Preséntome eu só!!! Eu son Frog. Non ten pronunciación, dise como se escribe. -Frog, que xenio tes! -Si, ben... Ás veces. -Como xa sabedes, non somos de aquí, viñemos nunha cápsula e... -Que xa saben a historia!!! -Frooog!!! -Pode que eu me enfade ás veces, pero cando te enfadas ti... -Xa sabedes que nesta cova hai moito eco!!! -dixo Darck, o morcego. -Xa... Ti tamén. -Frog, a onde vas? -preguntou Froky. -Vou amañar a cápsula. Xa queda pouco -dixo Frog moi animado. -Frog, xa sabes que levamos aquí un ano e dous meses. -Xa, e? -dixo Frog con cara de “ti que dis”. -Nada, ou, nada. Frog púxose a amañar a cápsula. Logo de dúas horas, a cápsula acendeu!!! Frog foi correndo a avisar a Froky e Darck, pero non estaban. Frog encontrou unha nota que poñía: “Ola Frog. Fomos por comida á cova de Wolfy. Collemos un pouco das túas pedras, pero non moitas, tres ou catro. Se cando nos fomos eran aas dúas e media, volveremos nunha hora. Froky, Darck. -Se eu empecei a arranxar a cápsula ás doce, pasaron dúas horas, falta unha hora e media!!!

Nese tempo Frog seguiu inspeccionando a cápsula. Como era tan pequena non caberían todos. Así que foi ao contedor e colleu ferros e cousas polo estilo. Logo colleu unhas ferramentas e... era o triple de grande! Agora parecía un avión pero máis pequeno e sofisticado. Estaba listo para despegar pero... faltababan os viaxeiros e non sabía onde estaban!!! Logo deuse conta de que cando estaba limpando a pequena cápsula encontrou un mapa. Era todo vermello e o planeta estaba marcado de azul. Só faltaba que chegasen os outros. Aínda faltaba media hora. Logo dunha aburrida e longa media hora chegaron. -Chegastes, alabadiño! Facede as maletas. Imos ao planeta Auga!!! -dixo Frog. -Que? -asombráronse o morcego e Froky. -Si. Arranxei e reformei a cápsula. Agora é unha nave -dixo Frog. A Darck deulle un ataque de alegría e fíxolle caso. Froky quedouse mirándoo con cara de asombro. -Como o fixeches? -preguntou Froky. -Facéndoo -contestou Frog con retranca. -Marcharemos depois de cear -dixo Frog. Logo de cear, despegaron e seguiron o mapa. Ao construír Frog a nave, eera máis fácil manexala. Tradaron tres días en chegar. Polas noites poñíano en condutor automatico. -Chegamos!!! -dixeron os tres amigos á vez. Ao chegar, a guerra rematara e todo estaba normal. Todos se estrañaron ao velos chegar. O seu pai foi o primeiro en velos. Púxose a miralos e logo descubriu que era un dos seus. -Papá!!! -berraron Frog e Froky ao recordalo. A súa nai foi ver o que pasaba e deulle unha aperta ás ras xemelgas. -Como chegastes? -preguntou o pai levantando no aire a Frog. -Chegamos grazas a Frog -dixo Froky. Frog púxose colorado pola vergonza que tiña. -Ola. Son Darck. Eu compartín a miña cova con eles e dinlles de comer. -Moitas grazas. Como podemos compensarcho? dixo a nai. -Non me fai falta nada, agás un lugar onde durmir e comida -dixo Darck. -Ja, ja, ja, jo, jo, ja!!! Iso está feito -riu o pai. -Téñoche que contar moitísimas cousas coma... Hugo Gómez Ferreiro


A Fontiña 2022 O DÍA QUE SALVEI AO MEU PAI Os nosos nomes Eu chámome... Nicolás!!! Son un neno de 10 anos co pelo curto e cor cenoria. O mau pai chámase Jack. El ten 63 anos, tamén ten pelo castaño e barba. Nós vivimos nun monte no que sempre hai neve, tamén temos unha casa feita de madeira. O noso traballo é cortar árbores polo monte. Con esa madeira imos facer unha granxa na que imos ter animais que nos vai dar un granxeiro que vive preto da nosa casa. Todos os días son normais, pero outros... Comezamos!!! Un día calquera o rei do país envioulle unha carta ao meu pai que dicía: Castelo de Nevada, a 29 de novembro de 2017 Querido Jack: Desculpe, pero quería dicirlle unha cousa, imos ir a un lugar máxico chamado Elfeen co obxectivo de atopar un obxecto para salvar o noso pobo, e necesitamos persoas fortes, ou senón non o conseguiremos. Aceptas vir con nós? Unha aperta Firma: Manolo -Papá -dixen eu. -Que? -preguntoume. -Ti vas firmar? -Claro, meu neno, temos que conseguir ese obxecto máxico. -E quen vai coidar de min? -pregunteille. -A tía Carlota. -Espera, que?! -exclamei. -Si, meu neno, a túa aia vai ser a tía Carlota. -Ela nunca me fai caso! Despois de varios minutos falando, aceptei que ela me coidara. Un pouco despois o seu pai decidiu. Érase unha vez unha nena chamada Ana que se foi da súa casa e decidiu mudarse a un lugar máxico chamado Elfeen, cruzou poboados e montes e chegou a un monte moi grande no que arriba da montaña estaba Elfeen pero decidiu volver porque algo non andaba ben. Chegada da tía Carlota Á mañá seguinte o meu pai xa non estaba porque marchou a esa busca e adiviñade quen estaba. Si, a tía Carlota!!! Eu levanteime e vina que estaba facendo o almorzo. -Ola, tía Carlota!!! -exclamei. Ela non respondía, así que, como non falaba, fun para a miña habitación e adiviñade que atopei...

-Hai unha rata!!! -Ola. Eu chámome Mika -dixo a rata. -Ahhhhh!!!! -berrei. -Ola. Eu chámome Nicolás -dixen sen medo. -Impórtache se me subo ao teu ombro? -preguntou. Non, non me importa -dixen eu. Subiuse ao ombro e Nicolás díxolle: -Quéresme acompañar a unha viaxe. Teño que ir buscar ao meu pai. Corre perigo. Escapemos pola ventá... Hai que salvar ao meu pai!!! -exclamei. -Ao ataque!! -exclamou Mika. En busca do meu pai a Elfeen Tardamos uns días en chegar alá porque tiña que recordar o mapa que lle dera o meu pai xa hai moito tempo. Cando por fin chegamos, despois de camiñar moitos días, dixen: -Que son esas portas? -pregunteime. -É a porta de entrada a Elfeen, Nicolás!! -exclamou Mika. -É o noso momento, Mika!! -exclamou Nicolás. Abriron as portas e... Invasión de elfos Cando abriron as portas... eran as cen persoas fuxindo dunha invasión de elfos!!! Alí estaba o meu pai e díxenlle: -PAPÁ, CORRE!!! -Eso fago pero hai moita neve!! Cando chegaron as cen persoas o xefe dixo: -Salvástesnos a vida grazas a que pechastes as portas cando viñemos nós. Moitas grazas!! -De nada. Dixen eu e máis Mika. -E de recompensa, merecedes a medalla dos valentes. -Moitas grazas!!! Epílogo Para chegar á casa fomos nos cabalos que trouxeron o exército de persoas. Ao chegar, a tía Carlota non estaba na nosa casa, así que lle dixen a Jack se podiamos ir á costa. -Pode ser Mika a nosa mascota? -pregunteille. -Claro que si, meu neno! -exclamou Jack. -Moitas grazas, señor -dixo Mika. -Sabías que te quero infinito? -dixen eu. -Si, xda o sabía. Fin. Yago Sánchez Gómez


A Fontiña 2022 Paseo na selvA Capítulo 1 Náufragos do mar. Había unha vez uns mozos que se dispoñían a viaxar a Tristonia. A mala sorte é que en Tristonia non hai aeroportos, así que foi en barco. A! Que se me esquece presentárvolos! Son Serguei, Diana e Wofy, o can. O mar estaba calmo. -Ai! Que gusto da viaxar co mar tranquilo dixo Serguey mentres abría unha lata de Coca-Cola. -Non che levo a contraria niso, Serguey contestoulle Diana. -Wof, wof -ladrou Wofy, asustado. Os dous preocupáronse moito: Wofy nunca se asusta, pero as tormentas asústano. E se estades pensando que hai tormenta, acertastes!! Xusto unha tormenta achegábase a eles. E, de repente, unha onda enorme arrastrábao á costa. Bumm!!! A onda rompe na costa e os tres quédanse na praia, náufragos, o barco roto... un desastre. Capítulo 2 Perdidos na selva. -Onde demos estamos? -preguntou Serguey. -A saber -dixo Diana mentres quitaba un peixe do pelo. -Por que hai un monte? -dixo Serguey. De pronto achégase unha persoa e dilles: -Benvidos -dixo. -Chegastes a Cala Perdida. Que facedes aquí? -Iamos a Tristonia e, sin querer, acabamos aquí -contoulle Serguey. -Pois xa estades en Tristonia -díxolles. -Exactamente onde está Burui? -dixo Diana. -Noutra punta da illa -contestou. -Aparte, chámome Jerry, e para chegar aí hai que atravesar a selva. Vixiade que non vos morda nada tóxico. Mentres camiñaban pola selva Serguey ía moi nervioso ata que ... -Ben, Diana, quéroche preguntar unha cousa dixo Serguey. -Que cousa? -dixo Diana impaciente. -Queres casar comigo? -confesoulle. -Siiii -berrou. -Ben, xa case chegamos -dixo Jerry.

Capítulo final Outra vez no mar. -Xa chegamos -dixo Jerry. -Foi un pracer coñecervos. Adeus. Os dous namorados e o seu can estiveron un par de días alí, compraron un barco e así volveron ao mar. Días despois casaron e tras uns anos, tiveron dous fillos. Agora viven felices e volveron outra vez a Tristonia, pero esta vez cos seus fillos Iris e Álex. Fin De Hugo Uzal Martínez NOTA DO AUTOR: Espero que vos guste a historia.

CURRO, MONCHO E O CAN LAMBÓN Érase unha vez dous cans abandonados chamados Curro e Moncho. Vivían en Leira. Todo lles ía de marabilla, pero todo se lles torceu cando chegou un can máis grande que eles. En Leira había un chef dun restaurante que sempre lles daba as sobras a Curro e a Moncho, pero o can intruso roubáballes a comida. Así día tras día, pero argallaron unha trampa... e puxéronse mans a obra!!! A idea era... poñerlle sal, pemento, allo, chili... ás sobras. E igual o escorrentarían. Curro roubou sal, allo e chili, e Moncho o pemento. Moncho púxolle os ingredientes delicadamente. Ao día seguinte o can papou as sobras e marchou como un foguete!!! Creo que Curro pasouse co chili... pero o can nunca se viu outra vez por Leira. Lucas Campelo Varela


A Fontiña 2022 REX, O CAN POLICÍA Ola; eu son Diana, teño nove anos , e vivo en Chicago; concretamente en Vilacoxal; encántanme os animais e a natureza. Hoxe ides a coñecer a historia de Rex, o meu can, un pastor alemán de cor gris. Atopámolo na praia “Wes”, mentres paseabamos. O meu pai Manolo díxome se o quería adoitar, eu dixen que si. Sempre quixera un can, polo tanto gustoume a idea de adoptalo para mascota. Tamén axudaría ao meu pai no seu traballo,xa que é policía. El sempre quixera un can para axudalo a rastrexar vilans, ladróns, delincuentes … Pero ainda así, faltáballe unha cousa minuscula, que case non se vía nin se notaba: pasar a proba de can policía!!!! E iso é dentro dunha hora !!!! Deberiamos ir a casa e peparalo: peitealo lavalo… Pero non creades que iso foi facíl, porque… o can non tiña correa, metíase en cada poza que vía e non nos facía caso, por máis que o meu pai asubiaba . Pero… nada, non nós facía caso!! Cando chegamos á comisaría, só quedaban cinco minutos. -Papá, por fin chegamos; un pouco máis que tardásemos non ía competir -díxen cotenta. -Diana, filla, tranquila, que aínda temos que anotarnos; e para iso necesitamos un nome, pensa un. -Vale, papá, espera…xa, xa, xa caín. Vaise chamar Rex. -Perfecto, estou de acordo. Veña, vai a aquela mesa, colle un boli e unha tarxeta. Pon o nome; debúxao e entrégaa. Rápido!!!!!!!!! -Xa vou papá. Neste? -Si,nese. Vou coller un colar e unha correa. Vale? -Ok, papá. Eu coido a Rex mentres. Pasou unha hora e ían anunciar o gañador -En 3º lugar… Xaxo! -En 2º lugar… Kira! -En 1º lugar… Rex! -Papá, gañamos!!! - díxenlle, contenta. -Si. filla, pero tranquila, non te emociones porque temos que gañarlle a Curro - dixo.

-Quén é Curro? - preguntei sorprendida. -É o que gañou na outra competición –explicoume. -Entendo – respondín. Pasaron dous meses e dez días. Hoxe competían Rex e Curro. -Papá, hoxe é o gran día – dixen . -Si, o definitivo. Chegamos a comisaría e vimos a Curro, por primeira vez. Era un boxer xigante, de cor marrón é bastante grande. Comezou a proba de axilidade que Rex superou con éxito, pero Curro tivo unha caída é… lesionou unha perna!!! Axiña anunciaron que alguén deixara unha chincheta no chan; e iso significaba a nosa victoria Entregaronnos o premio e marchamos para a casa. CONTINUARÁ…. Daniela Silva García


A Fontiña 2022 AS MASCOTAS MONSTRUOSAS -Ola, son Rocky, un lobo. Son o xefe dunha pandilla de mascotas de monstros. -Xa nos presentaches? – preguntou Frank – Ata Dark se durmiu!!! -Xa vou, Frank. Frank é un sapoconcho moi simpático. De repente, Dark espertouse. -Agora eu! – berrou Dark – Preséntame a min!!! -Que xa vou!!! – berrei eu -. Este é Dark, un morcego. -E esta é a nosa aventura!!! – dixemos os tres ao unísono. Era unha mañá radiante. Os zombies paseaban, os esqueletos (a maioría) fumaban, os vampiros voaban…E eu, na miña cova tan soíño… Buf! Ata que, pola tarde, pasou algo inesperado. Un morcego e un sapoconcho viñeron a visitarme. Ei!!! – berrei eu – fora de aquí!!! -Tranquilo, soamente nos perdemos!!! – dixo o morcego. -Iso, – berrou o sapoconcho – só nos perdemos! -Perdón - dixen eu. Neste caso, contádeme como chegástedes aquí. -Vale, -dixo o sapoconcho- pero primeiro de todo, chámome Frank e este morcego é Dark. -Isto é o que nos pasou – comezaron os dous -. Estábamos no parque cos nosos donos, vimos unha bolboreta e seguímola. E, de súpeto, houbo un desprendemento e….

Case nos aplastan!!! - berraron como se fose a fin do mundo. -Vaaaaale, - dixen eu – xa entendo. -Vas a axudarnos? – preguntou Dark. -Por suposto que sí! – contestei eu. -Pois en marcha, digo eu…- rematou Frank. De camiño, atopamos un montón de perigos, pero superámolos:

1º perigo: Unha lagoa chea de pirañas. Dark levounos voando. 2º perigo: Coalas agresivos. Foron a nosa cea, porque ata Frank é carnívoro. 3º perigo: Sombras misteriosas pola noite. Pero Dark é nocturno e fixo de guía. 4º perigo: Serpes velenosas. Conseguimos escabullirnos entre os arbustos. Ata que, por fin, chegamos ao noso esperado destino e eu fun adoptado por unha familia de homes lobo. Que contento estou!!! Agora, Dark, Frank e eu podemos estar xuntos sempre que queiramos. E esta é a historia de como nos coñecemos, pero...

Andrés Vigas Villaverde


A Fontiña 2022


A Fontiña 2022

ARDEMIRO E O TRUCO DO CUCO Este pequeno lobiño, que é o noso amigo chamado Ardemiro, colleu o outro día un máxico libriño que escribiu o seu sobriño. Había nel un conxuro dun famoso bruxo. Dicía que o cuco era un paxaruco moi farruco. Criaba os seus filliños sen moito traballiño, deixaba o seu oviño no niño do veciño. Acababa este libro un dito para reflexionar: Se antes de almorzar, escoitar o cuco cantar, boa sorte nese día vas levar. Gabriella Pena Ramos O ANIVERSARIO MÁXICO Matías celebrou o seu aniversario un sábado pola tarde e invitou a algúns amigos e aos seus primos. Ás cinco da tarde xuntáronse na súa casa e foron xogar a un campo de fútbol que había cerca. Empezaron a xogar e de repente chegou un autobús. Empezaron a baixar os xogadores do Real Madrid. Todos os nenos e nenas estaban coa boca aberta. Os xogadores comezaron a xogar con eles e pasárono xenial. Regaláronlle unha pelota e unha camiseta firmada. Foi un aniversario máxico. Diego

ROI E TRISTÓN Roi era un neno ao que lle gustaban moito os cans, pero el vivía nun piso e os seus pais non lle deixaban ter mascotas e menos un can. Cerca do seu edificio había un bosque onde ía pasear case todos os días; un día encontrouse cun can que estaba abandonado, colleu uns paus, construíulle unha caseta e deulle un anaco do seu bocadillo. Ao día seguinte volveu ao mesmo sitio con máis comida e auga, o can aínda estaba alí e púxose moi contento. Entón Roi contoullo ao seu avó que vivía cerca nunha casona. O avó de Roi díxolle que podía levar o can para a súa casa. El púxose moi contento e foron xuntos buscar o can ao bosque. Despois estiveron pensando que tiñan que poñerlle un nome e decidiron poñerlle Tristón. Cando Roi vai á casa dos seus avós sempre xoga con el.

Darío O RATO E O BUFO Era unha vez un ratiño pequeno chamado Sam. El sempre quería ir ao bosque pero os seus pais dicíanlle que non, que era moi perigoso. Unha noite escapou cara ao bosque pero estaba tan escuro que se perdeu. Pasaron dúas horas e púxose a chorar. Un bufo que pasaba por aí escoitouno, acercouse a el e preguntoulle que lle pasaba e o rato díxolle que se perdera, que dera moitas voltas e que os camiños eran iguais. O bufo pensouno e dixo que subise ao seu lombo, que desde as alturas seguro que atopan o camiño da casa. Comezou a voar pero non atoparon o camiño. Chegou a mañá. O rato xa estaba nervioso. Na última volta viu algo que lle soaba e dixo: -Alí, alí abaixo está a miña casa. E o bufo comezou a baixar. O rato foi correndo á casa e os seus pais vírono e déronlle unha forte aperta. O rato contoulle aos seus pais o que lle axudara o bufo. E o ratiño e os seus pais déronlle moitos agasallos ao bufo. Rubén


A Fontiña 2022 MORRIÑA Cunha maleta de cartón a súa viaxe emprendeu, un taxi colleu con destino a Suiza. Alí unha nova vida comezou, nun hotel traballou facendo as camas todo o día e fregando os pratos na cociña. Ata que un día coñeceu un home chamado Paco, e despois dun tempo casaron. Unha filla tiveron. E despois a morriña de volver ás súas terras. Ao chegar unha casa construíron e nun lear que eles montaron, traballaron. Os anos pasaron e a súa filla tivo unha filla (Eu) Sara. Sara M.L. A VACA LOURA Lola é unha magnífica vaca que vive nunha granxa preto do río Miño. Nesa granxa vive con outros animais como o porco Manolo, a galiña Inés, o galo Juan e o touro Luis, o mellor amigo de Lola. Un día ao amencer Lola bruaba con moita enerxía, os galos e galiñas tamén empezaban a cacarexar e aquilo parecía unha festa por todo o alto. O granxeiro non sabía que facer para que todo se calmase. Foi onda a vaca e botoulle algo de comer para calmala. Logo foi onda as galiñas e atopouse co raposo no galiñeiro. Xa comera unha. Ao velo o raposo saíu como unha frecha cara ao bosque e o granxeiro saíu tamén detrás del pero non o viu por ningún lado. E decidiu regresar á granxa a ver como estaban as outras galiñas. Ao chegar viu que as outras galiñas estaban ben e xa non había nada que facer. E todo seguiu coma sempre.

Álex P.

OS COGOMELOS MÁXICOS Había unha vez un mozo chamado Buto. Era unha persoa alta, de pelo loiro, sentimental, cariñoso e duns 20 anos. Aquel día era moi importante para Buto porque a sua sobriña Ximena cumpría 10 anos. Buto, como era tan detallista, queríalle facer un regalo moi importante. Queríalle regalar uns cogomelos máxicos que servían para cociñar. Pensou: -Cando encontre eses cogomelos voullos facer á grella e vainos recordar toda a vida. Había un problema: eses cogomelos só se podían encontrar nas profundidades do monte, pero el estaba disposto a ir por eles. Ao día seguinte fixo a súa equipaxe e foi para o monte. Na equipaxe levaba dúas botellas de auga, catro bocatas de chourizo con queixo, unha cana de pescar, un coitelo, roupa de emerxencia e unha fouce. Buto saíu da casa cedo e no monte atopouse cun can lobo tumbado, pero el seguiu andando moi caladiño. Cando xa estaba nas profundidades do monte escoitou como un coello se botaba a correr polo monte adiante. Máis tarde un oso moi grande empezou a gruñir, entón Buto quedouse tumbado nun arbusto e quedouse durmido. Á mañá seguinte almorzou e púxose en marcha para onde ía caendo o sol. Despois, tres horas máis tarde, encontrou un coello. Buto asustouno e encontrou oito cogomelos onde se levantara o coello. Buto deulle o regalo á súa sobriña Ximena e ela dixo: -Moitísimas grazas, Buto. Encantáronme! Antón NO MEU CAIXÓN Teño gardado no caixón un unicornio e o meu corazón, coma unha rosa de color, cóidoos e mímoos con amor. Saray


A Fontiña 2022 RAMÓN O CABALO Ramón era un cabalo de cor marrón. Tiña o pelo loiro, era guapo e amable con todo o mundo, pero había un problema, Ramón recibía cada día comentarios que non lle gustaban nada de nada pero pouco a pouco foinos aceptando. El quería facer amigos pero os outros cabalos dicíanlle que tiñan amigos mellores que el. Ata que un día encontrouse cun cabalo da súa mesma idade que lle dixo: -Ola, como te chamas? -preguntou o cabalo. -Ola, eu chámome Ramón. E ti? -Eu José. E... -José tentou dicir algo. -E... que? -preguntou Ramón intrigado. -E que... por que non estás cos teus compañeiros? -preguntou José esperando unha rersposta. -Porque... o problema é que non teño amigos. Todos me chaman feo -dixo José contendo as bágoas. -Mira, vouche dar un consello. Non lles fagas caso. Eles non te coñecen ben. -Tes razón. Eles non me coñecen ben. Moitas grazas -Ramón agradeceullo. Ola, son Ramón o cabalo e sei que non queredes ser os meus amigos e que me dicides que son feo, pero non hai que xulgar polas aparencias. As persoas, os animais, sexamos o que sexamos, somos diferentes porque se foramos todos iguais, fariamos todo o mesmo. Todos aplaudiron e desde entón son todos amigos. Daniela UN BO REMEDIO Érase unha vez uns rapaces chamados Pedro e Luis, que un día estaban paseando polo monte en busca de amoras e framboesas porque lle tiñan que facer un remedio ao seu pai que estaba enfermo. Tiveron a mala sorte de quedarse atrapados nunha cova. Pasadas unhas horas uns montañeiros oíron os ruídos dos rapaces e leváronos á súa casa e intentáronlle facer o remedio ao seu pai pero non lles saíu e pedíronlle axuda aos montañeiros e conseguiron facelo e o seu pai bebeu o remedio que lle prepararon e pouco a pouco foise recuperando. Hugo

TODOS CRECEMOS Hai millóns de anos, na prehistoria, vivía un diplodoco chamado Dani e o seu pai Diplus. Queixábase sempre de que era moi pequeno e non medraba. Un día o seu pai díxolle que lle ía ensinar como medrar e levouno de viaxe a onde nacía un río. Alí o río era moi pequeno e moi rápido pero segundo ían baixando cara á pradeira o río facíase máis grande e máis lento. ENSINANZA: Todos medramos no seu momento. Iker EL ADIVINO En una plaza pública, un adivino practicaba su oficio. De repente se le acercó un vecino, anunciándole que las puertas de su casa estaban abiertas y que habían robado todo lo que había en su interior. El adivino se levantó de un salto y salió corriendo hacia su casa, preocupado, para ver lo que había sucedido. Uno de los que allí se encontraban, viéndole correr le dijo: - Oye, amigo, tú que te chuleas de saber lo que les ocurrirá a los otros, ¿por qué no sabías lo que te sucedería a ti? El adivino no supo qué responder. Moraleja: no hay que fiarse de aquellos que dicen que pueden adivinar el futuro de los demás. Solo pretenden estafarnos y quitarnos nuestro dinero. Aldair


A Fontiña 2022 MATILDA Matilda era unha nena loira, alta e con ollos claros. Gustáballe moito tocar a pandeireta e ir aos ensaios que tiña todas as semanas coa agrupación na que tocaba. Pero tiña un problema, que cando tiña que facer unha actuación non quería ir porque lle daba medo tocar diante da xente. Aos poucos, grazas ao apoio que lle deu a mestra de pandeireta, Matilda conseguiu perder o seu medo e agora goza da súa paixón. Marta Fariña Gundín

O VERÁN No verán sae o sol, coa calor saen as flores todas bonitas e cheas de cores. Nerea

O XIGANTE MANOLO É MOI FROXO

UNHA NOVA MASCOTA Un día Laura, ao saír do colexio, nun arbusto atopou un gato. O pobre estaba tremendo. Laura colleuno e levouno para a casa. Aos seus pais e ao seu irmán menor non lle gustaba nada, así que tivo que escondelo. Ao día seguinte, antes de que Laura espertara a súa nai foi ao armario da súa habitación. Cando abriu a porta… alí estaba o pequeno gato!!! A nai espertou a Laura cun forte berro. A súa nai castigouna sen saír da casa en toda a semana. Laura chamou á súa mellor amiga e contoulle todo. A súa amiga Daniela díxolle que ela mesma podería coidar ao pequeno gatiño. Laura díxolle que llo levaba mañá á escola. Daniela ao día seguinte levou o gato á súa casa e díxolle a Laura que podía ir visitar o gato cando lle apetecera. Ana

Un día nunha cova vivía un gran xigante que se chamaba Manolo. A súa afección favorita era namorar as xigantes, pero claro, o que pasa é que elas son fermosas e el froxo. Un día decidiu operarse e quedou... guapo! Agora o xigante dixo: "Vou namorar a Emilia", - Que fermoso día vai - dixo Manolo o xigante. O xigante foi á casa de Emilia e díxolle: - Emilia, mira que guapo son! - Que dis, ho? - Mira e verás. - Pois si que es guapo, meu santiño. - Queres ser a miña... noiva? -Siiii! Pero claro, ao final todas as xigantes foron atrás del. E entón Emilia pensou que andaba con outras. E quedou sen nada. Ensinanza: Mellor ser un gran feo a que te odien.

Félix Candal Iglesias O CASTIÑEIRO Nas fermosas ramas dunha arboriña fai o seu niño unha paxariña. Esas fermosas ramas están cheas de ricas castañas. Estes alimentos soborosos recóllense e cócense no outono. Aproveita no outono a comelas, porque no verán é difícil telas. No verán mellor comer mazás, que moito máis te refrescarás. César C.P.

Unha nena chamada María quixo facer unha poesía para o Día das Letras Galegas para que a cantasen as gaiteiras. Carla Fariña Palla


A Fontiña 2022 O DOMADOR DE SONOS Hai moito, moito tempo corría a lenda de que un home misterioso colábase nos malos sonos e facíaos desaparecer... 400 anos despois... - Mamá!!! -dixo unha nena. -Non berres! e... que demos queres?! -Hoxe soñei un soño moi estraño. -Déixate de parvadas e colle a mochila para o cole. -Ola nenos! -dixo a profesora-. Acordádevos de que hoxe é o exame, así que vounos a repartir. A nena empezou a facelo. Ao saír de clase ocorréuselle investigar sobre o seu soño. Entón foi á biblioteca... Buscou e buscou, pero nada... Ata que un libro, maxicamente, caeu aos seus pés. A nena comezou a ler e decatouse dun pequeno detalle: había unha carta cun señor moi estraño. A nena decidiu levala para a súa casa e investigar un pouco. Ao chegar á casa, subiu á súa habitación e decatouse de algo. A carta tiña un botón, o cal poñía "Xírame". A nena xirouno e de repente un home saíu dela. -Ola, rapaciña -dixo a figura estraña. -Quen es? -preguntou a nena, asustada. -O teu garda de soños. "Entón, el ao mellor pódeme axudar", pensou a nena. -Ola -dixo, un pouco nerviosa. -Penso que me fas falta para un plan. -Pero, para que? E de que plan me estás a falar? A nena explicoulle o plan de pe a pa. -Ben, para iso si que che podo axudar, pero a cambio... -A cambio, que? -Darasme un pouquiño de comida, que estou morto de fame. A nena asentiu ríndose. 4 horas máis tarde... -Ben, chegou a hora -dixo moi confiado. -Ben, para que che poida axudar, pensa no teu pesadelo. -A nena durmiu pensando no seu pesadelo. O home adentrouse no soño sen problema pero deuse conta de que fallaba. Uns vampiros estaban impedindo que a nena poidese durmir

en paz. O home rapidamente púxose a pelexar cos vampiros ata que, ao intentar saír, deuse conta de que lle faltaba un vampiro, o máis malo. Tiveron unha pelexa moi flipante, pero o home saiu lastimado do brazo, pero contento porque cumpriu co seu deber. Martina Mazás Berdomás UN DÍA NA PRAIA Unha vez un neno chamado Alberto e a súa amiga Raquel decidiron pasar un día na praia. Pasoulle pola cabeza meterse na alga pero Alberto non sabía nadar tan bem como Raquel. A rapaza alonxouse moito nadando e Alberto quedou máis á beira da praia. De súpeto unha gran onda arrastrou o rapaz para o medio da praia. El empezou a berrar: “Axuda, axuda, que afogo!”. Raquel non o escoitaba. Unhas persoas que estaban por alí paseando decidiron axudarlle. Cando o sacaron á beira, apareceu Raquel preguntando que pasara. Contáronlle o sucedido e entre todos decidiron ensinarlle a nadar. Fíxoselle tarde e marcharon para a casa. Alberto propúxolle a Raquel ir todos os días á praia, xa que aprendera a nadar, e a rapaza aceptou. E así o fixeron. Bruno F.M.


A Fontiña 2022 XOÁN E O TESOURO No norte de Galicia, preto das costas, había un neno chamado Xoán, que vivía co seu pai Luis. Vivían nunha cabana preto da montaña. Como todas as mañás el e o seu pai ían muxir as ovellas para obter un pouco de leite para almorzar. Quéntano na cociña a uns cen graos e mentres quece espremen tres ou catro laranxas. Xoán almorza cunha pouca présa para chegar cedo á escola, onde lle gusta moito ir para xogar cos compañeiros e aprender. Ao chegar da escola contoulle todo o que aprendera e se divertira ao seu pai. Logo foi facer o bocadillo que iría comendo moi contento, mentres que levaba as ovellas a pastar. Ao chegar á leira, deitouse na herba e mirou para as nubes ata quedar durmido. Durmiu tranquilamente unha hora e logo espertouno unha ovella que lle lambeu a cara. Foi lavar a cara ao río e ao volver viu algo enterrado. Parecía unha cápsula. Buliu a desenterrala e si, era unha cápsula. Dentro había un compás e… un mapa do tesouro!!! Foi correndo de volta á súa casa coas ovellas e ensinoullo ao seu pai. O pai preguntoulle como o encontrara, e Xoán contoullo todo. Ao día seguinte o pai prometeulle que o irían buscar cando Xoán viñera da escola… Ao día seguinte Xoán chegou da escola, merendou e todo alegre foi co seu pai a buscar o tesouro. Ao pasar por xunto do pozo, a eira das ovellas e adentrarse na cova. Despois de percorrer un longo camiño, por fin deron coa X. Cavaron con todas as súas ganas e notaron algo ríxido. Costoulles sacalo, abrírono e… Si!!! Eran ricos!!! Había moitísimas moedas de ouro. César C.P.

A FILLA DO REI Había unha vez unha nena chamada Lucía. Lucía era a filla dun rei moi malo, que se chamaba José. Xosé era malo, non era cariñoso. Trataba mal á xente e non era nada amable nin divertido. Pero Lucía era todo o contrario, ela era cariñosa, amable, alegre e preocupábase polos demais. Todo o mundo da cidade odiaba a Xosé. Queríao botar da cidade e non o querían como rei. Unha vez a Lucía ocorréuselle unha idea. Como non tiña ningún amigo decidiu escapar para ir ao parque e… conseguiuno! Conseguiu escapar. Cando chegou ao parque había moitas nenas e ela empezou a falar con eles. Xosé estaba na súa casa durmindo e espertou. Cando foi ver a Lucía decatouse de que non estaba. Xosé enfadouse moito e empezou a buscar a Lucía por todas partes. Mentres tanto Lucía seguía xogando no parque e de súpeto… chegou o seu pai! Xosé tiña a cara vermella e notábase que estaba moi enfadado e soltou un berro xigante: - Lucía!!! -berrou todo enfadado. Todos miraron para el e Lucía marchou chorando para a casa. Lucía encerrouse na súa habitación e pçuxose a chorar. Lucía sempre pensaba que cando fora maior quería ser a mellor raíña do mundo. E así foi! Cando o seu pai morreu ela foi a mellor raíña que o pobo tivo. Todos a querían e adoraban e Lucía foi moi feliz. Olaya Gómez Candal


A Fontiña 2022 Atopa 5 diferenzas.

Atopa na sopa de letras o nome de 12 profesións.


A Fontiña 2022

César Calviño Pardo

Alejandro Candal Candal

Rubén Candal Candal

Martín Candal Garaboa

Marta Fariña Gundín

Carla Fariña Pallas

Bruno Figueira Martínez

Nerea Gómez Candal

Diego Liste Martínez

Martina Mazás Berdomás

Ana Meizoso Gómez

Félix Candal Iglesias

Olaya Gómez Candal

Bruno Vázquez Noya


A Fontiña 2022


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.