A Fontiña 2021

Page 1

2020 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS


Alba

Iria

Brais

Christian

Natalia Q

Noa

Fabián Juanma

Lucas

Pedro

Rubén

Mikel

María

Natalia R

Paula

Sabela


EDITORIAL Antes que nada os que fan “A Fontiña” e eu, Ardemiro, queremos agradecervos o voso entusiasmo e participación neste xornal. Esta é a habitual frase coa que levo iniciando as editoriais moitos anos e quería comezar así para dar unha lixeira impresión de normalidade ... pero sabedes que nestes últimos tempos non houbo nada normal. Para empezar, o curso pasado estivemos varios meses na casa e sentino especialmente polos alumnos de 6º que quedaron sen unha despedida axeitada (aquí tedes a súa orla na páxina do lado como pequena mostra do noso agarimo por eles). Este curso si logramos volver ao cole pero seguindo uns estrictos protocolos para protexernos da enfermidade. Foi moi duro e pesado pero a unha semana do remate podemos dicir que, por fortuna, todo funcionou bastante ben. Aquí queremos agradecerlles aos nosos alumnos (desde os máis pequenos ata os máis maiores) o seu comportamento exemplar, sempre levando os cubrebocas e empregando o xel. Grazas tamén aos pais por adaptarse ás novas normas e, moi especialmente, ás nais que vixían no comedor. Así mesmo recoñecer o dobremente duro traballo dos nosos cociñeiros José Luis e Manuela e o de Anabel, sempre desinfectando e proporcionándonos material de limpeza para as clases. Un saúdo ao noso 2º lector de inglés, Joe Kapustka (You), que ten intención de volver connosco de novo -oxalá!-. Coma sempre quero despedirme dos alumnos e profesores que non estarán no Mesón o ano próximo. Uns irán ao IES e outros a varios destinos, pero a todos lles desexamos o mellor na súa futura andaina. Outra das consecuencias da pandemia foi que se rompeu unha tradición que duraba máis de 30 anos e non saíu esta revista. Este ano, por mor dos dichosos protocolos, tampouco sairá en papel, pero insistinlle moito aos profes e logreinos convencer de que, polo menos, había que facela e subila á páxina web. Loxicamente este ano non hai fotos de actividades ou saídas porque non fixemos nada fóra das clases, pero polo menos non houbo limitación de espazo para os nosos contos e poemas. Recordarvos que non só a revista, tamén case todo o que facemos no cole, avisos, documentos, etc. podédelos ver na nosa web www.edu.xunta.es/centros/ceipmesonvento/ (ou "ceip Mesón do Vento" en google). Sen máis! Un saúdo de Ardemiro.


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021

En 1º e 2º curso decidimos debuxar o noso personaxe favorito. Somos uns artistas!


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021

Os seus pais foron Valentín Arias López e Amparo Castaño López. As terras das familias paterna e materna estaban nas parroquias de Maside, Ortoá e Meixente (lugares da Vilerma, Barreiros e Mouzós). Naceu en Lugo, no sanatorio Alonso Pimentel, inda que inscribiron o nacemento en Sarria, co nome de María de los Ángeles, que mudou en 1984 polo de María dos Anxos, se ben foi chamada Xela desde os seis anos. Finalmente, en 1995 o xuíz Alejandro Roa Nonide autorizou o cambio de nome polo de Xela. Criada en galego, estudou na Granxa de Barreiros, no Colexio Fingoi de Lugo, entre os catro e os sete anos. En 1969 a familia mudouse a Vigo, por ser destinado o pai como mestre á escola de Moledo, en Sárdoma (hoxe CEIP Sárdoma-Moledo). En 1976 ingresou no Instituto Castelao do barrio do Calvario. Facendo o COU abandonou os estudos, e comezou a traballar en Edicións Xerais de Galicia, desde o seu nacemento en 1979, canda Xulián Maure Rivas e Roberto Pérez Pardo, primeiro como oficinista, despois en creación e investigación e de 1990 a 1996 como correctora de estilo e editora. Dende 1980 publicou en xornais e revistas coma A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Jornal de Notícias do Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis, colaborou en publicacións coma Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou Boletín Galego de Literatura e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución. Participou nun recital poético nun acto contra a entrada de España na OTAN en 1982; en 1988 inscribiuse en Greenpeace; en 2002 participou nun recital en solidariedade cos afectados polo

desastre do Prestige no MARCO; noutro Contra a Burla Negra, organizado por Pepe Álvarez Cáccamo e máis ela en febreiro de 2003; ese mesmo mes e ao seguinte, leu declaracións en senllas manifestacións contra a Guerra de Iraq. En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1991 rexistrou as letras para o grupo musical Desertores e retomou os estudos, iniciando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose en 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela, e iniciando a especialidade en galegoportugués. No verán de 1992 casou co fotógrafo e matemático ourensán, residente en Vigo, Xulio Gil (1954), con quen en 1994 tivo o seu único fillo, Darío; separáronse no ano 2002. No curso 1999-2000 comezou a exercer como profesora substituta de ensino secundario, de lingua e literatura castelá, nos institutos Terra de Xallas (Santa Comba), Paralaia (Moaña), Valle-Inclán (Pontevedra), Xelmirez II (Santiago de Compostela) e Valadares II (Vigo). En anos seguintes foi docente en Chapela (Redondela), A Sangriña (A Guarda) e Álvaro Cunqueiro (Vigo). Traduciu a Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Jan Terlouw, Bram Stoker e Charles Baudelaire, entre outros. Debido aos seus indubidables méritos este DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio de 2021) estivo dedicado á súa figura. FALEMOS O NOSO IDIOMA!


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021 O ELEFANTE CORREDOR O VERÁN O verán... Que fermosa estación... Os seus días moi longos son. Nel, divertímonos un montón. Pola mañá durmimos e pola tarde, xogamos mogollón. Nesta estación a moitas festas vou, xogo, bailo e desfruto como un cigarrón, sen pasar frío e con calor. Ainoa Gestal Soneira Estamos no outono os paxaros marchan xa. O día é máis curto e o frío vai chegar. Estamos no outono, as follas van ao chan. Temos unha alfombra de cores para xogar e pisar. Hugo

Os paxaros cantan, os grilos rin, as nubes choran. esta vida é así, non ten fin. Marina

Había unha vez un elefante que quería correr unha maratón, pero todos os seus amigos, cando se decataron do que quería facer, ríanse del e dicíanlle: -Ti non podes correr tanto. Os elefantes non naceron para correr. Martín, que así se chamaba o elefante, púxose moi moi triste. Esa noite quedouse durmido chorando coa pena de non poder facer o que tanto desexaba. De súpeto comezou a soñar co seu avó que estaba no ceo e que lle dicía: -Martinciño, ti podes ser o que ti queiras, só tes que botarlle moitas ganas, esforzarte moito e así conseguirás todo o que ti queiras. Nada é imposible!!! Chegou o día da maratón e Martín presentouse ilusionado e, aínda que os seus amigos seguíanse burlando del, non lles fixo caso. Empezou a maratón e o elefante ía á cabeza. Cando acabou, o elefante Martín... quedara de primeiro!!! Os seus amigos pedíronlle perdón e Martín díxolles con voz moi clara: "NADA É IMPOSIBLE" Nicolás Candal Santos

O LADRÓN DE REGALOS DO NADAL Hai dous días era o Nadal e dous irmáns chamados Rubén e Álex esperaban entusiasmados a que chegase ese día. Preparárono todo e, pola noite, marcharon para a cama. Ao seguinte día non había regalos!!! Non había regalos na vila enteira!!! Interrogaron a algúns sospeitosos e eran Bruno, Coraco e a Mersena. Pero non sabían nada do ladrón de regalos, pero Mersena estaba algo nerviosa. Pero que será? -Por que estás nerviosa, Mersena? -preguntou Álex. -Porque teño calor -respondeu Mersena. -Pois acende o aire acondicionado -dixo Rubén. -Grazas! -exclamou Mersena. E Rubén tivo unha idea: coller madeira, metela nunhas caixas e envolvelas en papel de regalo. Así o fixeron. Deixáron os paquetes ao lado da árbore e foron á cama. Cando pasaron 51 minutos baixaron, viron ao ladrón e Álex atrapouno cunha rede de pescar. Era Bruno. E Bruno devolveulles os regalos a todos os nenos e nenas. Lucas Campelo Varela


A Fontiña 2021 O VENTO LADRÓN

A VIAXE Á TERRA

Houbo un misterio hai tempo que tiña a un pobo descontento. Moitas casas desaparecían e ninguén sabía a onde ían.

Había unha vez dous extraterrestres. Un chamábase Pic-Pic e o outro Toc-Toc. Os dous extraterrestres vivían en Marte. O extraterrestre científico de Marte un día dixo todo emocionado: -Oídeme todos. Que tal se imos á Terra? -Nós apuntámonos -dixeron Pic-Pic e Toc-Toc. -Estupendo! -dixo o extraterrestre científico. Entón Pic-Pic e Toc-Toc foron á Terra. Cando chegaron aterraron na boca dun can! -Ui, aterramos na boca dun ser moi estraño díxolle Pic-Pic a Toc-Toc. -O ser tan estraño na Terra soe chamarse can díxolle Toc-Toc a Pic-Pic. Entón o can levou a nave espacial á casa do seu dono e os seus fillos. O dono, que se chamaba Manuel, preguntou: -Que é isto que traes aquí? O dono xa descubrira o que era e os extraterrestres quedaron a vivir alí para sempre. Ainoa Gómez

Uns nenos na eira xogaban e os seus libros nunha pedra descansaban. De súpeto viron que voaban e preguntáronse para onde marchaban. Os nenos tras deles sairon correndo, correndo polo pobo enteiro. Nun recuncho do camiño pararon, miraron, e as cousas e os libros atoparon. Era o vento mareiro, xoguetón e trapalleiro, que as cousas levaba, cada vez que sopraba. Hugo Uzal Martínez

O CONTO DOS MAIOS Había unha vez dous irmáns chamados Hugo e Andrés. Vivían nas Uzás coa súa familia. Asistían ao CEIP Mesón do Vento. A mestra faloulles un día dos Maios. Os Maios son unha gran tradición para celebrar a chegada da primavera. Cando chegaron á casa intentaron facer un maio, porque xa chegara a primavera, e pola tarde conseguírono: tiñan dous maios!!! Os irmáns, no remolque, levaron os maios ao cole e todos se sorprenderon pero no só a clase, senón todo o colexio!!! Cando viron os dous maios tooooodos dixeron: Aaaaaalaaah!!! Hugo Gómez

A FADA DO CABELO DE OURO Érase unha vez unha fada que naceu co cabelo de ouro. As outras fadas estaban celosas porque ela tiña o cabelo de ouro. Un día a fada saíu a pasear e un neno colleuna e levouna para a súa casa. Encerrouna nunha gaiola e a fada quedoi moi triste. Quería ver á súa nai e tivo unha idea. Ela sempre levaba po de fadas no bolso e cando o neno volveu á habitación a fada botoulle o po de fadas nos ollos e comezou a voar. A fada, como puido, quitoulle as chaves e escapou. Mentres que a fada marchaba sentiuse mal e deu a volta, quitoulle o po dos ollos ao neno. Este disculpouse e logo a fada e o neno fixéronse amigos. Candela Calvete Mesías


A Fontiña 2021 O BOSQUE DAS MACEIRAS A un bosque de maceiras quero ir, un sendeiro escuro teño que seguir. Ao chegar ao bosque atopei un río. Queríame bañar pero teño frío. Subín a unha árbore a coller mazás, cando baixei atopei dúas ras. As ras saltaron para unha poza. Eu creo que eran mozo e moza. Na casa fixen unha tarta de mazá e, ao comela, dixen: Que boa está! Esta aventura foi moi divertida, teño ganas de volver a repetila. Andrés Vigas Villaverde O verán está a chegar, que ben o vou pasar. Este curso vai rematar, teño ganas de descansar. Mais non me podo despistar, un pouquiño vou repasar. A táboa de multiplicar que se me pode olvidar. Non sei o que vai pasar, o Covid non nos quere deixar. Aínda que non poida viaxar, algo teño que argallar. Yago Sánchez Gómez

AS LETRAS DESAPARECIDAS Un día, as letras galegas estaban nunha reunión. J, K, W e Y desapareceron!!! -Estaban detrás miña e... ZAS!!! desapareceron -dixo o A. -O ¡ e o ¿ tamén desapareceron -dixeron ! e ?, ao mesmo tempo -son os nosos irmáns. -Alguén sabe algo -preguntou o Q, unha das letras máis curiosas. -Non -dixeron todas as letras á vez -non sabemos nada. -Pois eu digo que marcharon para que a nosa lingua sexa máis orixinal -dixo o Q. E así foi como o alfabeto galego agora ten 23 letras. Alma

O LADRÓN DE REGALOS DO NADAL Hai dous días era o Nadal e dous irmáns chamados Rubén e Álex esperaban entusiasmados a que chegase ese día. Preparárono todo e, pola noite, marcharon para a cama. Ao seguinte día non había regalos!!! Non había regalos na vila enteira!!! Interrogaron a algúns sospeitosos e eran Bruno, Coraco e a Mersena. Pero non sabían nada do ladrón de regalos, pero Mersena estaba algo nerviosa. Pero que será? -Por que estás nerviosa, Mersena? -preguntou Álex. -Porque teño calor -respondeu Mersena. -Pois acende o aire acondicionado -dixo Rubén. -Grazas! -exclamou Mersena. E Rubén tivo unha idea: coller madeira, metela nunhas caixas e envolvelas en papel de regalo. Así o fixeron. Deixáron os paquetes ao lado da árbore e foron á cama. Cando pasaron 51 minutos baixaron, viron ao ladrón e Álex atrapouno cunha rede de pescar. Era Bruno. E Bruno devolveulles os regalos a todos os nenos e nenas. Lucas Campelo Varela

O ZOO DOS ANIMAIS Había unha vez un zoo moi especial. Era o máis visitado porque alí todos os animais falaban. Un bo día veu unha familia numerosa: eran once nenos e os pais! Foran ver os monos e non lles gustaban porque dicían: -Non estades á moda -vocexaba un mono. -Calade as vosas bocas -dicía outro. Os nenos foron ver os elefantes. Cando estaban observando as crías dos elefantes, viron un irmán seu subido a unha cría que estaba bebendo. O neno fíxose amigo do elefante. Nunca pasara algo así! Ao final do día, cando marcharon, o elefante púxose moi triste e o neno marchou chorando pois quería levar ao elefante para a casa para que fose a súa mascota. Daniela Silva García


A Fontiña 2021 Un virus chegou e todo parou: as escolas, as festas, os bicos, as apertas. Cubrebocas hai que usar para non contaxiar. A distancia hai que manter, non nos podemos esquecer Noemi Noya Pazos

O VERÁN

O CHARLATÁN

Sentir o salitre no pelo, saltar a cacharela polo San Xoán e por todas estas cousas a miña estación favorita é o verán. Darío

Moito lle gustaba falar e ao empezar non podía parar, por iso lle chamaban o neno charlatán, o neno charlatán co que todos querían xogar. A ver quen era o que o facía calar. Diego

OUTONO Estamos no outono, os paxaros marchan xa, o día é máis curto e o frío vai chegar. Estamos no outono, as follas van ao chan, temos unha alfombra de cores para xogar e pisar. Hugo

A AMIZADE Que lindo é ter amigos, pero deses de verdade, aqueles que están contigo cando os demais se van. Amigos nas boas pero nas malas moito máis. Saray Rodríguez Coto

A mellor estación do ano! En setembro caen as follas, en xaneiro frío fai, en marzo asubían os paxaros, en xuño chega o verán! Gústame ir á praia e coa area xogar, tamén tomar xeados e saír a pasear, pero o que máis me gusta é non ter que ir traballar!

O PIAR DOS PAXAROS O moucho canta cancións de berce para durmir aos meniños que seguen espertiños. A gaivota canta cancións alegres para dar un sorriso a todos os que pasan polo seu paraíso. A pomba canta cancións de paz para reconciliar aos que enfadados sempre están. A pega canta cancións de riquezas e ben están para dar boa sorte a cada consorte. O merlo canta cancións de amor para os recén casados e para os que non. Sara Mosquera López


A Fontiña 2021 DOUS AMIGOS DIFERENTES

O GATO

No bosque da Parola había unha árbore que parecía coma as demais, pero se a mirabas ben, descubrías no tronco unha pequena escaleira. Ao chegar á copa, enriba dunhas pólas moi grosas, abía unha casiña de madeira co seu teito, a súa porta e mesmo unha ventá. Nela vivía un esquío moi bo. Un día solleiro decidiu ir buscar landras e encontrouse cun paxaro cunha ala rota. Decidiu levalo á súa casa e alí curoulle a ala e dáballe de comer. Cinco días despois sacouno, pero o paxaro estaba tan a gusto nesa casa que non quixo marchar. O esquío deixou que se quedase alí, para así estar os dous xuntos como amigos. Rubén Nogareda Gómez

Había unha vez un gato que foi cazar e pillou un rato.

A LÚA E O SOL O Sol era unha estrela, a Lúa un satélite. O Sol brillaba cara á Terra, pero a Lúa xiraba en torno a ela. Un día a Lúa cansouse e pediulle ao Sol os lugares intercambiar pero o Sol negouse e a Lúa enfadouse. Ánxel López Vieites

A TERRA É REDONDA A Terra é redonda igual que unha pelota e vai ao redor do Sol moitas veces. A Terra é redonda como unha laranxa e tarda todo un ano en dar unha volta. A Terra xira e non está quieta. De tanto xirar vaise marear. Álex

O rato escapou, o gato correu e correu e non o pillou. O gato tan pancho de un paseo por unha granxa e viu un rancho. Ao final o gato foi para a súa casiña que era pequeniña. Antón

A XOANIÑA A xoaniña ben pequeniña apousa na folla vermella. A xoaniña ben bonitiña. A súa cor mola mogollón. Ben pequeniña ben bonitiña esta xoaniña na súa folliña. Esta xoaniña na súa folliña vermella, coa súa cor mola mogollón. Gabriella

A FAMILIA DE OSIÑOS Había unha vez un osiño chamado Iván. Tiña sete anos e vivía coa súa nai Lucía e co seu pai Alberto. Un día o pai díxolle ao fillo: -Iván, hoxe queres vir ao parque? -Si, papa, si!! -dixo entusiasmado Iván. -Entón non perdamos tempo. Imos! Marcharon para o parque. Cando chegaron o pai de Iván sentouse nun banco pero quedou durmido. Iván foi para as randeeiras e, cando Alberto espertou asustouse moito porque non encontraba a Iván e empezou a buscalo desesperado. Ao final encontrouno grazas a unha señora que lle dixo que estaba nas randeeiras. Alberto e Iván marcharon para casa. E colorín , colorado este conto está rematado. Daniela


A Fontiña 2021 A BANDA DE DUNCH VIR LINDEN Érase unha vez no ano 1853 un mozo, chamado Dunch, que quería crear unha banda. Para a súa sorte uníronse a el un neno da súa idade, chamado Housea, e outro chamado Arthur Morgan. A súa primeira misión foi axudar a un neno, chamado John Marston, que estaba a piques de ser aforcado. El tiña catro anos e recrutárono porque a pesar de que era pequeno, tiña moita habilidade para roubar. Vinte anos despois creouse unha gran banda pero non tiñan diñeiro suficiente, así que tiveron que atracar un banco, o Black Water. Todo ía ben ata que empezaron a chover balas. Resultaba que os Pinkertons descubríronos, así que tiveron que fuxir en barco ás frías montañas, pero déronse conta de que faltaba un dos principais homes da banda, John Marston. Logo Dunch, Micah (un novo integrante) e Arthur Morgan axudaron a buscar a John. Atopárono e salváronlle a vida duns lobos. Logo de dous meses mudáronse a un campamento. Alí atracaron trens, persoas, tendas… Con todo ese diñeiro querían atracar un banco máis para ter o diñeiro suficiente para irse fóra da civilización, xa que os Pinkertons pisábanlles os talóns. E chegou o momento onde comezou o principio do fin da banda: cando era o momento de entrar ao banco, mataron a tres homes da banda. Fuxiron como tolos ao campamento onde toda a banda separouse, menos Arthur e John, que ían xuntos e subiron a unha montaña, onde Arthur sacrificaríase por John e descubriuse que Micah era o chivato de todos os atracos. Logo de catro anos John matou a Micah e logo el foi asasinado polo lider dos Pinkertons. Logo o seu fillo, chamado Jack, matou ao asasino do seu pai. Ninguén gaña por vinganza. Luis

UN DÍA COS MEUS PRIMOS Hoxe cheguei a Tegueste ás 12 da mañá. Fun directo á casa dos meus primos. -Gabriela!! Javier!! Imos á piscina!! -Si, si!! Imos contigo –dixeron eles. A miña madriña e a miña tía leváronnos no coche. Cando chegamos fomos dereitos aos vestiarios para poñer os bañadores e despois tirámosnos de bomba os tres xuntos. Pasamos toda a tarde xuntos e divertímonos moito. Ao saír, fomos cear unha pizza a Bajamar mirando cara ás ondas xigantes. Despois fomos subir ao Teide para ver o atardecer. Iker


A Fontiña 2021 O AMOR -Cando lle pido saír e me di que non, rómpeseme o corazón. - A miña alma está nubrada porque non me di que si a miña namorada. - Rompinche a cabeza pedíndoche saír e ao final dixéchesme que SI!

Diego Liste Martínez

A historia dun futbolista chamado Tabú Érase unha vez un rapaz pobre. Os seus pais e a súa familia eran todos africanos e querían cruzar a fronteira. Un sábado ían cruzala e tiñan todo preparado para que todo saíse ben. No momento de cruzala todo saíu bastante ben. Así comezou a vida de Tabú, o neno, en España. Os seus pais apuntárono nun equipo de fútbol local no que Tabú destacou moito. Co tempo Tabú foi mellorando moito ata o punto de que un equipo profesional o quixo fichar. De aí en diante a vida de Tabú cambiou para ben, ata ser máis recoñecido e respectado pola xente. Así sacou á súa familia da pobreza e puideron ter unha vida agradable. Alejandro Candal

Melisa Ola! son Melisa e teño 11 anos. Nacín en 1936. Algúns xa vos decatastes de que nacín cando se iniciou a Guerra Española. Cando era pequena, era moi difícil facer amigos e relacionarse coa xente. Ao pasar uns anos, os meus pais morreran, debido a que como fora a guerra disparáranlles. Foi moi difícil vivir sen os meu pais. Uns días despois veu unha familia de acollida. Chamábanse Raúl e María. Raúl e María foron moi bos pais, sempre me apoiaban en todo. Uns anos despois tivemos que marchar da cidadepara ir vivir a unha aldea chamada Andamaio. Cando nos mudamos á aldea toda a miña vida cambiou. Viviamos nunha casa pequena cun can chamado Luca. Na aldea fixen moitos amigos como Luis, Noelia, Julia, Fernando e a miña mellor amiga, Natalia. En fin, por dicilo dunha certa maneira, toda a miña vida foi unha aventura. Olaya G.C.

A 3ª GUERRA ESPAÑOLA Érase unha vez un neno que se chamaba Pepe. Vivía en Barcelona. Un día chegou alí un autobús cheo de xente tailandesa e inglesa cunha chea de armas. Un deles díxolle a Pepe que viñan conquistar España, xa que en 1980 nós xa os invadíramos a eles e formaran parte da coroa española ata 2010. Cando Pepe oíu iso foi rápido chamar ao seu pai, xa que estaba no exército. El avisou ao tenente xeneral. Eles foron rapidamente a onde se encontraban os soldados tailandeses e ingleses. Puxéronse ao ataque e España gañou. Todo foi grazas a Pepe que avisou ao exército español. Bruno V.N.


A Fontiña 2021 O peixe pide auga, o preso liberdade, e eu que son o teu amigo só pido a túa amizade. Voa, xoaniña, voa, que che hei dar pan de broa e se non queres voar, logo te han de pillar Bruno Figueira Martínez

Pacific Rim insurección Cando iamos Bruno Figueira e eu con coches blindados polos Ánxeles atopámonos cos robots de "Titáns do Pacífico", así que transformamos os coches blindados en robots. O coche de Bruno transformouse en Gipsy Danger e o meu en Obsidian Fury. E puxémonos a pelexar. Ao fin gañamos pero o robot de Bruno Figueira recibiu algúns danos e o meu non tivo ningún dano. Rubén Candal Candal

O comezo do verán As persoas ao comezo do verán falan para quedar e ir nadar, pero van ter que aguantar, aínda teñen que esperar. Por fin chegou o verán e as clases están a rematar. Por fin chegou o verán, xa podemos descansar. Martina Mazás Berdomás A túa nai cando se pon furiosa non quere que sexas a miña esposa. Non lle gusta que fale contigo porque pensa que son mal amigo. Eu son un home de confianza e de boa crianza. Un día encarceraranme e outros homes namorarante. Félix Candal Iglesias

Lili e Timi Lili e Timi eran dous coellos aos que lle gustaba moito explorar. Eles sempre exploraban o campo, pero a Timi ocorréuselle a idea de ir explorar ao bosque. Ao día seguinte foron ao bosque aínda que Lili estaba un pouco asustada porque Tomi, un dos seus amigos, un día fora ao bosque e ao día seguinte non estaba. Pero Lili enfrontouse ao seu medo e foron ao bosque. Cando chegaron, como sempre, empezaron a explorar. Como lles era tan difícil explorar, porque o bosque é moi grande, decidiron separarse. Lili pola esquerda e Timi pola dereita. Despois dun anaco de búsqueda, Lili deuse conta de que nun arbusto movíase algo, así que foi ver o que era. Algo saíu dun chimpo e Lili viu que era un cazador! Lili non sabía que facer, así que chamou a Timi. Timi e Lili marcharon correndo para o seu tobo, pero o cazador marchou detras deles, pero no medio do camiño Timi caeu e, cando se quería levantar, non podía porque estaba atrapado nunha trampa do cazador. Entón Tomi berrou e Lili foi para axudalo. Lili sacouno da trampa pero o cazador cada vez estaba máis cerca deles. Entón a Lili ocorréuselle a idea de amarrar unha corda entre dúas árbores. Entón o cazador caeu e Lili e Timi foron para o seu tobo. E cando abriron a porta ... Sorpresa! aí estaban os seus amigos e máis a súa familia celebrando que foran tan valentes e que despistasen ao cazador. Nerea Gómez Candal


A Fontiña 2021 Faraón dourado

A CASA

Había un faraón que vivía en Exipto e que todo o que tocaba o convertía en ouro e prata. O faraón un día pola mañá desapareceu. O irmán do faraón mandou a moitas persoas na súa procura. Non o encontraron. Ao día seguinte descubriron marcas que os levaron ata o mar. No mar viron obxectos do faraón. Pediron un barco e seguiron os restos. Había ducias de obxectos pero seguían sen saber onde estaba porque xa non estaban en Exipto. Cando chegaron a terra as persoas falaban nun idioma que non coñecían. Seguírono buscando horas e horas ao faraón e atoparon a dous homes que tiñan preso ao faraón. Eses dous homes tiñan unha tenda de pulseiras de plástico pero ninguén as compraba. As persoas querían pulseiras de ouro e prata e por iso atraparon ao faraón. Recuperaron ao faraón e el deuse conta de onde estaban. Estaban en rxentina. O faraon fora deixando pistas para que o encontrasen e finalmente poder volver a Exipto. Ana Meizoso Gómez

Ana e Carlos chegaron novos ao barrio. Pasaron a tarde inspeccionando o lugar. Unha casa chamoulles especialmente a atención. Estaba na esquina da rúa, lindando cun prado. Era enorme, gris e tiña un aire misterioso, coas xanelas pechadas e o xardín cheo de cardos e malas herbas. - Por que non vivirá ninguén aí? -preguntou Ana -Co bonita que estaría se alguén a coidase un pouco! -Vai ti a saber! -contestou Carlos -Ao mellor está embruxada e por iso ninguén quere vivir nela. -Queres que veñamos de noite a vela ben? propuxo Ana -Se hai pantasmas non podemos perdelos! Carlos estaba de acordo. Encantáballe ter unha irmá tan decidida. Cando escureceu colleron as lanternas e acercáronse á casa misteriosa. Escondéronse tras a verxa da entrada sen quitar a vista da ventá e da porta. Unha pálida luz do interior iluminaba unha silueta. -Unha curuxa! -exclamaron ao unísono -Claro! que outra cousa podía ser senón unha nai curuxa espertando á súa familia para ir á escola? Marta Fariña Gundín

Os lobos no monte os pitiños no corral os peixes na auga e os barcos no mar. Xa todo está no seu lugar, os nenos na escola e os profes a ensinar, pronto todo está a comezar. Carla

O Universo O universo mola mogollón porque é moi grandullón. Entre as estrelas xiran os planetas. A Terra sempre será o noso planeta e o Sol a nosa estrela. Temos a Saturno cun anel de cor amarela. Martín Candal Garaboa


A Fontiña 2021 A GRANXA Érase unha vez nunha vila moi pequena unha granxa na que había moitos animais: galiñas, cabalos, ovellas, vacas, porcos ... Alí vendían leite debido á cantidade de vacas que tiñan. Ía moita xente polo leite, xa que era moi saudable e rico, e tamén por ver aos animais. Ían moitas persoas, tanto xente da vila coma xente de fóra. Non só querían ver os animais, algúns tamén ían á piscina que tiñan. Era moi grande e ademais tiña auga quente. Pero un ano a xente deixou de ir, xa que había por aí unha enfermidade moi rara chamada Sámena 2. Esta enfermidade era tan rara que, se a collías, podías morrer. A granxa deixou de coller fama e os animais adelgazaron. Un día unha nena tivo unha idea. Fixo un obxecto de tea que nas esquinas tiña dous cordeis. Tiña unha forma como esta:. Colgábala das orellas e así non pillabas esa enfermidade. Entón os animais engordaron e a granxa volveu a ter fama. César Calviño Pardo


A Fontiña 2021 LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

-Xabier, sabías que mañá é o Día das Letras Galegas? -Non o sabía, Ximena. -Todos os anos se lle dedica o Día das Letras Galegas a alguén. Este ano deícaselle a Xela Arias. Coñécela? -Non a coñezo. -Xela Arias escribiu un libro moi bonito chamado "Darío a diario" que ía dedicado ao seu fillo. -Cóntame de que trata. -Trata da maternidade. Dende que un fillo se desenvolve no útero da súa nai ata que se fai adulto e independente. -Gústame! Quizais o merque. Iria Campelo Sueiro

-Ola Xan. -Ola. -Sabías que este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Xela Arias? -Si. A ti gústanche os seus contos? -Si, moito. E sabías que lle dedicou un libro ao seu fillo Darío? -Pois non, nunca oín falar dese libro. -Pois telo que ler. A min gustoume moito. -Entón tereino que ler. -Si. Se queres, préstocho. -Por suposto. -Toma, aquí o tes. -Grazas. -De nada. Chao. -Chao. Hugo Gómez

UN SOÑO CUMPRIDO Había unha vez un neno chamado Daniel que era alto e tiña o pelo castaño. Daniel tiña doce anos e sufría dunha enfermidade moi rara. El vivía en Leira, nun lugar con moita vexetación e moi poucos habitantes. O soño de Daniel era xogar no Deportivo da Coruña. Un día de moita calor chamaron á porta da súa casa. Un home que dicía que era o presidente do Deportivo da Coruña e díxolle que ía xogar no partido contra o Levante, porque oíra que tiña unha enfermidade moi rara. Cando chegou o día do partido, Daniel estaba moi nervioso. Daniel entrou no minuto 80 e no minuto 89 un compañeiro meteulle un centro a Daniel e rematou de cabeza á portería do Levante e meteu gol. Ese gol de Daniel deulle a victoria ao Deportivo e salvounos de descender á 2ª división. En canto a Daniel, cumpriu un soño que nunca se lle olvidará. Raúl Candal Diz

MARIANA E O CAMPO DAS MARGARIDAS Mariana é unha nena moi amigable e simpática. Toda a aldea a coñecía por "a Perdiz". Chamábanlle así porque sempre sempre estaba feliz e corría coma o aire. Non paraba quieta. Un día, Mariana sentiuse fatigada. Estaba cansa, tiña unha dor de barriga moi forte, dor de cabeza e só quería estar deitada na cama. A xente da aldea viu que non estaba correndo por alí, entón decidiron avisar aos seus pais que estaban traballando. Cando a levaron ao hospital atendeuna un médico moi amable. A Mariana diagnosticáronlle tuberculose pulmonar e lamentablemente non puido resistir. A veciñanza decidiu plantar un campo de margaridas con perdices voando en memoria de Mariana. Laura Rivas Candal


A Fontiña 2021 O APALPADOR O apalpador é un home de orixe galega. Na noite do 25 e 31 de decembro entra nas casas dos nenos a tocarlle o ventre para ver se comen ben. Deixa unhas castañas quentes, tamén algún regalo de madeira, deséxalle un bo ano e unha boa comida e arróupao. Dise que o home é moi grande e gordo, vello e barbudo. Dise que o Apalpador leva unha boina e viste de chaqueta colorida con pantalóns cheos de remendos. Crese que vive nas montañas do Leste de Galicia (Courel, Terra de Trives, o Bierzo) e tamén aí é onde máis recoñecido é. Manuel Figueira

UN MUNDO VERDE Nunha fraga moi lonxana habitaba unha familia de trasnos. O fillo cativo chamábase Roco. El vía que pasaban os día e a súa fraga reducíase e eles morrían, por mor da desforestación. Roco un día decidiu ir á cidade máis próxima onde se atopou cunha meniña e pediulle axuda. A cativa cando o viu non daba creto ao que estaba a ver. "Un trasno!!!" berrou a cativa. Ela escoitara que esos bechos non existían, aínda que a súa nai lle lera un conto que falaba deses seres pequerrechos. Roco comentoulle que uns leñadores intentaban cortar a fraga onde eles vivían, por iso buscaba axuda urxente. A rapaza, que era moi aguda, percatouse de que do lugar que lle falaba Roco era onde ía o seu pai traballar. Ela colleu o trasno e meteuno no seu macuto. Os dous foron cara á fraga e a nena, de xeonllos, pediulle ao seu pai que a escoitase e que deixase de talar, para que non se extinguisen aqueles bechos ananos e, sobre todo, que se poida respirar mellor calidade de aire, sen a contaminación da cidade. O pai moi arrepentido repoboou a fraga. A nena todos os días cando sae do colexio vai visitar ao seu amigo e tomar aire puro da natureza. Paula Varela Garaboa

O ANO FINAL Chega o verán e vén a hora de marchar. Algúns quedarán uns cantos anos máis. Pero eu xa fixen a miña viaxe, nove longos anos vivinos aquí. Coma unha visitante, recollo a miña equipaxe. Débese brindar, débese festexar. Porque algúns amigos non volverán. Para lembrar debo continuar, para continuar debo marchar. Dígolle ata sempre ao que foi o meu fogar. Mayte Manteiga Candal

O NENO RARO Un grupo de amigos chamados Lola, Xabier, Anxo e Carme decidiron ir pasear a un monte cheo de árbores e moitos bichos. No paseo encontraron unha casa abandonada, pero non lle deron moita importancia e seguiron co seu paseo. Cando xa levaban un cacho andando querían volver xa para a súa casa, pero déronse conta de que se perderan. Os nenos, pensaron que ían facer, ata que decidiron separarse e ir cada un por un lado, ata que todos, menos Carme, encontraron a casa. Carme, intentando atopar a casa, atopou a un neno. Ela díxolle ao neno se sabía onde estaba a casa. El foille indicando o camiño. Cando xa Carme xa chegara díxolle grazas e que outro día volvería. Un ano despois os nenos decidiron volver outra vez a esa casa abandonada para ver ese neno estraño. Cando chegaron ao monte, por moito que o buscaron, o neno non aparecía. Noelia Pernas Blanco


A Fontiña 2021 A CERDEIRA

GRACIÑAS

Había unha vez nun monte unha cerdeira. Esta era moi alta, con grandes pólas que remataban nun rizo. Sempre por primavera cubríase cunha flor fermosa de cor rosa. A cerdeira era moi querida por esa zona. A xente casaba debaixo dela, facíanse aniversarios xunto a ela, comunións, festas... era unha cerdeira moi querida. Pero un día a cerdeira deixou de dar a súa flor tan fermosa. A xente non entendeu iso, xa que chegara a primavera. Entón chamaron a Benito, o xardineiro da zona. Benito, só con mirar a árbore decatouse de que estaba podre e nada a podería salvar. Á mañá seguinte decidiron cortar a árbore que tanta felicidade trouxera á vila. Viñeron homes, mulleres, nenos e nenas para contemplar a árbore por última vez. Entón empezaron a cortar, a cortar e a cortar ata que a árbore caeu. No seu honor fixéronlle unha pequena estatua de bronce e todas as primaveras din que á estatua lle saen unhas fermosas flores de cerdeira. Julia

Estimados todos: Como penso que este vai ser o último ano aquí, quería agradecervos a todos o que fixestes por min. Como sabedes son un neno que padece de escoliose. Con 3 anos puxéronme un corsé. Isto fixo que todos me axudásedes cando eu o precisaba. En primeiro lugar, quero agradecer á miña avoa por facerme entender que a saúde hai que coidala, aos meus mestres: Mª Carmen, Bea, Susana, Xela, Eva, Cristina, Rocío, Antonio, Virtudes, e tamén aos que non me deron clase, por facerme ver que non me pasaba nada cando me cambiaron o corsé e se vía parte del. É moi complicado mirarse ao espello e sentirse coma un robot, pensar o que dirán de min. Álex, por tantas veces que me sacaches o corsé e me apretaches os parafusos, segundo o meu médico é moi importante que non deixe de facer exercicio. Tamén quero agradecerche a ti, Anabel polas veces que me levaches a mochila e me curaches as feridas cando caía. Non me esquezo de vós, compañeiros, que tantas veces me levastes o atril, a mochila ou o que fixese falta. Lembro unha vez cando un de vós me axudaba a colocar o chándal porque o corsé ás veces érame complicado. Cando cheguei á casa díxenllo ao meu avó. El díxome: "Hoxe axudáronte a ti pero outro día eles precisarán de ti". Daquela non entendín o que significaba pero non olvidei esas palabras. Compañeiros, cando me necesitedes, estarei aí. Aos meus pais doulles as grazas e tamén lles pido perdón por non obedecer. Sempre me dixestes que me portase ben, pero ás veces poñíame algo rabecho.

CHAO ESCOLA Isto foi moi difícil, pero divertido. Aínda que todos dicían que era aburrido. Pero con esforzo e dedicación conseguín esta gran emoción. E agora que teño que marchar non podo evitar chorar. Pero seguirei adiante para ser un gran estudante. Álvaro Candal Gómez

Non quero rematar esta carta sen darlle grazas ao meu doutor Ulloa. Prometeume que me ía sacar o corsé e así foi. Á miña compañeira, que sempre imos xuntos á consulta del. Sempre digo que ela é máis valente ca min, porque aguanta os nervios pero eu póñome coma unha moto, aínda que os dous non queremos que veña Manolo coa máquina de estirar. A toda a miña familia, grazas por estar sempre aí, sempre sacando un sorriso. Sobre vós escribín un caderno enteiro do que fixestes e facedes por min. Despídese de vós, Álvaro, un neno que non é valente, pero que o verbo renderse non existe no seu vocabulario. Álvaro R. C


A Fontiña 2021 Atopa 5 diferenzas.

ENCRUCILLADO

1 2

3 4 5

6 7

A B C D E HORIZONTAIS A: Nome da autora homenaxeada. Río italiano. B: Ao revés, nacida en Rusia. Ao revés, o contrario de non.

C: Escultura da Isla de Pascua. Lazo feito nunha corda. D: Ao revés, 1ª nota musical. Ao revés, irmá da miña nai. E: Norte / O continente máis grande. VERTICAIS 1: Carne da pata traseira do porco. 2: Ao revés, cantidade xusta dunha medicina. 3: Satélite da Terra / 1ª vogal. 4: Apelido da autora homenaxeada este ano. 5: 2 en números romanos. 6: Bota pintura nunha parede. 7: Animal mamífero moi forte.


A Fontiña 2021


A Fontiña 2021

Iria Campelo Sueiro

Julia Mesías Pérez

Laura Rivas Candal Mayte Manteiga Candal

Noelia Pernas Blanco Álvaro Candal Gómez Álvaro Ríos Carrillo

Hugo Gómez Taboada Manuel Figueira Liñares

Paula Varela Garaboa

Raúl Candal Diz


A Fontiña 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.