Fontinha18

Page 1

2017 2018

LETRAS GALEGAS 2018: MARíAª VICTORIA MORENO Ademais: NOVAS CREACIÓN CULTURA PASATEMPOS e moito máis!



EDITORIAL Antes que nada os que fan “A Fontiña” e eu, Ardemiro, queremos agradecervos o voso entusiasmo e participación neste xornal e nas actividades e campañas do centro. Este curso tivemos a alegría de ter algún alumno da nova área de influencia e para o ano xa teremos alumnos de Mercurín e Vilamaior. Isto permítenos ver o futuro do colexio con máis optimismo que hai dous anos. Unha vez máis tivemos numerosas actividades, moitas delas centradas na biblioteca e na animación á lectura. Agradezo aos nosos alumnos maiores o seu esforzo e implicación nesas actividades, e tamén a todos os que traballan no cole -non só os mestres- o seu labor. Coma sempre quero despedirme dos alumnos e profesores que non estarán connosco o ano próximo. Uns irán ao IES e outros a varios destinos, pero a todos lles desexo o mellor na súa futura andaina. Recordarvos que case todo o que facemos no cole podédelo ver na nosa páxina web www.edu.xunta.es/centros/ceipmesonvento/ (ou "ceip mesón" en google). Podedes, por exemplo, ver fotos das últimas saídas que por razóns de imprenta non saen aquí. En fin, xa abonda de leria ... é tempo de comezar co noso xornal.

ONDE ESTÁ CADA COUSA EDITORIAL: 1 NADAL: 17 INFANTIL: de 2 a 6 ENTROIDO: 18 Mª MORENO: 7 4º: 19 a 21 BIBLIOTECA: 8 DÍA DA ÁRBORE: 22 1º curso: 9 LETRAS GALEGAS: 23 2º curso: 10 e 11 5º: 24 e 25 3º curso: 12, 13 e 19 CASA GRANDE: 26 SAÍDAS: 14 VISITÁRONNOS: 27 O GROVE: 15 6º: de 28 a 30 MAGOSTO: 16 PASATEMPOS: 31 DESPEDIDA: 32


A Fontiña 2018

AUTORRETRATOS O xenial pintor VINCENT VAN GOGH fixo o seu autorretrato. Os nenos/as da clase de 3 anos tamén somos uns "pequenos artistas" e os nosos autorretratos ímosvos presentar:

2


A FontiĂąa 2018

3


A Fontiña 2018

4

Na aula de 4 e 5 anos estamos co Proxecto sobre Exipto, estamos coñecendo moitas cousas dos seus costumes, tradicións , modo de vida … E entre todos elaboramos uns murais que nos quedaron moi bonitos e onde reflectimos todo o que aprendemos.

E para rematar o Proxecto fixemos uns caderniños para levar para a casa e unha maqueta con plastilina que nos trasladou ao Antigo Exipto.


A Fontiña 2018

5

Na clase de 4 e 5 anos estamos traballando un conto que nos encanta chamado "A que sabe a Lúa". Como no conto a cada persoaxe a lúa lle sabía a unha cousa, a nós sábemos a tortiñas con chocolate, co cal alá nos fomos á cociña e coa axuda de José Luis e Manuela puxémonos mans a obra.

E non o debemos facer tan mal porque as tortiñas saíronnos deliciosas. Xa estamos pensando en repetir outro taller de cociña.


A Fontiña 2018

6

Na nosa clase xa chegou a primavera e aparte de decorar a aula con motivos florais convertémonos en xardineiros. Collemos as nosas pas e as nosas sementes e puxémonos ao choio.

Agora só falta que cos nosos coidados, agua e o sol medren e convértanse en


A Fontiña 2018

7

Este ano o día das LETRAS GALEGAS estivo dedicado á profesora Mª Victoria Moreno. Velaquí a presentación que lemos o día do festival. María Victoria Moreno … non era galega! Non era andaluza, nin asturiana, nin manchega. E vós preguntaredes: Onde naceu entón? Pois en Estremadura, moi fermosa rexión. Veu cando era nova á terra de Galicia e o noso idioma pareceulle unha ledicia. En varios institutos foi profesora e non faltaba nin unha hora. Aos nenos gústalle bonitos contos oír, así que bonitos contos se puxo a escribir. O primeiro chamouse “Mar adiante” e foi un éxito impresionante! Escribiu outros dez máis dos que gozaron moito os demais.

Foron todos sobranceiros pero “Leonardo e os fontaneiros” gustáballe a ela un montón. Trataba dun neno chamado Antón e de Leonardo, o seu can que era un pouco lacazán. Agora ven a tristeza: Limpemos as bágoas cos panos porque morreu hai trece anos. En fin, que Victoria Moreno ben se merece este día porque no noso idioma bonitos contos escribía. Viva o galego e vivan os nosos escritores que ledos honramos hoxe de mil amores!


A Fontiña 2018

8

Auuuuu! Un saúdo do voso amigo ARDEMIRO. Quero coma sempre empezar dando as grazas ao meu equipo, sempre forrando, colocando e ordenando os libros unha e outra vez con toda a paciencia do mundo. Compramos unha morea de libros novos que están á vosa disposición. Xa sabedes onde atopalos. Desde a biblioteca nacen a maioría de actividades que facemos no colexio e ás veces son tantas que non damos abasto. Vou contalas aquí e seguro que me deixo algunha no tinteiro. A finais de outubro tivemos a inauguración que este ano foi a actuación do noso amigo, o cantante Luis Vallecillo. Por suposto as MOCHILAS VIAXEIRAS, unha das actividades coas que máis anos levamos, segue a ser pedra fundamental do noso traballo de animación á lectura. Participamos tamén no proxecto "Viaxe ao Reino das Emocións" para que algúns dos nosos rapaces aprenderan a coñecer e xestionar mellor as súas emocións. Veunos visitar o cantante Pablo Díaz, implicado nese proxecto. Tamén nos visitaron a escritora María Canosa e o contacontos Iago López. En colaboración co EDLG fixemos unha exposición de fotos antigas da zona. A semana do DÍA do LIBRO (23 de abril) houbo a xa tradicional lectura de contos dos alumnos maiores aos máis pequeniños, unha das citas que esperan con máis impaciencia. Recordade que os libros son tesouros de diversión e coñecemento. Como di o noso lema: "UN LIBRO, UNHA ILUSIÓN". Non dubidedes en achegaros á nosa biblioteca. Espérovos!


A Fontiña 2018

Nós fixemos unha ÁRBORE MINIMALÍSTICA. Adiviñade que parte fixo cada un.

9


A FontiĂąa 2018

10

Os de segundo curso fixemos rimas cos nosos nomes e autorretratos. Costounos bastante traballo pero valeu a pena. Mirade que guapos quedamos!


A FontiĂąa 2018

11


A Fontiña 2018

12

PEPIÑO O PAXARIÑO Érase unha vez un paxariño que se chamaba Pepiño, que fixo o seu niño na punta dun espiño. Aquel paxariño que era pequeniño caeu do niño, e Manoliño que ía polo camiño colleu a Pepiño. Pepiño agradecido espertaba a Manoliño dende a fiestra que daba ao camiño cantando sempre con moito cariño. Paula Varela Garaboa

LUCAS E O XIGANTE Un día un xigante apareceu nun parque. Todos os nenos que estaban alí asustáronse menos un que se chamaba Lucas. Lucas, ao ver ao xigante, preguntoulle como se chamaba. O xigante non lle respondeu. Lucas volveullo a repetir, pero esta vez o xigante dixo que se chamaba Elías. Pero entón dixo: - Marcha. Sei que che dou medo. Lucas estrañado díxolle: - Non. Eu só quero ser teu amigo. O xigante, sen palabras, díxolle que os seus pais non o deixaban ter amigos e por iso o obrigaban a asustar á xente. Lucas preguntoulle se quería xogar con el ás agachadas. O xigante aceptou e púxose a contar. Pero cando acabou viu a Lucas que caera nun burato moi profundo. Elías rescatouno e desde entón Elías e Lucas foron os mellores amigos do mundo. Álvaro Candal Gómez.

O CAN QUE NON TIÑA AMIGOS Esta é a historia dun can que non tiña amigos, nin dono, nin nome, nin fogar. O can vivía nunha aldea que se chamaba Codeseda. Non sabe como chegou alí, nin quen o trouxo e tampouco quen eran os seus pais. O único que tiña claro é que se sentía moi soíño. Un día fixouse nas vacas de Moncho. Eran elegantes, de bo porte e ata de boa familia, eran de raza rubia galega. Pero aí non o quixeron. xa había tres cans na casa. Outro día viu as cabras de Vicente, pero subíanse ás pedras, tirábanse polos valos ... Non lle gustou ese grupo, son cabras e non teñen boa fama. Estaba só e desesperado. Cando xa se dera por vencido, atopouno unha nena. Nunca a vira pero Lucía, que así se chamaba, era moi raro que andase pola aldea, xa que no cole poñíanlle moitos deberes e raramente saía a dar unha volta pola aldea. Lucía tiña moitas ganas de ter un can pero os seus pais nunca llo traían. Dende o primeiro momento que viu ao can sen nome soubo que ía ser o seu amigo. Rapidamente xa lle puxo o nome de Max. Pronto pasou a formar parte da familia de Lucía. Xa era un membro máis. Max atopou o seu sitio na aldea e Lucía o seu amigo. Julia Mesías Pérez

A NENA E A PURPURINA MÁXICA Había unha vez unha nena chamada Laura, que lle gustaba moito a purpurina. Tiña miles e miles de botes de purpurina na súa habitación. Un deles era máxico e Laura non o sabía. Un día decatouse cando botou un pouquiño nun papel para facer un traballo e a purpurina voou e voou ata o teito e formaba imaxes e palabras. Laura quedou abraiada. Ese era o seu segredo sen que ninguén soubese nada. Noelia


A Fontiña 2018

13

O MEU GRAN CONTO Érase unha vez unha nena que estaba sen familia. A nena pensou: podo ir ata o bosque a ver se encontro algo. Pois a nena colleu unha vara por se se lle achegaba alguén e botouse a andar. Foi ata o bosque máis sospeitoso do lugar. Pero non era sospeitoso, en realidade era máxico! Alí había de todo: árbores que falaban, flores que cantaban, pétalos caendo do ceo, un arco da vella moi colorido, animais conversando, paxariños carpinteiros petando ao ritmo da música, e moitas cousas máis. A nena pasou de estar triste pola súa familia a estar contentísima naquel bosque. Laura Rivas

O MELLOR HEROE ANIMAL GUAPA OU LISTA? Alberto é un rapaz fillo dun xogador de fútbol. Por ser o seu pai un famoso, decidiron levalo a un colexio chamado ROCKVAS. A ese colexio só van fillos de famosos. Alberto era un. Na clase que el ía, todos os días se fixaba en dúas nenas: Unha chamábase Serena. Era moi, moi guapa. Tamén lle gustaba como vestía. O único que non lle gustaba dela era que non sacaba boas notas. A outra nena chamábase Cristina. Non era moi guapa pero sempre sacaba boas notas. Pasou o tempo e Alberto seguíase relacionando coas dúas nenas. Cristina marchou a Lugo e Serena a outro país. Entón Alberto quedou solteiro para sempre. Mayte Manteiga Candal

Había unha vez un neno que se chamaba Anxo. Tiña unha vida normal coma os outros nenos, agás nunha cousa moi rara, que non lle gustaba o fútbol. Prefería o baloncesto e xogar cos animais. Un día mentres xogaba ao baloncesto, apareceu unha avespa xigante en busca de pelexa. Parecía invencible pero tiña un defecto: na súa cabeza había un pequeno diamante moi fráxil. Anxo, asustado, correu para os vestiarios e pensou se ese diamante sería máxico e lle serviría aos outros animais tamén. Decidido, foi xunto a avespa, contoulle un chiste e mentres ría, Anxo colleulle medio diamante co golpe dunha vara. Partiuno en tres anacos e dirixiuse á granxa. Alí lanzoulle un anaco á vaca, outro ao porco e outro á ovella. Foron xunto a avespa. Alí a vaca disparou leite explosivo dos tetos. A avespa respondeu con pinchos velenosos. A ovella fixo un escudo defensivo de la. A avespa caeu cansa e o porco aproveitou para atrapala nas súas areas movedizas. Anxo colleu o anaco de diamante da avespa. Anxo decidiu gardar todos os anacos de diamante e usalos en caso de necesidade. Manuel Figueira Liñares


A Fontiña 2018

14

Como xa é tradición o 1 de decembro os rapaces de 4º, 5º e 6º foron a carballeira da Madalena en Castrofeito (O Pino) a participar nas carreiras de Campo a Través. Logo, o 20 de xaneiro, algúns foron competir no Campionato Galego, nun día algo desapacible.

Os nosos alumnos maiores tamén tiveron unha saída ao Camiño Inglés, na que o pasaron moi ben e fundiron algunha caloría.

Pola súa banda os de 1º e 2º foron á Praza de Abastos de Ordes onde aprenderon unha morea de cousas sobre as tendas que alí hai e fixeron moitas actividades divertidas.


A Fontiña 2018

15 A principal novidade do curso pasado é que os alumnos de Educación Primaria quedaron sen a súa excursión de fin de curso por mor dunha folga do transporte que foi coincidir exactamente con ela. Non obstante tomouse a decisión de non suspendela definitivamente, senón só pospoñela para setembro. Así que o mércores 27 de setembro, un día de bastante calor, pillamos os nosos autobuses e fomos ao Grove. Pouco estivemos na vila pois nada máis chegar subimos a un catamarán (exclusivo para nós) onde gozamos das preciosas vistas da ría, aínda que o sol castigaba duro. Uníronse á festa un par de arroaces que se achegaron ao barco e algunhas listas gaivotas que viñan comer á man se lles dabamos comida. Servíronnos unhas deliciosas racións de mexillóns que estaban de medo. Comemos no campo na illa da Toxa e pola tarde visitamos o acuario. Chegamos moi, moi cansos e bastante tarde ao colexio ... pero valeu a pena!


A Fontiña 2018

16

Este ano cambiamos un pouco a nosa forma de celebrar a festa. Habitualmente Virtudes e Anabel asaban as castañas no patio mentres o resto do colexio facía diversos xogos con castañas no pavillón e no patio de Educación Infantil. Pero este curso tivemos unha novidade pois a ANPA do colexio ofreceunos a actuación do MAGO BENXAMÍN e, por suposto, non desaproveitamos esa gran oportunidade. Todos o pasamos de medo (menos as castañeiras que non o puideron ver e de paso tragaron bastante fume). Despois da máxica diversión, pasamos á diversión para o estómago. Collemos as castañas e comémolas no noso patio acompañados de pais e profesores. Pero, como todos os anos, o Magosto non só foi este venres 10 de novembro. Toda a semana anterior preparamos este momento: lemos sobre o tema, facemos fichas, adornamos os corredores e as clases e como punto final fabricamos os nosos cucuruchos para poder comer as castañas con tranquilidade.


A Fontiña 2018

17

Este curso repetimos a experiencia do anterior ano e achegámonos á pista de xeo de Ordes. Aproveitando que estaba na alameda, de paso visitamos o bonito belén da Igrexa de Santa María e o salón de plenos da Casa do Concello.

O venres antes das vacións, fixemos o noso festival que foi moi lucido. Houbo panxoliñas, baile e teatro. Tamén se repartiron os premios do concurso de postais de Nadal que foron moitas e preciosas. E o gran final: grazas á ANPA contamos coa presenza das Súas Maxestades de Oriente que lle respartiron un agasallo a todos os nenos do cole.


A Fontiña 2018

18

Este ano o tema do noso Entroido foi a Idade Media, así que todos nos puxemos a traballar para converter o noso cole nunha especie de castelo. Adornamos as clases, os corredores e o comedor con escudos, estandartes e demais parafernalia medieval. Cada ciclo era unha das clases sociais da época: Educación Infantil eran os labradores, primeiro e segundo eran o clero, terceiro e cuarto os oficios e por fin quinto e sexto ían de guerreiros e damas. Tristemente foi unha semana chea de frío e chuvia e o venres 9 de febreiro a previsión meteorolóxica desaconsellou saír e facer o tradicional desfile polo campo da feira. Así que tivemos que conformarnos e facer un mini-desfile polo noso pavillón, pero como veu moitísima xente a vernos pasámolo igual de ben. E como remate de festa tomamos chocolate, orellas e pericos! Que Entroido tan xenial!


A Fontiña 2018

19 .

O AMIGO DE SEMPRE Era unha vez un neno que veu a un colexio novo por culpa do traballo dos seus pais. Estaba moi triste porque non tiña amigos (os seus quedaron no outro colexio). Andaba sempre polo patio sen xogar ao fútbol porque non lle gustaba. Había outro neno que tamén andaba por alí. Non é que non lle gustara o fútbol, é que non podía xogar por problemas de saúde. Fixéronse tan amigos que o novo díxolle que fora o mellor que lle puidera pasar. Álvaro R C

A MEU IRMÁN Meu irmanciño Martín tan pequeniño coma un paxariño, tan xoguetón coma un galopín e tan riquiño coma un queixiño. Dous aniños tes, sete menos ca min, dende o día que naciches ninguén te quere máis ca min. Os teus olliños tan escuros, a túa pel tan moreniña, desexo acariñarte toda a noite e todo o día. Meu irmanciño Martín, tan pequeniño coma un paxariño, dedícoche esta poesía por ser o meu tesouriño. A túa irmá: Paula Romay Castillo

A RAPAZA DA MODA Había unha vez unha rapaza que lle gustaba a moda. Soñaba todas as noites con ser unha deseñadora. Empezou a deseñar roupa e a ir a probas. Cada vez tiña máis deseños. Presentounos e escollérona para un concurso. Cando chegou o día do concurso, presentou outros novos deseños e gañou. Grazas á loita e ao esforzo fíxose unha gran deseñadora de moda. Iria


A Fontiña 2018 ANDREA E O DRAGÓN NO BOSQUE ENCANTADO Un día nun fermoso bosque había uns camiñantes, unha deles chamábase Andrea. Ía paseando e de súpeto sentiu uns ruídos estraños. Colleron moito medo porque nunca sentiran tal cousa. De pronto un dragón saíu do medio da maleza que alí había. Cando o viron empezaron a berrar, pero o pobre dragón estaba tamén moi asustado. Andrea achegouse a el e viu que tiña unha gran ferida na pata dunha escopeta. Tiña un perdigón. Despois foron todos os camiñantes xunto a el. Entre todos colleron ao animal e metérono nunha cova que alí había para refuxiarse da auga. Mentres un deles quedaba con el alí, os outros foron buscar cousas ao pobo para poder axudalo. Tardaron moito porque o pobo estaba bastante lonxe e o animal cada vez estaba peor. Ao pasar unhas cantas horas o animal estaba inconsciente. Déronlle unha medicación e foise recuperando. Sacáronlle o perdigón e coséronlle o burato. O animal púxose de pé e marchou correndo. Andrea seguiuno e chegou ao seu refuxio nun bonito campo cunha gran fervenza de auga onde alí ninguén chegara. De pronto alí viron uns pequeniños dragóns moi bonitos. Eran os seus filliños, catro preciosos animais indefensos que alí berraban pola súa nai. Andrea decidiu escollerlle nome a aquel fermoso lugar e escolleu un precioso nome: "O bosque encantado". E como preto daquel campo había unha fermosa casa, Andrea quedou a vivir alí e cada mañá, tarde e noite os ía visitar e darlles de comer. Os camiñantes quedaron moi contentos porque Andrea os estaba coidando a todos e entón déronlle as grazas a Andrea. Pero un día de sol foi alí un gran cazador e díxolle Andrea:

20 - Por favor, non fagas nada. - Xa. É que o outro día dispareille sen querer a un dragón. - Si. Estou a coidalo eu. - Moitísimas grazas. Eu só veño atopar coellos. Entón o cazador quedou a vivir con Andrea e foron amigos coidando os dragóns. E Andrea foi moi feliz cos dragóns e co cazador que cada día lle traía un coello para comer. Sabela Figueira Martínez

A MIÑA CASA Miña casa está na horta porque tranquilidade lle aporta. Planta ricos pementos que despois pican por momentos. Non se lle dan os tomates, para os nenos planta leitugas. Tamén ten porros que llos comen os coellos. Non cultiva flores porque non llas comen os señores. Así pasa ela o rato mentres eu xogo co seu gato. Noa Insua Botana Gustouvos o poemaaa?


A Fontiña 2018 PEPE, O BONECO DE NEVE Había unha vez un boneco de neve que se chamaba Pepe, que vivía feliz porque todos os nenos xogaban con el. O día de Nadal asomouse á fiestra dunha casa e viu o felices que estaban todas as persoas e el desexou poder estar con elas, xa que todos os nenos que sempre o acompañaban estaban nas súas casas. O boneco de neve sentíase só. Mirou pola fiestra dunha das casas e viu a calor dunha lareira, moita comida na mesa e un lugar feliz onde non facía frío porque non nevaba. De súpeto apareceu unha estrela e díxolle a Pepe que lle concedía un desexo. Pediulle que quería entrar na casa e pasar o Nadal con nenos pero a estrela díxolle que se o deixaba entrar derreteríase. Entón a estrela díxolle a Pepe que necesitaba outro boneco con quen pasar o Nadal. A estrela foi facendo outro boneco e así foi como Pepe nunca máis volveu pasar só o Nadal. Pedro Gómez Gestal UNHA CEGOÑA BEN CONSEGUIDA A familia Cerqueín era unha familia moi rica. Tiñan todo tipo de luxos: coches de gama alta, mansións, barcos, apartamentos en Canarias ... O fillo menor, Rafael, non era igual que o resto dos seus familiares. El era un amante dos animais, en cambio o resto odiábanos. Cando foi o seu aniversario, preguntáronlle que quería de regalo. Díxolles que quería unha cegoña. Os seus pais e os irmáns enfadáronse moito con el. Dicíanlle que iso era unha porquería. Rafael investigou un pouco. Descubriu que as cegoñas emigran dun lado ao outro. Entón Rafa fixo un plan, calculando por onde ían pasar. Resultaba que ían pasar por diante dunha das súas mansións. Convenceu aos seus pais para que foran alí. As cegoñas estaban a piques de pasar, o neno listo. Unha pousouse nunha póla e Rafael colleuna.

21 Estivo uns meses agachándoa dos seus pais e irmáns. Ata que a adestrou e púxolle nome: a cegoña Currubeda. O rapaz ensinoulle aos seus parentes a importancia dos animais no planeta e deixaron de odiar aos animais e, de feito, gustábanlle. Currubeda era unha máis da familia. Natalia Queijo

O ESTOXO ENCANTADO Era unha vez un neno chamado Braulio. Foi á escola e puxéronse a estudar. De alí a un pouco o amigo de Braulio decide facer con el os exercicios. É un neno de boa fe. Despois cando tocou a serea, saíron ao recreo. Braulio púxose a xogar ás bólas. Os nenos déronse conta de que Braulio estaba xogando só. Entón foron xunta el e dixéronlle: - Podemos xogar contigo, Braulio? - Claro que si, sempre que queirades. Entón Braulio púxose contento e o resto dos nenos puxéronse a xogar con eles. O seguinte día unha amiga preguntoulle: - Que lle pediches a Papa Noel? - Un estoxo encantado. Cando chegou o Nadal viu que lle trouxeran o estoxo. Entón foi con el á escola e cando a profe mirou para Braulio o estoxo volveuse verde e empezaron a saír bruxas e fantasmas. Daban moito medo. Pero Braulio quedou quieto coma unha estaca, o corpo volvíaselle gris e a profe acudiu á enfermeira. Dixo que saíran da clase. Pero Braulio non se pode mover! Pero os nenos da clase foron por el para sacalo da clase. Saíron correndo e activaron a alarma e entón viñeron os bombeiros e solucionaron o problema. Os fantasmas metéronse dentro dunha caixa forte e o estoxo volveuse normal. Cristian Lesta Horváth


A Fontiña 2018

22

A pesar de que este ano o tempo foi ben penoso e estivo chovendo meses e meses, deunos un respiro para celebrar como se debe o DÍA da ÁRBORE. Os obreiros do concello tiñan feito o burato e alí nos fomos achegando practicamente todo o colexio. Os rapaces de 4º curso foron quen leron uns traballos que prepararan previamente sobre o coidado da natureza. O propio alcalde de Ordes, José Luis Martínez "Martís", botou a 1ª pada de terra e logo todos os nenos e nenas colaboraron botándolle terra ou auga. A festa rematou como nos tempos antigos cun pequeno agasallo dunha peciña de pan e un anaco de chocolate que nos deixou felices. Agora teremos que vixiar e coidar esa cerdeira, a ver se cos anos temos ricas cereixas.


A Fontiña 2018

23

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas cunha xornada de portas abertas o 18 de maio que tivo unha gran participación. Pola mañá celebramos a "2ª CARREIRA polas LETRAS" e, ao contrario que o ano pasado que o mal tempo nos impedira saír, esta vez si fomos ao campo de fútbol do Mesón do Vento. Primeiro comezamos coas carreiras nas que participamos practicamente todos e despois dunha pequena merenda a base de froita tivemos as actuacións dos nosos alumnos e da aula de Habilidades Socias. A mañá rematou coas solemnes notas do himno galego. Pola tarde tivemos o gusto de recibir ao grupo @s Rebuldeir@s (onde toca Jose, o noso antigo profe de AL). Son interesantes por partida dobre: polo ben que tocan e polas moitas cousas do pasado que aprendemos con el@s.


A FontiĂąa 2018

24

CALIGRAMAS Unha das cousa que practicamos na clase foi facer caligramas que, como podedes ver aquĂ­, son debuxos formados por palabras ou frases. A que nos quedaron chulos?


A Fontiña 2018 A PRIMAVERA Bailan os paxariños, o sol acompáñanos. Lonxe queda o frío inverno. Bailan os paxariños, o arco da vella agarímaos. Refréscanse nos ríos e tamén nas fontes. Teñen nos seu niños aos seus amores. Naiara

VEN A GALICIA Para ver paisaxes vente a Galicia, bonita e boa. Agradable e leda. Vente a Galicia xunto aos galegos. Se queres ver paisaxe como Deus nola deu. Aínda que é bonita igual non che gusta pois ti non a queres coma nós, os galegos. Querémola moito porque é a nosa terra e non gusta que se rían dela. Canto eu non daría por ver a Galicia rodeado de xente que loite por ela. Darío Candal Méndez

25 LUCAS E O CAN Érase unha vez que estaba na cuneta dunha estrada en Dachibale. Dachibale era unha estrada moi usada. Un día un señor que se chamaba Lucas Pidjua Lorte viña de facer a compra e viu o can. Lucas deulle xamón e o can levolulle a comida aos cachorros. Lucas decidiu adoptar os cans e agora son moi felices. Os cans viven nunha masía en Cataluña, moi ben cuidados por certo. Ao can puxéronlle un nome e ese nome era Poll. Ata que un día enfermou tanto, tanto ... que pensaron que ía morrer. Pero o can foi tan forte que aguantou as operacións e agora está máis forte que nunca. Jorge

O PAXARIÑO Atopamos un paxariño que é moi bonitiño. Púxose a piar porque nos quería chamar. E nos fixémoslle un niño no que está moi quentiño e el para recompensarnos Botouse a cantar. Ese paxariño é o noso amiguiño e despois de coidalo querémolo a rabiar. Lara


A Fontiña 2018 UNHA MAÑÁ NA CASA GRANDE

O mércores 18 de abril os cursos 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP Mesón do Ventos fomos de excursión á Casa Grande de Xanceda. Saímos do cole ás 10 da mañá. Fomos en autobús e chegamos moi pronto. Nada máis chegar e baixar do autobús recibiunos Malibú, unha cadeliña que fora abandonada e que adoptaron os da granxa. Todos os cursos nos sentamos ao redor dunhas mesas e alí unha monitora explicounos as normas da granxa. Despois dividíronnos en dous grupos: 3º e 4º xuntos cunha monitora e 5º e 6º xuntos con outra chamada Adriana. Cando xa estabamos todos organizados os de 3º e 4º marcharon e nós fomos a onde estaban os cuxos. Tivemos que darlle un biberón de leite por parellas. A miña parella foi Sara. Saímos de aí e fomos ver os cans que vixían de noite a granxa para que non veñan lobos. Adriana contounos que ao principio eran só tres mastíns pero que acabaron adoptando outros tres. É dicir que teñen 6 mastíns e un pastor alemán. Adriana tamén nos explicou que cando un lobo anda cerca os burros orneaban. Ao sentir os orneos actívanse unhas alarmas. Cando o gando oe as alarmas xúntase todo en manada no centro do campo. Uns cans póñense arredor do gando e outros van en busca do lobo. Tamén nos dixo que o lobo e o mastín nunca se pelexan porque o lobo lle ten medo. Unha vez que Adriana nos explicou todo sobre os cans, fomos ao lugar onde están a maioría das vacas, pero non estaban aí porque saíran a pastar. Tamén vimos a "sala de espera" onde

26 están as vacas enfermas. Alí esperan a que o veterinario, que é socio da granxa, as revise. Xusto en fronte está a sala de muxidura. Alí ensináronnos como se colocan as vacas, como saben cando están en celo ... Tamén nos ensinaron a muxir vacas (pero muximos unha de cartón). Saímos de alí e fomos xogar a un parque que hai na granxa. Ese parque ten unha cama elástica, unha morea de rodas e palla e ata un circuíto de tractores a pedais. Tamén había un tractor de verdade para sacar fotos. Logo chegou o outro equipo. Xuntámonos para comer un iogur e volveron marchar. Fomos ver como se empaquetaban os iogures e ver dous vídeos sobre a granxa. Saímos de alí e fomos ver a leira do touro, pero non estaba. Tamén fomos ver casa de paxaros, ourizos, xoaniñas, bolboretas ... Démoslle de comer ás galiñas e vimos uns porcos. Despois fomos ao ecozoo e démoslle de comer cunhas cunquiñas aos ponis, ás ovellas e ás cabras. Máis tarde fomos ver como se curaban os queixos e, ao saír de alí, fomos á ecotenda. Alí puidemos comprar moitas cousas, pero eu só comprei unha auga. Despois estivemos un anaco de charla e volvemos para o cole. Chegamos ás dúas da tarde e despois comemos. O que máis me gustou desta excursión foi coñecer os métodos e todo o que fan os animais cando o lobo anda cerca. Algún día destes volverei cos meus pais. Seguro! Claudia Pepín

Uxía, Alba, Lara e Naiara na montaña de rodas


A Fontiña 2018

27

Como todos os anos recibimos visitas moi interesante no colexio, sen esquecer aos alumnos do CEIP Varela Buxán cos que mantivemos correspondencia. En outubro veu unha moza que nos explicou as calidades que ten o mel. Ensinounos como son os traxes que usan as persoas que traballan coas abellas -apicultores- e regalounos globos e tarriños de mel. En decembro veu o cantante Pablo Díaz dentro da actividade "Viaxe ao mundo das emocións". Podedes ver o vídeo que lles cantou aos nosos alumnos máis pequeniños en Youtube (por suposto hai unha ligazón na páxina web do cole). A finais de xaneiro, o DÍA da PAZ, tivemos a sempre grata presenza de "Musicreques", dúas mozas de Ferrol que representaron para nós a obra "Iván e o lobo gris". Xa máis ao final de curso, concretamente no mes de maio, viñeron o contacontos Iago López e a escritora María Canosa Blanco. Iago ten vido tantas veces ao cole que xa é como un máis da familia. Este ano os máis pequeniños gozaron coas aventuras da "Axente Riciños" narradas coa súa voz profunda. María Canosa deulles unha interesante charla aos nosos alumnos maiores e logo prestouse moi amablemente a firmarlles todos os libros que con gran entusiasmo lle puxeron diante.


A Fontiña 2018

28

MERLO VOADOR Feixiño de raios que saen do sol, que alumea o cantar dun merlo voador. Cun peteiro de ouro cantando canción, cancións moi fermosas do corazón. Pois mirando agora aquel merliño, escoitarás a canción do seu corazonciño Uxía García

OS REIS MAGOS Que veña Melchor! Que veña Gaspar! Que veña o mellor! O Rei Baltasar! Que poñan regaliños nos meus zapatiños, que pasen caladiños polos portaliños. Adrián Candal Garaboa

POESÍA DE PRIMAVERA Xa chegou a primavera, a estación máis bela. Sae o sol con forza e calor. As bolboretas voan con moito amor. Canto nos altera a primavera! Medrou unha planta, medrou un amor, medraron tres plantas no teu corazón. Ángela Liste

O SOL Sol do amencer, sol quentiño. Cando saes ti, espertas o camiño. Sol quentiño, cando saes ti das árbores saen paxariños. Mateo

AS GAIVOTAS VAN VOANDO As gaivotas van voando por enriba do mar. As gaivotas van voando sempre sen pensar. As gaivotas seguen cara ao sol pero non son lentas coma un caracol. As gaivotas páranse para comer migas e ás veces veñen as súas amigas. Daniel Castro Peña

MAX Esta é a historia dun cachorriño que un día apareceu na miña casa. De repente alí estaba arredor da miña casa. Era marrón e pequeno e se eu me achegaba, el afastábase. Púxenlle un nome: Max. Leveille algo de comer e de beber varios días e unhas boliñas para que xogase con elas. Grazas a isto Max ía achegándose a min un pouquiño, pero na miña casa xa temos tres cans. Un día o meu amigo Andrés veu xogar á miña casa. Encantoulle o canciño e, como ninguén preguntara por el, acabou por levalo para a súa casa. Eu púxenme moi contenta porque o meu amigo e a súa familia cóidano moi ben e ademais podo ir velo cando quero. Agora gozo de Andrés e de Max ao mesmo tempo. Cristina Iglesias


A Fontiña 2018 A MIÑA VIDA Viva a miña vida aínda que ás veces non me da o que lle pida, outras veces, unha bronca merecida dunha voz estarrecida. Viva o meu pai que me quere tanto coma a miña nai e aínda que a veces me descadre porque di que son un "desmadre". Viva o meu colexio. Ir a el é un privilexio. Álvaro Louro Vales

O ENFERMO Había unha vez un home que se sentía moi só porque estaba nun hospital enfermo. Esta historia ocorreu así: O home estaba só na casa e non sabía que facer, saíu afora, caeu ao chan. O seu veciño viuno e chamou ao hospital para que o viñeran recoller. Ao día seguinte encontrábase moito mellor pero os médicos dixéronlle que quedara no hospital por se volvía a poñerse mal. Púxose mal e tivéronlle que dar tratamento para a ver se melloraba. Púxose mellor pero quedou uns días máis por se acaso. Ao final púxose ben e foise para a casa. Os médicos aconselláronlle ao paciente que contratara a alguén para non estar tan só na súa casa. Pablo Loureiro Candal

O RATIÑO Ao ratiño Martiño gústalle moito o queixo. É un ratiño pequeniño O ratiño Martiño é un bulebule. Sempre come todo o queixiño. Sara González

29 A RAÍÑA DAS ONDAS Érase unha vez unha surfeira chamada Merlia. A Merlia encantáballe surfear e competía. Na final dun concurso Merlia estaba cabalgando nunha onda cando de repente volvéuselle o cabelo rosa e todo o mundo quedou namorado con esa transformación. Despois da competición Merlia foi coas súas amigas Sofía e Andrea a unha rocha que había ao lado do mar. Despois dun tempo as amigas marcharon e Merlia quedou soa. Entón apareceu un golfiño chamado Perla que falaba. Cando falou con ela, Merlia non o entendía porque o golfiño asustábase un pouco. Merlia díxolle que ela era unha serea e por iso se lle volvera o cabelo rosa. O golfiño díxolle tamén que tiña que ir con el porque a súa nai estaba apresada no fondo do mar. Merlia foi con Perla e descubriu que podía respirar debaixo da auga. Merlia foi ata a cidade e descubriu que había unha serea malvada que controlaba a todas as sereas e tiña que detela. Descubriu que tiña que conseguir tres cousas para derrotala: un pez-soño, un peite máxico e o colar que levaba a malvada serea. Cando Merlia acabou de conseguir as tres cousas derrotou á serea malvada e rescatou á súa nai. Merlia volveu á súa casa e ninguén soubo nada nunca máis. Carolina Pozo Rodríguez

ESE CORAZÓN Ese corazón é grande, grande coma o amor, o amor que che teño, que me sae do interior Ese corazón de cores, adornado co teu amor, adornado con flores e sen ningunha dor. Ese corazón é bonito, bonito coma a túa cara, coma o teu retrato favorito,

bonito coma o teu amor. Claudia Pepín Candal


A Fontiña 2018

30

A CASIÑA FOLCLÓRICA

Había una vez una casiña de pedra nas aforas de Vigo. Nela habitaban 12 gatos e unha familia composta por pai, nai e dous fillos. Obviamente os dous fillos eran irmáns e, ás veces, chegaban ser un pouco trastes. Eran moi curiosos! Nada máis levantarse o primeiro día de vacacións de Nadal foron ao faiado ver se atopaban algo que falara da casa. Pensaban que ao ser una casa vella ía ter historia. Encontraron unha gaita galega. O irmán maior púxose a tocala e misteriosamente as ventás empezaron a abrir e pechar co ritmo da gaita, as portas do salón e da cociña tocaban as vieiras e a porta principal cantaba unha muiñeira moi peculiar. A doce música fixo espertar aos pais e bailar. Os gatos aturuxaban e os mobles percutían ao ritmo do compás. Aquela casa era máxica. Nela había un espírito do señor que vivira alí antigamente. Gustáballe a xolda e era moi boa persoa. Cando acabou a muiñeira foron, coma un centolo que quere escapar da pota, a almorzar. Cando acabaron oíron unha voz que dicía: - Fixéstesme revivir de morto e a cambio douvos unha pista para atopar o meu tesouro: está na horta a un metro de profundidade ao lado dos repolos. Colleron unha pa no cortello e foron cavar á horta. Cavaron e cavaron ata que romperon as pas.

Daquela encontraron unha caixa de ferro. Non se vía moi ben xa que estaba anoitecendo. Colleron a caixa e intentaron abrila. Non abría! O irmán pequeno estaba canso de intentar abrir a caixa. Puxo cara de circunstancias e dixo o seguinte: - Santa caixa do ceo, ti tes historia e non nos dis de quen ves sendo. De súpeto a caixa abriuse. Non había nada! - Como pode ser que non haxa nada na caixa? Pesa como se levase dous sacos de cemento! Dixo o irmán grande. Fixáronse ben e encontraron unha bici, un trabuco e 5 dobróns de ouro de menos dun milímetro cada obxecto. Ocorréuselles sacar a bicicleta e, ao saír da caixa, fíxose grande. Ensináronlle a caixa aos pais. - Vós "tades" tolos! Como se pode sacar unha bicicleta dunha caixa do tamaño dun microondas? - Dixo o pai mentres a nai facía a cea.- Entón tamén podo meter o coche na caixa. - Pois se cadra si! - Dixeron os irmáns con cara de preocupación. - Probamos?! - Probamos!!! Nunca oín mentira tan grande. Dixo o pai. Foron ao garaxe e arrimaron a caixa ao coche e ... desapareceu! O pai enfadouse e bufou: - "Tarei" tolo ou é que esta caixa ven doutro mundo? E agora como fago para recuperar o carallo do coche? Aínda está na caixa. Parece de xoguete ... e hai máis cousas! Son ben malas de ver!!! Daquela sacou todo e conseguiron o coche, cinco dobróns de ouro, unha ánfora romana e ata un trabuco. Foron avisar á nai. Alteráronse todos. Dicían que eran ricos. Escoitaron unha voz que dicía: - Tédelo ben merecido. A ver cando facemos outra cantiga desas. Colorín, colorado, acabou o conto cun final moi estraño. Martín Barro Martínez


A Fontiña 2018

31

Atopa 10 diferencias. Logo podes colorear os debuxos se queres.

ENCRUCILLADO

1 2 3 4 5 6 7 A B C D E HORIZONTAIS A: Apelido da autora homenaxeada. B: Sen ninguén máis / 365 días. C: Provincia onde naceu a escritora.

D: 2ª vogal / Consoante muda / 3ª vogal/ Oeste. E: Norte / Ganchos para pescar. VERTICAIS 1: Mil en números romanos / 10 x 10. 2: Femia dun animal moi fero. 3: Pedra grandre. 4: 2ª vogal / 2ª vogal / Norte. 5: Forma parte da cara e a través del respiramos. 6: Un en inglés / Oeste. 7: Constitúen o esqueleto e son duros e ríxidos.


A Fontiña 2018

32

Sara

Cristina

Ángela

González Villaverde

Iglesias Garabato

Liste Martínez

Ángel

Pablo

Noya Candal

Loureiro Candal

Carolina Pozo Rodríguez

Claudia

Mateo

Adrián

Pepín Candal

Boudjenane Liñares

Candal Garaboa

Uxía

Álvaro

Daniel

García Candal

Louro Vales

Castro Peña

Martín Barro Martínez




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.