Verán2015

Page 1

Novela negra e terror Conduce rápido de Diego Ameixeiras Premio Losada Diéguez (Creación Literaria) 2015 Ameixeiras profundiza en Conduce rápido na súa liña de modernización radical do xénero negro, baseada na brevidade, dosificación da información, tramas cruzadas e máxima economía expresiva. Coa precisión dun cirurxián ofrece un extraordinario retrato de vidas precarias que deambulan polo decorado da Compostela de hoxe.

Relatos de terror sobrenatural de Robert Howard Nesta escolma recóllense catro dos máis importantes relatos de terror sobrenatural de Robert E. Howard: “A pedra negra”, “Os vermes da terra”, “Os fillos da noite” e “O lume de Asshurbanipal”. Cunha fonda pegada lovecraftiana, Howard trata temáticas como os deuses primixenios, os cultos perdidos, a memoria racial, os medos que subxacen na psique do ser humano..., todo cun maxistral estilo narrativo áxil e efectivo que non deixa indiferente a ningún lector.

Para amantes do misterio Agustín Fernández Paz é un dos autores máis lidos nos últimos anos. Se aínda non te adentraches na súa obra, propoñémosche unha boa maneira, pois na súa última novela, A neve interminable, establece unha especie de diálogo coa súa primeira novela de medo e misterio, Cartas de inverno, vinte anos despois de publicala. Tamén podes complementar coa lectura da banda deseñada de Antonio Seijas que recrea tamén as Cartas de inverno e coa que acadou o Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado 2012 A neve interminable É unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

Felipe Martínez Lamela, 1º Premio Concurso de fotografía: "O meu recuncho favorito"

VERÁN 2015

O asasino que hai en min de Jim Thompson Publicada en 1952, O asasino que hai en min é unha das novelas máis logradas e coñecidas de Jim Thompson. Adaptada ao cinema en dúas ocasións, consagrou o autor como un dos grandes representantes da novela negra.

O Equipo da Biblioteca e o EDLG deséxanvos unhas felices vacacións.


Para toda a familia Agora, un lote de materiais que nos fan pensar:

os breves textos de Eduardo Galeano, autor uruguaio que morreu este ano, e que nos fan reflexionar sobre cuestións moi diversas

os pensamentos máis íntimos de Tahar Ben Jellou, autor marroquí, que vai reconstruíndo a memoria da súa nai, vítima do Alzheimer; ou a súa explicación das modernas revolucións do mundo árabe.

O alumnado recomenda... Adrián Vázquez, un dos axudantes da biblioteca neste curso, recomenda a serie de fantasía creada por Fernando Cimadevila e Iván Valladares, e agarda ansioso pola terceira entrega que está neste momento no prelo: O mundo secreto de Basilius Hoffman: 1. O ladrón de soños. 2. Un faro na escuridade. 3. A batalla por Avalon

Para avanzados e adultos Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole. Este libro está protagonizado por mulleres e homes retratados en situacións moi diversas: algunhas cotiás, outras excepcionais (o monxe en plena crise espiritual, o náufrago no medio do océano, a muller maltratada que reúne forzas para se rebelar, o xadrecista namorado, a ladroa do códice, a nai adolescente, o home con tendencias suicidas, a enferma terminal disposta a espremer os seus últimos meses de vida…)

Cabalos e lobos de Lorenzo Premio Blanco Amor 2014 Tamén vos recomenda outra obra publicada na editorial Urco, neste caso do autor Tomás González Ahola, Galiza mutante, poder nuclear, unha historia a medio camiño entre a fantasía e a anticipación, que nos achegará a un futuro Post-Apocalíptico das terras galegas, producido pola baixada do Froilán. Unha terra onde a civilización tenta xurdir de novo dende Cmph'sthulhu, a cidade eterna dos sete círculos, rexida polos sete bispos mutantes.

Esta primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.

Amor en alpargatas de Manuel Portas

E, como non, tamén algo de música para fartarnos de cantar e tamén de pensar, porque é o que consegue, unha vez máis, Sés no seu novo disco. E se nos deixamos levar pola imaxinación e pola fantasía, podemos admirar tamén esta obra na que Antonio Reigosa que recolle moitas lendas e historias de encantamento. Este ano o alumnado de 2º de ESO recolleu lendas por Carnota, algunhas moi similares ás recollidas neste volume que nos presenta a editorial Xerais.

Fran

Algúns personaxes desta novela presentan reminiscencias biográficas que facilmente resoan na nosa memoria colectiva recente. En pouco máis de vinte minutos, no medio dun cemiterio deserto, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Senén, un nacionalista anónimo, un de tantos bos e xenerosos que padeceron as consecuencias das loitas fratricidas que ciclicamente sacoden o nacionalismo galego.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.