Nadal2014

Page 1

Cinema galego en carteleira

Novidades musicais

Nestas vacacións quen queira pode aproveitar para ver cinema galego na grande pantalla, pois coinciden nalgunhas salas das cidades A esmorga de Ignacio Vilar e Os fenómenos de Alfonso Zarauza.

Discos galegos con propostas ben distintas: -A música tradicional de Elelelos.

Boa ocasión tamén para ler ou reler a novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor.

-A Orquesta Gharbo de Nelson Quinteiro cunha mestura de estilos bem chamativa

O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Lamas de Castelo deséxanvos unhas felices vacacións.

Nas dúas películas ten un papel moi destacado o noso veciño e gran actor Miguel de Lira. Os fenómenos trata dun grupo de traballadores da construcción e da crise do ladrillo. Tamén de como se integra unha muller nese mundo tradicionalmente atribuído aos homes. Temática social.

NADAL 2014

- A banda bravú co seu novo disco, Ulträqáns II


Para os máis novos Historias moi variadas e para todos os gustos, desde os clásicos de todos os tempos pasando polo misterio, a poesía ou as aventuras máis disparatadas protagonizadas por unha cociñeira defunta.

Algo de todo Traducións dos clásicos universal e tamén contemporáneos:

da de

Para os maiores literatura autores

O último libro de Núñez Singala, Instrucións para tomar café que consta dun libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.

Nesta novela o señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A busca para dar con el provoca un enredo en cadea que chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.