Verán2014

Page 1

Un pouco de todo Novela policíaca, poesía sobre as rapazas e a moda, rapaces con defectos físicos, amores a primeira vista,anciáns abandonados, mozas viaxeiras...

Para toda a familia Todo Mafalda de Quino: Joaquín Salvador Lavado, Quino, creou o personaxe de Mafalda na Arxentina e agora acaba de cumprir os 50 anos. Ademais, ao autor acaban de concederlle o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades. Esta é unha boa ocasión para ler ou reler as marabillosas historias de Mafalda, esa nena que se amosa sempre preocupada pola humanidade e a paz mundial e rebélase contra o mundo que lle entregaron os seus maiores.

VERÁN 2014 O Equipo da Biblioteca deséxavos unhas felices vacacións. Música galega:

Cine francés:


Para os máis pequenos Un clásico de todos os tempos, O libro da selva de Rudyard Kipling. Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade. Recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida.

Unha serie de aventuras, Caídos do mapa, da autora arxentina Inés Falconi.

No primeiro libro da serie Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de Xeografía e agóchanse no soto da escola. Un bo plan se non fosen sorprendidos por Miriam, a acusona da clase. Así comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto. Esta serie vén precedida dun enorme éxito na Arxentina, onde se vén de estrear unha película baseada no primeiro título.

Recomendados por alumnos Adrián Mouzo de 3º recomenda El cazador de estrellas de Ricardo Gómez porque “Con esta lectura he aprendido que de las palabras y experiencias de las personas mayores podemos aprender muchas cosas y, como dice en la novela el personaje de Jamida “querer es poder, solo tenemos que esforzarnos por conseguir lo que deseamos”. Además me ha sorprendido el tema del pueblo saharaui del que no conocía apenas nada”.

Antía Leis de 3º recomenda El beso del Sáhara de Gonzalo Moure porque “es un libro que te hace pensar en las injusticias del mundo. Te presenta dos lugares totalmente diferentes: el desierto del Sáhara, lleno de pobreza, aunque con gente humilde y unas vistas hermosas repletas de arena; y Madrid, una ciudad materialista, con un montón de coches y ruido, en la que es difícil estar un rato en puro silencio”. Alba Sendón de 3º recomenda Adán y Eva de Ayaan Hirsi Ali porque “contiene una clara crítica a la discriminación y a los prejuicios contra cualquier grupo social, ya que Adán y Eva son de diferentes religiones, de distintos sexos, no pertenecen a la misma clase social..., pero ambos son discriminados por su compañeros debido a distintas razones. Hasta ellos mismos tienen prejuicios contra otras personas, o directamente el uno contra el otro”.

Para avanzados e adultos Unha lectora fóra do común de Alan Bennett, libro e audiolibro. En poucas páxinas e cunha ironía da mellor escola inglesa, Alan Bennett amosanos o poder que posúe a literatura para cambiar a vida das persoas, mesmo a vida dunha Isabel II educada para o deber. Grazas á transformación que a paixón pola lectura provoca na protagonista, esta comeza a ver as cousas dende outra perspectiva e a facerse preguntas, o que fai que desatenda as formalidades propias da realeza, ata desembocar nun sorprendente final.

A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz. Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. 50 anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña 10 anos e gañara un concurso cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante anos.

A lúa da colleita de Anxos Sumai Agosto de 1992. Unha decisión precipitada, case inconsciente, leva a protagonista da novela a pasar as vacacións nun apartamento nunha praia da ría de Arousa. Necesita descansar pero, ademais do descanso buscado, atoparase con sombras e con estrañas revelacións que a farán dubidar de si mesma. A súa especial percepción do tempo e do espazo, a súa forma de sentir, que ás veces é unha auténtica tormenta de emocións, farán que cuestione se todo o que a rodea -e incluso ela mesma- é realidade ou é pura ficción.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.