Apravialg2017 baixa

Page 1

Ano XXXVIII Nº 68

Vilalba, maio de 2017

Revista escolar do CEIP Antonio Insua Bermúdez

Carlos Casares

Letras Galegas 2017

Mosaico en homenaxe a AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, na entrada do Cole. MARCOS LADRA explícanos o proceso levado a cabo na súa elaboración.

EVA SANMARTÍN e ismael francos

-XIX CERTAME BENJAMÍN PAZ -noticias do cole-colaboración -traballos das aulas -ORIENTACIÓN - PÁXINAs ANPA -que lindo é ler! -o concerto de MINI E MERO


EQUIPO DE REDACCIÓN Álex Poupariña, Uxía Trinidad, Icía Saavedra, Lucía García-Anllo, Antonio Pena, Kevin Regueira. Alba Paz, Natalia González, Lorena Pena, Minia Leivas, Eva Alonso, Aurora Romero, Aitana Gesto, Irene Sanmartín, Guadalupe Martínez, Vicente Castro, Miguel Rego, Lucas Amado e Ariadna Rego COLABORARON TAMÉN NA EDICIÓN DESTE REVISTA Alumnado e Profesorado do Colexio Asociación de Nais e Pais do Alumnado do Centro Eva Sanmartín e Ismael Francos, ex-alumnos do CEIP A. Insua Bermúdez Bibiografía e recursos utilizados Edita CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” Enderezo Cuart de Pobler, s/n 27800 Vilalba (Lugo) Telf. 982-828151 Fax. 982-828152 Correo electrónico ceip.antonio.insua@edu.xunta.es Páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua (Tirada: 500 exemplares) Publicación subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e OU da Xunta de Galicia

coordinadoraendl.org/letras2017 lingua.gal fundacioncarloscasares.org seminariogalan.org academia.gal culturagalega.gal bvg.udc.es aelg.org diadasletrasgalegas.galiciadigital.com

Secretaría Xeral de Política Lingüística


CARLOS CASARES posando no Pazo de Raxoi coa fachada da Catedral de Santiago ao fondo.

3

Índice

Música

CASARES

XIX Certame B. Paz

3 Índice 4 Lembranza de David 5 LG’2017: Homenaxe a Carlos Casares 11 Mosaico: Marcos Ladra 12 Traballo das Aulas 44 Orientación 46 XIX Certame Benjamín Paz 48 Entrevistamos a: Eva Sanmartín e Ismael Francos. 51 Biblioteca: Que lindo é ler! 52 Traballos e Investigacións 55 Colaboración: A Agustín 56 Noticias do Cole 68 A Páxina de ANPA 70 Marcapáxinas e Pasatempos 71 Os nosos murais

CARLOS

Entrevista

Índice

Letras Galegas 2017

Mini e Mero Eva Sanmartín

Ismael Francos

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Lembranza

A G A S A L LO D E 6 º A PA R A M A R Í A ( R E CO R D A N D O A D AV I D ) Os alumnos e alumnas de 6ºA querémoslle agradecer a María, a cociñeira, todo o que fixo por nós... Por apoiarnos en todo momento e por darnos tanto amor e cariño. Esperamos que nós tamén te apoiáramos nese momento tan difícil polo que pasaches; a nós tamén nós entristeceu moito o que lle pasou a David, pero temos que ser fortes para superalo. Non sabemos como che imos compensar todo o que fixeches por nós. María, ti sempre nos traes agasallos. Pois este é o noso agasallo para ti:

Aínda que deixamos este espazo -habitualmente reservado para a Editorial- aos compañeiros de 6ºA para esta fermosa e merecida dedicatoria a María, nós, os compoñentes do Equipo de Redacción de A PRAVIA queremos agradecer a colaboración de todos os que axudaron a editar esta revista. Foi un placer e un honor poder formar parte deste Equipo e poder participar desta experiencia tan positiva. Desexamos que sexa do voso agrado. Ata sempre!!! Vémonos na ESO!!!

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

4


Letras Galegas2017

Homenaxe Por ICIA SAAVEDRA, NATALIA GONZÁLEZ, AURORA ROMERO E AITANA GESTO

Carlos Casares Mouriño nace o 24 de agosto de 1941 en Ourense. É fillo de Manolita Mouriño e Francisco Casares e irmán de Mercedes, maior ca el, e Xavier, menor. En 1944 trasládanse a Xinzo de Limia, onde seu pai traballa como mestre. Casares comeza os estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, no ano 1962, e incorpórase ao grupo de galeguistas liderado por Ramón Piñeiro. Participa no activismo estudiantil e comeza a escribir poemas e relatos curtos. En 1967 Galaxia publica o seu primeiro libro, Vento ferido. Membro activo do ADE(Asociación Democrática de Estudiantes). No ano seguinte, Casares gaña o premio do concurso de relatos convocado pola Asociación Cultural “O Facho”, da Coruña, coa obra “A galiña azul”, na literatura infantil. Nun viaxe en tren, en 1971, coñece a Kristina Berg, quen será a súa muller. Casa pouco despois con ela en Ourense e terán dous fillos. Máis tarde, en 1973, recibe o premio “O Facho” pola obra de teatro infantil en galego: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. Dous anos despois, gaña o certame de novela que conmemora os 25 anos de Galaxia coa obra “Xoguetes para un tempo prohibido”. Comeza a publicar en La Voz de Galicia a sección A ledicia de ler. En 1976 recibe o Premio da Crítica Española por “Xoguetes para un tempo prohibido”. En 1977 convértese no membro máis novo en ingresar na Real Academia Galega, co seu traballo “O desastre de 1898 e os escritores galegos”. En 1980, publica a súa obra máis coñecida, “Ilustrísima”. Forma parte da Realidade Galega. No ano seguinte, acompañado doutros intelectuais, é elixido deputado no primeiro Parlamento galego, integrando como galeguista independente as listas do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense. En 1995 recibe os premios Casa dos poetas e Julio Camba. No ano seguinte, é nomeado presidente do Consello da Cultura Galega. Sae do prelo “Deus sentado nun sillón azul”. Edita “Lolo anda en bicicleta” en galego, castelán, vasco e catalán. No ano 1997, é distinguido cos Premios da Crítica de España e de Galicia por “Deus sentado nun sillón azul”. Máis tarde, no 2000, publica “Un polbo xigante” e a Biografía de Don Juan de la Coba. Participa no “ Expreso da Literatura Europea”. Traduce ao galego “La Bella Otero”. No 2001 publica “A vida do Pedro Sarmiento”. Carlos Casares falece en Vigo o 9 de marzo do 2002. Logo de morrer, aparece a novela “O sol do verán” e a Xunta de Galicia publica o súa conferencia “Gonzalo Torrente Ballester, o escritor, o amigo”. Sae “Galicia, nai e Señora”, obra da que é coautor. Recibe a título póstumo o Premio Roberto Blanco Torres de periodismo. O 9 de setembro constitúese a Fundación Carlos Casares.

5

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Homenaxe Letras Galegas’2017 ALGÚNS INSTANTES DA SÚA VIDA

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Homenaxe

6


Homenaxe Letras Galegas’2017

O QUE NOS DEIXOU CARLOS CASARES BIBLIOGRAFÍA

Narrativa •Vento ferido, Vigo, Editorial Galaxia, 1967 [15ª ed., 2002]. •Cambio en tres, Vigo, Galaxia, 1969. •Xoguetes para un tempo prohibido, Vigo, Galaxia, 1975 [9ª ed., 2002]. •Os escuros soños de Clío, Santiago, Edicións do Cerne, 1979. •Ilustrísima, Vigo, Galaxia, 1980 [14ª ed., 2000]. •Os mortos daquel verán, Vigo, Galaxia, 1987 [3ª ed., 1996]. •O galo de Antioquía, Santiago, Castromil, 1994. •Deus sentado nun sillón azul, Vigo, Galaxia, 1996 [4ª ed., 2000]. •Un polbo xigante, Galaxia, Vigo, 2000. •O sol do verán, Vigo, Galaxia, 2002.

Guías e itinerarios •Santiago de Compostela, Madrid, Novatex, 1988. •Ourense de auga e pedra. Vigo, Ir Indo, 1990. •Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura, gastronomía, Vigo, CaixaVigo, 1995. •Portos de Galicia: desde A Guarda a Montelouro, Santiago, Xunta de Galicia, 1998. •Olores e sabores do saber, Vigo, Universidade de Vigo, 2001. •Galicia. Nai e señora, Vigo, Nigratea, 2002.

Literatura infantil •A galiña azul, Vigo, Galaxia, 1969 [8ª ed., 2002]. • As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, Vigo, Galaxia, 1973. •O can Rin e o lobo Crispín, Vigo, Galaxia, 1983 [3ª ed., 1991]. •Este é Toribio, Vigo, Galaxia, 1991. •Toribio contra o profesor Smith, Galaxia, Vigo, 1991. •Toribio e o contador de contos, Vigo, Galaxia, 1991. •Toribio ten unha idea, Vigo, Galaxia, 1992. •Toribio revoluciona o tráfico, Vigo, Galaxia, 1994. •Lolo anda en bicicleta, Vigo, Galaxia, 1996. Estudos e ensaios biográficos. Semblanzas, entrevistas •Coas raíces na terra: 18 figuras galegas, Galaxia, Vigo, 1980. •Curros Enríquez Vigo, Galaxia, 1980. •Vicente Risco, Vigo, Galaxia, 1981. •Otero Pedrayo, Vigo, Galaxia, 1981. •Conversas con Ánxel Fole, Vigo, Galaxia, 1981. •Vida, obra e milagres de Xan da Cova, Vigo, Diario 16 de Galicia, 1992 •Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia, Fundación Caixa Galicia, 1991. •Ramón Piñeiro, Santiago, Xunta de Galicia, 1996. •A vida de Ánxel Fole, Vigo, Galaxia, 1996 [2ª ed., 1997] •Un país de palabras, Vigo, Galaxia, 1998 [2ª ed., 2002] •Hemingway en Galicia, Galaxia, Vigo, 1999. •Biografia de D. Juan de la Coba, Vigo, Galaxia, 2000. •A vida do Padre Sarmiento, Vigo, Galaxia, 2001 [2ª ed., 2002] •Gonzalo Torrente Ballester. O escritor, o amigo, Santigo, Xunta 2002. Edicións académicas no Día das letras galegas •Francisca Herrera Garrido, A Coruña, Real Academia Galega, 1987. •Ramón Otero Pedrayo. Vida e obra, A Coruña, RAGalega, 1988. •Fermín Bouza Brey, A Coruña, Real Academia Galega, 1992. •Ánxel Fole. Escolma de textos, A Coruña, RAGalega, 1997. Edicións e crítica literaria •Aires da miña terra, M. Curros Enríquez, Vigo, Galaxia, 1975. •Obras completas, M. Curros Enríquez, Madrid, Aguilar, 1979. •A literatura galega moderna, Vigo, Caja de Ahorros de Vigo, 1981. •Antoloxía da novela curta, Vigo, Galaxia, 1991. •Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia, Fundación Caixa Galicia, 1991. •Poesía galega completa, de M. Curros Enríquez, Vigo, Galaxia, 1992. •Da miña acordanza, de R. Piñeiro, Vigo, Galaxia, 2002.

7

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Homenaxe Letras Galegas’2017

ANACOS DA SÚA OBRA XOGUETES PARA UN TEMPO PERDIDO (fragmento)

“(...) Máis alá quedaba canto foras: o Cascón, o Pavesa, o Calamidá, a túa nai, a casa e catro mágoas que dende lonxe nin iso parecían. En adiante terías que aprender todo de novo, ter en conta de non esquecer canto viviras para poder seguir adiante. Era o importante saber que máis alá do muro permanecía todo igual.” (...) AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS Escena 1 (Atmosfera de mencer, do escuro xorden raios de luz, canto de paxaros, penumbra, Elias espreita e entra pola porta xiratoria – escena cómica/máxica coa porta. Elias diríxese ao xarro de ugaa e á bacia para lavarse – escena comico/máxica coas bolas de xabrón. Séntase e finalmente descobre as laranxas, que agora están iluminadas polo sol forte. Elias corre en dirección á casa e atropélase coa porta xiratoria.) Anxa (óese a voz) ¡Ai, Elias! ¿Pásache algo? Elias (choroso) Non, prenda. É que saíron laranxas no limoeiro... Anxa ¿Laranxas no limoeiro? Elias Si, e moi grandes. Anxa Serán limóns... Elias Non. Son laranxas. Anxa ¿Que color teñen? Elias Son color de tódalas laranxas. Anxa E ti sabes de que color son tódalas laranxas? Elias Da color de pel de túa cara. Anxa Es un charrelo. A color da niña cara é color de sol, que che son traballadora. Elias Pois as laranxas son laranxas e non limóns. Ver ver, senón... aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

A GALIÑA AZUL (fragmento)

Estes días anda o pobo un pouco alborotado. Acórdaste dun rapaz que se chama Lorenzo e que andaba sempre na compaña dun can pequeniño de rabo zuro? Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Y unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades. Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un oficio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas. Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só é para que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o señor Casimiro, o porteiro do Concello, a galiña vana matar. (...)

VENTO FERIDO

MONÓLOGO (fragmento) Se se cabrea que se cabree. A min que. Aguanto i adiós. Vaime matar ou que. Se se cabrea, ala, a beber, a beber i a cantar ou que. Xa sei o conto. Nada de berros nin barullos. Conozo ben o choio. Nin siquera me di borracho, non, ela ben sabe. Abóndalle ai, meu Dios, ai, meus filliños, ela ben sabe. Se se cabrea que se cabree. Ás doce e media non me meto eu na casa. Non me meto non ou que. Vou estar de oito a oito dando clases e logo nada, non, home, non. Veña, que se cabree. Ai, meus filliños, ai, ai que estou canso. Porque un home pódese cansar e despois, bueno, é millor calar porque me estou cansando de ter aí, no primeiro banco ó fillo do Chevrolet, con cara de touciño, porque me estou cansando e un día ponse de rodillas sen máis porque me dá a gana porque estou canso de ver a cara de parvo que ten, que parece un apalominado, me cago nil, que burro, si, que burro, que lle vou decir ó Chevrolet que o poña a cavar ou que o meta nun comercio, que o raparigo non sirve, que é tatexo e non me sabe dividir por decimais, cara de touciño, cara de non sei que que ten o porco ise. (...)

Homenaxe

8


Homenaxe

9

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Homenaxe Letras Galegas’2017 Por EVA ALONSO E LUCÍA GARCÍA-ANLLO

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Homenaxe

10


Mosaico

MARCOS LADRA, TALLISTA, RESTAURADOR, ESCULTOR E EX-ALUMNO DESTE COLEXIO, EXPLÍCANOS O PROCESO LEVADO A CABO NA ELABORACIÓN DO MOSAICO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

Este proceso comeza coa escolla dunha foto do homenaxeado, neste caso de Agustín. Esta foto hai que pasala a escala para adaptala ao espazo onde queremos colocar o mosaico. Unha vez debuxado a escala o mural, iremos colocando as teselas dos azulexo cos diferentes matices para dar vida ao autor, rompéndoos de xeito correcto para conseguir un acabado acorde ao debuxo do que partiamos. Cando rematemos de colo11

Mosaico

car todo o azulexo, cubriremos o debuxo con varias capas de papel de periódico e engrudo. Pasados uns días, cando todo estea ben seco, iremos cortando a trozos o panel e colocaremolos, coa axudo do albanel, na parede onde iremos dando vida ao mosaico a xeito de puzle. Unha vez colocado todo na parede, coa axuda dunha mangueira, iremos mollando o papel para sacalo quedando á vista o mosaico. Repoñe-

ranse entón as teselas que foron caído no proceso de colocación e rematarase a obra cun selado das xuntas para dar uniformidade. POIS MOITAS GRAZAS, MARCOS, POLA TÚA COMPLETA EXPLICACIÓN DE TODO O PROCESO. DENDE ESTAS PÁXINAS, QUEREMOS AGRADECERCHE, TAMÉN, EN NOME DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO, A TÚA IMPORTANTE PARTICIPACIÓN NA ELABORACIÓN DESTE MOSAICO, AGRADECEMENTO QUE FACEMOS EXTENSIVO TAMÉN A LUIS PENA. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO, PROFESORADO, PERSOAL NON DOCENTE E ÁS FAMILIAS. aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-3

XOGAMOS

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

12


Infantil-3

CO NADAL 3

1

2

13

Traballos das Aulas

1

C ON M I M Í C OÑ E C E M O S A M AX IA D O NA DA L

2

Á Á R B OR E D O NA DA L F OM O S R E C OL L E R U N AG AS A L LO M OI E SP E C IA L

3

C U N HA C U NC A DE C HO C OL AT E QU E N T I ÑO E G A L L E TAS DE X E N X I B R E F E ST E X A M O S E STAS DATAS E SP E C IA I S

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-4

PROXECTO:"AS EMOCIÓNS" (4 ANOS) UN DÍA VISITOUNOS UN MONSTRO CHAMADO LOLO QUE CAS EMOCIÓNS ANDABA ALGO LIADO...

...PERO A SÚA AMIGA LILI AXUDOUNOS A ORDENALAS POR CORES CON MOITO COIDADO...

AMARELA É A ALEGRÍA!

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

14


Infantil-4

A TRISTEZA É AZUL,

A IRA SERÁ VERMELLA E O MEDO NEGRO É

15

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-4 CA CALMA TODO É VERDE...

E SE ESTÁS CHEO DE

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

AMOR,

SERÁ ROSA DESTA VEZ!!!

Traballos das Aulas

16


Infantil-4 O MONSTRO DE CORES VOLVEUNA A LIAR MEZCLOU AS SÚAS CORES PERO ÍMOLO SOLUCIONAR!

E SE A SOLUCIÓN QUERES ATOPAR, NA BIBLIOTECA TERÁS QUE MIRAR!

17

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-5A VIAXAR: GRANDES INVENTOS E FAZAÑAS A PRIMEIRA VIAXE EN COCHE O primeiro coche do mundo foi construido por lo alemán Karl Benz. A primera viaxe foi feita pola súa muller Berta e os seus fillos, ata a casa da súa nai. Esta viaxe deulle moita fama ó coche e moitos quixeron mercalo. Tiña tres rodas e un pequeno motor.

O PRIMEIRO SUBMARINO O español Isaac Peral inventou o submarino. Era de aceiro, e tiña un periscopio para ver no exterior.

A REITWAGEN Foi o primeiro vehículo que funcionou con petróleo. O seu nome significa “coche que se monta”. Tiña as rodas de madeira e considérase a primeira moto.

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

18


Infantil-5A

19

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-5B

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

20


Infantil-5B

21

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-1ºA

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

22


Primaria-1ºA

23

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-1ºB

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

24


Primaria-1ºB

25

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-2ºA

º

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

26


Primaria-2ºA

27

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-2ºB

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

28


Primaria-2ºB

29

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-3ºA

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

30


Primaria-3ºB BIOGRAFÍAS RIMADAS

Carlos Casares, gran escritor, era fillo dun profesor. En 1941 en Ourense naceu, en 2002 en Vigo faleceu. Grandes obras e relatos publicou, en 1968 na Real Academia ingresou. Publicou obras para nenos e nenas e moito escribiu para os maiores. Por isto este ano As Letras Galegas adícanse a un dos millores. Mario Orosa Lozano, 3º B

31

Traballos das Aulas

Carlos Casares, un gran escritor O noso poeta, un gran campeón. Naceu en Ourense O 24 de agosto de 1941. Inventou miles e miles de historias… que o fixeron gran novelista. E gran artista!! Nenos e nenas, rapazas e rapaces, homes e muleres, Disfrutade dos seus saberes!! Nerea Ocampo Lage, 3ºB

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-4ºA

CARLOS CASARES E A LITERATURA INFANTIL

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

32


Primaria-4ºA

33

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-4ºB

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

34


Primaria-4ºB

Rosco: Carlos Casares. Letras Galegas 2017

4ºB

35

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-5ºA TEATRO 5ºA “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” Carlos Casares-Letras Galegas 2017

Nós somos os alumnos de 5ºA que estamos a representar unha obra de teatro de Carlos Casares, “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”. Levamos ensaiando desde o mes de novembro. Ao principio tiñamos so guións nas mans porque non sabiamos os papeis de memoria, agora xa podemos facelo sen consultalos e baixamos ao comedor a facer os ensaios no escenario. Construímos os decorados con cartóns, goma-eva, papel adhesivo, teas… A profe coseunos moitos disfraces e comprounos cousas como gafas e gorros. O luns 15 de maio fomos A Coruña. Alí representamos a obra. A experiencia foi incrible. Ao principio, estabamos moi nervosos, pero despois, fomos tranquilizándonos. Adaptámonos ás novidades coas que nos atopamos: o escenario moito máis grande que o noso e, por riba, con bastante inclinación. Tivemos que ter coidado co decorado para que non nos caera. En todo caso, fixémolo moi ben, e algún de nós fomos seleccionados para mellores actores e actrices da mostra 2017. Veremos en que queda iso! aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

A obra empeza un día calquera, nunha vila calquera, cunhas personaxes moi peculiares, ás que lles nacen laranxas no limoeiro da horta. Ao tocarlles estouran e os veciños acoden inmediatamente preocupados polo estrondo das explosións. A todos lles suceden cousas moi extranas, os ovos falan, as galiñas rin, os cans entenden á xente, os zapatos e as escopetas voan e as laranxas son enormes e conteñen obxectos que todos desexan. E ata aquí podemos contarvos. Queremos manter a intriga do final… que poderedes ver o xoves, día 25 de maio, no Auditorio Municipal de Vilalba, xunto á entrega de premios do XIX Certame Benjamín Paz e... algunha sorpresa máis. Agardámosvos!!! Iso si, o curso que vén, repetiremos a experiencia, non sabemos cal será a nosa obra, pero será, seguro, igual de bonita.

Traballos das Aulas

36


Primaria-5ºB UNHA AGRADABLE SORPRESA “A visita de Carlota” Unha alumna exemplar

O pasado 21 de marzo, tivemos unha visita moi agradable para todos nós alumnos/as e profesores/as do cole. Unha exalumna que agora cursa cuarto de ESO no IES Basanta Silva de Vilalba, contounos con todo tipo de detalles como lle estaba resultando a súa estancia no Instituto despois de estar no noso cole durante aló menos oito anos. Carlota é unha compañeira con síndrome de Down e que tivo que superar con moito esforzo os moitos atrancos que supón esta diferenza co resto dos seus compañeiros/as. Agora ten xa vinte anos e cursa cuarto de ESO, viña acompañada pola Orientadora do IES e máis pola profesora de AL (Audición e Linguaxe). Elas conxuntamente co resto dos seus profesores axudaron moito a Carlota para que a pesares do seu “Problema”, poidera chegar a rematar a ESO. Falounos Carlota das actividades que realizaba a diario, a parte das súas clases no IES, asiste a baile, pintura e equitación. Díxonos tamén que dende sempre tivera unha especial atracción pola “Mitoloxía grega”, sendo Zeus o seu personaxe preferido.

37

Traballos das Aulas

Un momento moi emotivo para todos foi o contemplar como a súa antigua profesora de PT, Ánxeles Eimil, lle amosaba os traballos (contos, debuxos, cadernos de traballo…) que Carlota fixera cando estivo no noso colexio, recordando Carlota cada un deles, coma se mesmo fose o día anterior cando os fixera. Esta visita foi para nós unha demostarción de que con esforzo, interese e traballo podemos conseguir case todo canto queremos. Ao remate do acto agasallamos a Carlota cunha carpeta personalizada do noso cole e unha pequena figura de Sargadelos. Podedes ler tamén a noticia no seguinte enlace da web do colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/node/531

Alumnado de Quinto aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-6ºA PLÁSTICO, CONTAMINACIÓN INVISIBLE P

Os plásticos fabrícanse a partir do petróleo, un recurso non renovable que non podemos substituír. Hai distintos tipos de plásticos (PE,PVC, PET). O 95% dos envases están feitos de plástico: as botellas de auga, as bolsas das patacas, os envases dos iogures... Se te fixas na base dos produtos de plástico, en moitas, verás un número. É un código para poder clasificalos e facilitar a reciclaxe. Comprobamos que as botellas de auga teñen o número 1 (PET). Este material tarda centos de anos en descompoñerse. Co sol e o vento vaise rompendo en anacos e canto mais pequenos máis difíciles de eliminar. Ademais poden ser inxeridos polos animais e aínda que non os vemos nin os notamos calquera día poden aparecer no noso prato, o que supón un risco para a nosa saúde. Os plásticos de gran tamaño son un problema para os animais mariños, como as tartarugas,os peixes grandes ou os mamíferos mariños, xa que poden morrer por asfixia,intoxicarse, comelos ou quedar atrapados neles. Por iso, debemos reducir o seu consumo. Cando se utilice, o residuo xerado ten que acabar no contedor de lixo adecuado para que poda ser reciclado, e así, ter un segundo uso. Antes da súa reciclaxe, os plásticos clasifícanse dependendo do seu tipo de resina. Despois de separalos tritúranse e elimínanse as impurezas. Logo fúndense e divídense en pequenas esferas que posteriormente se utilizan para a fabricación doutros produtos. Existen tres tipos principais: • Reciclaxe mecánica: método que consiste en separar os plásticos por clase, lavalos e trituralos para que despois se fundan en moldes para producir novos produtos. • Reciclaxe química: Consiste na degradación do plástico mediante calor. • Recuperación enerxética: Converte o plástico en combustible para a xeración de enerxía. Se un mundo mellor queres ter, os recursos naturais has protexer.

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

38


Primaria-6ºA

Unha de mascotas

39

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-6ºB

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

40


Primaria-6ºB

Almacén de Feiraco

Máquina envasadora

Cinta 1 transportadora

Cinta 2 transportadora

41

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Aula Apoio As persoas como as aves, son diferentes no seu voo,

pero iguais no seu dereito a voar. No noso colexio queremos que todos poidan gozar de cada experiencia, así que este ano axudamos a que todos os alumnos/as poidan ler un conto e todos poidamos gozar dese momento.

VÍCTOR leunos: “Corre á casa ratiño!” ADRIÁN contounos: “A sementiña durmida”

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

42


Aula Apoio

SAMUEL leunos: “El bosque prepara un carnaval”.

Pero ademais o conto saíu fora dos nosos muros, chegando ata a EEI de Vilalba GRABRIEL E LORENA contáronnos dous contos preciosos:

43

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Orientación

Dende o Departamento de Orientación fare-

mos un pequeno percorrido por algunhas das actividades que se levaron a cabo neste curso e que dalgunha maneira fixeron reflexionar ó noso alumnado e a nós como Mestres.

Así, ó longo deste curso, levamos a cabo varias

iniciativas. Por exemplo: a visita de Carlota, unha ex-alumna do noso Colexio con Síndrome de Down e que nos contou como foi a súa experiencia no colexio e como está sendo no Instituto, así como todos o logros que foi conseguindo. Todo un exemplo de superación. Tamén nos visitou a Asociación Down Coruña, con eles aprendemos e reflexionamos sobre as persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, para comprender mellor a realidade deste colectivo vendo que “ O normal é ser diferente”.

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Por ANA MARTÍNEZ Xefa do Dto. de Orientación

Por outra parte, COGAMI tivo unha xornada formativa cos alumnos/as de 6º sobre as diferentes discapacidades e os recursos que utilizan para que sexan o máis autónomas posible, por exemplo: libros en Braille, teclados adaptados, Tablet… Polo día do Autismo quixemos sumarnos á campaña da Federación de Autismo. Cada titor na súa clase traballou cos seus alumnos/ as cal crían que eran as barreiras que se atopaban as persoas con Autismo e logo rompían esa barreira. Para coñecer un pouco máis do Autismo vimos e analizamos unhas curtas: “El viaje de María”, “Caillou como se sinte un neno con autismo” e “Hugo, un amigo con Asperger”.

Tamén traballamos o respecto, a asertividade,

a igualdade, o traballo en equipo, os medos... con actividades como: Un partido de fútbol voluntario cos de 4º de EP, no que quixeron participar todos os alumnos/as independentemente que superan xogar ou non. Foi toda unha experiencia na que gozaron, compartiron, respectáronse... dándose conta que non é tan importante gañar, como pasar un bo rato con seus compañeiros/as. Iniciativa que se vai seguir levando a cabo noutras aulas…

Orientación

44


Orientación Para seguir profundando neses valores analizamos e realizamos diferentes actividades coas curtas: El encargado, Cuerdas, El Puente, o anuncio das paraolimpiadas de 2016, Dicen... Saíron conclusións moi interesantes!.

Non

quixemos esquecernos de fomentar a lectura en familia, e que mellor que facer unha proposta a ANPA, que non dubidaron en levala a cabo. O obxectivo era que as familias e o alumnado elixiran un conto, o leran en familia, e logo fixeran un coxín coa portada do libro elixido. Todos os coxíns foron doados á Biblioteca, aulas de Infantil, aulas de Primaria... creando recunchos de lectura diferentes. Aproveitamos para felicitar as familias pola ampla participación e o bonitos que quedaron os coxíns. Cóntanos! outra iniciativa para o fomento da lectura dunha maneira lúdica e diferente. O obxectivo é que o alumnado perciba que a lectura de contos ten que ser algo dinámico e compartido. Para elo propoñemos unha actividade na que o alumnado a través dunha libreta ilustre o máis relevante do conto.

45

Orientación

E como na vida mesma, imos ó “Super Landra” para aprender a: facer a compra, manexar o euro, as cantidades, o volume...traballando así as diferentes competencias clave. Moitas das actividades que levamos a cabo están na web do Colexio e son contadas polo alumnado. Recomendámosvos velas. Fixeron un moi bo traballo! Para finalizar, quero dar as grazas o gran equipo que forma parte do centro, comezando por Dirección, profesorado, ANPA, coidadoras, bedeis e sobre todo o equipo de PT (Ánxeles, Pili e Belén) e AL (Inés) porque todo isto non sería posible sen a vosa axuda, ganas, implicación, confianza, boas ideas..., así como tamén ó alumnado e familias. Grazas a todos por ensinarme día a día! Alégrome moitísimo de compartir este ano con vós, non vos esquecerei!!!

Isto non acaba aquí. Seguimos traballando…

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Certame Benjamín Paz

Certame Literario Benjamín Paz ACTA DA REUNIÓN DO XURADO No CEIP Antonio Insua Bermúdez, segundo convocatoria realizada polo referido centro, ás 19.00 horas do día 18 de maio de 2017 reúnense os membros que compoñen o Xurado do XIX Certame Benjamín Paz, integrado por: • Don Félix Villares Mouteira, Presidente. • Don Xulio Xiz Ramil. • Don Afonso Blanco Torrado. • Don Xosé Antonio Pombo Mosquera. • Don Xosé M. Felpeto Enríquez, Secretario. Despois do oportuno estudo dos traballos e das pertinentes deliberacións, este Xurado acordou:

• 3º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo MENSAXES UNIVERSAIS resultou ser o/a seu/súa autor/a AITANA GESTO REGO do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA Modalidade: DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ • Infantil 3 anos Premio para LUCA LÓPEZ BAAMONDE Do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA • Infantil 4 anos Premio para Mª JOSÉ OTERO DE VICENTE DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ • Infantil 5 anos Premio para RODRIGO FOUZ SÁNCHEZ DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ OUTROS ACORDOS: O Xurado acordou outorgar tamén os seguintes Accésit:

Modalidade: POESÍA

ACCÉSIT POESÍA 1º CICLO (1º-2º) Para o traballo A PRIMAVERA de ANA MONTENEGRO TEIJIDO do CEIP MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA

• 1º Ciclo de Educación Primaria (1º-2º) Premio para o traballo O VERÁN XA CHEGOU resultou ser o/a seu/súa autor/a HELENA FDEZ. QUINTELA do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA

ACCÉSIT POESÍA 2º CICLO (3º-4º) Para o traballo A POESÍA DA ALEGRÍA de NEREA BLANCO GONZÁLEZ do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA

OUTORGAR OS SEGUINTES PREMIOS:

• 2º Ciclo de Educación Primaria (3º-4º) Premio para o traballo A NOITE DE SAN XOÁN resultou ser o/a seu/súa autor/a DANIEL CASTRO RICO do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA • 3º Ciclo de Educación Primaria (5º-6º) Premio para o traballo GALICIA resultou ser o/a seu/súa autor/a ICÍA SAAVEDRA CORTIÑAS do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA Modalidade: NARRATIVA • 1º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo CARLA resultou ser o/a seu/súa autor/a ANDREA PAZ BALSEIRO do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA • 2º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo A NUBE resultou ser o/a seu/súa autor/a MARTÍN RAÑAL PIÑÓN do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

ACCÉSIT POESÍA 3º CICLO (5º-6º) Para o traballo NENIÑO LABREGO de AURORA ROMERO TRASTOY do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA ACCÉSIT NARRATIVA 1º CICLO (1º-2º) Para o traballo O DINOSAURIO E O REI de BRAIS VÁZQUEZ COIRA do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA ACCÉSIT NARRATIVA 1º CICLO (1º-2º) Para o traballo A SEREA de CRISTINA FERNÁNDEZ DÍAZ do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA ACCÉSIT NARRATIVA 2º CICLO (3º-4º) Para o traballo MEU IRMÁN de ALEJANDRO TEIJEIRO GONZÁLEZ do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA ACCÉSIT NARRATIVA 3º CICLO (5º-6º) Para o traballo A LECCIÓN DE DANTE de MINIA LEIVAS FERNÁNDEZ do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA

Certame B. Paz

46


Certame Benjamín Paz

Poesías gañadoras no XIX Certame O verán xa chegou As flores no campo ben lindas que son! Os paxaros cantando que fermosa canción! No verán as flores olen moi ben perfuman os vales, as montañas tamén. O sol quenta moito podemos ir á praia, e saltando no mar mollei a toalla. HELENA FERNÁNDEZ QUINTELA, 2ºA CEIP Antonio Insua Bermúdez 1º Premio-Poesía-1º Ciclo (1º-2º)

A NOITE DE SAN XOÁN Noite de San Xoán, noite de alegrías, rematan as clases e comezan as romerías. Noite de lume e noite de fume, onde as sardiñas cantan e as costelas non faltan. Noite de risas e noite sen présas, onde todo o pobo se une ás festas. Novos e vellos, vellos e novos, saltan o lume para non perder o costume. Costumes ancestrais e costumes rurais, todo iso é a noite de San Xoán

DANIEL CASTRO RICO, 4ºA CEIP Antonio Insua Bermúdez 1º Premio-Poesía-2º Ciclo (3º-4º)

GALICIA Nosa terra ben fermosa, de xente marabillosa, que nos enches de ledicia, ao contemplarte, Galicia. Varios versos de Pondal forman o teu himno oficial, que orgullosos che cantamos cando de ti nos lembramos. Na nosa lingua galega que falamos con entrega; fala propia benquerida, dende o berce coñecida. Acariñada polo mar, coas ondas a xogar, percorrida polo Miño, coma un suave aloumiño. A Santiago camiñando, alegrías fomentando, para ver a catedral de beleza excepcional. De Lugo, a súa muralla, á nosa vista agasalla. Os Ancares, as Catedrais, non as olvidarás xamais. Cando Ourense visitamos, a súa ponte admiramos; pasarás o Carnaval de xeito fenomenal. Ao pasar por Santa Tegra, toda a xente se alegra; as Rías Baixas e as illas amósannos marabillas. Marisco, polbo, empanada, bo viño e rica quiemada; queixos, filloas. cocido, manxar de todos sabido. Moito te quero terriña, eres a miña menciña. Quero ficar eternamente ao lado da miña xente. Miña querida Galicia, que nos enches de ledicia. A miña terra querida, por sempre na nosa vida.

ICÍA SAAVEDRA CORTIÑAS CEIP Antonio Insua Bermúdez 1º Premio-Poesía-3º Ciclo (5º-6º)

47

Certame B. Paz

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Entrevista de practicalos xuntos. En cantas carreiras competiches? Non me lembro, xa van unhas cantas. Canto tempo levas neste deporte? Sobre 7 anos. Cantos anos tiñas cando empezaches a practicar este deporte? Ao redor de 9 ou 10. Tiveches moitas lesións? Non, casi non tiven por sorte. Que é o que máis che gusta do triatlón? A emoción das competicións e o compañeirismo dentro do deporte. Da túa familia, quen foi o que máis te apoiou para facer triatlón? Meu pai e miña nai. A parte do triatlón, que deporte che gusta máis? Tenis e patinaxe. Gustaríache facer un Ironman? Si, algún día, pero con moita preparación e sen forzar demasiado en ningún momento. Tes prevista algunha data para competir nun? Non, tomoo como un obxetivo a longo prazo.

Ismael Francos BECARIO DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

EX-ALUMNO DO CEIP A. INSUA BERMÚDEZ

Aos seus quince anos ISMAEL FRANCOS é un dos privilexiados alumnos gañadores dunha bolsa de estudos da Fundación Amancio Ortega que poderá iniciar os estudos de bacharelato en Canadá. Nós sabemos moi ben da súa valía como estudante e como persoa xa que foi alumno deste Colexio e deixounos boas mostras delo. Onde naciches? En Vilalba. Cantos anos tes? 16. Onde estudaches Infantil e Primaria? E Secundaria? Primaria no CEIP A. Insua Bermúdez e secundaria no IES Santiago Basanta Silva Que profesores/as recordas do teu paso por eses centros educativos? En Primaria a Pilar, a miña profesora de 5º e 6º, e a Arturo e Suso. Que recordos che quedaron especialmente do teu paso por este Colexio, o Insua Bermúdez? As actividades organizadas polo Centro e os murais. Practicas algún deporte? Cal? Si, triatlón. Por que te decidiches polo triatlón? Porque sempre me gustaron os tres deportes, e así tiña a oportunidade

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Que lle dirías aos nenos para animalos a que faigan máis deporte? Que facer deporte axúdanos a manternos saudables, pero non só iso, xa que nos axuda tamén a medrar como persoas, e a min en particular axúdame ata nos estudos, a manterme concentrado e a facer moitos amigos. Respecto aos estudos, pódesnos contar un pouco como foi o da beca para estudar en Canadá? Son becado pola Fundación Amancio Ortega, grazas á cal vou poder estudar un ano cos gastos de estudos cubertos. Vivirei cunha familia de acollida durante 10 meses, e experimentarei en min mesmo o que é vivir un ano lonxe de teus pais, aprendendo un montón de cousas. Como te sentiches cando cho dixeron? Sentinme moi moi feliz, xa que esta é a oportunidade da miña vida, a cal ao mellor nunca se chega a repetir. Por que elixiches estudar en Canadá e non quedarte? Porque sempre me gustou viaxar e aprender sobre novas culturas e idiomas, e penso que esta experiencia axudarame a medrar como persoa, á vez que academicamente. Como te sentes neste punto da túa vida? Síntome ansioso por marchar e comezar esta aventura e nova etapa de vida, pero á vez triste por deixar a miña vida aquí. Crees que vai ser moi duro alonxarte da túa familia? Sí, xa que estou moi unido a meus pais. Que lle parece aos teus pais que vais estudar a Canadá? Están moi contentos e orgullosos, pero á vez apenados por non verme nun ano. Vai alguén contigo? Sí, 39 galegos máis.

Entrevista

48


Entrevista EVA SANMARTÍN tamén foi alumna deste Colexio, demostrando xa dende os primeiros anos posuír unha gran capacidade intelectual que a levaron durante a Primaria a cursar un nivel máis adiantado do que lle correspondía pola idade. Foi gañadora do Big Challenge a nivel de todo España, sendo a 1ª entre 11.000 participantes, recibindo tamén do Concello de Vilalba o premio á excelencia académica. Á parte de estudar, gústalle moito o deporte, especialmente o triatlón. Onde naciches? Nacín nunha clínica de A Coruña, pero meus pais vivían xa en Vilalba. Cantos anos tes? 14. Onde estudaches Infantil e Primaria? E Secundaria? No Insua Bermúdez e no Basanta Silva. Que profesores/as recordas do teu paso por eses centros educativos? Teño bo recordo de todos pero de xeito especial de Arturo e do profe Suso. Que recordos che quedaron especialmente do teu paso por este Colexio, o Insua Bermúdez? Participar na redacción da revista A Pravia. Practicas algún deporte? Cal? Si, o triatlón. Por que te decidiches polo triatlón? Dende pequena practiquei natación, logo o profe Suso animoume a probar o triatlón, gustoume e quedeime. En cantas carreiras competiches? En case 70. Canto tempo levas neste deporte? 5 anos. Cantos anos tiñas cando empezaches a practicar este deporte? Tiña 9 anos. Tiveches moitas lesións? Non, por sorte. Que é o que máis che gusta do triatlón? Que é un deporte moi completo xa que está composto de tres moi diferentes. Da túa familia, quen foi o que máis te apoiou para facer triatlón? Todos, especialmente a miña irmá. A parte do triatlón, que deporte che gusta máis? A natación en piscina, que é moi diferente á de augas abertas do triatlón. Gustariache facer un Ironman? Encantaríame, pero é un deporte moi esixente. Tes prevista algunha data para competir nun? Non. Que lle dirías aos nenos para animalos a que faigan máis deporte? Que o deporte ten moitos beneficios, faiche aumentar a confianza en ti mesmo e sénteste mellor despois de facelo.

49

Entrevista

Eva Sanmartín GAÑADORA DO BIG CHALLENGE

EX-ALUMNA DO CEIP A. INSUA BERMÚDEZ

Cóntanos un pouco que é e que se sinte ao gañar a Big Challenge e ser a primeira de 11.000 competidores de toda España? Sentes que o teu esforzo merece a pena e dá resultados. Como te sentiches cando o soubeches? Ao principio non o podía crer e logo sentinme moi contenta. Como te sentes neste punto da túa vida? Intento disfrutar de cada momento. Como fas para organizarte e ter tempo para entrenar, estudar e ter ocio e tempo libre? A clave é unha boa planificación, un calendario ou axenda, aínda que tamén debes sacrificar algunhas cousas como ter moito tempo libre. Que cres ou que opinas sobre a relación deporte e a mellora do rendemento académico? Parece un tópico pero é verdade. O deporte axúdache a despexar a mente e favorece a concentración. Ademais, mentres fas deporte tamén tes que pensar e concentrarte dun xeito novo. A que deportista ou deportistas admiras? Javi Gómez Noya, Michael Phelps, Katie Ledecky, os irmáns Brownlee.

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Entrevista Para rematar as entrevistas de Ismael e Eva, aí van unhas preguntas rápidas que lles facemos a todos os entrevistados:

ISMAEL

-Un tipo de música? Pop -Unha canción? Unstoppable -Un cantante ou grupo muisical? Sia -Unha comida? Polbo á feira -Unha bebida? Auga -Unha cor? Turquesa -Un olor? Café recén feito -Un equipo de fútbol (ou outro deporte)? Triatlón Cidade de Lugo Fluvial -Un sitio de Galicia? A praia das Catedrais -Un lugar da Terra Chá? A Lagoa de Cospeito -Por último, un momento histórico importante que queiras destacar?

EVA

-Un tipo de música? Rock -Unha canción? Don't Stop Me Now, de Queen -Un cantante ou grupo muisical? Queen -Unha comida? A tortilla de miña nai -Unha bebida? Auga -Unha cor? Negro -Un olor? A beira do mar -Un equipo de fútbol (ou outro deporte)? A.P. San Ramón de Vilalba -Un sitio de Galicia? A Coruña -Un lugar da Terra Chá? Penas de Rodas -Por último, un momento histórico importante que queiras destacar? A chegada do ser humano á Lúa

Nas dúas fotos da dereita, podédesnos ver aos membros do Equipo de Redacción con Ismael e Eva. Na de arriba, vémolos nunha foto da Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba. Antes de rematar, queremos agradecer moi sinceramente a Eva e Ismael a súa magnifica predisposición e colaboración na realización destas entrevistas. Así mesmo, desexámoslles todo o mellor nos seus estudos, no deporte e na vida en xeral. GRACIÑAS E SORTE!

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Entrevista

50


Que lindo é ler!

EL TRAFICANTE DE CÓMICS El traficante de cómics conta a historia de Sándor, un rapaz que vive en Hungría, e dos seus amigos, xuntos loitarán pola liberdade e a xustiza, custe o que custe. A vida de Sándor é moi dura debido a que a súa familia está feita anacos e as escolas néganlles aos rapaces os dereitos ao futuro, el non se rende, aínda que sabe que vive nun mundo prohibido. Segirá os pasos dos heroes que dende sempre camiñan ao seu lado e convertirase nun traficante de cómics. Esta historia gustoume moito porque conta como foi a vida na época do réxime en Hungría a loita destes rapaces contra un país cunha política de goberno moi inxusta. AURORA ROMERO, 6ºB

Tom Gates é un libro que divirte moito porque é un neno moi vago. Vive a 10 minutos da escola pero sempre chega tarde porque a 5 minutos de su casa hai unha tenda de chuches e sempre para pra comprar chuches e tarda 10 minutos en comprar unha bolsa entonces sempre chega tarde a clase e o profesor reñelle pero, como non lle gusta estudiar, nas clases ponse a facer debuxos a Marcus un neno que vai na

51

Biblioteca

Que lindo é ler!

EL DIARIO DE ANA FRANK

LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE La evolución de Calpurnia Tate trata sobre unha nena de once anos que vive en Texas a finais do século XIX. É a única nena de sete irmáns e súa nai non quere que estudie e prefire que quede na casa facendo tarefas propias dunha muller desa época . A ela non lle parecía moi ben, mais a súa vida cambiou o día que lle pediu un libro de ciencias a seu avó. Dende ese día, Calpurnia pasa todas as tardes descubrindo novas cousas no laboratorio ou no río acompañada do avó e garda insectos para crialos e observalos. Pero non todo acaba aí, pois seus pais non están de acordo en que exerza de científica e aos seus seis irmáns non lles interesa moito o tema. Gústame este libro porque te familiariza co mundo da ciencia. Ademais, Calpurnia loitará por ter o futuro que ela quere aínda que seus pais non opinen o mesmo. ICÍA SAAVEDRA, 6ºA

misma clase. Tom e o seu mellor amigo que se chama Dreek teñen un grupo de música, aos dous gustalles os (DUDE 3) entonces no seu grupo de maiores queren ser como os DUDE 3. Tom na clase sempre esta facendo debuxos ou pa o seu grupo que se chama (LOS LOBOZOMBIES) ou para Marcus . Tom cando sabe que vai chegar tarde fai xustificantes como si el fora sua nai. A min este libro encantoume porque é un neno que non lle gusta estudar pero non incordia aos demais e ten ideas moi claras. Eu recoméndollo a todos os nenos lectores porque é divertido e fácil de entender. ALEX POUPARIÑA, 6A

Anna Frank era unha nena xudía que con tan só trece anos loitou para mellorar a sociedade escribindo nun diario, chamouno Kitty. Gústoume moito este libro porque narra a vida dunha nena durante a segunda guerra mundial e as súas condicións. LUCÍA GARCÍA-ANLLO, 6ºA

LOS PEORES AÑOS DE MI VIDA 6

Los peores años de mi vida 6 ¡Salvad a Rafe!, é o sexto libro dunha saga de humor que enseña o valor de non rendirse ante as adversidades da vida e que sempre hai que intentar conseguir as túas metas. Ademais vese que Rafe, o protagonista, non pensa só en el ,senón na súa nai. Recoméndollo a todos os que creen ter unha vida que é unha carreira de obstáculos. LUCAS AMADO, 6ºB

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Investigación

O PUMA

COUSAS QUE DEBEMOS SABER SOBRE ESTES ANIMAIS

Por MIGUEL REGO, ADRAO FERNÁNDEZ E VICENTE CASTRO, 6ºA/B

O puma, Puma concolor, é un mamífero da familia felidae, orixinario de América. Este gran felino solitario vive en máis lugares que calquera outro mamífero salvaxe terrestre do hemisferio occidental. Esténdese dende o Yukón, en Canadá, até o sur dos Andes de América do Sur. O puma é adaptable e xeralista, polo que se encontra nos principais biomas de toda América. Prefire hábitats con densa vexetación durante as horas de axexo, pero pode vivir en zonas abertas. É o segundo maior felino no Novo Mundo, despois do xaguar, e o cuarto máis grande do mundo, co leopardo, despois do tigre, o león, e o propio xaguar. O seu tamaño é maior que o do leopardo das neves, aínda que está máis emparentado cos pequenos felinos.

minante na súa área de distribución, como cando compite cos animais de presa como o lobo gris. Trátase dun felino solitario que polo xeral evita as persoas. É raro que un puma ataque un ser humano, aínda que se rexistrou Como cazador e depredador de emboscada, un aumento na frecuencia nos últimos o puma persegue unha ampla variedade de anos. presas. O seu principal alimento son os ungulados coma o cervo, en particular na parte O puma foi considerado unha praga setentrional da súa área de distribución, pero perigosa a partir da colonización eurotamén caza camélidos coma o guanaco e es- pea de América. Sumado á progresiva pecies tan pequenas como insectos ou roedo- ocupación humana dos hábitats do res. Trátase dun animal territorial cunha baixa puma, significou que as poboacións densidade de poboación. Cada territorio dun diminuíron en moitas partes da súa puma dependerá da súa extensión, a vexeta- media histórica. En particular, o puma ción, e a abundancia de presas. Aínda que é un extinguiuse na parte oriental de Amégran depredador, non sempre é a especie do- rica do Norte, tirante un caso illado

A VACALOURA A vacaloura é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son fácilmente distinguibles, pois os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que os das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. Os adultos aliméntanse do zumo das árbores e de zume de froitos maduros. Poden voar alcanzando hasta 6 km/h. Éste é considerado o insecto de maior tamaño de Europa, aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

da subpoboación na Florida. Coa súa ampla distribución xeográfica, o puma ten decenas de nomes e é mencionado con diversas referencias na mitoloxía dos pobos indíxenas de América e tamén na cultura contemporánea.

Por AITANA GESTO, AURORA ROMERO, LUCAS AMADO E EVA ALONSO, 6ºB

un tamaño de entre 30/90mm nos machos e entre 20/45mm nas femias. Esta especie está en regresión debido á súa hábitat e á cara, pois é un exemplar moi preciado.

Investigación

52


Investigación

A Portada Gamer Por ANTONIO PENA E KEVIN REGUEIRA, 6ºA

PE

PEGI

Call of Duty: Black Ops III é un videoxogo de disparos en primeira persoa, publicado por Activision. É a 12ª entrega da saga Call Of Duty é a secuela do videoxogo Call Of Duty Black Ops ll. Foi lanzado o 6 de novembro de 2015. Desenvolvido para Play Station 4, Xbox ONE, PC, Play Station 3 e Xbox 360 cos modos multixogador online, campaña (modo historia), zombies.

PEGI

Clash Royale é un videoxogo de estratexia para móbil desenvolvido e publicado por Supercell. O xogo combina elementos de xogos de cartas, de torres de defensa e batallas multixogador en liña. O xogo foi estreado internacionalmente o 2 de marzo de 2016. As súas cartas dividense en cartas comúns, especiais, épicas e lexendarias. Hai 11 areas actualmente que se foron expandindo cas actualizacións do xogo. Cada xogador ten 3 torres, a do centro (Torre do Rei), e dúas aos lados (Torres de coroas), cando se destrue a Torre do Rei a partida acabará por completo.

PEGI Rocket League é un videoxogo baseado nas físicas de vehículos-fútbol desenvolvido e publicado por Psyonix, lanzado para Playstation 4, PC e Xbox ONE o 7 de xullo de 2015. É unha secuela do videoxogo do 2008 Supersonic Acrobatic Rocket-Powered Battle-Cars, con modo de un xogador e multixogador, local e online, incluíndo unha plataforma de cruzamento entre as versións de Playstation 4 e PC.

O Castelo de Vilalba Por LORENA PENA E NATALIA GONZÁLEZ, 6º A

O Castelo de Vilalba, tamén coñecido como Torre dos Andrade, son os restos da antigua fortaleza situada na localidade de Vilalba da cal hoxe en día solo aqueda a torre do Homenaxe. Esta construcción tivo as súas orixes na familia dos Castro no século XI. A Torre dos Andrade pertencia a familia dos condes de Andrade e condes Vilalba. A estructura do Castelo era de planta poligonal rodeada por unha muralla. A fortaleza tiña tres torreóns, un deles comunicado a través dunha ponte levadiza. Con 40 metros de altura posee varias plantas. O Castelo está rematado en ameas que ademáis de ser defensivas aportanlle un toque decorativo. No século XV os Irmandiños atacaron o Castelo do señor de Vilalba (Nuno Freire de Andrade) derrubándoo. O edificio non foi reconstruído ata que os reis católicos lle concederon o condado de Vilalba a Diego de Andrade. Anos máis tarde o Castelo retornou ao patimonio dos Castro por mor do casamento entre Teresa de Andrade, Neta de Diego de Andrade, e Fernando Ruíz de Castro Osorio da casa de Lemos. No século XVIII o Castelo foi obxecto de novas reformas. Na década de 1960 foi habilitado para a súa explotación económica como parador de turismo, sendo o mái pequeno de toda a rede. Inicialmente foi un parador de 3 estrelas con 6 habitacións. Recentemente ampliose cun edificio anexo con 42 novas habitacións, mantendo o equilibrio coa contorna e adquirindo a categoría de 4 estrelas. O parador tamén ofrece diferentes actividades como rutas de senderismo, sauna, ping-pong… No seu entorno celébrase a feira de Vilalba cada primeiro domingo do mes. Entre as especialidades gastronómicas podemos encontrar o lacón con grelos, a empanada de raxo, as brochetas de tenreira e o capón Vilalbés. Este edificio é moi visitado polos peregrino posto que esta construido a carón do camiño do Norte e o antigo camiño Real.

53

Investigación

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Investigación QUE PASARÍA SE OS HUMANOS DESAPARECERAN Por LUCÍA GARCÍA-ANLLO, MINIA LEIVAS, GUADALUPE MARTÍNEZ, ARIADNA REGO E ALBA PAZ, 6ºA/B Isto é o que pasaría se os humanos se extinguiran: Os animais que dependen das persoas como cans, gatos, vacas, galiñas... verían reducida a súa poboación. Os piollos por exemplo extinguiríanse. As primeiras horas as rúas converteríanse en ríos e os metros e parkings quedarían asolagados. Outras encheríanse de vexetación e tamén incendiaríanse algúns fogares xa que poden estar feitos de madeira e un simple raio pode comezar coa devastación. En dez anos estouparían as tuberías das ciudades máis frías. Os edificios sobrantes serían destruídos unhas cantas décadas despois. En cen anos especies en peligro de extinción aumentarían e chegarían a un número razoable. En trescentos anos a única proba de que existíramos serían monumentos de pedra como a muralla china. En mil anos o mar absorvería o oitenta por cento de basura que hai nel. En cincuenta millóns de anos só quedará a nosa basura. O plástico e o PVC serían os materiais que tardarían máis tempo en desaparecer entre cen ou mil anos. En tres mil millóns de anos o planeta eliminaría toda a nosa basura. Unha boa maneira de evitalo é non seguir contaminando.

O DEMONIO DE TASMANIA Por UXÍA TRINIDAD, 6ºB

O demonio de Tasmania (Sarcophilus harrisii) é unha especie de marsupial da familia Dasyuridae. Na actualidade só se atopa en estado silvestre na illa de Tasmania, ao sur de Australia. É o marsupial carnívoro de maior tamaño existente na actualidade, tras a extinción do lobo marsupial. O seu tamaño é como o dun can pequeno, cun corpo robusto e musculoso e a súa pel está cuberta de pelo negro. Caracterízase polo seu desagradable cheiro, polo seu berro moi forte e inquietante, así como polo seu ferocidad cando se alimenta. Pode cazar as súas propias presas pero tamén se alimenta de carroña, así como de produtos domésticos se hai humanos vivindo preto. Polo xeral é un animal solitario, pero ás veces aliméntanse en grupos. A pesar do seu aspecto corpulento, pode desenvolver

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

(Fonte: Wikipedia)

unha velocidade sorprendente, e pode subirse ás árbores e nadar polos ríos. Os machos loitan entre si polas femias e logo vixían ás súas parellas para evitar a infidelidade feminina. As femias poden ovular tres veces noutras tantas semanas durante a época de apareamiento, e o 80% das femias de dous anos de idade acaban preñadas durante a tempada de apareamiento anual. Foron considerados unha ameaza para o gando, e cazados polas súas peles ata levalos ao bordo da extinción. En 1941 pasaron a ter a consideración de especie protexida e recuperaron a súa poboación; os científicos argumentaron que a preocupación de que os demos eran unha ameaza significativa para o gando era inxustificada. Con todo, desde finais dos anos 1990, un contaxioso cancro facial reduciu drasticamente a súa poboación e agora ameaza a supervivencia da especie, que en 2008 declarouse como en perigo de extinción; o goberno de Tasmania emprendeu diversos programas para reducir o impacto da enfermidade, incluída unha iniciativa para criar grupos de demonios sans en cautividade.

Investigación

54


Colaboración MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS. UNHA HISTORIA DE LIBROS Para AFP de AGM

Atópome soio aquí, na Cidade dos Desexos, perto da Pastelaría de Dona Remedios, agardando polo Tesouro do Dragón Smaug e por un Tren Cargado de Misterios que, tras percorrer a Avenida do Parque, facendo parada no número 17, descargue todas as Flores Radiactivas que transporte e poida transformar a Néboa Escura coa que se envolvían as Rapazas, misturada cunha tenue capa de Aire Negro, e dar paso a unha Nube de Cores que se expanda Lonxe do Mar. Por se non o sabedes aínda, o Meu Nome é Skywalker e fixen as miñas primeiras prácticas na famosa Escola de Piratas –que fermoso aquel berro de Á Abordaxe!!!- e no Laboratorio do Doutor Nogueira. Alí aprendín a andar polo mundo. Non foi fácil: Cos Pés no Aire, percorrín a Praia da Esperanza, non sen antes colocar unha Lúa na Fiestra, a Lúa do Senegal, para que acompañase plácidadmente o Soño do Merlo Branco. No Corazón do Bosque souben atopar a Laura e os Ratos e coñecer de primeira man a marabillosa Noite dos Animais. Verdadeiramente foi aí onde me dín conta que Non Hai Noite tan Longa, máis longa aínda que a Viaxe de Gagarin, que xa é dicir. Pronto cheguei á Praia da Esperanza na que, xusto no Centro do Labirinto, case coma Fuxida do Mar, atopábase a Dama da Luz. Unha dama orixinaria da caste das Fadas Verdes que, como verdadeiras Fantasmas de Luz, souberon rematar dunha vez por todas coas Noites de Voraces Sombras. Marilyn, que así se chamaba a dama, fora Amor dos Quince Anos dun dos Gardiáns do Bosque, certo señor ao que se lle daba moi ben a loita e que, Lonxe do Mar, soubo acabar definitivamente co seu Querido Inimigo, despois de que a Neve Interminable que ateigaba os Valados deixara inutilizadas as Fronteiras do Medo. (Ven á miña cabeza a frase que tiña que oír de continuo, Raquel ten medo, ou mesmo a de Que medo, mamá Raquel, provocadas ambas polos Fantasmas no Corredor e polos Corredores de Sombras). Pero a historia non remata aquí. Pois, tralos Trece Anos de Branca, unha das miñas Amizades Secretas, coa que mantiven contacto a través das Cartas de Inverno que nos cruzabamos ás agachadas, coñecín polo miúdo o Segredo da Illa Negra, que non era outro que a muller que a habitaba dende había moitos anos: a Serea da Illa Negra. E todo acontecera dende a súa Fuxida do Mar, o que lle permitiu chegar, grazas ao destello producido Desde unha Estrela Distante ao Corazón de Pedra da illa, coma se fose o mesmo Raio Veloz. E este é, nin máis nin menos, o Rastro que Deixamos. Para min, que son un romántico, o Único que queda é o amor. E para sempre me quedarás ti, Agustín!!! Grazas por deixarnos tan magnífica, fermosa e variada herencia. Upa!

55

Colaboración

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

56


Noticias do Cole

57

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

58


Noticias do Cole

59

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

60


Noticias do Cole

61

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

62


Noticias do Cole

63

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

64


Noticias do Cole

65

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

66


Noticias do Cole

67

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


A páxina de Anpa

A páxina de ANPA Acabando xa o curso e levando 2 anos na directiva chegamos á conclusión de que queda ainda moito que facer. Que somos 7 nais, cada unha co seu traballo, que non damos abasto e que hai traballo para 7 mais. Tamén temos que decir que é un traballo agradecido e moi gratificante. Aproveitamos dende aquí para convidarvos a formar parte do equipo.

-Excursión a Monforte e Chantada (Museo do Ferrocarril, Pazo do Cabo do Mundo ecomuseo etnográfico de Arxeriz, Casa de Anxo Moure e bodega de Anxo Moure). -Festa de fin de curso.

Si nos permitides, imos a facer reconto do que se leva feito este curso: -Puxemos en marcha o Servicio de Madrugadores, traballando conxuntamente coas ANPAs do Mato Vizoso e da Escola de Infantil. -Actividades novas: programación e robótica, hockey sobre patíns, multideporte, ximnasia rítmica, inglés nativo, patinaxe para adultos (en realidade nais cos seus nenos).

-Concurso de postais de Nadal con 9 premiados. -Chocolatada con actuación de títeres ( As Tres Raiñas Magas), chocolate, churros e biscoitos caseiros feitos polas nais que forman parte da directiva. -Regalo dunha camiseta a todos os nenos socios. -Regalos de Reis para todos os nenos do colexio.

-Trouxemos “O Apalpador” (Anxo Moure) para todos os cursos en horario escolar. -Aportación da metade do coste do televisor que comprou o colexio para a aula de usos múltiples. -Taller de disfraces para axudar a facer o disfraz do colexio. aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

A páxina de ANPA

68


A páxina de Anpa -Entramos a formar parte de FAPACEL (Federación de ANPAs de Lugo).

nos pareceu tremendamente interesante. A Anpa encargouse de comprar os coxíns que despois quedarán para a biblioteca e as aulas de infantil.

-Traballamos para conseguir subvencións do concello, da Xunta...

-Aportación para repoñer xogos no patio de infantil. En Semana Santa entraron e romperon todo o que había por alí (unha casiña, un tobogán, varias motos de plástico, etc.).

-Charlas: Os perigos das novas tecnoloxías, Educar no eloxio, Charlas sobre celiaquía. -Concurso de coxíns; iniciativa proposta por Ana, a orientadora do colexio, e que

Queda aínda por facer: -Xornadas de portas abertas das actividades que xa se están impartindo e de actividades novas que queremos impartir. -Potenciar actividades que nos parecen moi interesantes para os nosos nenos como robótica, cooperativismo, métodos de aprendizaxe que potencian as habilidades dos nenos como Nenoos, Kumon... -Seguir traballando para que o Servizo de Madrugadores siga funcionando.

-Excursión en outono ó Courel. -Seguir colaborando con cousas que nos propoñen dende o colexio. -Seguir escoitando os problemas dos pais e intentar darlles solución. -Unha vez máis, grazas polos vosos ánimos, as vosas felicitacións e a vosa participación nas actividades que imos organizando. Un agarimoso saúdo de todas as que formamos parte do equipo directivo da ANPA.

69

A páxina de ANPA

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Marcapaxinas e Pasatempos

aPraviaLetras Galegas’2017

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Recollidos da unidade didáctica do Seminario Galán, Letras Galegas 2017

Marcapáxinas e Pasatempos

70


Os nosos murais



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.