Apravialg2015 def

Page 1

Ano XXXVI Nº 66

Vilalba, maio de 2015

Revista escolar do CEIP Antonio Insua Bermúdez

Mª DEL MAR ANLLO yáñez “Mar, pódesme facer unhas fotocopias”. “Mar, dasme tiza”. “Mar, déixasme un pouco de papel”. Mar, podes gardarme o balón”. Cantas veces escoitamos estas frases cada día no noso cole? Moitísimas, é verdade. E sempre rematan por cumplirse. Mª del Mar Anllo, ou Mar, como todos a coñecemos, é a persoa que se ocupa das tarefas de Conserxería e tamén da limpeza no noso Cole.

o camiño norte de santiago

traballos das aulas noticias do cole que lindo é ler! a páxina de anpa

Senén e Tomás

FELIZ XUBILACIÓN!!!


EQUIPO DE REDACCIÓN Pedro Roca, Mateo Caderno, Laura Cazón, Elena Pumares, Reyes López, Aitana Santalla, Fran Portela, Martín González, David Montero, Diego Tenreiro, Asier Fraga, María Santalla, Carla Sánchez, Érica Currás, Belén Lamas, Inés Poupariña, Eloy Vila, Andrea Losada, Uxía Corral e Ángela Bello COLABORARON TAMÉN NA EDICIÓN DESTE REVISTA Alumnado e Profesorado do Centro ANPA Mª del Mar Anllo Yáñez Bibiografía e recursos utilizados Edita CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” Enderezo Cuart de Pobler, s/n 27800 Vilalba (Lugo) Telf./Fax 982-510721 Correo electrónico ceip.antonio.insua@edu.xunta.es Páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

www.xunta.es/linguagalega/ xose_filgueira_valverde www.filgueiravalverde.gal www.seminariogalan.org www.academia.gal www.culturagalega.gal www.diadasletrasgalegas.galiciadigital.com www.aelg.org www.gl.wikipedia.org

Secretaría Xeral de Política Lingüística

(Tirada: 500 exemplares)

Publicación subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e OU da Xunta de Galicia


Letras Galegas 2015

3

Índice Editorial LG’2015: Homenaxe a Xosé Filgueira Valverde Traballo das Aulas Orientación XVII Certame Benjamín Paz Entrevistamos a: Mª del Mar Anllo Yáñez Feliz xubilación!!! Biblioteca: Que lindo é ler! Investigación Noticias do Cole A Páxina de ANPA Marcapáxinas Os nosos murais

Índice

Certame

3 4 5 11 46 48 50 52 53 54 56 68 70 71

Mini e Mero

Entrevista

Índice

O Camiño de Santiago

Xosé FILGUEIRA VALVERDE

Mª Mar Anllo aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Editorial

Chega o mes de maio e coma todos os anos, celebramos o Día das Letras Galegas. Con tal motivo, sairá un novo número da revista A PRAVIA. É un honor para os alumnos e alumnas de 6º de Primaria poder formar parte do Equipo de Redacción desta revista tan marabillosa que fixemos con moito agarimo. Para nós foi unha experiencia inesquecible e desexamos de todo corazón que vos guste. Ao longo deste curso que agora remata, leváronse a cabo no noso Colexio unha morea de actividades das que aprendemos moito e dun xeito moi diferente. Este ano o proxecto central da Biblioteca foi “O Camiño Norte de Santiago” do que veredes algunha que outra páxina na que se fala del. Pero a que máis nos tarda por facer vai ter lugar a finais de maio, unha vez que xa estea no prelo a revista. Non obstante podémosvos dicir que consistirá na realización dun tramo do Camiño Norte dende Martiñan a Goiriz, con comida campestre incluída para todo o alumnado e profesorado, Salientamos tamén, unha vez máis, a organización do XVII Certame Literario Benjamín Paz, convocado polo noso Colexio, e do que podedes ver, no apartado correspondente, os seus gañadores -en debuxo, poesía e narrativa- e algúns dos seus traballos. Outro tema interesante que vades atopar neste número é o relacionado coas Letras Galegas. O homenaxeado deste ano 2015 é o escritor polifacético, XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. Nas seguintes páxinas xa podedes coñecer un pouco máis da súa vida e da súa obra. Nesta edición, no apartado da entrevista, coñeceredes máis polo miúdo á nosa conserxe Mª DEL MAR ANLLO YÁÑEZ, persoa que forma parte da actividade diaria do noso cole. Dende estas páxinas agradecémoslle moi sinceramente a súa disposición para contestar as nosas preguntas. Outras seccións habituais completan a publicación: os traballos das aulas, as noticias do cole, as competicións do deporte escolar, a páxina de ANPA, os comentarios de libros, os traballos de investigación, etc. Unha das páxinas que resultou máis entrañable para nós foi a dedicada a dous profesores que nos deixan neste curso. Tomás Silva, titor de 4ºB e Senén Montero, de 6ºA, xubílanse. Nós, en representación de toda a comunidade educativa do Insua Bermúdez queremos agradecerlles todo o bon e importante traballo que levaron a cabo na súa tarefa profesional e trasladarlles, así mesmo, os mellores desexos para que disfruten da nova situación o maior tempo posible. Antes de rematar quixéramosvos dar as grazas por todo o que fixéstedes por nós ata o de agora, ao longo da Educación Primaria. Esperemos que vós tamén esteades contentos con nós. Aínda que nos vaiamos a estudar a outro centro, agardamos poder volver pronto de visita. E se máis dilación, desexamos que vos guste a revista. Un bico. O Equipo de Redacción

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

4


Letras Galegas2015

Xosé Filgueira Valverde

Filgueira aos 20 anos. Nome

Xosé Fernando Filgueira Valverde

Nacemento

Pontevedra 28 de outubro de 1906

Falecemento

Pontevedra 13 de setembro de 1996

Nacionalidade

Española Universidad de Santiago de

Alma máter

Compostela

Por Ángela, Andrea, Belén, Carla, Martín, Inés, Érica, Uxía, Fran e Eloy

Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra, 28 de outubro de 1906 - Pontevedra, 13 de setembro de 1996), foi un escritor, intelectual, investigador, erudito e crítico en lingua galega e castelá. Coñéceselle, no ámbito intelectual galego, co sobrenome de “O vello profesor”. Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de profunda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2015 polo seu traballo divulgativo a favor da lingua e da cultura galegas. Trátase dunha figura que suscita controversia, e ao mesmo tempo é un personaxe fundamental no transcorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Universidad de Zaragoza Ocupación

Intelectual y escritor

Lingua de producción literaria

Gallego y castellano

Lingua materna

Gallego

Xénero

arqueología y

Historia, antropología

A maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).

Sinatura

5

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Letras Galegas 2015

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE ANACOS DA SÚA VIDA

Homenaxe

6


XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

OBRA COMPLETA Narrativa

Os nenos (Pontevedra, 1925) O Vigairo (Coruña, 1927) Quintana viva (Vigo, 1971)

Teatro

Agromar (Lugo, 1936)

Poesía

6 canciones de mar "in modo antico" (Pamplona, 1941)

Dicionarios

Vocabulario popular galego-castelán (Vigo, 1926)

Guías e catálogos

Santiago de Compostela (Madrid, 1932) Recuerdos gremiales de la fiesta del Corpus (Pontevedra, 1940) Enrique Campo (18890-1911) y sus predecesores (Pontevedra, 1940) Itinerario del Corpus en la Pontevedra antigua (Pontevedra, 1940) La Moureira, arrabal marinero de Pontevedra (Pontevedra, 1942) Colección de Azabaches compostelanos (Pontevedra, 1943) Pintura romántica gallega: Juan José Cancela del Río. Jenaro Pérez Villaamil. Ramón Gil Rey (Pontevedra, 1944) Santa María la Mayor, iglesia de los mareantes (Pontevedra, 1945) Pabellón de los Museos: Fondos del Museo de Pontevedra y del Museo Massó (Pontevedra, 1945) Santo Domingo y sus ruínas (Pontevedra, 1946) Pontevedra, fortaleza arzobispal (Pontevedra, 47) La imprenta compostelana. Libros y folletos hasta 1868 (Santiago de Compostela, 1948) El Libro de Santiago (Madrid, 1948) El Grabado Compostelano (Pontevedra, 1948) Grabados compostelanos. Iconografía del Apóstol. Grabadores santiagueses. Temas locales (Santiago de Compostela, 1949) Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios (A Coruña, 1950) Grabados Compostelanos. Iconografía del Apóstol. Grabadores de Compostela. Estampas de tema santiagués (Pontevedra, 1950) Serie didáctica de Prehistoria y Arqueología (Pontevedra, 1952) Petroglifos de la provincia de Pontevedra (Pontevedra, 1952) Compostela, la ciudad del Apóstol (Madrid, 1954) Jenaro Pérez de Villaamil (Pontevedra, 1954) Inscripciones romanas en Galicia III (Pontevedra, 1955) Materiales para la Carta Arquológica de la Provincia de Pontevedra (Pontevedra, 1956) Iconografía mariana (Pontevedra, 1959) Fernando Álvarez de Sotomayor (Pontevedra, 60) La Venera (Santiago de Compostela, 1965) Pontevedra en 50 dibujos de Conde Corbal (Pontevedra, 1965) Carlos Sobrino (Pontevedra, 1967) Pontevedra. La Tierra y sus Gentes (Pontevedra, 1967) Luis Pintos Fonseca (Pontevedra, 1967) Nadales Gallegos (Pontevedra, 1967) La Artillería (Pontevedra, 1968) Temas españoles en las Tablitas de la Bicherna (Pontevedra, 1969) Guía breve del Museo de Pontevedra (Pontevedra, 1970) Andrés Freire, dibujante (Pontevedra, 1971)

7

Homenaxe

Carlos Sobrino Buhigas (A Coruña, 1971) Víctor Casas (Madrid, 1972) IV Centenario de "Os Lusíadas" de Camones (Madrid, 1972) El escultor Acuña (Santiago de Compostela, 73) María Teresa Arias (Pontevedra, 1973) 175 dibuxos de Castelao (Pontevedra, 1976) Julio Prieto Nespereira e o gravado galego (Ourense, 1978) Carlos Maside. Álbum de dibuxos (A Coruña, 80) Sotomayor. Carpeta de láminas (A Coruña, 1981) Escultor Acuña (A Coruña e Pontevedra, 1983) Onte e hoxe do traxe (Ourense, 1985) Grupo "Eixo" (Pontevedra, 1986) Oleos de Teresa Arias (Pontevedra, 1986) Baldaquinos Gallegos (A Coruña, 1987) Os maios (Pontevedra, 1987) O arquivo do Museo de Pontevedra (1991) La Basílica de Santa María de Pontevedra (Vigo, 1991) Galicia Monumental (A Coruña, 1991) Albina Ferreirós (Pontevedra, 1991)

Ensaio

Programa de un curso de Literatura Galega (Santiago de Compostela, 1933) Plan de trabajo para la enseñanza de la Lengua Española (Pontevedra, 1933) Programa de Historia General de la Literatura (Pontevedra, 1933) La Cantiga CIII. Noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval (Santiago de Compostela, 1936) Floresta de cinco siglos (A Coruña, 1936) Los viejos estudios de Pontevedra y la fundación de Fray Tomás de Sarria (Pontevedra, 1942) Cancionero Musical de Galicia (Pontevedra, 1942) Primera Crónica General de España (Zaragoza, 1943) Archivo de Mareantes (Pontevedra, 1946) El primer vocabulario gallego y su colector, el bachiler Olea (Santiago de Compostela, 1947) Sargadelos (Madrid, 1951) La artesanía en Galicia (Bos Aires, 1953) Camoens (Barcelona, 1958) El tesoro de la Catedral Compostelana (Santiago de Compostela, 1959) Hernán Cortés (Madrid, 1960) Lengua española. Segundo curso (Madrid, 1961) Arte literaria. Lengua española (Madrid, 1964) Pontevedra (Madrid, 1964) Azabachería (Vigo, 1964) Don Diego Sarmiento de Acuña. Primer Conde de Gondomar (Pontevedra, 1966) Don Pedro Mariño de Lobeira (Pontevedra, 1967) La ascendencia pontevedresa de Camoens (Pontevedra, 1968) Lengua española y literatura IV (Madrid, 1968) Lengua Española y literatura (Madrid, 1969) En el centenario de Méndez Núñez (Pontevedra, 1969) El viaje a Galicia de Urrabieta Vierge (A Coruña, 1969) Historias de Compostela (Santiago de Compostela, 1970) Don Rosendo Salvado, el gallego que fundó Nueva Nursia (Pontevedra, 1970) El Padre Feijoo y los españoles americanos (Pontevedra, 1971) Fray Martín Sarmiento, el último Cronista de Indias (Pontevedra, 1972) El idioma gallego en la Edad Media (Vigo, 1973) Da épica na Galicia medieval (Vigo, 1973) Fray Sebastián Malvar (Pontevedra, 1973) Con Rosalía de Castro no seu fogar (Vigo, 1974) Don Pedro Antonio Cerviño (Pontevedra, 1974) Año Santo Compostelano (Madrid, 1976) La Toponimia Gallega (Pontevedra, 1976) Los canteiros gallegos (Vigo, 1976)

Letras Galegas 2015

Pai Gomes de Soutomaior (Pontevedra, 1976) Sobre lírica medieval gallega y sus perduraciones (Valencia, 1976) Castelao e os Estudos Galegos (Santiago de Compostela, 1977) Frey Francisco Gil de Taboada y Lemos (Pontevedra, 1977) As festas do tempo nos Cancioneiros galegoportugueses (Pontevedra, 1978) Adral (Sada, 1979) Los Nodales, capitanes de mar y descubridores (Pontevedra, 1979) El Almirante pontevedrés Sarmiento de Gamboa (Pontevedra, 1980) Fray Martín Sarmiento (A Coruña, 1981) Ideas y sistema de la Historia en el P. Sarmiento (Pontevedra, 1981) Segundo Adral (Sada, 1981) El Almirante pontevedrés Enrique MacDonnel (Pontevedra, 1982) Terceiro Adral (Sada, 1984) Sobre los Almirantes Matos (Pontevedra, 1984) Don Casto Sampedro Folgar (Pontevedra, 1987) Cuarto Adral (Sada, 1987) Quinto Adral (Sada, 1989) Sexto Adral (Sada, 1990) Álvaro Cunqueiro (Sada, 1991) O Himno Galego (Pontevedra, 1991) El P. Joan de Beira (Pontevedra, 1991) Una mística gallega del siglo XVIII. La Venerable María Antonia de Jesús (A Coruña, 1991) Sétimo Adral (Sada, 1992) Estudios sobre lírica medieval (Vigo, 1992) Pontevedra no Camiño das Peregrinacións (Santiago de Compostela, 1993) Octavo Adral (Sada, 1994) Noveno Adral (Sada, 1996)

Edicións

Descripción del Reyno de Galicia del Licenciado Molina (Pontevedra, 1949) Noticias de Indias en Juan de Guzmán. Catedrático de la villa de Pontevedra, 1586 (Pontevedra, 1963) Cinco piezas breves de teatro escolar (Madrid, 1963) Páginas del descubrimiento de las Islas Salomón (Pontevedra, 1964) Noticas de Indias en la Relación del Viaje de los Capitanes Bartholome y Gonzalo de Nadal (Pontevedra, 1965) Lago González. Biografía y selección de su obra gallega (Santiago de Compostela, 1967) Lago González: Poesía Galega (Santiago de Compostela, 1967) Cancioneiriño novo de Compostela (Vigo, 1969) La Ilustración Gallega y Asturiana (Gijón, 1979) Afonso X e Galicia. E unha escolma de Cantigas (Vigo, 1978) Sagra Biblia en Galego (A Coruña, 1984) Rosalía cos rapaces. Escolma comentada (Santiago de Compostela, 1985)

Sobre o autor e a súa obra

Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, Xesús Alonso Montero.(Vigo, 2015)

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Letras Galegas 2015

6 CANCIÓNS DE MAR IN MODO ANTICO 6 Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol posto; ten unha rosa na man, outra na mazán do rostro. Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol novo; ten unha estrela no mar, outra dormida no colo. Ten unha rosa na man, outra na mazán do rostro. Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol posto! Ten unha estrela no mar outra dormida no colo, Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol novo!

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

ADRAL (fragmento) 8. OS NOMES DOS DÍAS DA SEMÁN Vaise perdendo de todo o vello costume de chamar aos días da semán con números, seguidos das verbas «feira», e medra o uso dos nomes «pagáns» que sempre coexistiron con eles, ben en formas galegas, ben con castelanismos que respondan á data do espallamento. O feito de que Galicia e Portugal acolleran o sistema numérico responde, sen dúbida, a un infruxo ecresiástico e pode datar da evanxelización de San Martiño de Dume, na época sueva. Giesse supuxera unha orixe islámica, desbotada por Paiva Bolêo no mellor estudo sobre un tema en que os nosos falares arrédanse tanto dos demáis da Romania. San Isidoro fixara nas «Etimoloxías» os motivos pra que fose xeneralizado o uso litúrxico e mostrouse tolerante cos que empregaban as denominacións románs, xustificándoas cunha sorte de «eubemerismo». Di deste xeito. «Dies ven de diis, os deuses cuios nomes consagraron os románs a certas estrelas. O primeiro día chamouse do sol, porque é a principal de todas, i este día é como a cabeza dos outros. O segundo (luns), da lúa, que é a máis somellante do Sol, polo seu brillo e grandeza, e toma a súa lus. O terceiro (martes), da estrela Marte, que se chama Vesper. O carto (miércoles), da estrela Mercurio, chamado por algúns Circo Branco. O quinto (xoves), da estrela Iovis, Iúpiter, que chaman Faetón. O sesto (vernes), a Venere, Venus, a que chaman Lucifer; é antre todas a que máis lus ten. O séptimo, da estrela Saturno, que está no séptimo ceo e din que percorre a roita en trinta anos. Os xentís deron estes nomes aos días colléndoos destas sete estrelas, porque coidaban que delas recibían bens, decindo que do Sol recibíase o esprito; da lúa, o corpo; de Mercurio, o inxenio e máis a fala; de Venus, o pracer; de Iúpiter, a tempranza; de Saturno, o humor... Moito mellor procede o rito da Eirexa cando dá nomes a estes días; nembargantes, si, por costume, saíra da boca dun cristián o que o seu corazón reproba, non deixe de ter presente que todos aqueles de quen se parica o nome dos días, foron homes, sin máis, e que, soio por certos benfeitos temporaes, porque foron poderosos e sobranceiros, é polo que lles foron dados honores diviños e puxéronlle os seus nomes ás estrelas, e non esquezamos que, polas estrelas, fóronlles dados aos días». O feito esperta algunhas cuestións que convén escrarecer. «Feira» quixo, no escomenzo, decir «descanso» e «día de festa». O uso de considerar, litúrxicamente, «feiras» tódolos días data do século V. Covarrubias recolle unha razón que debe vir de aqueles tempos: «porque en todos los días de la semana se hace sacrificio a Dios». O nome das «ferias» pasaría a os «mercados», que se facían perto das eirexas. Foi o cuño eclesiástico da verba o que determiñóu que, en castelán, se mantivese a «f» inicial, ao xeito galego, en lugar de «heria», que, por exempro, se atopa nos refráns de Hernán Núñez. «Gente de heria» di Quevedo polos xoldeiros i esmorguistas. (...) Pra dármonos ideia da regresión do sistema numérico, en Galicia, abonda maxinar que eu puxese «sesta feira», en lugar de decir «vernes»: pra os máis dos lectores mesmamente como si falara das «kalendas» ou dos «idus». Anque os diccionarios refugaran o tema, Saco e Lugrís, nas súas gramáticas, recolleron o que ía quedando da serie numérica: «coarta», «quinta» e «sesta feira», que aínda se defenden en algures da forte progresión das novas formas, incruso en vilas como Santiago. Mesmo nos refráns, pode anotarse o desuso do sistema eclesiástico. Por exemplo, no da muller traballadora, que é vello, nos tempos aqueles en que se fiaba o liño: «O luns, mollo; o martes, lavo; o mércores, seco; o xoves, saco; o vernes, peneiro; o sábado, amaso; o domingo, que eu fiaría todo o día, todos me din que non é día».

Homenaxe

8


Actividades recollidas da unidade didáctica sobre Xosé Filgueira Valverde do Seminario Galán.

Letras Galegas 2015

Seleccionadas polo Equipo de Redacción

9

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Xosé Filgueira Valverde en

CÓMIC

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Letras Galegas 2015

Por Mateo Caderno García

Homenaxe

10


Infantil-3

11

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-3

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

12


Infantil-3

13

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-4

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

14


Infantil-4

15

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-5 O CAMIÑO DE SANTIAGO

(CLASE DE 5 ANOS)

O PEREGRINO PEPIÑO FIXO O CAMIÑO, E FOINOS CONTANDO TODO O QUE LLE ÍA PASANDO…

1.

POLO CAMIÑO DO NORTE AS SINAIS FOI MIRANDO E AS SÚAS AVENTURAS NO DIARIO FOI RELATANDO !

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

16


Infantil-5 ALGÚNS PAPÁS E MAMÁS VIÑÉRONNOS A CONTAR, O BEN QUE O PASARON FACENDO O CAMIÑO AO ANDAR!

CANTAS COUSAS NA MOCHILA HAI QUE LEVAR!

17

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Infantil-5 NO ANTROIDO VESTÍMONOS DE PEREGRINOS FACENDO O CAMIÑO CON MOITO CARIÑO

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

18


Infantil-5 E LOGO DO CAMIÑO DISFRUTAMOS E MOITAS COUSAS ATOPAMOS!

PERO O MELLOR SERÁ CANDO SANTIAGO E A CATEDRAL POIDAMOS VISITAR!

19

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-1ºA

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

20


Primaira-1ºB

21

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-2ºA

O que necesitamos.

Fixemos a semente.

Cavamos a terra.

Furamos.

Metemos as patacas.

Tapamos.

E regamos un pouco.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

22


Primaria-2ºA

23

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-2ºB

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

24


Primaria-2ºB

25

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-3ºA

AS PALBRAS QUE MÁIS NOS GUSTAN!!! María G. escolleu PRINCESIÑA Quería poñer unha palabra sinxela e que non a puxera ninguén máis, entón elixín Princesiña. É unha palabra alegre e orixinal. Creo que é a mellor palabra de todas.

Sara escolleu GALIZA Escollín a palabra Galiza porque é onde vivo e onde nacín eu.

Ilina escolleu ESTRELA Escollín a palabra Estrela porque é un astro que brilla moito e a min gústanme as cousas que brillan.

Cosmín escolleu FELICIDADE A Felicidade é o que máis me gusta do mundo e quero que toda a xente sexa feliz incluso os pobres. Por iso escollín esta palabra.

Xiao escolleu COMUÑÓN Escollín esta palabra porque cando fixen a Comuñón gustoume moito e por iso elixina. Tamén porque me gustou o traxe que puxen.

Xabi escolleu BOLBORETA Escollín Bolboreta porque me parece unha palabra moi bonita.

Uxía escolleu AMOR Escollín Amor porque é moi bonita e gústame moito. Tamén porque eu teño moito amor pola xente. aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

26


Primaria-3ºA Foi unha actividade que fixemos na clase a partir dunha invitación do IES LOIS PEÑA NOVO para participar nunha visita ao seu Centro polas Letras Galegas. Cada un de nós escolleu a palabra do noso idioma que máis nos gustaba explicando o motivo. Fixemos un círculo. Escribimos nel a palabra e decoramos un pouco. Logo, no Lois Peña Novo, durante a visita, á parte de quedar abraiados polos talleres que nos mostraron, convertíronnos a palabra que levábamos de papel en CHAPA!!! Foi unha visita moi interesante e entretenida. Pasámolo moi ben!!! Nós, xuntos con outros, cantámoslles unha canción.

Óscar escolleu RAIOLA Escollina por dúas razóns: Unha, porque no meu calendario poñía no mes de marzo (mes no que nacín eu) Raiola. Outra, gústame que saia o sol nun día chuvioso.

Miguel escolleu AXUDA Escollín a palabra Axuda porque nos temos que axudar uns ós outros.

Germán escolleu CORAZÓN Escolllín a palabra Corazón porque é moi bonita e tamén porque todos temos corazón e fainis ter sentimentos.

Silvia escolleu QUÉROTE Eu escollín Quérote porque expresa un pouco o que sente o meu corazón e por iso é a miña palabra favorita.

María C. escolleu FLOR Escollín a palabra Flor porque é unha palabra que non dá guerra, é cousa da natureza, algo natural, de moitas cores. É un agasallo que se adoita dar habitualmente.

Ángela escolleu AMOROSA Escollín Amorosa porque é unha palabra que me resulta moi bonita e familiar e tamén pola miña nai a quen lle teño moito amor.

Nerea escolleu AMOR Escollín a palabra Amor porque é moi bonita e gústame moito.

27

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-3ºB A METAMORFOSE DA RA Este curso quixemos estudar a metamorfose da ra. Reproducimos as condicións ambientais da charca onde vivían os cágados con pedras, algo de terra, herbas e auga .

Os cágados foron transformándose lentamente, perderon a cola.

Pouco a pouco lles foron saíndo unhas patas pequeniñas, primeiro vímoslles as traseiras e máis tarde as dianteiras. As ras comen insectos, tivemos moito traballo cazando para mantelas con vida.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

28


Primaria-3ºB

Agora temos cinco ras e varios cágados. Ás veces saltan fora do terrario. O mellor é que se estamos moi calados podemos oilas croar moi baixiño.

29

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-4ºA

A VOZ DE 4º A VOLUME 1, Nº 1

29-05-2015 C ONTIDO :

N OVAS IDAS E VIDAS

NOVAS

1

SUCESOS

2

DEPORTES

2

ANUNCIOS

2

MÁIS CAMBIOS NA NOSA CLASE

PASATEMPOS 3

Na fotografía o noso mestre, Tomás Silva.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

30


Primaria-4ºA PÁXINA 2

A VOZ DE 4º A

SUCESOS

DEPORTES

ANUNCIOS

31

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-4ºA VOLUME 1, Nº 1

PÁXINA 3

PASATEMPOS

S Ó UN CHEGARÁ Á CLASE . Q UEN SERÁ ??

A TOPA OS NOMES DOS 21 COMPAÑEIR @ S

EQUIPO DE REDACCIÓN Christian Barro

Lucía García

Guadalupe Martínez

Xesús Bermúdez

Natalia González

Miguel Paz

Carla Campelo

Minia Leiras

Álex Poupariña

Dilan Candamil

Carmen Lias

Irene Rábade

Uxía Díaz

Mario López

Miguel Rego

Brais Filgueira

Alex Losada

Kevin Regueira

Sergio Franco

Antonio Machado

Icía Saavedra

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Os xornalistas na redacción.

Traballos das Aulas

32


Primaria-4ºB

33

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-4ºB

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

34


Primaria-4ºB

35

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-5ºA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS, VILALBA 2015

GERARDO CRIADO

Mª ELBA VELEIRO

MODESTO RENDA

FÉLIX JORQUERA

O DÍA 24 DE MAIO celebráronse as Elección Municipais’2015. Estes foron os catro cabeza de lista que se presentaban candidatos á alcaldía de Vilalba: GERAARDO CRIADO GUIZÁN. Veterinario de profesión. Concelleiro en Vilalba polo PP de Galicia dende 1995. Presentouse ás eleccións municipais de 2007 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Naceu no ano 1956 .

MARIA ELBA VELEIRO FERNANDEZ. Médica de prefesión. É concelleira polo PSOE en Vilalba desde 2007. Presén tase candidata a alcaldesa por segunda vez. Naceu no ano 1955. MODESTO RENDA SANTISO, de 26 anos, é profesor de música, e preséntase a candidato para ser alcalde de Vilalba, por Vilalba Aberta. Actualmente continua a súa formación cos estudos de Xeografía e Historia. FELIX JORQUERA CASELAS. O amor pola música fai que entre a comunicación a través da radio nos anos 80, traballou nalguhas emisoras na Coruña, e como crítico musical na Voz de Galicia. En 2002 trasládase a Vilalba para continuar coa sua profesión. En 2003 inicia unha carreira empresarial ligada ao mundo da comunicación creando a sua propia axencia de publicidade e comunicación na que comercializa e realiza radio para distintas emisoras de Galicia. Un ano máis tarde crea un xornal dixital chamado Terra Ch. Xa un periódico gratuito mensual e comarcal que ten unha gran acollida na comarca da Terra Cha. Nesta ocasión encabeza a candidatura do BNG en Vilalba.

RESULTADOS OBTIDOS EN VILALBA UNHA VEZ PECHADOS OS COLEXIOS ELECTOTAIS O domingo 24 de maio, un total de 12.674 cidadáns estaban chamados a decidir co seu voto os que serán os seus representantes no concello de Vilalba. E aquí tedes a súa decisión: CANDIDATURA

Nº DE VOTOS OBTIDOS

Nº DE CONCELLEIROS.

Partido Popular

4013

9

P.S.O.E.

3095

6

Vilalba Aberta

646

1

B.N.G. (PDDdeG)

561

1

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

36


Primaria-5ºA

37

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-5ºB I LOVE DANCE

Por Carla M., Paula S., Paula L., Noa e Naiara

Coñecímonos cando tiñamos 3 aniños. Aos 4 anos decantámonos polo arte do baile. O baile é a nosa paixón e pasamos bos momentos. A nós gústannos moitos tipos de baile: fusión, contemporáneo, baile moderno, jazz, hip-hop. Cada ano bailamos mellor. Nós imos a concursos nacionais para gañar premios e divertirnos. Gústanos tanto que ata vemos una serie de televisión chamada “The NEXT STEP”. No fin de curso imos sorprendervos con novas coreografías. Xa veredes; quedaredes coa boca aberta. As nenas de 5º B

Por Alba, Nerea, Gabriel, Carlota e Alejandra

Hace no mucho tiempo, en un lejano pueblo, vivían los Marci, un grupo formado por dos gemelas y sus cachorros parlantes. Un día decidieron irse de acampada a un bosque. Cuando anochece, se dan cuenta de que Rex ya no está. El cielo está oscuro y deciden esperar hasta mañana para buscarlo. De día, lo buscan pero se pierden. La espesura del bosque no les permitía ver nada. Mientras tanto una patrulla de terroristas llamada OTG tenía a Rex oculto entre las sombras del bosque. El resto el grupo, formado por: Mónica, Andrea, Chispa e Idaira lo buscaban sin cesar por el bosque. -¡Reeex! ¿Dónde estás? Si vienes rápido te daré una galletita rica -dijo Mónica-. Nada, no ha funcionado. Pensaba que este perro era más tonto -pensó.

EL MONSTRUO DEL LAGO NESS Por Sara, Ariadna, Rebeca e Uxía

¿Sabes lo que es el Monstruo del Lago Ness? Todos el mundo piensa que es un gran reptil acuático con el cuello largo,pero no es así.En realidad es un tiburón/ ballena . Al descansar en la superficie del lago su espalda parece un barco de pesca volcado. Por lo tanto, mucha gente se asusta. Por ejemplo en el año 1987 una familia escocesa pudo divisar a tal monstruo. Lo mismo ocurrió en el 2012, que una mujer lo vio pero no pudo sacar una foto por una furgoneta que tenía detrás que no le dejó detenerse. Lo que explica que hay más de uno. aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

En ese momento, Rex logró escapar de las garras de los terroristas con sus patitas perrunas. Rex se reúne después de mucho trabajo con: Mónica, Andrea, Chispa e Idaira. Pasado un tiempo, Rex encontró el amor con Luna, una preciosa dálmata con la que tuvo cinco preciosos cachorritos. Al igual que Chispa, Idaira y las gemelas, que encontraron el amor y se fueron con sus dos perritas a vivir al Caribe, y Rex a Miami, al solete de la playa.

Traballos das Aulas

38


Primaria-5ºB MICROSCOPIO ELECTRÓNICO CASEIRO

Por Jairo, Óscar, Diego, Raúl, Javi

Por Carla P., Pepe, Adri, Noela, Luci, Sergio e Fermín

Que fai King África nunha piscina? BOMBA!!!.

MATERIAIS:

Que lle di una farola a outra? Pon o chuvasqueiro que vén o cadelo.

Unha táboa pequena. Cinta illante. Un láser de luz pequeno. Un rulo de pelo. Unha xiringa. Auga do chan. ELABORACIÓN: 1. Pegar o láser nun extremo da táboa, pegar o rulo do pelo no outro extremo da táboa e comprobar se a luz do láser atravesa o rulo.

OS CHISTES MÁIS ENXEBRES

Como se chaman as patacas de Rajoy? Chips Rajoy!!!. Que lle di un calvo a outro calvo? Agarda que te peino. Que fan catro negros nun coche? Un Kit Kat!!!. Que lle di un peido a outro peido? Pon o casco que saímos voando. Que lle di unha árbore a outra árbore? Que pasa tronco!!! Que lle di un semáforo a outro? Espera que me estou cambiando!!! Que lle di unha tortilla a un garfo? Non me pinches os ovos !!!!

2. Colocar a xiringa verticalmente nun burato Era un home tan grande, tan grande, tan grande que cando comía un iogur, chegáballe a barriga e do rulo. estaba caducado.

CONCLUSIÓN: Cando o láser está acendido a luz pasa pola gota, a concavidade da augafai de lupa e logo vence as bacterias.

Era un futbolista tan malo, tan malo, tan malo que cando metía un gol, na repetición fallábao. Era un home tan pequeno, tan pequeno, tan pequeno, que cando se subiu nunha canica dixo: -O MUNDO É MEU!!!

39

TODOS OS DÍAS CANTAMOS CON SAMUEL

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-6ºA

A ELECTRÓNICA é a rama da física que estuda e emplea sistemas cuxo funcionamento se basa na conducción e control do fluxo dos electróns ou outras partículas cargadas eléctricamente. Esta é a definición de electrónica que recollemos da Wikipedia. Pero non teñades medo. Non imos tratar aquí este tema dun xeito tan científico senón máis ben “de andar por casa”, como se adoita dicir. Por Carla Sánchez, Inés Poupariña e Belén Lamas, 6ºA

Hoxe en día, a electrónica é un dos temas dos que máis se falan, xa que dende pequenos nos habitúan a tela no noso entorno: móbiles, tablets, ordenadores, televisores... Os móbiles e tablets de hoxe en día non serven tan só para chamar, senón que máis ben son utilizados para “chatear” por WhatsApp ou conectarse a redes como Instagram, Facebook, Skype... En cambio, os ordenadores, aínda que seguen sendo modernos, actualmente son máis utilizados para o traballo e tamén moitos son substituidos por ordenadores portátiles. Os televisores son unha forma de diversión para todas as idades, ademais de que hai programas informativos nos que te enteras do que pasa no mundo.

QUE LINDO É LER!!! A AVOA GÁNSTER Por Uxía Corral, 6ºA

Este libro é moi divertido e entretenido se queres pasar un rato lendo recomendocho. Se les este libro coñecerás a avoa de Ben, unha ladroa de xoias perseguida a nivel internacional, ou iso cre Ben. Xuntos intentarán roubar as xoias da coroa pero... algo pasará. aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

40


Primaria-6ºA Recollemos aquí algunhas actividades sacadas da unidade didáctica do Seminario Galán.

41

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Primaria-6ºB

Agora mesmo, a Terra, encóntrase en malas condicións, porque a coidamos menos do que deberiamos.Unha destas causas é a contaminación, por exemplo, os automóbiles que consomen gasóleo contaminan, causan enfermidades porque o aire non está limpo. Ademais, os agricultores usan moitos tipos de sulfatos que non se producen con substancias naturais. Isto pódese remediar fabricándoos con produtos ecolóxicos e así non contaminarían. Dise que o ano 2014 foi un dos máis calorosos e que no ano 2050 a temperatura da Terra subirá cinco graos. Isto pode supor un cambio atmosférico bastante grave para a vida do planeta por incidir no cambio climático. Para evitalo ten que reducirse a contaminación nun tempo récord, pero non só falamos dos importantes pequenos xestos cotiáns que nós podemos facer; falamos de evitar o quecemento global a nivel mundial. Por iso propoñemos o seguinte: Cinco cousas que podemos facer: -Cambiar as lámpadas tradicionais polas de baixo consumo que aforra máis de 45 kg de dióxido de carbono ao ano. -Usar menos auga quente porque fai falta moita enerxía para quentala; por exemplo, cando se usa a lavadora é mellor usar auga fría xa que a roupa lávase igual. -Plantar unha árbore. Unha árbore absorbe unha tonelada de dióxido de carbono durante toda a súa vida. -Conducir menos. Anda, vai aos sitios en bicicleta ou en transporte público que aforras moito máis. -Apagar os electrodomésticos cando non se utilicen. Queres que o mundo tal e como o coñecemos sexa destruído? Abofé que non. Pois podes facer moitas cousas para remedialo, empezando polo que che dixemos. Boa sorte!

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

42


Primaria-6ºB

Un día trouxemos dous vermiños de seda para a clase. A primeira vez que os vimos eran ananos, estaban un pouco tristes e non comían moito. Cando decidiron comer, vimos como desaparecían as folliñas de moreira diante dos nosos ollos, pero permitíronnos ver:

Que dun ovo sae un vermiño, vai medrando e para comer agarra o folla coas patiñas dianteiras e devóraa. As outras patas sérvenlle para desprazarse. Cando xa medraron abondo escolleron un sitio, e cos zumes gástricos fixeron un fío de seda que seica ten unha lonxitude de cinco quilómetros. Aprendemos que vendo a cor das patas do verme saberemos a cor do fío. A transformación dura oito días e cando pasa ese tempo sae unha bolboreta que é flor dun día.

43

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Aula Neae “As persoas ao igual que as aves, son diferentes no seu voo,

pero iguais no seu dereito a voar”

RESPECTA

O

MEU

DEREITO

A

VOAR

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

44


Aula Neae

45

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Orientación

Todos nacemos cunhas potencialidades marcadas pola xenética, pero esas potencialidades van a desenrolarse dependendo do entorno familiar e social, das nosas experiencias, da educación recibida, etc. Durante moitos anos o concepto de Intelixencia baseado unicamente na medición dun coeficiente intelectual implicou unha visión moi reducida da Intelixencia... O concepto de persoa Intelixente está a cambiar grazas as Investigacions levadas a cabo por Howard Gardner. O centro da sua teoría consiste en recoñecer a existencia de dez intelixencias diferentes e independentes, que poden interactuar e potenciarse reciprocamente. - Intelixencia lingüística - Intelixencia Loxico-matemática - Intelixencia Viso-Espacial - Intelixencia Musical - Intelixencia Corporal-Cinéstesica

- Intelixencia Intrapersonal - Intelixencia Interpersoal - Intelixencia Naturalista - Intelixencia Existencial - Intelixencia Pedagóxica

Ao definir a intelixencia como unha capacidade Gardner convértea nunha destreza que se pode desenrolar. E se a intelixencia implica a habilidade necesaria para solucionar problemas ou elaborar produtos e/ou servizos... entón hai que desenrolar esa ou esas capacidades. Todos somos diferentes, en gran parte porque todos temos distintas combinacións de intelixencias. Todas as persoas son Intelixentes, ningunha intelixencia e boa ou mala en si mesma, todas elas se poden empregar de xeito construtivo ou destrutivo. Decidir como facer uso delas é, según Gadner, unha cuestión de valores, non de mera capacidade. Esta na man de todos nos (familia, educadores, sociedade..), a tarefa e a responsabilidade de axudar a cada neno e nena a desenrolar as súas intelixencias e usalas de forma positiva para facer do mundo un lugar mellor.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Orientación

46


Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ XEFA DTO. ORIENTACIÓN: Mª NILA GONZÁLEZ FERREIRO PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: Mª ÁNGELES EIMIL CASTRO MAITE REGES RICO TERESA RODRÍGUEZ QUINTANA AUDICIÓN E LINGUAXE: INÉS CASTELO CURRÁS COORDINADORAS DE CICLO: ANA RÁBADE FERNÁNDEZ INÉS CASTELO CURRÁS Mª NILA GONZÁLEZ FERREIRO Mª TERESA REGES RICO

47

Orientación

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Certame Benjamín Paz

Certame Literario Benjamín Paz ACTA DA REUNIÓN DO XURADO No Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, segundo convocatoria realizada polo CEIP “Antonio Insua Bermúdez” coa colaboración da Asociación de Minusválidos Benjamín Paz e do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, ás 19.00 horas do día 19 de maio de 2015 reúnense os membros que compoñen o Xurado do XVII Certame Benjamín Paz, integrado por: • Don Félix Villares Mouteira, Presidente. • Don Xulio Xiz Ramil. • Don Afonso Blanco Torrado. • Don Xosé Antonio Pombo Mosquera. • Don Xosé M. Felpeto Enríquez, Secretario.

• 2º Ciclo de Educación Primaria Premio compartido para os traballos AS CATRO FADAS DOS ANCARES e MARÍA A SOÑADORA resultaron ser as súas autoras AITANA GESTO REGO e EVA Mª ALONSO FELPETO ambas do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA • 3º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo A MAXIA DA FESTA DA FILLOA resultou ser a súa autora LUCÍA DÍAZ DARRIBA do CEIP MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA Modalidade: DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ • Infantil 3 anos Premio para SHEILA CANDIA CABANA do CEIP Antonio Insua Bermúdez • Infantil 4 anos Premio para ÁNGELA ROÁS RAMIL da ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Despois do oportuno estudo dos traballos e das pertinentes deliberacións, este Xurado acordou:

• Infantil 5 anos Premio para CARLOS AMIDO CASTRO

OUTORGAR OS SEGUINTES PREMIOS:

do CEIP Antonio Insua Bermúdez

Modalidade: POESÍA

E para que así conste esténdese a presente acta, que asinan os membros do Xurado.

• 1º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo QUERO SER COMA ALICIA resultou ser a súa autora TERESA LORENZO GARCÍA do CEIP PLURILINGÜE “LAGOSTELLE” DE GUITIRIZ • 2º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo A VACA E O CARRO resultou ser o seu autor DARÍO SEIXAS PÉREZ do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA • 3º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo O MUNDO DO MEU SOÑO resultou ser o seu autor SANTIAGO SAMPAYO PACÍN do CEIP MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA Modalidade: NARRATIVA • 1º Ciclo de Educación Primaria Premio compartido para os traballos A FADA SALMA e A FORMIGA XOANA. Resultaron ser os seus autores SARA IGLESIA VEIGA e ÁLEX GONZÁLEZ FACAL ambos do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Certame B. Paz

48


Certame Benjamín Paz

Quero ser coma Alicia

A VACA E O CARRO

O mundo do meu soño

Se fora coma Alicia, entraría nun mundo no que as gaivotas falan e os peixes andan.

Son un carro e quero casar cunha vaca teixa que saiba tirar.

Soño cun mundo onde reine a paz, no que nos sintamos amigos e nos poidamos axudar.

Se fora coma Alicia, habería un gato cantando e un coello gardando o gando.

Son unha vaca e quérome casar cun carro novo que saiba cantar.

Eu soño cun mundo onde reine a fraternidade, onde haxa tolerancia e exista liberdade.

Se fora coma Alicia, neste mundo chovería de noite e de día.

Non hai homes no campo porque xa non se leva isto de traballar cos carros, por favor, queda comigo!

Quixera ser coma Alicia no meu mundo real para cambiar as cousas que agora non podo cambiar

Carro, carriño que vas polos camiños, se che cae unha treitoira quedarás na corredoira.

TERESA LORENZO GARCÍA CEIP Lagostelle-Guitiriz 1º Premio-Poesía-1º Ciclo

Todas as miñas pezas xa están vellas e rotas pero se ti me queres non aceptarei a derrota.

Soño cun mundo onde haxa ledicia, onde a tristeza non exista e o ser humano sorría. Hai nenos que soñan cun mundo sen pelexas, un mundo solidario onde non haxa envexas. SANTIAGO SAMPAYO PACÍN CEIP Manuel Mato Vizoso 1º Premio-Poesía-3º Ciclo

A vaca e o carro poideron casar e todos escoitamos de novo o seu cantar. DARÍO SEIXAS PÉREZ CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba 1º Premio-Poesía-2º Ciclo

49

Certame B. Paz

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Lembras o primeiro día que empezaches a traballar no Colexio? Si, por suposto. Naqueles tempos estaba de conserxe o recordado Paulino. Pódesnos describir o traballo que realizas no noso Cole? Pois, brevemente, direivos –aínda que vós xa me vades vendo día a día- que o meu traballo está dividido en dúas tarefas independentes. Durante a xornada lectiva, é dicir, o tempo que vós estade no colexio, o meu traballo fundamental ten que ver coas tarefas de conserxería: atender calquera necesidade que poda darse durante a xornada (reprografía, teléfono, material, etc.). Posteriormente, polas tardes, o meu traballo ten que ver coa limpeza en xeral de todas as dependencias do colexio. Como é a túa relación cos profesores? Pois teño que dicir que a miña relación con todo o profesorado e resto do persoal non docente é boa. E cos alumnos? Pois tamén é boa, claro.

ENTREVISTAMOS A

Mª DEL MAR ANLLO YÁÑEZ Conserxe do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

Xa vai para trece anos que Mª del Mar Anllo Yáñez, ou simplemente Mar, como adoitamos chamarlle, leva a cabo as tarefas de conserxería e limpeza no noso Colexio. Un traballo que realiza con total dedicación e solvencia. A continuación reproducimos a entrevista que mantivemos con ela hai uns días. Onde naciches? Na parroquia de Roás, no concello de Cospeito. Está moi lonxe de Vilalba? Aproximadamente a 20 km. Esta distancia téñoa que facer todos os días ida e volta, claro. En que escolas estudiaches? Primeiro estudei nunha escola unitaria da parroquia de Roás, ata 3º de Primaria. Despois, cursei o resto no CPI Virxe do Monte de Cospeito. Tes bos recordos delas? Si, moi bos de calquera delas. Cantos anos levas traballando neste colexio? Pois no que estamos cumplirei xa 13 anos seguidos traballando neste centro.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Gustache traballar neste colexio? Si. No colexio hai moi bo ambiente, e o traballo, aínda que sexa moito, faise máis levadeiro e agradable. Que é o que máis che gusta do teu traballo? Que todo funcione con normalidade, a relación coa xente, os nenos e nenas… E o que menos? Pois mirade, aínda que non mo creades, o que menos me gusta é cando toca o timbre e me coincide estar perto del. Fai un ruído espantoso!!! Bueno…, tamén me desagrada o momento no que algún alumno ao alumna fai unha travesura. Traballaches noutros sitios antes de vir para aquí? En cales? Si, axudando nun negocio familiar aos meus pais, e de empregada de fogar. Por que decidiches dedicarte a este traballo? Porque cando mo ofertaron e me explicaron en que consistía gustoume moito a proposta e non dubidei en aceptalo. Pásalo ben realizando as túas tarefas? Bueno, hai unhas máis gratificantes ca outras. Pero, como dixen antes, nun ambiente agradable sempre se traballa máis a gusto. Que destacarias do noso cole? A boa relación, o copañerismo, o ambiente agradable e humano, as moitas actividades que se realizan ao longo do curso… E aspectos negativos? Non hai moitos, a dicir verdade. Pero, por citar un, o ruído en determinados momentos do día, que ás veces se fai notar de máis.

Entrevista

50


Mar cos compoñentes do Equipo de Redacción de A PRAVIA que realizaron a entrevista

Daríache pena deixar o colexio? Si, moita. Levo moitos anos traballando nel e moi contenta. A cantos directores coñeciches neste Colexio? Coñecín a dous. E os dous precisamente co mesmo nome. A Tino Fernández, director cando eu entrei, e agora a Tino Alvite, o actual director. Din que a palabra que máis se escoita no cole é MAR. Ti que tes que dicir a isto? Pois si o dicides vós, será verdade. Eu, encantada de que o digan, claro. Algunha anécdota divertida que queiras contarnos? Xa hai algún tempo, cando por Antroido uns nenos maiores me fixeran un disfraz de músico. Levei unha grata sorpresa. Outro ano, nun Magosto, cando despois de asar e comer as castañas empezamos todos a pintarnos con carbón uns a outros. Foi moi divertido.

-Unha cor? O lila. Tamén rosa e o azul. -Un olor? O das flores en primavera. -Un equipo de fútbol? O FC Barcelona. -Un sitio de Galicia? Cedeira. -Un lugar da Terra Chá? Cospeito. -Por último, un momento histórico importante que queiras destacar? O remate da ditadura de Franco e a entrada da democracia en España. Pois nada máis. Moitas grazas, Mar, por atendernos con tanta amabilidade e que sigas moitos anos traballando no noso Cole.

Para rematar, Mar, aí van unhas preguntas rápidas que lles facemos a todos os entrevistados: -Un tipo de música? A pop -Unha canción? “La vida es” de NEK -Un cantante ou grupo muisical? Amaral -Unha comida? A paella -Unha bebida? Mosto e té frío

51

Entrevista

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Senén, Tomás, feliz xubilación!!!

52


Que lindo é ler!

CARTAS DE INVERNO Agustín Fernández Paz

A historia trata de que un pintor, chamado Adrián, merca unha casa. Mentres que “Xabier” o seu amigo, está nunha longa estadía en Quebec. Cando volve atópase cunhas cartas do seu amigo Adrián, que lle escribira cando non estaba. O que non sabía é que cando lera esas cartas a súa vida ía cambiar. É un conto que te entretén ata o final, recoméndollo a todo o mundo. O libro podes atopalo nesta mesma biblioteca do colexio... se queres ver o que pasa. Belén Lamas Valdés, 6ºA

DIARIO DE UNA FRIKI 3 Lía Abellán acaba de comezar as vacacións e parece que a cidade fora arrasada, pois non atopa ningún amigo á vista para superar o aburrimento.

EL MISTERIO DE LA MUÑECA DESAPARECIDA

Gustoume moito este libro contado en forma de diario porque conta a historia dunha nena que a pesar de estar metida en líos continuamente sabe resolvelos e ademais é feliz.

Nesta aventura o club de Tea averiguará o misterio da boneca desaparecida. Na marabillosa aventura do club de Tea, roubanlle a un gran maestro do teatro xaponés unha boneca antiga moi valiosa. As rapazas do club de Tea enfrentaranse a un misterio superratónico. Entre golpes de escena que cortan a respiración, encontrarán a boneca e capturarán aos culpables, demostrando unha vez máis que son as mellores. Comentario:gustoume moito, recoméndollo a todas as persoas que lles guste ler libros de aventuras.

Pedro Roca Castelo, 6ºB

Érica Currás Blanco, 6ºA

O mellor chega cando se vai ela de vacacións a Luxemburgo coa súa familia e a sua amiga Choco a visitar aos seus avos. Ela promete non meterse en ningún lío durante as vacacións . E si o arma, promete que non será gordo. E si é gordo, promete que será extradivertido.

JUNIE B. JONES Y EL CUMPLEAÑOS NO MUY FELIZ

JUNIE B. JONES Y LA FIESTA DE PIJAMAS

Eu leo esta colección de libros porque é moi divertida e interesante ademais de ser recomendada para todos os nen@s.

Junie B. Jones vai durmir por primeira vez fóra da casa e nada máis nin menos que na da súa amiga Lucy.

Nesta historia, a Junie B. pasoulle algo supertriste, vai ser o cumpleanos de Jim e este invitou a todos os seus compañeiros de clase menos a Junie B. Qué vai facer ela agora? Celebrar o seu cumpeanos seis meses antes e invitar a todos menos Jim? Ou colarse nesa festa como sea e levarlle un agasallo moi orixinal como, por exemplo… unha escobilla para o váter? Inés Poupariña Naseiro, 6ºA

53

Biblioteca

Junie B. está desexando ver todas as cousas que haberá nese lugar… E tamén morre de ganas por asistir a súa primeira festa de pixamas! Interensantísimo!!! Carla Sánchez Cruz, 6ºA

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Investigación

Por Reyes, Aitana e Elena

A contaminación é unha das principais causas da morte no mundo. Afecta arredor de cen millóns de persoas. Na actualidade hai cerca de dous mil lugares contaminados. Os nenos son as víctimas mais sensibles cara a contaminación. Cada ano morren mais de tres millóns de persoas por problemas de hambiente. A contaminación non se detén aínda que se elimine a fonte desta. É sempre unha alteración negativa do estado natural do medio ambiente pode clasificarse según o tipo de fonte de donde provén. Existen moitos axentes contaminantes entre eles as substancias químicas como plaguicidas, cianuro, herbicidas, entre outros. Todos estos poden producir enfermidades no ecosistema ou no medio ambiente. Hay moitas formas de combatir a contaminación. A ctualmente moitas oranizacións internacionais como a ONU ubican o desarollo sostible como unha das formas de protexer ao medio ambiente para as actuales e futuras xeracións. As principais causas da contaminación son: O tráfico rodado: os coches e camións son os mayores contaminantes urbanos porque a diario circulan arroxando ao aire gases tóxicos perxudiciais para a saúde. A deforestación: a tala indiscriminada nos bosques e selvas impide que as árbores encaradas de purificar o aire realicen esta tarea e que miles de animales e plantas extinganse por non ter lugar onde vivir e crecer. Os principais países afectados pola contaminación son 5: Brasil, China, Estados Unidos, Xapón e México.

HISTORIA DA ÁRBORE MÁIS ANTIGA E A DA MÁIS NOVA PARA OS ALUMNOS DO CENTRO O PIÑEIRO MATUSALÉN

Por Asier, Pedro e David

Entre as distintas especies de árbores encontramos os seres vivos máis lonxevos, e hoxe lanzámonos á busca da árbore máis vella do mundo. As árbores máis lonxevas son os piñeiros de Bristlecone, esta especie de árbores da familia dos piñeiros chega a vivir miles de anos. En 1953 o científico Edmund Shulman, nos seus estudos sobre lonxevidade en árbores, descubriu un exemplar cun a idade de 4.723 anos de antigüidade ao que bautizou como Matusalén, este é actualmente a árbore mais vella do mundo e para preservalo mantense en segredo a súa situación. Pero o Matusalén pasou a ser a árbore mais vella do mundo despois dunha incrible historia. En 1964 o novo estudante Donald Currey realizaba unha tese sobre os glaciares, e ao decatarse da existencia destes fósiles viventes dispúxose a estudalos. O que fixo a continuación púxoo no primeiro lugar na lista dos científicos máis ineptos en bioloxía. O obxectivo de Currey era estudar un exemplar moi antigo para coñecer exactamente a súa idade, pero para isto non se lle ocorreu mellor idea que talar a árbore matándoa desta forma. Obsesionado co seu obxectivo, pediu

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Investigación

54


permiso ao Servizo Forestal de Estados Unidos para talar a árbore e inexplicablemente foille concedido. Currey talou a árbore e estudou os seus aneis para completar a súa tese. Talando unha árbore pódese determinar con exactitude a súa idade, e este revelou que estivera nese lugar durante 4.950 anos. O mozo puxo fin á vida da árbore máis vella do mundo que nacera antes da construción das pirámides de Exipto e pasou á historia por este triste feito. Estas árbores a miúdo parecen estar mortas con apenas unha parte cuberta por follas e codia. Esta estratexia de crecemento sumado ao seu metabolismo lento son clave para explicar a súa lonxevidade. O NOSO ACIVRO Os acivros son árbores moi resistentes, de pequeno tamaño, de folla perenne, propios de Europa meridional e norte de África.Existen moitas variedades, algunhas de folla variegada (de dúas cores), todas fermosas. Ten unhas follas moi peculiares, con marxes moi dentados e espiñentas, coriáceas, de cor verde oscuro. Florece en primavera. As súas flores son pequenas, brancas e unisexuais: ou ben femininas, dotadas de pistilo ou ben masculinas, dotadas de estames. Non as teñen mesturadas senón que cada exemplar será macho ou femia en función dos seus flores.o polo feixe, máis claro polo envés e moi brillantes. Ao ser de folla perenne están fermosos durante todo o ano pero a súa época de verdadeiro esplendor é o outono e o inverno, cando mostran os seus froitos vermellos. Os froitos son unhas pequenas drupas de cor vermella brillante moi decorativas pero son velenosos para as persoas polo que deberá terse un coidado moi especial se hai nenos pola casa. O acivro é considerado unha árbore sagrada que os antigos celtas chamaron Tinne, o gardián da sabedoría durante a época escura do ano. Tinne, parece ser un termo céltico que se lle daba a toda árbore sagrada, corresponde no antigo alfabeto Ogham á letra T e vai dende o 8 de Xullo ata o 4 de Agosto do calendario gregoriano. É unha árbore que axuda a crecer interiormente e como din as lendas non lle pode enganar ou mentir e el mesmo é o arquetipo da sinceridade. Desta crenza pénsase que os druídas construían as súas varas con ramas de acivro que eran empregadas nos xuízos druídicos como mudo testemuño da presenza da verdade. En realidade o acivro faise sagrado en virtude do poder, da enerxía que posúe, pero non é obxecto de veneración en si. A veneración que os druídas lle profesaron e lle profesan, é no sentido do gran respecto e admiración que inspira. Esta árbore que prantamos os alumnos de sexto queremos que sirva de lembranza do noso paso polo CEIP Antonio Insua Bermúdez. Empezamos unha nova etapa pero non olvidaremos ao noso Centro. Esperamos que, como di a lenda, nos axude a medrar interiormente. O pequeno acivro e nós non seremos tan lonxevos coma o Matusalén, pero si que iremos medrando e envellecendo xuntos.

55

Investigación

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Por Mateo, Laura, Asier, Reyes, David, Elena, Pedro, María, Aitana e Diego

Durante o curso escolar 2014-2015 que está a piques de rematar, no noso Colexio organizamos unha grande cantidade e variedade de actividades complementarias e extraescolares que podedes apreciar de maneira detallada nas vindeiras páxinas. A xeito de índice referimos aquí unha pequena síntese delas. Como podedes ver moi variadas e numerosas (algunhas aínda pendentes de levar a cabo): VISITA A PHANOMENTA NAS TERMAS Practicamos con todos os proxectos e experimentos científicos. SAMAIN Fixemos unha exposición de cabazas, algunhas daban moito medo! MAGOSTO Fixemos unha cata de sobremesas nas que o ingrediente principal era a castaña. Comemos castañas asadas. Que boas estaban! DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA Xuntámonos todos no patio para cantar a canción “Cantarela dos nenos” e soltar unhas pombas. Foi moi espectacular! ENTROIDO Disfrazámonos de peregrinos. Fixemos un percorrido por diferentes lugares do colexio onde nos facían preguntas e selábannos a credencial. Finalmente, para recuperar forzas agasalláronnos cun chocolate quente e un biscoito. Que rico! DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO “SOMOS IGUAIS, SOMOS DIFERENTES” Viñemos todos vestidos de cor azul, cun globo azul. Pintaron unha árbore de cor azul e un mural. aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

DIA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA AUGA Plantamos un acivro no patio. Lemos o libro “Dama da auga e os segredos das árbores”. CHARLA DA GARDA CIVIL Asistimos a unha charla sobre o uso e manexo de internet. CERTAME BENXAMÍN PAZ Cantamos a canción “Ven bailar Carmiña”. Outros tocarán a canción “All my loving” con frautas. CAMIÑO DE SANTIAGO Percorremos un treito do Camiño Norte de Santiago desde Martiñán ata Goiriz. Xantamos todos xuntos en no Campo da Festa de Goiriz. VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA Visitaremos o Parlamento de Galicia, o Museo de Historia Natural, a Catedral, na que subiremos as cubertas para ver as fermosísimas vistas da cidade e, por último, percorreremos diferentes rúas de Santiago. RUTA POLOS CAMIÑOS DE SANTABALLA Visitaremos a escola habaneira de Santaballa, un poboado castrexo, a medoña de Estelo e o cruceiro do Casal.

Noticias do Cole

56


A FESTA CELTA DO SAMAÍN Arturo Equipo Redacción Un ano máis celebramos a fermosa festa galega orixinaria da cultura castrexa, organizamos unha exposición de cabazas na que participou un gran número de alumnado.

Cartaz da edición 2014. Un recanto expositor de Educación Infantil. Unha cabaza vampira no expositor da entrada do cole.

Detalles dalgunhas cabazas e outro expositor de Primaria na entrada do cole. Imaxinación, creatividade, ARTE!.

Unha moi pequena compilación das fermosas tallas que se fixeron este ano, para velas todas visitade a web.

57

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


NO MAGOSTO EXHALTACIÓN GASTRONÓMICA: A FESTA DA CASTAÑA Arturo Equipo Redacción Co gallo do Magosto os departamentos de Normalización e Extraescolares planificaron a III Cata de Postres de Castaña e o tradicional Magosto con asado de castañas incluído ao modo tradicional.

Foto grupal dos premiados na III Cata, grazas a tódolos alumnos e ás súas familias pola participación.

Cartaz da III edición, Mostra de diferentes doces. Alumnos de 3º degustando os doces á castaña.

Instantánea da gran degustación realizada. Fermosas e saborosas receitas. Instantes da entrega de premios e nota de prensa do evento no xornal EL PROGRESO.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

58


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

NO MAGOSTO ASAMOS, CANTAMOS E PROBAMOS AS CASTAÑAS Arturo Equipo Redacción No Magosto Arturo, Tino e Mar, asaron as castañas, No patio repartimos as castañas do noso Magosto e xogamos desfrutando dunha fermosa mañá de sol e temperatura agradable.

1.- Cartaz do Magosto deste ano. 2.- Arturo asando as castañas. 3.- Os rapaces de segundo facendo a proba.

1.- Mural do Magosto. 2.- Rapaces de Infantil degustando os froitos asados do castiñeiro.

1 e 3.- Planos de rapaces no Magosto. 2.- Xogando na nova zona de xogos populares do cole.

59

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

ENTROIDO DE PEREGRINOS Arturo Equipo Redacción O tema de traballo PLAMBE 2014-15 da Biblioteca deste ano é o Camiño de Santiago Norte. A partires desta liña temática argallamos un percorrido polo Camiño Norte de Santiago recreado no noso centro que remata en Santiago.

1.- Primeira etapa do Camiño Norte. 2.- Peregrinos de 5º camiño de Mondoñedo na primeira etapa, ataviados coa vestimenta típica de todo peregrino.

1.- O peregrino Víctor a piques de selar. 2 e 3.- Maiores e pequerrechos desfrutando do Camiño

1.- Ao final do esforzo, repoñendo forzas, biscoito con chocolate quente. 2.- Plano de tódolos peregrinos.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

60


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

ALGUNHAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA Arturo Equipo Redacción Presentámosvos unha escolma dalgunhas actividades de animación á lectura que organizou o Equipo de Biblioteca do CEIP Antonio Insua Bermúdez no que vai de ano escolar 2014-15.

Fermosa actuación de títeres titulada “O Murmuio do Mar” da Xanela de Maxín.

Visita de quen se define como: creador, soñador e acompañante, Xavier Frías-Conde.

1.- Ciencia Divertida na Biblioteca cos pequenos e os maiores. 2.- A contacontos Susana Herrera

61

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

ALGUNHAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA Arturo Equipo Redacción O traballo na biblioteca non para: préstamo con moitos usuarios, mochilas viaxeiras, lectores dixitais, internet, Charlas temáticas, contacontos e o tema traballo deste ano; o Camiño Norte de Santiago.

1.-Charla O Camiño de Santiago; mochila e aventuras. 2.-Charla sobre os perigos das Novas Tecnoloxías.

1.- Charla Sogama. 2.- Servizo de Mochilas Viaxeiras. 3.- Servizo de Lector Dixital

1.- Entrada e decoración da nosa Biblioteca co tema “ Camiño de Santiago”. 2.-Libros do Camiño de Santiago.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

62


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

2 DE ABRIL; DIA DO AUTISMO Arturo Equipo Redacción O noso cole celebrou especialmente o 2 de abril, no que se lembra o Autismo. Baixo o lema “Todos somos azuis”, decoramos o centro e vestímonos todos con algo azul coa intención de concienciar.

1.- Cartaz da Festa do Samaín 2013. 2.- A Cabaza Leolandra no recanto de Novidades da Biblioteca. 3.Rapaces de infantil visitando a exposición de cabazas acesas.

Diferentes mesas e lugares da exposición de cabazas, na entrada do cole e nas aulas.

Algúns dos traballos elaborados polos rapaces para o Día Internacional da Paz e Non Violencia o 31 de Xaneiro

63

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

PLAN PROXECTA 14/15: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO Jesús Manuel Fernández Abuín Equipo Redacción O CEIP Antonio Insua Bermúdez desde hai anos aposta polo valor formativo integral da actividade física e do Deporte. Desde o curso pasado intégrase no Plan Proxecta, modalidade de Proxecto Deportivo de centro. Amosámosvos unha escolma do traballo realizado

1.- Probas Preparatorias e Clasificatoria de Campo a Través. Equipo do Insua Bermúdez Alevín Feminino no quecemento, 2.- Intre na proba Alevín masculina, 3.- Entrega de trofeos na Proba Preparatoria da Terra Cha.

Campionato Provincial Campo a Través. 1.- Benxamíns na saída. 2.- Eva e Sonia. 3.- Subcampionas provinciais

1.-Galego en Pontevedra de Nada e Corre 14-15: Aurora, Lupe, Eva, Antonio, os Fernández. 2.- Basket Ensino

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

64


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

PLAN PROXECTA 14/15: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO Jesús Ma Fernández Abuín Equipo Redacción Nesta páxina amosamos diferentes eventos competitivos: dúas probas clasificatorias de Atletismo e Final Provincial o 17 de maio de 2015. Na ringleira de abaixo instantáneas do Duatlón de Mondoñedo e Vilalba, clasificatorias para o Provincial de Duatlón na Ribeira do Río Rato

1.- Equipo do Insua Bermúdez na I Clasificatoria de Atletismo 2015.- 2.- Hugo e Cosmin adicando sorriso á cámara antes da proba de 500 ml benxamin masculino.

1.- Proba de marcha atlética. 2.- Dani e Martín campións. 3.- Iker lanzando pelota. 4.- Campións de peso (3 Q)

1.- Duatlón Mondoñedo. Duatlón de Vilalba, proba benxamín. Na Transición (T1) de Vilalba, Leire Pita Peña.

65

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

PLAN PROXECTA 14/15: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO Jesús Ma Fernández Abuín Equipo Redacción Ademais das probas competitivas nas que participamos, colaboramos con clubes da zona para dar a coñecer a súa actividade e fomentar a Actividade Física: Loitas olímpicas, Danza, Baloncesto, Esgrima. Tamén continuamos a promover recreos activos, novas canastras, novos xogos patio…

1.- Cosmin entrando na transición 2,- Lupe no tramo ciclista. 3.- Campionas Provinciais Femininas de Duatlón.

1.- Visita C. Loitas Olímpicas de Vilalba. 2.- Recreos Activos; Fútbol, baloncesto,biblioteca, xogos populares…

1.- Promoción de baloncesto en Vilalba. 2.- Touché!. Clase mestra de Esgrima co Clube de Esgrima Lugo.

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

66


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

LETRAS GALEGAS 2014/15 Arturo Equipo Redacción O Equipo de Normalización do CEIP Insua Bermúdez organizou e colaborou en diferentes actividades para promocionar a lingua escrita e a fala no noso idioma, ao longo do curso xa vimos unha escolma dos traballos, pero para esta data tan sinalada vexamos resumidas algunhas cousas : Ademais das habituais actividades de lembranza do autor homenaxeado, neste caso a figura de Filgueira Valverde. Realizamos actividades conxuntas co Centro de Educación Infantil de Vilalba e co Instituto Lois Peña Novo de Vilalba. Co Centro de Educación Infantil vimos alternando visitas ano tras ano e nesta ocasión os rapaces de 5 anos do cole veciño tiveron ocasión de realizaren o Camiño Norte de Santiago e escoitaron de boca dos maiores de infantil os aspectos máis chamativos do Camiño Norte. En Canto a visita ao Centro de Formación Profesional Lois Peña Novo, tivemos a ocasión de coñecer mellor este centro que se atopa tan preto e é tan descoñecido, coa liña temática “ palabras máxicas”, recibíronnos no cole dos maiores, visionamos unha produción audiovisual sobre a posibilidade das palabras e troquelamos unhas chapas coas palabras que os rapaces previamente elixiran e colorearan en días anteriores. Rematamos a visita cunha actividade de promoción dos ciclos que alí se imparten. Rapaces do noso cole remataron o acto interpretando unha cantiga popular “ Carmiña, Carmela”. Por outra banda o domingo 17 de maio participamos masivamente na Carreira Popular das Letras Galegas organizada polo Concello. Respecto ao xa tradicional Certame Literario Benjamín Paz e o Certame de Debuxo David Díaz, convocado en edición XVII en datas anteriores. O venres, día 29 de maio de 2015, ás 19,00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, organiza o acto de entrega de premios do XVII Certame Literario e de Debuxo Benjamín Paz, que convocou coa colaboración da Asociación de Minusválidos “Benjamín Paz” e o Centro Cultural Recreativo, e que ten como fin primordial e fundamental o de lembrar a figura de Benjamín Paz Cordal. Nesta ocasión, ademais dos apartados habituais da lectura de acta, entrega de premios, recitados e agradecementos, quixemos darlle unha especial relevancia ao evento incluíndo, como gran colofón final do mesmo, un concerto de música popular galega. E coidamos que nada millor para iso que a actuación dos sempre grandes MINI E MERO, que tan bos momentos nos fixeron pasar coas súas intervencións no Centro en cursos pasados.

67

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


A páxina de ANPA Ola socios e futuros socios! Imos tentar resumirvos nestas poucas liñas o traballo que levamos a cabo neste curso 20142015. Comezamos falando do abanico de actividades extraescolares que ofrecemos, no que incluimos idiomas, actividades deportivas e de formación intelectual: francés, inglés, fútbol-sala, baloncesto, zumba, baile moderno, patinaxe, tenis, axedrez, música, técnicas de estudo, informática e manualidades creativas. Todas elas se desenvolveron de 15:30 a 17:00 nas dependencias do centro. Tentamos agrupar aos socios por idades, de maneira que houbera cando menos unha actividade por día para distintos niveis e/ ou rangos de idade diferentes. Como vedes a oferta de actividades seguiu medrando, a pesar de que, tendo en conta a situación económica xeral, continuamos na liña que iniciamos xa en cursos anteriores. Por iso, para ser socio, seguimos mantendo unha única cuota por familia de 20 euros. Ademáis demos un paso máis neste sentido, xa que neste curso aplicamos un desconto progresivo nas actividades. Se o socio se matriculaba en máis de dúas actividades ou había máis dun neno por familia, e o total de actividades nas que se apuntaban eran máis de dúas, o prezo das actividades reducíase a un 50% da cuota inicial (10 €/mes cada actividade) a partir da 3ª actividade. Por exemplo, unha familia socia con tres nenos que se apuntaron a dúas actividades (en total, 6 actividades) tivo que pagar 40 € ao mes. Outra das novidades foi o cambio de horario, que se extendeu ata as 17:00, por ser esta a máxima dispoñibilidade que se nos ofreceu desde o concello, debido a que a partir dese horario as instalacións pasan a estar a disposición das escolas deportivas. A nosa idea era que non quedara ningún socio sen a posibilidade de asistir polo menos a unha das nosas actividades, aínda que non fora usuario do comedor. Aproveitamos para agradecer o apoio da dirección e do claustro do centro para poder levar a cabo esta ampliación do horario. aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

E outra foi a perda dunha actividade que sabemos que tiña moitos seguidores: a natación. Foi unha perda motivada pola decisión da directiva da ANPA, debido a razóns variadas, como o trato diferenciado, xa que esta ANPA tiña que pagar os trimestres completos por adiantado. Ou o feito de que non se levase a cabo en instalacións do centro, o que supoñía de novo un trato diferenciado respecto ao resto de actividades (onde hai unha xestión directa entre monitor e ANPA). Tamén o accidente sufrido o curso anterior nas instalación da piscina por parte dun socio, nos fixo conocedores de que a piscina non dispoñía de seguro de accidentes, xa que o concello só lle esixe á empresa que leva a concesión un seguro de responsabilidade civil. Dado o elevado custe que suporía contratar un seguro de accidentes, e xa que a actividade non se perdía, porque a piscina seguía ofertando os cursos, tomamos esa medida. Actividades do NADAL: Coma ven sendo habitual Papá Noel visitou o noso centro, pero este ano non se limitou aos máis pequenos, ainda que si foi con eles con quen pasou máis tempo, senón que tamén aproveitou a súa visita para entregarlle os agasallos a todo o alumnado do centro. O 19 de decembro, que foi un venres, organizamos pola tarde a xa tradicional e gratuita “chocolatada” de Nadal. Nesta ocasión fixemos partícipes e protagonistas da festa a moitos dos socios, xa que presentaron ante todos os asistentes unha pequena mostra do que facían nalgunhas das actividades. Contamos coa colaboración de moitos monitores, como Laura (zumba e baile moderno) e Saleta (francés), que nos botaron unha man na organización deste festival. Tamén aproveitamos esta xuntanza para entregar os premios dos Concursos de Postais de Nadal e do logo da ANPA, nos que resultaron premiados Ioan Luis Marcu e Iago Hermida Paz, entre outros. Os premios consistiron nun diploma e un vale para a compra de material escolar para os primeiros premios, e un lapiceiro para o resto de premiados.

A páxina de ANPA

68


Outras actividades: Como todos os anos, a ANPA apoiou ao centro coa subvención de actividades e material. Este curso compartimos os gastos das canastas que se instalaron no pabellón (grazas a Suso, pola súa eficiente xestión), que nos facían moita falta para poder levar a cabo a actividade de baloncesto. Tamén axudamos coa actividade de teatro con títeres que se trouxo ao centro no primeiro trimestre. Unha das actividades novidosas, que nos fixo sair na prensa, foi a organización dunha escolataller, na que a psicóloga e especialista infantil Elena Iglesias García, abordou diversos temas que nos interesan a todos como pais e nos axudan coa educación dos nosos fillos. O primeiro taller, “As temibles normas”, estaba dirixido aos pais e levouse a cabo o sábado 24 de xaneiro. O segundo taller, titulado “Aprende a recoñecer e manexar as túas emocións”, foi dirixido aos nenos e nenas do centro. Desenvolveuse o sábado 14 de marzo, organizado en dous grupos cos que traballou por idades. E haberá un taller máis antes de que remate o curso. Recordámosvos que todos os talleres son gratuitos para os socios e que os non socios deberán pagar un importe simbólico de 5 euros.

A festa de fin de curso probablemente a realizaremos o día 19 de xuño no Restaurate Montero e estamos seguros de que conseguiremos despedir o curso de xeito divertido! Na ultima reunión de socios informarémosvos de maneira máis concreta destas ultimas actividades para que podades apuntarvos. Se queredes poñervos en contacto coa ANPA podédelo facer deixando unha nota na secretaría do centro ou ben chamando ao teléfono 697 190 473. Un saúdo e bó verán para todos e todas!!!!

Actividades fin de curso: En canto á excursión e á festa de fin de curso, pola que xa preguntades moitos, só podemos adiantarvos que esta vez iremos a Ferrol. Alí faremos a Ruta da Construcción Naval, cunha visita ao Museo Naval, onde poderemos ver barcos antiguos, material de navegación, mapas e información de todos os navíos construidos en Ferrol de 1751 a 1984. E tamén a Ruta das Meninas de Canido. Logo iremos ao Xardín Didáctico da Agua-Aquaciencia, situado no Parque Raíña Sofía. Nese mesmo espacio aproveitaremos para comer e repoñer forzas. Tamén queremos visitar o Castelo de San Felipe, do s. XVIII, situado na entrada da ría de Ferrol e fronte ao castelo de La Palma, que a convertían nun auténtico fortín, imposible de atacar polas tropas inglesas. E se nos queda tempo, poderemos pasear polo barrio da Magdalena, Conxunto Histórico Artístico, con rúas peatonais, cheas de comercios, terrazas e numerosos edificios modernistas.

69

A páxina de ANPA

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


TRES MODELOS DE...

Conmemorativo das Letras Galegas 2015-Xunta de Galicia

aPraviaLetras Galegas’2015

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

MARCAPÁXINAS

Do Seminario Galán, para que podas completalo como queiras

Da Biblioteca do noso Colexio, co gallo da celebración do Día do Libro

Marcapáxinas

70


Os nosos murais



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.