A Meiga vai ao cine

Page 1




´

Producions

TINTUREIRA presenta


A MEIGA VAI AO CINE


Este ano vou empezar cunha especie de adiviña. Imaxinade, nenas e nenos: estou na escuridade, aparece unha luz detrás e empézanse a ver cousas como nos soños.


Que será: que estou durmindo á luz da lúa e por iso estou soñando? Non… iso non é.


Será entón a luz dun faro iluminando cara ao mar? Pois… tampouco.


Serรก que estou alucinando e creo na maxia? ร monos aproximando.


Ese “alucine” non é outra cosa que a luz do cine.


Estou falando do cine de verdade, ese ao que vas a unha sala enorme, chea de butacas. Na parede de atrĂĄs hai un buraquiĂąo cadrado do que sae un chorro de luz que vai parar a unha pantalla branca, grandĂ­sima.


E aí empeza a maxia: esa luz convértese en figuras, paisaxes, lugares, persoas, animais, cousas… de todo. E aínda por riba… móvense!! E falan ou cantan, e ás veces parecen persoas de verdade e outras personaxes de fantasía. Unha auténtica pasada, o que vos dicía: un alucine.


As películas son como os libros: contan historias de moitos tipos e eu tiña curiosidade por saber como sería estar nunha película, cos personaxes e nos lugares onde ocorren. Ao millor tenvos pasado igual: non imaxinastes nunca estar dentro da vosa película favorita?


E como podería conseguilo? Moi fácil: igual que a luz do cine se converte en figuras, eu podía convertirme en luz e así me metería dentro da película.

Tiven que facelo varias veces porque, por unha razón ou por outra, non atopaba a película que me gustase de todo.


Empecei polas películas e saín correndo dalí:

do OESTE…


había demasiadas pistolas‌


e os tipos eran todos‌


‌moi mal malencarados.


Metinme en peliculas espaciais e‌


facía un frío de narices…, e ademais había moito raio láser para o meu gusto.


Entrei nunha pelicula musical. Divertinme, mais‌ non durei moito


‌que cansazo de tanto bailar!!


Atrevinme máis tarde cunha

pelicula de medo.

Ao principio parecía que non pasaba nada pero pasado un tempo… Que susto, miña nai…!! .


Non aguantei nin dez minutos!


Probei coas

películas de risa

e…


si, moito ha, ha, ha‌, pero eu son meiga, non pallasa!


As películas de superheroes… teñen moita acción para min,


‌e iso que o de voar non se me då nada mal.


As

peliculas de debuxos


parecÊromne divertidas‌


aínda que os personaxes…


están un pouco toliños de máis e… escapei a toda prisa.


Coas películas modernas de

animación…


pasoume‌


‌exactamente o mesmo.


películas históricas

Hai tamén películas históricas …algo aburridas, non vos parece? Hai tamén …algo aburridas, non vos parece?


Pensaredes: “Vaia meiga, esta. Será posible que non atope películas do seu gusto?” Si que as atopei, si: as películas

de fantasía son as que máis me gustan. Nelas síntome como peixe na auga, é un dicir.


Os personaxes, por moi estraĂąos que sexan, resĂşltanme moi familiares


e non me custa nadi単a mesturarme entre eles.


Ademais nesas historias hai un pouquiùo de todo o que me gusta: maxia‌


misterio…

misterio…


aventuras‌


algún que outro monstro…


moita amistade‌


…e ata un pouquiño de amor!


En serio: se non fose pola Biblioteca, na que estou tan a gusto, pensaríame o de vivir nunha desas películas.

Mais… abonda xa de soños: como todos os anos quérovos encargar algo. Xa imaxinades, cousas do cine, claro que si.



E, que sei eu, todo o que se vos ocurra ata conseguir que este sexa

“Un ano de alu - cine”

Para que vos animedes a comezar vou berrar iso que din os directores das películas:

“Luces, cámara e …acción!” E non esquezades coller as vosas entradas, non sexa que vos quededes sen elas!!!



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.