A Meiga Tintureira descubre a ciencia

Page 1


Ola unha vez máis nenas e nenos. Nesta ocasión non vou contar unha das miñas viaxes. Xa sabedes que aproveito os veráns, cando vós non estades no colexio, para viaxar polo mundo adiante.


Tamén teño feita algunha viaxe submarina e unha viaxe interplanetaria. O que non fixera nunca foi unha viaxe polo tempo. E abofé que o intentei, aínda que non o conseguín.


Eu quería viaxar ao pasado para coñecer a eses grandes homes e mulleres que fixeron os grandes descubrimentos e inventos dos que disfrutamos hoxe en día e que nos fan a vida máis agradable.


Estas mulleres e homes son os cientĂ­ficos. Como non dei co xeito de facer esa viaxe, fixen o mesmo que fan eles: investigar. E estas son algunhas das cousas que descubrĂ­n:


A diferencia de nós as meigas e os magos, os científicos non teñen poderes. O que fan é observar moito, estudar, imaxinar e sobre todo experimentar ata que dan con algo que pode cambiar a vida da humanidade. O certo é que as veces a ciencia tamén ten algo de máxico. E así, algún dos grandes descubrimentos científicos producíronse con algo de sorte.


Por exemplo: queredes saber como distinguir se unha coroa estรก todo feita de ouro ou non?


Investigade entón sobre un sabio da antiga Grecia chamado Arquímedes e o seu famoso episodio cando saíu da bañeira gritando: “eureka!!”, que en grego quere decir: “atopeino!!”


O famoso “principio de Arquímedes” explica tamén por que flotan os barcos aínda que moitos son grandísimos e están feitos con materiais pesados como o ferro.


Non vos preguntastes nunca como ĂŠ que os planetas e as estrelas flotan no espacio e non caen?


E por que se a Terra ĂŠ redonda como unha bola non caemos aĂ­nda que esteamos na parte de abaixo?


Buscade por aí como o explicou un inglés, Isaac Newton, despois de ver como caían unhas mazás dunha maceira.


E como foi posible que alguén descubrira que unha boa forma de evitar as enfermidades é precisamente metendo un pouquiño de esa enfermidade no noso corpo?


Preguntádeo ao axudante do científico francés Louis Pasteur que esqueceu unha mostra e grazas a iso descubriron as vacinas.


Algo parecido lle pasou a Alexander Fleming, un escocés, por desordenado. Descubriu os antibióticos que curan moitas infeccións despois de esquecer unha mostra varios días. Comprobou entón que desenvolvía uns fungos que mataban moitas bacterias das que producen enfermidades.


Algunhas mulleres foron grandes científicas. Hipatia de Alexandría era un fenómeno en matemáticas e astronomía, alá polos anos 300 ou 400. A pobre acabou mal pola incomprensión de algúns. Iso mesmo pasoulle a bastantes científicos e, por que non dicilo, tamén a nós as meigas.


Ada Lovelace, inglesa do século XIX, desenvolveu unha máquina calculadora que se considera como unha precursora dos actuais ordenadores. Ata ten un día especial para recordala.


Marie Curie, nacida en Polonia, a finales do século XIX, era tan boa científica que foi a primeira persoa en recibir dúas veces o premio Nobel. Descubriu un elemento chamado radio que ten moitas utilidades en medicina e noutras cousas. O malo é que esta sutancia é maligna e ela morreu por culpa dos seus efectos en 1934.


Hedy Lamarr, ademais de ser unha actriz guap铆sima, inventou un sistema de transmisi贸n sen cables que se considera como unha especie de antecedente do Wi-Fi e dos GPS.


O caso é que, mulleres ou homes, sempre houbo xente disposta a estudar, investigar e descubrir as cousas que explican o noso mundo e o universo enteiro. Grazas ao seu labor a humanidade disfruta hoxe en día de inventos e avances que fan que a nosa vida sexa máis longa, máis saudable e máis cómoda.

Por iso, un ano máis, vouvos propoñer algo: que investiguedes todo o que poidades sobre a ciencia, que descubrades a súa maxia ,que tamén a ten, e que fagades moitos experimentos e traballiños coa axuda dos profes. O lema deste curso será:

TROULEANDO COA CIENCIA.

Espero impaciente noticias vosas. Que vos divirtades!! Moitos bicos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.