Corrillo de nais e pais

Page 1

CEIP SADA Y SUS CONTORNOS


TOP SECRET ( NON FILTRAR OS PROFESORES NIN A OS NENOS) PARTE CÓMICA DO ACTO (Hai que poñer humor, xa bastante lacrimóxeno vai ser…) PRESENTACIÓN: Suban ó escenario Elena que falará en ton serio e Loli en ton mais lercho) SAÚDO a tódolos presentes. ELENA: Estamos aquí, invitados polos profesores de Sexto, ANDRES e Miguel. LOLI: esperemos que non se arrepintan ELENA: para celebrar o fin da primaria dos nenos e nenas de sexto curso de “Sada y sus Contornos”. Fixéronnos o encargo “OS PAIS DE SEXTO” de preparar “algo” e nós, que non queremos ser menos aplicados cos nosos fillos, fixémolos DEBERES LOLI: así que logo, si pasa algo, non se admiten reclamacións. ELENA: Con este pequeno acto o que pretendemos TODOLOS PAIS DE SEXTO fundamentalmente é homenaxear e felicitar os protagonistas absolutos, hoxe, que son os nosos nenos e nenas que completan ciclo recordando de paso a súa andaina pola escola en estes anos, agora que se marchan para o Instituto. – LOLI: Si non o facemos moi ben, pedímosvos anticipadas desculpas pero é por falta de práctica. ELENA: Para esta tarefa solicitamos e temos a honra de contar coa colaboración dun prestixioso medio de prensa oral que naceu e medrou estreitamente vinculado a escola de Sada y sus Contornos, e que ten unha historia paralela a dos nenos e nenas que hoxe despedimos. Sen dúbida en todos estes anos terédelo visto nos aledaños da escola , despregando a súa actividade tódalas mañás, dando as noticias mais frescas, pero agora coincidindo coa fin de curso, tamén vota o peche. LOLI: Así que estades avisados, si no principio do curso que ven, votades de menos “algo” na paisaxe, fáltavos “non sei que” no ambiente do colexio e non sabedes o que é , xa volo adiantamos agora, será sen lugar a dúbidas, unha formación en círculo, na beirarrúa preto da porta, un foro de debate e sesudo análise a sombra da columna de “Cangas”, como quen dí a columna de Trajano, (só que a nosa é xentileza dalgún grafiteiro),e que, a pesares de que vos puidera parecer outra cousa este grupo humano, corrillo de nais e pais, sobre todo nais, O QUE FACIA CADA MAÑÁ NON ÉRA OUTRA COUSA QUE EXERCER A NOBRE E SACRIFICADA ACTIVIDADE DO XORNALISMO


ELENA : Sí, sí, sí, Sres. non se rían, é así, o xornal do que falamos “O CORRILLO DE LA AÇERA ” e un diario de ámbito colexial e tirada matutina, de moito prestixio, complementado cun programa radiofónico de variable duración, segundo as circunstancias meteorolóxicas, LOLI: sí cando chovía duraba menos ELENA: que conta con experimentados xornalistas, intelixentes tertulianos, corresponsales no estranxeiro e un feixe de colaboradores ocasionais…LOLI: ROSA, a secretaria do cole, coñéceos ben, xa lle ten ofrecido moitas veces, instalarlles unha marquesiña para a súa sede mais unha máquina de café. ELENA: As fontes ben informadas deste señeiro grupo mediático, son mundialmente famosas, con infiltrados nas altas esferas e en tódolos ámbitos do poder, e farían ruborizar ó mesmo Washinton Post e garganta profunda. LOLI : Á afiada lingua, dos seus xornalistas ,- que disecciona, con precisión cirúrxica a noticia, non se escapa ningún tema nin acontecemento, tratando con moito respecto e obxetividade os persoeiros que pasan polo seu punto de mira, sobre todo a “certos cargos políticos do concello de Sada” . Tamén contamos con una importante sección de sociedade e sucesos, sen faltar a viñeta de humor diario. ELENA : Pero, lamentablemente, TODO Ó BÓ ACABA, AMIGOS, e o CORRILLO DE LA AÇERA ten que votar o peche, “o corrillo de nais e pais, sobre todo nais”, acábase. LOLI : A perda da súa sede do distrito de “cangas” e a xubilación dos seus máis destacados xornalistas abócaos irremediablemente a votar o peche, aínda non sen antes entregar o relevo a novos corrillos de “nais e pais,sobre todo nais” que de forma tímida pero constante empezan a despuntar nesa mesma franxa horaria, matutina, ós que é de prever que se acabarán incorporando un par de membros soltos que nos quedan no colexio (hai que mirar de arranxarlles o porvir). ELENA : Por iso , dende aquí vai a nosa pequena homenaxe de despedida a todos os que formaron parte do xornal ó longo destes anos, (algúns xa non están entre nos): Por favor, que suban o escenario os periodistas de plantilla, o corresponsais no estranxeiro e os colaboradores ocasionais (aquí invitase a todos os nais e pais que queiran subir aínda que no queiran ler). No ultimo numero deste xornal falado temos dúas colaboracións moi importantes: Una carta Da Familia de Sexto dirixida a escola de Sada y sus Contornos E unha nota da editorial dirixida os verdadeiros protagonista deste evento os nenos de sexto.

Comezamos ca primeira.


Finalmente e o momento de recordar e dar as grazas a todos os mestres do colexio, os que seguen aquí e os que por diversos motivos xa non están (xubilados, sustitutos, ect). Queremos recordar tamén o persoal non docente (BEDEIS E LIMPIADORAS) e as persoas que formaron parte das distintas directivas do AMPA durante estes 9 anos. Temos que facer unha mención especial a aqueles que dun xeito ou doutro estiveron mas preto dos nosos fillos: Rosa ca musica, a teacher Teresa, Matucha, Conchi. En infantil María, Chus e Marga (para a que aínda seguen sendo os seus nenos) En primaria Puri, Luis, Ana, y por ultimo Andrés e Miguel. Aproveitamos, para pedirlles a Andrés e Miguel que estariamos ledos de que nos acompañasen subindo o escenario para rematar a nosa intervención. Precisamos tamén a presenza dos nenos de sexto podedes subir pola dereita,por certo, para non perder a costume por orden de lista. Estes profes como molan se merecen una ola auuuuu BUENO, COMO OS PAIS DE SADA Y SUS CONTORNOS XA COLLIMOS O VICIO, DESALOXAMOS O ESCENARIO, ¡ala rapaces!, DESPLEGANDO UNHAS PANCARTIÑAS ( previamente ben agachadas)

¡¡CAGEN DIOLA A AMPLIACION CHEGA AGORA!! ¡AUPA SADA Y SUS CONTORNOS!

¡AMPLIACIÓN!

¡VIVA LA MADRE QUE PARIO AL DIRECTOR! ¡SADA Y SUS CONTORNOS, OS TEUS PROFESORES SON OS MELLORES! ¡FELICIDIDADES NENOS! FIN.

¡PREPARATE INSTITUTO!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.