O Comarcal Socialista

Page 1

Boletín Informativo dos Socialistas da Comarca de Santiago de Compostela • N°1 Decembro 2010

Editorial Constitúe unha indignación colectiva ó ver como co paso dos días a Xunta de Galicia se esta a converter no modelo máis idealista da privatización dos servicios e dos recortes aos cidadáns. Coidamos que é preciso visualizar con criterio como a nosa comarca está a padecer os maiores recortes sociais educativos, sanitarios e de infraestructuras nunca ata o de agora vividos. A desculpa de tódolos males son do Goberno Central xa non vale, a Xunta do Sr. Feijoo é a máxima responsable do que está a acontecer, é a que ten as competencias para iso. Dende esta publicación queda claro o nulo interese que ten o Sr. Feijoo tanto en Galicia como na nos Comarca. Xa non vale todo, “as desculpas dos males son dos demais e as loanzas son para eles”, os nosos concellos estamos a sufrir recortes que os nosos cidadáns estamos a padecer. O Partido Socialista propuxo na Cámara Galega un incremento do IRPF as rendas de máis de 60.000 € anuais, é dicir que paguen máis os que máis gañan, isto podería supoñer un incremento de 21.000.000 € sen dúbida unha cantidade importante como para poder dar servicios de calidade ou ben non suprimilos. Pois ben, a resposta da Consellería de Facenda é “non é necesario”. Pois ben, esta cantidade serviría para que non se suprimisen a gratuidade dos Libros de Texto ou Noite Bus ou non teñamos un 48% menos de becas ou non poñer un maior Canon de Impostos da Auga ou non se conxelen as atencións aos maiores e persoas dependentes. Esta publicación é un reflexo dos recortes que estamos a padecer e todo despois de que a Xunta de Galicia dixo que “3 de cada 4 € se investirían en Políticas Sociais”.

RIDÍCULA INVERSIÓN DA XUNTA DE GALICIA NA COMARCA DE COMPOSTELA DENOMINACIÓN INVESTIMENTO Mellora da xestión dos residuos domésticos e industriais concello de TOURO Proxecto EASYCO INTERREG IV B concello de Santiago de Compostela Proxecto Arcopol, Santiago de Compostela Prevención de riscos Concello de Santiago Adaptaclima, Concello de Santiago Mellora de accesibilidade en materia de estradas comarca de Santiago, ramais Acceso Santiago – Brión (convenio) VAC Brión Noia, comarca de Santiago Mellora da accesibilidade en materia de estradas Santa Comba – Portomouro, comarca de Santiago Investimentos derivados da autovía Santiago – Brión, corredor Ardiñas – As Galanas, Autovía do Salnés e Autovía do Barbanza, comarca de Santiago Conexión N – 550 (As Galanas) coa AG-58/59 (Cacheiras) comarca Santiago Conexión cidade da Cultura coa AP – 9, Concello de Santiago Acondicionamento Santiago – Portomouro, comarca de Santiago Cinturón Oeste de Santiago de Compostela Ramais acceso Santiago – Brión (convenio), comarca Santiago Metro lixeiro no Concello de Santiago Investimento para o museo pedagóxico de Galicia, Concello de Santiago Construcción CEIP Oroso Adquisicións de maquinaria, instalacións e utensilios Concello Boqueixón Adquisición material de transporte Concello de Santiago Adquisicións equipos para procesos de información Concello de Santiago Adquisicións equipos para procesos de información Concello de Santiago Loita integrada contra pragas e enfermidades forestais Concello de Rois Protección e valorización do patrimonio natural Feder 2007 – 2013 Boqueixón Protección e valorización do patrimonio natural Feder 2007 – 2013 Sta. Comba Mantemento de infraestructuras para a mellora do medio ambiente rural. Uso operativo dos servicios Concello O Pino Xunta de compensación da urbanización SUNP-25 Santiago Dotación de infraestructuras (construccións) Concello Santiago Reformas diversas Complexo Hospitalario Universitario de Santiago Equipamento atención especializada Concello de Santiago Novas actuacións centros de saúde construcción e equipamento Oroso Novas actuacións centros de saúde construcción e equipamento Brión Novas actuacións centros de saúde construcción e equipamento Teo Novas actuacións centros de saúde construcción e equipamento Oroso Novas actuacións centros de saúde construcción e equipamento Brión Novas actuacións centros de saúde construcción e equipamento Teo Solo empresarial Santiago Camiños da zona de concentración parcelaria de Vilar II. Touro Camiños da zona C.P. de Foxás – Bendaña en Touro Obra xulgados Rúa Berlín (Santiago) Parque empresarial da Sionlla

2011 291.908,00 19.231,00 35.236,00 117.307,04 31.067,00 334.460,00 13.611,72 45.000,00 222.677,00 50.000,00 60.000,00 153.000,00 50.000,00 603.903,00 178.018,00 4.600,00 139.135,00 13.300,00 10.500,00 230.000,00 43.810,00 7.089,00 50.000,00 100.000,00 10.000,00 130.000,00 55.000,00 2.338.440,00 2.400.000,00 101.192,98 25.398,64 26.704,20 55.763,70 13.996,34 14.715,79 22.744,97 721.196,00 1.207.276,00 1.253.500,00 26.148.996,00


EIVAS NOS ORZAMENTOS COMARCAIS DA XUNTA 2011 A BAÑA ....................................................................................................................................................................................... Nin un duro de inversión no Concello da A Baña. Nin polígono industrial (eso si, temos colocada unha sinal do futuro polígono na nova estrada), nin gardería (os rapaces e seus pais que marchen e voten en Negreira ou Santiago, nin residencia gratuíta e pública para os maiores (temos unha privada e de pago en Ceilán e pronto haberá outra en Monte). Temos unha nova estrada pero cos peores accesos a San Vicente, O Barro e Nantón. Tamén temos un parque eólico “colocado” no centro de Cabanas, ideal para destrozala parroquia en contra da maioría dos veciños. E moitas familias colocadas, traballando no Concello. A Baña é o Concello que ten máis empregados municipais por habitante do país. En definitiva a Xunta do PP invirtirá no ano 2011 en 11 concellos dos 17 da Comarca. Algo en Santiago un pouco en Brión e cantidades ridículas en outros 4 municipios. Nos Concellos rurais o PP “recolle” o voto e logo ningunea os seus propios votantes e resto dos veciños relegando a Compostela a ter dous tipos de Concellos: uns ricos e en progreso gobernados polo PSdeGPSOE e outros pobres e abandonados en mans do PP que abandona e mesmo despreza ós seus propios votantes. BOQUEIXÓN .................................................................................................................................................................. Inversión de 0 euros Que pasa coa promesa do alcalde para arranxar a estrada Rodiño – Santiago? Onde están os 3 millóns de euros que había segundo o alcalde para arranxar a travesía de Rodiño? Cando comeza a Xunta a arranxar a estrada que une Vila de Cruces con Santiago? Promesasss...? BRIÓN ........................................................................................................................................................................................... Esta aprobada unha ampliación do centro médico para a cal nos presupostan un total de 39.394,98 € que consideramos totalmente insuficiente. Autovía Santiago – Brión para facer dous ramais na AC 300 e outro na AC 451, non se vai poder facer xa que non hai cartos e quedaría pendente para o 2012. NEGREIRA ......................................................................................................................................................................... O PP prometeu un novo centro educativo de ensinanza primaria. Non soamente non levaron a cabo tal promesa, senón que ademais de tódalas obras solicitadas pola dirección do centro, non fixeron nin unha. A única obra feita este verán no centro (reforma de aseos de infantil e primaria) foi costeada polo Concello. Precisamos da ampliación da Escola Infantil Municipal. Precisamos dun centro de día. O PINO ...................................................................................................................................................................................... Antes era o goberno do PSOE e do BNG, pero agora que ten o goberno amigo do Sr. Feijoo, o noso alcalde non é capaz de quitar nin un só “euro” para O Pino. Onde están a gardería, o centro de día para os nosos maiores, as depuradoras e o campo de festa de Arca? ORDES ......................................................................................................................................................................................... Nin un duro para os seguintes temas: Saneamento e abastecemento no medio rural aos lugares de Espenica, Castiñeira e Sar. Saneamento e abastecemento na Rúa Nova. Saneamento e abastecemento na Rúa República de Arxentina. Saneamento e abastecemento nos medios rurais de Reboredo a Gorita. Saneamento e abastecemento na Rúa Coruña. Mellora da ETAP do Mesón do Vento para resolver o exceso

de ferro na rede de abastecemento de auga de consumo “Museo do traxe Juanjo Liñares”, gastos de funcionamento. OROSO ......................................................................................................................................................................................... “Co goberno de Feijoo no Concello de Oroso, xa nos sacaron o 112, "E agora nos queren quitar a construcción do CEIP,a Gardería e o Albergue.” se estan a incumplir todos os acordos , ¿que esta pasar coas Concentracións Parcelarias que estan paradas? ¿ que esta a pasar có Punto Limpo? ¿ que esta pasar cós Contenedores Soterrados? ¡ UNHA VERGOÑA ! Esto é o que inverte o PP en Oroso.Esto é o que lle importa a Feijoo os nosos veciños e o noso Concello ... nada de nada ... E para todo esto nos dan 139.000euros? Menos mal que o noso alcalde puido salvar o novo Centro de Saúde .. SANTA COMBA ......................................................................................................................................................... El ex alcalde socialista José A. Ucha valora moi negativamente os presupostos da Xunta para o 2011, pois considera que Santa Comba está sendo marxinada. Tan só se contempla unha partida de 153.000 € para a construcción da estrada Santiago – Santa Comba, unha partida insignificante para afrontar unha inversión que supera os 13 millóns de euros. Por outro lado, tampouco se acomete a contracción da circunvalación entre o Polígono do Tambre e a estrada de Santa Comba, unha infraestructura que custará máis de 9 millóns de euros, para a que tan só están presupostados 45.000 euros. Está claro que para a Xunta do PP, Santa Comba non existe. Sendo optimistas, ningunha das grandes infraestructuras vitais para Santa Comba verá a luz antes do 2015. TORDOIA ............................................................................................................................................................................... Núñez Feijoo cando estivo en campaña recordouse de pedirlle o voto aos veciños de Tordoia mediante unha carta que foi pagada con o diñeiro do Concello. Dous anos despois nos presupostos do 2011, non destina nin 1 € en infraestructuras para Tordoia. Para as eleccións do próximo ano, o Alcalde cumprirá 12 anos de mandato cun gasto de aproximadamente 30 millóns de euros (5.000 millóns de pesetas) dos cales non fixo ningunha obra. O Concello de Tordoia é o 2º Concello máis endebedado de toda a provincia na categoría de menos de 5.000 habitantes Os socialistas solicitaron ao alcalde a creación da gardería infantil e local multiusos, obras que se realizarían entre as empresas locais (800.000 €) e aglomerado dos viais principais (Anxeriz – Cabalerios, Castenda – Santaia, Cabaleiros – Santaia) por unha contía de 1.000.000 €, condicionando ás empresas adxudicatarias con a contratación de traballadores en paro do Concello de Tordoia, mentres durasen as obras O alcalde entre dietas e soldo está entre os que máis cobran de toda a comarca, máis que o presidente da deputación e un 15% menos que o ex presidente da Xunta. TEO ..................................................................................................................................................................................................... Retraso nas obras da conexión Galanas – Cacheiras. Sen esa estrada o Polígono Industrial é inviable A cantidade consignadas para a construcción do Centro de Saúde é irrisoria. O compromiso que tiña asumido o Bipartito, con consignación orzamentaria incluída, de construcción dun centro de saúde na Ramallosa, pasa a ser agora unha “quimera” Non hai nada previsto para a construcción do Centro de Día. TOURO......................................................................................................................................................................................... Os veciños de Touro critican a falta de saneamento na maioría das parroquias do municipio, engadido os problemas de contaminación dos ríos Brandelos e Lañas por parte das antigas minas


de Río Tinto. Ademais os malos olores nas parroquias próximas á planta de tratamentos de lodos. Ámbolos dous ríos son afluentes do río Ulla, portando por tanto esta contaminación á ría de Arousa. Só a parroquia de Touro conta con saneamento e depuradora, quedando así o resto sen o debido saneamento, debido segundo o alcalde á escasa poboación destas. TRAZO .......................................................................................................................................................................................... Os orzamentos da Xunta non contemplan un solo euro para Trazo, aínda que o Alcalde vendera como un logro a adquisición dun minipunto limpo; é decir unha papeleira que está a carón do Concello e que sirve para a reciclaxe de móviles, pilas, cds, etc…; o certo é que o esforzo inversor da Xunta en Trazo é nulo. Os Socialistas esixímoslle ó Alcalde un punto limpo de verdade, entendendo como tal, a unha nave á cal trasladar os desperdicios voluminosos como televisores, lavadoras, frigoríficos, etc. Outros concellos da comarca xa dispoñen desta infraestructura, nembargantes Trazo queda sen él. A consecuencia da falta de compromiso do goberno de Feijoó con Trazo e ante a torpeza do Alcalde Jose Dafonte o Concello de Trazo queda sen un solo euro para as concentracións parcelarias de Benza e Trazo; seguimos sen o traspaso de titularidade de es-

tradas municipais á Xunta para o alivio económico do seu mantemento por parte do Concello; seguimos sen gardería municipal, quedamos fora do PAC de Santiago, seguimos sen PXOM novo, etc. Destacar que as últimas obras de envergadura acometidas en Trazo están sendo realizadas por administracións dirixidas polos Socialistas como é o caso do edificio multiusos de Viaño Pequeno, a mellora do firme do vial que nos comunica con Sigueiro a través de O Candendo e Berreo e a estrada provincial entre Cabaleiros e Agro do Mestre. E o Alcalde de Trazo ós seus compañeiros populares na Xunta soamente é capaz de sacarlle unha papeleira. Pero… qué clase de xente está ó fronte de Trazo; cando nin ós seus amigos na Xunta os toman en serio? VAL DO DUBRA ....................................................................................................................................................... Centro de día para os nosos maiores Saneamento e auga potable para os núcleos rurais de poboación como esixe a normativa europea Vendo estes orzamentos se nos ocorre pensar si será un exemplo de austeridade ao estilo de Cospedal Señores do PP, menos samba e mais traballar.

LEI DE AUGAS DE GALICIA DO PP Esta lei non é realmente unha lei de augas de Galicia, é unha desculpa do Sr. Feijoo para subirlle o canon da auga ós cidadáns. Para subirlle a auga a máis do dobre e nalgúns casos a máis do triple as familias galegas nun momento de crise económica. El esquécese das traídas de auga que milleiros de galegos e galegas teñen no rural e que sosteñen eles mesmos. Iso si, non se esquece para cobrar. Tampouco se regulan as situacións de inundacións ou secas nin a necesidade de levar a cabo tarefas preventivas nestes campos, tendo en conta as graves inundacións que parte do territorio galego ten sufrido anos atrás así como a aparición de casos puntuais de seca que se teñen dado, e que eran impensables anos atrás en Galicia. Non se contemplan: • A utilización sostible dos recursos hídricos • A prevención e da contaminación e en xeral a protección do medio ambiente • Non se fai referencia ás zonas inundables nin as zonas protexidas • E falta unha regulación relativa ó rego, se garanta unha xestión eficiente e sostible do mes Para uso doméstico sube a tarifa fixa a 1,5 euros/mes, se son máis de 2 m3 a TARIFA sería de 0.5 euros Sube a tarifa variable: • De 0 a 2 m3 0,00 euros/m3

• De 2 a 4 m3 0,28 euros/m3

• De 4 a 8 m3 0,36 euros/m3

Nalgúns tramos a auga estará a prezo de Murcia (0,45 euros/metro cúbico) Polo tanto, a auga será en Galicia un 120% máis cara que en Andalucía, e de maneira indirecta este goberno sube os impostos primeiro cos libros de texto e agora coa auga. É unha maneira de recadar máis pero van ser os Alcaldes e as Alcaldesas os/as que van a ter que poñer a cara para cobrar, cercenando a autonomía local e as competencias que teñen asumidas os Concellos. O recibo da auga ten que pasalo o Concello. Así mesmo, a Lei prevé o cobro do uso de todo tipo de augas pero non a súa ordenación (caso das traídas de augas do rural ou os pozos), como vai a explicar ós veciños e veciñas do rural que tiveron que facer cos seus aforros as traídas de augas veciñais e que teñen que mantelas, que lles vai cobrar a auga pero non se fará cargo dos gastos destas traídas, que terán que pagarlle a auga a Xunta e seguir mantendo as traídas veciñais cos seus aforros? Pon como novidade un canón da auga, no que só cambia o nome do actual canon de saneamento, iso para duplicar ou triplicar segundo os casos o recibo da auga que pagan os cidadáns. Canon previsto pola Xunta de Galicia (en euros) Fixo 1,5 Variable 12 x 0,28 = 3,36 0,72 x 0,36 = 0,26 SUMA 5,12 Por ano 5,12 x 12 = 61,44

Canon previsto pola Xunta de Andalucía (en euros) Fixo 1 Variable 8 x 0,10 = 0,8 2,72 x 0,20 = 0,544 Suma 2,344 Por ano 2,344 x 12 = 28,13

O canón de Galicia é un 120% superior ao de Andalucía. O mesmo entrará en vigor “curiosamente” xusto despois das municipais de Maio do 2011, os recibos pasaranos desde os Concellos para que a xente vote ao PP e logo pague pola auga sen rechistar e quedando con cara de parvos.


LISTAS DE ESPERA UN ENGANO MÁIS DA CONSELLEIRA DE SANIDADE Das 14 especialidades contabilizadas a lista de espera empeorou en 11. O incremento foi mais significativo naquelas especialidades nas que hai mais patoloxía tumoral (Cancro). As consultas, segundo os datos oficiais, empeoraron en 10 centros e melloraron en 3. Como poden dicir que este ano se adicaron a priorizar os enfermos con patoloxías mais graves se neste ano eses pacientes tardaron 21 días mais que o ano pasado en ser vistos por primeira vez polos especialistas que os tiveron que diagnosticar e tratar? Pero tampouco poden dicir que este empeoramento é consecuencia de que haxa mais pacientes que non estiveran contabilizados Menos pacientes e mais tempo de espera para facerse esas probas Isto non o entende ninguén salvo que os datos que publiquen non se correspondan ca realidade Cantas persoas que van a pedir un TAC ou unha RM, ou outras probas saen do mostrador cunha data fixa? Moi poucos. Porque empeoraron tanto as esperas medias’. • Moi sinxelo. Porque diminuíu a actividade dos centros nos que empeoraron as listas, a pesar do que dia Sra. Concelleira. • Esiximos da Sra. Concelleira a

publicación inmediata dos cadros de mando nos que se aprecia a realidade, esa que oculta a Sra. Concelleira. O Sr. Presidente e a Conselleira menten cando din que se incrementaron o número de intervencións e de consultas. Os datos dos seus cadros de mandos o demostran. Se fixeron menos intervencións cirúrxicas como poden dicir que aumentou o rendemento cirúrxico? Onde están os 40.000 pacientes que dicía a Sra. Conselleira, por certo o Presidente falou no último pleno, así o recolle o borrador do Diaro de Sesións do Parlamento Galego, de 70.000, que estaban agochados? Se o estaban no mes de marzo tamén os seguían tendo no mes de xuño, e en setembro e en decembro. A realidade é que despois de 4 anos de gran esforzo nos que se conseguiu alcanzar a media de espera do Sistema Nacional de Saude, volvemos a aloxarnos de dita media pola incapacidade e ineficacia na xestión da actividade cirúrxica. A realidade e que os datos demostran que no último ano empeorou a lista de espera estructural en 9 días. A realidade é que este incremento sería maior se o Goberno non houbera incrementado a lista de espera

Felices Festas e Feliz Ano 2011

non estructural. A espera non estructural, xerada por: - Motivos clínicos que non aconsellan a intervención nun momento dado. - Pola libre elección do paciente que rexeita a proposta de intervención nun centro alternativo. - Polo aprazamento solicitado polo paciente por motivos laborais ou persoais. (Orde de 19/05/2003) O SERGAS dedicouse a chamar a centos de cidadáns ofrecéndolles intervirse en centros concertados. Ante a negativa dos mesmos, foron pasados á lista non estructural e polo tanto non contabilizan na lista de espera que se publica O anterior goberno fixo públicas, en sede parlamentaria, no mes de maio do 2007, as listas de espera non estructural, ante unha pregunta directa do PP. Nosoutros esiximos da Sra. Farjas a publicación inmediata das listas de espera non estructural dos diferentes hospitais tanto do mes de marzo como do mes de decembro. Ca súa publicación quedará demostrada a nova mentira do actual goberno que intenta enganar aos cidadáns galegos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.