AGUILLON Nº 37

Page 1

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA

O Aguillón BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL • MAIO 2007 • 2ª ETAPA - Nº 37

E ENT D I S E O PR O D OE A ART OBERN AMA PS C ➡ OG OGR 07 D R P E 0 CLÚ IÓNS 2 N I ➡ LECC E

A Baña necesita o cambio VOTA ENRIQUE VÁZQUEZ


O Aguillón

2

E

D

I

T

O PSdeG-PSOE de A BAÑA concorre a estas eleccións municipais cun programa que pretende relanzar a economía do noso concello e apostar polo asentamento da poboación, sen descoidar a política social. Queremos gobernar doutro xeito, cun concello aberto ós veciños. O diálogo, a democracia real e a participación serán a nosa forma de facelo. Queremos que o nos programa sexa un contrato, un compromiso firme cos veciños. Para cumprilo contamos co apoio decidido do noso partido, tanto a nivel autonómico como estatal. José Luis Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño contribuirán cos fondos públicos a sacar á Baña da súa actual situación de esquecemento, abandono e subdesenvolvemento. A nosa candidatura está composta por traballadores e traballadoras, persoas cualificadas e preparadas que non necesitan dos cartos do concello para vivir, e que se presentan a estas eleccións con moita ilusión e para servir A Baña, non para servirse dela.

O

R

I

A

L

Os socialistas pretendemos a transformación total do modo de xestionar o noso concello. Os cartos públicos, que son de todos, serán xestionados non para o beneficio duns poucos, senón de todos os veciños. Os socialistas comprometémonos públicamente a manter sempre un trato igualitario entre todos os veciños. A Baña é o concello máis pobre da provincia da Coruña e o quinto co nivel de ingresos máis baixo de toda Galicia. NECESITAMOS UN CAMBIO. Todos os indicadores demostran que o nosos concello leva 12 anos camiñando cara atrás. Nós estamos demostrando que somos diferentes, que temos unha nova forma de gobernar en benficio de todos os veciños. Demostraremos que aínda estamos a tempo de loitar polo CAMBIO. Para lograr isto necesitamos a túa confianza e o teu apoio, por iso pedímosche que non faltes a votar o día 27 de maio, porque o teu voto é moi importante para A Baña. ENRIQUE VÁZQUEZ NAVEIRA Candidato á alcaldía de A Baña


O Aguillón

3

XOSÉ RAMÓN IGLESIAS VIGO Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de A Baña e nª 8 na candidatura socialista Xosé Ramón naceu hai 26 anos na parroquia de Lañas. Desde moi novo participa en moitas iniciativas sociais do noso concello. Forma parte da Xunta directiva da asociación xuvenil “Os Viñigodos”, xoga de porteiro na SD A Baña e adestra aos xogadores xuvenís do A.D. Nicrariense. Cursou estudos de administrativo no IES de Santa Comba e hai tres meses foi escollido por unanimidade como Secretario xeral de Xuventudes Socalistas de A Baña.

¿Porque unha persoa nova como ti sinte inquedanzas políticas? Penso que toda persoa debería ter inquedanzas de mellorar o seu entorno de vida, teña a idade que teña. Debemos tentar de mellorar as cousas e facer a nosa vida e a dos demáis moito máis levadeira. Eu sempre tiven gañas de traballar para mellorar as cousas e desde que se me plantexou a posibiliadde de incluírme na lista do PSdeG-PSOE para estas vindeiras municipais non o dubidei e accedín. ¿Como ve a situación da mocidade en A Baña? Bueno, desde hai doce anos o retroceso en liñas xerais do noso concello foi impresionante, por iso somos o concello máis pobre da Coruña. Retrocedimos en todos os aspectos, social, cultural, deportivo,... Centrándonos no tema da mocidade, decir que temos unha canteira moi boa, de xente moza moi preparada e comprometida, pero sen ningunha axuda nin apoio desde o concello, non é que haxa poucas cousas e que non hai nada. Hai máis dunha década os mozos de A Baña tiñamos un Torneo de Futbol Sala por parroquias,

celebrábamos anualmente a Festa da Mocidade con festa todo o día concurso de carrilanas, actuacións,... tiñamos un concurso literario, o grupo de teatro “Berenguela”, os “Campamentos Val de Barcala” que despois duns 40 anos, o grupo actual no goberno se cargou dun plumazo e será unha das primeiras medidas que tomemos ao chegar ao goberno da Baña, recuper os campamentos. Por isto creo que a mocidade está totalmente abandonada en A Baña. ¿Como ve o futuro de A Baña? Creo que temos un futuro moi prometedor unha vez que logremos cambiar este goberno de atraso e despilfarro que levamos padecendo desde hai tres lexislaturas. A Baña é un concello rico en agricultura e gandeiría, é un concello de xente moi traballadora. Penso que cun goberno socialista forte a Baña comenzará a rexurdir do estancamento no que se encontra. Coa mellora das comunicacións que está a realizar a Xunta de Galicia, situaremos a nosa Baña no mapa e poderemos comenzar a traballar desde cero.

“Unha das primeiras medidas que tomaremos como goberno será recuperar os Campamentos Val de Barcala” AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA

CASA DO POBO

A F Í L I AT E

Plaza do Concello - San Vicente psoe_abana@yahoo.es Telf. 981 886 833 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: 09.00-14.00 H. LUNS A VENRES


O Aguillón

4

TODA A VERDADE SOBRE O CASO UROVESA ENTREVISTA CON D. JOSÉ OREIRO PROPIETARIO DA ESTACION DE SERVICIO GESTINOR DE SAN VICENTE pensar nun crecemento, posto que debe de ser un dos pouquísimos concellos de Galicia que non ten terreo industrial, e ás probas remítome, coa tan levada e traída empresa UROVESA que podería ser o comezo dunha nova etapa para a nosa comarca coa creación de máis de cincuenta postos de traballo directos e cerca de cen indirectos, pero por desgraza de novo non se estivo a altura das circunstancias.

José Oreiro e o Rector da Universidade de Santiago

José Oreiro naceu en Negreira, onde reside ata os 28 anos. Os seus pais foron os propietarios dun restaurante de moito prestixio nesta localidade: o Gran Vía. O seu primeiro emprego foi en Caixa Galicia, permanecendo nesta entidade durante dezasete anos e exercendo durante dez como Director Comercial. Marchou desta entidade para incorporarse a actividade empresarial e colaborar cos seus pais nos negocios de hostelería. Na actualidade exerce como empresario en Santiago de Compostela desenvolvendo e participando en diversas empresas entre as que podemos destacar: Grupo Internacional de Viaxes Viloria, con seis sucursais e con presenza na capital do Estado; Compostur, maiorista de viaxes; Rent a Car en Canarias; Hoteles Encantados, empresa dedicada ao mundo do hospedaxe con Central de Reservas propia; Consulting empresarial con sede en Tánxer-Marruecos; Gestinor, Estación de Servicio de A Baña e participa en diversas sociedades como accionista en distintos sectores empresariais. É presidente da Asociación de Comerciantes de Santiago “ACOTÉS” e presidente da Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia “AGAVI”. ¿Cal é a súa relación empresarial coa Baña? A miña relación coa Baña, como moita xente sabe, é que son o propietario da Estación de Servicio maiorista/minorista situada na entrada de San Vicente dende fai máis de dez anos. Desde o punto de vista empresarial ¿como valora a situación do Concello de A Baña? MOI PREOCUPANTE. A súa actividade e prácticamente nula e ademáis A Baña está absorbida polos concellos de Santa Comba e Negreira. Hoxe por hoxe é imposible

¿É certo que vostede tomou parte activa na posible instalción de UROVESA no noso concello? Sí, é verdade. Solicitarón a miña colaboración diversas persoas, pero de maneira moi especial Enrique Vázquez, e creame que traballei coa maior ilusión e esforzo dedicándolle moitos días para que fose posible a instalación de UROVESA na Baña e conseguir o obxectivo que tiñamos marcado, pero por desgraza, os resultados non foron os esperados e desexados. Pola miña parte tamén quero deixar moi claro que a min como empresario a instalación da referida empresa favorecíame. ¿Pode dicirnos que xestións realizou e con quen? Non teño ningún inconvinte. Coa Xunta de Galicia e co propietario dos terreos, e en ámbolos dous casos as xestións foron fructíferas. Quero deixar moi claro que o propietario da nave, co cal me reunín en varioas ocasións, vendía e vende a finca con un prezo de mercado moi bo e ademáis daba dous anos para pagala. Tamén teño que dicir que falei en varias ocasións con un dos principias accionistas de UROVESA, o Sr Sierra, e o seu dexeso e gañas por instalarse en A Baña eran firmes. Entón na sua opinión cales foron as causas polas que UROVESA non se instala definitivamente en A Baña? Sinceramente creo que ten que haber moi poucas persoas en todo o Concello de A Baña que non saiban a razón principal, pero de todas maneiras volvo a repetilo: OS TERREOS DA EIROA NOS QUE ESTA SITUADA A NAVE SON RÚSTICOS E É PRECISO QUE SEXAN INDUSTRIAIS. O lamentable e penoso é que coa nave construída, creo que fai máis de quince anos, nestes terreos o concello non solucionase o asunto que entendo debia de ser un tema prioritario da actual corporación municipal, xa que no caso contrario, voltamos o que lle dicía o principio. En calquera momento A Baña pasará a ser un anexo ou parroquia comercial e industrial de Negreira e Santa Comba. Espero, desexo e confío que despois de todo o sucedido os políticos tomen boa nota para cumprir cos seus deberes e obrigas, que para iso están e tamén para iso pagamos os nosos impostos.

“Os terreos da nave onde está Buroga son rústicos e non se pode construír ningunha fábrica”


O Aguillón

5

M.ª PILAR LEMA SILVA Presidenta da ONG “A Baña Solidaria” e n.º 7 da candidatura socialista Naceu hai 42 anos da parroquia de San Mamede de Monte e na actualidade traballa de xardineira. Está casada e ten dous fillos. Desde hai dous anos ostenta a presidencia da ONG “A Baña Solidaria”. Representa a candidatura do Partido Socialista nas vindeiras eleccións municipais no posto numero sete.

¿Como valora o traballo da ONG “A Baña Solidaria” desde que vostede e a presidenta? Debo dicir que estou contenta e moi satisfeita do traballo realizado o longo destes dous anos. Fixemos actividades para maiores, mulleres, nenos ... pero do que máis contenta estou e do traballo cos inmigrantes, xa que non debemos esquecer que estamos a recibir poboación doutros paises e debemos de tratalos de maneira correcta e integradora.

terapia para persoas con reducción de mobilidade.Tamén e moi impotante para nos promover actividades de lecer e tempo libre onde se realizan actividades de todo tipo como poden ser cursos de manualidades, de informatica, de baile, excursións, cursos de español e galego para os inmigrantes, proxección de películas nas parroquias, etc Tamén tratamos de antender todas aquelas dubidas xuridicas que teñen os nosos veciños e para elo contamos coa avogada do Plan Sociocomunitario. A verdade e que estou moi orgullosa de formar parte deste proxecto.

“O CONCELLO DE A BAÑA NECESITA UN CAMBIO PROFUNDO” Desde hai oito meses a ONG que preside traballa no Plan Sociocomunitario xunto con otroas tres asociacións ¿Como valora este traballo? O Plan Sociocomunitario naceu no mes de outubro do 2006, cando catro asociación de A Baña decidimos unir as nosas forzas e fundar este Plan. Contamos cunha subvención da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia que nos permite sufragar os soldos de once traballadores, contratamos a tres auxiliares de axuda a domicilio, tres animadoras socioculturais, duas administrativas, un fisioterapeuta, unha avogada e unha traballadora social. Co traballo destas profesionais cubrimos tres grandes ámbitos de actuación: Benestar Social, co traballo de axuda a persoas maiores e a persoas con minusvalías, tramitación de subvencións, asesoría en temas sociais e servicio de fisio-

¿Por que accedeu a formar parte da candidatura socialista para as vindeiras municipais? Nun primeiro momento dubidei na posibilidade que me plantexaron os compañeiros do PSOE, pero despois de recapacitalo e co apoio dos meus familiares decidín forma parte da candidatura. Penso que A Baña necesita un “cambio profundo” xa que levamos doce anos afundíndonos e afundíndonos. A Baña precisa de xente nova e con gañas de facer cousas, xente con enerxías renovadas que sinta o concello como seu. Traballarei para conseguir cousas para a miña parroquia xa que Monte esta totalmente abandonada. Creo sinceramente que o PSOE da Baña cumpre todas estas caranterísticas, por iso penso que o vindeiro 27 de maio haberá un novo goberno no noso concello, cun novo alcalde que denfende os intereses de todos os bañeses.

ENTRA EN INTERNET:

www.omellorparaabaña.com Descarga o video de campaña da candidatura socialista


O Aguillón

6

Gran éxito de público na I Festaza celebrada en A Baña

Máis dun millar de persoas déronse cita entre os días 13 e 14 de abril na explanada do Castro en San Vicente para celebrar á 1º Festaza. O día 13 actuaron as orquestras Los Españoles e Capitol e os grupos de rock Rockin´13 e Marmota Phil. Fixo unha noite marabillosa, onde a xente participou de maneira moi animosa da verbena ata altas horas da madrugada. O día 14 celebrouse un xantar popular coa asistencia de 320 comensais. A sobremesa foi ameniza-

da polo grupo de gaitas Xaramago de Oleiros e o dúo Crisol de Compostela. Tamén se fixeron obradoiros de maquillaxe e fabricación de chapas para os máis pequenos e precedeuse ao sorteo dun carneiro entre os asistentes. A Festaza foi organizada polo Plan Sociocomunitario coa colaboración das Xuventudes Socialistas de A Baña, que non dubidan en repetila e mellorala para o vindeiro ano debido o seu grande éxito.

Presentación ó público da candidatura socialista de A Baña O pasado 3 de maio na sede da Agrupación Socialista de A Baña tivo lugar a presentación da Candidatura que presenta o PSOE nestas eleccións municipais. Con máis de douscentos asistentes e moita animación presentouse o video de campaña e aos candidatos a concelleiros e alcalde. O acto foi presentado por Ana Paramos Cebey, número 3 da candidatura e participaron nel o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela que afirmou “Enrique, non me cabe dúbida que serás o pró-

ximo alcalde de A Baña e a Xunta de Galicia estará para botarche unha man e sacar a Baña do estancamento dos últimos anos” e Enrique Vázquez Naveira, candidato á alcaldía de A Baña que dixo “ a partir do 27 de maio, A Baña empezará a progresar ata situala onde se merece co apoio de Touriño, Moreda e Zapatero ” Ó rematala presentación tódolos asistentes foron convidados polo candidato á alcaldía á degustación duns pinchos acompañados duns viños galegos.


O Aguillón

7

P

R

O

G

R

A

M

A

As principais liñas do noso programa son: URBANISMO - Modificar o Plan Xeral actual coa participación de todos os veciños, facilitando a construcción de novas vivendas. - Reforzar a área de urbanismo, con persoal para atender diariamente ós veciños e agilizar os trámites urbanísticos. - Garantir a igualdade de trato entre tódos os veciños. - Mellora do alumeado público. - Saneamento en todas as parroquias. - Estudiaremola forma de solucionalo problema das traidas de augas nos lugares con mais dificultades. - Cambiar a calificación do solo na zona da Eiroa, de rústico a industrial, para poder construír o Poligono Insustrial, Cormercial e de Servizos e implantar empresas no noso Concello - Rematada a estrada Negreira-San Vicente-Failde, promoveremos a construción dunha estrada interna que comunique o noso municipio dun extremo a outro, para potenciar as comunicacións das parroquias mais alonxadas coa capital do Concello. - Dotaremos de liñas de autobuses a nova estrada Santa Comba-San Vicente-Negreira-Santiago, cun mínimo de un autobus cada duas horas.

sensuarán as obras se farán na súa parroquia. Reunirase unha vez ao ano como mínimo.

UN CONCELLO EMPRENDEDOR, XERADOR DE EMPREGO - Esixencia de estradas que permitan o crecemento económico. - Arranxo de estradas locais, pistas e cunetas. - Creación do Polígono Industrial da Eiroa en San Vicente. - Creación dun viveiro de empresas. - Formación Profesional Ocupacional axeitada ás posibilidades reais de emprego. - Servizo de información e asesoramento técnico para tódos os trámites de creación de empresas e das subvencións existentes.

UN CONCELLO QUE POÑA EN VALOR O BENESTAR SOCIAL E A EDUCACIÓN - Impulsar a axeitada cobertura no fogar ás persoas dependentes e ás familias que se ocupen delas. - Solicitude dun heliporto para as urxencias médicas.

PARTICIPACIÓN VECIÑAL

- Programas preventivos e de promoción da saúde.

- Apostar pola proteccíon civil desde o concello.

- Ampliación do Plan Sociocomunitario con novos traballadores e novos sevizos para o cidadán.

- Estimulo do voluntariado e da participación cidadá na protección civil.

- Impulsar o Colexio Público e traballar de maneira decidida coa APA do colexio.

- Crear o “Consello de participación veciñal”, onde todas as parroquias, por consenso veciñal, con-

-Solucionarémos o problema do transporte para o instituto.


O Aguillón

8

UN CONCELLO PARA AS FAMILIAS, PARA OS NOSOS MAIORES E PARA OS NENOS

- Promoción de actividades deportivas e apoio ó deporte de base. - Creación dun campo novo de herba artificial

- Ampliación das subvencións para adquisición de material escolar e becas de estudo.

- Arranxo da Piscina Municipal e creación dunha cuberta e climatizada.

- Adaptar todos os parques infantís á normativa vixente, con peches axeitados e renovación de equipamentos.

- Creación dunha Aula de Idiomas Municipal.

- Oferta permanente de actividades culturais, deportivas, de ocio e de espectáculos.

- Formación permanente en informática e inglés

- Incremento do Servizo de Axuda no Fogar para a poboación dependente - Revitalizar o Servizo de teleasistencia domiciliaria e crear o de gardería municipal e fisioterapia. - Apertura dunha residencia pública para a Terceira Idade.

- Actividades extraescolares e de apoio ó estudo.

- Apertura da Casa da Cultura e Biblioteca os sábados e festivos. - Organización de actividades de ocio en todas as parroquias. - Potenciación do coñecemento do noso concello dentro e fóra da Baña -Restauración de lugares de interese cultural e medioambiental, para convertilos en puntos de atracción turística.

OS MOZOS, PROTAGONISTAS DO CAMBIO - Fomentar a creación de emprego para os mozos, especialmente no sector das novas tecnoloxías, no sector turístico e medioambiental así como nos servizos da vida cotiá. - Faremos chegar a banda ampla de internet a todas as parroquias, ó igual que a Television Dixital Terrestre, para que todos os veciños da Baña poidan desfrutar dunha televisión e unha cobertura de internet de calidade. - Plans de autoemprego específicos para a zona rural, con especial atención ás mulleres mozas - Fomento da participación dos mozos para apoiar e impulsar as actividades dirixidas a eles. Financiaremos actividades organizadas por asociacións en base a convenios de colaboración.

A CULTURA E O DEPORTE - Recuperación do grupo de teatro “Berenguela” e os tradicionais campamentos “Val de Barcala”. - Potenciación das actividades musicais, con especial atención á Banda de Música Municipal.

AGRICULTURA E GANDEIRÍA - Implantación dun sistema voluntario e gratuíto informático para a análise e control da calidade do leite. - Asistencia veterinaria. - Cursos de formación para traballadores agrarios. - Facilitar os trámites municipais para a legalización dos establos existentes e apoiar todas as xestións a realizar ante a Xunta de Galicia. - Creación de depósitos de auga en tódalas as parroquias para recollida de auga e lavado de cisternas. - Creación dunha oficina de información para todos os traballadores do campo. -Dotaremos de mais contenedores de basura as parroquias, aumentaremolos dias de recollida de lixo e poñeremos mais contenedores de vidro, papel e plástico. -Crearemos un programa de voluntariado que conxuntamente ca brigada municipal manterá limpo o Concello, en especial os nosos rios.


O Aguillón

9

RÉXIME INTERIOR E FACENDA - Crearase un réxime interno de funcionamento do concello, para que todos os traballadores coñezan os seus deberes, as súas obrigas, as súas funcións,.... - Fomento do emprego publico: sistemas de selección transparentes do persoal municipal. - Rexeitamento da privatización de servizos públicos. As obras e servizos municipais realizaranse por persoal municipal, co conseguinte aforro de cartos para o concello. As obras de limpeza, asfaltados e hormigonados seran feitas pola BRIGADA MUNICIPAL con maquinaria mercada polo Concello. Esto permitirá un gran aforro, creacion de emprego e maior número de obras. - Politica de austeridade e contención de gastos supérfluos (comidas e viaxes de políticos, soldos encubertos a concelleiros e alcalde,... ) que evitará o continuo incremento de impostos municipais. - Regulamento do uso de vehículos e maquinaria do concello.

Compoñentes da candidatura PSdeG-PSOE de A Baña

- Acabaremos coa política de facer obras a particulares e amigos do alcalde con cartos públicos a cambio de nada. Os cartos públicos son de todos e deben fiscalizarse con seriedade. - Estableceremos convenios de colaboración, con aportacion económica do Concello, coas diferentes asociacións (vecinais, caza e pesca, xuvenís, deportivas,comisions de festas,de muller,... ) para potenciar a realización de actividades.

UN COMPROMISO ÉTICO: UN ALCALDE DE TODOS E PARA TODOS - O alcalde tratará a todos os veciños por igual, non en función das súas ideas políticas. - O alcalde tratará e dialogará con tódos os veciños, non discriminando ós que pensen de xeito diferente. - O alcalde será o primeiro en dar exemplo e cumprindo a Lei.


O Aguillón

10

Candidatura PSdeG-PSOE de A Baña

1.- ENRIQUE VÁZQUEZ NAVEIRA 43 anos. San Vicente. Licenciado en Historia Contemporanea. Director dos Centros Socioculturales do Concello de Santiago e Afiliado o PSOE desde hai 25 anos. Casado e con tres fillos. Coordinador Xeral do Plan Sociocomunitario de A Baña.

2.- VICTORINO GARCÍA PAZOS 44 anos. A Riba. Encargado de obra. Membro da directiva do equipo de fútbol de A Baña, Tesoureiro da APA do Colexio Público e da Banda Infantil de Música, casado e con 2 fillos.

5.- JOSÉ DOMÍNGUEZ REY 46 anos. Suevos. Encargado de obra. Presidente da AA.VV. de Suevos “Amañecer”, nacido en Cabanas, casado e con 2 fillos.

3.- ANA PARAMOS CEBEY 27 anos. Fiopáns. Técnico Superior en Turismo. Membro da AA.VV. de Fiopáns “Ponte Calexa”, Presidenta da Asociación de Mulleres “Axiña” e fundadora do Plan Sociocomunitario

6.- JOSÉ RAMÓN GÓMEZ CANCELA 39 anos. Ordoeste. Administrativo de Tenreira Galega. Vocal da AA.VV. de Ordoeste “Camiño Real”.

7.- MARÍA PILAR LEMA SILVA 4.- MAXIMINO GIL CHAN 47 anos. Troitosende. Empregado de Caixa Galicia, casado e con 2 fillos Presidente da AA.VV. de Troitosende “Ribeira do Tambre”.

42 anos. Monte. Xardineira. Presidenta da ONG “A Baña Solidaria”, membra da Comisión de Festas de Ceilán e fundadora do Plan Sociocomunitario. Casada e con dous fillos.


O Aguillón

11

8.- XOSÉ RAMÓN IGLESIAS VIGO 10.- LAURENTINO ARNEJO INSUA

26 anos. Lañas. Auxiliar Administartivo. Membro da Asociación Xuvenil “Viñigodos” de Lañas e Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de A Baña.

37 anos. Cabanas. Carpinteiro. Secretario do Coto de A Baña “Xan Can” casado e con 2 fillos.

9.- SALVADOR BALOIRA AROSA 45 anos. Seoane. Docente do Formación Profesional Ocupacional. Instalador e Mantedor de fontaneria, calefacción e gas. Foi membro da AA.VV. de Barcala e membro da Comisión de Festas. Casado e con un fillo.

S

U

P

L

11.- SONIA MARÍA PARIS RODRÍQUEZ 30 anos. Corneira. Licenciada en Ciencias Políticas. Vicepresidenta da AA.VV. de Corneira “Nosa Terra”

E

N

T

E

S

1.- RUBÉN RAMOS DOMÍNGUEZ 28 anos. San Vicente. Diplomado en Traballo Social. Presidente da Asociación Xuvenil “Xuventude de San Vicente” e fundador do Plan Sociocomunitario.

4.- MANUEL RODRÍGUEZ ALVITE 43 anos. A Ermida. Gandeiro.

2.- MARÍA ROCÍO PAIS MAYO 40 anos. San Cibrán. Empregada de Correos. Presidenta da AA.VV. de San Cibran. Casada e con dous fillos.

5.- JOSÉ MANUEL PAREDES SUÁREZ 49 anos. Suevos. Técnico Electricista. Casado e con dous fillos.

3.- ANA BELÉN MAYO MAYO

6.- ANA PENSADO LOUZAO

32 anos. O Barro. Empregada de limpeza. Membro da AA.VV. Santa Mariña do Barro.

31 anos. Seoane. Licenciada en matemáticas. Profesora no Colexio Público de A Baña.


O Aguillón

12

JOSÉ DOMÍNGUEZ REY Representante n.º 5 da candidatura do PSOE de A Baña para as eleccións municipais José Domínguez Rey naceu na parroquia de Cabanas hai 46 anos e actualmente reside na parroquia de Suevos sendo, está casado e ten dous fillos. Desde hai algún tempo é o Presidente da Asociación de Veciños “Amañecer” de Suevos.

¿En que situación se atopa a súa parroquia? Esta claro que todas as parroquias do noso concello están moi abandonadas, se ben e certo que algunhas máis que outras. En Suevos temos todos os camiños e as pistas sen ningún tipo de cuidado, non temos alcantarillados... temos moitas carencias. O noso concello non mira nada pola parroquia de Suevos, moitos veciños temos a sensación de que hai que ter algún tipo de trato de favor por parte do Sr. Alcalde para poder levar a cabo melloras nas nosas parroquias. Recentemente a Asociación de Veciños a cal eu represento, solicitamos unha subvención á Deputación de A Coruña para facer un “caseto” ao lado do local social para gardar enseres, ferramenta, facer algunha churrascada,...como hai en moitas parroquias e foi concedida. Comenzamos a facer a obra e cando a tiñamos case rematada foi paralizada por orden do concello. estas actuacións non se poden consentir, xa que a obra era un ben para todos os veciños de Suevos.

¿Como podemos mellorar a situación do noso concello? Penso que o día 27 temos que dicirlle a estes gobernantes que basta xa, que merecemos unha Baña moito mellor, que non podemos seguir vivindo no estancamento. A Baña terá futuro con

un novo goberno, cun goberno dos socialistas que non mire a quen vota a xente e que trate a todo o mundo por igual.

¿Porque decidiu encadrarse nas listas socialistas para as vindeiras miunicipales? Como dicía antes, creo que na Baña ten que haber un cambio total na forma de gobernar, penso que desde a honradez e o traballo podemos sacar A Baña adiante. Levo tres anos afiliado ao Partido Sociaslista e atopei un grupo de xente moi traballadora que quere a Baña por enriba dos seus intereses persoais, por isto decidín aportar o meu graniño de area nas listas do Psoe para estas eleccións.

¿Que lle diría á xente para que votase ao Psoe nestas eleccións? Diríalle que botaran a ollada atrás, doce anos atrás e reflexionaran en cómo mudou á Baña desde entón, fomos a menos, a menos e a menos. Mentres os Concellos de Negreira e Santa Comba van crecendo nós imos sempre para atrás. Dirialle que dando o seu apoio á nosa candidatura abriríamos unha porta ao futuro, a unha xente nova, con novos proxectos e con moita ilusión.

“As parroquias do noso concello están moi abandonadas”


O Aguillón

13

Enrique Vázquez e veciñas de San Mamede reúnense co Delegado Provincial de Obras Públicas na Coruña O pasado mes de marzo, tivo lugar na Delegación Provincial da Xunta de Galicia na cidade da Coruña, unha reunión entre Enrique Vázquez, unha delegación de veciñas de Monte e Jacinto Parga, delegado da consellería, para solicitarlle a éste un paso desde o lugar de Duomes ata a rotonda principal, recentemente construída, xa que os veciños quéixanse que teñen que pasar pola estrada co perigo que esto supón para os viandantes. Despois de barallar varias alternativas, a Consellería de Obras Públicas, por medio do delegado provincial, decidiu

facer unhas beirarrúas de metro e medio de ancho para que os veciños de Doumes poidan pasar sen ningún tipo de perigo. Tamén se teñen soliicitado, por parte do grupo socialista a instacia dos veciños, a colocación de bandas rugosas na estrada que comunica Lañas con Ceilán, xa que nese tramo de estrada os vehículos circulan a gran velocidade nun tramo onde a velocidade está limitada a cincuenta por hora. A solicitude fíxose a Deputación de A Coruña está en trámite para a súa próxima execución.

Vista da estrada onde irán situadas as beirarrúas

Recta de Ceilán, onde se colocarán as bandas rugosas

Enrique Vázquez co Delegado Provincial e as veciñas de Monte

Os compañeiros da Agrupación Socialista de A Baña viaxan a Vigo e Madrid para asistir ó mitin do presidente do goberno en conmemoración do 3.º ano da victoria das eleccións xerais

Palacio de Vistalegre (Madrid). Abril 2007

A Baña con Zapatero en Vigo. Maio 2007


O Aguillón

14

Actividades para todos organizadas polo plan sociocomunitario de A Baña

Viaxe a pista de xeo en Santiago de Compostela

Curso de ximnasia

Primeiro premio nas comparsas do Antroido

Taller de maquillaxe

Obradoiro de educación medioambiental

Viaxe ó parque infantil Camelot Área Central


O Aguillón

15

PLAN SOCIOCOMUNITARIO DE A BAÑA PRAZA DO CONCELLO - SAN VICENTE Telf. 619 904 885 • plansociocomunitario@hotmail.com Horario de atención ó público: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, de luns a venres

Xornadas interculturais no Colexio Público de A Baña

Xornadas interculturais no Colexio Público de A Baña

Cea cos participantes das xornadas interculturais

Saída medioambiental

Exitosa viaxe a Portugal. Maio 2007


O Aguill贸n

16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.