AGUILLÓN Nº 36

Page 1

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA

O Aguillón BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL • DECEMBRO 2006 • 2ª ETAPA - Nº 36

O PRESIDENTE ZAPATERO RECIBE A ENRIQUE VÁZQUEZ NO SEU DESPACHO


O Aguillón

2

CONTIDOS Entrevista con Emilio Pérez Touriño Entrevista con Enrique Vázquez Naveira Visitas dos Conselleiros A Baña Viaxes da Agrupación 2º aniversario da sede do PSOE Plan sociocomunitario Cursos e actividades Obras da Deputación Subvención do Concello Informe económico da Secretaría do Concello Estrada Negreira-San Vicente-Failde

EDITORIAL


O Aguillón

3

Entrevista con D. Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia Sr. Presidente: ¿Cales son os seus obxectivos políticos máis importantes para o ano 2007? Como ben sabe, o Goberno que presido vén de aprobar os orzamentos para 2007. Uns presupostos que definimos como os do impulso económico e da igualdade social, pois son os dous obxectivos estratéxicos non só destas contas senón do propio Goberno: avanzar na converxencia coas rexións máis ricas de España e de Europa e distribuír mellor os recursos públicos para incrementar as cotas de benestar dos nosos cidadáns. Estes presupostos marcan seis prioridades de gasto: educación, infraestruturas, políticas social, I+D+i, emprego e equilibrio territorial e están elaborados baixo a máxima da transparencia, o aforro e o rigor orzamentario. Agardo, en suma, que estes segundos orzamentos do cambio sigan a dinamizar o desenvolvemento económico de Galicia, incrementando os positivos efectos logrados co cambio de modelo económico iniciado cos anteriores e facendo unha aposta clara por incorporar Galicia á sociedade da información e do coñecemento, como o revela o incremento dun 63% en dous anos da dotación presupostaria adicada a I+D+i. Pero sobre todo, o que agardamos é que nos permitan seguir dando pasos nese grande obxectivo do reequilibrio territorial do país. ¿De que se encontra máis satisfeito desde a sua chegada á Presidencia da Xunta de Galicia? Son múltiples os motivos de satisfacción. En primeiro lugar, estou satisfeito de que os cidadáns nos deran a confianza para exercer a dirección política do país, posibilitando o cambio necesario en Galicia. Estou orgulloso de ter realizado este cambio dende a serenidade, a tranquilidade, a seriedade, sen estridencias, acalando todas as voces que prognosticaban que un Goberno de progreso non sería quen de pór en marcha políticas que potenciasen o desenvolvemento económico: pois ben, neste algo máis de ano de goberno logramos non só que a economía avance senón que o faga como nunca, medrando por riba do que o fai o conxunto do Estado, creando 35.000 empregos e reducindo a taxa de paro a índices que non se lembraban dende o ano 1982. Tamén estou moi satisfeito polos avances logrados no eido da educación, ao extender a gratuidade dos libros de texto a todo o ensino obrigatorio, ou o acompañante escolar para o 100% das rotas de transporte, ou a duplicación das bolsas para estudar inglés no estranxeiro. Para nós, veciños de A Baña, un concello a 25 km de Santiago que ten pasado de 8000 a 4800 habitantes en

15 anos, a situación do rural é tremendamente importante ¿que políticas pensa artellar o seu Goberno para mudar esta situación? O PP deixou unha herdanza neste eido de crise profunda, de fondo e estrutural que provocou unha estrondosa desaparición de explotacións lácteas, un escaso ou nulo relevo xeracional e un paulatino abandono da superficie agraria útil e do monte, coas consecuencias que agora sí lle toca padecer a este país. Cando asumimos o goberno, o sector primario atopábase nunha profunda crise que convertira o país nun campo de minas que agora temos que ir desactivando cada día, e construíndo o futuro. Fíxese que o ritmo medio de desaparición anual de explotacións lácteas no período 2000-2005, baixo gobernos do PP, foi superior ao 12%, o que se traduciu na perda de 50.000 explotacións; ou que se produciu o abandono de centos de miles de hectáreas de monte, unha reducción de 300.000 activos agrarios no campo en 20 anos ou unha caída do rendemento agrario entre 1990 e 2000 dun 47%, cando no Estado subiu o 6%. Esta é a situación de partida que herdamos, o deterioro do emprego, das rendas e unha dificultade extraordinaria no mundo rural. A partir de aí, unha política de cambio, de innovación e de reversión, un ano de progreso. Grazas aos programas postos en marcha polo Goberno que presido, un total de 1.100 mozos e mozas se incorporaron á actividade agraria, cifra que equivale á suma das incorporacións producidas nos catro anos anteriores. Ademais, remitimos ao Parlamento a Lei de conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras. Unha iniciativa fundamental para pór en valor boa parte das 800.000 hectáreas que agora mesmo se atopan abandonadas ou infrautilizadas dentro do territorio galego. O noso candidato á Alcaldía, Enrique Vázquez, dixo sempre que traballou con vostede na universidade. Xuntos estaban nun grupo denominado “Renovación” que iniciou o cambio na universidade na decada dos oitenta ¿Que queda daquel profesor? Enrique Vázquez foi sempre un home que destacou pola súa inmensa capacidade de traballo, pola súa capacidade de organización, pola súa tenacidade á hora de traballar para conseguir os obxectivos trazados. Estas son, sen dúbida, cualidades que atesoura desde aqueles tempos e que o capacitan e o distinguen como o mellor candidato para levar o cambio, o progreso, o benestar social á Baña, como o mellor alcalde para o concello de A Baña. Confío en que así será tras as vindeiras eleccións porque A Baña merece estar xestionada con eficacia, con intelixencia e con responsabilidade. Vázquez sabe de primeira man que contara con todo o meu apoio para que así sexa.


O Aguillón

4 A súa visita á Baña co presidente do Goberno Zapatero en agosto do 2002 impulsou o inicio dun cambio permanente e constante de avance para o PSdeG-PSOE en Galicia. ¿como ve vostede as próximas eleccións municipais do 2007? Creo, sinceramente, que as eleccións municipais suporán un novo avance no cambio político iniciado nas pasadas eleccións autonómicas. E créoo firmemente porque todos os cidadáns de Galicia, tanto os que nos deron o seu apoio como os que non, puideron comprobar que este é un Goberno que goberna e cumpre o comprometido, un Goberno que ten os cidadáns no centro da súa acción política, un Goberno que dá a cara e cumpre cos galegos en situacións de dificultade, un Goberno cun proxecto sólido de país, que puxo as bases para avanzar na converxencia cos territorios máis ricos, un Goberno que desterrou o clientelismo practicado por outros, un Goberno que aposta pola educación e a innovación, pola protección e ordenación do territorio, polo desenvolvemento sustentable, un Goberno, en suma, serio e responsable. Por todo iso, os cidadáns van referendar tamén a nivel local o cambio político iniciado hai un ano, porque todos os galegos queren que o progreso chegue aos seus municipios e que o incremento das cotas de benestar social e a eficiencia na xestión dos asuntos públicos se trasladen aos seus concellos. Vostede recentemente díxolle a Enrique Vázquez que viría pronto a visita-lo noso concello ¿cando contaremos coa súa presenza na Baña? Como ben pode comprender, a axenda que debo cumprir como presidente da Xunta de Galicia é moi esixente e moitas veces me impide atender tan rápido como quixera os compromisos de visitar moitos concellos tan queridos como o da Baña. Pero fareino tan pronto como me sexa posible. A nova estrada Santiago-San Vicente-Failde, as inversións da Conselleria de Traballo, financiando o plan sociocomunitario da Baña, as melloras no centro de saúde e as axudas as asociacions cidadás desde diversas consellerias supoñen un novo pulo para o noso concello. Pero temos serias necesidades industriais, en telecomunicacións, en servizos sociais, saneamentos e servizos básicos tras 12 anos de goberno que só se preocupou de facer favores persoais e olvidou o desenvolvemento social e económico do noso concello ¿Como pode mudar o campo galego esta situación e de que xeito pode contribuir o seu Goberno ao desenvolvemento da Baña? Como lle dixen anteriormente, máis que unha herdanza o que recibimos respecto do rural galego era unha hipoteca, que estamos intentando amortizar o máis rápido posible con medidas como as que xa lle comentei – o plan estratéxico de investimentos, o plan de reequilibrio terri-

Agrupación local de A Baña con Touriño

torial, a constitución de diversas mesas sectoriais, a incorporación de mozos á actividade agraria-. Todos eles son pasos na boa dirección, na dirección de lograr un cambio no noso rural, para darlle progreso e as mesmas oportunidades có resto de Galicia. Son medidas, por tanto, que beneficiarán tamén todas elas ao querido concello da Baña. Pero non son as únicas. Máis alá das políticas específicas deseñadas para revitalizar o noso rural, e a risco de ser prolixo, o que distingue a este Goberno é o sentido de país presente en todas as súas medidas políticas, pois sempre buscan, todas e cada unha dela, mellorar a cohesión social. Neste sentido, quero salientar que aos poucos meses de chegar ao Goberno conseguimos asinar o tan ansiado Pacto Local, un instrumento que permitirá rematar cos amiguismos e os caciquismos que presidiron a relación de anteriores administracións autonómicas cos concellos, porque aumentará os recursos e a autonomía financeira dos nosos municipios, eliminando así calquera tentación de control político a cambio de subvencións. Todas as iniciativas que está a adoptar o Goberno galego están orientadas a lograr ese reequilibrio territorial tan necesario no país: os plans de extensión da sociedade da información, de modernización empresarial, de mellora do comercio ou do turismo, de extensión das novas tecnoloxías e mellora da cobertura da TDT, de creación de solo empresarial, de dotación de residencias para os nosos maiores... gozan dun compoñente universal de extensión do benestar social e o progreso económico por todo o país cun obxectivo básico: avanzar na converxencia coas rexións máis ricas de España e de Europa. Isto significa, nada máis e nada menos, que lograr unha Galicia economicamente forte, socialmente xusta e territorialmente equilibrada. A iso dedicamos o noso esforzo diario. “UNHA APERTA PARA TODOS OS VECIÑOS DE A BAÑA”


O Aguillón

5

Entrevista con Enrique Vázquez Naveira, Secretario Xeral e Portavoz Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de A Baña Enrique Vázquez Naveira, nace en 1964 na cidade de A Coruña, veciño de A Baña, está casado e ten tres fillos. Licenciado en Historia Contemporánea, Técnico en desenvolvemento local e Técnico en animación e programación sociocultural. Traballa na actualidade como director dos Centros socioculturais do Concello de Santiago de Compostela. Moitos foron os cargos relevantes de Vázquez ao longo da súa traxectoria laboral; Presidente da Asociación de estudantes progresistas de Galicia, membro e afiliado das Xuventudes socialistas desde 1982, fundador e membro de diversas entidades como a Asociación galega de consumidores, Movemento pola paz o desarme e a liberdade, Liga para a educación e a cultura popular, membro do Grupo federal de emigración, etc. No ano 2002 é elexido Secretario Xeral da Agrupación socialista de A Baña e representante do Comité Nacional Galego por ser a segunda agrupación con máis afiliados da comarca de Compostela. Como candidato pola alcaldía no 2003 triplica os resultados electorais do PSOE, acadando o 36% dos votos fronte o 14% das municipais de 1999. Este gran apoio dos veciños respaldao para presentarse por segunda vez como candidato a alcaldía do Concello de A Baña nas próximas elccións do 2007. Aguillón: Enrique ¿Como valora vostede estes casi 4 anos como Concellal na Baña? Enrique: Eu diferencio dous aspectos o político e o persoal. Desde un punto de vista persoal estou moi contento, coñecin e tratei a moita xente boa con problemas que nalgun caso poidemos solucionar: Arranxo dos accesos da estrada de Barcala e Ordoeste, paradas de autobus en Busto e Ferreiros, arranxo do Local de Barcala, Subvencion do cemiterio de A Riba, arranxo de pistas e camiños,modernizacion do Centro de Saude, actividades culturais nas parroquias e o Plan Sociocomunitario. Todo gracias os novos gobernos da Xunta e Deputacion. Pero estou decepcionado no referente a política municipal na Baña, o grupo popular so sabe poñer trabas e negativas o que nos pedimos e conseguimos de outras administracions: tentaron impedir o arranxo do Local de Barcala, tentaron derribalo almacen do local da asociacion de veciños de Suevos,denunciaron e tentaron pechar o Plan Sociocomunitario, denegaron permisos de obras a arranxos conseguidos por nos no Barro e San Vicente. Parece que o obxetivo non e conseguir cartos para A Baña, senon torpedear os que traia o PSOE. Asi non se pode ir a ningun lado e desde logo se esto non cambia A Baña será cada dia mais pobre. Aguillon: ¿Que pode avanzar do seu programa electoral para Maio do ano que ven? Como pode comprender non podo concretar cousas para non dar informacion os nosos rivais, pero si podo adiantar aspectos globais: Temos pechadas iniciativas importantes que afectan a case todas as Consellerias da Xunta para facer inversion pública na Baña. Trala nova estrada Negreira-San Vicente-Failde que estará rematada a finais do 2008 o seguinte obxetivo e arranxar Santiago- Sta Comba, e facer unha estrada interna que comunique o noso concello de lado a lado, crear liñas de transporte internas e con Santiago e urbanizar, facer un plan plurianual de inversions escomenzando por alcantarillados e saneamientos en todas as parroquias. Arranxo de pistas e camiños, e instalacions comunitarias: escola, ceminterios, locais sociais, campos das festas,

etc. O deterioro do publico en beneficio de obras privadas pagadas con cartos de todos só sirve para gañar votos pero empobrece o Concello, perxudica a maioria e provoca miseria e endebedamento. Outro aspecto fundamental é a cultura, relacions veciñais, servicios sociais e emprego. Imos a recuperala democracia, acabouse que o Alcalde e un Concellal decidan todo sen contar con ninguen. O Concello ten que ser un modelo de participacion e transparencia, gobernar non e mandar, gobernar e dialogar, escoitar, decidir contando con todos. Teremos xuntanzas periodicas cas Asociacions de A Baña, negociaremos as obras e inversions das parroquias, trataremos por igual a todolos veciños, respetando as ideas de cada un, nos non faremos con eles o que eles fixeron con nos. Traballaremos todos xuntos, respetando as diferentes opinions de todos e todas. Habera cultura e servicios sociais en todalas parroquias e poñeremos en marcha un Plan de Emprego para xenerar riqueza e postos de traballo no Con-

“Zapatero volverá A Baña a leva no seu corazón” cello e na comarca. Remataremos cas adxudicacions carísimas a dedo e faremos todo por concurso público mirando polos cartos de todos como si foran nosos, tentando invertir de xeito racional con eficiencia e eficacia. Aguillón: Para facer todo iso faran falla cartos e o Concello esta con créditos ata o 2019,¿ como pensa facer?. A xestion municipal actual non pode ser peor, mentiron co Plan Xeral, calquera que teña un pouco de cultura sabe que o Plan Xeral ten como obxetivo primeiro QUE O CONCELLO CREZCA. O Concello non só non crece é o que mais decrece da provincia, estamos en 4600 habitantes e decir


O Aguillón

6 600 menos que cando Andres aprobou o Plan no 2003. Xanin e Ceilan terán aceras gracias a nos os socialistas, que as pedimos na Conselleria. Pero por culpa do Plan só pode obrar unha gran constructora, os propietarios dos terreos non poden construir. Eso só beneficia a empresa grande e perxudica os veciños desa parroquia. Podiamos seguir co que fixeron en San Cibran, se non e polo novo goberno galego e por nos, aquelo que foi unha vergonza teria acabado moito peor. Nunca se debiu aceptar ese trazado, pero non primou o beneficio de A Baña, primaron as ordes do PP, como cando votaron a favor do parque de Bomberos para Sta Comba ou da Piscina climatizada para Negreira. Nos defendimos naquel momento a San Cibran, o parque e a piscina para A Baña. A Baña necesita inversión publica e nos a imos a conseguir co apoio do nosos amigos Jose Luis Rodriguez Zapatero, Emilio Perez Touriño e Salvador Fernandez Moreda. Aguillón: Nas passadas eleccions municipais do 2003 o PSOE de A Baña pasou de se a terceira forza a quedar as portas de gañala Alcaldía, ¿Cómo ve vostede as próximas eleccions de Maio do ano que ven? Bueno, o primeiro que quero facer e voltar a agradecer o apoio veciñal recibido, que segue a crecer elección tras elección, a distancia co PP e cada vez mais curta e o cmabio na Baña xa no é un xoño, estamos apunto de conseguilo. Non só é importante recuperala ilusión dos nosos votantes, feito conseguido con creces, pasamos de 15 a casi 100 afiliados en tres anos, abrimola sede do PSOE en San Vicente, formamos parte da executiva comarcal, eu son menbro do Comité Nacional do PSOE, fun nas listas das eleccións autonómicas, a nosa agrupación ten un nivel de representatividade no partido moi alto. Temos tamén un grupo de xente xoven ilusionado por traballar, o apoio da mayoría das asiciacions de veciños do Concello. Cada vez mais persoas de boa vontade que votaron o actual Alcalde sisntense decepcionadas e confian en nos para facer da Baña un Concello desenvilvido, rico prospero e de futuro. O noso reto e que tendo a maioría social o noso favor, algo do que non existe dúbida hoxe, temos que conseguir tamén a mayoría electoral, atraendo a xente moderada, sensata que quere o meior para A Baña e está farta do atraso que representa o actual equipo de goberno municipal. Aguillón: ¿ Que pensa vostede da situacion actual de España? Penso que temos un Presidente excepcional, honesto, traballador, educado, respetado internacionalmente, que esta tentando acabar co terrorismo, a aconomia segue mellorando e estase a volcar cos servicios sociais e a loita contra a fame e a miseria no mundo. A nova ley de dependencia, gracias a que temos o PLAN SOCIOCOMUNITARIO, servira para atender con dignidade a maiores, discapacitados e enfermos, pero por dereito, non como venta de favores como facian alguns do PP. A alianza das civilizacions e outro proxecto tremendamente importante, millons de persoas morren de fame cada ano e eso unha persoa decente e de ben non o pode consentir. Para mi e un orgullo que Zapatero, defenda estas iniciativas, fale de A Baña polo mundo adiante, nos teña cariño e se acorde sempre de nos. A xente ten que entender que para un pequeno Concello como o noso e un luxo que o Presidente de Goberno nos coñeza, nos teña cariño e nos saude sempre. Só quero contar duas anecdotas, cando me recibiu no seu despacho en Madrid, os

Deputados galegos cos que fun logo a comer dixeronme que o trato que me deron non o tiña nada mais que con xefes de estado ou persoas de altísima importancia, tres veces preguntome por temas de A Baña. Ministros e persoas moi importantes preguntaban se A Baña era unha cidade moi grande e cal era a razon do cariño de Zapatero hacia min. A resposta e sinxela A Baña e unha vila pequena pero Zapatero a leva no seu corazon. Teño un bo amigo, Alcalde do Concello malagueño de Cártama, casado cunha muller de Nantón. Un dia tentou falar con Zapatero nunha reunion con varios centos de persoas en Sevilla, como habia policia, escoltas, prensa non puido acercarse moito, pero cando estaba a varios metros berroulle forte, !Presidente eu son de A Baña!, Zapatero escoitouno e dou orden a policia de que poidera pasar, cando falaron e comentoulle que era amigo meu e que a sua muller era de Nanton, Zapatero doulle un abrazo e dixolle que queria de él, un da A Baña, Alcalde de Cartama nunha xuntanza en Sevilla. O unico que podo decir e que o que o Alcalde de Cartama lle pediu a Zapatero era algo que costa moitos millons de Euros e foi concedido uns

O PRESIDENTE ZAPATERO RECIBE A ENRIQUE VAZQUEZ NO SEU DESPACHO EN MADRID Vázquez desprazase ata Madrid para asistir a unha audiencia privada co presidente do goberno. O acto desenvolveuse no Salón da Raíña Isabel II no Palacio da Monchoa . O presidente queria coñecer de primeira man as últimas novidades do noso concello e comprometeuse a vir A Baña e a apoiar a Enrique no seu proxecto de reformas, renovacions e cambio que fagan do Concello de A Baña un concello moderno, próspero e desenvolvido. Enrique entregoulle como agasallo un libro editado pola Voz de Galicia onde se relata a primeira visita do Presidente do Goberno ó noso concello. Jose Luis Rodríguez Zapatero fixolle outro agasallo a Enrique, confirmandolle a sua próxima visita A Baña e expresándolle o seu convencemento de que teremos un novo alcalde no vindeiro ano 2007.

“ZAPATERO CONFIRMA A SÚA VISITA A BAÑA”


O Aguillón

7 dias despois, Jose, o Alcalde de Cartama mandoume a carta orixinal da concesion de recordo e eu gardoa con moito cariño.. Anecdotas de Zapatero con xente de A Baña temolas tamen en Madrid, Barcelona e outros lugares e poderiamos escribir moito, para min e un enorme motivo de orgullo e satisfaccion. Aguillón: Para finalizar ¿Cal é a razon da sua candidatura?, vostede tivo ofertas para ocupar postos na Xunta e rexeitounos pese a ser mais apetecibles para un político. Mire eu teño 42 anos, levo 24 no PSOE, son fillo e neto de socialistas, estou orgulloso das miñas ideas. Solidariedade cos mais desfavorecidos, defensa dun estado do benestar forte que distribuia os impostos para pagar pensions, educacion, sanidade e servicios sociais públicos. Concellos transparentes entendidos como escolas de democracia para

os mais novos, igualdade de homes e mulleres, atencion as persoas maiores ou enfermas. Teño moitos amigos, os que respeto profundamente, por eso son os meus amigos, que son do PP. O que pasa na Baña non e un problema de PP ou PSOE, e algo mais sinxelo, existe un grupo reducido de xente que non ten educacion nin respeto, nin tolerancia, que ten dominado o Concello utilizando as siglas do PP. Cando ves a xente de ese partido avergonzada do que ese grupo fai, cando falan conmigo e me brinan a sua man e o seu cariño, cando ves a xente humilde traballando para cambialas cousas sen pedir nada para eles, non existe posto na Xunta que pague a satisfaccion que eu teño. O dia que na Baña poidamos tomar un viño xuntos esa pouca xente pero moi radical e intolerante e o resto dos veciños, sen importar si un e do PP ou do PSOE ese dia A Baña será un Concello forte, rico, prospero e moderno. Eu quero contibuir a eso.

Visita da Conselleira de Sanidade, Mª Xosé Rubio Rubio fíxolle saber a Vázquez a súa intención de implantar a historia clínica electrónica no Centro Médico de A Baña. Na súa visita tamén se reuníu ca Agrupación Socialista na súa sede local.

Visita de Julio Iglesias Redondo e de Esther González Saavedra O pasado mes de novembro o Conselleiro de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, acompañado por Julio Iglesias Redondo, Delegado Provincial da Consellería de Xustiza, e Esther Gómez Saavedra, Delegada Provincial de Presi-

Visita do Delegado da COTOP, Xacinto Parga Na reunión mantida no local da Agrupación, Xacinto Parga foi informado do estado da estrada que comunica Negreira coa Pereira, o seu paso polo noso Municipio, a raiz desta reunión foron arranxados todas as deficiencias detectadas polos veciños como son os accesos a vivendas.

dencia, inauguraron os novos xulgados de Negreira. Ata A Baña se achegaron para xantar con Enrique Vázquez e cos membros da agrupación onde lle informaron das necesidades do noso Concello.


O Aguillón

8

Os compañeiros do PSOE asisten ó mitin da celebración do segundo aniversario de goberno do presidente Zapatero en Madrid.

Agrupación socialista de A Baña viaxa a Bruselas para visitar o Parlamento Europeo e coñecer a Eurodiputada.

Cúmprese os segundo ano de apertura da Casa do Pobo Xa son dous anos cos que conta a sede do Partido Socialista do noso Concello onde os militantes e simpatizantes levan a cabo todo tipo de actividades, dende actos e reunións propiamente políticos pasando por cursos e toda clase de actividades sociais e culturais. A sede conta con aula de informática con conexión a internet de alta velocidade e sistema inalámbrico wi-fi para que calquera veciño que o solicite o poda utilizar dende o seu domicilio, ludoteca, biblioteca, sala de proxeccións, sala de reunións e despacho.


O Aguillón

9

Varias asociacións unen as súas forzas para desenvolver o plan sociocomunitario de A Baña Debido a escasa oferta de servicios de ocio, formativos, culturais e os deficientes programas de asistencia social, xorde o Plan Sociocomunitario. Este Plan está financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Divídese en tres departamentos de traballo: – Departamento de Asesoría Xurídica: en pouco máis dun mes de traballo, a avogada, adicouse a tender numerosas consultas por parte dos veciños. Entre elas destacan os despidos improcedentes, reclamacións

Profesionais do Plan Sociocomunitario

de dereitos ante as administracións, tramitación de expedientes de expropiación, reclamacións medioambientais, solicitude de licenzas e tramitación de subvencións… O servizo de asesoría xurídica conta co apoio de dúas auxiliares administrativas que realizan as tarefas de atención ó público, arquivo de documentación, información ó cidadán e tramitación de todo tipo de documentación. – Departamento de Benestar Social. – Departamento de Animación Sociocultural e Deportiva.


O Aguillón

10

PLAN SOCIOCOMUNITARIO DE A BAÑA Plaza do Concello - San Vicente Telf. 619 904 885 • plansociocomunitario@hotmail.com Horario de atención ó público: de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h., de luns a venres

Magosto en Ordoeste

Conferencia sobre a diabete en S. Vicente

Excursión cultural a Pontevedra

Entrega de diplomas dos últimos cursos

Conferencia sobre a Lei de Dependencia

Viaxe ó Zoo de Vigo


O Aguillón

11

Proxección na sada de cine. Sábados de Alu… cine

Taller de disfraces e maquillaxe

Curso de galego para inmigrantes

Curso de cociña en Corneira

Merenda dos participantes, pais e organizadores dos cursos na sede do PSOE


O Aguillón

12

Obras realizadas pola Deputación Provincial, gobernada polo PSOE para o ano 2007 no noso Concello PLAN DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVICIOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL DO ANO 2006, INTEGRADO POLAS SEGUINTES OBRAS E DE ACORDO CO FINANCIAMENTO QUE SE INDICA: Denominación da obra - Ano 2006

Estado + Deputación

Concello

Presuposto

Saneament. e pavim. en Xaxín e Trece

49.226,40

2.590,86

51.817,26

Ampliación V.P. en Cabanas e Outriro

30.896,20

1.626,12

32.522,32

Pavim. en Cotobade, S. Cibrán e Cruz

43.507,67

2.289,88

45.797,55

Saneamento e pavim. en Nantón

32.851,40

1.729,02

34.580,42

Saneamento e pavim. en Vesía

34.913,27

1.837,54

36.750,81

Pavim. en Troitosende

37.610,68

1.979,51

39.590,19

TOTAIS 229.005,62

12.052,93

241.058,55

A aportación por parte do Concello non supera o 5% do total da inversión, facéndose cargo do restante o estado e maila Deputación Provincial. Neste ano leváronse a cabo 11 obras estando previsto para o 2007 un total de 18 actuacións. Cabe destacar que a maior parte destas obras se están levando a cabo a escasos meses das eleccións municipais, sendo utilizadas polo noso Alcalde como instrumento de propaganda electoral. Quizáis terían que ser todolos anos eleccións municipais?

Saneamento e pavimentación de Faxín

Saneamento e pavimentación de Vesía

importe correspondente á achega municipal mínima obrigatoria do 5%

Saneamento e pavimentación de Nantón


O Aguillón

13 rentes asociacións non seguen ningún tipo de criterio obxetivo, senón que se adxudican de

Subvencións concedidas polo Concello de A Baña ás asociacións para actividades culturais e deportivas

maneira partidista e discriminatoria. Non se ten en conta as actividades desenvolvidas polas asociacións, senón que persoas están o frente delas. No último pleno do mes de novembro o Alcalde presentou un decreto de orde de pago dunha factura por máis de 3.700 euros presentada pola asociación “O Tilleiro”.

O goberno local segue a diferenciar entre

¿Porque a unhas asociacións se lle require

veciños de primeira e veciños de segunda.

a presentación a convocatoria pública e a

Como se pode observar na seguinte táboa, as

outras se lle dan os cartos por orde directa do

subvencións concedidas polo Concello as dife-

Sr. Alcalde?

NOME DA ENTIDADE

INSTITUTO DE NEGREIRA CLUBE FUTBOL SD A BAÑA

GASTO

SOLICITADO

800.00

CONCEDIDO

200.00

15.100,00

4.000,00

3.000,00

1.500,00

1.200,00

0

ASCO. VECIÑOS "NOSOS AIRES" A RIBA

20.105,12

19.305,12

0

ASOC. "XUVENTUDE DE S. VICENTE"

10.250,00

5.000,00

0

ASOC. " MOCIDADE DE A BAÑA"

4.500,00

2.000,00.

0

ASOC. DE CAZADORES " XAN CAN"

1.800,00

1.500,00

0

ASOC. CULTURAL "VAL DE BARCALA"

ASOC. MULLERES "ALBORADA" S. VICENTE

600,00

150,00

AA.VV. "RIO PORTALAXE" DE LAÑAS

1.950,00

1.000,00

250,00

AA.VV. "BARCALESA"

1.750,00

1.500,00

200,00

AA.VV. "SAN CIBRAN"

1.498,00

200,00

AA.VV. "AMAÑECER" DE SUEVOS

1.193,22

150,00

A.P.A. COLEXIO PUBLICO DE A BAÑA

2.690,00

200,00

AA.VV. "COSTA DE VAL" CABANAS

2.480,00

1.984,00

250,00

20.500,00

3.500,00

1.200,00

700,00

500,00

200,00

AA.VV. NOSA TERRA DE CORNEIRA

3.596,00

2317,20

250,00

ASOC. "O TILLEIRO" DE SAN VICENTE

8.560,00

3.000,00

1.200,00

ASOC. CULTURAL "EIROA" S. VICENTE

1.000,00

1000,00

250,00

ASOC. XUVENIL "VIÑIGODOS" DE LAÑAS

1.500,00

1.200,00

150,00

AA.VV. "RIO ALBARIÑA" DE SAN VICENTE AA.VV. "PONTE CALEXA" DE FIOPANS


O Aguillón

14

Informe económico financieiro presentado pola Secretaría do Concello

❺ ❶

❸ ❹

Dª Olga Dourado González, Secretaria-Interventora do Concello da Baña, provincia da Coruña, despois de examina-lo Presuposto Municipal para o exercicio 2006,

estímase excesiva a previsión efectuada nos conceptos presupostarios 112 (IBI), 113 (IVTM) e 130 (IAE) en función da recadación efectiva producida no exercicio anterior,

Así mesmo e en función da normativa citada prevese a diminución da recadación por IAE, e en consecuencia a previsión parece excesiva.

recoméndase especialmente que os gastos se axusten ó presupostado a fin de evitar no próximo exercicio recoñecementos extraxudiciais de crédito que deben considerarse un procedemento especial e extraordinario nunca continuado, dado o principio de anualidade do orzamento.

esta Intervención informa que resulta necesario recorta-lo gasto corrente, especialmente naqueles servizos que non son considerados mínimos eléctrica do alumado público(se considera esencial), consumo de carburantes, subministrode materiais de construcción por reparaciónde vías públicas, limpeza e recollida de residuos, entre outros, como actividades diversasque se realizan sen a adecuadacontraprestación económica, o que implicaque resulten deficitarias.

Visto que a maior parte dos servizos e actividades que se prestan son amplamente deficitariosprocedería a adopción de todas ou algunhadas medidas seguintes: ordear novas imposicións tributarias sobre servizos ou actividades sen a axeitada contraprestación, incrementar cotas, tarifasdos impostos e das taxas, eliminar ou recorta-las subvencións para actividades culturais, deportivas, e outras e proceder á súa regulación previa, decrementa-lo importe dos servizos e actividades, e adquisición de subministros, especialmente os destinados á reparaciónde vías públicas, subministro de enerxía eléctrica, entre outros.


O Aguillón

15

Aprobados os presupostos da Consellería para a estrada Negreira-San Vicente-Failde Cun total de 5.228.362 euros conta de presuposto da nova estrada comezado o periodo de expropiación dos terreos, as obras levaranse a cabo no ano 2007, e teñen previsto a súa finalización para o 2009. A XUNTA DE GALICIA, GOBERNADA POLO PARTIDO SOCIALISTA, APROBA OS PRESUPOSTOS PARA A ESTRADA A BAÑA - PONTE FAÍLDE O SEU PASO POR SAN VICENTE A nova estrada, aprobada pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, constitúe un fito histórico para a Baña. Conta cun orzamento total de 5.288.362 euros e fará posible achegarse a Santiago de Compostela en menos de media hora desde a capital do noso concello. Neste intre estase a levar a cabo o proceso de expropiación de terreos, comezando as obras o vindeiro ano e prolongándose ata o 2009. O delegado de Politica Territorial, Xacinto Parga, fixolle saber a Enrique Vazquez que seran modificadas todas aquelas melloras e necesidades remitidas ó portavoz socialista de A Baña polos numerosos veciños afectados polo novo vial. O proxecto final recolle melloras como a de incluir o trazado Negreira Nantón, xa que no anterior plan da Xunta de Galicia gobernada polo PP non se contemplaba, pasando así dos 8 km de lonxitude ós 13 que se construirán no proxecto final. Outras das melloras solicitadas polos veciños estanse a levar a cabo na circunvalación de Negreira, o seu paso polo noso concello onde se detectaron cortes de traídas e accesos en mal estado, na parroquia de San Cibrán. Foron os propios veciños afectados os que se interesa-

ron en manter unha reuniñón con Enrique Vázquez tras comprobar os erros cometidos no proxecto elaborado polo anterior equipo de goberno da Xunta de Galicia. As obras completaranse coa construcción de camios de servizos, paradas de autobús, reposicion de todos os servizos afectados, sinalización horizontal, vertical e balizamento. Destas obras beneficiaranse todos os veciños, facilitando o desenvolvemento económico, mellorando a calidade de vida e coseguindo así a diminución de bañeses que teñen que mudar a súa residencia habitual fóra da nosa comarca por mor do precario estado dos nosos viales. Temos que deixar moi claro que despois de 16 anos de mandato do Partido Popular tivo que ser o goberno socialista, e en particular o seu portavoz, Enrique Vázquez o que impulsase e "desempolvase" o expediente do arquivo da Xunta de Galicia para levar adiante este proxecto tan importante para o desenvolvemento económico do Concello de A Baña.

“Despois de dezaseis anos da Xunta en mans do PP, será o goberno socialista o que constrúa a nova estrada A Baña - Ponte Faílde”


O Aguill贸n

16

m贸vome para lembrar


O Aguillón

17

¿QUE FOI DE… CAMPAMENTOS VAL DE VARCALA, FESTA DE SAN CIDRE, CAMPEONATOS INTERPARROQUIAIS DE FÚTBOL-SALA, GRUPO DE TEATRO BERENGUELA, FESTA DA XUVENTUDE, BIBLIOTECA SOBRE RODAS, ESCOLAS DEPORTIVAS, E MOITAS OUTRAS ACTIVIDADES E SERVIZOS POLOS QUE ESTE GOBERNO POPULAR NON TEN NINGÚN TIPO DE INTERESE.

¿QUE SERÁ DE… BANDA INFANTIL DE MÚSICA, CLUBE DE FÚTBOL, PISCINA MUNICIPAL, PAVILLÓN DE SAN VICENTE. ESTAS ACTVIDADES E INSTALACIÓNS ESTÁN CADA DÍA MÁIS OLVIDADAS E DETERIORADAS, CORRENDO UN INCERTO FUTURO. TEMOS QUE ESPERAR A QUE DESAPAREZAN?

Dende o PSdeG-PSOE da Baña desexámoslles

FELICES FESTAS AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA

A F Í L I AT E CASA DO POBO Plaza do Concello - San Vicente psoe_abana@yahoo.es Telf. 981 886 833 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: 09.00-14.00 H. LUNS A VENRES


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.