Lectura blog setembro

Page 1

Aí van algunhas propostas de lectura para este mes de setembro!

SE T E CASA E N FRANC IA BERNARDO ATXAGA

Chrysostome Liège asinou o contrato para servir na Force Publique do rei Leopoldo a comezos de 1903, e chegou ao seu destino no Congo en agosto do mesmo ano tras viaxar en paquebote de Anveres a Matadi, despois en tren até Léopoldville, e logo ao final nun pequeno vapor, o Princesse Clémentine, deica o destacamento militar de Yangambi

NACE R - Anima is ex t r a o r d i n a r i o s XULIO GUTIÉRREZ / NICOLÁS FERNÁNDEZ

Neste libro descríbese a forma asombrosa en que se reproducen e coidan as súas crías doce especies de animais. Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comenza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un.


GR IS E L A ANKE DE VRIES / WILLEMIEN MIN

Un día, Grisela atopouse moi triste, tan triste coma o seu pelame gris. «Teño que facer algo», pensou. Colleu un bote de pintura vermella e dixo: -Se me pinto dunha cor alegre, seguro que me po ño contenta

CO M O F A C E R U N CÓ M I C LEWIS TRONDHEIM / SERGIO GARCÍA

Lewis Trondheim e Sergio García alíanse neste álbum para explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como construir unha páxina, a composición das vi ñetas e a súa función narrativa, os tipos de planos, a descomposición do movemento, ...


O CO R A Z Ó N D O NEGROR JOSEPH CONRAD

...Figuras negras encrequenadas, deitadas, sentadas entre as árbores contra o apoio dos troncos, aferrándose á terra, despuntando dela a medias, medio borradas no luscofusco, en todas as actitudes posibles da dor, do abandono e da desesperación...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.