Actividades 8 marzo 2016

Page 1

proposta didáctica

AS LOITAS FEMINISTAS COMO MOTOR DE CAMBIO

A través desta serie de actividades que plantexamos pretendemos que todo o alumnado, dende as persoas máis novas ata as máis vellas, analicen as desigualdades que existen entre homes e mulleres e que dende a educación, adquiran un espíritu crítico ante esta desigualdade, así como que a igualdade sexa o eixo principal nas súas relacións.

Todas as actividades que plantexamos son orientadoras. Cada profesor/a pode adaptalas, modificalas, amplialas… en función de súas necesidades

Xustificación

O Feminismo tense desenvolvido, como un proceso fundamental para a consecución dos valores sociais de igualdade e de liberdade na sociedade, de tal xeito que consideramos a importancia de desvelalo ao noso alumnado

Obxectivos

1. Fomentar relacións de equidade entre xéneros. 2. Visibilizar a aportación das mulleres na sociedade. 3. Utilizar os medios de comunicación como fonte de información. 4. Crear espírito crítico ante a desigualdade entre homes e mulleres. 5. Corrixir determinados aspectos da realidade a través dunha situación lúdica. 6. Visibilizar a xenealogía dos movementos de mulleres con obxectivos feministas. 7. Recoñecer a contribución do feminismo ao desenvolvemento das sociedades democráticas. 8. Visibilizar e valorar a loita de tantas mulleres en pro da consecución dos nosos dereitos.

Metodoloxía

O alumnado terá un papel activo. A través da investigación irán descubrindo novas situacións. Fomentarase o traballo en grupo e o diálogo e o debate para así acadar unha aprendizaxe significativa. O papel do profesorado será orientar, guiar e motivar ao alumnado.

educación infantil

GRANDES MULLERES

Imos traballar neste bloque con mulleres concretas, a súa vida e os seus logros. Non só imos considerar “mulleres pioneiras” ás grandes mulleres que a historia xa recoñeceu, senón tamén ás máis próximas a nós, que co seu esforzo e o seu traballo melloraron a vida da xente e da súa contorna. Trátase de facer unha enquisa ás avoas ou outras mulleres de máis idade da contorna para saber como era a súa vida e as dificultades que tiñan por ser mulleres. Que papel xogaban na súa sociedade e como lles gustaría vivir se pudesen elixir. Esta actividade ten tres fases: 1ª.- Traer fotos das aboas para colocarlas nun panel co seu nome debaixo. 2ª.- Trátase de facer unha enquisa ás avoas, ou outras mulle-

res maiores da contorna para saber como era a súa vida e as dificultades que tiñan por ser mulleres. Que papel xogaban na súa sociedade e como lles gustase vivir se puidesen elixir.

3ª.- Nesta actividade queremos que as avoas vaian á clase para que expliquen como era a súa vida. Que traballos facían as mulleres, cales os homes; en que consistía o seus traballos (na casa, no campo, ou se traballaban para fóra), que alimentos comían, como se relacionaban, cando ían á vila/cidade, ou se saíran fora de Galiza (cara onde, por pracer/obriga, se emigraron como era a vida na emigración), a que xogaban, que festas facían. É bo que con anterioridade á visita se prepare un pouco a entrevista. Agora coñecida a información dada queremos centrarnos nas mulleres do nosa vila que en épocas de situación difícil para muller tíñao difícil tiveron algunha relevancia fóra do ambito doméstico, é dicir, que realizaban un traballo coñecido e valorado máis alá das actividades que lles tiña reservada o estereotipo de xénero da época e que, dalgún xeito, cambiaron ou melloraron a súa contorna. A maioría de mulleres estiveron traballando no

ámbito doméstico, nos fogares, realizando unha labor esencial para a economía familiar e de Galiza, pero tamén queremos coñecer outras experiencias de mulleres que tiveron que loitar para rachar a idea que delas se tiña.

Esta actividade realizásese en combinación coas familias tanto na realización das tarefas relacionadas coa entrevista como na

procura de mulleres que fixeron posible un cambio na omunidade Sempre incidir que as actividades relacionadas co desenvolvemento dunha conciencia de igualdade hase de traballar en cada unha das actividades diarias e en cada unha das unidades que se traballen.


educación primaria

1º, 2º e 3º

QUÉ QUERES SER DE MAIOR?

4º a 6º

1.- Iniciar un pequeno debate sobre que profesións se asig-

nan a nenos ou nenas.

2.- Visualizar o seguinte vídeo Super Pepo ¿Y qué quieres

ser de mayor?

ACTIVIDADES

https://www.youtube.com/watch?v=n4kHZgkks_c

1. O SONO DE MARGARITA A PIRATA. Autora: María Domínguez Márquez. Sinopse: Margarita está cansa de ser pirata e

decide acadadar o seu soño: convertirse nunha gran meiga. Para iso terá que traballar moito y loitar por conseguilo. a) Tras a lectura do conto, contestar a preguntas do tipo: Que esforzo tivo que realizar Margarita para conseguir o seu soño? Que farías ti no seu lugar? Cres que os nenos teñen máis oportunidades para ser piratas ou meigos que as nenas? Cal pode ser a razón? Posta en común para extraer conclusións. b) -Pequeno grupo-. Confección dun listado co título: EN QUE SE DISCRIMINA ÁS NENAS? (exemplos: as nenas no xogan ao fútbol, iso é de nenos; as tarefas da casa son para as nenas;..) c) -Gran grupo-. Elaborar un mapa conceptual que recolla as situacións de discriminación. A continuación, arredor de cada situación discriminatoria escriben (chuvia de ideas) propostas de cambio. d) Visionado do vídeo “Niñas protagonistas del cambio” https://www.youtube.com/watch?v=BStGx5pdHo0 no cal se amosan exemplos de nenas que realizan diferentes accións para trocar situacións inxustas. e) -Gran grupo- Tras o vídeo o alumnado aportará máis accións, com-

Analizar despois as razóns por que tanto as nenas como nenos poden ou non, exercer determinadas profisións, se é posible con exemplos que eles recoñezan. 3.- Mural con mulleres que ao longo da Historia destacaron nalgunha profesión considera de “homes”. Poden axudarse dos Calendarios do STEG de outros anos: http://www. steg.gal/muller/contidos.asp?cid=18&ssid=121

2. MALALA SÍ QUE MOLA.

Coñecerán a vida dunha das loitadoras máis xoves defensoras da educación das nenas en Paquistán, que pola súa labor foi galardonada Premio Nobel da Paz en 2014. a) Lectura do conto infantil “Conociendo a Malala: una luchadora de Nobel” http://www.educapeques.com/cuentos-infantiles-cortos/ otros-cuentos/cuento-in fantil-malala-una-luchadora-denobel.html b) -Pequeño grupo- Lectura do cómic en inglés sobre a vida de Malala

pletando así o mapa conceptual. Elaborarase un proxecto conxunto para iniciar algunha acción promotora de cambio expresada anteriormente. Exemplo: crear dúas equipas mixtas de fútbol co alumnado da clase.

3. COÑECES A OLIMPIA DE GOUGES? a) -Actividade individual- Completar a siguinte táboa. ¿CRES QUE AS MULLERES AO LONGO DA HISTORIA TIVERON OS MESMOS DEREITOS QUE OS HOMES PARA…?

SI

NON

VOTAR

http://zenpencils.com/comic/104-malala-yousafzai-ihave-the-right/

Cada grupo elaborará un breve resumo sobre a vida de Malala con posterior posta en común para valorar a importancia da súa loita polo dereito das nenas á educación no seu país. c) Debate sobre a pregunta: ´Se na túa cidade as nenas non puideran ir ao colexio: Que farías ti para mudar esta situación?´ d) Que significa para ti a frase.....?

IR Á ESCOLA ESCRIBIR O QUE PENSABAN ESTUDIAR NA UNIVERSIDADE CASARSE LIBREMENTE RECIBIR AS MESMAS MATERIAS

b) Tras o baleirado de respostas,

posta en común argumentando con exemplos as razóns das mesmas.. c) Recollida de máis información a través de internet sobre algunhas mulleres que loitaron por algúns dereitos da táboa anterior

Ejemplo: Olimpia de Gouges, que en 1791 esixiu para as mulleres os mesmos dereitos que para os homes. Información sobre a súa vida: no conto infantil “¿Conoces a Olimpia de Gouges?” Olimpia de Gouges. Auto-

ra: Mª Eugenia Fernández Fraile

OLIMPIA DE GOUGES ´Se unha muller ten dereito de ir á guillotina, tamén ten dereito a subir á tribuna´


educación secundaria

proposta didáctica

1º e 2º de ESO

HISTORIA DO FEMINISMO EN ESPAÑA

Temporalización

A Unidade Didáctica está concebida para ser desenvolvida en 2 ou 3 sesións, onde se realizarán as actividades propostas polo profesorado, sen menoscabo de que o alumnado poida solicitar información fora do ámbito escolar se o precisase. Reservarase a primeira sesión para o visionado do vídeo proposto, e/ou a explicación da profesora (como base o material proposto) sendo as restantes sesións utilizadas para a realización de actividades e os debates.

Materiais

Con respecto aos recursos, serán todos de doado acceso e correrán por conta do centro: canón de vídeo, vídeo proposto, reprodutor DVD, computadores, altafalantes, sala de informática, conexión a internet na aula , así como todo o material necesario de papelería para realizar a nosa actividade.

ACTIVIDADE

1. Iniciarase a actividade, coa explicación por parte do profesorado, os estereotipos de xénero á hora de escollermos profisión que vimos arrastrando históricamente mulleres e homes, un pouco de historia do feminismo. . Para iso hai dúas opcións

Visualizar o vídeo (30 minutos): http://goo.gl/9vkKn0 Material de consulta do profesorado: HISTORIA DEL FEMINISMO EN ESPAÑA: https:// goo.gl/BEc7Dl 2. Organizar a aula en grupos que se pretenden paritarios, de 4 ou 6 estudantes cada un. 3. Terán que anotar as ideas que teñan sobre o feminismo, para que serven, dereito á educación, ao traballo e a revalorización

excesiva da figura de nai e esposa,... 4. Búsqueda na rede ou entrega dun resumo fotocopiado (30 minutos). 5. Colocamos toda a clase en círculo e poremos en común, co resto do alumnado, as conclusións de cada grupo. (20 minutos incluíndo o debate). 6. PPasarlles listados de mulleres feministas (citamos algúns exemplos) para que analicen o tipo de actividades que desempeñaron estas mulleres e tenten facer un resumo dos datos que consideren máis importantes . Cada grupo traballa unha muller (20 minutos). Dolors Monserdà Teresa Claramunt María de Echarri Concepción Arenal Emilia Pardo Bazán María Espinosa Benita Asas Manterola Clara Campoamor Victoria Kent

7. Rematarase a actividade na casa ou na aula de informática do Instituto, facendo un traballo ( presentación POWER POINT , mural,....) cos datos obtidos.

3º da ESO

ACTIVIDADES - El grupo clase visionará a película “¿E agora onde imos?”. - Crearanse pequenos grupos de cinco ou seis persoas (mellor se son

mixtos) y comentarán que lles pareceu a película e cal é a súa temática principal. - Ler o artigo que se atopa no seguiente enlace http://blog.cristianismeijusticia.net/?p=10104 (Pódese dar impreso). Nel se fala sobre a película e súa directora, o contexto cultural e histórico, a importancia das mulleres na película… - Responder ás preguntas do Anexo 1. - E para finalizar, farase un debate sobre a temática xerada polo filme: as mulleres e a paz, o empoderamento das mulleres, a resilencia, os roles de xénero…

ANEXO 1

Filme: “¿Y ahora adónde vamos?” de Nadine Labaki

Sinopse: Na desértica senda que conduce da vila ao cemiterio da mesma, un grande grupo de mulleres, todas elas de luto, aguantan o insoportable calor aferrándose ás fotografías dos familiares que perderon. Distintas unhas de outras, todas comparten a dor das consecuencias dunha guerra que non lev a ningures. Unha vez no cemiterio, sepáranse dependendo das crenzas relixiosas: por un lado os musulmáns e polo outro, os cristiáns. Ambientada nun país devastado pola guerra, a película ‘E agora onde imos?’ narra a dura vida destas mulleres. Mulleres dunha grande fortaleza, unidas pola traxedia e que teñen un mesmo obxectivo: protexer aos seus nun mundo que se derruba e que necesita dun pouco de sentido común para que volva a reinar a paz. Unha película que se alza como una reivindicación da muller árabe, onde na se mesturan as coreografías musicais e a comedia costumista. 1.- Despois de terdes visto a película e lido o artigo adxunto, traballade en grupo sobre os seguintes feitos e tomade nota nos vosos cadernos:

EMPODERAMENTO DA MULLER:

- Busca nun diccionario o significado de empoderamento. - Durante a película prodúcense momentos de empoderamento da/s muller/es? Poñede exemplos.

A RESILENCIA:

- Busca nun diccionario o significado de resilencia. - Durante a película prodúcense momentos nos que a/s muller/es demostran a súa resilencia? Poñede exemplos.

A MULLER NOS PROCESOS DE PAZ:

- Na historia, temos moitos exemplos de mulleres que loitaron pola

paz e incluso deron a súa vida por ela: Indira Gandhi, Aung San Suu Kyi, Anna Politkovskaya Jane Addams… - Buscade información sobre algunha delas (ou sobre outra muller que traballase pola paz da que teñades coñecemento): vida, dedicación, loitas, logros… e realizade un mural con esa información e con imaxes.


4º E.S.O. e Bacharelato FALEMOS DAS… MULLERES DA XERACIÓN DO 27 Cando se estuda a Xeración do 27, a maioría dos libros de texto recollen a poetas tan coñecidos como Federico García Lorca, Gerardo Diego, Luís Cernuda, Rafael Alberti, etc. Con todo, poucos inclúen que a esta xeración pertenceron tamén mulleres poetas, filósofas, escritoras e pintoras. Foron mulleres que fixeron achegas importantes e, que do mesmo xeito que os seus compañeiros homes, tamén se comprometeron coa sociedade na que vivían, con todo, a historia non lles deu o recoñecemento que sen dú-

INDAGANDO NOS LIBROS DE TEXTO… 1. O termo “Xeración do 27 foi

acuñado para referirse ao grupo de escritores e artistas máis influíntes da cultura española da primeira metade do século XX. O seu legado é ampliamente coñecido en relación ao deixado polos varóns, pero éque non había mulleres? Fai un resumo da información que recolle a seguinte ligazón: http://goo.gl/K7KDgB 2. Quen son “As Sensombreiro”? Por que

esta denominación? Busca ás mulleres que pertenceron á Xeración do 27, tanto escritoras como pertencentes a outras ramas artísticas. Podes utilizar a seguinte ligazón: http://goo.gl/GEG6lD 3. En que contexto histórico se desenvolveu o movimento? 4. Que escritores/as inclúe o teu libro de texto como pertencentes á Xeración do 27? 5. Faise algunha referencia á participación de mulleres no grupo ou se inclúe algunha escritora na relación do 27? 6. Cales cres que son os motivos polos que as mulleres escritoras foron olvidadas?

DESCUBRÁMOLAS… 7. TTendo en conta a información da lia-

gazón anterior, cal era o papel da muller na sociedad da época? En que sentido foron pioneiras as mulleres do 27? 8. Que características comparten as escritoras que pertencen a este grupo? 9. Busca información sobre a Residencia de Señoritas a través da seguinte ligazón: http://goo.gl/nQZ1UV 10. Algunhas delas eran parella ou

muller de poetas que formaban parte do grupo. Cres que se lles deu a mesma importancia e recoñecemento a ambos os membros da parella?

bida merecen. Por esta razón, imos indagar nos libros de texto e en diferentes materiais para tratar de visibilizalas. Comprobaremos que estas mulleres foron esquecidas inxustamente e que moitas delas foron lembradas só pola súa relación cos seus maridos, parellas ou amigos escritores. Trataremos desta forma de rescatalas do esquecemento para que a súa obra brille con luz propia e para que se valore que, en moitos casos, ocuparon un discreto segundo plano para non restar protagonismo ás súas parellas

DESCUBRAMOS A… CONCHA MÉNDEZ

1. Busca información e recolle os da-

tos máis relevantes sobre a biografía de Concha Méndez e sobre a súa obra. 2. Trata de facer unha descripción dos méritos de Concha Méndez partindo da información que nos da esta ligazón: http:// goo.gl/hi9eJu 3. Con quen estivo casada? Cres que

poido influir o seu matrimonio en que non fora unha poeta coñecida? En qué sentido? 4. Con qué autores da Xeración do 27 mantivo amizade? Tivo influencia nalgún deles? 5. Busca información sobre a obra de Concha Méndez, anota os títulos e as características máis importantes da súa obra poética.

ERNESTINA DE CHAMPOURCÍN

1. Busca información e recolle os datos máis relevantes sobre a biografía de Ernestina de Champourcín e sobre as características da súa obra. 2. Le o artigo de prensa da seguinte ligazón: responde á seguinte cuestión: http://goo.gl/RDf28x

Por que cres que se quere chamar “poeta” e non “poetisa”? 3. Busca información sobre o Liceo femenino e quen formaban parte del. 4. No artigo argumentase que se lle recoñecería se tivera retornado do exilio durante a transición, pero como volveu antes, esto prexudicouna. En que sentido e por que se viu prexudicada? 5. Cales son as etapas nas que ela mesma organiza a súa obra? Busca información a través da seguinte ligazón: http://goo.gl/9AxdQx

Mª TERESA LEÓN

1. Busca información e recolle os datos máis relevantes sobre a biografía de Mª Teresa León e as características da súa obra. 2. Utilizando a seguinte ligazón, busca a información sobre a obra “Memoria de la melancolía”, de María Teresa León, y extrae algún pasaje en que describa a súa relación con algún escritor do Grupo Poético do 27: http://goo.gl/8Slrtv 3. Le na seguinte ligazón a nova do dia-

rio El País na que recolle o falecemento de María Teresa León e fai un resumo sobre os valores máis destacables que lle atribúe á autora e á súa obra: http://elpais.com/diario/1988/12/15/cultura/598143601_850215. html 4. Fai unha relación dos acontecementos

paralelos que viviron María Teresa León y Concha Méndez. 5. As dúas mulleres ficaron moito tempo ao lado de dous imposrtantes poetas. Cres que iso serviu para que as súas carreiras literarias non tiveran un maior desenvolvemento?

ROSA CHACEL

1. Busca información e recolle os datos máis relevantes sobre a biografía de Rosa Chacel e sobre as características da súa obra. 2. Que xéneros literarios cultivou? 3. Rosa Chacel optou por unha poesía intelectual e de gran contención verbal. No poema “Apolo” crea o seu ideario defendendo a literatura apolínea frente á dionisíaca. Le na seguinte ligazón http://diversiacollects. blogspot.com .es/2013/04/apolo -de -rosachacel-1898-1994.html e explica qué quere

expresarnos con esta afirmación. No último verso conclúe con tres palabras que expresan a súa “ars poetica” Podes explicar que expresan? 4. Na seguinte ligazón de El País,

http://elpais.com/diario/1977/01/05/cultura/221266804_850215.html, hai un artigo

de Clara Janés sobre a novela “Barrio de maravillas” que titula “Rosa Chacel y la luz”. Clara Janés explica o título do artigo cuando di: “o único fío que nos permite recorrer ese múltiple labirinto de Barrio de Maravillas, é a luz. A luz lévanos así, paso a paso, de páxina a páxina: A luz, nesa hora, é collida a través desas pantallas e a mira os cuartos pulcros, as camas abrandadas, os corpos descubertos…” A que se refere? Que relación pode ter coa súa poesía?


DESCUBRAMOS A… ZENOBIA CAMPRUBÍ 1. Busca información

e recolle os datos máis relevantes e a vida de Zenobia Camprubí e sobre as características da súa obra. 2. Por que é coñecida fundamentalmente Zenobia Camprubí? Quen era a súa parella? 3. De que clube feminino formou parte Zenobia? Formando parte dese clube, que pretendía conseguir para as mulleres? 4. Busca no “Diario de un poeta recién casado” , de Juan Ramón Jiménez, el poema 57. Despois de lelo comenta o seu contido.

JOSEFINA LA TORRE

DE

1. Busca información e recolle os datos máis relevantes e a vida de Josefina de la Torre e sobre as características da súa obra. 2. Fui unha muller polifacética. Busca información neste enlace e saca os datos máis relevantes: http://www.revistacanarii.com/ canarii/4/josefina-de-latorre-millares 3. A antoloxía de Xerado Diego “Poesía

española contemporánea” (1934) inclúe só a dúas mulleres: Josefina de la Torre e Ernestina de Champourcín. En que consistía esa “Antoloxía”? Que escritores varóns forman parte desa antoloxia? Están incluidos no libro de texto? Qué opinas disto?

CARMEN CONDE

1. Busca información e recolle os datos máis relevantes da vida de Josefina de la Torre e sobre as características da súa obra. 2. Le a seguinte ligazón dunha reportaxe de El País e fai un resumo dos datos que da sobre a vida de Carmen Conde. http://elpais.com/diario/2007/08/11/babelia/1186789823_850215.html 3. Carmen Conde foi a primeira muller

que ingresou na Real Academia de la Lengua. Investiga cantos homes e cantas mulleres forman parte dela na actualidade e busca información sobre as datas de ingreso das mulleres.

ACTIVIDADES RECAPITULACIÓN 1. Estudiamos ás mulleres da Xeración do 27, pero hai outras moitas que debemos rescatar. Busca información destas mulleres e explica a que movemento literario pertencen. Comproba se están no teu libro de texto: Rosalía de Castro, Carolina Coronado, Fernán Caballero, Pardo Bazán, Pilar de Valderrama, Ángela Figuera Aymerich, Carmen Martín Gaite; Carmen Laforet, Concepción Arenal, Ana María Matute, Alfonsina Storni. 2. Liches algún libro escrito por unha muller? Cal? Coñeces a algunha muller escritora? 3. Busca nomes de escritoras actuais e valora se teñen tanto éxito como os homes. 4. Elabora un artígo de opinión de carácter expositivoargumentativo no que expoñas as razóns polas que é necesario rescatar do esquecemento a tantas mulleres escritoras esquecidas.


formación de persoas adultas XUSTIFICACIÓN

OBXECTIVOS XERAIS

Coas actividades preténdese dar a coñecer un exemplo histórico relevante de mulleres que conseguiron un importante cambio social e explicar e sensibilizar ao alumnado sobre as barreiras, debidas ao arraigamento do modelo patriarcal na sociedade, que impiden os cambios sociais en xeral e o avance na igualdade de xénero en particular.

METODOLOXÍA

Utilizarase unha metodoloxía activa e participativa que promova o traballo en grupo despois da reflexión individual persoal. O alumnado lerá as instrucións das actividades e procederá a resolvelas segundo a súa propia opinión de maneira individual e separada do resto de compañeiros e compañeiras. Posteriormente dividirase a clase en grupos (mínimo de 3 e máximo de 5 persoas) para que cada un debata sobre as cuestións expostas e expoña finalmente as conclusións máis relevantes ás que se chegou tras a discusión ou debate.

- Por que esta acción foi tan significativa? Para máis información consulta en: http://goo.gl/H4mGKY ht tps://es.w ikipedia .org/w iki/Boicot_de_autobuses_de_ Montgomery II) Na mesma ligazón de National Geografic tés acceso a

outras fotografías de Rosa Parks: selecciónalas e prepara un powerpoint (u otro programa informático visual) sobre esta muller para facer unha exposición en clase. III) Claudette Covin foi un precedente nunha acción similar á de Rosa Parks. Recompón o texto que fala sobre ela (páragrafos 2 ao 5 que o profesor ou a profesora atopará na ligazón -unhas liñas máis abaixo- e separará os páragrafos recortándolos para que o alumnado, en grupos, os organice correctamente: http://goo.gl/BJqc5k) Cal foi o argumento que defendía Claudette para xustificar a súa acción? IV) Dramatización. O grupo de clase recrea a escea de protesta de Claudett Colvin, baseándose na información do texto anterior recompoñendo o posible diálogo na escea do autobús. Esta actividade pódese realizar en inglés, tomando como base o mismo texto que puede lerse no mesma ligazón pero en lingua inglesa...

ACTIVIDADE 2: Rachamdo o teito de cristal I) O teito de cristal: http://feminismo.about.com/od/trabajo/

fl/iquestQueacute-significan-techo-de-cristal-y-suelo-pegajoso.htm

Le no artigo que atoparás na ligazón de máis arriba, a información sobre as diferentes barreiras ou ‘teitos’ que as mulleres soen atopar e que non lles permite ocupar espazos de toma de decisións. Espazos que ocupan tradicionalmente os homes e que deben vencerse para acadar a igualdade de trato laboral e social. Párate especialmente na lectura da cuarta barreira. Reflexiona e contesta as seguintes cuestións enriquecéndote co debate cos compañeiros e as compañeiras.

RECURSOS

Pizarra para ir escribindo as ideas dos grupos Ordenador, pizarra dixital, tablet ou outro dispositivo co que poder conectarse a internet para ler artigos, ver fotografías ou escoitar vídeos. Fotocopias de texto en fragmentos para ordenar correctamente a partir da lectura.

ACTIVIDADE 1: Rosa Parks e Claudette Covin e os movementos antirracistas OBJETIVO:

I) Observa ambas as fotografías e comentáas Que ves nelas? Que as diferencia ou iguala?

Entra neste espazo de internet e verás con máis claridade o que di o cartaz en inglés. Axúdate dun dicionario. A conti-

nuación contesta ás preguntas: http://www.shannonwalbran.com/heroes-project-freedomrosa-parks-started-bus/ - ¿Que data queda sinalada no calendario a partir do que

fixo Rosa Parks? - Que fixo?

-

Cal é o termo referido a esta barreira? Quen o acuñou? Como é considerada a muller? Como é considerado o hombre? Que impide ese ‘teito’ ou barreira?

II) Son una puta traidora amargada e mal follada.

Escoita o video de youtube no que un grupo de mulleres denuncian o machismo que soportaron pola súa condición de mulleres adicadas á vida política. Isto tivo lugar o pasado 27 de xaneiro de 2016 na Plaza do Rey en Barcelona. Recolle o nome destas mulleres, os insultos que soportaron e cal é a súa área de traballo. http://goo.gl/tdMpqw III) Aseaditas e tiorras https://enladireccionopuestablog.wordpress.com/2016/01/29/ aseaditas-y-tiorras/#more-5 Tras ler o artigo, que atoparás na ligazón anterior, comenta: 1. De que mulleres fala e que calificativos recibiu cada unha

delas?

2. Que outras características teñen esas mulleres? 3. A que se adican? 4. Segundo a xornalista, a que se debe o feito de que reciban

eses insultos?

5. Cal é a túa opinión respecto a eses insultos?

proposta didáctica

A loita polos cambios sociais debe abordarse desde unha perspectiva feminista para acadar melloras que sexan igualitarias para as persoas, independentemente do seu xénero e sexualidade. As mulleres conseguiron historicamente certos logros relevantes na loita pola igualdade, conseguindo unha sociedade máis xusta e equitativa. É importante coñecer algunha destas achegas das mulleres e coñecer tamén cales son os atrancos que impiden á muller ocupar lugares de toma de decisión, o que entendemos polo “teito de cristal”, entender o que este termo significa e que situacións o identifican para loitar contra eses atrancos e conseguir romper esa barreira.


8 DE MARZO 2016 DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.