NONOLA 2010

Page 1

nº VIII

NOVAS NO LAMAS

- Fiandeiriña delgada sempre metida a fiar sempre a fiar e soñar para logo non ser nada. - Para logo non ser nada iso inda está por ver epois cas frebas do liño ó torcelas de camino algo se ha de prender. - Algo se ha de prender I afé que tiñas razón que eu estábache mirando sin deñar que encantenón íbame indo namorando Uxío Novoneyra

IES LAMAS DE ABADE COMPROMISO E SOLIDARIEDADE

2010


NONOLA 2010

SUMARIO SUMARIO

2

ROSA ANEIROS

3

GUÍA DE LECTURA . PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS

4

A VERDADE SOBRE MIN

5

ARXIMIRO

6

A TRISTEZA DOS SEUS BEIZOS

8

A MÚSICA GALEGA ACTUAL

10

COPIA QUE ALGO QUEDA

11

CARLOS VELO

12

ANO SANTO XACOBEO

14

A CIDADE DA CULTURA

16

A LOITA LIBRE OLÍMPICA

17

ENTROIDO EN LAMAS

18

VIAXE DE ESTUDOS

22

II CERTAME GASTRONÓMICO

26

HERBAS VENTUREIRAS NO LAMAS DE ABADE

27

O.N.C.E.

28

AS VACACIÓNS

30

A DIVERSIÓN E A XENTE NOVA

31

TERREMOTO EN HAITÍ

32

LAZY BASTARDS

34

OS XENERAIS DA ULLA

35

DEPORTE NO LAMAS DE ABADE

36

RADIO ESCOLAR

37

CICLO MEDIO DE EMERXENCIAS SANITARIAS

38

HORÓSCOPO

39

AMIGA

40

¡XA ESTÁ AQUÍ! Xa está aquí, como todos os anos, NONOLA a revista do IES Lamas de Abade, a que máis mola. Facéndose desexar, con preguiza, un pouco tola, pero a revista xa está de novo nas vosas mans, para o lecer de alumnos e alumnas, de profesoras e profesores, feita por todos e todas nós para a comunidade educativa do centro. O equipo de redacción de NONOLA non está dacordo, necesariamente, con todas as opinións expresadas nesta publicación (así como tampouco con outras moitas das expresadas noutras publicacións). 2


NONOLA 2010

ROSA ANEIROS A famosa autora Rosa Aneiros visitou o noso centro o día 27 de Abril para falarnos sobre a creación literaria e do seu libro Ás de bolboreta. Aproveitamos para entrevistala e parolar das súas obras, os premios que recibiu e algunha cuestión de actualidade.

pero como con estes personaxes ocuparía poucas páxinas, necesitaba armala máis. Tiña a necesidade de contar máis historias do mundo e historias próximas, como a soidade dos maiores, dos inmigrantes...etc.

E: por que o seu título? Entrevistador: por que e para que escribe Rosa Aneiros? Rosa: sobre todo polo goce, pola necesidade de contar, pola palabra oral que me foi inculcada polos familiares e polos veciños. Tamén escribo para meterme na pel de outros personaxes. E: cales son os escritores e obras que máis che gustan? R: non teño ningún escritor fixo, xa que os meus gustos de lectura mudan por tempadas. Por exemplo, con 15 anos lin todos os libros de Agatha Cristie ou a Poe, Manuel Antonio...etc. Sigo tamén a literatura máis actual.

R: ven de como o bater de ás dunha bolboreta pode provocar un terremoto noutro lugar. Temos un exemplo próximo agora, o volcán de Islandia, como un feito nun lugar afastado pode afectar tanto a vida noutros lugares. E: que consellos lle darías a un mozo que desexa ser escritor? R: que escriba e que lea moito, para mellorar o seu vocabulario. Debe escribir, trabucarse e volver a escribir ata atopar a mellor forma de contalo. E que non tome a idea de ser escritor, que escriba sen centrarse en ser escritor.

E: cal é a túa ambición como escritora? Onde queres chegar? R: non teño ningunha ambición, sempre penso que o meu mellor libro está por escribir. A única ambición que se podería dicir e que quero chegar os máximos lectores posibles en todo o mundo. E: de cal dos teus libros estás máis orgullosa? R: de todos, de todos aprendín algo e todos significaron algo para min. O que máis portas me abriu foi “Resistencia”, pero todos achegáronme moito. E: que se sinte ó recibir premios polos teus libros? R: é moi gratificante, xa que che fai chegar a un maior número de lectores, os verdadeiros premios son os lectores, os premios solo son o recoñecemento dun xurado.

E: moitas grazas Rosa, agradecémosche que nos permitiras realizarche esta entrevista, agora imos coa última pregunta, cal é a túa opinión sobre o decreto do Galego? R: espero que mude, o que máis me preocupa é o clima social que se está creando arredor da lingua, este é un debate que xa debería estar superado.

E: por que xurdiu Ás de bolboreta? R: xurdiu polo personaxe de Manuel e do avó,

Samuel Villar 3


NONOLA 2010

GUÍA DE LECTURA Percival e outras historias “Percival e outras historias” é o primeiro libro narrativo de Xosé Luís Méndez Ferrín datado no 1958. O autor ourensán é o vixente presidente da Real Academia Galega ademais de político e o escritor dunha gran obra literaria. Cultivou varios xéneros como por exemplo a poesía, con obras como “Con pólvora e magnolias” ou “Estirpe”; a narrativa, onde destacaremos os contos “Retorno a Tagen Ata” ou “Arraianos” e outros menos habituais, como pode ser o ensaio chamado “De Pondal a Novoneyra”.

divididos en tres pequenas historias que explican o que lles acontece ós seus personaxes dunha forma cronolóxica. Cada un dos relatos trata un tema diferente, entre os que podemos atopar historias de amor, vinganzas, violencia… Por exemplo, o conto de “Tríafo e o vento” conta como un rapaz chamado Anceps, novelista antes de coñecer á súa moza, tras dous anos sen facelo volve escribir. Crea a historia de amor entre Tríafo e unha moza á que coñece bailando e da cal se namora. O misterio chega cando un día antes da voda el descubre que ela era a súa irmá. Nese momento Anceps para de relatar para comezar unha carta dirixida á súa noiva á que lle di que non quere casar con ela. Un final inesperado podémolo ver en “O verdugo”, ambientado nunha vila onde eran frecuentes as execucións. Tras certo tempo sen producirse novas mortes, a xente do pobo preguntábase pola tardanza. Entre eles estaba o verdugo que era o que máis entendía do tema e que ao final resultou ser a derradeira vítima na vila. Tamén podemos atopar metamorfoses como a da moza Nhadron que se converte en corvo ou contos cuxos protagonistas son animais como é o caso de do grilo Grieih.

O conto que estamos a tratar contén 14 relatos onde podemos atopar algunhas características que marcarán a narración do autor nas súas seguintes obras. Teñen gran importancia as mesturas do mundo real e imaxinario, a presenza do misterio e a forza narrativa. Os personaxes son, ás veces, verdadeiros antiheroes e sofren metamorfoses e transformacións. Os desenlaces soen ademais, ser sorprendentes e paradoxais. Quizais o máis relevante a simple vista sexa o uso de antropónimos e topónimos exóticos que poden non gardar ningún tipo de parecido coa lingua galega, como é o caso de Maong, Lao Rismy ou Eikof entre outros exemplos. Como curiosidade, os contos de “Percival” (nomeado no título do libro) e “Grieih”, atópanse

O relato é breve e ás veces semella emular ás fábulas ou recrear lendas como é o caso do conto “Lorelai” onde unha princesa está encerrada nun castelo á espera de que alguén a rescate. O libro está dirixido a todo tipo de público, aínda que debemos ter en conta a xuventude coa que o autor escribiu a obra, polo que o estilo é fresco e sinxelo. O vocabulario á súa vez é accesíbel, destacando así a fluidez do escrito. En conclusión, se che gustan as aventuras fantásticas e imaxinativas e gozas lendo, este é o teu libro. Déixate engaiolar polas historias e comparte opinións cos teus amigos. Agora que xa tes certas recomendacións e sabes algo máis, tócache a ti! Ana Asorey 4


NONOLA 2010

A VERDADE SOBRE MIN Nunca fun moi confiada a verdade, pero teño as miñas razóns e sendo clara e concisa direi que a vergoña interna que sinto é a clave de todo este sufrimento que padezo e que por pouco me mata, contarei a miña historia dende o principio: Chámome Daniela aínda que todos me chaman Dani, en realidade iso era antes de que acontecera aquilo, agora son simplemente a tola, a trastornada, a ida, a ausente ... Era feliz e agora xa non, tíñao todo e agora o todo que tiña e nada porque o material persiste pero a alma xa non, o meu espírito desapareceu, estou soa, ou case, a miña nai, o meu pai o Brais o pequeno de Brais cantas noites me espertaría eu toda enfurruñada e agora, canto daría por unha soa bágoa dos seus ollos, o meu Brais, o meu irmanciño, onde estás? Era xoves, dous de maio, un día normal, había escola, deixei a Braisiño na gardería e fun para clase, estaba feliz, xa remataran os exames, hoxe non fariamos nada agás divertirnos, ou iso pensei eu... Pasaba algo, o ambiente non era bo, había algo que me deixaba sen alento case de seguido, por intres non escoitaba, por intres non vía, por intres a rabia invadía a miña alma, era algo incontrolable, impensable,tiña odio, pero non odiaba a ninguén, non tiña razóns para facer o que sentía que tiña que facer pero fíxeno collín as cousas, marchei da clase, volvín para a casa e vina, era fermosa, era a miña nai, amaba todo o seu ser, pero fíxeno, era todo para min, mais non puiden evitalo, non odiaba nada dela, pero tiña o odio na alma collín o coitelo e chanteillo, chorei, mateina, estaba alí no salón morta rodeada de sangue, non ía volver, era a miña nai, amaba todo dela pero mateina, ela deu todo por min e eu mateina, fun á policía e contei o sucedido, con quince anos non me ía pasar gran cousa, pensei, non era eu quen pensaba esas cousas, non era eu quen sostiña o coitelo nin quen llo chantou, eu quería á miña nai e sen embargo mateina, non recordo nada da estancia nese lugar, non era o cárcere, non había reixas, só médicos, enfermeiras ao redor miña que me miraban con noxo e repulsión, pero non entendían que non era eu quen fixera esa atrocidade, agora si son eu, antes era outra eu, tedes que crerme, volvín, xa son a Daniela de sempre, necesito volver á miña casa, preciso ver ao Braisiño. É todo moi confuso, nunca estou consciente de todo, só escoito voces e pasos e risas ...ai!, Braisiño, onde estás? e o papá? e a mamá?, a mamá está morta, é verdade que a matei, pero non fun eu! non fun eu! non fun eu...! Isto foi todo o que sentín eses días ou o que eu crin que eran días, cinco meses, cinco meses naquel lugar por facer algo que non fixen eu, Daniela, pero ninguén o comprendía, ninguén....

A miña vida seguía normal dun día para o outro, no colexio todo era normal o meu pai inventou unha historia para facerlle crer a todo o mundo que a miña ausencia no colexio era por motivos de saúde, e tiña razón pero era porque estaba tola, tola de remate, matara a miña nai e todo seguía normal, e entón volveu suceder o mesmo daquel dous de maio a rabia volvía, xuro que non quería pero fíxeno, amaba o meu pai mais ao Braisiño, amábaos de verdade pero cortei os freos do coche e estampáronse, morreron ambos, non quería facelo, pero mateinos, amábaos tanto... pero mateinos, pero daquela vez xa tiña aprendida a lección e fuxín, corrín durante horas pero atrapáronme volvían as enfermeiras, os

pasos, as gargalladas, volvía a inconsciencia, o repudio, e o mesmo tempo que todo aquilo volvía eu Daniela, pero non a Daniela que matou os seus pais e o seu irmán senón a Daniela que amaba ao Braisiño máis que a nada a Daniela que choraba aínda inconsciente, a Daniela que se odiaba a si mesma, a Daniela que nunca se vai a recuperar, a Daniela de agora a que non e capaz de suicidarse porque ten medo á morte, matei, sen embargo a morte é o que máis temo, non me importa ir ao inferno, merézoo, aínda que sei que non era eu a que mataba si que era o meu corpo merezo sufrir, mais non teño valor, son covarde, son unha tola, penso tanto no Braisiño, e se morro e está alí agardando co seu bonequiño, e se ten bágoas nos ollos; e a mama, se está a mama cando morra, ou o papa, non quero, non quero morrer, matei pero a morte non me levará aínda teño un chisco de tempo para chorar, aínda se poden burlar de min un anaco máis, aínda queda tempo para desconfiar de min mesma, aínda hai un chisco para seguir sufrindo, se morro xa non volverei sufrir, non quero morrer... Andrea Ramos 5


NONOLA 2010

ARXIMIRO Arximiro atopábase deitado na cama pensando nas súas cousas. Fora real ou fora un macabro pesadelo debido á opulenta cea do dia anterior? Despois de cear Arximiro diríxese ao bar do Crechas a pagar as súas débedas do mes anterior. Alí estanse a encher coma preas os seus compañeiros de partida, despois dun duro sábado durmindo toda a xornada . Tan pronto Arximiro entra pola porta reclámano os seus compañeiros. Pero Arximiro xa quedara cunha fermosa rapaza ca que andaba a flirtear e escusase como pode:

no portal da casa, ia pensando el namentres que a acompañaba agarrado da súa delicada man. —Foi unha noite marabillosa -di Sabela mentres andan. —Si, pero non ten porque rematar aínda solta de repente a indirecta rezando para que a entenda sen que lle pareza groseiro - aínda queda moita noite.

—Non tomo nada Merlo que mañá teño que madrugar, veña Chrechas cóbrame o deles tamén que marcho. —Está ben logo, pero mañá imos de troula eh! -contesta un dos compañeiros.

Sabela solta unha risa tímida e segue a camiñar. De súpeto dous rapazolos con pintas de moinante achéganse á parella con malas intencións. Eran dous mozos que levaban unha chea enriba que apenas podían falar. —Rapaciña, deixa ese maricallo e ven xogar con nos un anaco..hip! Arximiro vai pola rúa pensando en que non o descubran os seus compañeiros xa que non lle gustaría confesarlles que quedara con esa rapaza tan fermosa porque co brutiños que son acabaríanlla espantando decontado. Sabela estaba no Terchon, onde dixera que ia estar. Arximiro chega e dálle dous bicos timidamente. Ela, faladora e extravertida, convídao a saír a dar un paseo polo fermoso paseo marítimo que ten Rianxo. Comezan unha conversación sobre nada en concreto, unha conversación das que xorden para non ter que soportar o terrible silencio que ocasiona a vergoña de dúas persoas que se gustan e non se atreven a confesalo. Despois de perder a vergoña a base de copas Arximiro estaba levando de volta á casa a Sabela e se había sorte non se limitaría a despedirse dela

Hai dúas cousas que Arximiro non soporta, unha é que lle falten ó respecto a súa santa nai e 6


NONOLA 2010

a outra e que cuestionen a súa sexualidade! Como bo macho polo que se tiña, Arximiro revirase contra os dous lameluzos que os interromperan:

faría.Arximiro está disposto a recuperar a súa carteira e sobre todo o seu orgullo ferido non so pola malleira senón ante todo porque lla xogaran ben xogaba os cabróns eses…!

—Que carallo…! Vai bicar farois por aí diante - contesta á vez que lle manda unha patada no cu.

Colle un ferro que hai tirado nunha papeleira próxima e entra na calexa completamente decidido a facer xustiza.

Os rapazolos bótanse a el e el ,aínda que ten un corpo rexo, non pode contra os dous mazarocos que o empezaron a golpear cos croios que collían da estrada. Arximiro cae ó chan case inconsciente e so pode observar como Sabela marcha cos dous agresores aparentemente de boa gana,” a pobre rapaza seguro que está intimidada e vai con eles polo medo ao que lle poida ocorrer si se nega” pensa Arximiro mentres está tendido no chan.

—Ahhhg!! Ídelas pagar ben pagadas! -entra gritando sen darse conta do erro que cometeu ao advertirlles a súa presenza.

Cando o corpo lle responde,Arximiro, érguese rapidamente e segue o camiño dos facinorosos pretendendo salvar a inocente rapaciña que o acompañara toda a noite. Despois de pasar media hora en busca da preciosa moza, ve ós tres bebendo xuntos e catando e bailando nunha calexa próxima ao lugar onde lle pegaran. Arximiro non entende nada, está confuso. Nesto que se lle da por botar a man ao peto e percibe que lle falta a carteira con todo o soldo do mes que acostumaba a levar na carteira o dia que cobraba. Cegado de ira decide facer o que so un valente ou un estúpido

Comeza unha longa loita na que boa puñadas, patadas, dentadas, e todo tipo de xogo sucio que se poida imaxinar… Ata aí chegan os recordos do noso valente ou estúpido, segundo se mire. Arximiro está decidido a erguerse e descubrir se en verdade acontecera o que cría recordar. Pero só puido facer uns tristes intentos por levantarse. tan pronto ergue a cabeza ve un ambiente cheo de enfermeiras, batas brancas e enfermos compadecéndose cada un da súa propia desgraza. A el tan so lle doían as costas e tiña un forte dor de cabeza, nada que non se puidese recuperar gardando un pouco de repouso. Sen embargo tardaría en recuperar o seu orgullo gravemente ferido… Ricardo Ribas

7


NONOLA 2010

A TRISTEZA DOS SEUS BEIZOS Pequena, así me chamaba a miña nai, recórdoo como se fose onte cando o facía pero xa van tres meses dende a súa morte e aínda non me recuperei nin creo que o vaia a facer, xa non chorarei todos os días pero acordareime dos seus ollos mirándome, dos seus beizos bicándome, de toda esa ilusión coa que facía todo, da súa elegancia o berrarnos, das súas mans acariciando a miña cara, iso, iso xamais se esquece... Escribo este blog porque quero expresar todo isto que sinto nalgún lugar e penso que sen dúbida algunha este e o mellor xeito, xa que se alguén vive isto estou convencida de que as miñas palabras lle axudarán, antes que nada dicir que me chamo Nora, teño 17 anos, vivo en Barcelona, teño unha irmán que se chama Mara que ten dous anos menos ca min e que posiblemente fose ela a que mais sufrise con todo este asunto, en realidade foi difícil para todos,para o papá e a tía Sonia, para o tío Alberto, para Bea, hai que ver como quería esa rapariga a súa madriña...

Empezo contando a miña historia dende o principio, eramos unha familia feliz, todos os domingos viamos unha película xuntos, xogabamos ás cartas, o que fai unha familia os domingos, pero aquel domingo foi diferente,mamá non tiña boa cara dicía que se atopaba cansa e un pouco mareada así que ese domingo foi o primeiro día da agonía tan e tan asfixiante que a continuación contarei. Resulta que ese mesmo luns mamá foi o médico pensando que tería un simple catarro ou algo similar pero o médico de seguido se decatou de que aquilo ía mais aló dun constipado común, fixéronlle análises de sangue, de ouriños, de

feces e de saliva e as peores sospeitas foron confirmadas, mamá tiña cancro de medula, tamén coñecido como leucemia, déronlle poucos meses de vida, o cancro era incurable só se podían reducir con quimioterapia, foi espantoso non entendía nada, miña nai ía morrer en seis meses, Mara non paraba de chorar e papá e os tíos estaban moi tristes... Xa pasara un mes do diagnóstico e o único que facía a quimio era mal, mamá vomitaba de seguido e estaba a quedar sen cabelo, e o que e peor sen forzas... Mara empeorara moito no colexio e a papá despedírano do traballo por agredir a un compañeiro, ás veces dábame medo, dende que sabía que mamá ía morrer estaba moi nervioso e non controlaba o seu propio corpo... Teño que admitilo dábame arreguizo acercarme a mamá, xa sei que soa mal dicilo pero o resultado da quimio na súa cara e... está tan esluída...polas noites choro, estou asustada. Non sei se axudo a alguén escribindo a miña experiencia pero para aqueles que me len e teñen sufrido ou están pasando por isto nestes intres só dar ánimos e dicir que vou a seguir contando a miña experiencia hasta o terceiro mes que foi cando ela.... O segundo mes foi un dos mellores da miña vida e xa sei que sona desbaratada a idea de que a túa nai estea a morrer e ti sexas feliz, pero este mes si que o fun porque pensei que un milagre fixera que a miña nai se recuperase por completo, xa estaba forte, estáballe a medrar o 8


NONOLA 2010

pelo, sorría, facía moito que non o facía pero esta recuperación repentina fixo que sorrira de novo, os médicos non saían do seu asombro, era incrible que unha persoa enferma terminal se recuperase totalmente, pero era a realidade, a realidade de dúas semanas, si que era verdade que mamá xa non tiña leucemia, pero ela non estaba recuperada, tiña unha variedade moi rara de cancro que facía que aínda que se recuperase do cancro de medula non se recuperaba da enfermidade, esta estaba sempre presente no seu corpo e manifestábase e desaparecía cando quería,así nunca se sabía a que parte do corpo lle ía afectar e tiña que estar constantemente no hospital, era espantoso, en cuestión de horas pasei da ledicia a pesadelo, do mes mais feliz da miña vida, o que sería probablemente o mais triste da miña existencia mamá xa non podía mais, estaba moi cansa así que entre ela e papá decidiron que o mellor para todos era pasar os últimos días todos xuntos, que xa estaba ben de hospitais, que xa fora suficiente o sufrimento, e así un día como este fai tres meses mama morreu, foi tan duro...Mara non o soportou,non soportou a idea de non estar coa mama, non soportou escoitar a mamá dicirlle intres antes de morrer, se forte, ti es valente, non o soportou, os médicos din que se vai a recuperar, que a esta idade unha depresión supérase con facilidade, pero a Mara non está ben, seino eu que para iso son a súa irmá...en canto a min, estou triste, pero leda a vez, non quería que mama morrese pero tampouco que sufrise así que o meu estado de ánimo e agridoce. Sempre recordarei as súas ultimas palabras, coida da túa irmá, ela non está ben, coida do papa está a sufrir tanto... es a mellor filla que unha nai pode desexar, telo todo es fermosa, por fóra tamén, pero recorda a verdadeira beleza está no interior, estudosa, chegaras a onde ti queiras, non te poñas metas, porque a mellor meta que existe é a de soñar, soña todo o que queiras, e seguro que eu dende onde este farei que eses soños se fagan realidade, ámote tanto, miña Nora...tamén recordarei o seu derradeiro bico, o seu derradeiro pequena,o seu derradeiro quérote, o seu derradeiro murmurio, o seu derradeiro suspiro... Espero que o meu blog vos axudase moito e se tedes algunha pregunta, ó final da páxina hai un oco onde pon comentarios e podes falar tanto entre vós coma comigo. Un saúdo: DANIELA 9


NONOLA 2010

A MÚSICA GALEGA NA ACTUALIDADE Do mesmo xeito que a literatura e as demais artes, a música foi evolucionando ao longo dos séculos. Na actualidade podemos falar dunha música galega moderna pero que non perdeu as súas raíces. Cando falo das raíces galegas con respecto á musica, refírome ao uso da lingua galega, ao estilo folclórico e sobre todo a un espírito especial que se transmite pola música e que ven herdado da cultura celta e da tradición musical do noso pobo. Moito tempo ten pasado desde que a fins dos anos sesenta comezasen a cantar Benedicto, Guillermo Rojo, Vicente Araguas, Xavier ou Miro Casabella, formando un colectivo musical coñecido co nome de Voces Ceibes que cambiou para sempre a música galega. Dentro da música galega actual podemos falar de moitos grupos, pero prefiro centrarme en tres que , desde o meu limitado punto de vista, son os que representan mellor a evolución e mantemento da nosa tradición musical:

Herdeiros da crus: é un grupo de rock galego fundado en 1992 por Antón Axeitos. Outros membros do grupo son Antonio Novo, Francisco Velo, Javier Vázquez Maneiro e Pedro Rodríguez Trelles. Este grupo representa a evolución da música galega no cambio de século e experimentou tal éxito que aínda na actualidade conforman un grupo internacionalmente coñecido.

O seu éxito comezou coa publicación do seu primeiro albume “A cuadrilla de Pepa a loba” en 1994 e continuou con “Está que te cajas”. O grupo realizou concertos en Portugal, Nova York… Despois da súa separación algúns membros do grupo crearon outras bandas como: “A banda de Poi” e “Jabon Blue”. Aínda máis innovador é o grupo Dios ke te crew: É un grupo nacido na vila de Ordes no ano 2003. Encadrase nun estilo moi actual e que está de moda entre a mocidade, o Hip Hop. Creouse a partir de dous grupos de rap “5 talegos” e “Ghamberros” que se presentaron no festigal 2003 como “Dios que te crew”. Este colectivo esta formado tamén por graffiteiros e breakers. A pesar de pertencer á música moderna non deixa de lado o idioma e todas as súas letras son en galego. É importante destacar que os membros do grupo son xente nova que utilizan a súa lingua nun momento crítico no que a maioría da mocidade non a utiliza. Este é un dato alentador.

Luar na lubre: É un dos grupos actuais recoñecidos mundialmente e que interpreta música tradicional galega. Este grupo mestura música e mitoloxía xa que na súa obra destaca a influencia celta de países de tradición musical similar como Irlanda ou Escocia… Os instrumentos utilizados polos músicos tamén permiten adiviñar que tipo de música realizan, gaita, acordeón diatónico, violín, frautas, guitarras, pandeireta… Para rematar de falar sobre música en Galicia na actualidade gustaríame nomear a grupos nados en Galicia e que acadaron un gran éxito aínda que as súas letras non estean en galego: “los piratas”, “los suaves”, “los limones”ou “deluxe”. Igual que a lingua, a música forma parte da nosa identidade, como pobo e como persoas, polo que temos que tratar de que perdure, e para facer iso temos que comezar por amar a nosa música e iso unicamente se pode facer escoitándoa e vivíndoa. Xoán Isorona 10


NONOLA 2010

COPIA QUE ALGO QUEDA Dende sempre na ensinanza os alumnos que dubidan das súas capacidades para pasar unha proba vense na “obriga” de intentar superalo exame de calquera xeito posible, é dicir, o fin xustifica os medios. Si, o fin de pasar o exame e levar unha boa nota ao final da avaliación. As coñecidas popularmente como “chuletas” son un estendido método de aprobar, hai casemente infinitas formas de elaborar unha destas pequenas axudas a hora de facer un exame. A continuación citarei algúns dos métodos máis estendidos e tamén un dos métodos máis infalibles para que o ollo sempre vixiante do profesor non perciba nada que non sexa o sabio alumno que votou todo o curso estudando e está perfectamente preparado. Os trucos están sacados da “Biblia do lacazán”, libro coidadosamente elaborado por lacazáns de varias xeracións.

palabras collían e había que estudar igual, iso só valía para palabras clave. E iso non pode ser! Nº5: No noso instituto é tamén posíbel escribir “pequenos recordatorios” na parte da parede pintada de verde xa que ó escribir cun lapis é moi difícil que o profesor, por moi agudo que sexa, poida divisalas se non dá a luz. Ademais con escribilas detrás dunha columna asunto resolto. Recorda, debes usar lapis e borralas despois do exame, se non o fas así o profesorado do centro pode fotografalas, como pasou en 2º de bacharelato.

Nº6: Hai algún outro truco, aínda que non e tan efectivo, como escribir as fórmulas en grande no teito, claro que só vale para iso porque non é cuestión de escribir alí a Biblia enteira. Nº7: Máis arriscado é meter os apuntamentos entre os folios do exame e así poder miralos sen problemas facéndolle crer ó mestre que estamos moi concentrados e que estes folios son parte do exame que estamos a escribir. Nº 1: a máis coñecida é sen dúbida un clásico, escribir nun papeliño a cuestión a consultar e ila fotocopiar reducíndolle o formato para q saian papeliños pequenos igualmente entendibles, despois disto todo está na habilidade do alumno de sacar o papel no momento oportuno á hora do exame. Nº2: unha segunda que tan so vale para os exames dos meses de inverno xa que consiste en levar escritos as respostas na bufanda ou na palestina e unicamente hai que baixar un pouco a vista para consultas. Nº3: este método tan só é valido para señoritas, consiste en escribir as respostas na parte interior da perna. E digo que tan só vale para señoritas xa que os rapaces non adoitan levar saia e polo tanto poden escribir o Quixote na perna que non o lograran ver a través do pantalón, porén unha rapaza só ten que erguer un pouquiño a saia e punto. En caso de sospeita non moitos profesores serían tan ousados como para facerlle levantar a saia para comprobar a existencia de “material prohibido nos exames”. Nº4: aí atrás estaba moi estendido raiar as mesas ou os bolígrafos pero tivo pouco éxito xa que nas mesas quedaba moi cantoso e no bolígrafo poucas

Nº8: hai infinidade de pequenos sitios onde copiar e deixar algunha mensaxe oculta como futura axuda a hora de facer a proba, gomas, tipex, estoxo, a sola do zapato, etcétera. Ben, estes só son algúns dos moitos trucos que hai. Cada quen ten o seu particular e a súa maneira de facelo. Tamén hai que ter moita cara para non se poñer nervioso cando o profesor ande preto e saber disimulalo ben. Claro que hai que saber de que vai o exame para facer as chuletas non vaiades facer as “chuletas” de inglés nun exame de galego. E visto o traballo que dan casemente e máis aconsellable estudar aínda que sexa tan só un pouco e pasar o exame con todas as da lei. Todos estes consellos e moitos outros son explicados con detemento na “biblia do lacazán” que pode ser atopada na biblioteca do centro escolar Lamas de abade se sabes buscar ben. Vémonos na próxima entrega da revista compañeiro preguiceiro! Daquela poderás ler un artigo con métodos máis modernos nos que se explican como empregar as novas tecnoloxías con resultados garantidos. Ricardo Ribas 11


NONOLA 2010

CARLOS VELO Naceu en Cartelle o 15 de novembro de 1909 e finou en México o 1 de marzo de 1988. Cartelle, é un municipio da provincia de Ourense, na comarca da Terra de Celanova. Situado na conca do río Arnoia, pertencente á comarca de Celanova. Velo foi un cineasta galego, exiliado á raíz da Guerra Civil Española en México, onde chegou a ser a figura clave do cinema mexicano.

contacto co mundo profesional do cinema, pois foi Velo o encargado de subministrarlle a Luís Buñuel as formigas vermellas que precisaba na filmación de “Un perro andaluz”. Velo coñeceu a través das sesións de cinema da Residencia de Estudantes a obra de Robert Flaherty, Eisenstein e Alexandre Dovjenko. Entusiasmado cos descubrimentos fundou en 1933, e dirixiu, o cineclub da FUE (Federación Universitaria Escolar). De alí viña o seu coñecemento persoal de Federico García Lorca. A repetida visión e estudo de “El acorazado Potemkin” marcou pra sempre xamais a súa vocación polo cinema, introducíndose na técnica cinematográfica da man de Fernando Gutiérrez Mantilla. Experimentou ca fotografía utilizando unha pequena cámara. En 1934 realizou o seu primeiro documental, “Almadrabas”, á que ían a seguir “Infinitos” en 1935, con música de Rodolfo Halffter. Realizou “Felipe II” e “El Escorial” durante unhas vacacións na súa terra, Galiza. Cando este documental se exhibiu na Exposición Internacional de París recibiu o primeiro premio e o diploma dun xurado que presidía Luís Buñuel. Ao inicio da Guerra Civil encontrábase en Segovia preparando as oposicións á cátedra das Ciencias Naturais. Marchou pra Cartelle pensando en fuxir ca súa muller Marylín Santullano a Portugal. Desistiu do plan e por azar terminou en Marrocos filmando, por espazo de seis meses, “Yerbala”. En febreiro de 1939, con un salvoconduto do exército republicano, pasou a Francia como refuxiado, sendo internado no campo de concentración de Saint Cyprien-Josafat.

En Cartelle o seu pai exercía de médico. De neno, trasladouse á cidade de Ourense a estudar bacharelato e logo maxisterio. Nesta época coñeceu a Vicente Risco e a súa mao empapouse de galeguismo. Brotou tamén nestes anos a súa dobre vocación pola bioloxía e polo cinema. Por decisión familiar trasladouse a Madrid para realizar a carreira de Medicina, pero Velo decantouse pola Bioloxía. Consigue a licenciatura en 1932 y iniciouse na investigación baixo a dirección de Cándido Bolívar Pieltain, quen tamén terminaría os seus días exiliado en México. Impartiu na Universidade Central de Madrid as sinaturas de entomoloxía y ciencias naturais. Curiosamente, dende a súa especialización como biólogo entrou en

No número 6 da revista “España Peregrina”, de xullo de 1940, publica “Galicia, paisaje de sangre”. Realizou tamén varias colaboracións sobre temas de cinema para a revista “Romance”. En 1942 colaborou na fundación da revista “Saudade”, xunto a Florencio Delgado Gurriarán, Xosé Caridad Mateo e Ramiro Isla Couto. Converteuse en membro da Unión de Profesores Universitarios Españois que dirixía en México dende 1943 o científico Ignacio Bolívar. Prosigue ca docencia en distintos centros ata que en 1944 decidiu abandonar traballo afectado dunha forte depresión que lle causou a súbita morte da súa muller. Recuperou os ánimos somerxéndose no cine. En 1944 ganou como coguionista o Premio Ariel por “Entre hermanos”. Ocupouse dende 1946 ata 1953 da dirección do noticieiro mexicano EMA e realizou os documentais “México eterno”, “México incógnito” e “Historia de México”. Coñeceu en 1952 ao produtor yucateco Manuel Barbachano Ponce co que realizou a curtametraxe “Telerrevista”. Cando ao ano seguinte os irmáns Barbachano fundaron “Teleproduccións”, Velo pasou a ocupar o cargo de director técnico. Desenrolou pra Barbachano o 12


NONOLA 2010

proxecto “Cine Verdad” e puxeron en marcha o proxecto “Raíces” da autoría de Velo, pero que por problemas sindicais firmaría Benito Alazraki. Con “Raíces” obtivo o Premio da Crítica no Festival Internacional de Cannes en 1953. Para Fernando Gamboa realizou un gran documental sobre a pintura mural mexicana. Participou en diversas actividades alentadas polos exiliados. Foi, en 1949, un dos socios fundadores do Ateneo Español de México. Identificado ca causa galeguista, foi un dos fundadores en 1953 do e en 1958 alentou, sendo presidente do Patronato, a aparición da revista “Vieiros” que integrou tamén a Florencio Delgado Gurriarán, Luís Soto e Elixio Rodríguez. Antes, en 1956, había enviado ao Primeiro Congreso da Emigración de Bos Aires a súa proposta pra a creación dun Centro Cinematográfico Galego. Realizou tamén un documental sobre a pintura do seu amigo Arturo Souto. É de destacar que o primeiro número de “Vieiros” codirixido por Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán e Luís Soto saíu en 1959. Un segundo número, codirixido polos mesmos, publicouse en 1962. No terceiro, de 1965, Florencio Delgado foi substituído por Xosé Caridad Mateo. No último número de “Vieiros” saíu en primavera de 1968.

teleproducións colaborou de maneira decisiva en “Nazarín” (1958) de Buñuel y en “Sonatas” (1959) de Juan Antonio Bardem. Á petición de Alfredo Guevara participou na creación do Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográfica (ICAIC). En 1960, tamén con Barbachano, asumiu o desafío de levar ao cinema “Pedro Páramo”, a novela do seu amigo Juan Rulfo. O mesmo Rulfo colaborou na localización de paisaxes nos estados de México e Hidalgo. A película estreouse en 1966 sen que Velo se considerase satisfeito do resultado a pesar de que a crítica alaga a coidada técnica e a fotografía en branco e negro. A polémica que rodeou a presentación do film levouno a un cine máis comercial. Pra a produtora da súa segunda muller, Angélica Ortiz, realizou “Don Juan 67”, “Cuatro de chocolate y uno de fresa”, “Alguien nos quiere matar” y “El medio pelo”. Volveu despois de novo ao documental. En 1971 dirixiu o Centro de Produción de Curtametraxe dende o que impulsou unha fonda renovación do cinema mexicano. En 1975 pasou a dirixir o Centro de Capacitación Cinematográfica, aceptándose a súa proposta de nomear a Buñuel Presidente honorario do mesmo. Seguía realizando documentais como “Universidad comprometida”, no cal incluíu o discurso de Salvador Allende aos estudantes da Universidade de Guadalaxara en decembro de 1972. Esta curtametraxe foi premiado no Festival Iberoamericano de Huelva. Filmou tamén “Homenaje a León Felipe y Cartas de Japón”. Dende España, se ben moi tarde, comezaron a chegarlle os recoñecementos. En 1976 a Filmoteca Española tributoulle un homenaxe. Pero, antes do recoñecemento pleno a un lado e ao outro do Atlántico, Velo había de pasar serias dificultades. No sexenio do presidente José López Portillo foi inxustamente acusado, como logo se demostrou, de fraude na xestión de fondos públicos. Os catro meses pasados na cárcere minguaron a súa saúde. Velo foi reivindicado publicamente no sexenio de goberno do presidente Miguel, que en 1984 o nomeou subdirector de medios audiovisuais no Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.

En 1956 dirixiu, pra a produtora de Barbachano, a súa primeira longametraxe, “Torero”, versión cinematográfica da biografía de Luís Procuna, coa que recibe outros premios en Venecia e Cannes e unha preselección pra o Óscar. Dende o seu posto en

Comezada a década de 1980, o Ministerio de Cultura do goberno español, presidido por Felipe González, encargoulle unha serie de curtametraxes, finalmente editados en vídeo, sobre os republicanos exiliados en México. Velo realizou “Tres pintores” y “Pintura y poesía”. En 1983 recibiu da Xunta de Galicia o premio «Mestre Mateo». Despois da súa morte en México, na súa memoria a Consellería de Cultura da Xunta de Galiza constituíu en 1989 o Premio de Guións “Carlos Velo». Ana Asorey Novio

13


NONOLA 2010

Ano Santo Xacobeo 2010

Santiago, tamén chamado San Xacobe, foi un dos doce apóstolos de Xesús, fillo de Zebedeu e irmán de Xoán o Evanxelista.

porto de Iria Flavia, daquela capital da provincia romana. O sarcófago foi enterrado nas proximidades do bosque Liberum Donum, pero foi esquecido até que, no 813, o eremita Pelaxio observou resplandores no bosque e escoitou cánticos. Debido a este suceso o lugar pasouse a chamar Campus Stellae, ou Campo da estrela, de onde deriva Compostela. Pelaxio avisou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, que descubriu o sarcófago e identificou os restos do Apóstolo por unha inscrición que había na lápida.

Segundo 'Os actos dos Apóstolos', Santiago foi enviado a predicar a Hispania, onde se lle apareceu a Virxe, unha vez na Costa da Morte, en Muxía, nunha barca de pedra que se atopa alí e outra na actual Zaragoza, sobre un piar de pedra. Pero as súas ensinanzas non agradaron moito xa que só conseguiu sete discípulos, chamados os Sete Varóns Apostólicos, que despois espallarían estas ensinanzas. O apóstolo regresou a Palestina, e no ano 44, o rei de Xudea, Herodes Agripa I, comezou a persecución dos cristiáns e Santiago foi capturado, decapitado e abandonado no medio dun bosque. Dous dos seus discípulos puxeron o seu corpo nun sarcófago de mármore e despois nunha barca sen velas, nin temón. Conta a lenda que a barca navegou a través do mar a Gallaecia e subiu o río Ulla cara o

Éstes informaron do feito ao rei Afonso II, o cal proclamou ao Apóstolo Santiago, patrón do Reino, edificando alí un santuario que chegaría máis tarde a sela Catedral. A partir da declaración oficial dos feitos, os milagres e as aparicións que se sucederon, deron orixe a lendas e historias destinadas a infundir valor nos peregrinos que se achegaban ao lugar, trazando pouco a pouco o camiño. Unha das lendas máis coñecidas narra que Ramiro I venceu ás tropas de Abderramán II coa axuda dun xinete cun cabalo branco que resultou selo Apóstolo; por iso recibe o alcume de 'Santiago Matamouros'. A partir do século XI, Santiago exerceu unha forte atracción sobre o cristianismo europeo e converteuse nun lugar de peregrinación multitudinaria. Nos séculos XII e XIII, a cidade experimentou o seu período de máximo esplendor xa que foi escrito o 'Códice Calixtino', primeira guía para os peregrinos, o Papa Calisto II concedeulle á Igrexa Compostelán

14


NONOLA 2010

o 'Xubileu Pleno do ano Santo' e Alexandro III lo declarouno perpetuo, converténdose Santiago de Compostela en Cidade Santa xunto a Xerusalén e Roma. A peregrinación a Santiago transformouse no acontecemento relixioso e cultural máis destacábel da Idade Media, feito recoñecido recentemente polo Parlamento Europeo, que designou ao Camiño como Primeiro Itinerario Cultural europeo, e pola UNESCO, que o declarou Patrimonio da Humanidade.

Este ano os peregrinos poden obter o xubileu, que consiste fundamentalmente na indulxencia plenaria para o perdón da pena temporal que merecen os pecados, para isto hai que facer unha serie de cousas: pasar pola Porta Santa (que só se abre en Ano Santo), escoitar a misa, …. Moitos peregrinos , cando chegan ao Obradoiro, unha das máis fermosas prazas do mundo, tíranse no chan para contemplar a fachada da catedral e coller forzas antes de entrar nela, quedan

abraiados pola súa monumentalidade e fermosura mentres que os habitantes de Compostela, e eu inclúome, ignorámola e non a apreciamos, dicimos: 'Bah! Esá aí como podía estar en calquera outro lugar'. O camiño conta con 9 itinerario diferentes: Camiño Francés, Aragonés, Primitivo, do Norte, Portugués, Inglés, o itinerario Xacobeo do Mar de Arousa e río Ulla, camiño de Fisterra e a Vía da Prata, a ruta xacobea de maior percorrido. Podemos dicir que todos os camiños levan a Santiago. Denomínase Ano Santo Xacobeo ao ano no que o 25 de xullo, día de Santiago, coincide en domingo.

Para rematar... como non volverá a ser Ano Santo ata o 2021, os santiagueses teremos que marchar para deixarlles sitio aos de fóra, a quen non lle gusten as grandes acumulacións de persoas terá que ter moita paciencia. Eva Taboada

15


NONOLA 2010

A CIDADE DA CULTURA A cidade de cultura de Galicia é unha construción que naceu a raíz do nacemento de Santiago como Cidade Patrimonio da Humanidade. Quere supoñer un emblema á tradición cultural europea e foi concibida como tal.

É un armazón de edificios singulares, intercambiados por rúas e prazas e dotado de tódolos avances tecnolóxicos. Configura un espazo para a reflexión e o debate orientados ao futuro de Galicia. Está pensada para acoller servizos e actividades para preservación do patrimonio e a memoria, o estudo e a investigación, a experimentación, a produción e a exhibición de tódalas artes: letras, pensamento, música, teatro, danza, artes visuais, creación audiovisual e comunicación. O seu remate contará con sete magníficos edificios, adecuado cada un, ás actividades detalladas a continuación: A – Arquivo de Galicia. B – Biblioteca de Galicia. C – Centro de Música e as Artes Escénicas. D – Servizos Centrais.

A cidade da cultura érguese dende o cume do monte Gaias coma un formidable fito arquitectónico do novo século. Foi concibida como un polo cultural de grande envergadura dedicado ao coñecemento e máis a creatividade contemporánea. Este conxunto arquitectónico perfílase desde as súas orixes coma un instrumento que, conxugado pasado e futuro, permitirá abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o desenvolvemento de toda Galicia.

E – Museo de Galicia. F – Centro de Arte Internacional. G – Torres en Homenaxe a John Hejduk, mestre e amigo do arquitecto Peter Einsenman.

Como lugar de confluencia e de proxección internacional, a cidade da cultura de Galicia revitalizará, no século XXI, a dobre vocación viaxeira e hospitalidade do pobo Galego, compensada para acoller as mellores expresións da cultura de Galicia e tamén de Europa, Iberoamérica e o mundo enteiro. Este novo espazo plural e vangardista valerá para dar resposta aos desafíos da sociedade, da información e do coñecemento. Foi deseñada polo arquitecto americano e internacionalmente recoñecido Peter Eisenman, licenciado en arquitectura pola universidade de Cornell, doutorado en Filosofía pola universidade de Cambrige e en belas artes pola universidade de Chicago. É membro destacado do grupo ``The NEW York five´´, e estableceu o seu estudio en Nova York (1980), tras exercer como profesor nalgunhas das universidades máis prestixiosas do mundo, coma Harvard, Cambrige, Princeton, Jale e Ohio. É o representante máis importante do Deconstruísmo moderno, do que se caracterizan dous dos seis proxectos a grande escala, por exemplo o monumento ao Holocausto, situado na parte de Brandemburgo, en Berlín. A cidade da cultura representa a superficie e maila forma do casco antigo da cidade vella de Santiago, xirada noventa graos de latitude norte.

Como detalle arquitectónico podemos citar a marcación do camiño de Santiago a través da cuberta con pedras de distintas tonalidades e tamén resaltar o debuxo da cuberta, que representa a lonxitude e a latitude da propia cidade como se tratase dun plano. Ademais a translación de ditas liñas queda marcada con exactitude no chan interior dos edificios. Hoxe en dia un dos edificios xa finalizados estase a usar como arquivo. Esta prevista a finalización doutro deles para o ano próximo, o dedicado o sevizos centrais. A finalización dos dous seguintes se prevé para un pouco máis tarde, para o 2013, ano no que poderemos gozar dela, das súas instalacións e vantaxes. Ana Porto 16


NONOLA 2010

A LOITA LIBRE OLIMPICA Comezarei falando do que é a loita libre olímpica e a súa historia. A loita é unha das formas máis elementais de combate entre individuos, e remóntase á prehistoria, alcanzando xa un grande auxe na antiga Grecia, Exipto, Mesopotamia e a Índia.

contendentes perdía o equilibrio. Para ser vencedor era preciso que durante o transcurso da pelexa lograse colocar ao adversario tres veces de costas ao chan. Cando ambos xeitos de loita chegaron a simultanearse estableceuse a segunda das descritas coma modalidade específica, reservándose a outra como especialidade integradora nas competicións conxuntas do péntatlon. As normas xerais deste deporte son as seguintes: ‐A mais importante e que na loita non se pode pegar ó contrincante,se o fas quedas automaticamente descualificado. Parece ser que os primeiros indicios que temos de este deporte datan duns 5000 anos a.C., segundo indican unhas escavacións que o arqueólogo Spencer fixo nas ruínas do templo de Carcage, en Mesopotamia, no ano 1938, onde nunha peza de bronce aparecen representados dous loitadores en acción. Posteriormente cara o ano 2500 a.C. nas tumbas de Beni‐Hassan, nas beiras do río Nilo, esculpíronse moitas escenas de loita onde podemos ver gran parte das presas e caídas. Disto dedúcese que a loita foi introducida en Grecia, pero que procedía de Exipto e Asia. A loita esta incluída nos Xogos Olímpicos desde os tempos máis remotos, inda que caeu en desuso durante a época dos desordes de Grecia, pero cando as predicións do Oráculo de Delfos restableceron os Xogos, a loita aparece pletórica na XVIII Olimpíada, sendo Eurigantes o primeiro triunfador. Aínda que os gregos non inventaron a loita, o que si fixeron foi regulamentala.

‐O campo de xogo esta constituído por tres círculos:O central (amarelo) é onde se desenrola o combate;o seguinte (vermello) é a zona límite e a continuación a zona azul ou de seguridade na cal se estás nela o contrincante recibe puntos. ‐O combate está dividido en 3 tempos de 2 minutos cada un e entre eles un descanso de 30 segundos. A loita libre galega é moi forte e ten na actualidade moi bos loitadores e adestradores, entre eles podemos destacar a Xosé Cuba, loitador preolímpico que gañou hai pouco o campionato de España de menos de 120 Kg. Frank Cabrera

Ao longo da historia do deporte, realizáronse dous tipos de loita: vertical e horizontal. Loita Vertical: Na que os contendentes tentaban derrubarse, proclamándose vencedor o primeiro que lograse derrubar ao seu adversario tres veces. Loita Horizontal: Iniciábase de pe, e continuábase no chan cando algún dos 17


NONOLA 2010

ENTROIDO EN LAMAS Este ano 2010, no instituto de Lamas de Abade, todos os alumnos e alumnas do centro disfrazáronse para celebrar todos xuntos o entroido. O centro organizou diversas actividades como desfiles, concursos de disfraces, concertos de varios grupos dos que forman parte algúns alumnos do centro. A maioría dos profesores tamén participou nas actividades.

Os alumnos de 4º da ESO prepararon orellas, filloas, rosquillas, e diferentes tipos de larpeiradas típicas de carnavais que vendían a baixos presos para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

O profesorado e o alumnado dos ciclos formativos de perruquería e estética axudaron a todos facendo peiteados e maquillaxes que melloraron moito os disfrace que tiñamos. Os desfiles fixéronse da seguinte maneira: ían pasando por grupos, ben foran da mesma clase ou do mesmo disfrace.

Os máis destacados foron: os de 3º Deso que representaron o baile da película “gris” así e que gañaron o primeiro premio, por facelo espectacularmente, tamén os alumnos de 1º de bacharelato de ciencias que se disfrazaron de “obesos” na compaña do seu profesor e os de 1º de bacharelato de humanidades que tamén se disfrazaron pero desta vez foi de “zombis”. Outros grupos que tamén participaron foron as de ciclos que se disfrazaron de vampiresas, as de 2º da ESO que ían de un equipo de futbol… Por outra parte participaron profesores de distintos cursos, por exemplo Xaquín ía 18


NONOLA 2010

moi simple xa que puxo una calva e una túnica, pola contra Xepe ía moi orixinal ó disfrazarse de chino e facerse chamar “Xe ping”.

Neste día durante as 3 últimas horas non tivemos clase para poder gozar destes desfiles e actuacións tan espectaculares. Todos os alumnos baixamos para o pavillón a gozar de todas estas actividades que o centro, profesores e alumnos en conxunto axudaron a celebrar contando co permiso do Consello Escolar. Todas estas actividades foron gravadas e fotografadas con cámaras por diversos alumnos e profesores para poder ser publicadas na páxina do centro. Así deixamos constancia da celebración e do gran traballo realizado por profesores e alumnos para poder organizar esta celebración e preparar disfraces, premios, concertos e todo o que foi levado a cabo en dita actividade. Natalia Pereira

19


NONOLA 2010

20


NONOLA 2010

ROMANOS E ROMANAS EN LAMAS 21


NONOLA 2010

VIAXE DE ESTUDOS

Fixemos dúas viaxes de estudos, a primeira foi a Lucus Augusti, alí visitamos o museo, as termas e as murallas. A segunda foi a Emerita Augusta. Logo de estar todo o curso preparando o traballo da romanización, o luns 25 de abril tiñamos todo preparado e estabamos coas pilas cargadas, eran as 8 da mañá e o autobús arrancou entre berros, sorrisos e algunha bagulla, iamos a pasar unha semana visitando varias cidades romanas. Catedral de Salamanca

Pazo Episcopal de Astorga Catedral de Salamanca

A primeira noite pasámola en Salamanca, unha das cidades máis bonitas de España. Estivemos nas súas catedrais, que son altísimas, na Catedral Vella de Santa María, comezada en estilo románico e rematada en estilo gótico, e na Catedral Nova da Asunción, de estilo gótico tardío e barroco.

Murallas romanas de Asturica Augusta

A primeira parada foi en Asturica Augusta, preto do monte Teleno, cidade fundada por Augusto despois das Guerras Cántabras para controlar militarmente o territorio e os xacementos auríferos das Médulas. Alí, ademais de ver os restos da muralla romana, do foro e das termas, visitamos o pazo episcopal, obra do xenial Gaudí e a catedral.

Calor, moita calor 22


NONOLA 2010

Despois de ver a cidade, pola tarde, puidemos ir de compras e tomar un xeados para aliviar a calor. Pola noitiña demos unha volta pola cidade contemplando a zona vella e os seus edificios iluminados: a casa das Cunchas, a Universidade, o convento de San Esteban e a igrexa de San Marcos, unha igrexa románica de planta circular. Ao rematar achegámonos á Praza Maior para tomar o fresco e descansar un intre antes de volver ao hotel.

Praza Maior de Salamanca

Ao día seguinte, cedo, marchamos cara Emerita Augusta. Cando chegamos alí ía moita calor, pero as nosas profesoras, Carme e Cristina, querían que vísemos toda a cidade e “metéronnos caña”. Visitamos o anfiteatro e o teatro, o arco de Traxano, a capela de Santa Eulalia, o museo e que sei eu, non deixamos cousa por ver. Ao final xa coñeciamos mellor Mérida que Santiago. En Mérida paramos no hotel “Zeus” a carón da casa de Mitreo que ten ese nome por estar relacionada co culto a Mitra. Claustro da catedral

Casa de Mitreo

Interior da catedral

Casa de Mitreo

Praza Maior de Salamanca

Visitamos o teatro, onde os romanos e as romanas gozaban vendo representacións das obras de Plauto. Foi construído polo 23


NONOLA 2010

cónsul Marco Vipsanio Agripa entre o 16 e 15 a.C. e na época de Traxano ergueuse a actual fachada escénica, decorada con estatuas de emperadores e deuses.

mosaico do outono, con representacións da vendima e outro con escenas mariñas.

Ponte romana de Emerita Augusta

Teatro de Emerita Augusta

O chamado templo de Diana, situado no foro, é en realidade un templo dedicado ao culto imperial. Trátase dun edificio nobre, construído en granito, que se ergue sobre un podio rectangular e riba del descansan as columnas que rematan en capiteis de estilo corintio.

Teatro de Emerita Augusta

Templo de Diana

Visitamos o Arco de Traxano, situado ao remate do cardus maximus, era a entrada do foro provincial.

Anfiteatro de Emerita Augusta

Despois visitamos o anfiteatro, inaugurado no ano 8 a. C., era un edificio con capacidade para 15.000 espectadores, destinado ás loitas entre gladiadores e tamén entre homes e animais. Cerca del está a domus do Anfiteatro, onde vimos o

Entramos no Museo Nacional de Arte Romano, un edificio moderno obra do arquitecto Rafael Moneo. Alí gardan as pezas máis importantes que se atoparon nas escavacións da cidade. Puidemos ver: estatuas de mármore e bronce, lucernas, vidros, moedas e escoitar as historias sobre elas. Tamén visitamos os restos arqueolóxicos conservados na cripta: un tramo de calzada, uns enterramentos e restos de muros de diferentes construcións. 24


NONOLA 2010

Paseamos por unha necrópole, onde vimos os columbarios das familias de Caio Voconio e dos Xulios

Descansando logo de visitar a cidade

Columbarios

Os donos dos hoteis foron amables e serviciais e case tan bos como Carme e Cristina, que nos demostraron que son moi “cañeras” e divertidas a pesar de que nas clases sexan esixentes.

Paseando polos xardíns

En resumo foi unha viaxe de estudos moi divertida na que aproveitamos o tempo para coñecer un pouco mellor o mundo romano. María Rey e Antía Villaverde Loba capitolina. Mérida

No museo de Mérida 25


NONOLA 2010

IICERTAME GASTRONÓMICO

26


NONOLA 2010

HERBAS VENTUREIRAS NO LAMAS DE ABADE "Galicia é a mellor esquina do solar hispánico, cabo do mundo antigo e avanzada de Europa no mar inmenso da libertade. A arquitectura barroca do noso chan, labrada en pedra granítica, está sempre coberta por un manto de zugoso verdor. Os montes son redondos como peitos de muller e as serras son como lombos de boi cebado. Os vales son ledos e farturentos. O mar tolea de carraxe cando nono deixan penetrar na terra; pero cando entra, quédase adormecido no leito das rías. Galiza é unha unidade territorial armónica, de formas e coor, perfeitamente diferenciada do resto da Hespaña. A patria é a Terra. A Terra que nos dou o ser e que nos recollerá na morte como semente de novas criaturas. A Terra que cria frores nos campos onde atopamos sombra fresca no vran e quentura garimosa no inverno; onde sofremos as inquedanzas das sementeiras e gozamos a ledicia das colleitas; onde o vendaval brúa nas ponlas dos carballos e funga nas cordas dos barcos; onde esboufan as ondas do mar nos cons da ribeira e ruxen nos areaes; onde por primeira vez ollamos a choiva, a brétema, o sol, o luar, o "arco da vella" e a noite estrelecida. ¡Como lle queremos á Terra! Eu de min sei decirvos que si dispóis de morto tivese que voarmáis ala das estrelas visibles, para ir a un ceo tan lonxano da Terra, que nunca máis podera vela,de boa gana renunciaría á inmortalidade para rematar a miña vida debaixo dunha laxe e convertirme en herbas ventureiras. Certo que a Terra que amomos tanto aínda é un "val de bágoas"; pero nós, os galegos, superaremos a predicción relixiosa e trocarémola en paradiso ". Castelao 27


NONOLA 2010

O.N.C.E. (ORGANIZACIÓN NACIONAL DE CEGOS ESPAÑOIS)

cegas e discapacitadas visuais españolas ás que agrupa. Cada catro anos os/as afiliados/as á ONCE elixen en votación a quen os/as vai a representar nese período. ONCE INTERNACIONAL

INTRODUCIÓN Esta decana institución, con preto de setenta anos de historia, nunca quixo ter un carácter asistencial e hoxe é unha cotián, próxima, estable e directa institución, vangardista en servizos sociais especializados para as persoas cegas e discapacitados visuais. A clave do éxito haina que buscar no apoio da sociedade española que, día a día, nos vén dando unha exemplar lección de compromiso e fidelidade coa adquisición dos xogos que se ofrecen (cupón, rascas).

Segundo os datos administrados pola OMS, no mundo viven arredor de 161 millóns de persoas cegas ou con graves problemas de visión; a maioría reside nos países en desenvolvemento, sen acceso á educación, á rehabilitación, ao emprego. É neste contexto onde a ONCE manifesta un alto compromiso de colaboración e solidariedade que levou á institución a participar nunhas trinta organizacións internacionais que desenvolven a súa actividade no ámbito social. O traballo da ONCE estrutúrase en tres direccións: -No ámbito da representación internacional das persoas con discapacidade, en xeral e, das cegas, en particular. A ONCE foi un dos membros máis comprometidos coa creación, o desenvolvemento e o funcionamento da Unión Mundial de Cegos. Tamén contribuíu coa Unión Latinoamericana de Cegos. No ano 1985 creouse o Fondo de Cooperación da ONCE con América Latina encargado de regulara as axudas. No ano 1998 transformouse esta colaboración nunha política de cooperación sistematizada e estruturada na que prima a formación e a creación de emprego para os preto de cinco millóns de cegos/as e deficientes visuais nese continente.

QUE É A ONCE? A ONCE é unha corporación sen ánimo de lucro con misión de mellorar a calidade de vida dos cegos e discapacitados visuais de todo España. Aberta a todos, solidaria coas persoas afectadas por discapacidades distintas a cegueira, igualitaria e participativa, que traballa día a día en democracia. O compromiso da ONCE esténdese aos cegos do resto do mundo, participando activamente en todos os foros internacionais. Na actualidade a ONCE xera máis de 113.000 e resolve de maneira autónoma a atención especializada que requiren as máis de 68.000 persoas

-No ámbito educativo internacional. A ONCE participou en instancias internacionais para garantir o dereito á educación dos/as nenos/as cegos/as nos países en desenvolvemento onde a 28


NONOLA 2010

inmensa maioría deles/as non contan cunhas posibilidades mínimas de alfabetización básica. -No ámbito internacional da promoción do emprego. O principal instrumento de integración e normalización social é o traballo; a ONCE desenvolveu un intensísimo esforzo para que a través das políticas públicas e co compromiso do sector privado, o dereito a un posto de traballo sexa unha posibilidade real para o sector desta organización (a ONCE) que sofre un alto risco de exclusión social.

vida. Durante moitos anos os sorteos eran provinciais e os cupóns contiñan tres cifras. ABANO LABORAL O cupón deulle traballo desde o principio á practica totalidade dos cegos, pero queríase diversificar as posibilidades profesionais dos mesmos. Por iso se crearon centros de formación e emprego como unha Escola de Telefonía, un Centro de Formación Profesional ou a Escola Universitaria de Fisioterapia que foi o logro máis destacado. Paralelamente, creáronse centros educativos, servizos sociais, bibliotecas braille e sonora, etc. AS NOVAS TECNOLOXÍAS A chegada das novas tecnoloxías non foi allea para as persoas cegas. E discapacitados visuais, pola contra, supuxo un salto cuantitativo e cualitativo de grande importancia para a autonomía destas persoas. Ordenadores, internet, móbiles, etc., reforzados con programas e aparatos específicos, fan que os cegos poidan, por exemplo, navegar polo ciberespacio e lograr un grao de independencia na vida diaria e laboral impensable hai tan só uns lustros.

FUNDACIÓN ONCE, SOLIDARIEDADE CON OUTRAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A ONCE caracterízase por ser unha entidade solidaria con tódolos sectores da sociedade española e coas distintas organizacións de persoas con discapacidades. A mediados dos anos 80 produciuse un importante proceso de discapacitados non-cegos como vendedores do popular cupón. Este proceso culminou en 1988 coa creación da fundación ONCE e a Integración Social de Persoas con Discapacidade. A Fundación ONCE ten como fins a realización de forma directa ou concertada de programas de integración social e inserción laboral. OS XOGOS DA ONCE Os xogos que ofrecen a ONCE son: • O cupón diario (de luns a xoves e os sábados) • O cuponazo (os venres) • Supercupón Fin de semana (os domingos) • O 7/39 • Os rasacas 1. O sete da sorte 2. O tres de seis 3. O trebol UNHA BREVE HISTORIA A ONCE é o froito da vontade dos cegos do noso país que, na década dos trinta do século pasado, militaban en diferentes asociacións. Deste esforzo nacía o 13 de decembro de 1938 a ONCE. Un decreto outorgáballe a explotación do cupón denominado pro-cegos para que os seus afiliados puidesen ganar a

Isto fixo que as persoas cegas ou con deficiencia visual afrontasen a vida do día a día como calquera outra persoa. EXPERIENCIA PROPIA COMO AFILIADA A ONCE Como afiliada a ONCE, podo dicir que a xente que temos algunha discapacidade, tanta sexa visual como doutro tipo, somos todos iguais ante a sociedade. Na ONCE considerámonos todos iguais sen facer diferenzas entre o resto da xente. Axudámonos os uns aos outros, divertímonos todos xuntos, participamos en actividades que se nos ofrecen nesta organización..., é dicir, que facemos unha vida igual que calquera outra persoa que non ten ningunha discapacidade. Todos formamos parte do mundo e a xente non debe mirarnos con malos ollos aos que temos algunha discapacidade e tampouco se deben rir destas persoas, porque nunca se sabe cando lle vai tocar a alguén ter que vivir nunha situación como vivimos nós coas nosas dificultades, que ó fin e o cabo non son ningunha dificultade grazas as axudas que nos ofrece a ONCE (que son bastantes). Eu animo a que todos os que teñan unha discapacidade, sexa a que sexa, non se desanimen nunca e que tiren para adiante, sen facer caso do que a xente pense, diga ou se ría, porque nesta vida ninguén é perfecto. Todos temos os nosos defectos e as nosas virtudes. Cristina Lago 29


NONOLA 2010

AS VACACIONS Vacacións é o período de tempo de ocio do que cada persoa dispón e que o emprega en facer as cousas que máis lle gustan e que xeralmente non pode facer nos períodos que traballa ou estuda , segundo as preferencias de cada quen pódese facer unha clasificación: As persoas que teñen interese por ampliar os coñecementos organizan unhas “vacacións culturais“ nelas poden ir a visitar monumentos ou cidades e bens con mostras excepcionais do patrimonio artístico -cultural, así dedícanse a ver un monumento como a Torre Eiffiel, a Giralda , … un cadro como a Gioconda, as Meninas... un lugar como Santiago en España, o Parque Nacional de Iguazú na Arxentina, Oo centro histórico de Viena en Austria, ou o de Bruxas en Bélxica,un ben como a muralla na China, as Pirámides en Exipto, mesmo poden ser monumentos declarados “Patrimonio da Humanidade” Pero hai quen soamente quere relaxarse e entonces elixe “vacacións na praia“ nunha praia con unha tumbona e unha sombrela e un carro de refrescos e helados cerca , e merca os billetes para Oropesa ou Tenerife , e os máis ricos ou os máis atrevidos van a Costa Rica , a Brasil as Bahamas, a Hawaii, a Illa Margarida ... onde o xeado trócase por ricos e divertidos xugos de froitas tropicais, e á volta locen un moreno espléndido que causa envexa entre os amigos e coñecidos, hai quen tamén aproveita para facer algún deporte relacionado co mar como a pesca.

moito, son os que visitan o país co interese de coñecer as súas cidades, a súa comida a súa lingua, así hai uns países que son os máis visitados como Cuba, Marrocos, Santo Domingo, Brasil, México, Italia … e hai outros que non os quere visitar ninguén. Están as “vacacións relax”e son as que se gozan nun balneario onde todo é quietude e calma, onde se reciben baños relaxantes que poden ter funcións medicinais , mesmo se pode elixir a Ruta da Auga que esta de moda agora mesmo neste tipo de lugares ou darte un apetitoso masaxe de chocolate.. Hai os que elixen as “vacacións de montaña” así están os que collen unha tenda e van uns días á montaña , ou alóxanse nun camping , hai quen busca o reencontrarse consigo mesmo nese lugar puro, hai quen vai alí para poder pensar tranquilo, e hai quen vai para respirar aire máis limpo desconectándose así das cidades. Están os que non teñen recursos económicos suficientes como facer unha viaxe cara, ou que simplemente non queren saír a ningún lado e decídense por unhas “vacación caseiras” así dormen ata máis tarde, están coa familia, fan os labores da casa con máis calma e incluso pode que fagan algunha que outra “chapuza” como pintar a vivenda..... Outra modalidade son as “vacacións do inserso” onde as persoas maiores con unha axuda do goberno poden ir de vacacións a lugares axeitados a súa idade . Soen ir en época baixa xa que os gastos diminúen considerablemente Os que teñen nenos poden elixir unhas “vacacións infantís”elixidas para o goce dos nenos indo a lugares especialmente dirixidos a este público (Disneyland, Warner Bross, e os aquapark que hai en varios sitios). Por último están unhas “vacacións sexuais” que son gozadas case en exclusiva polos homes . Consisten en ir a uns países onde a prostitución esta moi estendida (sobre todo a infantil) e moi pouco penalizada ; para facer prácticas sexuais que no seu país seríalles máis complicado realizalas (India..., ou ir a lugares onde esta estendida a noticia que é moi fácil practicar sexo debido a pobreza ...Cuba... Brasil... .)

Outros aproveitan ese tempo para unhas “vacacións deportivas” así dedican o tempo a montar en bici, a facer surf, a practicar footing , a esquiar si é tempo de inverno, a facer ximnasia.. a practicar sendeirismo, piragüismo mesmo a facer algunha das rutas do “ Camiño de Santiago”e dicir practicar algunha modalidade deportiva. Tamén están os que se deciden por unhas “vacacións viaxeiras” así están os que se propoñen coñecer cantos máis países mellor, para poder ir facendo como unha pequena colección de países visitados , e logo poden presumir de que viaxaron

Pero Á hora de elixir o período vacacional hai que ter en conta en que época do ano se gozan porque en base a iso varían os prezos , as actividades están condicionadas polo clima , hai máis saturación ou menos de turistas nos lugares elixidos co que se fai máis complicado atopar aloxamento e visitar os lugares de ocio . Para concluír, as vacacións teñen vantaxes e contras, pero a todo o mundo lle gustan porque son un período de liberdade onde o tempo non ten o sentido que ten o resto do ano, onde o reloxo non marca tódolos pasos que se dan e o relax e o descanso son os que predominan. Sara González 30


NONOLA 2010

A DIVERSIÓN E A XENTE NOVA

experimentan un irrefreable desexo de enchelo con moita diversión para sacar toda a enerxía que a medida que se vaian facendo vellos irán perdendo.

Hai diversas opinións que difiren na gran amplitude de temas de relacións entre adolescentes. Na nosa sociedade, pode ser un escándalo falar sobre estas relacións e máis si entramos no campo da sexualidade. Unha persoa adulta non ve ben estas cousas ó contrario que un adolescente. Seguro que eses adultos xa esqueceron os seus anos tolos, pero si lles fixéramos recordar non entenderíamos entonces as reaccións que agora mostran.

Estes exemplos, como o botellón ou tamén o chat, marcha... describen a forma na que os mozos conciben o ocio e que a miúdo asócianse a condutas aditivas e perigosas que é importante controlar e limitar. Podemos deducir, que a xente nova soamente pensa na festa, en beber e consumir drogas ata que o corpo ou o peto aguante, pero sabemos que non toda a mocidade se comporta así.

A forma de divertirse entre a xente nova variou moito nos últimos anos. Parece que a maioría só busca a gran festa do alcohol, sen crer que isto pode ser prexudicial para eles mesmos, e á larga as consecuencias poden traer graves problemas. Beber por beber non é unha forma de divertirse, xa que así é frecuente ver a adolescentes tirados polas rúas se coñecemento... beber sen control non é a solución e a diversión está na man de cada un. Coa saúde gañamos todos. Hai outras maneiras e formas e que as alternativas son mellores, practicar algún tipo de deporte por exemplo, que ademais axuda moito na socialización e permíteche coñecer novos amigos.

Os sms, o Mp3, as videoconsolas, son os medios para entreterse que encabezan o ranking das actividades ás que os mozos dedican os seus momentos de ocio, coa peculiaridade de que, aínda que en principio permítelles unha maior posibilidade de socializarse, á larga pode levalos á adicción.

En resumo, podemos dicir que cada persoa divírtese de distintas maneiras segundo a súa personalidade. Ante isto que poden facer os pais? Poden dedicarlles tempo; é importante compartir cos fillos momentos de ocio. É importante darlles responsabilidades e que poidan decidir, a que hora volver á casa o sábado. É importante falar, falar moito e con confianza. Deben estar sempre alerta; os pais moitas veces descoñecen en gran parte as condutas aditivas dos seus fillos. Deben marcar tempos, poñer horarios; aínda que dispoña de moito tempo libre e non teña que estudar, é fundamentar que os pais estean pendentes da limitación do tempo que os mozos dedican a estas actividades. Tamén é importante non perder de vista outros aspectos como a hora de chegada á casa ou as invitacións á casa de amigos. Poden ensinarlles a cultivar a amizade, é importante que aprender a diferenciar entre os amigos de verdade e os “colegas” ou compañeiros de clase.Desta maneira, aprenderá a ver, a compartir os seus momentos de ocio doutra maneira diferente.

Os botellóns non son a solución, tan só conseguen danar a un mesmo e ó entorno.

Cristina Leis

Como case non teñen obrigacións familiares, a xente moza goza de máis tempo libre que os vellos e 31


NONOLA 2010

TERREMOTO DE HAITÍ DO 2010 Definición de terremoto: Un terremoto, tamén chamado sismo ou estremecemento de terra, e unha sacudida do terreo que se produce debido ao choque das placas tectónicas e a liberación de enerxía no curso dunha reorganización brusca de materiais da cortiza terrestre ao superar o estado de equilibrio mecánico. Os mais importantes e frecuentes son os que se producen cando se libera enerxía potencial elástica acumulada na deformación gradual das rochas contiguas ao plano dunha falla activa, pero tamén pode ocorrer por outras cousas, por exemplo en torno a procesos volcánicos, por afundimento de cavidades cársticas ou por movementos da ladeira.

entre outros illotes. E é que Haití está situada no lugar máis propicio para un terremoto de grandes dimensións, cousa que se agrava se falamos dun dos países máis pobres e menos preparados de América Central. As placas tectónicas situadas baixo a illa fixeron que se produzan moitas fallas xeolóxicas produto do seu choque.

A orixe dos terremotos encontrase na acumulación de enerxía que se produce cando os materiais do interior da Terra se desprazan, buscando o equilibrio, desde situacións inestables que son consecuencia das actividades volcánicas e tectónicas Detalles e consecuencias O terremoto ocorreu en Porto Príncipe e tivo unha magnitude de 7,0 na escala de Richter. No Centro de Prevención de Tsunamis do Pacífico lanzou unha alarma de tsunami despois de que ocorrese o terremoto, que poucos días despois foi cancelada. Non obstante, o goberno de Cuba deu a orde de evacuar todas as zonas costeiras. O terremoto foi cualificado como o maior sismo rexistrado en Haití en douscentos anos. Unha das consecuencias do terremoto foi o colapso das liñas telefónicas, sendo fundamental o uso de internet, mediante redes sociais. Introdución: O terremoto de Haití foi rexistrado o 12 de xaneiro de 2010 con epicentro a 15 quilómetros da capital de Haití (Porto Príncipe). Este terremoto foi o máis forte rexistrado desde o ano 1770. Haití está pasando posiblemente os peores momentos da súa historia no que a súa poboación se refire. O terremoto do 12 de xaneiro de 2010, que devastou as principais cidades do país, sobre todo Porto Príncipe, deixou un balance de máis de 50.000 mortos, con cifras que aínda e complicado concretar dada a gran cantidade de escombros que se reparten polo país. Toda axuda humanitaria non e suficiente para resolver os problemas de nutrición, sanidade… necesarios, os hospitais tamén se viron afectados e los campamentos provisionais repártense polas calles. E é que Haití goza dunha situación xeográfica que lle prexudica e lle fai moi sensible a sismos como o sucedido. Conta con 27.000 km. cadrados formados pola illa e outras illas como Cayemites e a illa de Vaches,

Mortos O Primeiro Ministro de Haití afirmou que temía que o balance de polo potente sismo de mortos no seu país podería superar as 140.000 vítimas, sen embargo a Cruz Roxa dixo que as vítimas poderían ser entre 45.000 e 50.000, pero foi moi difícil contar o número destas debido a que os escombros invaden as calles e avenidas de Porto Príncipe. 32


NONOLA 2010

O 24 de xaneiro o goberno de Haití anunciou que se recolleron e enterraron 150.000 cadáveres só na capital e os seus arredores.

Consecuentemente témese que o país poida descender ao caos, especialmente cando a axuda comece a ser distribuída.

Forzas das Nacións Unidas: Todo o persoal que se encontraba no edificio das Nacións Unidas pereceu, incluíndo o xefe da misión da ONU, Hédi Annabi, quen estaba reunido cunha delegación china no momento do desastre. Dita información foi confirmada tanto polo presidente de Haití, René Preval así como do Ministro de Asuntos Exteriores de Francia Bernard Kouchner. Uns 150 traballadores da ONU encontrábanse desaparecidos, entre eles o subxefe da misión, Luiz Carlos da Costa. Uns 25 cascos azuis faleceron e uns 23 están desaparecidos. Feridos

Cinco días despois do terremoto, as Nacións Unidas afirmaron que “o sismo en Haití é o peor desastre que haxa confrontado a organización en termos de loxística, debido o completo colapso do goberno local e da infraestrutura.

Debido ó gran número de feridos polo terremoto, moitas persoas tiveron que ser trasladadas á República Dominicana, a onde decenas de persoas chegaban en caravana ao hospital gravemente feridas. Mentres que autobuses, que ían desde a capital de Haití, chegaban ao Hospital Xeral Melenciano con extremidades ou cranios fracturados, onde os médicos os foron atendendo desde moi cedo do día 13 de xaneiro. Danos Mentres unhas vivendas colapsaron a cidade, outros edificios gobernamentais de construcións máis sólidas derrubáronse, como un hospital do suburbio de Porto Príncipe, a Catedral de Porto Príncipe, entre outras instalacións.

Reacción e axuda: Pouco despois do terremoto que azoutou o país, a axuda humanitaria non se fixo esperar, tanto como os Estados Unidos, países latinoamericanos e europeos, a Cruz Roxa Internacional, a Secretaría Xeral Iberoamericana, o Banco Interamericano de Desenrolo (BID), o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial (BM) entre outros, anunciaron o envío de diñeiro, alimentos, voluntarios, bombeiros, expertos e ata cans especializados en busca para asistir ao país caribeño. Cristina Lago .

Situación posterior Danos no distrito comercial. Foron moitos os edificios públicos (hospitais, escolas, igrexas, cárceres…) foron destruídas ou danadas de tal forma que non se poden utilizar.

33


NONOLA 2010

LAZY

BASTARDS

34


NONOLA 2010

OS XENERAIS DA ULLA Nos xenerais da Ulla mestúrase tradición e lenda, presente e pasado, festa e guerra. A súa orixe remóntase ás Guerras Napoleónicas, cando se enfrontan os franceses, ao mando do mariscal de campo Soult, e os galegos, dirixidos polo Marqués de la Romana, axudado polos ingleses, comandados por Sir Jonh Moore.

mostra de simpatía á persoa. As vivas están deseñadas para que a xente se ría a estalla, pero e unha risa boa, non de escarnio. Unha vez rematadas as vivas os xenerais diríxense cara o campo da festa onde os agarda o público para oír os famosos atrancos, que son una discusión entre dous xenerais. Velaquí un exemplo: Xeneral 1: Alto ai forasteiro, por aquí non vas pasar, para seguir o teu camiño, vaste ter que presentar. Xeneral 2: Cálame a boca rapaz, vaite limpar o cueiro, e de paso limpa as babas, que che caen polo peteiro. Xeneral 1: Pero ti que dis carallo, non empeces a esbardallar, que eu xa teño pelos no peito, e non me deixo asoballar. Xeneral 2: Non che é pelo rapaciño, ache de ser pelusilla, e agora vaite de ai, non me busques as cosquillas. Xeneral 1: Eu son un home feito e dereito, e ti non es máis que un furón, baixa se queres do cabalo haber quen ten máis collóns. Xeneral 2: Outra vaca máis no millo, pero mira que es carneiro, ven se ve arre carallo, que es neto do carteiro. Xeneral 1: Nin unha cousa nin outra, eu sonche obreiro de profesión, e vouche medir a estrada que está en construción.

Os exércitos galegos e ingleses son derrotados. Os ingleses embarcan cara Inglaterra dende o porto da Coruña, despois da batalla de Elviña. Os galegos refúxianse nas montañas de Ourense. Ante a imposibilidade de vencer aos franceses con un exercito regular, a defensa de Galicia recae en mans das guerrillas, que son grupos de persoas armados con vantaxe na loita xa que coñecían tanto o lugar no que se combatía como a xente dos arredores. Foi entón cando aparecen os xenerais da Ulla, militares retirados da comarca que lle fan fronte aos franceses en diferentes lugares de Boqueixón, Vedra e Teo. Estes son os feitos históricos, imos agora coa lenda. Segundo conta a lenda un xeneral da Ulla e un xeneral francés por falta de armas, discutiron por mor duns territorios. A discusión acabou en nada pero este feito tan irrelevante é o que da orixe aos actuais xenerais da Ulla. Estes xenerais saen no entroido da comarca da Ulla en concellos como: Boqueixón, Vedra, Teo, etc. A misión de estes é botar as famosas “vivas” , que consisten en falar ben da persoa que dá un donativo para a comisión de festas encargada de organizar o entroido ese ano. Un exemplo sería este: Viva o Señor Don Alberte García Suárez como máximo expoñente da carpintería do moble de pino!. Viva toda axente que o admira e rodea!. Viva toda a súa familia!. Entre viva e viva a xente que escoita ao xeneral berra ¡Viva!, como

Xeneral 2: Arre carallo coa chapuza, hai ben anos que a empezaron, xa parece unha autopista, das raias que lle pintaron. Xeneral 1: Dende aquí ata Sta. Lucia, querían facer a nacional, máis co tempo que a levan facendo, parece a obra do Escorial. Xeneral 2: Despois de saír na tele, facendo unha manifestación, por fin podemos dicir, que nos deron a razón. Xeneral 1: Cando pases pola ponte das tebras, ten coidado coa bicicleta, que se te desistas un pouco, vas perder a cabeza. Xeneral 2: Heino ter en conta camarada, graciñas por me avisar, hai que ter coidadiño, que es pode un despistar. Xeneral 1: Pois cambiando xa de tema, ai que ir marchando amiguiño, que aquí xa tivemos de abondo, e temos que seguir o camiño. Os dous xuntos (dirixíndose o público): Adeus a todos os presentes, que estivestes ópé do canón, nós imos beber uns grolos, ó carro da comisión. Os atrancos soen durar dez minutos e sempre acaban en acordo entre os dous xenerais. Os xenerais da Ulla teñen moita sona no entroido galego, sendo un dos seus máximos representantes, á altura doutros personaxes como os peliqueiros e as pantallas. Xabier Mera 35


NONOLA 2010

DEPORTE NO LAMAS DE ABADE Durante o curso Ana, a profesora de educación física, estivo impartindo leccións de boleiball, a final de curso os cursos de 1º de bacharelato enfrontáronse entre si para demostrar o que melloraran durante o curso.

A clase de ciencias gañou con clara vantaxe sobre os do bacharelato de humanidades xa que estes últimos contaban con xogadores lesionados e os do outro equipo contaban co favor do árbitro. Co gallo de devolver o orgullo a algúns xogadores intentamos organizar outro partido agora con todos os xogadores ben pero os gañadores non puideron xogar por “dificultades nos horarios”. Claro..

Xornadas de loita olímpica impartidas polo campión de España e un alto cargo na federación galega de loita, Nicolás Castro.

Durante unha semana estivo no noso centro impartindo clases de loita e mostrando como e o deporte desmentindo así as crenzas dos mais pequenos de que e un deporte violento onde gaña o que quede consciente. Nicolás contou coa axuda duns alumnos que adestran con el no pavillón do Restollal dende hai tres anos. O evento tivo gran aceptación entre os escolares e todos ós que lles gustou teñen a oportunidade de practicar esta actividade no pavillón do Restollal a partir de setembro. Ricardo Ribas 36


NONOLA 2010

RADIO ESCOLAR

reportaxe sobre a actualidade cultural, unha entrevista ou un informativo radiofónico por exemplo.

A Association des Professeurs de Français de Galicie convocou este ano un Concurso de Radio Scolaire no que participou o noso centro na categoría de Bacharelato. Coordinados pola profesora Dolores Carballo presentáronse dous grupos de 2º de bacharelato formados por Rocío Aldrey, Johanna Otero, Samuel Villar e Iago Vidal, que acadaron o primeiro premio, e Ana Asorey, Tamara Díaz, Samuel Villar, Tania Neiro, Iago Vidal e Andrea Duran, que acadaron o 3º premio do certame. Entre os diversos agasallos que recibiron os dous grupos premiados, podemos destacar a estadía no campamento de Gandarío no mes de setembro. Os dous grupos de bacharelato dedicáronlle unha hora de clase, das catro semanais que ten a materia, entre os meses de xaneiro e marzo, para realizar os programas de radio. Nestas clases prácticas tiveron a oportunidade de ter un contacto máis directo cos medios de comunicación franceses. A experiencia foi moi positiva, tanto a nivel pedagóxico como de motivación: xa que foi un xeito divertido de aprender e por en práctica os coñecementos adquiridos os anos anteriores.

Se tedes interese en escoitar as emisións gañadoras podedes facelo no seguinte enderezo de internet concoursradio.wordpress.com.

Había que facer un programa de radio cunha duración de 3 a 12 minutos para o que se podía escoller unha proposta de dezaseis diferentes: unha

Departamento de francés

O grupo que acadou o terceiro premio fixo un informativo.

Desde o departamento de lingua francesa animamos a todo o noso alumnado a participar nas vindeiras convocatorias.

O grupo que acadou o primeiro premio presentou un capítulo dunha radionovela. 37


NONOLA 2010

CICLO MEDIO DE EMERXENCIAS SANITARIAS Pois ben, unha vez rematado o curso toca facer balance do mesmo. Tentar de expresar que significou este curso e este ciclo en xeral para nós

En canto ao ciclo en si, gustaríame facer unha serie de puntualizacións. Destacar en primeiro lugar que o ciclo de emerxencias sanitarias é un ciclo cunhas características especiais que o diferenza dos outros. Cabe destacar que tódolos ciclos teñen características que os diferencian entre si pero neste caso hai algo máis que o fai, polo menos , peculiar. Mentres que a formación profesional ten como obxectivo principal formar, tanto académica coma persoalmente, alumnos para favorecer e facilitar a súa integración no mundo laboral, no noso caso vemos que no ciclo de emerxencias sanitarias nos atopamos con dous tipos de alumnos. Por unha banda os que tentan adquirir a formación necesaria para poder acceder ao mundo das emerxencias sanitarias e por outra banda os que levamos moitos anos traballando nesta rama e o que buscamos, ademais de ampliar os nosos coñecementos, é unha homologación oficial deste traballo. No noso caso, primeiro ano de emerxencias sanitarias, estes últimos eramos a maioría. Penso que isto foi, dalgún xeito, beneficioso para o curso posto que persoas que levan anos traballando no mundo das emerxencias aportaron a súa experiencia complementando en moitos casos a materia do curso. Verdadeiramente, creo que foi enriquecedor o feito de compartir experiencias entre os compañeiros e todas as achegas feitas polos mesmos, non só polos que xa temos experiencia nisto, se non tamén polos que están comezando e teñen outro punto de vista distinto. Mencionar tamén que coa creación deste ciclo de emerxencias sanitarias cóbrese unha vella demanda dos técnicos en transporte sanitario, que dende fai tempo viñan solicitando o recoñecemento profesional que non tiveron ata agora, polo que debemos valoralo máis aínda. En canto ao curso, a sensación final é moi positiva. Como xa mencionei anteriormente foi moi enriquecedor o compartir experiencias e coñecementos con outros compañeiros e, por suposto, valoramos enormemente o esforzo realizado polo

persoal docente. Dende logo que a aprendizaxe foi positiva tanto para aqueles compañeiros que nunca traballaron nisto que aprenderon gran cantidade de cousas, coma para os que levamos anos nisto que complementamos enormemente os nosos coñecementos.

Se, a título persoal, tivese que puntuar positiva e negativamente o ciclo de emerxencias sanitarias baseándome neste curso que pasou puntuaría de xeito positivo aos mestres, como xa dixen antes polo esforzo realizado durante o curso e aos compañeiros por todas as achegas positivas que realizaron durante o mesmo e de xeito negativo faríao á administración competente posto que, sendo este o segundo ano que se realiza o ciclo, atopámonos cunha importante carencia de equipamentos específicos, a falla de aulas específicas no centro para realizar as prácticas e simulacros. Esperemos que as vindeiras promocións poidan beneficiarse destas melloras que son imprescindibles para a formación de calidade dos TES. E para rematar gustaríame facelo cunha frase empregada por unha profesora, que penso que resume de xeito claro o avance que se está dando coa creación deste ciclo na formación dos TES:“a semente está botada, vós debedes facela xermolar e todos queremos vela medrar”. Manuel Martínez

38


NONOLA 2010

HORÓSCOPO Carneiro 21 marzo – 21 abril. Hai problemas que non podes evitar, os asuntos familiares que che preocupan agora só os podes solucionar ti.

Touro 22 abril - 21 maio. Aconsella aos teus amigos, a eles pódelles parecer que lles ocultas cousas con respecto á vosa amizade. Faime caso e matricúlate en prótese.

Xemelgos 22 maio - 21 xuño. Non tomes a vida tan en serio, estás dramatizando en exceso e iso fai que te deprimas e que quedes sen forzas para saír adiante. O bacharelato de letras é unha boa opción.

Cangrexo 22 xuño - 22 xullo. Algún tipo de negociación co diñeiro vaiche ocupar o tempo e a mente neste curso. Rematarás o ciclo formativo e irás á universidade para completar os estudos.

León 23 xullo - 22 agosto. Ten coidado e pensa moi ben as cousas antes de facelas xa que podes rematar mal con alguén por mor das túas actuacións. Lembra que o ciclo de anatomía patolóxica ten moita demanda laboral.

Virxe 23 agosto— 22 setembro. Vas a recibir una proposta interesante dos teus pais. É probable que marches de vacacións a algún lugar que a ti che gusta, pero terás que levar o libro de física e o de literatura galega para repasar mentres tomas o sol.

Balanza 23 setembro – 22 outubro. Para que se cumpran os teus intereses profesionais e necesario que estudes a fondo a túa especialidade.

Escorpión 23 outubro - 22 novembro. Os problemas na casa vanche volver tolo todo o dia, evita palabras maiores cos familiares. Escolle con tino as optativas do vindeiro curso.

Saxitario 23 novembro - 22 decembro. Es unha rapaza aventureira. Practicas deportes de risco e tes clases co Xepe. Pasarás un segundo trimestre malo pero as cousas compoñeranse.

Cabra 23 decembro – 20 xaneiro. As relacións de parella non che van moi ben, debes cuestionarte a situación e manter o antes posible una charla canto antes co teu/túa compañeiro/a.

Acuario 21 xaneiro - 19 febreiro. Evita as compañías nocturnas, a falta de sono que estás acumulando prexudícanche a saúde. Céntrate nos estudos que hai tempo para todo.

Peixe 20 febreiro – 20 marzo. Este curso estarás tan despistado como sempre. Evita as compañías nocturnas, a falta de sono que estas acumulando prexudícanche a saúde Natalia Pereira. 39


NONOLA 2010

DE tanto calar xa falo solo GALICIA digo eu / un di ..............GALICIA GALICIA decimos todos ..............GALICIA astr´os que calan din ...................GALICIA e saben .......................................sabemos GALICIA da door chora ...............á forza GALICIA da tristura triste ............á forza GALICIA - Fiandeiriña delgada do silencio calada ..........á forza GALICIA sempre metida a fiar da fame emigrante .........á forza sempre aGALICIA fiar e soñar vendada cega ................á forza GALICIA tapeada xorda ...............á forza para logo non ser nada. GALICIA atrelada queda ...............á forza - Para logo nonpra ser servir nada ....................libre pra servir libre iso indalibre está por pravernon ser .................libre pra non ser epois caslibre frebaspra do liño morrer ..................libre pra morrer ó torcelas de camino libre pra fuxir .....................libre pra fuxir algo se ha de prender. labrega ...............GALICIA nosa GALICIA GALICIA mariñeira ............GALICIA nosa - Algo seGALICIA ha de prenderobreira ...............GALICIA nosa I afé que tiñas razón GALICIA irmandiña ...........GALICIA viva inda que eu estábache mirando recóllote da terra ................estás mui fonda sin deñar que encantenón recóllote do pueblo..............estás nil toda íbame indo namorando recóllote da HISTORIA ......estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro Uxío Novoneyra no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote prós novos que vein con forza prós que inda non marcou a malla d´argolas prós que saben que ti podes ser outra cousa prós que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa

Uxio Novoneyra 40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.