Sara Hanan Khalloufi

Page 1

O MEU NOME, OS MEUS APELIDOS, E O LUGAR DO MEU NACEMENTO

I.E.S Lamas de Abade Curso 2013-2014 3ยบ E.S.O Sara Hanan Khalloufi Izquierdo


Ă?NDICE

Limiar............................................................................................................................

1

Nome............................................................................................................................

2

Primeiro apelido............................................................................................................

3

Segundo apelido...........................................................................................................

4

Lugar de nacemento.....................................................................................................

5

Material de consulta e bibliografĂ­a................................................................................

6


LIMIAR

Este traballo serviume para coñecer mellor a orixe dos meus nomes e dos meus apelidos e saber máis sobre a historia da miña cidade. Non resultou moi doado atopar a información relativa ao meu nome e apelido árabes, xa que non existe unha documentación tan explícita, polo menos ao meu alcance, como a que se ten sobre nomes e apelidos europeos. Para encontrar información sobre o meu segundo nome e o meu primeiro apelido tiven, nalgunhas ocasións, que facer uso das fontes tradicionais de transmisión de coñecementos, neste caso fontes orais. Tamén axudeime de internet e dalgún libro que tiña pola miña casa sobre a historia de Marrocos. En canto a orixe do meu nome e apelido español foi moito máis doado, atopei en internet case toda a información. Custoume un pouco manexar no procesador de word os indicadores para poder cambiar o interlineado, e a sangría pero foi un bo exercicio para coller o costume.


NOME Eu son Sara Hanan. Teño dous nomes un europeo e outro árabe. Esto é así porque os meus pais tamén son de continentes e culturas diferentes, pois a miña nai é galega e o meu pai é marroquí. Cando eu nacín non se puxeron dacordo no meu nome e decidiron poñerme dous. Sara vai o primeiro, xa que nacín aquí, en Santiago de Compostela. Hai moita xente que ten dous nomes pero en xeral só usan un, ou mesmo utilizan un apodo, pero eu podo decir que uso os dous. Aínda que estou afeita a que me chamen Sara cando vou visitar a miña familia marroquí chámanme Hanan. Coido que é unha vantaxe ter dous nomes posto que cando eres pequeno non podes elexir como queres que te chamen e así, polo menos, podes ter para escoller. Hadîth Bayâd wa Riyâd (Manuscrito magrebí, S.XIII)

Sara é un nome de orixe hebreo escrito “Sarah”, significa “princesa”. Non foi un nome popular entre os cristiáns ata finais do século XIX, isto pode ser debido aos frecuentes conflictos que houbo cos xudeos ao longo da historia. En España apareceu pola influencia inglesa ou francesa convertíndose nun nome moi coñecido a partir dos anos 60. Nos derradeiros anos en Galicia chegou a ocupar un dos mellores postos na lista dos nomes m áis empregados. Outros nomes derivados de Sara son: Saray, Sarai ou Sari. Hanan é un nome árabe, a súa orixe pérdese no tempo, significa “cariño ou misericordia”. Sempre foi un nome moi apreciado entre os árabes polo seu significado e tamén polo seu son suave ao pronuncialo. A índa que é similar ao nome inglés Hannah, non ten nada que ver con el.


PRIMEIRO APELIDO

O meu primeiro apelido é Khalloufi. O apelido Khalloufi significa “do califa”. É un apelido de orixe árabe procedente dun pobo chamado Oulad Khallouf, situado na provincia de Marrakech. O seu nome significa “fillos do califa” porque foi unha familia-tribu de oriente a primeira en habitar esa zona no ano 788. Viñan acompañando ao sultán Idris I no seu exilio, xa que fuxía do califato dos Abasides. A tribu asentouse non moi lonxe de Marrakech, vendo que esa era a porta do deserto e que por alí pasaban moitas das caravanas que traían mercadorías moi valiosas do sur. Ao longo de Marrocos pódense atopar outros pobos chamados Khallouf, que tamén foron fundados por membros da mesma tribu. Estos lugares teñen en común que ao carón deles hai un río ou unha fervenza, parada obrigada para as caravanas en tempos antíguos. O pobo de Oulad Khallouf do que estou a falar ten preto unha fervenza moi famosa chamada Ouzouz. Todas as xentes de apelido Khalloufi terían polo tanto, moitos séculos atrás, unha mesma orixe tribal.

Koutoubia (Marrakes)


SEGUNDO APELIDO

O meu segundo apelido é Izquierdo. O seu étimo procede dunha lingua prerromana da zona pirenaica. Nun principio pensouse que tiña a súa orixe no éuskaro da palabra “esku” que significa man e o vocablo celta “kerros” que significa torcido. Mais adiente veuse que isto non era posible xa que esta palabra atópase tamén no catalán e no portugués. O apelido viño de man dun mancebo romano de ilustre sangue chamado Mucio. Está documentado a partir do século XII, nos primeiros anos da reconquista, sustituíndo ao termo latino “sinister”, xa que este pasara a significar sinistro ou fatídico. É apelido dun linaxe aragonés que probou numerosas veces a súa limpeza de sangue e fidalguía ante as Reais Chancillerias e o Tribunal do Santo Oficio. A este tribunal pertenceron don Diego e don Francisco Izquierdo, netos de Xoán Izquierdo membro do Santo Oficio de Granada. Polo que se sabe a rama de Granada foi moi piadosa e o seu sangue nunca foi misturada nin con mouros nin con xudeus. Baltasar Izquierdo liderou parte do exército dos Reis Católicos tomando a cidade de Granada.

Á orde de San Xoán de Xerusalén pertenceu no 1776 don Domingo Izquierdo. Irmán deste foi don Antonio Izquierdo que formou parte das Reais Compañias de Gardas Mariñas no 1771.No Novo Mundo, don Xoán de Izquierdo foi capitán das hostes de don Diego Almagro, acompañando a este a todas as campañas. Finalmente quedou en Nova España, na cidade de México, onde contraeu matrimonio dando orixe a unha rama mexicana do apelido. Na actualidade o apelido Izquierdo está moi estendido por toda a península principalmente por Aragón, de onde provén, e por Galicia, Canarias, Extremadura e Anadalucía.

O escudo dos Izquierdo está representado por un campo de gules cunha banda de ouro engolada en dragantes de sinople acompañada de estrelas de ouro a cada lado.


O LUGAR DO MEU NACEMENTO

Eu nacín en Santiago de Compostela, capital de Galicia. Santiago pertence a provincia de A Coruña. É un lugar de peregrinación, xa que según se pensa, aquí esta soterrado o apóstolo Santiago. Este lugar debeu estar habitado xa na época prerromana, como demostra o topónimo precéltico Sar “corrente de auga”, a existencia dunha mámoa, porta da mámoa e os topónimos célticos, Callobre, primitivo nome de Castro e Troia de Turobriga “cidade forte”. Santiago tivo tres nomes Libredón, que para algúns sería céltico, “castro do camiño”, e para outros deriva de liberum donum “libre concesión”; entre os séculos IX e XI toma o nome de Arcis Marmoricis, que presenta o topónimo Arca, case sempre indicador de sepulcro en mámoa. Pero no século X os documentos empezan a falar dun suburbio Compostella e que algúns sitúan na Rúa do Franco. Dende o século XI o nome da zona xa é o da vila. Para algúns o termo Compostela é un composto céltico de comboros “cascallos ”e steel, “ferro”, significando “cascallos de minas e ferrerías”. Para outros o termo ven da Crónica de Sampiro, do século XII , que di “Compostella id est bene composita”, cidade composta ben construida, do latín. O termo Santiago pódese separar en dúas partes Sant que ven do latín sanctus “consagrar” o verbo sancir leva unha raíz sak de orixe indoeuropeo co significado de “alguén que satisface todas as regras para ser venerado”. Iacomus ven do hebréo Yaakov, nome de home que significa sostido polo talón.. No escudo de santiago figuran, na primeira partición, as armas do antigo Reino de Galicia, que representan ao emblema heráldico asociado á Eucaristía: un cáliz de cor amarela ou dourada e unha hostia de cor branca. A Eucaristía está rodeada de sete cruces da mesma cor, tres a cada lado e outra sobre eles, situada na parte superior do campo do escudo. Na segunda división figuran os emblemas propios da cidade, a cor do campo é a utilizada nas armas galegas, azul. O elemento central é a urna do sepulcro do apóstolo Santiago, representada sobre unha nube e situada debaixo dunha estrela de oito puntas de cor amarela. O sepulcro e a estrela aluden á tradición medieval que narra o descubremento dos restos do Apóstolo por un ermita chamado Pela io gracias a unhas luces nocturnas que observou no bosque Libredón. Na parte de arriba do escudo aperece representada unha coroa real aberta, como a que usaron os Reis Católicos. Detrás do escudo figura a Cruz de Santiago.


Material de consulta e bibliografía

-es.wikipedia.org/santiagodecompostela -es.wikipedia.org/histoiredumaroc -http//jcruz.lacoctelera.net/santiago -es.wikipedia.org/yakoob -http//deliche.net/santo -bisabuelos.com/ape/izquierdo -delarrago.com/hera/ape/izquierdo -redaragón.com/sociedad/heráldica -surnames.org/apellidos/izquierdo -heradicapellido.com/izquierdo -es.wikipedia.org/sara -euroresidentes.com/sara -http//nombresfemeninos.galeon.com -nurelsilam.com/nombres musulmanes -História Ciencias Sociais 4º E.S.O -Os meus avós marroquís e galegos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.