2º eso 2012 modelo exame final pauta de corrección

Page 1

Centro: I.E.S. LAMAS DE ABADE

Curso: 2012-2013

Departamento: LINGUA E LITERATURA Avaliación:EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO Data: 02/09/2013 Nivel: E.S.O. Grupo: 2º B Alumno/Alumna: Nota:

INSTRUCIÓNS: 1.- Traballa en silencio e non molestes aos compañeiros e compañeiras. 2.- Dispós de 50 minutos para realizar esta proba. Controla e reparte o tempo. 3.- Indica o tempo dedicado a preparar este control: 4.- Antes de comezar a escribir le detidamente as cuestións, cavila sobre elas e logo empeza a contestar tendo en conta sempre as normas de presentación. 5.- Tes tres preguntas de teoría, cada unha vale un punto. 6.- Tes seis preguntas de práctica, cada unha vale un punto, agás a número seis que vale dous. 7.- Se tes algunha dúbida ergue a man e agarda en silencio a que o profesor se achegue. 8.- Cando remates, indica o tempo que che levou facer esta proba: Ademais dos contidos tamén se terá en conta a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos. Os erros poderán ser: Moi graves: Aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos. Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos. Leves: Solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizaranse con 0,05puntos. Só serán aceptadas as solucións ortográficas marcadas polas vixentes Normas do 2003.

Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


PRÁCTICA: 1.- Completa a seguinte táboa de verbos. PERSOA

1ª 1ª 2ª 2ª 3ª 1ª 3ª 1ª 2ª 1ª

S. P. S. P. P. S. P. S. S. S.

TEMPO

Presente Presente Presente Presente Pret. Imp. Pret. Plus. Pret. Imp. Pret. Perf. Presente Pret. Imp.

MODO

Indicativo Indicativo Subxuntivo Subxuntivo Indicativo Indicativo Subxuntivo Indicativo Imperativo Subxuntivo

VERBO

caber dicir estar facer haber poder querer saber ter ver

RESPOSTA

caibo dicimos esteas fagades habían puidera quixesen souben ten vise

2.- Engádelles un obxecto indirecto ás oracións e despois substitúeo por un pronome átono. • Venderon o coche. Vendéronlle o coche ao novo veciño. Vendéronllo. • Teño que enviar o paquete. Teño que che enviar o paquete. Teño que cho enviar. (Teño que enviarcho. Téñocho que enviar). • Concederon un premio. A este escritor concedéronlle un premio. Concedéronllo. • A avoa sempre ofrece chocolate. A avoa sempre lles ofrece chocolate aos netos. A avoa sempre llelo ofrece. • Os organizadores agradeceron a axuda. Os organizadores agradeceron aos colaboradores a axuda. Os organizadores agradecéronllela. 3.- Indica o suxeito das seguintes oracións e é di se é léxico ou…. • Adormecen axiña os teus fillos. Os teus fillos. Léxico. •Desde aquí oídes o ruído da rúa. Vós. Gramatical. •Este inverno iremos esquiar a Manzaneda. Nós. Gramatical. • Preocúpame a túa doenza. A túa doenza. Léxico. • Haiche moita cola para entrar. Cláusula impersoal. Non ten. 4.- Localiza as expresións que se empregan neste texto e explícaas. “Veume coa andrómena de que precisaba o meu ordenador para non sei que lerias; fíxome a rosca para que llo emprestase e eu piquei coma un pancho.” “Veume coa andrómena de que precisaba o meu ordenador para non sei que lerias; fíxome a rosca para que llo emprestase e eu piquei coma un pancho.” Vir coa andrómena: andar con contos, contar unha mentira ou invención fantástica. Facerlle a rosca a alguén: adular, gabar a alguén para obter algún proveito del. Picar coma un pancho: caer na trampa. Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


5.- Completa con c/cc ou t/ct. • instrución • afección • olfacto • delito • ditado • selección • ficticio • cocción

• estrutura • redacción • relación • construtor

• redución • obxectivo • tradución • estrito

6.- O teu redactor xefe escolleuche para que asistas en Balaidos ao derradeiro partido da liga. Quere que escribas unha crónica deportiva que, ademais de responder ás preguntas de sempre e ter unha estrutura determinada (ben sabes ti cal é), amose o compromiso do xornal co equipo (mínimo 200 palabras, no corpo da noticia)

Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


TEORIA: 1.- A situación actual do galego. Marco legal Usos Actitudes A lingua galega e o futuro 2.- Bloques dialectais e principais fenómenos lingüísticos: o bloque occidental. Hoxe en día, o galego fálase nas catro provincias galegas, e, ademais, na franxa occidental de Asturias, León e Zamora. A distribución de diferentes fenómenos lingüísticos permite diferenciar no galego tres bloques: o occidental, o central e o oriental. Bloque occidental: Falas do oeste das provincias da Coruña e de Pontevedra. Principais fenómenos lingüísticos: Gheada: consiste na pronuncia de G con aspiración (coma o h inglés en house). Seseo ao final da sílaba (lus, des) e, na parte máis occidental do territorio, tamén no comezo (faser, sinco). Terminación -án para os dous xéneros (o/a irmán ). Plural en -ns (cans). 3.- Características da poesía lírica. A poesía lírica caracterízase polos seguintes trazos: • Uso da primeira persoa. O «eu» lírico é a voz que adopta o poeta para expresar as súas emocións, reais ou ficticias, e a súa percepción do mundo. Esta voz maniféstase habitualmente en primeira persoa de singular ou de plural (nos verbos, nos pronomes, nos posesivos). • Predominio dos temas intimistas. A tristeza, a alegría, o amor, a saudade ... sempre referidos ao mundo interior do poeta. • A versificación. É fundamental na creación poética: a medida dos versos, a rima, e os esquemas métricos contribúen a darlle ao poema un ritmo característico; ademais, as estruturas métricas fixas e a extensión limitada dos versos esixen que o poeta seleccione e condense a linguaxe. • A expresividade da linguaxe literaria. Aínda que a linguaxe literaria é propia de todos os xéneros, na poesía cobra especial expresividade polo uso intensivo de recursos literarios.

Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.