2º eso 2012 modelo exame final

Page 1

Centro: I.E.S. LAMAS DE ABADE

Curso: 2012-2013

Departamento: LINGUA E LITERATURA Avaliación:EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO Data: 02/09/2013 Nivel: E.S.O. Grupo: 2º B Alumno/Alumna: Nota:

INSTRUCIÓNS: 1.- Traballa en silencio e non molestes aos compañeiros e compañeiras. 2.- Dispós de 50 minutos para realizar esta proba. Controla e reparte o tempo. 3.- Indica o tempo dedicado a preparar este control: 4.- Antes de comezar a escribir le detidamente as cuestións, cavila sobre elas e logo empeza a contestar tendo en conta sempre as normas de presentación. 5.- Tes tres preguntas de teoría, cada unha vale un punto. 6.- Tes seis preguntas de práctica, cada unha vale un punto, agás a número seis que vale dous. 7.- Se tes algunha dúbida ergue a man e agarda en silencio a que o profesor se achegue. 8.- Cando remates, indica o tempo que che levou facer esta proba: Ademais dos contidos tamén se terá en conta a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos. Os erros poderán ser: Moi graves: Aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos. Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos. Leves: Solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizaranse con 0,05puntos. Só serán aceptadas as solucións ortográficas marcadas polas vixentes Normas do 2003.

Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


PRÁCTICA: 1.- Completa a seguinte táboa de verbos. PERSOA

1ª 1ª 2ª 2ª 3ª 1ª 3ª 1ª 2ª 1ª

S. P. S. P. P. S. P. S. S. S.

TEMPO

Presente Presente Presente Presente Pret. Imp. Pret. Plus. Pret. Imp. Pret. Perf. Presente Pret. Imp.

MODO

Indicativo Indicativo Subxuntivo Subxuntivo Indicativo Indicativo Subxuntivo Indicativo Imperativo Subxuntivo

VERBO

RESPOSTA

caber dicir estar facer haber poder querer saber ter ver

2.- Engádelles un obxecto indirecto ás oracións e despois substitúeo por un pronome átono. • Venderon o coche. • Teño que enviar o paquete. • Concederon un premio. • A avoa sempre ofrece chocolate. • Os organizadores agradeceron a axuda. 3.- Indica o suxeito das seguintes oracións e é di se é léxico ou…. • Adormecen axiña os teus fillos. •Desde aquí oídes o ruído da rúa. •Este inverno iremos esquiar a Manzaneda. • Preocúpame a túa doenza. • Haiche moita cola para entrar. 4.- Localiza as expresións que se empregan neste texto e explícaas. “Veume coa andrómena de que precisaba o meu ordenador para non sei que lerias; fíxome a rosca para que llo emprestase e eu piquei coma un pancho.”

Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


5.- Completa con c/cc ou t/ct. • instru ión • afe ión • olfa o • deli o • di ado • sele ión • fi icio • co ión

• estru ura • reda ión • rela ión • constru or

• redu ión • obxe ivo • tradu ión • estri o

6.- O teu redactor xefe escolleuche para que asistas en Balaidos ao derradeiro partido da liga. Quere que escribas unha crónica deportiva que, ademais de responder ás preguntas de sempre e ter unha estrutura determinada (ben sabes ti cal é), amose o compromiso do xornal co equipo (mínimo 200 palabras, no corpo da noticia)

Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


TEORIA: 1.- A situación actual do galego.

2.- Bloques dialectais e principais fenómenos lingüísticos: o bloque occidental.

3.- Características da poesía lírica.

Curso 2012-2013

Departamento de Lingua Galega e Literatura


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.