Instruccións para o profesorado

Page 1

Plan de Autoprotecciรณn Simulacro de evacuaciรณn

Instrucciรณns para o profesorado

Plan de Autoprotecciรณn do IES de Melide. Simulacro de evacuaciรณn


Instruccións orientativas para o profesorado Orde

de evacuación

Toques cur_tos e con_ti_nua_dos do tim_bre

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado A dirección do centro designará coordinador ou coordinadora xeral que asumirá a responsabilidade total do simulacro e coordinará tódalas súas operacións. Igualmente, designarase un coordinador ou coordinadora suplente.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado Nomearase por cada planta un coordinador ou coordinadora que se responsabilizará das accións que se efectúen na mencionada planta, así como de controlar o tempo de evacuación total da planta e o número de alumnos e alumnas desaloxados.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado Cada profesor ou profesora responsabilizarase de controla-los movementos dos alumnos e alumnas ó seu cargo de acordo coas instruccións recibidas do coordinador ou coordinadora xeral e dos coordinadores de planta.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado O profesorado, na súa aula, organizará a estratexia do seu grupo encargándolles a algúns alumnos e alumnas a realización de funcións concretas, como pechar as ventás, contar os compañeiros, controlar que non leven obxectos persoais, etc. Con isto preténdeselle dar ó alumnado unha maior participación nestes exercicios.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado

Os alumnos e alumnas non deberán recoller os seus obxectos persoais, co fin de evitar obstáculos e demoras.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado O persoal do centro debe procurar non incorrer en comportamentos que poidan denotar precipitación ou nerviosismo, para evitar que esta actitude se lle poida transmitir ó alumnado, coas consecuencias negativas que isto levaría aparelladas.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado Cando se desaloxen tódolos alumnos e alumnas, cada profesor comprobará que as aulas e os recintos que teñen asignados quedan baleiros, deixando as portas e fiestras pechadas e comprobando que ningún alumno queda nos servicios nin nos locais anexos.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado Con antelación ó día do simulacro, a dirección do centro informará ós pais dos alumnos e alumnas do exercicio que se pretende realizar, con obxecto de evitar alarmas ou efectos de pánico, pero sen precisar o día nin a hora en que o exercicio terá lugar.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado Igualmente, e con varios días de antelación á realización do simulacro, comunicaránselles ós alumnos e ás alumnas os pormenores e os obxectivos deste exercicio, así como as instruccións que deberán seguir.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado Non se usarán ascensores nin montacargas, se os houber, para a evacuación das persoas, nin se abrirán as fiestras ou portas que no caso hipotético de lume favorecerían as correntes de aire e a conseguinte propagación das chamas.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Instruccións orientativas para o profesorado Non se empregarán neste simulacro outras saídas que non sexan as normais do edificio. Non se considerarán como tales as fiestras, as portas secundarias, etc.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Evacuación do edificio • Ó sinal de comezo do simulacro, desaloxarase o edificio, comezando polos ocupantes da planta baixa.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Evacuación do edificio • Simultaneamente, os das plantas superiores mobilizaranse ordenadamente cara ás escaleiras máis próximas, pero sen baixar ás plantas inferiores ata que os ocupantes destas desaloxasen a súa respectiva.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Evacuación do edificio • O desaloxo en cada planta realizarase por grupos, saíndo en primeiro lugar as aulas máis próximas ás escaleiras, en secuencia ordenada e sen mesturarse os grupos.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Evacuación do edificio • Tendo en conta a tendencia instintiva dos alumnos a dirixirse ás escaleiras que habitualmente utilizan e que poden non ser as máis convenientes nun caso concreto, é aconsellable na planificación deste simulacro, prever esta circunstancia, tendo en conta que é o profesor de cada aula o único responsable de conducir os alumnos e alumnas na dirección de saída previamente establecida.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Evacuaciรณn do edificio โ ข Unha vez desaloxado o edificio, os alumnos e alumnas deberanse concentrar en diferentes lugares no exterior, previamente designados como puntos de encontro, sempre baixo o control do profesor responsable, quen comprobarรก a presencia de tรณdolos alumnos do seu grupo.

Plan de Autoprotecciรณn do IES de Melide. Simul


Evacuación do edificio • É esencial para o bo resultado deste simulacro a completa coordinación e colaboración do profesorado, tanto na súa planificación como na súa realización. Cada profesor ou profesora deberase responsabilizar ó máximo do comportamento do alumnado ó seu cargo, con obxecto de evitar accidentes de persoas e danos no edificio.

Plan de Autoprotección do IES de Melide. Simul


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.