Furabolos 2015

Page 1

Xiana Pi単eiro Vigo


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Sumario Outras portadas 2 Poesía e pintura en Educación Infantil 5 O tempo 12 Descriadiviñas 13 O mundo dende 1º B 17 O lobo que estoupou 19 Os nosos poemas 20 Achegas da nosa clase 21 Animaliños 25 Unha viaxe ao Antigo Exipto 30 Cartas ao Director 34 Club de lectura 35 Visita ao Museo de Historia Natural 37 Recuncho literario 39 O can Rin e o lobo Crispín 40 Saúdo da ANPA 42 Pasamos o tempo con Filgueira Valverde 44 Nós 52

1


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Outras portadas Carla López Muíño EI 3 anos

Diego Cao Varela EI 4 anos

Esteban M. Muíño González EI 5 anos

2


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Carme Balsa Iglesias 1º EP - A

Anxo Neira Ferro 1º EP - B

Uxía Otero García 2º EP

3


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Andrea De Barros Grela 3º EP

Andrea Chico Vigo 4º EP

Naiara Candelero Martínez 6º EP

4


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Poesía e pintura en Educación Infantil Alumnos e alumnas de Educación Infantil

As nenas e os nenos de Educación Infantil do CEIP Arquitecto Casas Novoa queremos dicirvos que estamos moi contentos/as neste centro. Nel facemos amigos e amigas, aprendemos a compartir, a desenvolver as diferentes tarefas diarias, a descubrir moitos relatos de vida e moitos xeitos de explicalos... Tamén nos achegamos á lecto-escritura, resolvemos pequenos problemas matemáticos, diferenciamos texturas, sabores... Empezamos o curso facendo diferentes instalacións nas árbores que están á entrada do centro e adornámolas con pequenos versos e rimas propias.

5


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Aos nenos, ás nenas e ás mestras de Infantil, gústanos moito traballar en equipo, por iso desenvolvemos diferentes actividades entre todos/as. O primeiro eixo sobre o que traballamos conxuntamente neste curso, 2014-2015 foi o texto poético, achegámosvos algúns: UN POEMA DE BICOS Un bico porque si Un bico porque non Un bico coma o lume Un bico corazón Un bico porque re Un bico porque dó Un bico porque la

Un bico porque sol Un bico dó re mi Un bico acordeón Un bico dó si fa Un bico percusión Un bico porque si Un bico, por que non?

(ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO) 6


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Miña Santiña Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar; hei de emprestarcho, cara bonita, si me deprendes a puntear. … (ROSALÍA DE CASTRO) A figura principal do noso quefacer coa poesía foi Rosalía de Castro. Estivemos de visita na que fora a súa casa, en Padrón e alí, xunto co alumnado do IES Camilo José Cela, recitamos diferentes poemas da autora. Tamén, na festa do Día das Letras Galegas, traballamos sobre poesía, esta vez cunha cantiga do homenaxeado, Xosé Filgueira Valverde. Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol posto; ten unha rosa na man, outra na mazán do rostro. Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol novo; ten unha estrela no mar, outra dormida no colo. Ten unha rosa na man, outra na mazán do rostro. Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol posto! Ten unha estrela no mar outra dormida no colo, Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol novo! ( XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE) 7


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

8


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

O segundo eixo fundamental do noso traballo conxunto foi o traballo sobre os Museos. Coñecemos moitas obras e autores/as, ollamos moitos libros, revistas... visitamos o Centro Galego de Arte Contemporánea e tivemos a sorte de poder achegarnos á obra de Pablo Picasso. A mostra deste autor, sendo neno, estivo exposta no Museo de Belas Artes de A Coruña durante os meses de febreiro, abril e maio.

9


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Pero como nós tamén somos artistas, organizamos no centro un pequeno museo con moitas das nosas obras, a maioría inspiradas en cadros doutros pintores e pintoras moi importantes.

10


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

11


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

O tempo 1潞 curso de Educaci贸n Primaria

12


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

13


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

14


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

15


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

16


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

O mundo dende 1º B 1º curso de Educación Primaria B Que nervios! Chegara o día! Ese día no que o novo curso comezaba. Pero este ano era diferente, empezabamos unha nova etapa no piso dos maiores; xa eramos de primaria! Menuda responsabilidade! Todo era moi diferente á vida en infantil e a algúns costounos un pouquiño adaptarnos a tanto cambio. Pero a verdade é que, mirando ben, non o fixemos nada mal e traballamos arreo para demostrar que aínda que somos pequenos, podemos ser moi grandes. O primeiro foi poñer sobre a mesa as nosas dotes lecto-escritoras, grazas á pila de libros que tiñamos por diante para traballar. E como tanto esforzo dá un chisco de fame, decidimos construír uns cestiños ben xeitosos para degustar as castañas do magosto.O frío chegou, e con el unhas verbas navideñas e un chocolate con churros axudáronnos a levar estas datas. As nosas inquedanzas leváronnos a investigar sobre a figura de Malala e a súa cultura o Día da Paz. E sempre dende o punto de vista científico que nos ensinou a nosa profe experimentamos cos estados da auga e cos nosos sentidos. Mesmo nos adentramos no coñecemento de diferentes ecosistemas coa visita ao Museo de Historia Natural. Pero tamén facía falta un toque de color, por iso a nosa aula se convertíu nunha espectacular colmea o Día do Entroido. Deu traballo pero que guapos quedamos! E nun plis plas, como diría algún de nós, chegou a primavera; asique qué mellor ca unha plantación para achegarnos á ciencia da botánica. Mais como bos estudantes que somos, tamén coidamos o aspecto artístico. Senón que llo digan aos nosos Van Gogh. Grazas ao puntillismo quedaron perfectos! E como a investigación é o noso, tamén nos adentramos nas augas do Grove para coñecer a fauna mariña de primeira man. Si é que en 1ºB estamos feitos una verdadeiros artistas!!! Mirade, mirade…

17


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

18


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

O lobo que estoupou 1潞 curso de Educaci贸n Primaria B

19


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Os nosos poemas 1潞 curso de Educaci贸n Primaria B

20


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Achegas da nosa clase 2潞 curso de Educaci贸n Primaria

21


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

22


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

23


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

24


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

25


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

26


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

27


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

28


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

29


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Unha viaxe ao Antigo Exipto 4º curso Educación Primaria

Viaxe a Exipto Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixemos unha excursión a Exipto. Tiñamos pensado ir ao auditorio, pero o autobús empezou a elevarse e, de súpeto, aparecemos no Antigo Exipto! Cando o autobús comezou a descender divisamos un río e un pouco máis lonxe tres picos de cor laranxa e unha extraña cabeza. Que cousa máis rara! Pedímoslle ao conductor aterrar xunto a ela. Ao chegar o profesor díxonos que se trataba da Esfinxe de Gizeh e, xunto a ela, as pirámides de Keops, Kefrén e Micerinos. Xa ía anoitecer, entón buscamos polos arredores unha casa ben grande e preguntámoslle ás persoas que vivían nela se podiamos quedar a durmir. Demos cunha familia moi amable que, ademais, nos contou lendas exipcias. Encheunos de curiosidade unha delas que trataba sobre unha pedra que tiña moita información e que se atopaba en Rosetta. -A pedra de Rosetta!-exclamamos todos ao mesmo tempo. -Se queredes, mañá mesmo imos explorar a zona-propúxonos o profesor. Así foi. Esa mañá fomos cara Rosetta e intentamos atopar a pedra. Non a encontramos, pero non nos importou. Ao final do día partimos co autobús voador e pronto nos encontramos no colexio outra vez. O mellor foi que chegamos para a hora de xantar! 

A pedra de Rosetta é unha pedra que ten un texto en tres linguas diferentes: en xeroglíficos, en escritura demótica e en grego antigo. A pedra atopouna un soldado francés chamado Pierre-François Bruchard; pero foi Jean-François Champollion o que desvelou o seu misterio, e grazas a ela agora pódense descifrar a maioría dos xeroglíficos. Para demostrar que sabemos debuxar e ler xeroglíficos, fixemos as nosas propias pedras de Rosetta, co noso nome ou apelidos.

30


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Viaxe alternativa a Exipto Os nenos e nenas de 4º de Primaria fomos de viaxe no tempo ata o Antigo Exipto. Alí coñecemos ao faraón. Era unha persoa moi amable; ensinounos a escribir con xeroglíficos, mostrounos unha pirámide e entramos. Fomos vendo como era a cámara do faraón e da raiña. Despois os nenos e nenas pedimos que nos ensinase como facían as cerámicas, esculturas… Tamén fomos de viaxe polo río Nilo, mentras viamos traballar aos escravos. Máis tarde o faraón presentounos aos sacerdotes e aos nobres, e ao acabar fomos ver como eran as casas dos escravos. Explicounos que estaban feitas de adobe, un material composto dunha mestura de palla e barro cocido ao sol. Logo invitounos a xantar; todos dicían que a comida era moi rica e pedímoslle ao faraón que lle dera máis comida aos escravos; el aceptou e todos nos alegramos moito. Cando foi hora de marchar regaloulle un dos seus tesouros a cada neno e nena. Ao chegar á clase todos escribimos o nome ou apelido con xeroglíficos. No recreo da tarde os nenos e nenas ensinámoslles a escribir con xeroglíficos a todo o colexio. Finalmente cando chegamos a casa démoslle o tesouro do faraón aos nosos pais. Ao día seguinte puxemos os nosos nomes ou apelidos feitos con xeroglíficos no mural .

31


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

32


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

33


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Cartas ao Director 4º curso Educación Primaria

Xuño de 2015 Estimado Director: Son unha nena de dez anos, alumna do colexio Arquitecto Casas Novoa da Sionlla, e pídolle que publique esta carta. No meu colexio hai un patio mal pavimentado, que é o de terceiro e cuarto. Nese campo hai pequenas pedras soltas polo chan e, se caes, pódeste facer moito dano. Os dous problemas principias da existencia desa grava miúda son: -Ao facer deporte. Esas areas fan que se esvare e se caia. Ademais, ao facer botar o balón de baloncesto ou darlle patadas ao de fútbol as pedras saltan. De feito, todas as semanas cae alguén. -Nas escaleiras. Son bastante perigosas ao subir e ao baixar porque hai grava miúda nelas. Alguén podería arranxar o patio deste colexio e de outros moitos que tamén teñen estes problemas? Atentamente. Alba Martínez Gamallo.

Xuño de 2015 Estimado Director: Son unha nena de nove anos, e quero expresar as miñas inquietudes. Con esta carta quero facer chegar ao noso Director, do colexio CEIP Arquitecto Casas Novoa, que non desista do seu empeño e siga loitando por poñer o noso centro á altura que lle corresponde como un dos mellores da zona de Santiago e da súa comarca. Eu vou deixar constancia de dúas melloras a ter en conta: o sabor da auga das fontes e do acondicionamento dos aseos. Con isto e esperando que os meus compañeiros de clase aporten outras solucións, despídese de vostede. Alba Nerea Barreiro García. Jose Balsa Iglesias.

34


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Club de lectura O Club de Lectura, posto en marcha polo Equipo da Biblioteca, xa vai polo segundo curso. Desenvolveuse co alumnado de 5º e 6º de Primaria que quixo participar nesta actividade. As xuntanzas, como o ano pasado, leváronse a cabo os mércores na hora do recreo. A primeira obra que lemos foi Escarlatina, a cociñeira defunta. Esta obra de Ledicia Costas, que nos visitou no centro, trata a relación dos cativos coa morte dos seres queridos. A resolución da mesma non é sentimental nin pedagóxica. Opta pola vía contraria, por explotar os instintos infantís ao máximo: o do xogo, o da irreverencia, o pracer de experimentar todo sen transcendencia... unha obra divertida e chea de receitas. A segunda obra sobre a que traballamos foi De repente en lo profundo del bosque de Amos Oz, unha fábula preciosa que invita á reflexión. Este autor utiliza unha prosa sinxela que axuda a avanzar na obra pero que vai deixando importantes pegadas que nos achegan ao medo ao diferente e á idea de apartar do noso camiño todo o que non é coma nós. Con motivo do Día de Rosalía, traballamos tamén a poesía desta autora e participamos, na celebración que se fixo no centro, no recitado dalgúns dos seus poemas máis coñecidos. Esperamos que o curso que vén o alumnado se volva animar a participar nesta actividade!

35


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

36


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Visita ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela 6潞 curso Educaci贸n Primaria

37


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Texto: Martín Mancebo Amigo.

38

Fotografías: Elaboración propia.


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

39


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

40


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

41


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Saúdo da ANPA Estimadas familias: Un ano máis estamos na porta do verán, algo que se nota moito máis este ano no que tivemos unha primavera temperá e calorosa. E coa chegada do verán e a proximidade das vacacións tamén chega ás nosas mans a revista Furabolos. E aínda que sexa algo que repetimos desde a anpa todos os anos, non podemos deixar de manifestar repetidamente o noso agradecemento ó profesorado do centro que colabora nesta revista facéndoa posible e permitindo que, ano tras ano, vaiamos creando nos nosos fogares unha pequena hemeroteca na que lembrar cada un dos cursos escolares dos nosos nenos e nenas. Pensando nas palabras que desde a anpa deixabamos plasmadas nos Furabolos dos últimos anos, lembramos que había nelas ultimamente un ton de pesimismo polo empeoramento do sistema educativo público, acompañado de queixa e reivindicación. E veunos isto á mente porque, aínda que non parecía doado, todo segue empeorando. Este curso tivemos xa LOMCE en 1º, 3º e 5º de primaria, mudanza que non se notou moito no desenvolvemento do currículo escolar, porque a implantación só foi nominal e non real. Pero a finais de curso as autoridades educativas non querían que esqueceramos que a LOMCE está aí e que trae consigo as reválidas, materializadas este ano no que eufemisticamente bautizaron como Avaliación Individualizada de 3º de primaria. Esta proba, aínda que estivese claro que non tiña ningún tipo de repercusión curricular, si nos fixo permanecer alerta e non esquecer que, ó par dela, teremos para o próximo curso outra proba en 6º de primaria e mais adiante dúas verdadeiras reválidas ó remate da ESO e do Bacharelato. A parte positiva desta avaliación de 3º de primaria é que nos deu a oportunidade ás familias de manifestar o noso parecer sobre este sistema educativo baseado en obstáculos puntais e non en aprendizaxe de competencias nin en avaliación continua. E no caso do noso centro a opinión das familias foi unánime: ninguén quere o sistema que establece a LOMCE e ningunha familia de 3º de primaria enviou o seu fillo ou filla á escola nos días de desenvolvemento desta proba, a pesar das dificultades prácticas que, sen dúbida, lles supuxo ter que atender o neno ou nena na casa nun día laboral. Por outra parte tamén sabemos que a LOMCE é unha lei que ten data de caducidade. Sabemos que practicamente todos os partidos políticos da oposición que existían no momento de promulgación desta lei asinaron o compromiso da súa derrogación se chegaban a ter potestade lexislativa para facelo, e outros non existentes nese momento tamén coñecemos que teñen intención de tentar que non continúe 42


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

adiante. Neste escenario existe unha alta porcentaxe de posibilidades de que no novo Congreso dos Deputados que se forme a finais deste 2015 sexan maioritarios os deputados comprometidos con esta derrogación, co cal a LOMCE non chegaría nin a finais do curso que comezará no próximo setembro. Neste escenario de incerteza, ¿non resultaría máis aconsellable adiar a aplicación da LOMCE ata o 2016-17? O sentido común parece dicir que si, pero o parecer das autoridades educativas vai por outro camiño e non escoitaron as peticións que fixeron as anpas da nosa comunidade. E non só iso, senón que hai uns días coñecíanse unha ordes referentes ós libros de texto para o próximo curso, que se resumen en dúas ideas básicas: a) En 1º, 2º, 4º e 6º de primaria existirá o cheque para libros dun xeito parecido ós últimos anos e b) En 3º e 5º non se poderán cambiar os libros e os centros recollerán os libros dos nenos e nenas que tiveron cheque e con eles crearán un banco de libros que irán repartindo (ata onde chegue) comezando polas familias con menos ingresos. ¡Un verdadeiro despropósito! Despois de malgastar o diñeiro público co sistema de cheque de libros e negarse á implantar un sistema semellante ó do préstamo universal, agora queren amañar isto coa creación dun banco de libro para pobres, mentres os outros nenos e nenos, grazas as posibilidades económicas das súas familias, terán libros novos. Cremos que o resultado fala por si mesmo. E como seguir pensando nisto creo que só nos vai deprimir, queremos volver ó comezo deste escribo e lembrar que o verán esta aí, e lembrar que os nosos nenos e nenas están acabando un curso que os fai máis aptos para enfrontarse á vida. Iso sen dúbida é positivo e ten que facernos aledar. E queremos rematar mandando un saúdo á toda á comunidade educativa: ás familias por loitar para dar o mellor ós fillos e fillas; ó persoal non docente do centro, que sempre está aí colaborando en que a escola funcione o mellor posible; e de xeito especial ó persoal docente, que logra darlles ós nosos nenos e nenas unha boa educación a pesar das dificultades que as autoridades lles van poñendo cada día. Recibide todos e todas un saúdo agarimoso.

A Sionlla, xuño de 2015.

A Xunta Directiva da ANPA da Sionlla

43


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Pasamos o tempo con Filgueira Valverde Seminario Galรกn

44


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

45


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

46


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

47


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

48


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

49


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

50


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

51


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Nós Educación Infantil, 3 anos

Pablo Seoane, Noa Chaves, Lucía Vázquez, Nagore Mosquera, Nuria Naveiro e Patricia Blanco. Rubén López, Sofía González, David Castiñeiras, Manuel Martínez, Darío Martínez e Diego Gendra. Marta Puga, Jorge Lado, Carla López, Celia Sánchez e Pablo Otero. Educación Infantil, 4 anos

Brais Barreiro, Paula Fernández, Ruth Barreiro, Adriana Blanco, Inma Vázquez, Catalina Fernández, Dana Ventos e Anxo Sánchez. Mateo González, Noelia Mallo, Nerea Gómez, Belén Rioboó, Xiana Fiaño, Laura García e Sara Rodríguez. Fernando Mosteiro, Noa Suárez, Alba Calvete, Mar Fraga, Álex Otero, Diego Cao e Ángel Alves. Tamén está con nós Paula Quiñoy. 52


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

Educación Infantil, 5 anos A

Andrea Villar, Brais Mugico, Sabela Iglesias, Carlota Bermúdez, Martín Seoane, Uxío Codesido, Sonia Martínez e Luis Martínez. Marco Suárez, Daniela Otero, Sheila Labandeira, Esteban M. Muíño, Hugo Castro, Minia Liñares, Hugo Viqueira, Adriana Suárez, Lorena Lugo e Enrique Carollo. 1º de Educación Primaria A

J. Ramón Domínguez, Antía De Barros, Patricia Pérez, Alejandro Couselo, Alba Fernández e Xoán Fiaño. Christian Albor, Carme Balsa, Cristina Aboy, Iván Conde, Karla Castelao, Xoán Castro e Iria Couselo.

53


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

1º de Educación Primaria B

Marcos Gigirey, Lucas Fernández, Lara Piñeiro, Borja Lado, Candela Giadáns, Anxo Neira, Jessica Juncal, Hugo Martínez e Laura Lameiro. Nicolás Martínez, Gabriel Quiñoy, Xan Portos, Laura Mosteiro, Xoel Piñeiro, Aroa García e Ricardo García. 2º de Educación Primaria

Nuria Suárez, Naiara López, Brais Muíño, Lara Liñares, Yeray Roa, Naira Vázquez, Uxía Otero, Ainhoa Barral e Ainara Ardila. Anxo Del Río, Eva Viqueira, Xosé Moscoso, Cristina Otero, Noa Sánchez, Darío Ferreira e Pablo Padilla. Óliver Labandeira, Alejandro Del Río, Samuel Otero, Nerea Pinto, Lucía Sande, Aroa Ventos, Adrián Domínguez e Aarón Rey.

54


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2015

3º de Educación Primaria

Leticia Hernández, Uxía Seoane, Paula Rodríguez, Natalia Domínguez, Alba Vidal, Andrea De Barros, Paula Fole, Javier Piñeiro, Yago Rodríguez e Adrián Doce. Daniel Blanco, Lucía Fernández, Iria Mata, Jacobo Giadáns, Ana Boo, Maika Martínez, Rodrigo Mallo, Rustam Couselo e Aroa Liñares. 4º de Educación Primaria

Cristina Cendón, Lorena Viqueira, Begoña Calviño, Lucía Riveiro, Álvaro Viqueira, Óscar Iglesias e José Mª Montero. Alba López, Nerea García, Nerea Martínez, José Balsa, Brais Neira, Guillermo Del Río e Adrián Cotón. Xurxo Expósito, Alba Martínez, Carlota Sánchez, Alba Nerea Barreiro, Andrea Chico, María Pampín e Carmen Portos.

55


Furabolos 2015

CEIP Arquitecto Casas Novoa

5º de Educación Primaria

Javier Rodríguez, Manuel Iglesias, Aida Otero, Xiana Piñeiro, Iria Rodríguez, Juan Carlos Mosquera, Xoel Garabal e Anxo Varela. David Barreiro, Hugo Pérez, Nicolás Garea, Uxía Criado, Sara Mata, Laura Mallo, Brais Iglesias e Santiago Garea. Tamén está con nós Iván Viqueira.

“Matemáticas e Galego na escola”

56


Para vós … os nosos mellores desexos 6º de Educación Primaria

Ariadna Barral, César Expósito, Ana Cebey, Enrique Calviño, Mª José Granja, Alejandro Iglesias, Alicia Martínez, Guillén González, Lara González e Naím M. Hernández. Uxía Martínez, Xavier Fernández, Naiara Candelero, Joel Fernández, Yago García, Alba Pampín, Martín Mancebo, Lucas Pérez e Sandra Domínguez. .

CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA A Sionlla de Abaixo, 10 15.884 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono e fax: 981 88 80 44


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.