Furabolos. Maio 2010

Page 1

Gustavo L贸pez Barral


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Sumario

Por portadas non ha ser 2 Uxío Novoneyra 4 Celebración do Entroido 10 Día do Libro 12 Os nenos e nenas de Infantil… 16 Nós tamén somos poetas 20 As TIC no CEIP Arquitecto Casas Novoa 24 Unha visita especial 27 Santiago de Compostela: 900 anos atrás 28 A familia Chinda Chunda 30 A festa dos Maios 32 Arredor de Uxío Novoneyra 35 Os de primeiro lembramos… 38 A nosa historia no colexio 40 Un encontro con Anxo Fariña 43 A cabra de Felitos 44 Saúdo da ANPA 48 Pasatempos con Uxío 49 Fixémolo nós 53

2


Por portadas non ha ser

Ana Boo. EI 3 anos.

Lorena Viqueira. EI 4 anos.

Brais Iglesias. EI 5 anos.

Alicia MartĂ­nez. 1Âş EP.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Yaiza ร lvarez. 2ยบ EP.

Edenia V. Cornejo. 3ยบ EP.

Alejandro Vila. 4ยบ EP.

Miguel Ponte. 6ยบ EP.

4


Naceu en Parada de Moreda, na Serra do Courel, o ano 1930, e alí viviu ata 1945. Rematou o Bacharelato en Lugo, e fixo algún curso de Filosofía e Letras en Madrid, onde empezou a escribir alguns libros. Fixo o servizo militar en Santiago canda Manuel Maria (poeta da Terra Chá), que daquela xa tiña publicado algún libro, cando volveu de Madrid a súa vida transcurriu entre Santiago e o Courel. Finou no ano 1999.

Das suas obras escollemos estes tres contos infantiles.

-GORGORÍN E CABEZÓN Como é primavera, dous amigos, Gorgorín e Cabezón vanse bañar ao río. O primeiro nada suave como unha troita; o segundo, vaise metendo aos poucos e como unha balea a penas sae do sitio e solta bufidos. Os homes do saco, tan antigos que xa se cría que non existían, aproveitan que, ao saíren da auga, dan en xogar ao cazador e ao can. Píllanos ao pasar e métenos no saco, pero Cabezón consegue asustalos cando cae a súa cabeza sobre os pés dun deles. Foxen os homes e eles quedan máis amigos que nunca.

-O CUBIL DO XABARIL Rabilete, Gatillo, Pistón, Portapeza, Firmegarra e Seguerrastro son uns nenos do Courel aos que lles gusta explorar as covas dos arredores. Un día deciden subir ao cubil do xabarín. Cando acaba o camiño e comeza a fraga teñen que extremar as precaucións pois en cualquera momento pode aparecer o xabarín enfurecido disposto a defender as súas crías. Avanzan con precaución e cando están chegando ao curuto, aparecen o xabarín macho e a femia a todo galope, impoñentes e enfurecidos, que pasan


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

polo lado dos rapaces agachados entre os matoxos, sen velos. Co medo aínda no corpo, os amigos regresaron a toda présa e algún deles co pantalón mollado polo susto. Por iso despois nunca contaron esta aventura, na que sentiron a maxestuosidade da Serra do Courel e o poderío do xabarín, capaz de amedrentar mesmo aos cazadores.

-ILDA O LOBO O CORZO E O XABARÍN Narra as aventuras dunha nena chamada Ilda que, tras a morte da nai, medra pechada nunha torre. Os seus únicos compañeiros e amigos son un xabarín, un lobo e un corzo. Os tres animais prometéronlle que, se os poñía en liberdade, habería moitos xabaríns, corzos e lobos nos arredores do castelo e a xente hospedaríase alí en tempadas de caza. Ilda accedeu á súa petición e, deste xeito, coñeceu a un príncipe tal e como lle prometeran os seus amigos.

TERRA moura das montañas! Boa terra que dás auga e teis auga nas entrañas!

Felicidades polo grandísimo traballo que fixeches,

Uxío Novoneyra!

Clase de 6º: Rubén, Paula, Miguel, Manel, José Manuel, Iván, Daniel, Álex e Alejandro.

6


Na clase escollemos e ilustramos algĂşns poemas de UxĂ­o Novoneyra.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

8



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Uxío tamén facía gravados

10


CELEBRACIÓN DO ENTROIDO Nos días previos ao Entroido, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, traballamos a seguridade vial na aula, limos o conto “A cidade sen semáforos”, imaxinamos que podería pasar se non existisen semáforos, plasmámolo nun folio e aprendimos normas básicas de seguridade vial.

O 12 de febreiro, participamos na celebración do Festival do Entroido no centro, xunto co resto de alumnos/as, mestres e mestras, e pais a nais que acudiron a presenzar o mesmo, disfrazándonos de semáforos e bailando a canción: La rumba del semáforo.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Curso por curso, dende os máis cativos ata os máis maiores, desfilaron mostrándonos a todos os presentes os seus disfraces.

3º de Educación Infantil

1º de EP

4º de Educación Infantil

2º de EP

5º de EP

3º e 4º de EP

6º de EP

12


DÍA DO LIBRO O Día do libro é o 23 de abril e este ano os de Infantil fixemos un xogo moi divertido. Cada día levamos a casa unha pista para adiviñar unha personaxe. 

Coa primeira moitos pensamos que era un cempés:

Coa segunda, un verme:


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

E coa última, unha bolboreta:

14


As respostas as pegamos nunha árbore como se foran follas

As profesoras contáronnos contos “Unha eiruga moi larpeira” e “Orellas de bolboreta” e cantamos cancións.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

O mellor de todo foi que pola tarde viñeron nais e un pai a contarnos contos na biblioteca.

GRAZAS A TODOS

VIVA O DÍA DO LIBRO!

16


OS NENOS E NENAS DE INFANTIL…POLOS CAMIÑOS CARA UN GRAN SOÑO!!!!

Un venres 23 de abril deste curso 2009-2010, os nenos e nenas de 4º de Infantil do CEIP Arquitecto Casas Novoa, xunto a outros nenos de 5º y 6º de Infantil do mesmo centro tamén, estivémonos preparando para facer unha viaxe cara o mundo da imaxinación da man de moitos personaxes que pertencen a un grupo máxico moi especial: Kalandraka. Esta viaxe, como ben comentei antes, comezaba unha mañá do 23 de abril en Santiago de Compostela. Saímos do cole todos ilusionados e preparados para comezar un camiño por esas rúas compostelanas que nos levarían cara UN GRAN SOÑO.

Comezamos na Rúa de San Roque…

….e o camiño continuou pola Rúa de San Pedro,…


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

…polas Casas Reais,…

… Praza de Cervantes…

…Rúa do Preguntoiro…

… Rúa de San Paio…

18


…Rúa da Conga…

…ata chegar á Rúa Nova!!...

e…qué pasou alí??? Pois que ese camiño levounos a ese mundo dos soños, donde viviriamos moitas experiencias da man da nosa imaxinación e de dous contacontos moi especiais: Patricia e Pablo!!

Eles leváronnos a unha viaxe inolvidable, no que visitamos cada recanto dese mundo de fantasía donde a primeira parada foi, precisamente, UN GRAN SOÑO (Felipe Ugalde, premio Compostela para álbumes ilustrados).


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Pero non só viaxamos da man deste conto eh!!!, senón que tamén con máis!! Aquí tendes unha mostra de cada conto, de cada experiencia, de cada ilusión…que vos recomendamos porque a verdade, MERECE A PENA!!!!

“QUE NINGUÉN NOS ROUBE O NOSO DEREITO A SOÑAR, AINDA QUE ÁS VECES OS NOSOS SOÑOS SEMELLEN DELIRIOS” (Eduardo Galeano). Asinado: 4º de Educación de Infantil. 20


Nós tamén somos poetas 3º curso de Educación Primaria

A escola A escola é un tesouro, os tesouros son xoias, e os tesouros son bos como as ricas moras.

Na escola aprendemos, xogamos,escribimos e pintamos;por iso nos divertimos tanto.

Na escola lemos: Nos encanta ler! Porque nos aprende a nosa profesora.

Carmen, Ahinoa e Martín.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

O paxariño Había un paxariño que comía millo, que tiña os pés como un muíño, que tiña o pico como un pitiño, e as ás como o panciño. Os ollos eran de canciño, que ía voar polo camiño, e encontrou un amiguiño que se chamaba Fiño.

Atopou un gatiño debaixo dun cochiño. Salvouno cun pauciño, que encontrou nun arbustiño. Marta, Antonio e Elías.

22


O boliño Boliño boliño, feito de crema, recheo de chocolate e raspiñas de pera.

Cocido no forno, con ovo e con queixo, que rico que sabe quero outro cachiño. O boliño é moi saboroso, cómoo nun pis pas: Que rico que está! Mamá, faime un boliño como o de onte, recheo de chocolate e raspiñas de pera.

Nerea, Noelia e Pablo.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

O colexio

O colexio Casas Novoa é unha boa escola.

Os profesores son moi listos, estes profesores son xeniais, hai tempo ensináronnos os puntos cardinais.

En Galego estudiamos o B. Algunhas palabras con B son: marabilla... e outras máis curtas como billa.

En Matemáticas estabamos coa división, que hai que ter unha gran visión porque é unha gran misión.

En xeral a escola é marabillosa.

Edenia, Alejo e Raúl.

24


AS TIC NO CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA Ao remate da escolarización obrigatoria os alumnos e alumnas deben acadar unha competencia dixital que consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento. Ao longo deste curso escolar os obxectivos principais recollidos no plan de introducción das tecnoloxías da información e da comunicación foron:

●Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración de cooperación e de expresión das propias ideas.

●Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

●Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida.

●Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.

●Utilizar aparellos informáticos como o éscaner, a cámara dixital, a pizarra dixital interactiva.

26


●Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo:

●Lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación, de maneira que se constitúan nun elemento común de información e de contacto, facilitando a conexión entre as familias e a escola a través de: Páxina web do centro:

http://centros.edu.xunta.es/ceiparquitectocasasnovoa/ e dos blogs: http://pequenosarquitectos.blogspot.com http://arquitectostik.blogspot.com http://xentemiuda.blogspot.com

O proxecto será revisado ao final do curso tentando mellorar aspectos como a formación do profesorado e as infraestruturas dispoñibles así como difundir o proxecto entre o alumnado, as familias e a comunidade xeral, de maneira que se fomente a súa participación nel.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Unha visita especial O xoves 15 de abril, os rapaces e rapazas do 2º Ciclo de Primaria, fomos visitar o Museo de Historia Natural Luís Iglesias. Estaba distribuído en tres salas; o guía, Dani, explicounos o que había en cada unha delas. Na primeira sala, o primeiro que vimos foi unha enorme tartaruga mariña; Dani díxonos que esas tartarugas van poñer os ovos a praias calurosas, como as do Caribe, entérranos na area, abandónanos e volven a auga antes do mencer; cando as crías saen do ovo, intentan ir para a auga, pero algunhas morren no camiño, pois cómenas as gaivotas ou outros depredadores.Nesta sala había fauna dos distintos continentes. Fixámonos especialmente no enorme cóndor, no ornitorrinco, no canguro, no tigre, na pantera, no puma, no colorido tucán e no paxaro máis pequeno de todos, o colobrí...Todos estes animais estaban disecados; en cambio, os peixes e os anfibios, estaban en botes con formol.Tamén había curiosidades como unha cabeza humana reducida, unha momia, animais con deformidades... Cando pasamos a segunda sala, o guía díxonos que alí estaba representada a fauna de Galicia e o seu ambiente natural.Vimos coellos, lebres, lobos, raposos,esquios,garzas, aguias, mouchos, curuxas,etc. Dani, propúxonos buscar a ave que era tan presumida que tiña a parte de arriba dos ollos de cor vermella e plumas polas patas, para protexerse do frío; pronto a atopamos, era a pita do monte.Díxonos que estaba en perigo de extinción, por iso, nós nunca a tiñamos visto viva. Nunhas vitrinas había crustáceos, bolboretas e outros insectos,esponxas e corais. Na terceira sala, sorprendeunos a gran cantidade de minerais que alí había: ópalo, pirita, calcopirita,fluorita,cuarzo, ágata, ouro, un meteorito, moas de mamuts fosilizadas...Nun recanto desta sala estaban setas, plantas carnívoras e tamén as flores da planta do algodón, que nós non coñeciamos, xa que non é unha planta de por aquí. Finalmente, estaba programada unha actividade relacionada coas árbores do Campus, pero non se puido facer, porque cando saímos, empezou a chover. Que mágoa! Con todo, foi unha visita entretida e de interese. Gustounos moito!

4º Curso de Ed. Primaria.

28



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Porta de Mazarelos por Abel Fernรกndez Otero

30



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

32


A FESTA DOS MAIOS A chegada da primavera foi celebrada desde tempos remotos por todos os pobos. Galicia celebra en todas as súas comarcas a tradición dos Maios, na que se elaboran con plantas e flores as figuras representativas, ardonadas de froitas con prediominio da cor. Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura. O que si queda claro é que os maios xurdiron como un rito que buscaba a obtención de boas colleitas ao coincidir coa chegada da primavera, polo que se trata dunha tradición enimentemente agrícola. Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que fan referencia a calquera feito social que acontecese no último ano. As coplas recítaas unha persoa desde dentro do propio maio, e a xente que está fóra replica coas mesmas verbas. Coas coplas acontece igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estruturas, figuras e variantes. O que si é igual en toda Galicia, é a relación que hai entre os maios e os nenos, que son os protagonistas destas festas. Eses maios que todos os anos percorren as rúas de Pontevedra, Ourense. Redondela, Sanxenxo, Santiago de Compostela, etc... O nome do mes atribúese á deusa romana Maia, cuxo festival celébrabase neste mes.

ALGUNHAS MANIFESTACIÓNS PROPIAS DESTE MES Como pasa con outras moitas festas, non se celebraba, nin se celebra, por un igual en toda Galicia, pois hai bisbarras que conservaron ao longo dos séculos as súas tradicións, mentras que outras se perderon. O mes de maio podían ser de dúas clases, aínda que moitas veces é difícil saber con seguranza cando é unha ou outra: as manifestacións agrarias ou propiciatorias e as manifestacións lúdicas ou festivas.

AS MAIAS Aínda que hai casos en que tamén interveñen nenas, os maios son -eran- máis propios de varóns, mentres que

as

mulleres

soían

vestirse

de

maias.

Actualmente, e dende hai algúns anos, actúan no mesmo grupo nenas e nenos. Este mes de maio é o mes das flores, cando os paxariños ven ós seus amores.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

BARCOS DE MAIO Neste caso fan un barco pequeno, que levan sobre unhas rodiñas, todo el de paus e cartóns, ben pintado e adornado con bandeirolas e flores. As coplas soen referirse a feitos mariños. A música tamén é diferente á dos normais. Tampouco dan voltas arredor do maio nin se agacha o solista senón que se poñen a babor ou a estribor, dependendo de onde estean os espectadores.

No noso colexio tamén celebramos o maio construindo un entre os nenos e nenas do colexio. Facémolo con: fiuncho, pampillos, cartuchos e outras flores. Arredor del cantamos e bailamos.

Este ano non puidemos facer un maio colectivo pero confeccionamos un pequeneiro para que alegre o colexio e poder festexar ao seu lado a chegada da primavera e a festa das letras.

Clase de 6º: Alejandro, Álex, Daniel, Iván, José Manuel, Manel, Miguel, Paula eRubén,.

34



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Arredor de Uxío Novoneyra 2º curso de Educación Primaria

36



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

38



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

40


A nosa historia no colexio 6º curso de Educación Primaria Ímosvos falar do máis importante que ocorreu no colexio ao longo destes anos nos que nós estivemos aquí. Dende que nós , alumnos e alumna de sexto de E.P. íamos en educación infantil ate agora,

o colexio cambiou moito

• Cortáronse árbores porque tapaban a iluminación do colexio. • Arreglouse a fachada do colexio. • Botouse cemento nalgúns sitios onde antes había grava. • Pintáronse aulas. • Reformouse a biblioteca. • Arreglouse o parque infantil debido a que antes era algo perigoso. • Retiráronse canastras de baloncesto e puxéronse outras novas. • Ampliáronse e renováronse os ordenadores. • Cambiouse o escenario. • Púxose conexión a Internet nas aulas. • Renovaron o enreixado do campo de sexto.

Na escola tamén aconteceron uns

sucesos difíciles de crer. • Caeu unha árbore diante do colexio e veu a T.V.G. a grabar e os bombeiros de Santiago a cortar a árbore. • Inundouse a entrada debido ás intensas chuvias. • Pariu unha ovella diante dos nosos ollos. • Saltaron cabras o recinto e estiveron no patio do colexio. • Rompéronse portas. • Houbo un torneo de futbito.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

viñeron uns xeniais artistas que nos fixeron rir a esgalla ou pasar uns momentos inolvidables.

• A escritora Mar Guerra, autora de “Xenaro e o misterio da mochila verde”. • O escritor e ilustrador Anxo Fariña, autor dos libros de “Os Megatoxos”. • Contacontos. • Magos. • Músicos.

• Un alfareiro de Lestrove. • Médicos Sen Fronteiras. • O LOBELLE, un gran equipo de fútbol-sala. • Instalaron un planetario inchable para ensinarnos os planetas. • Visitáronnos os antigos compañeiros que agora están no instituto.

No colexio non só é estudar e traballar, tamén facemos unhas

divertidas e interactivas saídas.

• Fomos a Marcelle Natureza e vimos uns animais sorprendentes. • Camiñamos ata a Igrexa de Marantes ou subimos andando ao Monte Pedroso e alí pasamos un día de xogos e diversión. • Visitamos a Coruña: Casa das Ciencias e o seu Planetario, Casa do Home e o Acuario; serviunos para ampliar os nosos coñecementos das ciencias da natureza e alí pasamos un día de xogos e diversión. • Fomos a sesións de teatro e de monicreques. • Fomos a espectáculos musicais e de maxia no Auditorio de Galicia. • Fomos galería Sargadelos a sesións dontacontos e a aprender a creare un conto. • Fomos a unha actividade de Compostela Medieval na que percorrimos a zona vella e representamos escenas medievais.

42


Celebramos unhas fenomenais festas. • • • • curso. • •

Magosto. Día da paz. Día do libro. Festivais de Nadal, Entroido e Fin de Os maios. Día das bibliotecas.

• •

Día de Europa. Desfile de Entroido e Xuízo do Meco.

AS NOSAS OPINIÓNS Nós, alumnos e alumna de sexto pensamos que se poderían cambiar unhas poucas cousas. • Poderíase cambiar a “Hora de ler” de despois do recreo á primeira ou segunda hora da maña, porque ao vir do recreo vimos cansados e con calor e non temos ganas de ler. • Pensamos que o programa da “Mochila viaxeira” está moi ben, e que estaría ben que nos deixaran elixir a nós os libros.

COUSAS QUE APRENDIMOS • • xuízo, • • •

Aprendimos a xogar a xogos tradicionais. Coa axuda d@s profesor@s aprendimos a facer o Maio. a facer o Meco e facerlle o a facer traballos no ordenador. Un oleiro de Lestrove deunos unha clase para aprender a facer un xarrón de arxila. A comer san e variado (peixe, froita, verduras...).

En fin... seguro que nos quedan moitas cousas no tinteiro pero... o que é polo de hoxe...

Imos rematando... Clase de 6º: Iván, Manel, Alejandro, Miguel, Rubén, Paula, Daniel, José Manuel e Álex.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

UN ENCONTRO CON ANXO FARIÑA O día 18 de maio visitounos o escritor e ilustrador Anxo Fariña, que é o creador dos “Megatoxos”.

Veunos falar sobre o libro: “Os Megatoxos e os templarios da luz” . O libro trata sobre uns rapaces e rapazas que adquiren poderes por culpa dun “toxo radiactivo” . Estes rapaces están de viaxe de estudos e lévanse mal entre eles. Eles,queren desfacerse deses poderes e para iso,teñen que axudarse mutuamente. Todo este lio, fainos chegar a París e ate a salvar o mundo enteiro. Anxo díxonos que dunha pequena cousa pódese crear toda unha historia, pero tamén nos dixo que non era nada fácil facer un libro, que leva o seu tempo. Finalmente, firmounos os libros e dedicounos un dos personaxes dos “Megatoxos”(“Faísca”) para poñer na nosa biblioteca .

O encontro pareceunos moi interesante e interactivo. Clase de 6º: Miguel, Iván, Rubén, Paula, Daniel, Álex, Alejandro, Manel e José Manuel.

44


A cabra de Felitos 6º curso de Educación Primaria

O día 23 de abril, Día Internacional do Libro, lémoslle a compañeiras e compañeiros de 1º, 4º e 5º o conto “A cabra de Felitos” de Alfonso Álvarez Cáccamo. Tío Felitos tiña uns cincuenta anos. Era dono dunha cabra de nome descoñecido, e el mesmo tamén tiña cara de cabra cun queixo rematado nunha pera. Levaba unha boina que case lle tapaba os lentes redondos. Sempre se apoiaba nun groso bastón que remataba nunha goma negra para evitar escorregaduras.

Manoliño e eu non tiñamos nada contra Felitos; só lle tiñamos medo porque erguía o seu bastón desafiante, e berraba que nos ía fender a testa con el, sentado nunha pedra do sendeiro do campo que conducía a nosa escola.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Teño que recoñecer que nós non eramos inocentes. Pero nós non comezaramos a guerra. Eu pasaba pola casa de Manoliño para irmos xuntos á escola e a esas horas xa estaba alí Felitos, sentado na súa pedra, a liar un pito de picadura, e xa estaba alí a cabra, desafiante, coa pata amarrada a corda. Manoliño , aínda cos refugallos das galletas María Fontaneda na boca, nada máis velos, berráballe á cabra, chimpaba, emitía sons estraños, asubiaba até conseguir enrabechala, mentres eu axexaba os movementos do tío Felitos por se tiña proxectís preparados. Entón a cabra reaccionaba cunha carreira furibunda cara nós.

Felitos maldicíanos trazando círculos co bastón no aire. Contra a ofensiva do exército caprino, nos utilizabamos a estratexia do desgaste desde o noso territorio cada vez máis arriscado nos limites, mellorando a cotío a nosa valentía, estantíos fronte á arremetida do animal que viña bufando. De súpeto a pata traseira víase freada pola corda e a cabra, cos cornos arelantes de tuparnos, a menos de un metro de nós, caía ao chan, beaba e ollábanos con dureza e desconcerto.

.

46


Unha maña, fun buscar ao meu amigo a súa casa, pero ninguén me abriu a porta. Na ora do recreo xa se sabía que polo visto a Manoliño atropelarao un coche por que o meu amigo, cando regresaba a súa casa na véspera, chimpara desde o campo ate a estrada e o condutor do automóbil que, afortunada mente, ía amodo, non tivera tempo de frear porque o rapaz caera encima do capó.

Despois de merendar fun ver ao meu amigo. Abriume a súa avoíña pero de súpeto saíu pola porta da saliña, na que adoitaba zurcir calcetíns aquela doce avoa, a sinistra caprina de Felitos(pobre Felitos!-exclamo agora con tenrura) que fora interesarse pola saúde de Manoliño. Moito mais non lembro, que berrei “Felitos!” co pavor de atopar ao inimigo no noso territorio.

Saín coma un disparo pola porta que estaba entreaberta e escoitei o son agudo do freazo dos pneu-máticos dun co-che. Despois vin estrelas, estrelas, estrelas e invadiu-me unha maré negra tras os ollos.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Durante tres semanas Manoliño e eu, camiño da escola, escaiolados ambos por desgraza nos brazos esquerdos -e digo “por des graza” porque podiamos escribir- saudamos con cerimonia, co brazo dereito, aos nosos vencedores, a Felitos e a súa cabra sen nome, porque estaba claro que gañaran a guerra e nós asumimos a derrota.

A finais de maio pouco antes de rematar o curso, os catro asinamos a paz definitiva, e fixémonos amigos. A cabra deixouse acariñar a chiva. Felitos non, pero regalounos unha bolsa de caramelos que decidimos enterrar no campo para sementar entre todos unha paz duradeira…

…e pilín pin pin, este conto chegou ao eu fin. Clase de 6º: Rubén, Daniel, Alejandro, Iván, José Manuel, Miguel, Álex, Manel e Paula.

48


Saúdo da ANPA Un ano máis o curso académico está chegando ó seu fin, e como lembranza perdurable deste ano que pasou, o profesorado deste centro agasalla a comunidade educativa cun novo número da revista Furabolos. Esta revista, aínda que en principio non fose ese o seu fin, acaba sendo para os nosos fillos e fillas (e para as familias) unha lembranza do curso que acaba. Resulta, sen dúbida, especialmente agradable volver a follear as revistas de anos pasados e revivir as lembranzas que agachan, a través das colaboracións do alumnado e especialmente en forma de fotos. Desde a Xunta Directiva da ANPA temos que agradecer ó profesorado o seu traballo para levar a cabo esta iniciativa anual, que permite que os nosos nenos e nenas vaian tendo unha hemeroteca de lembranzas dos seus anos de permanencia nesta escola. Este ano, o labor desta Xunta Directiva foi continuista respecto ó feito o curso anterior: continuáronse ofrecendo as actividades do ano pasado, aínda que esta vez baixou considerablemente o número de participantes. Cremos que pode ser boa idea ofrecer algunha nova actividade para o próximo curso, quizais isto faga que os nenos se ilusionen por probar algo diferente. Probablemente a maior novidade dentro do labor da ANPA se levou a cabo no Nadal, coa vinda dos Reis Magos á escola. Cremos que os nenos se ilusionaron moito con esta visita, especialmente os máis novos. E unha vez máis temos que agradecer ó centro as facilidades para levar a cabo esta actividade e tamén a colaboración de varios pais e nais para a súa organización. Nun plano máis negativo, a comunidade educativa tivo que loitar este curso coa escaseza de nais-pais colaboradores no comedor escolar. Foi este un problema que nos perseguiu durante todo o curso e que segue ser resolverse, xa que actualmente hai menos colaboradoras das necesarias. O comedor puido funcionar grazas ó traballo de varias nais que axudaron e axudan día a día de xeito altruísta, xa que a percepción económica que reciben é insignificante. Esta claro que o que as motiva a realizar este labor é o ánimo de axudar e ver que o servizo de comedor funciona e se mantén. Polo tanto, non podemos menos que agradecer o seu esforzo. Esperemos que para o ano que vén se solucione este problema de carencia de colaboradoras/-es, pero para iso é necesario a colaboración de todos nós, cada un dentro dos límites das súas posibilidades. Precisamos todos que aquelas nais e aqueles pais que poidades dispoñer de tempo no horario do comedor escolar ofrezades este tempo para que o servizo siga funcionando, e agradecemos de antemán que vos decidades a facelo. E xa a modo de remate, queremos deixar constancia do noso agradecemento á dirección, profesorado e persoal do centro polas facilidades que sempre nos deron para levar a cabo calquera iniciativa e aproveitamos esta oportunidade para desexar un feliz fin de curso a toda a comunidade educativa. Esperamos contar coa colaboración de todos novamente a partir do mes de setembro, cando os nosos fillos e fillas volvan acudir con ilusión á escola para subir un chanzo máis na súa formación como persoas. Recibide un saúdo. A Sionlla, maio de 2010 A Xunta Directiva da ANPA da Sionlla


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Pasatempos con Uxío Seminario Galán

50



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

52



Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Fixémolo nós Educación Infantil, 3 anos

Paula Rodríguez, Lucía Fernández, Iria Mata, Daniel Blanco e Javier Piñeiro. Natalia Domínguez, Adrián Doce, Yago Rodríguez, Maika Martínez e Uxía Seoane. Jacabo Giadáns, Samuel Otero, Ana Boo, Rodrigo Mallo e Alba Vidal. Educación Infantil, 4 anos

Lorena Viqueira, Begoña Calviño, Guillermo del Río, Álvaro Viqueira e José Balsa. Lucía Riveiro, Alba Martínez, José Mª Montero, Andrea Chico e Carlota Sánchez. Carmen Portos, Alba N. Barreiro, Brais Neira, María Pampín e Nerea Martínez. 54


Educación Infantil, 5 anos

Cristina Cendón, Iván Viqueira, Xoel Garabal, Óscar Iglesias, Juan C. Mosquera, Anxo Varela e Manuel Iglesias. Aida Otero, Adrián Cotón, Xiana Piñeiro, Sara Mata, Iria Rodríguez e Javier Rodríguez. Brais Iglesias, Santiago Garea, Hugo Pérez, Mónica Otero, Nicolás Garea e Laura Mallo. 1º de Educación Primaria

Mª José Granja, Alejandro Iglesias, Héctor Insua, Sheila López, Alicia Martínez e Lucas Pérez. Ariadna Barral, Naiara Candelero, Sandra Domínguez, Yago García, Lara González, Guillén González e Uxía Martínez.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

2º de Educación Primaria

Iria Lorenzo, Fátima dos Santos, Alicia Rodríguez, Lucas López, David Ponte e Miriam López. Enrique Calviño, Gael Garabal, Yaiza Álvarez, Laura Rodríguez, Álex Mallo e Tania Domínguez. 3º de Educación Primaria

Alejo M. Corsaro, Ahinoa Castelao, Edenia V. Cornejo, Nerea Suárez, Raúl López e Martín Sende. Antonio Moscoso, Noelia Prado, Marta Bermúdez, Elías Domínguez, Carmen León e Pablo Chico. 56


4º de Educación Primaria

Brais Otero, Nuria Vilares, José E. dos Santos, Esteban Viqueira e Miguel Blanco. Francisco Candelero, Manuel Granja, Eva Carollo, Pedro Pérez, Uxía León e Yadhira González. Alejandro Vila, Daniel Martínez, Antía Ferreiro, Miguel A. Mosteiro, Patricia Otero e Martín Platas. 5º de Educación Primaria

Vanesa Cotón, Richard Sousa, Adrián Vieites, Miguel A. Suárez, Daniel Ferreiro e Gustavo López. Paula Calvo, Sara Couselo, Aldara González, Álvaro García e Miguel U. Cornejo. Lucía Liñares, Nerea Fernández, Leticia Sismonde, Rocío Villaverde, David Ferreira e Óscar Montero. Roberto Fernández.


Furabolos

CEIP Arquitecto Casas Novoa

E nós ... xa nos imos despedindo. 6º de Educación Primaria

Paula Riveiro, Iván Estévez, Alejandro Prado e Miguel Ponte. Alejandro Dopazo, Rubén Domínguez, Manel Rey, Daniel Domínguez e José Manuel Martínez.

58


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.