Furabolos 2011

Page 1

Daniel Ferreiro Pena . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Sumario Outras portadas 2 Historias dos máis pequenos 4 A figura humana na arte 7 As nosas poesías 11 Lois Pereiro 14 Día das Letras 16 O día 18 Humberto 19 O pallaso que facía todo ao revés 20 Tania aprende a patinar 21 Agora unhas poesías 26 Os músicos de Bremen 27 Preguntas e respostas 28 Chistes 29 O bisavó 30 Os pais 31 Os nosos devanceiros 32 O desastre de Xapón 33 O sabor da aventura está no mar 34 Visita do Conservatorio Histórico de Santiago 35 O universo 36 Gastronomía 38 Saúdo da ANPA 40 Pasamos o tempo con Lois 41 Autores e autoras 45

2


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

Outras portadas

Aya Khayrou. EI 3 anos.

LucĂ­a Riveiro. EI 5 anos.

3


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Anxo Varela. 1º EP.

Lara González. 2º EP.

Alicia Rodríguez. 3º EP.

Marta Bermúdez. 4º EP.

Uxía León. 5º EP. 4


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

5


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

6


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

Nenos e nenas de Educaci贸n Infantil de 3 anos 7


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

8


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

9


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

10


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

11


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

As nosas poes铆as Educaci贸n Infantil 5 anos

12


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

13


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

14


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

15


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

16


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

Día das Letras 2º curso de Educación Primaria

17


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

18


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

O Día 3º curso de Educación Primaria

O día adiante, o día atrás... ¡NON ME ACORDA! ¡Tíñao na punta da lingua... pero non me sae! O día sae nun compás. De com en pas, de com en pas e corre en “car” e corre en carro con cabalos arrancando ¿ando?, ¿cando? Da mañá ata o luar. Texto: Álex, Alicia, David, Enrique, Gael, Iria, Laura, Lucas, Miriam, Tania e Yaiza. 19


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Ilustración: David.

Humberto 3º curso de Educación Primaria Había unha vez un neno chamado Humberto. Humberto e seus pais eran moi pobres, tan pobres que nin sequera tiñan casa. Pola noite, durmían nun portal. Ata que un dia, non viron ningún portal aberto e tiveron que durmir fóra e, como estaba chovendo, molláronse todos. Ao dia seguinte, cando espertaron, tiveron que buscar nos colectores do lixo o seu almorzo, porque tamén pasaran dous dias sen comer e estaban famentos. Pero chegou un día no que atoparon un bo home que se chamaba José. José tiña moita comida e Humberto preguntoulle: —¿Danos un pouco de comida a min e a meus pais? —Si –contestoulle José. Humberto e seus pais comeron. Cando acabaron de comer Humberto díxolle a José: —Moitísimas grazas, José. —De nada –contestoulle– ¿ Queredes vir á miña casa? —Si –contestou Humberto. Humberto e os seus pais foron a casa de José. Chegaron de noite. Metéronse dentro da casa, cearon e foron para cama. Humberto díxolle a José: —Moitas grazas. José contestoulle: Grazas a vós porque aquí eu so aburríame e, ao tervos, xa non me aburro. —Boas noites –dixo Humberto. —Boas noites –contestoulle José. Ali, na casa de José, Humberto e os seus pais non volveron a pasar fame, sede ou frío nunca máis.

FIN

Texto: Miriam. Ilustracións: Tania, Miriam e Iria. 20


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

O pallaso que facía todo ao revés 3º curso de Educación Primaria

Había unha vez un pallaso que se chamaba Laso. Laso traballaba no circo,o único problema de Laso era que facía todo o revés.Chegou o momento do espectaculo.Laso foi a donda o xefe e dixo-lle: -Sinto moito xefe pero non ensaiei nada . O xefe contestou: -Eu tamén o sinto moito pero téñote que despedir. Laso suplicoulle: -Por favor,non volverá pasar.

Laso foi moi triste á rúa. Non tiña a ninguén... nin comida, nin bebída... Pero foi increible Laso viu un pallaso depedído como el, chamado Nacho. Nacho dixolle: -Por que estás tan triste, Laso? Laso contestou: -Porque o meu xefe despediume. -A min tamen me despediu. Nacho díxolle: -Queres vivir comigo? Laso suplicou: -¡¡Si!!,¡¡Si!!

Recuperaron o traballo. E viviron felices e comeron perdices. FIN Texto: Laura e Alicia. Ilustracións: Alicia e Laura. 21


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

22


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

23


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

24


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

25


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Idea e realizaci贸n: Yaiza 3潞 Educaci贸n Primaria

26


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

Agora unhas poesías 3º curso de Educación Primaria

AS CIDADES

Ola Santiago síntoo pero voume a Vigo aí está a miña familia e aí divírtome.

Ola Vigo síntoo pero voume a Santiago aí está a miña familia e aí divirtome.

AS PARELLAS

Esa é unha árbore e eso un arbusto e xuntos fan un bo gusto. Pasou unha aguia e hai unha gaivota e xuntas van a Zamora. Eu teño un cabalo e unha besta e xuntos van a festa.

Texto e ilustracións: Iria 27


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Os músicos de Bremen 3º curso de Educación Primaria Había unha vez un burro que escoitou dicir aos seus donos que o ían matar porque xa no servía para traballar. Á mañá seguinte, o burro marchou decidido a buscar outra casa. Cando o burro xa andara bastante, atopouse cun can triste e deitado. O burro preguntoulle: —Que che pasa? —Que os meus donos quérenme matar. —A min pásame igual ‒dixo o burro‒. Pois podemos facer realidade o meu soño, que é tocar na banda dos músicos de Bremen. Ti queres vir comigo? —Si, quero ir contigo. Así que andaron un pouco, encontráronse cun gato triste e chorando. O burro e o can dixéronlle: —¿Que che pasa? O gato respondeulles: —Os meus donos quérenme matar. O can preuntoulle: —¿Queres vir con nós tocar na banda dos músicos de Bremen? O gato respondeulle: —Si, así polo menos sácame a tristeza . E alá foron os tres. Cando xa andaran moito e estaban cansos, atopáronse cun galo. O galo estaba desesperado porque os seus donos queríano matar. O burro, o can e o gato dixéronlle: —¿Queres vir con nós tocar na banda dos músicos de Bremen? O galo respondeulles: —Si, así poderei ser famoso. Seguiron camiñando e dalí a un pouco encontraron unha casa coa luz acendida. Achegáronse un pouco e había 2 ladróns que facían tanto barullo que se asustaron. Pero o can dixo: —Non hai que asustarse. Todos estaban de acordo. O gato propuxo un plan para asustar os ladróns. Colleron instrumentos para facer moito ruído. Os ladróns tiñan tanto medo que marcharon correndo. O burro, o can, o gato e o galo quedaron na casa. Xogaron, comeron e durmiron. Ao día seguinte seguiron andando e chegaron a un pobo chamado Bremen. Alí, nunha esquina do pobo había moitas persoas, e decidiron tocar alí. Colleron os instrumentos é empezaron a tocar “A banda dos músicos de Bremen”. Á xente encantoulle a súa música e botáronlle moedas. O burro,o can, o gato e o galo quedaron moi contentos. E así, conseguiron o seu soño. FIN Adaptación realizada por Yaiza, Álex e Enrique. Ilustracións de Álex, Enrique e Yaiza. 28


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

Preguntas e respostas 3º curso de Educación Primaria 1-¿Os dinosauros pertencen a mesma especie dos? A.Réptiles B.Aves C.Mamíferos 2-¿Os dinosauros son? A.Ovíparos B.Vivíparos C.Ovivíparos 3-¿Que comían os dinosauros herbívoros? A. Carne B. Herba C. Sementes 4-¿Contra que chocou o Titanic? A. Iceberg B. Praia rochosa C. Acantilado 5-¿ Cantos cascos ten un catamarán? A. Un B. Dous C. Tres 6-¿ Cal é o único mamífero que pon ovos? A. Ornitorrinco B. Elefante C. Aguia 7-¿ Cal foi a orixe do universo? A. A gravidade B. Un furado negro C. O Big bang

Respostas 1-A, 2-C, 3-B, 4-A, 5-B, 6-A, 7-C

Preguntadores: Gael e David. 29


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Chistes 3º curso de Educación Primaria

Era un home tan lento, tan lento, tan lento... que ata un caracol morto lle ganaba.

Era un trasno, tan trasno, tan trasno... que cando a trasnou xa, a palmou.

Era unha árbore tan baixa, tan baixa, tan baixa... que as demais árbores dicíanlle “ola, pequeñaja”.

Estes inventámolos nós. Agora van algúns de Lepe que escolleu Lucas.

¿Sabes por que en Lepe non hai perruquerías? ¡Porque xa están fartos de que lles tomen o pelo!

Había en Lepe unha bruxa tan moderna que no canto de voar en vasoira voaba nunha aspiradora.

30


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

O bisavó 4º curso de Educación Primaria O meu bisavó naceu no ano 1.926 na provincia de Ica, en Lima (Perú). Dende moi pequeno, criouse cos seus pais e co seu irmán nunha finca moi grande onde tiñan moitos animais: cabalos, porcos, patos, burros, vacas… Neses tempos non había luz eléctrica, só se iluminaban con candeas.

O

seu

medio

de

transporte eran unhas carretas tiradas por burros. A xente tiña que ir lavar a roupa nos ríos. Erguíanse moi cedo para muxir as vacas e facer o pan no forno de leña, xa que iso ía ser o seu almorzo. Despois diso, o bisavó ia á escola, onde xogaba ao fútbol, á honda, á bata, ás canicas, ao trompo, etc. Ao chegar á casa xa tiñan feita a comida; gustáballe moito a carapulcra, papa rellena ou yuco con charqui, pratos típicos de Perú. A súa familia cultivaba todo tipo de verduras e con elas alimentábanse. Ao morrer os seus pais, trasladouse co seu irmán á capital e alí tomou os estudos de dentista. Co paso dos anos as cousas ían cambiando: xa había luz e auga nas casas, había autobuses… Despois

coñeceu

á

miña

bisavoa,

casaron e tiveron once fillos; tres deles eran mulleres, e unha era a miña avoa, á que quero moito. O meu bisavó morreu no ano 2.004. El queríame moito e xogaba comigo e co meu irmán. Estrañámolo. Edenia e Nerea. 31


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Os pais 4º curso de Educación Primaria Tanto papá coma mamá naceron a finais dos anos sesenta, nun país chamado Argentina, na cidade de Buenos Aires. Ambos vivían en barrios porteños: un en Barracas e outro en Villa del Parque. De pequenos ían a colexios cercanos á súa casa; por iso ían e volvían camiñando. O uniforme da escola era un guardapolvo branco! En cada casa só había unha televisión que era en branco e negro; adoitaba estar na sala ou na cociña e compartíaa toda a familia. No ano 1.978, co mundial de Arxentina, chegaron os televisores en cor e con control remoto. Os teléfonos que había eran fixos e de disco. Coma os avós eran inmigrantes, para comunicarse e ter novas dos seus, en Italia e en España, escribían cartas e enviábanas por correo aéreo. Coma a calquera neno de entón, gustáballes saír a xogar á vereda. Mamá xogaba á soga, ao elástico, con bonecas, ao tinenti con pedras… e encantáballe coleccionar figuriñas de Sarah Kay. Papá xogaba ao fútbol, por suposto!, ás chapitas e ás bolitas. Os dous coinciden en xogar á escondida, ás manchas congeladas,

ao

huevo

podrido e á rayuela. Pero andar en bicicleta era o xogo favorito para os dous. Alejo e Raúl.

Os nosos 32


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

devanceiros 4º curso de Educación Primaria Arredor dos anos 30, cando a miña avoa era pequena, todo era diferente. Aqueles tempos eran tempos máis pobres; en vez de ir á escola tiñan que ir coidar as vacas… pero ás veces ían á escola, e cando chovía tiñan que ir cun saco na cabeza. Non tiñan tantos cartos coma nós para mercar roupa, xoguetes e comida. A xente era máis unida, tanto nas cousas boas coma nas malas. Cando pasaba unha desgraza todos se axudaban moito neses momentos. Pero tamén eran máis unidos nas festas; a familia e os amigos xuntábanse para as celebracións e o traballo: Reis, Entroido, matanza do porco, festa da parroquia, malla… Miña avoa di que agora temos máis cousas pero, se cadra, non somos máis felices. ►►►►► Chegados os anos 60, cando naceu a miña nai, había unha soa televisión para toda a aldea. Estaba nunha das tres tabernas, que eran o lugar de reunión dos veciños. Tamén había a estación, o tren, a leitería… Viviron a súa infancia sen ter a tecnoloxía de hoxe, nin cousas coma o teléfono. Xogaban á mariola, á corda, ao aro… Pasaban as tardes dos domingos na estación do tren, pois eran moitos os nenos que se xuntaban. Agora somos poucos os nenos que estamos na aldea. Para ir ao colexio ían e viñan no tren, pois non tiñan autobús escolar nin outro medio de transporte. Se algunha persoa estaba enferma tiñan que chamar ao único veciño que tiña coche na aldea para poder ir ao médico en Santiago. Cando miña nai foi máis moza ían en grupos, camiñando ou compartindo o coche.

33


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Antonio, Marta, Carmen e Ahinoa.

O desastre de Xapón 4º curso de Educación Primaria En Xapón houbo un terremoto, na zona costeira do Océano Pacífico, o venres, 11 de marzo, que acadou unha magnitude de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de Ritcher. Este país está preparado para afrontar movementos sísmicos e, aínda que moi forte, non tiña porque ser unha grande traxedia. O problema foi que o epicentro do terremoto situouse no mar e provocou un tsunami; a forza do mar e a enorme onda que xerou arrasou, a medida que se adentraba na terra, barcos, coches, edificios…,

producindo

unha

gran

devastación e numerosos mortos e desaparecidos. Foi tal o poder do tsunami que incluso se notou na costa de países tan alonxados de Xapón coma México, Perú ou Chile. A consecuencia dos danos producidos polo terremoto e o tsunami, estropeouse o sistema de refrixeración dos reactores nucleares da central de Fukushima. Foi cando se produciron explosións nos edificios que albergaban os reactores e escapes de radiación ao mar e á atmosfera. Durante moitos días seguiron as réplicas e continúan os problemas na central nuclear. Nós pensamos que este desastre foi moi triste porque morreron moitas persoas e aínda hoxe hai milleiros de persoas que non teñen casa ou non poden volver a ela, teñen problemas para ter auga potable, comida ou electricidade, e teñen que sobrevivir en centros de acollida. Martín, Pablo, Noelia e Elías. 34


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

O sabor da aventura estรก no mar 5ยบ curso de Educaciรณn Primaria

Eva Carollo

35


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Visita do Conservatorio Hist贸rico de Santiago 5潞 curso de Educaci贸n Primaria

Texto: Esteban Ilustraci贸n: Pedro

O Universo 36


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

6º curso de Educación Primaria O Universo é todo, sen excepcións. Materia, enerxía, espazo e tempo, todo o que existe forma parte do Universo. É moi grande, pero non infinito. Si fóseo, habería infinita materia en infinitas estrelas, e non é así. En canto á materia, o universo é, sobre todo, espazo baleiro. O Universo contén galaxias, cúmulos de galaxias e estruturas de maior tamaño chamadas supercúmulos, ademais de materia intergaláctica. Aínda non sabemos con exactitude a magnitude do Universo, malia a avanzada tecnoloxía dispoñible na actualidade. A materia non se distribúe de xeito uniforme, senón que se concentra en lugares concretos: galaxias, estrelas, planetas... Con todo, o 90% do Universo é unha masa escura, que non podemos observar. Por cada millón de átomos de hidróxeno os 10 elementos máis abundantes son: Galaxias espirais As galaxias espirais son obxectos complexos con varios compoñentes: un disco, un vulto e un halo. Os brazos espirais do disco conteñen gas, po e estrelas novas. O denso vulto no centro do disco contén maiormente estrelas vellas, e non contén gas ou po. O halo é o fogar dunhas cantas estrelas esparcidas, e de racimos globulares. Galaxia espiral barrada Unha galaxia espiral barrada ten un núcleo central atravesado por unha "barra" de estrelas de cuxos extremos parten os brazos espirais. Algúns astrónomos creen que a nosa galaxia é deste tipo. As galaxias espirais e espirais barradas poden ter varias formas, desde enormes núcleos centrais rodeados de firmes brazos a pequenos núcleos e brazos difusos. Aínda que no pasado as espirais e espirais barradas considerábanse como dous tipos distintos de galaxia, actualmente considéranse similares. Galaxia irregular As galaxias irregulares non teñen unha forma concreta. Polo xeral son menos masivas que as outras galaxias e a maioría das súas estrelas son novas e brillantes. Aínda que algunhas teñen zonas de gas luminoso, onde se forman as novas estrelas, a maior parte do seu gas e po interestelar aínda se ha de condensar para formar estrelas. Só un 5% das 1.000 galaxias máis brillantes son irregulares, pero unha cuarta parte de todas as coñecidas son dese tipo. Galaxia lenticular As galaxias lenticulares, ou lenticulares normais, constitúen un grupo de transición entre as galaxias elípticas e as espirais, e divídense en tres subgrupos. Posúen un disco, unha condensación central moi importante e unha envoltura extensa. Inclúen as lenticulares barradas, que comprenden tres grupos: no primeiro, a barra é ancha e difusa; no segundo é máis luminosa nas extremidades que no centro; e no terceiro é xa moi brillante e ben definida. Galaxia elíptica 37


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

As galaxias elípticas poden ter varias formas: desde elipsoidais (unha forma parecida á dun balón de rugby) ata esféricas, pasando por unha gran variedade entre ambas. A diferenza das demais galaxias, nas que o po reflicte a luz azulada procedente das estrelas novas de elevada temperatura, as elípticas son amarillentas porque no seu interior cesou o proceso de formación de estrelas, de modo que case toda a súa luz procede das xigantes vermellas de máis idade. Ata a data tanto as galaxias máis masivas que se observaron, como as menos masivas, son elípticas. Buracos negros A orixe dos buracos negros é suscitado polo astrofísico Stephen Hawking no seu libro de 1988 titulado en español Historia do tempo: do Big Bang aos buracos negros onde explica o proceso que dá orixe á formación dos buracos negros. O devandito proceso comeza posteriormente á morte dunha xigante vermella (estrela de gran masa), chámese morte á extinción total da súa enerxía. Tras varios miles de millóns de anos de vida, a forza gravitatoria de dita estrela comeza a exercer forza sobre si mesma orixinando unha masa concentrada nun pequeno volume, converténdose nunha anana branca. Neste punto devandito proceso pode proseguir ata o colapso de devandito astro pola auto atracción gravitatoria que termina por converter a esta anana branca nun buraco negro. Este proceso acaba por reunir unha forza de atracción tan forte que atrapa ata a luz neste. En palabras máis simples, un buraco negro é o resultado final da acción da gravidade extrema levada ata o límite posible. A mesma gravidade que mantén á estrela estable, empézaa a comprimir ata o punto que os átomos comezan a esmagarse. Os electróns en órbita achéganse cada vez máis ao núcleo atómico e acaban fusionándose cos protóns, formando máis neutróns. O resultado, unha estrela neutrónica. Neste punto, dependendo da masa da estrela, o plasma de neutróns dispara unha reacción en cadea irreversible, a gravidade aumenta exponencialmente ao diminuírse a distancia que había orixinalmente entre os átomos. As partículas de neutróns explotan, esmagándose máis, logrando como resultado un buraco negro: gravidade infinita nun espazo dun tamaño inconmensurablemente pequeno. Cuásares Os Cuásares son obxectos afastados que emiten grandes cantidades de enerxía, con radiacións similares ás das estrelas. Identificáronse na década de 1950. Máis tarde viuse que mostraban un desprazamento a lume máis grande que calquera outro obxecto coñecido. A causa era o efecto Dopler, que move o espectro cara ao vermello cando os obxectos afástanse. Varias son as características distintivas dos cuásares. En primeiro lugar, como o brillo observado de calquera fonte luminosa diminúe coa súa distancia ao cadrado, os cuásares deben ser intrinsecamente moi brillantes, pola contra non poderían detectarse a distancias tan grandes. De feito, a maioría destes obxectos emiten unha enerxía equivalente a varios billóns de veces a que emite o Sol, ou sexa emiten de 100 a 1000 veces máis a luz que unha galaxia enteira. Autor: Gustavo López Barral

Gastronomía 38


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

6º curso de Educación Primaria PRATOS TÍPICOS O caldo galego Chámaselle así a un caldo elaborado con grelos, nabizas, verzas ou repolo xunto con patacas cocidas, unto ou graxa de porco, fabas ou garavanzos e algún ingrediente cárnico, como chourizo, lacón ou panceta cocida. Cócese acompañado de ósos e sérvese como primeiro prato. É unha das comidas máis típicas durante os meses fríos, desde San Martiño, a primeiros de novembro, ata o martes de carnaval. Polbo á galega É costume comelo nas tradicionais feiras de gando e animais e nas festas e romarías. Este prato está formado por polbo cocido aliñado con sal gordo, pimentón e aceite de oliva, acompañado con patacas cocidas. Sérvese un típico prato de madeira e cómese con palillo. Empanadas Son un exemplo dos pinchos e tapas característicos da gastronomía galega. Existen de múltiples variedades: de diferentes masas (de trigo, de millo e de centeo) e recheas de verduras, carnes de todo tipo, peixes e mariscos. Lacón con grelos É un prato que consiste en lacón, touciño, chourizos, patacas cocidas e grelos. Este manxar pódese consumir todo o ano, pero é un prato especialmente típico do Entroido ou carnaval. Desde finais de xaneiro a principios de marzo. ALGÚNS PRODUTOS TIPICOS Pementos de Padrón Os pementos son un elemento básico, tanto á hora de tapear como para acompañar todo tipo de comidas. Dos de Padrón, di o popular refrán “Uns pican e outros non Se adoita aderezar moitísimo sal gordo. Pan de Cea Pan elaborado na zona ourensá de San Cristóbal de Cea. A panadería é a principal actividade deste concello, á que se dedican máis de vinte fornos que elaboran este famoso produto, é un pan de trigo cocido en fornos con máis de cen anos. Sobremesas e queixos Son de destacar a tarta de Santiago e as filloas que adoitan ser doces e consistentes, en moitos casos elaborados con caldos de carne, tamén se pode facer de sangue. As filloas adoitan presentarse moi azucaradas, e en ocasións acompañadas de mel, nata montada, ou reenches de crema ou chocolate.

39


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

A castaña é outro alimento típico, e aínda que moi usada como sobremesa cando chega a época, o seu uso non se limita unicamente a sobremesas, dado que se pode comer tamén asada, como guarnición para chourizos, carnes e pratos de caza. Este produto servía para paliar o fame antes de que a pataca ou o millo fosen traídos de América. Queixo de Arzúa: o máis famoso é o coñecido queixo de tetilla, que toma o seu nome da peculiar forma que recorda a un peito. Ademais desta variedade podemos atopar o queixo de Ulloa que adoita ser de forma cilíndrica; queixo de San Simón, este é típico da provincia de Lugo e é afumado e semicurado; queixo do Cebreiro que é propio das zonas fronteirizas con León e Zamora é moi fresco e se suele acompañar de marmelo. BEBIDAS Viños Galicia é moi coñecida polos seus viños, xa en épocas do Imperio romano se exportaban a Roma para as celebracións imperiais. Os viños galegos caracterízanse sobre todo pola alta calidade dos seus brancos afroitados e os seus tintos de moderada maduración, entre os que cabo destacar: Albariño: é un viño branco que se utiliza especialmente para acompañar os mariscos. Ten un gusto lixeiro e afroitado. Hoxe en día comercialízase baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas, dentro desta denominación tamén atopamos o Condado , Salnés e Sotomayor. Ribeiro: son os ideais para acompañar carnes de todo tipo; é propio das Ribeiras do Sil e do Miño. Entre eles é moi apreciado o Amandi, orixinario do municipio de Santa María de Amandi. Augardentes e derivados O augardente , tamén coñecida como orujo e nalgunhas partes de Galicia como cana si é branca, é unha bebida de alta graduación, adóitase consumir en forma de chupito logo dunha comida ou mesturado con café. Dentro desta atopamos tres variedades: o augardente branco que é o augardente sen máis cuxa produción estender a toda Galicia; augardente de herbas que adoita ser de cor verdoso e obtense poñendo a macerar herbas e froitas no augardente ata que colle o seu sabor; augardente tostada que se obtén da maceración no augardente dunha mestura de froitos secos, herbas e froitas. Queimada: é unha mestura de augardente branco, azucre, froitas e grans de café. Para a súa preparación colócase nun recipiente de barro no que se poñen todos os ingredientes sendo o augardente o último, énchese un cullerón de augardente e préndeselle lume, incorporándoo ardendo ao recipiente para que peza toda a mestura e vaise removendo para que se disolva o azucre. Licor café: é unha bebida derivada do augardente mesturada con grans de café, azucre e un pouco de canela. Esta mestura deixase macerar uns quince días durante os cales débese de remover a mestura unha vez ao día; transcorridos os quince días cóase a mestura e así se obtén este licor tan coñecido e cada vez máis demandado. Álvaro García Cuns

Saúdo da ANPA 40


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

Estimadas familias: Non por moito repetilo deixa de ser verdade o feito de que o tempo pasa con moita rapidez, proba diso é que xa estamos de novo no remate dun novo ano académico. Parece que foi onte (como din os vellos) cando comezou o curso, e estamos a piques de despedilo. Consecuencia diso é tamén que os nosos fillos e fillas teñen un ano máis e van camiñando con paso firme cara á meta de facerse adultos ben formados en coñecementos e valores. E como chega a fin do ano académico, tamén chega ás nosas mans un novo número da revista Furabolos, que acaba sendo a crónica do curso que acaba, e co paso do tempo tamén ha de se converter na lembranza gráfica do ano académico que estamos a rematar. Agora que o curso toca a súa fin, vennos á mente que é momento de despedidas, despedida especialmente das alumnas e alumnos de 6º de primaria, que deixan de ser xa tan nenas e nenos e teñen que converterse en algo máis adultos para poder enfrontarse a un novo espazo educativo, o instituto, espazo que en principio lles ha de parecer hostil, pero que de contado han de ver nel a súa nova casa, igual que o foi o noso colexio durante oito ou nove anos. Desde aquí queremos mandarlles unha despedida agarimosa que en principio nos entristece, pero que tamén nos aleda porque vemos que van medrando como persoas e poderán sen dúbida enfrontarse cunha boa bagaxe formativa á etapa que agora os agarda, grazas especialmente ó labor dun profesorado que os soubo guiar por bo camiño durante todos estes anos. Na parte oposta a esa despedida temos tamén a perspectiva das benvidas que teremos que dar no setembro próximo a unha nova “fornada” de nenos e nenas de 3 anos, que coñecerán por primeira vez a nosa escola. Tratase sen dúbida dun numeroso grupo de alumnas e alumnos, tan numeroso que será preciso crear unha nova unidade de educación infantil. Este aumento de alumnado poderá ser xulgado desde perspectivas diferentes, pero desde esta Xunta Directiva da Anpa queremos velo como o resultado de que neste centro se están a facer ben as cousas por parte do seu persoal docente e non docente, o cal fai que cada vez máis familias confíen nel para encargarlle a educación dos seus fillos e fillas. Polo tanto é para nós algo moi positivo ver como aumenta o alumnado e aumentará o número de familias que formarán parte desta Anpa e que, sen dúbida, colaborarán positivamente para que as cousas sigan funcionando axeitadamente. Despois destas inevitables despedidas e prematuras benvidas de alumnado, cómpre non esquecer os obrigados agradecementos a todos os que colaboraron en que o curso que agora remata chegase ó seu fin sen novidades negativas. Isto logrouse sobre todo grazas á dirección e profesorado do centro, pero tamén grazas ó persoal non docente do centro e ás nais que durante todo o ano, de xeito altruísta, colaboraron no funcionamento do comedor, para que nós puideramos despreocuparnos dos nosos fillos e fillas no momento do xantar. Tampouco podemos esquecer o agradecemento a todas as familias do alumnado que, dun xeito ou outro, colaboraron coa Anpa e co centro. Quede tamén constancia dun agradecemento especial ó profesorado que ano tras ano leva a cabo a confección da revista Furabolos e de quen, dun xeito outro, colabora nela. Aínda que tinguido pola crise, imos entrar nun novo verán que será tempo de lecer e descanso para as nosas fillas e fillos, e que tamén terá algún momento de vacacións para moitas das nais e pais. Despois dese verán volveremos a atoparnos nun novo curso e nunha nova etapa e, para enfrontala da mellor maneira posible, é necesaria a colaboración de todos. Alí vos esperamos ós de sempre e ós novos que cheguen, e esperamos que a Xunta Directiva desta Anpa se vexa reforzada por novas persoas, novas caras e novos folgos. É preciso coma sempre a colaboración e a ilusión de todos para seguir adiante. Grazas a todas e todos e bo verán. A Sionlla, maio de 2011 A Xunta Directiva da ANPA da Sionlla

41


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Pasamos o tempo con Lois Seminario Galรกn

42


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

43


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

44


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

45


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Autores e autoras Educación Infantil, 3 anos

Aya Khayrou, Ainhoa Barral, Aarón Rey, Nuria Suárez, Naiara López e Naira Vázquez. Uxía Otero, Brais Muíño, Lucía Sande, Nerea Pinto e Eva Viqueira. Pablo Padilla, Noa Sánchez, María Míguez, Alejandro del Río, Darío Ferreira, Adrián Domínguez e Óliver Labandeira. Educación Infantil, 4 anos

Uxía Soane, Natalia Domínguez, Paula Rodríguez, Iago Rodríguez e Javier Piñeiro. Daniel Blanco, Rodrigo Mallo, Ana Boo, Jacobo Giadáns e Iria Mata. 46


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

Samuel Otero, Lucía Fernández, Maika Martínez e Adrián Doce.

Educación Infantil, 5 anos

Alba Martínez, Lorena Viqueira, Álvaro Viqueira, Guillermo del Río, José Balsa e Begoña Calviño. Carlota Sánchez, Brais Neira, Andrea Chico, Nerea Martínez, José Mª Montero e Lucía Riveiro. Alba Nerea Barreiro, Carmen Portos e María Pampín. 1º de Educación Primaria

Cristina Cendón, Juanchi Mosquera, Aida Otero, Iván Viqueira, Anxo Varela, Xoel Garabal e Manuel Iglesias. Brais Iglesias, Xiana Piñeiro, Sara Mata, David Barreiro, Nicolás Garea, Iria Rodríguez e Óscar Iglesias. 47


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

Yago Garea, Adrián Cotón, Hugo Pérez, Laura Mallo e Javier Rodríguez.

2º de Educación Primaria

Ariadna Barral, Guillén González, Yago García, Mª José Granja, Alejandro Iglesias e Alicia Martínez. Lucas Pérez, Lara González, Sandra Domínguez, Naiara Candelero, Uxía Martínez e Sheila López.

3º de Educación Primaria

David Ponte, Iria Lorenzo, Lucas López, Alicia Rodríguez, Yaiza Álvarez e Enrique Calviño. Miriam López, Álex Mallo, Laura Rodríguez, Tania Domínguez e Gael Garabal.

48


CEIP Arquitecto Casas Novoa

Furabolos 2011

4º de Educación Primaria

Martín Sende, Pablo Chico, Raúl López, Nerea Suárez e Edenia V. Cornejo. Antonio Moscoso, Ahinoa Castelao, Alejo M. Corsaro e Carmen León. Elías Domínguez, Noelia Prado e Marta Bermúdez. 5º de Educación Primaria

Miguel Blanco, Eva Carollo, Manuel Granja, Nuria Vilares, Yadhira González, Esteban Viqueira e Brais Otero. Uxía León, Pedro Pérez, Daniel Martínez, Patricia Otero e Antía Ferreiro. Alejandro Vila, Miguel A. Mosteiro, Francisco Candelero e Martín Platas. 49


Furabolos 2011

CEIP Arquitecto Casas Novoa

E nós ... case que imos indo 6º de Educación Primaria

Vanesa Cotón, Miguel A. Suárez, Moisés Giménez, Richard Peterson, Gustavo López, Miguel U. Cornejo e Adrián Vieites. Aldara González, Sara Couselo, Nerea Fernández, Daniel Ferreiro, Álvaro García e David Ferreira. Paula Calvo, Lucía Liñares, Rocío Villaverde, Leticia Sismonde, Roberto Fernández e Óscar Montero.

50


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.