CARTEIS EXPOSICIÓN O PATRIMONIO ASOLAGADO

Page 1

O PATRIMONIO ASOLAGADO PUNTOS DE MOSTRAXE E RESULTADOS

CONCLUSIÓNS: 1.

2. 3.

4.

A falta de osíxeno lastra a vida dos macro invertebrados. Só atopamos mostras dos que empregan o oxixeno do aire para respirar como son os ditiscos, os girrínidos, os escorpións de auga (mostras obtidas nas canles adxacentes). Vemos que o pH se atopa dentro dos valores normais (6-8) pero en varios puntos lixeiramente ácido. O que máis nos preocupa e a presenza de nitratos, en cantidades de ata 20mg/L, fundamentalmente na canle principal, lugar onde se concentran tódalas augas que veñen da antiga Lagoa de Antela. Na canle principal a cantidade de osíxeno disolto na auga é de 0mg/L.


O PATRIMONIO ASOLAGADO


O PATRIMONIO ASOLAGADO

Lagoa de Antela, na 'Carta Geométrica' de Domingo Fontán (1834)

Enorme lagoa nada hai miles de anos no Terciario orixinada por un afundimento tectónico. Estivo no corazón da Limia xerando infinidade de lendas e fermosas historias, algunhas tan falsas como aquelas que a acusaban de ser fonte de enfermidades e infeccións. Dende os romanos, foi obxecto de moitos intentos de desecamento, ata que a finais do anos cincuenta no contexto dunha ditadura nada respectuosa coa historia e o medio, levou a cabo o seu definitivo desecamento. A lagoa antes do desecamento

Draga abrindo unha canle en Antela

Efecto óptico produto das chuvias, en que reaparece a Lagoa de Antela


O PATRIMONIO ASOLAGADO

PARROQUIA /CONCELLO

PENA / XINZO DE LIMIA

TOPÓNIMO

A CIDÁ

TIPO

XENÉRICO

ORIXE

LATÍN: CIVITA

COMENTARIO

ZONA SUPERIOR DO MONTE AO LESTE DE PENA, POLO NOME TIVO QUE HABER UN CASTRO

PARROQUIA /CONCELLO

PENA / XINZO DE LIMIA

TOPÓNIMO

PENEDO DO ENGARAÑO

TIPO

OROTOPÓNIMO (LITOTOPÓNIMO)

ORIXE

LATÍN: PINNA + FORMA DERIVADA DE

TANGARAÑO (LATÍN ENGANIDO + TANGERE) COMENTARIO

CONTA A XENTE QUE ALÍ SE LEVABA OS NENOS QUE ERAN MALNUTRIDOS E FRACOS. POÑÍANOS BOCA ABAIXO E RECITABAN UNHA CANTIGA PARA BOTAR FÓRA O ENGARAÑO E LOGO QUEIMÁBASE A ROUPA DO RAPAZ


O PATRIMONIO ASOLAGADO

TOPONIMIA CONCELLO

SANDIÁS

TOPÓNIMO

AS SAÍNZAS

TIPO

OROTOPÓNIMO

ORIXE

LATÍN PLANITIE (CHAIRA) (SEGUNDO ELIGIO RIVAS QUINTAS)


O PATRIMONIO ASOLAGADO

AS REGADAS AS TOUZAS A LAMA

A GÁNDARA

LIMIA

O TOXAL

PRELATINOS

A ORIXE DOS TOPÓNIMOS LATINOS O COUTO A PEREIRA

PADROSO OS AREEIROS

A NOGUEIRA

ÁRABES ÁLGARA

ACEA

A ALCOUZADA


O PATRIMONIO ASOLAGADO AVES DA LIMIA

A avefría

O mergullón pequeno

É unha especie de ave “Chanadniforme” da

Tamén se chama saugarón ou merguillete na Limia.

familia “Chanadnidae”. É unha ave moi doada de

É unha ave acuática mergulladora que busca o seu

ver durante os meses máis fríos, de onde deriva o

alimento nos fondos de ríos, lagoas e outras zonas

seu nome común.

húmidas con augas libres.

Ao voar distínguese por o seu bater de ás lento,

Busca

semellante ao dunha bolboreta.

vexetación

Acostuma a criar en grupos, en terras de labranza e campos extensos.

recunchos

tranquilos

acuática

para

e

con

instalar

o

abundante seu

niño

flotante. É aínda unha ave común na Limia, que podemos observar durante todo o ano.

MARTIÑO PEIXEIRO

PATO RUBIO

ANELANDO CEGOÑAS

DEBUXOS: OLATZ PENÍN PÍA

INFORMACIÓN: ARIANA VELOSO LOSADA

FOTOS: TOMÁS GARCÍA GARCÍA


NOS ALBORES DA LAGOA DE ANTELA I O RÍO LETHES, ROMA E DÉCIMO XUNIO BRUTO Non podemos facernos a idea da importancia e relevancia que a Lagoa de Antela debeu ter na vida cotiá das xentes da Limia dende época prehistórica. Dende a primeira emerxencia na Historia da comarca da Limia, está ben claro a relación indisoluble das xentes da contorna coa Lagoa de Antela e o río Limia, feito de sobra coñecido pola pasaxe do cruzamento do río Lethes –o “flumen oblivionis”- polo xeneral romano Décimo Xunio Bruto aló polo IIº século antes da nosa Era. DECIMO XUNIO BRUTO Bruto, cónsul no ano 138 a. C., dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato. Xa como procónsul, no ano 137 a. C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor da actual O Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que chamaba por eles, e segundo conta Estrabón chegou ao río Miño. O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no 136 a. C.

O RÍO LETHES O río Limia (en portugués "rio Lima") é un río ibérico que decorre por Galicia e por Portugal. Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na provincia de Ourense, atravesa o sur da Galiza, baña a Xinzo de Limia, e entra en Portugal tras percorrer 41 km xunto á árida Serra da Peneda, baña Ponte de Lima e desauga en Viana do Castelo. En total ten unha lonxitude de 108 km.

A ARQUEOLOXÍA DO XINZO ROMANO Principal intervención arqueolóxica realizada en Xinzo ata hoxe exhumou importantes vestixios de época romana e medieval. As estruturas romanas consisten en varios fragmentos de muros de mampostería pétrea de disposición ortogonal (NOESE e NNE-SSO) e mais algúns restos de pavimentos de opus signinum ou de ladrillos que conforman diversas estancias cuadrangulares e unha absidiada. Sobre as rúinas da edificación romana se extende intrusivamente unha necrópole paleocristiana composta por 6 tumbas de cabalete ou paralelepipédicas feitas con tégula, carentes de enxoval e orientación NO-SE coa cabeceira a poñente. Dátase nos ss. IV-VI d.C. con base nun fragmento de prato decorado que imita á terra sigillata africana. Os niveis arqueolóxicos medievais consisten nos restos da primitiva igrexa prerrománica (ss. IX-XI).


O PATRIMONIO ASOLAGADO En Galicia dáselle o nome de Antioquía a unha cidade lendaria que o rei Antíoco fundou onda Xinzo de Limia. Esta cidade foi castigada por Deus polos seus pecados e quedou asolagada baixo a lagoa de Antela e só pode verse nas mañás do día de San Xoán cando asoma sobre as augas a punta da torre.

A LENDA DE ANTIOQUÍA Antioquía era a cidade máis grande e a máis rica de Galicia, e como os seus habitantes eran crueis coa xente das terras veciñas Deus decidiu castigalos. Xesús pediu salvar os xustos, por iso veu a Antioquía como esmoleiro. Pediu caridade porta por porta pero ninguén lle socorreu agás unha pobre familia que vivía nunha casoupa apartada. Ante a egoísta resposta dos veciños, Deus levou adiante o castigo previsto, excepto para esta familia á que Xesús avisou para que saíra cara a un alto sen volver a vista atrás. Así o fixeron e conseguiron salvar a vida, menos un deles que mirou atrás e volveuse pedra.

Urbano Santana localiza a lenda en

Cardeita, en Sandiás, e engade que os veciños do lugar, o máis próximo á lagoa, escavaron polo lugar e atoparon "unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras

e non sei se outras cousas" procedentes da cidade de Antioquía; e que cando a xente ía co gando á Veiga, berráballe desde a pedra na que se transformou o home aquel, ata que foi trasladada ao mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, en Pena.

Outra variante conta que Xesús pediu caridade e só a atopou nunha velliña nunha pobre chousa. A vella mandouno pasar, sentouno xunto ao lume e deulle leite e bica, logo deixoulle a súa cama para durmir mentres ela se deitaba no chan. Á mañá seguinte, a vella acordou soa na casa e cando saíu viu que o lugar onde estaba Antioquía era unha enorme lagoa, a lagoa de Antela.

Elixio Rivas Quintas di que realmente hai dúas cidades, Antioquía e Antioca, que uns localizan na Poza do Bión e outros no Pozo da Vaca, na Antela. E que á mañá cedo do día de San Xoán asoma o galo que tiña a torre no curuto, ou que no inverno aínda é posible escoitar como as badaladas de campás mergulladas na auga.

Noutros casos, na noite de Nadal escóitanse cantar os galos.

A LAGOA E O MARTELO DE OURO Segundo os veciños, hai unha lenda que conta que, antigamente, antes de existir a lagoa de Antela, había dúas torres: a Torre do Castro e a Torre de Pena. En cada unha delas había un canteiro que picaba nas pedras cun martelo. O problema era que só contaba cun martelo para os dous co cal tiñan que facer quendas para facer uso da ferramenta lanzándoo de torre a torre, Cóntase que un día a un canteiro faltáronlle as forzas e o martelo quedou a medio camiño entre as dúas torres. Cando o martelo caeu, segundo din, a auga comezou a brotar nun buraco que fixera ao caer e, de tanta auga que saíu, formouse a Lagoa de Antela.


NOS ALBORES DA LAGOA DE ANTELA I DOS PALAFITOS Á PEDRA ALTA E OS CASTROS Non podemos facernos a idea da importancia e relevancia que a Lagoa de Antela debeu ter na vida cotiá das xentes da Limia dende época prehistórica. As Terras da Lagoa deberon ter unha evidente potencialidade agrícola que provocou os primeiros asentamentos humanos na súa contorna. Ademais da explotación dos recursos hídricos, tiña tamén unha gran atractivo mineiro, con xacementos de ferro ou estanníferos moi importantes na súa contorna. De como viviron, e como morreron, esas xentes temos testemuño dende o Neolítico ata a Cultura Castrexa. na provincia ourensá coa Terra de Montes..

OS PALAFITOS

Os poboados de palafitos –vivenda sobre postes de madeira elevadas sobre a auga- na lagoa de Antela foron documentados por Conde-Valvís a mediados do século pasado. Identificou 3 poboados lacustres de 58, 56 e 36 habitacións na zona que abrangue dende Sandiás ata Cortegada, o que demostra a gran concentración de poboación desta zona no Neolítico (4500-2200 a.E.). Os achados de frechas na lagoa de Antela apuntan á caza como medio complementario de subsistencia.

A PEDRA ALTA A Pedra Alta ou Anta foi un menhir -forma máis sinxela de monumento megalítico que consiste nunha pedra alongada, en bruto ou minimamente tallada, colocada de modo vertical e coa súa parte inferior enterrada no chan que lle dará nome á lagoa. De significado dubidoso, non tivo inscrición, só unha cruz e letras de tradición cristiá posterior que fala da cristianización da mesma polo seu orixe pagán. Debeu funcionar como límite de tres concellos: Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Sarreaus. Cando se desecou a lagoa atopouse caída no interior da mesma, e apartouse uns metros coa concentración parcelaria, polo tanto está desprazada un anaco do seu emprazamento orixinal.

A CULTURA CASTREXA NA LIMIA A Comarca da Limia non conta a día de hoxe cun estudo pormenorizado da súa ocupación en época castrexa –s. IX-I a. C.-. Contamos con varios castros –aldeas fortificadas de vivendas familiares co mundo céltico- nos que destacan os 6 castros dos que se teñen constancia en Xinzo, aínda que algúns deles non están formalmente inventariados. O máis grande é o de Novás, de 2500 años de antigüidade e redescuberto a raíz do incendio en la Serra do Larouco en 2015. Hai outros na Cidá, en Morgade, O Castro da Fraga, en Seoane, e nas aldeas de Boado, Gorgoloza e Damil. Os máis importantes atópanse no concello de Cualedro e Sarreaus.


O PATRIMONIO ASOLAGADO VIA XVIII, PONTES E MILIARIOS Son catro as vías que saen de Bracara Augusta e van ata Asturica Augusta, numeradas de Sur a Norte: Vía XVII, XVIII, XIX e XX.

A Vía XVIII entra na Limia no lugar de Feira Nova a escasos metros do río, pasando preto da medieval Ponte Liñares, destruida cando se desecou a Lagoa de Antela. A súa dirección coincide neste tramo coa da actual estrada, pero adaptándose ao terreo con mellor criterio ca esta.

Explanación conservada na cota superior á estrada, pasada Feira Nova

Trazado da Vía XVIII

A rede viaria da Gallaecia contou con gran número de pontes, unhas xa desaparecidas como é o caso da Ponte das Poldras, que foi destruída durante a desecamento da lagoa en 1962.

Ponte das Poldras Na Vía XVIII atopábanse os miliarios, que servían para marcar a distancia entre o seu emprazamento e o punto de partida. Eran unhas columnas cilíndricas de granito duns 2 metros ou máis de altura e un diámetro entre os 0,50 e os 0,80 metros, colocadas cada 1000 pasos. Os miliarios raramente se atopan no seu emprazamento orixinal, xa que moitos foron trasladados xeralmente ás poboacións veciñas, e utilizados como soportes de pilas bautismais, bases de altar, dintel de portas, postes de vides, pedras de lagar, lindeiros de leiras, sostén de cruceiros ou petos de ánimas, etc.

Conxunto de Miliarios de Vilariño das Poldras

Miliario trasladado xunto a Vilar de Santos MP LXVI


O PATRIMONIO ASO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.