CARTEL 8 O PATRIMONIO ASOLAGADO

Page 1

NOS ALBORES DA LAGOA DE ANTELA I O RÍO LETHES, ROMA E DÉCIMO XUNIO BRUTO Non podemos facernos a idea da importancia e relevancia que a Lagoa de Antela debeu ter na vida cotiá das xentes da Limia dende época prehistórica. Dende a primeira emerxencia na Historia da comarca da Limia, está ben claro a relación indisoluble das xentes da contorna coa Lagoa de Antela e o río Limia, feito de sobra coñecido pola pasaxe do cruzamento do río Lethes –o “flumen oblivionis”- polo xeneral romano Décimo Xunio Bruto aló polo IIº século antes da nosa Era. DECIMO XUNIO BRUTO Bruto, cónsul no ano 138 a. C., dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato. Xa como procónsul, no ano 137 a. C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor da actual O Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que chamaba por eles, e segundo conta Estrabón chegou ao río Miño. O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no 136 a. C.

O RÍO LETHES O río Limia (en portugués "rio Lima") é un río ibérico que decorre por Galicia e por Portugal. Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na provincia de Ourense, atravesa o sur da Galiza, baña a Xinzo de Limia, e entra en Portugal tras percorrer 41 km xunto á árida Serra da Peneda, baña Ponte de Lima e desauga en Viana do Castelo. En total ten unha lonxitude de 108 km.

A ARQUEOLOXÍA DO XINZO ROMANO Principal intervención arqueolóxica realizada en Xinzo ata hoxe exhumou importantes vestixios de época romana e medieval. As estruturas romanas consisten en varios fragmentos de muros de mampostería pétrea de disposición ortogonal (NOESE e NNE-SSO) e mais algúns restos de pavimentos de opus signinum ou de ladrillos que conforman diversas estancias cuadrangulares e unha absidiada. Sobre as rúinas da edificación romana se extende intrusivamente unha necrópole paleocristiana composta por 6 tumbas de cabalete ou paralelepipédicas feitas con tégula, carentes de enxoval e orientación NO-SE coa cabeceira a poñente. Dátase nos ss. IV-VI d.C. con base nun fragmento de prato decorado que imita á terra sigillata africana. Os niveis arqueolóxicos medievais consisten nos restos da primitiva igrexa prerrománica (ss. IX-XI).


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.