ROSALÍA DE CASTRO

Page 1

BIBLIOTECA CEIP “VIRXE DO CARME” - BURELA


ROSALÍA DE CASTRO Rosalía de Castro é a figura máis destacada do Rexurdimento galego. Naceu en santiago o 24 de febreiro de 1837. Non tivo unha infancia moi feliz porque non tiña boa saúde. Rosalía de Castro casou con Manuel Martínez Murguía, historiador e escritor da Coruña, con que tivo seis fillos. A súa vida transcorreu entre Madrid e Galicia. Rosalía nunca disfrutou de boa saúde. Loitou sempre contra as enfermidades e viviu dedicada ao seu fogar, aos seus fillos e ao seu marido, nunca aspirou á fama. Foio seu home o que a convenceu para que publicara as súas obras. Morreu de cáncer no ano 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón, que hoxe é un museo. Os seus restos descansan no Panteón de Galegos Ilustres, no convento de Sto. Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela)


Compuxo os seus primeiros versos aos 12 anos. Aos 17, xa era coñecida polo seu primeiro libro; La Flor.

Follas Novas: é o título do seu último libro. Nel, Rosalía mostra una visión sombría de la existencia humana. En Cantares Galegos, Rosalía asume a voz do pobo galego.

Tal foi a importancia da súa obra, que no centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de maio como día das Letras Galegas , que foi dedicado a Rosalía na súa primeira edición.



ADIOS, RÍOS; ADIOS, FONTES Adios ríos; adiós fontes; adiós regatos pequenos; adiós vista dos meus ollos; non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei. Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento. Muiño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar. Amoriñas das silveiras, que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡Adiós para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso, por un mundo que nunca vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero… ¡Quen pudera non deixar…!

Máis son probe, e mal pecado, a miña terra n´é miña, que hastra lle dan de prestado a beira porque camiña ó que naceu desdichado. Téñovos pois que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adiós, adiós que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, hebiñas que biquei tanto terriña que vos criou. Adiós Virxe da Asunción, branca como un serafín, lévovos no corazón: pedídelle a Dios por min miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, máís lonxe… Cada balada é un dolor, voume soio, sin arrimo… Miña terra ¡Adiós! ¡Adiós! ¡Adiós tamén, queridiña… adiós por sempre quizais…! Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás… Tantas légoas mar adentro… ¡Miña casiña! ¡Meu lar! Cantares Gallegos


¡PRA A HABANA! Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña, deixárono soio Coa roupa vestida. <<-María, eu son mozo, pedir non me é dado, eu vou polo mundo pra ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou... ¡Adiós, adiós, prendas do meu corazón!>>

CANDO PENSO QUE TE FUCHES Cando pensó que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida. no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite, i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min e en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Follas Novas


CAMPANAS DE BASTABALES Campanas de Bastabales, cando vois oio tocar, mórrome de soidades. Cando vois oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por mín chamades, e das entrañas me doio. Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira, i hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron.

Como unha cabra lixeira, para oir das campaniñas a badalada primeira. A primeira da alborada que me traen os airiños, por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, nas súas alas ma traen rebuldeira e queixumbrosa. Queixumbrosa e retembrando por antre a verde espesura, por antre o verde arborado. E pola verde pradeira, por riba da veiga llana rebuldeira e rebuldeira. Cantares Galegos

Non me roubaron, traidores, ¡ai! uns amores toliños, ¡ai! Uns toliños amores. Que os amores xa fuxiro, As soidades viñeron... De pena me consumiron. Aló pola mañanciña subo enriba dos outeiros, lixeiriña, lixeiriña.

Febreiro de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.