Dia da arte na escola

Page 1

CEIP “VIRXE DO CARME” DE BURELA 3º CICLO 2012-2013


XUSTIFICACION Este ano queremos participar na iniciativa promovida polo CEIP de Cervo “Día da Arte Galega na escola” que se celebrará o día 4 de xuño, por iso eliximos varios pintores galegos. Pensamos que a arte no é só para os adultos senón que tamén os nenos poden disfrutar con ela, por iso o que pretendemos continuar coa linea do proxecto do ano pasado “Descubrindo grandes pintores” é acercar aos nenos/as da Escola (3º Ciclo de Primaria) a arte e este ano,en particular, as obras de grandes pintores galegos. Os alumnos/as de 3º ciclo de Primaria, traballamos sobre Laxeiro, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Maruja Mallo e Luís Seoane. Decidimos ler, investigar e documentarnos sobre estes famosos pintores. Plantexámonos que queríamos saber; identificamos as fontes de información e os recursos que tiñamos dispoñibles; buscamos, manexamos, seleccionamos e resumimos a información e por último, presentámola nos diferentes formatos que previamente tiñamos decidido. Ademais de aprender un montón de cousas sobre estes pintores, puxemos en práctica varias técnicas plásticas e imitamos e creamos versións das súas obras. Con este proxecto “Día da Arte Galega na escola”, que desenrolamos no terceiro trimestre, coñecimos a vida destes pintores, a súa obra, a orixinalidade e os seus estilos pictóricos, organizando un pequeno “museo” na escola onde se expuxeron as nosas copias e breves informacións sobre a vida dos autores.


OBXECTIVOS o Acercar a arte ao mundo dos nenos/as. o Disfrutar coa manipulación da pintura o Entender a arte da pintura como una técnica plástica, a través da que podan expresarse. o Posibilitar a participación de todos/as en función de seus gustos, intereses e capacidades. o Reproducir con diferentes técnicas obras de Grandes artistas. o Favorecer a comprensión, a expresión, a imaxinación e a creatividade. o Expresar sentimentos de curiosidade e disfrute contemplando obras de arte. o Fomentar o traballo en equipo.

PLANIFICACIÓN ¿QUE QUEREMOS SABER E FACER? o Coñecer aos pintores: a súa vida, os seus estilos e gustos pictóricos... o Coñecer as súas obras: cadros, esculturas, deseños... o Pintar copias dos seus cadros. o Expoñer “As nosas obras” nos pasillos da escola ¡creando un museo!. o Preparar unha presentación sobre os pintores galegos e sobre o noso traballo.


¿QUE FIXEMOS? o Buscar información e construír as súas biografías. o Identificar diferentes tipos de cadros: mariñas, bodegóns, retratos, pintura histórica… o Describir imaxes tendo en conta os diferentes elementos que as compoñen nos seus diversos planos: diante, detrás, ao fondo… o Reproducir algunha das obras (imitando aos autores ou creando novas versións) o Deseñar e pintar unha obra abstracta. o Expoñer o noso traballo creando un pequeno museo. o Presentacións.

VALORACIÓN Con este Proxecto logramos que os neno/as se involucren na temática da Arte fomentando a participación, coñecemento e interese pola mesma, así como a súa creatividade e imaxinación. Tamén sinalamos moi positivamente o protagonismo dos nenos/as nas súas tarefas e súa autonomía ao largo do desenrolo do Proxecto. Por último, queremos facer alusión ao traballo en equipo para a busca e selección da información. Tomar conciencia de facer un traballo ao mesmo tempo que o fan nenos doutros centros da nosa comarca.


Os cadros que nos serviron de modelo son estes: o De LAXEIRO

o De LUIS SEOANE

o

De DĂ?AZ PARDO


"Conversa na praia"

o De CARLOS MASIDE

o De Maruja Mallo


RECURSOS http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada http://gl.wikipedia.org/wiki/Lu%C3%ADs_Seoane http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADaz_Pardo http://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Maside_Garc%C3%ADa http://gl.wikipedia.org/wiki/Laxeiro http://lembranzas-ines.blogspot.com.es/2013/02/laxeiro-unha-conversa-fondo.html http://galeriajoselorenzo.blogspot.com.es/2011/10/iniciamos-la-temporada-con-los-grandes.html http://es.paperblog.com/luis-seoane-respuestas-99522/ http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=28

BURELA, xu単o de 2013


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.