Mercadillo

Page 1

MERCADILLO DE LIBROS O día 4 de maio celebraremos o día do libro aínda que xa houbo algún avance o real día, 23 de abril. Queremos celebrar por todo o alto o bo uso que se lle está dando á biblioteca do centro e o elevado interese que moitos alumnos e alumnas están demostrando pola lectura, e algún ou algunha incluso pola escritura. Para os que aínda non conseguiron atopar nos libros ese aliciente da aprendizaxe e da diversión, nos encantaría axudarlle, a máis se cabe, neste día, no do libro. Realizaremos no centro varias actividades, entre elas unha da que precisamos axuda das familias: O “Mercadillo de libros”. Haberá un posto de libros por cada clase, no que os nenos e nenas intercambiarán o libro que trouxeron das súas casas por outro, que trouxo outro neno/a. Por cada libro se entregará un vale, e se poderán recoller tantos libros como vales (é decir, que levas tantos libros como trouxeches). Por cada vale se fará entrega dun paquete- regalo para as familias. Posibles preguntas que un pode facerse: Que debe levar o meu fillo/a ao colexio? Un conto apropiado para a súa idade. Se ten interese en levar ao colexio máis libros ca un, se entregarán tantos vales como libros, e se poderán “mercar” o mesmo número de libros que se levaron. IMPORTANTE: 1. Se na casa non hai libros da idade ou calidade apropiadas, non importa, non fai falta mercar ningún libro para este acontecemento. Se leva ao centro o que se teña, e se os libros son vellos ou están nun estado regular, pasarán a estar do lado das ofertas, do “2x1”, outlet, ou como se lle queira chamar. Pero isto non debe supoñer ningún problema 2. Se alguén leva ao centro varios libros e estes están en mal estado, non sairá do centro co mesmo número de exemplares, porque isto non sería xusto. Neste caso, o alumno que leve ao mercadillo 2 ou 3 libros, pode saír con un, sendo ese máis novo ou máis apetecible. Que día debe levar o libro ao colexio? Calquera desde hoxe, sendo o último día o mércores día 2. Cómo debe ser o libro? A poder ser, o libro debe ser apropiado para a idade da clase na que estea o seu fillo/a, e non estar roto nin pintado. Os libros son usados, tampouco teñen que vir como se fosen novos, pero si un mínimo coidados por respeto aos compañeiros. MOI IMPORTANTE: Na primeira páxina, cada neno/a debe escribir que tivo de especial para el ou ela ese libro: se llo regalou alguén importante, se lle entusiasmou o argumento, se lle gusta moito esa colección, etc. O motivo que sexa. E tamén un desexo de que a outra persoa sinta algo parecido ao ler o libro. Debo deixar que o meu fillo leve o seu mellor libro ou o seu libro favorito? Eso queda ao criterio de cada un, pero hai que ter en conta que o libro que se leva ao mercadillo NUNCA volve regresar á casa, para iso se intercambia con outro.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.