furafollas10

Page 1


PRESENTACIÓN O Furafollas é unha revista, unha revista popular Xa que leva anos a se publicar. Con todas as ganas estamos a axudar nenos e nenas do cole cada ano hai que renovar. Poemas e debuxos, cómics e redaccións, hai que elixir de todos o mellor. así obtense a revista oficial do cole de Cambeo e xa se verá o resultado final. LAURA MOSQUERA (6º PRIMARIA)

CARLOS (4º PRIMARIA)



Distancia

Frío

Mocidade

Soidade

Recordos esvaecidos no tempo… Os verdes prados, a música acompasada da choiva escorrendo polas túas meixelas. Respirar e sentir como viaxa o arrecendo único da túa figura polas miñas veas. Miro arredor e sinto que me falta algo meu. Ergo a vista e sinto que me falta algo meu, Es ti. Alzo a vista e non te vexo máis alá do horizonte. Mais teño medo de esquecerte… Formas parte de min. Fuches ti a que me deu a vida e a que me viu medrar, vivindo protexido na túa pel, sempre húmida e morna coa que compartín momentos inesquecibles para min. É a ti a quen lle debo todo, pero o sufrimento, a dor, a fame…afastáronme de ti. Tiven que abandonarte e comezar unha vida lonxe, aínda que sempre estiveches aquí pertiño, no meu corazón. Sei que voltarei a ver o teu fermoso rostro algún día e descansando para sempre na túa man, a carón do teu latexo e sentirei que esta terra está viva eternamente. Sempre miña, GALICIA. DAMIÁN CONDE ( 4º ESO)



POLO NADAL…

O APALPADOR O Apalpador entrou como adoptaba pola cheminea. O que non agradaba era que o rapaz estivese desperto. - Ola, vostede vén sendo o apalpador? - Si, eu mesmo, para sevirte. Como estás aínda espeto a estas horas? - Pois mantívenme en alerta porque tiña curiosidade por saber como era vostede e sobre todo se era algo parecido a Papá Noel, ou ao meu avó… -Ja, ja, ja… Aquí me tes. Ao teu avó, paréceme difícil, pero se cadra teño certa semellanza coa función de Papá Noel, aínda que eu sonche máis autóctono. - E onde vive? Ten vostede fillos? -Pois, vivo no Caurel, nas devesas das altas montañas, nos tesos cumes dos que fala Uxío Novoneyra e adícome a ir polas noites de casa en casa, visitando aos nenos. - En serio? E non ten medo alí arriba? -Eu? Medo? Que vou ter, é a miña casa!! -Ben, rapaz, voume, déixote, que teño que seguir facendo o meu traballo. Non lle contes a ninguén que falaces comigo. O meu emprego debe d ser feito cando os rapaces dormen. Ata logo! - Perde coidado, non direi nada. Ata outra. O rapaz volveu á cama satisfeito de ter coñecido ao Apalpador. Cando espertou tiña unha presa de castañas enriba da mesa de noite.

LAURA SALGUEIRO (4º ESO B)


O E N T R OI D O

O entroido é unha festa “ fantástica” ( de fantasía, quero dicir) porque cada un pode xogar a ser o que queira. Que queres ser un pirata, pois érelo, que queres ser un importante político. Pois tamén… As veces as carautas non son boas de conseguir e as imitacións non son como un quere. Per pásase ben, porque o que importa é a imaxinación. Pero o entroido é tamen unha festa para comer. Para comer ben: cachucha, lacón con grelos… E de postre filloas… orellas… ¡ Que rico todo! No colexio tamén as hai no comedor… No entroido case todo está permitido e Ourense é zona de enttroidar a rachar. Os de Verín, os de Laza, os de Xinzo... CINTIA PIÑA CARIDE ( 4º ESO A)


POEMAS DE AMOR Aínda que os meus inimigos me maten, Só perderei o meu corpo, porque o meu corazón xa hai tempo que vive en ti. Gústame a vida porque existes, Gústame porque ti fasme mellor Ti es unha gota de cor Nun mundo gris escuro Xa non atopo palabras que expresen o que sinto, Pero si algunhas que resumen o que hai dentro de min: Simplemente, quíxente, quérote e querereite. MIGUEL LÓPEZ PÁRAMO ( 3º ESO B)

A MIÑA DOCE FLOR A miña doce flor ten o meu corazón esperanzado. Es coma a noite que se apodera do meu corazón. Os teus beizos desprenden palabras que me enlouquecen. Os teus cristalinos ollos reflecten a desesperación da lúa Cando a lúa se agocha, ti segues brillando na luz do meu corazón ata a próxima lúa chea. Eu seguirei velando por ti nas oscuridades da noite. NOEL ( 4º ESO A)

CANTIGA DE AMOR Quand’eu vejo el mar enos días de verao O meu cor atópasse mal e começa a medrar Pela coita dunha rapaça que não me deija respirar Não passa un intre eno día ca nom pense en ela. Nem comio, nem dormio e morro ao nom tela Pela coita dunha rapaça que não me deija respirar Un día calquera ireina buscar e se mi rejeita, nom sei se a poderei escuitar Pela coita dunha rapaça que não me deija respirar. MARTA VÁZQUEZ DACAL 3ºESO B


COPLAS DOS MAIOS Aquí vén o maio Parece ben quente Pódese tomar o sol Nas pozas de Ourense. Os rapaces de Cambeo Esperamos ansiosos A revistas “Furafollas” Con textos fermosos. Estas Letras Galegas Van adicadas A Uxío Novoneyra, Poeta de verbas namoradas. Xogamos cos de Cea, Algúns non van baixar Porque en moitas clases Pórtanse mal No noso comedor Semella que nos van cebar ¿a onde os cociñeiros nos queren levar? Os profes deste cole Están a traballar Ben pouco se lles paga Pro que teñen que aturar. No patio deste centro Pasámolo moi ben Sobre todo cando hai pista Poñémonos a cen Festival de fin de curso Non se sabe se haberá Porque cómpre o comedor E non hai outro lugar. Este ano xa remata O vindeiro será ESO, Para nós non é o último E teremos máis peso.

( 6º DE PRIMARIA)


CON TOUM E M IÑ A A VOA … Cer t o d í a a m i ñ a a voa

con t ou m e qu e o seu p a i

est i vo n a gu er r a ci vi l esp a ñ ol a , a l á p ol o 1 9 3 6 . A d i cá b a se á s veces a p a sa r n u n b u r r o m u n i ci ón p a r a os qu e est a b an n a f r on t e d a b a t a l l a . Un d í a

qu e t i vo q u e f a cer ese t r a b al l o, ao vol t a r

a o ca m p a m en t o, escoi t ou u n t i r o d os i n i m i gos e o b u r r o ca eu f u l m i n a d o. E a sí r em a t ou o t r a b a l l o d o m eu b i sa vó. P er o, a ca b a d a

a gu er r a , en t er ou se d e q u e o p r op u x er a n

p a r a u n h a m ed a l l a , p r eci sa m en t e p or t er f ei t o ese t r a b a l l o. A N TÓN M A R T ÍN EZ - R ISC0 5 ºP r i m a r i a P oi s… a m esm a a voa a m i n con t ou m e u n h a h i stor i a d e a m or m oi b on i t a : A l á p ol o a n o 1 9 5 0 a o m eu b i sa vó A n ton i o m a n d ár on l l e b i l l et e p a r a em i gr a r a A r x en t i n a . Com o est a b a ca sa d o e t i ñ a t r es f i l l a s, n o ú l ti m o m om en t o d eci d i u n on i r se p or t em or a n on gañ a r d i ñ ei r o p a r a m a n t er

o su f i ci en t e

á m u l l er e á s sú a s t r es f i l l a s.

Eu coñ ecí n ao m eu b i sa vó A n t on i o. Fi n ou

ca n d o

eu t i ñ a ci n co an os. A D R IÁ N 4 ºB (PR IM A R IA )

L UCÍA M A R TÍN EZ - R ISCO 2 ºB P r i m a r i a


E U DE MAIOR QUERO SE R UNHA E STRE LA…

Paréceme un artigo bastante impactante, pero tamén carece de novidade. Por suposto non me parece correcto que pais que teñen unha filla de cinco a dez anos, aproveiten a súa imaxe para enriquecer a súa conta bancaria, porque aínda que a nena estea de acordo con esta idea, non deixa de ser unha educación nefasta por parte dos pais. Unha nena non é consciente das consecuencias dos seus actos , e, sobre todo non ten que pensar en sesións fotográficas e adestradores persoais. Cando dicía que esta noticia carece de novidade, quero referirme a que hoxe en día a nosa sociedade está tan involucrada na beleza e na estética perfecta que non me estraña que se chegue a estes extremos. Semella que todos tentamos imitar o mesmo cánon de beleza. LUCÍA RODRÍGUEZ PEREIRA 4ºESO B




FURAFOLLAS Furafollas non só é o nome da nosa revista, nin o nome dun dedo, nin un fedello tamén e un nome dun grupo teatral galego que leva quince anos representando en Cataluña. O seu director Anxo Baranda (Valdeorras 1959) é a alma mater de Furafollas que con vintedous anos chegou a Barcelona e xa se meteu nuha agrupación de teatro no Centro Galego. Despois actuou con grupos de teatro Catalán, compaxinando a súa faceta de actor, pintor e debuxante de comics co seu traballo nun banco. O grupo intregano vinte persoas, variable cada ano, del naceron algúns actores profesionais como Paola Beiro, unha das regueifeiras do dúo As Garotas daRibeira. Dende os seus comezos, furafollas non perdeu de vista o obxectivo co que naceu hai case quince anos:aproveitar o teatro como ferramenta para difundir a cultura e a lingua Galega a actividade da agrupación é incesante, nun espetáculo cada quince dias.O segredo está nas suas ganas de divertirse. Dende o ano 2001 organizan unhas xornadas tetarais en Córgomo (Vilamartin de Valdeorras)para recuperar a figura do poeta local Florencio Delgado Gurriarán.

DANIEL GONZÁLEZ (6º PRIMARIA)


RIMAS PEQUENAS Os teus ollos verdes queren que me alumees no teu corazón ferido cheo de medo e frío. CLAUDIA 6º

Cando nacín a primeira que vin. Teu amor dame moita calor. Es tan bonita coma unha margarida. Os teus bicos so bombóns caídos do ceo que me calman cando teño medo. O teu cheiro é perfume que me protexe do fume. Deséxote alegría neste día da túa vida. ROCÍO 5º

El mar es un collar robado por un pulgar, la luna, las estrellas son bonitas viéndolas reflejar. PAULA 4º(PRIMARIA) El mar es azul, tus ojos son verdes, la sangre es roja, tus labios rosas, tu piel es suave. Lo que siento por ti es muy grave. YOVANNA 4º(PRIMARIA) Nun intre inesperado atopeite, querendo a túa felicidade alenteite. Se nalgún momento che fallei pídoche perdón. Quero que saibas que te quero, polo que es, un montón. BEATRIZ 6º




P E N S AM E N T OS A paz é tranquilidade. Non hai pelexas somos todos amigos. Ser bos compañeiros significa axudar aos demais. A amizade demais.

é compartir,

O respecto significa

axudar e comprender aos

escoitar con atención.

Un bico é sinal de amor . PRIMARIA 2º B










FACENDO AMIGOS NO CAMIÑO Esta é a historia entre dous galegos que fixeron amizade no camiño de Santiago: Xanciño, o Bochechas e Pepe da Lamela. - Ola, bos días, parece que te pillei,-dixo Xanciño, moi animado- non andas moito eh, porque me adiantaches na curva esa que había antes de chegar a Cudeiro. - E que eu vou devagar-dixo Pepe- Hoxe parece que imos ter bo día. Se cadra doulle algo máis ao zoco. - Nisto do tempo non hai que fiarse…porque éche coma o goberno…non está nada claro. E ti de onde vés sendo? - Pois eu son de Nogueira de Ramuín –dixo, collendo confianza. - Ai, pois alí tiña eu un primo afiador, o meu curmán o Bieito. - Bieito…Bieito Vázquez!- dixo Xanciño todo abraiado, caendo na conta. Si home, ali chamámoslle o Bietiño. - Pois mira, eu e mais el sómosche da mesma raza. - Fíxate ben no que che digo, hoxe en día non se pode falar mal de ninguén que todos somos coñecidos…ou parentes…Pois mira que non traballou para min o teu primo Bieito!!. Eu alí tíñache unha ferretería e sempre que me chegaba un pedido de coitelos ou outro instrumento con folla, chamábao a el para que mo afiase ben. Era moi bo home e traballaba moi ben! Eu por iso o chamaba, porque eu sempre vendín cousas de calidade. -Canta razón tes. Era moi bo. Pois eu por iso estou hoxe aquí, porque hai vinte anos que faleceu e prometínme que cada ano Xacobeo o día do aniversario da súa morte comezaría o camiño ata acabalo. Sempre que a saúde mo permitise, claro. Ao pasar por onda Coles saíu un veciño do concello e berroulles: - Nugalláns, ben se nota que non tedes ganas de traballar, nin outra cousa que facer! Pero, Pepe contestoulle: - E vostede como se nota que nunca fixo o camiño. Mire, home, no camiño fanse amigos, coma este que eu levo ao meu carón, e ocorren cousas inesquecibles Así que o veciño contestoulle: -Ai, pois igual tes razón, algún día se cadra aínda me animo, ¿queredes pasar a tomar algo? - Non, non –dixo Xanciño- que aínda nos queda moito. María 5º - Pois ide con Deus, boa viaxe.

FERNANDO BOUZO D. (4º ESO B)







IAGO 6ยบ

RIDDLES


O



UN FINAL INESPERADO Había moito tempo non se oía falar dos “Cadelos rabiosos”, pero esa noite o Lito viñera a correr onda min berrando: “Os Cadelos queimaron o concello, os cadelos queimárono, meu!! Hai que ir alá!! Eu non estaba seguro de que esa fose unha boa idea, pero o Lito turrou de min para que me erguese do portal e fose con el. O Lito e mais eu eramos amigos desde os quince anos e desde sempre odiamos aos Cadelos Rabiosos , incluso antes de que formaran a sonada banda. Por outra parte eles sempre nos tiveron carraxe e pouco a pouco as diferenzas do instituto fórannos separando ata chegar a hoxe. Homes de vinte anos, feitos e dereitos pelexando nas rúas a navalladas. Nunca podía ir só o Lito e mais eu fómonos facendo inseparables grazas ao medo. Hai outra panda preto de aquí, os “Voitres Pretos” pero non son tan amigos meus coma o Lito. Eles fóronse unindo pouco a pouco a nós e agora a min obedécenme coma se fose o xefe. Pero a min xa non me interesa todo iso. Somentes quero buscar un oficio e mirar por Susana, a miña moza, que me vai regalar un filliño. -Quero darlles un bo exemplo e teño que comezar agora. - Xa estamos chegando, meu- emocionouse o Lito - Quería falar contigo, Lito. -E logo, que pasa? -Quero deixar isto, compañeiro. Os meus non merecen esta vida. - Xa estamos chegando, home, logo falamos. Cando chegamos, non daba creto ao que estaba pasando. O concello ardía e botaba unha calor abafante. Eu estaba apampado mirando cara arriba cando, de súpeto, vireime cara ao Lito. Non o podía crer! Estaba a me apuntar cunha recortada. - Que fas, Lito?- murmurei, dando un paso atrás. -Síntoo moito, meu, xa recibín os cartos. A súa man non tremía nada cando apertou o gatillo.

ANDREA FUSTES (4º ESO A)


RECANTO DOS

DEPORTES

No CPI ANTONIO FAÍLDE temos unha Liga Deportiva na que xogamos rapaces contra rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria ao fútbol, baloncesto e balonmán. O profesor Gabriel é o encargado desta liga na que todos os participantes nos divertimos moito. Aínda que unhas veces se gañe e outras se perda, sempre xogamos en equipo con grande entusiasmo. Este ano o tempo non nos acompañou, pero aínda así pasámolo ben. Os rapaces de 2º e 3º de Primaria están facendo un xogo de fútbol chamado” Rei da pista “. Todo este traballo agradecémosllo ao profe Gabriel, que puxo todo o seu empeño para que isto fose posible. BEATRIZ ESTÉVEZ, ELENA VALCÁRCEL ( 6º de Primaria)









Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.